1. 23 de abril de 2018
Día Mundial do Libro
Agradecemos ao escritor
Fran Alonso
o seu texto sobre os efectos
da lectura e o poder dos libros,
un agasallo para as
Bibliotecas Escolares de Galicia
no Día Mundial do Libro e
dos Dereitos de Autor/2018.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog
2. Se queres que os demais che digan
o que tes que facer, non leas. Se
queres que os demais che digan
o que tes que pensar, non leas. Se
queres que a publicidade che diga
o que tes que mercar, non leas. Se
queres vivir coma un robot que
outras persoas programan, non
leas. Non leas, porque a lectura
é incómoda. Non leas porque
a lectura che revolve a cabeza.
Non leas porque a lectura te pon
contra as cordas. Non leas, porque
a lectura é rebelión. Así que, por
favor, é mellor que non leas.
Fran Alonso