2. Saíron e subiron a bordo, e aquela noite
non pescaron nada.
Estaba xa amencendo, cando Xesús se presentou
na ribeira, pero eles non o recoñeceron.
3. - Rapaces, tedes algo que comer?
Eles contestaron: - NON
- Largade o aparello por estribor e
atoparedes.
4. Botárono, e non tiñan forzas para sacalo,
pola multitude de peixes.
E aquel discípulo que Xesús tanto quería
díxolle a Pedro: Xn 21, 4-7
5. Despois da morte de Xesús, os discípulos
regresan ao lago de Galilea.
Pero alá volve buscalos o
Señor resucitado.
A elección primeira
non perdeu validez.
Aínda que os discípulos
pretendan esquecelo,
El non os esquece.
6. Ao amencer non teñen peixe nas redes.
De novo é a presenza de Xesús e non o esforzo
dos seus discípulos o que fai eficaces os seus intentos.
A FE SUPERA A PROFESIONALIDADE.
7. Chegados a terra, son invitados por Xesús a almorzar.
O convite, signo de amizade e de intimidade,
nace tamén da iniciativa de Xesús.
8. Toma o pan e entrégao
aos seus discípulos.
O xesto, sen palabras,
evoca a súa entrega,
confirma a súa amizade e
reclama a confianza dos seus
discípulos que o abandonaron.
Como bo pastor,
o Señor recolle
as súas ovellas
perdidas.
9. Señor, ti sábelo todo.
Sabes que te quero.
Esa referencia á noite do abandono queda especialmente
subliñada polo diálogo
entre Xesús e Pedro
10. Como nas mellores historias
de amor,
a evocación
dos comezos ofrece
consistencia á fidelidade.
A chamada ao seguimento
inclúe a perspectiva
de morte con que o
discípulo dará gloria a
Deus.
11. Señor Xesús,
resucitado de entre os mortos,
Ti non esqueces os que
chamaches, senón que lles reiteras
a túa confianza.
Queremos descubrir a túa
presenza nas nosas tarefas de cada
día
e mantenernos fieis á vocación con
que nos distinguiches.
Amén. Aleluia.
12. José Román Flecha Andrés
Palabra del Señor, Salamanca , Editorial.Secretariado Trinitario,2007
Presentación: Antonia Castro Panero