3. Facemos unha torta?... un guiso?... un polo asado?...
peixe ao forno?... un cocido?... pasteis?... xeado?...
Desde que lles dou polo aquel da cociña,
andan a argallar cousas novas cada día.
4. E Luisa que tampouco os quere desanimar,
díxolles que un día iban a facer pan.
5. E desde que llo dixo levan agardando
que sexa ese día que nunca da chegado.
9. Visten os mandís, lavan as mans,
e xa están listos para poder empezar.
10. Botan a fariña, co sal, no cacharro,
e xusto, no medio, cávanlle un burato.
11. Despois a levadura nunha pouca auga morna…
e logo a mestura no medio da poza
12. Xuntan a fariña, empezan a amasar.
Danlle unhas voltas… -Xa empeza a ligar.
13. Sácana do cunco, bótana na mesa,
e amásanna para que quede ben ligada, ben feita.
Estiran, estruchan, esmagan, enrolan,
apertan, estenden, apalpan e soban.
14. Ata que Luisa, que mira, di que poden parar:
-Xa está a masa feita… agora a levedar.
15. Deixan a masa dentro do cacharro
nun sitio morno e cuberta cun pano.
16. Luisa contoulles que ao levedar
a masa medraba e quérenno mirar,
e para que non anden a destapala seguido
usaron, esta vez, un cunco de vidro.
17. Enseguida se cansan de mirar e agardar.
- A masa non medra… Todo sigue igual!
18. -Todo vai moi ben. Deixádea estar.
Hai que darlle tempo… unha hora máis.
-Aínda unha hora? –Que cousa máis lenta!
- Mola enfariñarse… pero amola a espera.
19. Cando o tempo pasa… -Mamá ven miralo!
-Como agardemos máis vai saír do cacharro!
21. Parte a masa en cachos e dalle a cada un súa peza.
22. E os nenos traballan, cada un o seu anaco,
para darlle a forma e o tamaño axeitado.
23. Mentras o forno quece, outra vez a agardar,
que o pan medre un pouco antes de o enfornar.
24. Cando o forno está a punto, meten o pan,
e toca, outra vez, volver a agardar.
25. Mentras o pan coce, recollen e limpan.
Vaia tarde pasaron enleados coa fariña!
26. Non foi facer biscoitos nin facer ensaladas,
pero tamén ten a súa cousa eso de enredar coa masa.
E cando se aprende, se ensaia e se proba,
pódese gozar moito facendo cousas novas.
33. con ovo,
Faise con tantas cousas, de tantas maneiras…
que cada un pode facer pan case co que queira!
anisado…con leite,manteiga,
34. E cando viron cocidos os pans que fixeran
Pareceulles moi ben todo o que aprenderan.
35. Co pan que amasaron, tan fresco, aínda quentiño,
os ratos fixeron cadanseu bocadillo.
QUE LLES APROVEITE!!
36. fin
As fotografías son collidas da Internet.
Agradézolloe aos autores a súa dispoñibilidade e agardo que saiban disculpar o uso que fixen delas.
Mon Daporta