2. O rei Minos. Gustave Doré O rei Minos da illa de Creta mandoulle a Dédalo, que era arquitecto que construíse un labirinto para encerrar ao seu fillo o minotauro, un monstro con cabeza de touro e que comía carne humana.
3. Minotauro. George F. Watts Dédalo construiu o labirinto que lle pedira Minos e este encerrou nel ao minotauro.
4.
5. Dédalo tiña un fillo chamado Ícaro. O rei Minos, quixo que o labirinto fose un segredo para sempre e mandou encerrar na torre da illa a Dédalo e ao seu fillo Ícaro para sempre. Como non podían escapar da illa porque as augas estaban vixiadas polos gardas do rei Minos, Dédalo construiu unhas ás para el e outras para Ícaro, seu fillo.
6. Enlazou plumas entre si empezando polas mais pequenas e engadindo outras cada vez mais longas. Amarrou as grandes con fíos e as pequenas pegounas con cera. Cando as acabou, probounas, bateu as ás e notou que estaba suspendido no ar.
8. Dédalo e Ícaro. Charles Paul Landon 1799 Equipou ao seu fillo da mesma maneira e ensinoulle a voar.
9. Cando ambos estiveron listos para voar, Dédalo advertiu a Ícaro que non voase moi alto, porque a calor do sol derretería a cera e tampouco moi baixo porque a escuma do mar mollaría as ás e pesarían demasiado. Xa levaban tempo voando cando Ícaro comezou a ascender coma se quixese chegar ao paraíso. O ardente sol abrandou a cera que mantiña unidas as plumas e estas despegáronse. Ícaro axitou os brazos pero non quedaban suficientes plumas para sostelo no ar e caeu ao mar, desaparecendo entre as ondas. Seu pai chorou e lamentouse do seu invento. Cando chegou a Sicilia, construíu un templo a Apolo e alí deixou as suas ás como ofrenda.