1. MATRIARCAS
Comenzan as historias
con homes encumados
rematan sempre todas
con mulleres que os salvaron
da morte do intelecto,
de insectos que os picaron,
de turbias lendas vellas
que non queren nen lembrar.
E nós pouquiño a pouco
ímonos situando,
construíndo barricadas
no país dos alalás.
Nós en corpo e alma,
nós mercando calma,
nós cousa por cousa
sen podernos despistar.
Nós aleitadoras,
nós conquistadoras,
brillantes activistas
da vida cotiá.
E nós que resistimos
a séculos de forza
e nós as matriarcas
do país dun tal Breogán.
Comenzan as historias
con homes encumados
rematan sempre todas
con mulleres que os salvaron
da morte do intelecto,
de insectos que os picaron,
de turbias lendas vellas
que non queren nen lembrar. BIS
Nós aleitadoras,
nós conquistadoras,
brillantes activistas
da vida cotiá.
E nós que resistimos
a séculos de forza
e nós as matriarcas
do país dun tal Breogán.
E nós aleitadoras,
nós conquistadoras,
brillantes activistas
da vida cotiá.
E nós que resistimos
a séculos de forza
e nós as matriarcas
do país dun tal Breogán.
2. CHEA DE VIDA
Voltar á terra que vos viu nacer,
Onde os pobos deixan ver
Limpo e máis limpo solpor.
Voltar onde a pedra viu medrar,
Onde as rúas estreitan
Onde os bares non fechan.
Estarei subindo algunha montaña,
Estarei buscando a sombra dunha parra,
Estarei, estarei, estarei… chea de vida.
Chea de vida… chea de vida.
Voltaremos vernos noutro momento,
Voltaremos vernos con movemento,
Voltaremos vernos por fóra e por dentro
Voltaremos vernos, en silencio, con repecto,
En silencio, sin pretensións,
En silencio, en silencio.
Estarei subindo algunha montaña,
Estarei buscando a sombra dunha parra,
Estarei, estarei, estarei… chea de vida.
Chea de vida… chea de vida… chea de vida