2. Que é?
• Aínda que nos anos 70 do século XX
acuñouse este termo para sinalar as
obrigas morais do ser humano con
respecto ó mundo vivo, incluída a súa
propia especie, a bioética defínese como a
aplicación da ética ás ciencias da vida.
3. Cal é a súa orixe?
• Despois da Segunda Guerra Mundial e como
consecuencia das terribles actividades
experimentais que desenvolveron os nazis en
seres humanos, promulgouse o Código de
Nuremberg, do que parten os conceptos de
consentimento voluntario, necesidade de
experimentación animal previa, a obriga de
evitar sufrimento, a adopción de precaucións
axeitadas, limitar a súa realización a persoas
cualificadas, etc.
4. Como foi?
• O 11 de Novembro de 1997, a UNESCO aprobou a
Declaración Universal sobre o Xenoma Humano e os
Dereitos Humanos, no texto dos cales fai referencia á
necesidade de educar á sociedade en bioética e a
institucionar a presenza dos comités de bioética na toma
de decisións. No documento asinado polos 186 paises,
destácanse dúas necesidades básicas:
- Promover a educación en bioéticae concienciar ós
individuos e á sociedade da súa responsabilidade na
defensa da dignidade humana en temas relacionados
coa bioloxía, a xenética e a medicina.
- Promover a creación de comités de bioética
independentes, pluridisciplinares e pluralistas.
5. Como e cando se emprega?
• Cando xorde un descubrimento ou se inicia un estudo
científico, este é valorado por un comité de bioética que
analiza se se cumpren as pautas éticas correspondentes
para poder facerse.
• Os casos máis coñecidos nos que se aplica a bioética son
o aborto e a eutanasia, pero tamén hai outros coma os
dereitos dos animais, a contaminación ambiental, a
conservación dos recursos naturais, a biodiversidade, o
xenoma humano ou incluso a inseminación artificial.
6. Cales son as súas vantaxes?
• A vantaxe principal desta parte da ciencia é a toma de
conciencia que adquirimos pensando se realmente o fin,
o obxectivo que pretendemos, xustifica os medios que
utilizaremos na investigación.
• Esta actividade tamén evitará que cometamos
atrocidades os uns cos outros coma nazis e así o
sufrimento de persoas e animais.
• A ciencia será avaliada obxectivamente e así evitarase
un mal uso ou unha mala finalidade en ningún traballo
científico.