Meu pai é ama de casa

295 visualizações

Publicada em

conto. edit Galaxia

Publicada em: Educação
0 comentários
0 gostaram
Estatísticas
Notas
  • Seja o primeiro a comentar

  • Seja a primeira pessoa a gostar disto

Sem downloads
Visualizações
Visualizações totais
295
No SlideShare
0
A partir de incorporações
0
Número de incorporações
13
Ações
Compartilhamentos
0
Downloads
2
Comentários
0
Gostaram
0
Incorporações 0
Nenhuma incorporação

Nenhuma nota no slide

Meu pai é ama de casa

  1. 1. MEU PAI É AMA DE CASA... E QUE? SILVIA UGIDOS MIKEL VALVERDE EDIT. GALAXIA
  2. 2. O PEOR SUCEDEUME O DÍA QUE NOS ENCARGARON NO COLEXIO ESCRIBIR UN TEXTO TITULADO “ O TRABALLO DE PAPÁ”.AS E OS DEMAIS TIÑAN PAIS CARPINTEIROS, AVOGADOS, TAXISTAS, ENXEÑEIROS, CAMAREIROS, PERIODISTAS, FUNCIONARIOS... E TODA CASTE DE PAIS POLO ESTILOEU ERA A ÚNICA DA CLSE QUE TIÑA UN PAI AMA DE CASA. CANDO O DIXEN NA CLASE A MAIORÍA ESTOUPOU CON ENORMES GARGALLADAS:- UUUUH, O PAI DE LUCILA É AMA DE CASA!- DIXO SACANDO A LINGUA AQUEL NENO DA TERCEIRA FILA QUE SORBÍA OS MOCOS.
  3. 3. - SI MEU PAI É AMA DE CASA. E ISO QUE?- DIXEN EU.- GHA, GHA, GHA... O PAI DE LUCILA PON O MANDIL E FREGA A LOUZA!- O TEU PAI É UN MANDILEIRO CAZOLEIRO LUCILA!- MANDILEIRO, MANDILEIRO E SACA BRILLO AO PUCHEIRO!- CANTÁBANME NO RECREOPREOCUPEI DE VERAS POLO TEXTO QUE TIÑA QUE ESCRIBIR PARA MAÑÁ. PUIDEN DICIR QUE O MEU PAI TRABALLABA DE SUPERHEROE, MAIS DIXEN A VERDADE E AGORA...
  4. 4. O CERTO É QUE AQUEL DÍA VOLVÍN Á CASA DE MOI MAL HUMOR, CUN XEONLLO MANCADO.MENOS MAL QUE PAPÁ ESTARÍA NA CASA E ME CONTARÍA ALGO GRACIOSO MENTRES ME DABA AUGA OSIXENADA NA RABUÑADURA DO XEONLLO!PAPÁ SABE CONTAR COUSAS GRACIOSAS QUE FAN RIR. MEU PAI E MÁIS EU FACEMOS COUSAS MOI INTERESANTES E DIVERTIDAS.
  5. 5. POR EXEMPLO, A VEZ QUE ME ENSINOU A BAILAR O TANGO E A POLCA NA COCIÑA
  6. 6. OUTRO DÍA PAPÁ PEDIUME AXUDA PARA TENDER A ROUPA. ESTABAMOS A TENDER UN VESTIDO DE MAMÁ... CANDO UN REFACHO DE VENTO FIXO QUE O VESTIDO CAESE VOANDO DENDE O TENDAL E FOISE POUSAR Á CABEZA CALVA DO VECIÑO DE ABAIXO...
  7. 7. PAPÁ EXPLICOUME DE ONDE VÉN O VENTO:- HAI QUEN PENSA QUE O VENTO VÉN DUN HIPOPÓTAMO QUE COMEU UN PEMENTO PICANTE DE PADRÓN E NON PARA DE BUFAR DENDE ÁFRICA. OUTROS CREN QUE O VENTO PROVÓCAO AS ÁS DUN PAXARO INVISIBLE MOI GORDO QUE NON ATOPA UNHA ÁRBORE ONDE POUSAR... E HAI QUEN DI QUE É O ASUBÍO DUN HOME QUE VIVE NA LÚA...
  8. 8. OUTRA VEZ PAPÁ LEUME COMO SE FOSE UN CONTO UNHA RECEITA DE COCIÑA QUE LLE DERA UNHA VECIÑA.ERA A HISTORIA DUNHA CABACIÑA REBELDE QUE NON QUERÍA METERSE NA POTA E O COCIÑEIRO PINCHOUNA CUN GARFO... ENTÓN A CABACIÑA E A BERENXENA ENFADADAS METÉRONO NA POTA E COCIÑÁRONO, PERO NON O COMERON PORQUE ERAN VEXETARIANAS.
  9. 9. O MEU PAI É ASÍ GÚSTALLE INVENTAR HISTORIAS INCRIBLES MENTRES COCIÑA, OU LIMPA AS VENTÁS OU FREGA OS PRATOS.
  10. 10. O MEU PAI SEMPRE DI QUE CALQUERA TRABALLO É ESTUPENDO E HAI QUE FACELO O MELLOR QUE SE POIDA.O MEU PAI SABE SER UN MOI BO AMA DE CASA INDA QUE ÁS VECES SE LLE QUEIMEN AS TORRADAS OU ME DEA UN CALCETÍN DE CADA COR.TODAS AS TARDES TEN TEMPO PARA AXUDARME COS DEBERES E, INDA QUE ESTEA MOI OCUPADO PASANDO O FERRO, SEMPRE ME AXUDA CO QUE NON SEI FACER SOA OU CO QUE NON ENTENDO.
  11. 11. CLARO QUE SER AMA DE CASA É UN TRABALLO MOI ESGOTADOR, NON SE PARA EN TODO O DÍA: HAI QUE LIMPAR O PO, PASAR O ASPIRADOR, FACER A COMPRA, FREGAR A LOUZA, ORDENAR A NEVEIRA, POÑER A LAVADORA,... MILLEIROS DE COUSAS!PAPÁ ESTÁ MOITAS VECES CANSO E PON ESA CARA QUE POÑO EU CANDO NON ME SAEN OS DEBERES.POR ISO EU PROCURO RECOLLER O MEU CUARTO, FACER A MIÑA CAMA, POÑER A MESA,... E O MEU IRMÁN TAMÉN. HAI QUE COLABORAR NA CASA PARA QUE TODO ESTEA BEN E PAPÁ POIDA DESCANSAR UN CHISQUIÑO.
  12. 12. AO COMEZO NON FOI DOADO PARA NINGUÉN QUE PAPÁ FOSE AMA DE CASA. ADEMAIS EU COMPROBEI QUE SER AMA DE CASA É UN TRABALLO MOI DIFÍCIL.PERO, TER UN PAI AMA DE CASA É UNHA SORTE. A MAIORÍA DOS PAIS NON ESTÁN NA CASA E NON FAN TEMPO PARA LER CONTOS ÁS FILLAS E AOS FILLOS.
  13. 13. ASÍ QUE DESPOIS DE PENSAR NESTAS COUSAS PÚXENME CONTENTA E ORGULLOSA DE ESCRIBIR UN TEXTO SOBRE O TRABALLO DO MEU PAI.GRAZAS A QUE MEU PAI É AMA DE CASA SUCEDEN MOITAS COUSAS NA CASA, ESCOITO HISTORIAS,...
  14. 14. AO DÍA SEGUINTE LIN O MEU TEXTO NA CLASE EN VOZ ALTA, EN VOZ MOI ALTA.CREO QUE TODAS AS COMPAÑEIRAS E TODOS OS COMPAÑEIROS QUEDARON CON ENVEXA DE QUE EU TIVESE UN PAI AMA DE CASA.XA NINGUÉN SE BURLABA, NIN TAN SEQUERA O NENO QUE SORBÍA OS MOCOS.
  15. 15. QUERÍAN COÑECER AO ÚNICO PAPÁ AMA DE CASA DA CLASE. ASÍ QUE FORON Á NOSA CASA ONDE PAPÁ LLES CONTOU HISTORIA E COMEMOS COUSAS RICAS QUE EL COCIÑOU.APRENDEMOS QUE SER AMA DE CASA É UN TRABALLO ENORME E MOI IMPORTANTE, TANTO SE O FAI UN HOME COMO SE O FAI UNHA MULLER. É UN TRABALLO TAN LABORIOSO QUE O RESTO DA FAMILIA TEN QUE COLABORAR PARA QUE POIDAN DESCANSAR.
  16. 16. FIN

×