O APALPADOR
Vaite logo meu meniño
marcha agora pra camiña
que vai vir o apalpadore
a apalparche a barriguiña.
Xa chegou o día grande
día do noso Señore
xa chegou o día grande
e virá o apalpadore.
Mañá é día de cachela
e haberá gran nevarada
e vai vir o apalpadore
con un saco de castañas.
Alá por aquela cemba
mira xa ven relumbrando
o señor apalpadore
para darnos o aguinaldo.
Naceu, naceu pastores
Xesús un neno fermoso
Tan lindo, tan precioso
Non hai outro coma el.(BIS)
Ollalo é delicioso.
Bicalo é rico mel.(BIS)
Que xoia, que rico
Docísima Señora,
me deixa darlle un bico,
pois dállo máis adora.
Do ceo baixou un anxo
Cheo de gozo e contento,(BIS)
Anunciarlle aos pastores
De Xesús o nacemento.(BIS)
Levantade os ollos, mirade pras nubes
veredes que baixan bonitos querubes.
Veredes que baixan bonitos querubes,
levantade os ollos mirade pras nubes.
Paxariños que voades,
polas follas dos loureiros(BIS)
deixade durmir ao neno
que está no sono primeiro.(BIS)
Levantade os ollos....
OS TRES REIS MAGOS
Os tres reis Magos
van para Belén
quitaron os zocos
para correr ben.
No bar do Cruceiro
fanlles o café,
Carmiña de Juan
peneira de pe.
Vide pequenos, vide adorar,
ao noso Neno, que naceu xa.
Cantade todos, un alalá,
Chegade axiña, vide adorar.
Nun portal, que hai en Belén,
naceu o noso neno rei.
Cantade todos un alalá,
chegade axiña, vide adorar.
O Neno chora, tremendo está,
meu Deus do ceo, que che hei de dar?
Fareiche un berce pra te deitar,
e un vestidiño de pel e la.
Nun portal.........
O CEO DE BELÉN
Esta noite é noite boa
vamos todos a Belén
e veremos ao Meniño
que naceu pra o noso ben.
Esta noite é noite boa
cantarémoslle ao recén
panxoliñas e aninovos
e pandeiradas tamén.
(Bis)
Esta noite é noite boa
comeremos ata encher
bacallau con coliflor
e langostinos do Berbés.
Esta noite é noite boa
beberemos todos ben,
albariño de Cambados,
champán, eu caña, eu
herbas, a min licor café.
Eu mambo...A...chís.
Esta noite é noite boa
vamos todos a Belén
e veremos ao Meniño
que naceu pra o noso ben.
Esta noite é noite boa
e mañá é Navidá.
E pasado os pringhados
teredes que traballar.
( Tres veces)
Festival nadal

Festival nadal

  • 2.
    O APALPADOR Vaite logomeu meniño marcha agora pra camiña que vai vir o apalpadore a apalparche a barriguiña. Xa chegou o día grande día do noso Señore xa chegou o día grande e virá o apalpadore. Mañá é día de cachela e haberá gran nevarada e vai vir o apalpadore con un saco de castañas. Alá por aquela cemba mira xa ven relumbrando o señor apalpadore para darnos o aguinaldo.
  • 3.
    Naceu, naceu pastores Xesúsun neno fermoso Tan lindo, tan precioso Non hai outro coma el.(BIS) Ollalo é delicioso. Bicalo é rico mel.(BIS) Que xoia, que rico Docísima Señora, me deixa darlle un bico, pois dállo máis adora.
  • 4.
    Do ceo baixouun anxo Cheo de gozo e contento,(BIS) Anunciarlle aos pastores De Xesús o nacemento.(BIS) Levantade os ollos, mirade pras nubes veredes que baixan bonitos querubes. Veredes que baixan bonitos querubes, levantade os ollos mirade pras nubes. Paxariños que voades, polas follas dos loureiros(BIS) deixade durmir ao neno que está no sono primeiro.(BIS) Levantade os ollos....
  • 5.
    OS TRES REISMAGOS Os tres reis Magos van para Belén quitaron os zocos para correr ben. No bar do Cruceiro fanlles o café, Carmiña de Juan peneira de pe.
  • 6.
    Vide pequenos, videadorar, ao noso Neno, que naceu xa. Cantade todos, un alalá, Chegade axiña, vide adorar. Nun portal, que hai en Belén, naceu o noso neno rei. Cantade todos un alalá, chegade axiña, vide adorar. O Neno chora, tremendo está, meu Deus do ceo, que che hei de dar? Fareiche un berce pra te deitar, e un vestidiño de pel e la. Nun portal.........
  • 7.
    O CEO DEBELÉN Esta noite é noite boa vamos todos a Belén e veremos ao Meniño que naceu pra o noso ben. Esta noite é noite boa cantarémoslle ao recén panxoliñas e aninovos e pandeiradas tamén. (Bis) Esta noite é noite boa comeremos ata encher bacallau con coliflor e langostinos do Berbés. Esta noite é noite boa beberemos todos ben, albariño de Cambados, champán, eu caña, eu herbas, a min licor café. Eu mambo...A...chís. Esta noite é noite boa vamos todos a Belén e veremos ao Meniño que naceu pra o noso ben. Esta noite é noite boa e mañá é Navidá. E pasado os pringhados teredes que traballar. ( Tres veces)