1. Arte paleocristiáArte paleocristiá
Cronoloxía: entre o 300 e o 750 d.C.
(no 313 Constantino promulga o Edicto de Milán
que legalizaba á igrexa cristiá).
O lugar de culto escollido será a basílica romana,
por que?
Amplas dimensións ( serve para albergar os fieis)
Non era un edificio de culto doutras relixións
2. Estrutura dunha basílica
Interior alintelado (é a maior diferenza coa
basílica romana).
Ten nártex (vestíbulo) e tres ou cinco naves
(calquera espazo interior dividido por muros ou
columnas). A nave central é máis alta e larga
que as laterais, o que permite abrir unha
ringleira de ventás.
O transepto (nave transversal ao corpo
lonxitudinal e anterior a ábsida, dálle un
sentido simbólico).
O altar ou presbiterio (onde se colocaba o
maxistrado na basílica romana) ten forma de
exedra e vén precedido por un arco de medio
punto que remata a nave central: verdadeiro
arco triunfal que amosa o triunfo da igrexa.
3. Planta e vista aérea da
Basílica de San Pedro.
S. IV. Roma.
4. Santa Sabina. Roma 422 d. C.
Columnas corintias con arcos peraltados
(reutilización de elementos romanos)
5. 395: DIVISIÓN DO IMPERIO ROMANO CON TEODOSIO.
NO IMPERIO ROMANO DE ORIENTE DESTACA
CONSTANTINOPLA, DANDO ORIXE AO IMPERIO BIZANTINO.
• ESENCIALMENTE CRISTIÁ, AO SERVIZO DA IGREXA
• UNHA ARTE ÁULICA (DIRIXIDA POLO EMPERADOR)
QUE FUSIONA A POMPA DA CORTE E A LITURXIA
ECLESIÁSTICA.
Arte bizantina
ORIXE
Emperador como representante de Deus na terra.
6. Inicial influencia da arte romana occidental, durará ata a época de
Xustiniano (século VI). Intenta reconstruír o imperio de Augusto,
ampliando fronteiras e reorganizando a administración e o dereito.
Querela iconoclasta (med. do século VIII): rexeita o culto ás imaxes.
Achegamento ao mundo greco e ruptura coa igrexa de Roma: Cisma de
Oriente no século XI.
1205: toma de Constantinopla polos cruzados.
Fin da arte bizantina coa caída de Constantinopla no 1453.
PRIMEIRA IDADE DE OURO (525-567):PRIMEIRA IDADE DE OURO (525-567): con Xustiniano
SEGUNDA IDADE DE OURO (867-1205):SEGUNDA IDADE DE OURO (867-1205): coa dinastía de
Macedonia e a Conmena, un exemplo sería San Marcos de
Venecia.
TERCEIRA IDADE DE OURO (1261-1453):TERCEIRA IDADE DE OURO (1261-1453): coa dinastía dos
Paleólogos, exemplo destacado, San Salvador de Chora en
Constantinopla.
7. Planta e perspectiva axonométrica de San Vital de Rávena 522 – 532.
PLANTA CENTRALIZADA: os elementos
están dispostos arredor dunha cúpula
central sostida por piares e columnas.
PLANTA OCTOGONAL CON EXEDRAS.
Organizada en dous andares con
columnas e cúpulas.
PLANTA RODEADA POR UNHA NAVE, CON ÁBSIDA E NÁRTEX (vestíbulo)
8. ACENTUACIÓN DA VERTICALIDADE: altos piares
sen entablamento e uso do cimacio. TAMBOR que
permite abrir ventás que iluminan o espazo interior.
CÚPULA MOI LIXEIRA E SOBRIEDADE NO
EXTERIOR E LUXO NO INTERIOR:
mosaicos, mármores, capiteis labrados…
9. MOSAICO: técnica artística que consiste en
colocar sobre unha superficie, e seguindo
un debuxo previo, pequenas teselasteselas
(mármore, pedra, cerámica) coloreadas ou
non. Cando a iluminación está ben
planificada orixina uns efectos superiores á
pintura mural.
CIMACIO: forma de pirámide
invertida e truncada.
10. FAN EVIDENTES QUE ESTAMOS NUN ESPAZO
SACRO, CUN EFECTO SOBRENATURAL GRAZAS
AOS DOURADOS, AS CORES INTENSAS E AS
LUCES SUAVES
SITÚANSE NAS CÚPULAS, BÓVEDAS E
ÁBSIDAS, QUE SIMBOLIZAN O ÁMBITO
CELESTE
Destacan a ambos lados do presbiterio os de
Xustiniano e Teodora, celebrando a inauguración
da igrexa.
Xustiniano aparece co bispo Maximiano e dous
xenerais (entre eles Belisario que conquistara
Rávena) simbolizan o recoñecemento destes á
autoridade de Xustiniano.
As xoias de Teodora dan idea do luxo na corte.
Serven para reafirmar o poder de Xustiniano,
cabeza da Igrexa. Sería un novo apóstolo
encargado de facer triunfar o reino de Cristo na
terra.
12. AMPLA GAMA DE CORES
DELIMITACIÓN PRECISA DAS
FORMAS (teselas pequenas)
RIXIDEZ E HIERATISMO (figuras
planas e alongadas, ollos
amendoados)
PÉRDESE NATURALISMO PERO
MÁNTEN A EXPRESIVIDADE DOS
ROSTROS
NON HAI PERSPECTIVA, O
FONDO DOURADO CREA UNHA
ATMOSFERA DE IRREALIDADE