1. Agudá Galeguit Lididut im Israel - לארשי םע תודידיל תיגלג הדוגא
COMUNICADO SOBRE SENTENZA TC – NEGACIÓN DELITO XENOCIDIO
Desde a Asociación Galega de Amizade con Israel (AGAI) queremos deixar pública constancia da
nosa radical discrepancia coa recente sentenza do Tribunal Constitucional pola que vén de declarar
inconstitucional o delito consistente na difusión de ideas ou doutrinas que NEGUEN UN DELITO DE
XENOCIDIO.
Porque negar un xenocidio conleva, cando menos, un profundo desprezo pola dor das súas vítimas, e
implica un ataque á dignidade de todas as persoas que conforman o grupo social perseguido, atacando
así á base de calquera sociedade que se pretenda democrática.
E o Dereito como froito da sociedade da que xorde, non é neutral, establece sempre un sistema de
valores, e coa súa punición delimita aquelas condutas que considera inaceptables. Neste sentido, ante
o perigo actual que representa o racismo e a xenofobia, e aprendendo a tráxica lección que nos deixou
o Holocausto nazi, a sociedade europea repudia a negación da súa existencia.
Eis a preocupación da Unión Europea para evitar que ningún Estado europeo se poida converter nun
refuxio e centro de propaganda xenófoba que nos poidan levar a repetir novamente os terribles erros
do século XX, lamentablemente coa recente sentenza, xa temos un erro, o noso.
Porque non é casual a presenza estes días entre nós do destacado negacionista e líder do KU KUS
KLAN, David Duke, que ao abeiro da devandita sentenza pode percorrer con toda normalidade e
tranquilidade España en actividades públicas nas que fai manifesta apoloxía do antisemitismo, da
xenofobia e do odio racial. Lamentablemente en virtude da recente sentenza do TC a súa actividade é
lícita.
Desde a Asociación Galega de Amizade con Israel (AGAI) facemos un chamamento público á
reflexión sobre este grave erro.
Vigo, 21 de Novembro de 2007
Pedro Gómez-Valadés
+34 655 148458
Apartado de Correos 730 – 36200 Vigo / agai_galicia_israel@yahoo.es / www.amizadeconisrael.org