SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 32
Baixar para ler offline
XORNADAS
DE
VERÁN
Setembro 2010




A CORUÑA
SANTIAGO
FERROLTERRA
LUGO
A MARIÑA LUGUESA
OURENSE
PONTEVEDRA
VIGO
XORNADAS DE VERÁN 2010
XXXIV XORNADAS DO ENSINO DA CORUÑA
Do 20 ao 24 de setembro | IES Ánxel Casal
XIX XORNADAS DO ENSINO DE SANTIAGO
Do 13 ao 17 de setembro | IES As Fontiñas
XXI ENCONTROS PEDAGÓXICOS DE FERROLTERRA
Do 27 de setembro ao 1 de outubro | CEIP Isaac Peral/Local Cig en Esteiro
XIV XORNADAS DA MÚSICA DE LUGO
Do 13 ao 17 de setembro | Conservatorio Profesional de Danza de Lugo
II ENCONTROS PEDAGÓXICOS DE LUGO
Do 20 ao 24 de setembro | IES Nosa Señora dos Ollos Grandes
XVIII ENCONTROS PEDAGÓXICOS DA MARIÑA LUGUESA
Do 27 de setembro ao 1 de outubro | Burela. IES Monte Castelo
XVIII ENCONTROS PEDAGÓXICOS DE OURENSE
Do 13 ao 17 de setembro | Local da FORGA e IES Julio Prieto Nespereira
XXII SEMANA DA EDUCACIÓN DE PONTEVEDRA
Do 20 ao 24 de setembro | Pazo da Cultura
XXXIV XORNADAS DO ENSINO DE VIGO
Do 20 ao 24 de setembro | Verbum, IES Manuel Antonio e CEP Igrexa
PASEOS PEDAGÓXICOS DE VIGO
Do 18 ao 26 de setembro
XXXIV XORNADAS
                                        DO ENSINO DA CORUÑA
                                      Do 20 ao 24 de setembro. IES Ánxel Casal




Luns 20
Ás 16:30 horas. Recepción e entrega de material.

Obradoiros optativos:

Luns. De 17:00 a 20:00 horas.
Martes, xoves e venres. De 17:30 a 20:30 horas.
Obradoiro 1.
RISOTERAPIA.
Por Montserrat Sanmartín, psicóloga e profesora de servizos á comunidade.

Obradoiro 2.
TEATRO NA AULA.
Por Chus Álvarez, educadora infantil, filóloga, actriz e mestra de teatro.

Obradoiro 3.
FOTOGRAFÍA.
Por Manuel Graña Vázquez, profesor de equipos electrónicos do IES Ánxel Casal.

Obradoiro 4.
SEMINARIOS DE EDUCACIÓN DIXITAL E SOBRE O XESTOR
WEB DRUPAL.
Por Martín Rei Caneda e Brais Martínez Francisco, infotecnólogos.
XXXIV XORNADAS
DO ENSINO DA CORUÑA
Do 20 ao 24 de setembro. IES Ánxel Casal




Mércores 22
De 16:30 a 18:30 horas.
A PERSPECTIVA DA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA NOS CENTROS DE ENSINO
ANTE O NOVO DECRETO DO PLURILINGÜÍSMO. Por Mercedes Queixas, profe-
sora de lingua e literatura no CPI Alcalde Xosé Pichel.

De 18:30 a 19:30 horas.
Presentación de FALADOIROS, experiencia de normalización lingüística en
primaria, por Mª Teresa Otero Fernández, coordinadora do ENL e mestra de
educación infantil do CEIP Sanjurjo de Carricarte.
De 19:30 a 20:30 horas.
A ALDEA GLOBAL. GALICIA É MÁIS GALICIA CANDO É DE TODOS OS MUNDOS.
Presentación dunha experiencia de normalización lingüística en Secundaria, por
Almudena García Castrillo, profesora de Filosofía e membro do ENL no IES Mené-
ndez Pidal da Coruña.


Actividades:
Luns. De 20:30 a 21:30 horas.
Martes e xoves. De 16:30 a 17:30 horas.
Luns (Teatro Rosalía de Castro): CERTAME CURTAS SOBRE ROSALÍA
Martes: PRESENTACIÓN DA PÁXINA DE RECURSOS DIDÁCTICOS DA CIG-ENSINO.
Xoves: PROXECCIÓN DO AUDIOVISUAL SOBRE UXÍO NOVONEYRA “CANTO DE
PERMANENCIA”, elaborado pola AS-PG.
XIX XORNADAS
                                   DO ENSINO DE SANTIAGO
                                    Do 13 ao 17 de setembro. IES As Fontiñas




Luns 13
Ás 16:00 horas. Recepción e entrega de materiais.

Obradoiros optativos:
Luns, martes, xoves e venres. De 17:30 a 20:30 horas.
Obradoiro 1. A PAPIROFLEXIA NO ENSINO. Por Teresa Otero Suá-
rez, profesora no IES Ántón Fraguas de Santiago e Covadonga Blanco García,
profesora na Escola de Aparelladores da Universidade da Coruña.
Obradoiro 2. A EDUCACIÓN EMOCIONAL NA AULA. Por Guada-
lupe del Pino Villamarín Taboada, Educadora Social.
Obradoiro 3. EDUCAR NA DIVERSIDADE AFECTIVO-SEXUAL.
Por Xulia Regueiro Sande, profesora de PT no IES Alfonso X o Sabio, licenciada
en psicoloxía, e Puri Cabido López, profesora de francés no IES de Ordes, licen-
ciada en filoloxía románica.
Obradoiro 4. RISOTERAPIA. Por Miguel Trapote Castro, diplomado en
maxisterio, con estudos de naturopatía e masaxe, é monitor en risoterapia.
Obradoiro 5. SEMINARIOS DE EDUCACIÓN DIXITAL E SOBRE
O XESTOR WEB DRUPAL. Por Martín Rei Caneda e Brais Martínez Fran-
cisco, infotecnólogos.

Mércores 15
De 16:30 a 17:30 horas. A ALDEA GLOBAL. GALICIA É MÁIS GALICIA CAN-
XIX XORNADAS
DO ENSINO DE SANTIAGO
Do 13 ao 17 de setembro. IES As Fontiñas




DO É DE TODOS OS MUNDOS. Presentación dunha experiencia de normalización
lingüística en Secundaria Por Almudena García Castrillo, profesora de Filosofía e
membro do ENL no IES Menéndez Pidal da Coruña.

De 17:30 a 18:30 horas. SIMPLIFICACIÓN E PREXUÍZOS SOBRE O GALEGO.
Charla coloquio por Manuel Núñez Singala, Xefe do SNL da Universidade de San-
tiago. Autor do libro: En galego, por que non?.

De 18:30 a 19:30 horas. EXPERIENCIA DE INNOVACIÓN EN NORMA-
LIZACIÓN LINGÜÍSTICA NUN CENTRO DE EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA.
Por Uxía Acuña Abalde, coordinadora do ENL do CEIP de Aguiño.

Actividades. De 16:30 a 17:30 horas.
Luns: ENSINO EN GALEGO. RETOS E ALTERNATIVAS. Por Carlos Callón, Presi-
dente da Mesa pola Normalización Lingüística.

Martes: PRESENTACIÓN DA PÁXINA DE RECURSOS DIDÁCTICOS DA CIG-ENSINO.

Xoves: PROXECCIÓN DA CURTAMETRAXE “BATA POR FÓRA, MULLER POR DEN-
TRO”, de Claudia Brenlla, realizadora de documentais da productora Laturma de
Vigo. Presentación a cargo da autora e posterior coloquio.
Esta curtametraxe é unha alegre oda á modernidade da tradición, unha viaxe
artística aos valores positivos da herdanza feminina. Un tributo ao simbolismo da
bata, unha prenda de traballo que acompañou ás nosas nais por décadas.

Venres: PROXECCIÓN DO AUDIOVISUAL SOBRE UXÍO NOVONEYRA “CANTO DE
PERMANENCIA”, elaborado pola AS-PG.
XXI ENCONTROS
                      PEDAGÓXICOS DE FERROLTERRA
                                          Do 27 de setembro ao 1 de outubro.
                                       CEIP Isaac Peral/Local da Cig en Esteiro



Luns 27
Ás 16:00 horas. Recepción e entrega de materiais (CEIP Isaac Peral).

Luns e martes: 16:30 a 18:30 e 19:00 a 21:00
Obradoiros optativos (CEIP Isaac Peral):
Obradoiro 1. COMUNICACIÓN EFECTIVA = COMUNICACIÓN
AFECTIVA. Por Carmen Sarmiento Marqués, directora do IES de Monterroso,
especialista en comunicación efectiva.
Obradoiro 2. PUBLICIDADE E MEDIOS DE COMUNICACIÓN.
Por Natalia Ares López, licenciada en comunicación audiovisual, técnica superior
en prevención de riscos laborais, especialidade en seguridade no traballo.
Obradoiro 3. ENCANTAMENTO E “ENCONTAMENTO” NA
NARRACIÓN DE CONTOS. Por Charo Pita Villares, licenciada en Filoloxía
Hispánica con experiencia no ámbito teatral, na narración oral e escrita. Escri-
tora, actriz e directora teatral.
Obradoiro 4. AS COMPETENCIAS BÁSICAS NA PROGRA-
MACIÓN NA EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA. Por Pilar Vilela
Castro, orientadora do CEIP Os Casais de Fene e Álvaro J. García Álvarez, direc-
tor do CEIP Os Casais.

Mércores 29 (local da Cig en Esteiro)
De 16:30 a 18:30 horas. UNHA PERSPECTIVA HISTÓRICA E DE FUTURO DA
LINGUA GALEGA. Análise dos factores que condicionaron e impediron a resolu-
XXI ENCONTROS
PEDAGÓXICOS DE FERROLTERRA
Do 27 de setembro ao 1 de outubro.
CEIP Isaac Peral/Local da Cig en Esteiro



ción do conflito lingüístico no noso país visto dende unha perspectiva histórica e
do futuro da nosa Lingua. Por Francisco Rodríguez Sánchez, catedrático de Lingua
e Literatura castelás. Escritor e ensaísta.

De 19:00 a 21:00 horas. OS EQUIPOS DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA:
EXPERIENCIAS E PROPOSTAS DE FUTURO. Experiencias normalizadoras propias
e compartidas no IES C. Arenal: exemplos, visualización e materiais. Propostas
normalizadoras para tempos de crise. Por Manuel Rei Romeu, coordinador do
ENL do IES C. Arenal de Ferrol. Escritor e crítico literario.

O FIADEIRO E AS FIADAS. Experiencia normalizadora de achegamento do galego
ao alumnado da EOI de Ferrol. Levouse esta experiencia a distintos foros como
Galería Sargadelos, Ateneo Ferrolán e Residencia da 3ª Idade de Caranza. As
fiadas tamén se levou en formato de video-conferencias a países onde se fala
galego: Brasil, Alemaña, etc. Por un grupo de docentes da EOI de Ferrol.


Xoves 30: 16:30 a 18:30 e 19:00 a 21:00
Obradoiros optativos (CEIP Isaac Peral):

Obradoiro 1. EDUCANDO AS SEXUALIDADES NA AULA. Por
Nuria Roibás Polo e Alfredo Saborido Pérez, psicóloga-sexóloga e traballador
social, respectivamente, do centro Quérote de Ferrol.
Obradoiro 2. INTERNET COMO ESPAZO DE RELACIÓNS SO-
CIAIS. Por Eduardo Estévez, escritor e informático. Ten publicadas diferentes
obras poéticas, sobre todo na rede (luagris, en construción, esca e pedra…)
XXI ENCONTROS
                      PEDAGÓXICOS DE FERROLTERRA
                                          Do 27 de setembro ao 1 de outubro.
                                       CEIP Isaac Peral/Local da Cig en Esteiro



Obradoiro 3. BÚSCANSE ACTIVISTAS: SOCIOCREATIVIDADE
E NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA. Por Séchu Sende, profesor no IES
Marco do Camballón en Vila de Cruces, escritor e autor da novela Orixe e o libro
de relatos Made in Galiza. Artista circense.
Obradoiro 4. A CREATIVIDADE E A INNOVACIÓN, ALIADAS
DA LINGUA. Por Aurora Varela Caabeiro, filóloga en Galego e docente.
Participa en recitais poéticos e gañou premios literarios coma os Accésits Brisa
Mariña e X.Mª. P. Parallé. Colabora na sección da Voz O mellor das nosas letras.


Venres 1 (local da Cig en Esteiro)

De 16:30 a 18:00 horas. A VIOLENCIA DE XÉNERO. Definición, tipos,
mitos sobre a violencia de xénero, os seus efectos no ámbito familiar e recursos
dispoñibles para as mulleres que a sofren. Presentación da guía controla que
non te controlen dirixida aos/ás adolescentes. Por Dolores Cervera Vázquez,
psicóloga, traballou en programas de apoio a mulleres vítimas de violencia, ta-
mén como asesora do CIM do concello de Ferrol e asesora na Casa de Acollida.
Actualmente é a directora do CIM.

De 18:15 a 19:45 horas. ROSALÍA DE CASTRO, CONFLUENCIA DE DÚAS
REBELIÓNS: DA LINGUA GALEGA E DA DISCRIMINACIÓN FEMININA.
Por Pilar García Negro, profesora da UDC. Interviu en numerosos congresos
nacionais e internacionais sobre sociolingüística, linguas europeas non norma-
lizadas, literatura galega e feminismo, ten publicado edicións e estudos sobre
Rosalía de Castro, Valentín Lamas Carvajal, Emilia Pardo Bazán, Castelao, etc.
XIV XORNADAS DA MÚSICA DE LUGO
Do 13 ao 17 de setembro
Conservatorio Profesional de Danza de Lugo




Horario: de 16:30 a 20:30 h. os días 13,14,15,16, e
de 16:30 a 19:30 o día 17.

Danza fácil e baile de creación
(Iniciación á danza e ao baile tradicional II)
Por Xavier Iglesias Castro, membro de varios grupos de baile tradicional, cunha
ampla formación e experiencia como monitor neste eido musical. Autor, xunto
con outros, de distintos traballos de investigación e recollida de campo e de
achegamento ao baile tradicional galego.

Obxectivos
Divulgar un material, que xa está a ser utilizado en aulas de baile tradicinal, para
o seu coñecemento xeral.
Dar unha visión global do baile galego e mostrar a dinámica de creación dos
puntos a partir de pasos base.

Contidos
Iniciación ao baile galego II
Danzas simples e bailes soltos ordenados da seguinte maneira:
Baile-Xogo II
Danzas II
Bailes soltos II
Bailes agarrados II
Representacións II
Presentación do libro, que inclúe CD e DVD, Así fan os bailadores
II ENCONTROS PEDAGÓXICOS DE LUGO
                                                     Do 20 ao 24 de setembro
                                            IES Nosa Señora dos Ollos Grandes




Luns 20
Ás 16:00 horas. Recepción e entrega de material.

De 16:30 a 18:30 horas. Conferencia de apertura e posterior coloquio O
DECRETO DO PLURILINGÜISMO, UNHA NORMA ILEGAL.

Por Luís Villares Naveira, Licenciado en dereito pola USC onde obtivo o Diploma
de Estudos Avanzados con unha investigación sobre Dereito e Consumo. É
coautor do Estatuto Xurídico da Lingua Galega, Sobre o racismo lingüístico e
Estudos Xurídicos sobre o Decreto do Plurilingüismo, entre outras publicacións.
Na actualidade é Xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución Único
da Fonsagrada, onde está destinado dende o 2007, e é coordinador en Galiza de
Xuíces para a Democracia.

Obradoiros optativos:

Luns 20. De 18:30 a 20:30 horas.
Martes 21. De 16:30 a 20:30 horas.
Mércores 22. De 17:30 a 20:30 horas.
Venres 24. De 16:30 a 19:30 horas.

Obradoiro 1. O USO DAS TIC NA AULA: O ENCERADO DIXI-
TAL. Por Mercedes Pilar Fernández García, mestra de Educación Infantil no
CEIP Virxe da Luz de Portomarín..
II ENCONTROS PEDAGÓXICOS DE LUGO
Do 20 ao 24 de setembro
IES Nosa Señora dos Ollos Grandes




Obradoiro 2. EDUCANDO AS SEXUALIDADES NA AULA. Por
Xosé Manuel Mosteiro Valle, traballador social e Olalla Martínez Rubín, psicóloga
e sexóloga, ámbolos dous profesionais do centro Quérote de Lugo
Obradoiro 3. NOVAS PROPOSTAS EN EDUCACIÓN FÍSICA: NO-
CIÓNS BÁSICAS E INICIACIÓN Á PRÁCTICA DA ESCALADA.
Por Domingo Casas, profesor de ensino secundario no IES Terra de Soneira.

Mércores 22
De 16:30 a 17:30 horas. PRESENTACIÓN E PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL
SOBRE UXÍO NOVONEYRA “CANTO DE PERMANENCIA”, elaborado pola AS-PG.
Por Francisco Arrizado Yáñez

Xoves 23
De 16:30 a 20:30 horas. O MODELO BURELA: UNHA EXPERIENCIA NOR-
MALIZADORA, DINAMIZADORA E SENSIBILIZADORA.
Por Bernardo Penabade Rei e Mª José Andión Fontela, profesores do Ensino
Secundario no IES Perdouro de Burela. Con esta actividade preténdese compartir
co profesorado unha experiencia de Normalización orixinal e integradora dirixida
non só ao ámbito escolar, senón que a todos os eidos da vida social. Nunha
primeira parte desenvolverase un pequeno obradoiro de lingua e sociedade. Na
segunda traballarase con proxeccións e comentarios da diferentes actividades de
sensibilización que se fixeron ao longo destes catro anos, pero sobre todo neste
último curso.
XVIII ENCONTROS PEDAGÓXICOS
                                DA MARIÑA LUGUESA
                                           Do 27 de setembro ao 1 de outubro
                                                    Burela. IES Monte Castelo




Luns 27
Ás 16:00 horas. Recepción e entrega de material.



Obradoiros optativos:

Luns 27. De 18:30 a 20:30 horas.
Martes 28 e xoves 30. De 16:30 a 18:30 horas.


Obradoiro 1. EDUCANDO AS SEXUALIDADES.
Por Olalla Martínez, psicóloga e sexóloga; e Xosé Manoel Mosteiro, traballador
social.

Obradoiro 2. CREATIVIDADE ARTÍSTICA NA ESCOLA.
Por Tomás López Retorta.


Obradoiro 3. INTODUCIÓN Á WEBQUEST.
Por José Rodríguez Costa, director do CEIP Santa Rita de Galdo.
XVIII ENCONTROS PEDAGÓXICOS
DA MARIÑA LUGUESA
Do 27 de setembro ao 1 de outubro
Burela. IES Monte Castelo




ACTIVIDADES:
De 16:30 a 18:30 horas.

Charla inaugural: UXÍO NOVONEYRA.
Proxección do DVD “CANTO DE PERMANENCIA”, elaborado pola AS-PG.
Por Manuel Castelao, profesor no IES Salvador de Madariaga, ensaísta, director
de cine e guionista.

Martes, de 18:30 a 20:30 horas.

EXPERIENCIAS EN NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA: MODELO BURELA. PÁXINA
DE RECURSOS DA CIG-ENSINO.

Xoves, de 18:30 a 20:30 horas.

Concerto didáctico: BURELA BLUES BAND (BBB), da Escola de Música.

Venres, de 16:30 a 20:30 horas.

Visita guiada por Burela. DO MAR Á MESA. Visita ao Barco Museo Boniteiro e ao
Porto de Burela.
XVIII ENCONTROS
                            PEDAGÓXICOS DE OURENSE
                                                Do 13 ao 17 de setembro
                              Local da FORGA e IES Julio Prieto Nespereira




Luns 13
Ás 16:00 horas. Recepción e entrega de material.

Obradoiros optativos (I):

Luns, martes, xoves e venres (local da FORGA):
De 16:30 a 18:30 horas.

Obradoiro 1.
PLATAFORMA MOODLE.
Por Alonso Beltrán Grande.
Obradoiro 2.
SEXUALIDADE.
Por Iago Legaspi Irimia.


Obradoiros optativos (II):

Luns, martes, xoves e venres (local da FORGA):
De 19:00 a 21:00 horas.
Obradoiro 1.
SEMINARIOS DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA.
Luns, Pilar García Negro.
XVIII ENCONTROS
PEDAGÓXICOS DE OURENSE
Do 13 ao 17 de setembro
Local da FORGA e IES Julio Prieto Nespereira



Martes, Séchu Sende.
Xoves, A experiencia da ENDL nun centro de primaria por Mª Luísa García.
Venres, A experiencia da ENDL nun centro de secundaria por Beatriz Fernández.
Obradoiro 2.
RISOTERAPIA.
Por Agustín Pérez Meiriño.


Mércores 15
(IES Julio Prieto Nespereira):

De 16:30 a 18:30 horas.
PRESENTACIÓN DE RECURSOS WEB

De 19:00 a 21:00 horas.
Conferencia e debate: CRISE ECONÓMICA: PRETEXTO PARA O RECORTE DE DE-
REITOS LABORAIS.
Por Xosé Manuel Fírvida
XXII SEMANA
                     DA EDUCACIÓN DE PONTEVEDRA
                                                      Do 20 ao 24 de setembro
                                                               Pazo da Cultura




Luns 20
Ás 17:00 horas. Recepción e entrega de material.
Ás 17:30 horas. Conferencia inaugural: DO DECRETO AO DECRETAZO: RETOS
E PROPOSTAS PARA O GALEGO NO ENSINO.
Por Carlos Callón, Presidente da Mesa pola Normalización Lingüística.


Obradoiros optativos (I):
De martes 21 a venres 24: De 17:00 a 19:00 horas.

Obradoiro 1. TEATRO NAS AULAS.
Por Andrea Bayer Lloves, mestra, actriz e directora teatral. Ten impartido clases
de teatro para nenos así como obradoiros para adultos e adolescentes.

Obradoiro 2. OS CONTOS NON SON CONTOS.
(obradoiro dobre, 4 horas diarias).
Por Celso Fernández Sanmartín, licenciado en filosofía.

Obradoiro 3. A SEXUALIDADE NAS AULAS.
Por Sonia Morán Prieto, educadora social do centro Quérote de Vigo.

Obradoiro 3. TACTO CONSCIENTE E MASAXE NAS
RELACIÓNS. (obradoiro NON homologado).
Por Rosana Portela Freire, educadora Aemi-Masaxe infantil-Psicomotricista.
XXII SEMANA
DA EDUCACIÓN DE PONTEVEDRA
Do 20 ao 24 de setembro
Pazo da Cultura




Obradoiros optativos (II):
De luns 20 a xoves 23: De 19:00 a 21:00 horas.

Obradoiro 1. TÉCNICAS DE ESTAMPACIÓN
E ARTE NA ESCOLA.
Por Begoña Paz García, directora da Escola de Tempo Libre Paspallás.

Obradoiro 2. TODOS TEMOS TICS.
Por Aránzazu Ordóñez Iglesias, técnica superior en Administración de Sistemas
Informáticos.

Obradoiro 3. OS CONTOS NON SON CONTO.
(obradoiro dobre, 4 horas diarias).
Por Celso Fernández Sanmartín, licenciado en filosofía.

Obradoiro 4. CANTOS DE ONTE PARA HOXE.
(obradoiro NON homologado).
Por Marcelo González Martínez, mestre de música.

Venres 24:
Ás 19:30 horas.
Acto de clausura: PRESENTACIÓN DO LIBRO ZAMPADANZAS DO MUNDO.
A cargo das autoras e do ilustrador do mesmo: Mercedes Prieto Martínez, Marta
Pereira Cotinho e Sergio Cobos Martínez.
XXXIV XORNADAS
                                            DO ENSINO DE VIGO
                                                  Do 20 ao 24 de setembro
                       Verbum, IES Manuel Antonio e CEP Igrexa – Valadares



Luns 20 (museo Verbum en Samil)
Ás 16:30 horas. Recepción e entrega de material.
Ás 16:45 horas. Inauguración e benvida a cargo do Secretario Comarcal da
Cig-Ensino de Vigo, Xosé Saiáns.

1ª parte: SOBRE A LINGUA
Ás 17:00 horas. PROXECCIÓN DO DVD SOBRE UXÍO NOVONEYRA “CANTO
DE PERMANENCIA”, elaborado pola AS-PG.

Ás 17:30 horas. CONFERENCIA, POEMAS E COLOQUIO SOBRE UNHA EXPE-
RIENCIA DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA. Por Dorinda Castro, catedrática de
lingua e literatura galega no IES Pino Manso do Porriño.

2ª parte: SOBRE A MULLER
Ás 18:45 horas. PROXECCIÓN DA CURTAMETRAXE “BATA POR FÓRA,
MULLER POR DENTRO”, de Claudia Brenlla, realizadora de documentais da
produtora Laturma de Vigo. Presentación a cargo da autora e posterior coloquio.

3ª parte: OS NOSOS RECURSOS
Ás 19:45 horas. PRESENTACIÓN DA PÁXINA DE RECURSOS DA CIG-ENSINO.
Por Santiago Rodríguez, profesor do IES San Tomé de Freixeiro e delegado da
Cig-Ensino.

Martes 21.
Seminarios de normalización lingüística.
De 17:30 a 18:45 horas. CONFERENCIA SOBRE O DECRETO DO PLURI-
XXXIV XORNADAS
DO ENSINO DE VIGO
Do 20 ao 24 de setembro
Verbum, IES Manuel Antonio e CEP Igrexa – Valadares



LINGÜISMO EN COMPARACIÓN CON OUTROS DECRETOS. Por Ana Iglesias,
profesora do CPI de Caldas e autora do libro Falar Galego? No veo porque.

De 19:00 a 20:30 horas. Conferencia coloquio sobre unha experiencia de
normalización: CEIBES NO MONTE, UN TRABALLO SOBRE O NOSO PATRIMONIO
CULTURAL. Traballo con documental e exposición que sobre os curros ten elabo-
rado no seu centro Santiago Veloso, profesor de lingua e literatura galega no IES
Terra de Turonio e presidente da asociación socio-pedagóxica Ponte…nas ondas.

Obradoiros optativos:
De mércores 22 a venres 24: De 16:30 a 20:30 horas.

Obradoiro 1. POSIBILIDADES DIDÁCTICAS DA WEB 2.0 (no IES
Manuel Antonio). Por José Luís Rojas, profesor de sistemas informáticos no IES
de Rodeira.
Obradoiro 2. ENCERADO DIXITAL PARA PROFESORADO DE
SECUNDARIA. (no IES Manuel Antonio). Por Xurxo Cobelas, profesor de
inglés no CEIP Princesa de España de Verín e especialista en novas tecnoloxías.

Obradoiro 3. LEMOS XUNTOS? (no IES Manuel Antonio). Por Ana
Fidalgo, profesora de lingua e literatura galegas no IES de Mos e dinamizadora
da biblioteca do centro.
Obradoiro 4. ENCERADO DIXITAL PARA PROFESORADO DE
PRIMARIA. (no CEP Igrexa- Valadares). Por Paula Campos, mestra especia-
lista en Educación Infantil no CEIP Ría de Vigo.
PASEOS PEDAGÓXICOS
                                                   DE VIGO
                                                      Do 18 ao 26 de setembro




Da man de Xurxo Pérez, Xosé María Bouzó e Francisco Martínez, condutores
habituais dos “Paseos”, faranse diversos percorridos pola costa galega con ex-
plicacións in-situ dos principais procesos ecolóxicos e xeomorfolóxicos da costa
rochosa, dos servizos que proporciona, do seu valor de conservación e dos prin-
cipais riscos que a ameazan, con presentación de Power Point (para observación
individual) de cada excursión, que pretende ser un paseo explicativo virtual e
texto específico sobre os diferentes temas abordados.

Sábado 18 de setembro. Megacantís. A Capelada. Todo o día
Luns 20 de setembro. A erosión da costa. Cabo Home. Pola tarde
Martes 21 de setembro. A zonación dos organismos. Mougás.
Pola tarde
Mércores 22 de setembro. Descenso á Furna Santa Marta – Li-
méns (Opcional). Pola tarde
Xoves 23 de setembro. Os elementos morfolóxicos. Ecosistemas
de cantil. Monteferro. Pola tarde.
Sábado 25 de setembro. A rocha núa.Illa Rúa (Ribeira). Farase en
piragua. Todo o día
Domingo 26 de setembro. As “Pozas de marea”. Illa Carral (Sil-
leiro). Pola mañá.

Horarios: os horarios de saída para cada unha das actividades farase saber no
seu momento aos/ás admitidos/as. Completaranse 4 horas de formación cada
medio día e 8 horas cada día completo (os dous sábados).
TÁBOA DE CONTIDOS

FERRAMENTAS DIXITAIS

Seminarios de educación dixital e sobre o xestor
web DRUPAL.
No apartado de Educación Dixital trataranse temáticas como a aparición das
redes sociais, como realizar trámites a través da Rede de forma segura, os xogos
de rol e a súa influencia nos máis novos/as, consellos para xestionar a nosa
identidade, estafas, publicidade abusiva... O obxectivo do mesmo é achegar a
problemática da educación dixital de forma específica ofrecendo unha formación
ampla dirixida aos docentes.
O apartado sobre o xestor web Drupal vai dirixido a aquelas persoas, con for-
mación técnica ou non, que desexan iniciarse na creación e xestión de portais
web en xeral, sen dependencias externas. O seminario contará con casos prácti-
cos paso a paso, actividades, pistas e solucións.

Internet como espazo de relacións sociais
Internet 2.0, os blogs e as primeiras comunidades informáticas: Blogomillo e
Blogaliza, Flickr, Picasa, etc. Facebook: modos de uso. Tuenti: espazos para ado-
lescentes. Outras redes sociais.

O uso das tic na aula: o encerado dixital
Obradoiro destinado ao uso do EDI e as súas posibilidades – o software do EDI,
os seus usos na aula, programas variados para usalo, elaboración de actividades-
tamén se quere dar resposta á grande demanda que por parte do profesorado se
está a dar desta ferramenta que nos brindan as novas tecnoloxías.
TÁBOA DE CONTIDOS
Introdución á webquest
Concepto de webquest. Principios de ensinanza/aprendizaxe subxacentes.
Liñas metodolóxicas no traballo con webquest. Ferramentas online de xeración
automática de webquest. Outras metodoloxías similares: cazas do tesouro, mini-
quests, blogquests.

Plataforma MOODLE
A plataforma Moodle é un ambiente educativo virtual que axuda ao profesorado
a crear comunidades de aprendizaxe virtual; é unha excelente ferramenta com-
plementaria ás clases presenciais e cada vez está a ser máis usada en centros
de ensino de todos os niveis. Este obradoiro ten como finalidade proporcionar
ao profesorado ferramentas de apoio e para o seu uso.

Todos/as temos tics
Neste obradoiro achegaremos aos alumnos/as ao manexo, a nivel de usuario,
de distintos programas necesarios para chegar ao noso fin principal: a rea-
lización dunha película de vídeo, e a súa posterior publicación en internet. Para
iso aprenderemos a manexar distintos programas que se complementan uns cos
outros para acadar o noso obxectivo.

Posibilidades didácticas da web 2.0
Este obradoiro ten por finalidade introducir ao profesorado nas ferramentas 2.0
para elaborar contidos didácticos, ademais de inicialo na creación e adminis-
tración dun blog co blogger, así como na introdución ás wikis, traballando coa
Galipedia.
TÁBOA DE CONTIDOS
MULTIMEDIA

Fotografía
Manexo dos mandos máis importantes da cámara para a obtención de fotografías
dixitais. Criterios básicos de composición e iluminación. Descarga de arquivos no
PC, algúns criterios de clasificación. Instalación de programas PICASA e GIMP,
así como o seu manexo básico. Retoque fotográfico básico.



EDUCACIÓN AFECTIVO-SEXUAL

Educar na diversidade afectivo-sexual
A diversidade afectivo-sexual, a infancia e a adolescencia LGBT (lesbianas,
gais, transexuais e bisexuais), necesitan visibilizarse no curriculo e nos centros
educativos, non quedar relegado o seu tratamento á boa vontade do profesorado
interesado e ao curriculo oculto.
Neste obradoiro trataremos de facilitarvos información e materiais básicos para
traballar nas aulas a diversidade LGTB, que existe e merece ser nomeada.

Comunicación efectiva=comunicación afectiva
A comunicación efectiva baséase nas habilidades relativas á linguaxe e á comuni-
cación que reforzan a nosa capacidade de seguir sendo humanos/as.

Educando as sexualidades na aula
Na escola a educación sexual é unha gran descoñecida, pois aínda que se fai
TÁBOA DE CONTIDOS
de acotío, non se sustenta nun modelo teórico. Neste obradoiro pretendemos
presentar a sexoloxía como a ciencia que estuda o feito sexual humano no seu
conxunto, e os conceptos claves a partir dos cales entendermos a educación
sexual no medio educativo. Unha educación sexual reflexiva e integradora, des-
tinada a facilitar que os homes e as mulleres de mañá poidan vivir como seres
sexuados do xeito máis harmónico posible.

A educación emocional na aula
Como comunicar na aula puntos de vista sen provocar enfado? Como saber
escoitar a todos e todas? Como identificar emocións en nós mesmo/as e no
alumnado? Como saber expresar sentimentos, desexos, etc de xeito asertivo?
Esta é unha ensinanza orientada a desenvolver nos alumnos/as competencias
para establecer relacións adaptadas e satisfactorias cos que os rodean, que
promove no día a día liberdade, xustiza, solidariedade, paz, respecto, igualdade,
diversidade, cooperación, responsabilidade, compromiso… É educar en valores.

Tacto consciente e masaxe nas relacións
Obradoiro orientado para profesores/as de 1º ciclo de educación infantil (0-3
anos). Neste obradoiro tomaremos contacto coa pel, a automasaxe, a impor-
tancia do contacto cos demais... Aspiramos a tomar conciencia da realidade do
poder de contacto nas relacións humanas.
TÁBOA DE CONTIDOS
LINGUA E LITERATURA

Búscanse Activistas:
Sociocreatividade e Normalización Lingüística
Unha actividade en torno ao cambio de actitudes, usos e normas sociolingüísti-
cas. Acción lúdica e conflito lingüístico na escola

A creatividade e a innovación, aliadas da lingua
Taller de creación literaria como fórmula diferente de aprendizaxe da lingua, a
través de técnicas e estratexias atractivas tanto para o alumnado como para o
profesorado.

Seminarios de normalización lingüística
Como xa sabemos, só unha política clara e eficaz de normalización lingüística
pode frear o proceso de minorización e, incluso, desaparición dunha lingua. Por
desgraza, achámonos nun momento en que a nosa lingua está a sufrir, desde o
punto de vista lexislativo, un ataque que pode condenala a desaparecer de eidos
tan importantes como o científico e o tecnolóxico.
Neste contexto, que nos retrotrae a tempos pasados que preferiríamos non
lembrar, realizamos este seminario onde vos queremos presentar a normalización
lingüística desde dous puntos de vista: o teórico e o práctico.

Lemos xuntos?
Proposta didáctica para a animación á lectura no Ensino Secundario.
TÁBOA DE CONTIDOS
PAPIROFLEXIA

A papiroflexia no ensino
A papiroflexia ten un papel importante no campo da educación nos niveis de
primaria, secundaria e, mesmo como apoio de certas disciplinas, a nivel univer-
sitario.
Meterémonos no mundo do papel e proporcionarase a linguaxe e código pre-
cisos para a comprensión dos diagramas e libros da materia. Segundo se van
introducindo os símbolos, empezarase a elaborar figuras.
Construiranse varias figuras con movemento que resultan moi creativas e axei-
tadas para nenos e nenas dos primeiros niveis do ensino, tamén se achegarán
conceptos matemáticos adaptábeis a todos os niveis do ensino; desde o simple
xogo e realización de crebacabezas até o estudo da trigonometría, semellanzas,
simetrías e rotacións.



RISOTERAPIA

Risoterapia
A risoterapia é a porta para acadar a relaxación, abrir a nosa capacidade de
sentir, de chegar ao silenzo e á creatividade. Utilizaremos técnicas que axuden a
liberar tensións do corpo para chegar á gargallada.
Empregaremos exercicios respiratorios, xogos grupais, habilidades e estratexias
mentais que faciliten a superación de diferentes bloqueos e produzan endorfi-
nas. Con este seminario produciranse aplicacións didácticas que nos faciliten o
labor nas aulas e nos permitan ser máis felices na nosa tarefa de educar.
TÁBOA DE CONTIDOS


EXPRESIÓNS ARTÍSTICAS

Teatro na aula
Xogos e técnicas teatrais para educadores que son actores nas aulas cada día;
no que aprenderán a expresar mellor co corpo e a voz, e tamén mediante a dra-
matización e a improvisación, sentimentos, accións, emocións e versos.

Creatividade artística na escola
Abordaremos a expresión plástica desde diferentes campos: a elaboración de
títeres, o cine, animación infantil, instrumentos musicais, cerámica....

Técnicas de estampación e arte na escola
Neste obradoiro imos experimentar con técnicas de estampación (falso linogra-
vado, falso gravado). Tamén deseñaremos os nosos moldes para facer un stencil
(derivación do graffiti) e crearemos as nosas pegatinas (stickers).



ORALIDADE

Encantamento e “encontamento”
na narración de contos
Que, de onde, quen e como contar historias. Dirixido ao profesorado que desexe
utilizar os contos no ámbito escolar e poder desenvolver a narración oral.
TÁBOA DE CONTIDOS

Os contos non son conto
Este obradoiro céntrase no domino da oralidade baseado nas memorias biográ-
ficas, familiares, nos contos tradicionais. Cunha metodoloxía moi participativa,
aprenderemos a contar o que nos contaron, o que lemos, o que vimos, o que
nos pasou... Aprenderemos a escoller, memorizar e contar os nosos contos.

Cantos de onte para hoxe
Obradoiro orientado para profesores/as do 1º ciclo de educación infantil (0-3
anos). A través deste obradoiro aprenderemos técnicas para que o neno/a apren-
da, a través da cultura popular, do xogo, do canto e das nosas inquedanzas.



MEDIOS DE COMUNICACIÓN

Publicidade e medios de comunicación
Percorrido polas distintas estratexias de motivación e finalidade da publicidade
e a súa incidencia na educación da cidadanía, especialmente no caso da moci-
dade. Persuasión e estratexia de atracción.

PROGRAMACIÓN

As competencias básicas na programación de E.
Infantil e na E. Primaria
Análise da influencia das competencias nos currículos actuais e a súa avaliación
(a avaliación por competencias).
TÁBOA DE CONTIDOS
EDUCACIÓN FÍSICA

Novas propostas en educación física: nocións
básicas e iniciación á práctica da escalada.
Neste obradoiro, específico para o profesorado de educación física, falarase de
técnicas básicas de escalada, uso de materiais, seguridade e espazos para a
práctica entre outros aspectos.
Matrícula:
Na páxina web da AS-PG, www.as-pg.com,
ou da Cig-Ensino, www.cig-ensino.org

Homologación:
Solicitada á Consellería de Educación por 19 horas
para todos os cursos excepto para os Paseos
Pedagóxicos de Vigo (36 horas) e os XVIII Encon-
tros Pedagóxicos da Mariña Luguesa (16 horas)

Prezos:
Para os XVIII Encontros Pedagóxicos da Mariña
Luguesa:
        Socios/as e Afiliación: 7€
        Desemprego: 13€
        Xeral: 31€

Para os Paseos Pedagóxicos de Vigo:
        Socios/as e Afiliación: 16€
        Desemprego: 31€
        Xeral: 51€

Para o resto das Xornadas:
         Socios/as e Afiliación: 11€
         Desemprego: 21€
         Xeral: 41€
Programaxveran

Mais conteúdo relacionado

Destaque (10)

Wmhd 2010
Wmhd 2010Wmhd 2010
Wmhd 2010
 
Carta para el amigo
Carta para el amigoCarta para el amigo
Carta para el amigo
 
Energías alternativas
Energías alternativasEnergías alternativas
Energías alternativas
 
AdamsThankYouDenali
AdamsThankYouDenaliAdamsThankYouDenali
AdamsThankYouDenali
 
Retallos da memoria VI
Retallos da memoria VIRetallos da memoria VI
Retallos da memoria VI
 
1998 5º certame recitado rcc
1998   5º certame recitado rcc1998   5º certame recitado rcc
1998 5º certame recitado rcc
 
Portfolio Eduardo Navarro
Portfolio Eduardo NavarroPortfolio Eduardo Navarro
Portfolio Eduardo Navarro
 
CL English Language School
CL English Language SchoolCL English Language School
CL English Language School
 
Nubes de evolucion
Nubes de evolucionNubes de evolucion
Nubes de evolucion
 
Revista ies
Revista iesRevista ies
Revista ies
 

Mais de cenlf

XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelcenlf
 
Actividades 2023-24.pdf
Actividades 2023-24.pdfActividades 2023-24.pdf
Actividades 2023-24.pdfcenlf
 
POESIA E IMAXE 2023 - Cartaz
POESIA E IMAXE 2023 - CartazPOESIA E IMAXE 2023 - Cartaz
POESIA E IMAXE 2023 - Cartazcenlf
 
Teatro con G 2023.pdf
Teatro con G 2023.pdfTeatro con G 2023.pdf
Teatro con G 2023.pdfcenlf
 
MODELO DECLARACIÓN RESPONSABLE_MENORES.pdf
MODELO DECLARACIÓN RESPONSABLE_MENORES.pdfMODELO DECLARACIÓN RESPONSABLE_MENORES.pdf
MODELO DECLARACIÓN RESPONSABLE_MENORES.pdfcenlf
 
Bases xerais para todas as edicións.pdf
Bases xerais  para todas as edicións.pdfBases xerais  para todas as edicións.pdf
Bases xerais para todas as edicións.pdfcenlf
 
bases especifcas 2023 Certamee literario.pdf
bases especifcas   2023 Certamee literario.pdfbases especifcas   2023 Certamee literario.pdf
bases especifcas 2023 Certamee literario.pdfcenlf
 
poemas certame 20222023.pdf
poemas certame 20222023.pdfpoemas certame 20222023.pdf
poemas certame 20222023.pdfcenlf
 
Normas XXIII Certame Poesía e Imaxe 2023.pdf
Normas XXIII Certame Poesía e Imaxe 2023.pdfNormas XXIII Certame Poesía e Imaxe 2023.pdf
Normas XXIII Certame Poesía e Imaxe 2023.pdfcenlf
 
MOCIDADE COA LINGUA 2023 - BASES
 MOCIDADE COA LINGUA 2023 - BASES MOCIDADE COA LINGUA 2023 - BASES
MOCIDADE COA LINGUA 2023 - BASEScenlf
 
Bases reguladoras do Certame literario Carmela Loureiro
Bases reguladoras do Certame literario Carmela LoureiroBases reguladoras do Certame literario Carmela Loureiro
Bases reguladoras do Certame literario Carmela Loureirocenlf
 
Poemas 2022
Poemas 2022Poemas 2022
Poemas 2022cenlf
 
Regulamento de participación no XXI Certame de Poesía e Imaxe
Regulamento de participación no XXI Certame de Poesía e ImaxeRegulamento de participación no XXI Certame de Poesía e Imaxe
Regulamento de participación no XXI Certame de Poesía e Imaxecenlf
 
Bases certame literario Carmela Loureiro
Bases certame literario Carmela LoureiroBases certame literario Carmela Loureiro
Bases certame literario Carmela Loureirocenlf
 
XXI Certame de poesía e imaxe "En galego, sen filtro: Bases
XXI Certame de poesía e imaxe "En galego, sen filtro: BasesXXI Certame de poesía e imaxe "En galego, sen filtro: Bases
XXI Certame de poesía e imaxe "En galego, sen filtro: Basescenlf
 
XXI certame de poesía e imaxe "En galego, sen filtro": Poemas
XXI certame de poesía e imaxe "En galego, sen filtro": PoemasXXI certame de poesía e imaxe "En galego, sen filtro": Poemas
XXI certame de poesía e imaxe "En galego, sen filtro": Poemascenlf
 
Bases certame literario Carmela Loureiro
Bases certame literario Carmela LoureiroBases certame literario Carmela Loureiro
Bases certame literario Carmela Loureirocenlf
 
Bases XX Certame poesia e imaxe
Bases XX Certame poesia e imaxeBases XX Certame poesia e imaxe
Bases XX Certame poesia e imaxecenlf
 
Poemas xx en galego sen filtro
Poemas xx en galego sen filtroPoemas xx en galego sen filtro
Poemas xx en galego sen filtrocenlf
 
Poemas XX en galego sen filtro
Poemas XX en galego sen filtroPoemas XX en galego sen filtro
Poemas XX en galego sen filtrocenlf
 

Mais de cenlf (20)

XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
Actividades 2023-24.pdf
Actividades 2023-24.pdfActividades 2023-24.pdf
Actividades 2023-24.pdf
 
POESIA E IMAXE 2023 - Cartaz
POESIA E IMAXE 2023 - CartazPOESIA E IMAXE 2023 - Cartaz
POESIA E IMAXE 2023 - Cartaz
 
Teatro con G 2023.pdf
Teatro con G 2023.pdfTeatro con G 2023.pdf
Teatro con G 2023.pdf
 
MODELO DECLARACIÓN RESPONSABLE_MENORES.pdf
MODELO DECLARACIÓN RESPONSABLE_MENORES.pdfMODELO DECLARACIÓN RESPONSABLE_MENORES.pdf
MODELO DECLARACIÓN RESPONSABLE_MENORES.pdf
 
Bases xerais para todas as edicións.pdf
Bases xerais  para todas as edicións.pdfBases xerais  para todas as edicións.pdf
Bases xerais para todas as edicións.pdf
 
bases especifcas 2023 Certamee literario.pdf
bases especifcas   2023 Certamee literario.pdfbases especifcas   2023 Certamee literario.pdf
bases especifcas 2023 Certamee literario.pdf
 
poemas certame 20222023.pdf
poemas certame 20222023.pdfpoemas certame 20222023.pdf
poemas certame 20222023.pdf
 
Normas XXIII Certame Poesía e Imaxe 2023.pdf
Normas XXIII Certame Poesía e Imaxe 2023.pdfNormas XXIII Certame Poesía e Imaxe 2023.pdf
Normas XXIII Certame Poesía e Imaxe 2023.pdf
 
MOCIDADE COA LINGUA 2023 - BASES
 MOCIDADE COA LINGUA 2023 - BASES MOCIDADE COA LINGUA 2023 - BASES
MOCIDADE COA LINGUA 2023 - BASES
 
Bases reguladoras do Certame literario Carmela Loureiro
Bases reguladoras do Certame literario Carmela LoureiroBases reguladoras do Certame literario Carmela Loureiro
Bases reguladoras do Certame literario Carmela Loureiro
 
Poemas 2022
Poemas 2022Poemas 2022
Poemas 2022
 
Regulamento de participación no XXI Certame de Poesía e Imaxe
Regulamento de participación no XXI Certame de Poesía e ImaxeRegulamento de participación no XXI Certame de Poesía e Imaxe
Regulamento de participación no XXI Certame de Poesía e Imaxe
 
Bases certame literario Carmela Loureiro
Bases certame literario Carmela LoureiroBases certame literario Carmela Loureiro
Bases certame literario Carmela Loureiro
 
XXI Certame de poesía e imaxe "En galego, sen filtro: Bases
XXI Certame de poesía e imaxe "En galego, sen filtro: BasesXXI Certame de poesía e imaxe "En galego, sen filtro: Bases
XXI Certame de poesía e imaxe "En galego, sen filtro: Bases
 
XXI certame de poesía e imaxe "En galego, sen filtro": Poemas
XXI certame de poesía e imaxe "En galego, sen filtro": PoemasXXI certame de poesía e imaxe "En galego, sen filtro": Poemas
XXI certame de poesía e imaxe "En galego, sen filtro": Poemas
 
Bases certame literario Carmela Loureiro
Bases certame literario Carmela LoureiroBases certame literario Carmela Loureiro
Bases certame literario Carmela Loureiro
 
Bases XX Certame poesia e imaxe
Bases XX Certame poesia e imaxeBases XX Certame poesia e imaxe
Bases XX Certame poesia e imaxe
 
Poemas xx en galego sen filtro
Poemas xx en galego sen filtroPoemas xx en galego sen filtro
Poemas xx en galego sen filtro
 
Poemas XX en galego sen filtro
Poemas XX en galego sen filtroPoemas XX en galego sen filtro
Poemas XX en galego sen filtro
 

Programaxveran

  • 2. XORNADAS DE VERÁN 2010 XXXIV XORNADAS DO ENSINO DA CORUÑA Do 20 ao 24 de setembro | IES Ánxel Casal XIX XORNADAS DO ENSINO DE SANTIAGO Do 13 ao 17 de setembro | IES As Fontiñas XXI ENCONTROS PEDAGÓXICOS DE FERROLTERRA Do 27 de setembro ao 1 de outubro | CEIP Isaac Peral/Local Cig en Esteiro XIV XORNADAS DA MÚSICA DE LUGO Do 13 ao 17 de setembro | Conservatorio Profesional de Danza de Lugo II ENCONTROS PEDAGÓXICOS DE LUGO Do 20 ao 24 de setembro | IES Nosa Señora dos Ollos Grandes XVIII ENCONTROS PEDAGÓXICOS DA MARIÑA LUGUESA Do 27 de setembro ao 1 de outubro | Burela. IES Monte Castelo XVIII ENCONTROS PEDAGÓXICOS DE OURENSE Do 13 ao 17 de setembro | Local da FORGA e IES Julio Prieto Nespereira XXII SEMANA DA EDUCACIÓN DE PONTEVEDRA Do 20 ao 24 de setembro | Pazo da Cultura XXXIV XORNADAS DO ENSINO DE VIGO Do 20 ao 24 de setembro | Verbum, IES Manuel Antonio e CEP Igrexa PASEOS PEDAGÓXICOS DE VIGO Do 18 ao 26 de setembro
  • 3. XXXIV XORNADAS DO ENSINO DA CORUÑA Do 20 ao 24 de setembro. IES Ánxel Casal Luns 20 Ás 16:30 horas. Recepción e entrega de material. Obradoiros optativos: Luns. De 17:00 a 20:00 horas. Martes, xoves e venres. De 17:30 a 20:30 horas. Obradoiro 1. RISOTERAPIA. Por Montserrat Sanmartín, psicóloga e profesora de servizos á comunidade. Obradoiro 2. TEATRO NA AULA. Por Chus Álvarez, educadora infantil, filóloga, actriz e mestra de teatro. Obradoiro 3. FOTOGRAFÍA. Por Manuel Graña Vázquez, profesor de equipos electrónicos do IES Ánxel Casal. Obradoiro 4. SEMINARIOS DE EDUCACIÓN DIXITAL E SOBRE O XESTOR WEB DRUPAL. Por Martín Rei Caneda e Brais Martínez Francisco, infotecnólogos.
  • 4. XXXIV XORNADAS DO ENSINO DA CORUÑA Do 20 ao 24 de setembro. IES Ánxel Casal Mércores 22 De 16:30 a 18:30 horas. A PERSPECTIVA DA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA NOS CENTROS DE ENSINO ANTE O NOVO DECRETO DO PLURILINGÜÍSMO. Por Mercedes Queixas, profe- sora de lingua e literatura no CPI Alcalde Xosé Pichel. De 18:30 a 19:30 horas. Presentación de FALADOIROS, experiencia de normalización lingüística en primaria, por Mª Teresa Otero Fernández, coordinadora do ENL e mestra de educación infantil do CEIP Sanjurjo de Carricarte. De 19:30 a 20:30 horas. A ALDEA GLOBAL. GALICIA É MÁIS GALICIA CANDO É DE TODOS OS MUNDOS. Presentación dunha experiencia de normalización lingüística en Secundaria, por Almudena García Castrillo, profesora de Filosofía e membro do ENL no IES Mené- ndez Pidal da Coruña. Actividades: Luns. De 20:30 a 21:30 horas. Martes e xoves. De 16:30 a 17:30 horas. Luns (Teatro Rosalía de Castro): CERTAME CURTAS SOBRE ROSALÍA Martes: PRESENTACIÓN DA PÁXINA DE RECURSOS DIDÁCTICOS DA CIG-ENSINO. Xoves: PROXECCIÓN DO AUDIOVISUAL SOBRE UXÍO NOVONEYRA “CANTO DE PERMANENCIA”, elaborado pola AS-PG.
  • 5. XIX XORNADAS DO ENSINO DE SANTIAGO Do 13 ao 17 de setembro. IES As Fontiñas Luns 13 Ás 16:00 horas. Recepción e entrega de materiais. Obradoiros optativos: Luns, martes, xoves e venres. De 17:30 a 20:30 horas. Obradoiro 1. A PAPIROFLEXIA NO ENSINO. Por Teresa Otero Suá- rez, profesora no IES Ántón Fraguas de Santiago e Covadonga Blanco García, profesora na Escola de Aparelladores da Universidade da Coruña. Obradoiro 2. A EDUCACIÓN EMOCIONAL NA AULA. Por Guada- lupe del Pino Villamarín Taboada, Educadora Social. Obradoiro 3. EDUCAR NA DIVERSIDADE AFECTIVO-SEXUAL. Por Xulia Regueiro Sande, profesora de PT no IES Alfonso X o Sabio, licenciada en psicoloxía, e Puri Cabido López, profesora de francés no IES de Ordes, licen- ciada en filoloxía románica. Obradoiro 4. RISOTERAPIA. Por Miguel Trapote Castro, diplomado en maxisterio, con estudos de naturopatía e masaxe, é monitor en risoterapia. Obradoiro 5. SEMINARIOS DE EDUCACIÓN DIXITAL E SOBRE O XESTOR WEB DRUPAL. Por Martín Rei Caneda e Brais Martínez Fran- cisco, infotecnólogos. Mércores 15 De 16:30 a 17:30 horas. A ALDEA GLOBAL. GALICIA É MÁIS GALICIA CAN-
  • 6. XIX XORNADAS DO ENSINO DE SANTIAGO Do 13 ao 17 de setembro. IES As Fontiñas DO É DE TODOS OS MUNDOS. Presentación dunha experiencia de normalización lingüística en Secundaria Por Almudena García Castrillo, profesora de Filosofía e membro do ENL no IES Menéndez Pidal da Coruña. De 17:30 a 18:30 horas. SIMPLIFICACIÓN E PREXUÍZOS SOBRE O GALEGO. Charla coloquio por Manuel Núñez Singala, Xefe do SNL da Universidade de San- tiago. Autor do libro: En galego, por que non?. De 18:30 a 19:30 horas. EXPERIENCIA DE INNOVACIÓN EN NORMA- LIZACIÓN LINGÜÍSTICA NUN CENTRO DE EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA. Por Uxía Acuña Abalde, coordinadora do ENL do CEIP de Aguiño. Actividades. De 16:30 a 17:30 horas. Luns: ENSINO EN GALEGO. RETOS E ALTERNATIVAS. Por Carlos Callón, Presi- dente da Mesa pola Normalización Lingüística. Martes: PRESENTACIÓN DA PÁXINA DE RECURSOS DIDÁCTICOS DA CIG-ENSINO. Xoves: PROXECCIÓN DA CURTAMETRAXE “BATA POR FÓRA, MULLER POR DEN- TRO”, de Claudia Brenlla, realizadora de documentais da productora Laturma de Vigo. Presentación a cargo da autora e posterior coloquio. Esta curtametraxe é unha alegre oda á modernidade da tradición, unha viaxe artística aos valores positivos da herdanza feminina. Un tributo ao simbolismo da bata, unha prenda de traballo que acompañou ás nosas nais por décadas. Venres: PROXECCIÓN DO AUDIOVISUAL SOBRE UXÍO NOVONEYRA “CANTO DE PERMANENCIA”, elaborado pola AS-PG.
  • 7. XXI ENCONTROS PEDAGÓXICOS DE FERROLTERRA Do 27 de setembro ao 1 de outubro. CEIP Isaac Peral/Local da Cig en Esteiro Luns 27 Ás 16:00 horas. Recepción e entrega de materiais (CEIP Isaac Peral). Luns e martes: 16:30 a 18:30 e 19:00 a 21:00 Obradoiros optativos (CEIP Isaac Peral): Obradoiro 1. COMUNICACIÓN EFECTIVA = COMUNICACIÓN AFECTIVA. Por Carmen Sarmiento Marqués, directora do IES de Monterroso, especialista en comunicación efectiva. Obradoiro 2. PUBLICIDADE E MEDIOS DE COMUNICACIÓN. Por Natalia Ares López, licenciada en comunicación audiovisual, técnica superior en prevención de riscos laborais, especialidade en seguridade no traballo. Obradoiro 3. ENCANTAMENTO E “ENCONTAMENTO” NA NARRACIÓN DE CONTOS. Por Charo Pita Villares, licenciada en Filoloxía Hispánica con experiencia no ámbito teatral, na narración oral e escrita. Escri- tora, actriz e directora teatral. Obradoiro 4. AS COMPETENCIAS BÁSICAS NA PROGRA- MACIÓN NA EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA. Por Pilar Vilela Castro, orientadora do CEIP Os Casais de Fene e Álvaro J. García Álvarez, direc- tor do CEIP Os Casais. Mércores 29 (local da Cig en Esteiro) De 16:30 a 18:30 horas. UNHA PERSPECTIVA HISTÓRICA E DE FUTURO DA LINGUA GALEGA. Análise dos factores que condicionaron e impediron a resolu-
  • 8. XXI ENCONTROS PEDAGÓXICOS DE FERROLTERRA Do 27 de setembro ao 1 de outubro. CEIP Isaac Peral/Local da Cig en Esteiro ción do conflito lingüístico no noso país visto dende unha perspectiva histórica e do futuro da nosa Lingua. Por Francisco Rodríguez Sánchez, catedrático de Lingua e Literatura castelás. Escritor e ensaísta. De 19:00 a 21:00 horas. OS EQUIPOS DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA: EXPERIENCIAS E PROPOSTAS DE FUTURO. Experiencias normalizadoras propias e compartidas no IES C. Arenal: exemplos, visualización e materiais. Propostas normalizadoras para tempos de crise. Por Manuel Rei Romeu, coordinador do ENL do IES C. Arenal de Ferrol. Escritor e crítico literario. O FIADEIRO E AS FIADAS. Experiencia normalizadora de achegamento do galego ao alumnado da EOI de Ferrol. Levouse esta experiencia a distintos foros como Galería Sargadelos, Ateneo Ferrolán e Residencia da 3ª Idade de Caranza. As fiadas tamén se levou en formato de video-conferencias a países onde se fala galego: Brasil, Alemaña, etc. Por un grupo de docentes da EOI de Ferrol. Xoves 30: 16:30 a 18:30 e 19:00 a 21:00 Obradoiros optativos (CEIP Isaac Peral): Obradoiro 1. EDUCANDO AS SEXUALIDADES NA AULA. Por Nuria Roibás Polo e Alfredo Saborido Pérez, psicóloga-sexóloga e traballador social, respectivamente, do centro Quérote de Ferrol. Obradoiro 2. INTERNET COMO ESPAZO DE RELACIÓNS SO- CIAIS. Por Eduardo Estévez, escritor e informático. Ten publicadas diferentes obras poéticas, sobre todo na rede (luagris, en construción, esca e pedra…)
  • 9. XXI ENCONTROS PEDAGÓXICOS DE FERROLTERRA Do 27 de setembro ao 1 de outubro. CEIP Isaac Peral/Local da Cig en Esteiro Obradoiro 3. BÚSCANSE ACTIVISTAS: SOCIOCREATIVIDADE E NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA. Por Séchu Sende, profesor no IES Marco do Camballón en Vila de Cruces, escritor e autor da novela Orixe e o libro de relatos Made in Galiza. Artista circense. Obradoiro 4. A CREATIVIDADE E A INNOVACIÓN, ALIADAS DA LINGUA. Por Aurora Varela Caabeiro, filóloga en Galego e docente. Participa en recitais poéticos e gañou premios literarios coma os Accésits Brisa Mariña e X.Mª. P. Parallé. Colabora na sección da Voz O mellor das nosas letras. Venres 1 (local da Cig en Esteiro) De 16:30 a 18:00 horas. A VIOLENCIA DE XÉNERO. Definición, tipos, mitos sobre a violencia de xénero, os seus efectos no ámbito familiar e recursos dispoñibles para as mulleres que a sofren. Presentación da guía controla que non te controlen dirixida aos/ás adolescentes. Por Dolores Cervera Vázquez, psicóloga, traballou en programas de apoio a mulleres vítimas de violencia, ta- mén como asesora do CIM do concello de Ferrol e asesora na Casa de Acollida. Actualmente é a directora do CIM. De 18:15 a 19:45 horas. ROSALÍA DE CASTRO, CONFLUENCIA DE DÚAS REBELIÓNS: DA LINGUA GALEGA E DA DISCRIMINACIÓN FEMININA. Por Pilar García Negro, profesora da UDC. Interviu en numerosos congresos nacionais e internacionais sobre sociolingüística, linguas europeas non norma- lizadas, literatura galega e feminismo, ten publicado edicións e estudos sobre Rosalía de Castro, Valentín Lamas Carvajal, Emilia Pardo Bazán, Castelao, etc.
  • 10. XIV XORNADAS DA MÚSICA DE LUGO Do 13 ao 17 de setembro Conservatorio Profesional de Danza de Lugo Horario: de 16:30 a 20:30 h. os días 13,14,15,16, e de 16:30 a 19:30 o día 17. Danza fácil e baile de creación (Iniciación á danza e ao baile tradicional II) Por Xavier Iglesias Castro, membro de varios grupos de baile tradicional, cunha ampla formación e experiencia como monitor neste eido musical. Autor, xunto con outros, de distintos traballos de investigación e recollida de campo e de achegamento ao baile tradicional galego. Obxectivos Divulgar un material, que xa está a ser utilizado en aulas de baile tradicinal, para o seu coñecemento xeral. Dar unha visión global do baile galego e mostrar a dinámica de creación dos puntos a partir de pasos base. Contidos Iniciación ao baile galego II Danzas simples e bailes soltos ordenados da seguinte maneira: Baile-Xogo II Danzas II Bailes soltos II Bailes agarrados II Representacións II Presentación do libro, que inclúe CD e DVD, Así fan os bailadores
  • 11. II ENCONTROS PEDAGÓXICOS DE LUGO Do 20 ao 24 de setembro IES Nosa Señora dos Ollos Grandes Luns 20 Ás 16:00 horas. Recepción e entrega de material. De 16:30 a 18:30 horas. Conferencia de apertura e posterior coloquio O DECRETO DO PLURILINGÜISMO, UNHA NORMA ILEGAL. Por Luís Villares Naveira, Licenciado en dereito pola USC onde obtivo o Diploma de Estudos Avanzados con unha investigación sobre Dereito e Consumo. É coautor do Estatuto Xurídico da Lingua Galega, Sobre o racismo lingüístico e Estudos Xurídicos sobre o Decreto do Plurilingüismo, entre outras publicacións. Na actualidade é Xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución Único da Fonsagrada, onde está destinado dende o 2007, e é coordinador en Galiza de Xuíces para a Democracia. Obradoiros optativos: Luns 20. De 18:30 a 20:30 horas. Martes 21. De 16:30 a 20:30 horas. Mércores 22. De 17:30 a 20:30 horas. Venres 24. De 16:30 a 19:30 horas. Obradoiro 1. O USO DAS TIC NA AULA: O ENCERADO DIXI- TAL. Por Mercedes Pilar Fernández García, mestra de Educación Infantil no CEIP Virxe da Luz de Portomarín..
  • 12. II ENCONTROS PEDAGÓXICOS DE LUGO Do 20 ao 24 de setembro IES Nosa Señora dos Ollos Grandes Obradoiro 2. EDUCANDO AS SEXUALIDADES NA AULA. Por Xosé Manuel Mosteiro Valle, traballador social e Olalla Martínez Rubín, psicóloga e sexóloga, ámbolos dous profesionais do centro Quérote de Lugo Obradoiro 3. NOVAS PROPOSTAS EN EDUCACIÓN FÍSICA: NO- CIÓNS BÁSICAS E INICIACIÓN Á PRÁCTICA DA ESCALADA. Por Domingo Casas, profesor de ensino secundario no IES Terra de Soneira. Mércores 22 De 16:30 a 17:30 horas. PRESENTACIÓN E PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL SOBRE UXÍO NOVONEYRA “CANTO DE PERMANENCIA”, elaborado pola AS-PG. Por Francisco Arrizado Yáñez Xoves 23 De 16:30 a 20:30 horas. O MODELO BURELA: UNHA EXPERIENCIA NOR- MALIZADORA, DINAMIZADORA E SENSIBILIZADORA. Por Bernardo Penabade Rei e Mª José Andión Fontela, profesores do Ensino Secundario no IES Perdouro de Burela. Con esta actividade preténdese compartir co profesorado unha experiencia de Normalización orixinal e integradora dirixida non só ao ámbito escolar, senón que a todos os eidos da vida social. Nunha primeira parte desenvolverase un pequeno obradoiro de lingua e sociedade. Na segunda traballarase con proxeccións e comentarios da diferentes actividades de sensibilización que se fixeron ao longo destes catro anos, pero sobre todo neste último curso.
  • 13. XVIII ENCONTROS PEDAGÓXICOS DA MARIÑA LUGUESA Do 27 de setembro ao 1 de outubro Burela. IES Monte Castelo Luns 27 Ás 16:00 horas. Recepción e entrega de material. Obradoiros optativos: Luns 27. De 18:30 a 20:30 horas. Martes 28 e xoves 30. De 16:30 a 18:30 horas. Obradoiro 1. EDUCANDO AS SEXUALIDADES. Por Olalla Martínez, psicóloga e sexóloga; e Xosé Manoel Mosteiro, traballador social. Obradoiro 2. CREATIVIDADE ARTÍSTICA NA ESCOLA. Por Tomás López Retorta. Obradoiro 3. INTODUCIÓN Á WEBQUEST. Por José Rodríguez Costa, director do CEIP Santa Rita de Galdo.
  • 14. XVIII ENCONTROS PEDAGÓXICOS DA MARIÑA LUGUESA Do 27 de setembro ao 1 de outubro Burela. IES Monte Castelo ACTIVIDADES: De 16:30 a 18:30 horas. Charla inaugural: UXÍO NOVONEYRA. Proxección do DVD “CANTO DE PERMANENCIA”, elaborado pola AS-PG. Por Manuel Castelao, profesor no IES Salvador de Madariaga, ensaísta, director de cine e guionista. Martes, de 18:30 a 20:30 horas. EXPERIENCIAS EN NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA: MODELO BURELA. PÁXINA DE RECURSOS DA CIG-ENSINO. Xoves, de 18:30 a 20:30 horas. Concerto didáctico: BURELA BLUES BAND (BBB), da Escola de Música. Venres, de 16:30 a 20:30 horas. Visita guiada por Burela. DO MAR Á MESA. Visita ao Barco Museo Boniteiro e ao Porto de Burela.
  • 15. XVIII ENCONTROS PEDAGÓXICOS DE OURENSE Do 13 ao 17 de setembro Local da FORGA e IES Julio Prieto Nespereira Luns 13 Ás 16:00 horas. Recepción e entrega de material. Obradoiros optativos (I): Luns, martes, xoves e venres (local da FORGA): De 16:30 a 18:30 horas. Obradoiro 1. PLATAFORMA MOODLE. Por Alonso Beltrán Grande. Obradoiro 2. SEXUALIDADE. Por Iago Legaspi Irimia. Obradoiros optativos (II): Luns, martes, xoves e venres (local da FORGA): De 19:00 a 21:00 horas. Obradoiro 1. SEMINARIOS DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA. Luns, Pilar García Negro.
  • 16. XVIII ENCONTROS PEDAGÓXICOS DE OURENSE Do 13 ao 17 de setembro Local da FORGA e IES Julio Prieto Nespereira Martes, Séchu Sende. Xoves, A experiencia da ENDL nun centro de primaria por Mª Luísa García. Venres, A experiencia da ENDL nun centro de secundaria por Beatriz Fernández. Obradoiro 2. RISOTERAPIA. Por Agustín Pérez Meiriño. Mércores 15 (IES Julio Prieto Nespereira): De 16:30 a 18:30 horas. PRESENTACIÓN DE RECURSOS WEB De 19:00 a 21:00 horas. Conferencia e debate: CRISE ECONÓMICA: PRETEXTO PARA O RECORTE DE DE- REITOS LABORAIS. Por Xosé Manuel Fírvida
  • 17. XXII SEMANA DA EDUCACIÓN DE PONTEVEDRA Do 20 ao 24 de setembro Pazo da Cultura Luns 20 Ás 17:00 horas. Recepción e entrega de material. Ás 17:30 horas. Conferencia inaugural: DO DECRETO AO DECRETAZO: RETOS E PROPOSTAS PARA O GALEGO NO ENSINO. Por Carlos Callón, Presidente da Mesa pola Normalización Lingüística. Obradoiros optativos (I): De martes 21 a venres 24: De 17:00 a 19:00 horas. Obradoiro 1. TEATRO NAS AULAS. Por Andrea Bayer Lloves, mestra, actriz e directora teatral. Ten impartido clases de teatro para nenos así como obradoiros para adultos e adolescentes. Obradoiro 2. OS CONTOS NON SON CONTOS. (obradoiro dobre, 4 horas diarias). Por Celso Fernández Sanmartín, licenciado en filosofía. Obradoiro 3. A SEXUALIDADE NAS AULAS. Por Sonia Morán Prieto, educadora social do centro Quérote de Vigo. Obradoiro 3. TACTO CONSCIENTE E MASAXE NAS RELACIÓNS. (obradoiro NON homologado). Por Rosana Portela Freire, educadora Aemi-Masaxe infantil-Psicomotricista.
  • 18. XXII SEMANA DA EDUCACIÓN DE PONTEVEDRA Do 20 ao 24 de setembro Pazo da Cultura Obradoiros optativos (II): De luns 20 a xoves 23: De 19:00 a 21:00 horas. Obradoiro 1. TÉCNICAS DE ESTAMPACIÓN E ARTE NA ESCOLA. Por Begoña Paz García, directora da Escola de Tempo Libre Paspallás. Obradoiro 2. TODOS TEMOS TICS. Por Aránzazu Ordóñez Iglesias, técnica superior en Administración de Sistemas Informáticos. Obradoiro 3. OS CONTOS NON SON CONTO. (obradoiro dobre, 4 horas diarias). Por Celso Fernández Sanmartín, licenciado en filosofía. Obradoiro 4. CANTOS DE ONTE PARA HOXE. (obradoiro NON homologado). Por Marcelo González Martínez, mestre de música. Venres 24: Ás 19:30 horas. Acto de clausura: PRESENTACIÓN DO LIBRO ZAMPADANZAS DO MUNDO. A cargo das autoras e do ilustrador do mesmo: Mercedes Prieto Martínez, Marta Pereira Cotinho e Sergio Cobos Martínez.
  • 19. XXXIV XORNADAS DO ENSINO DE VIGO Do 20 ao 24 de setembro Verbum, IES Manuel Antonio e CEP Igrexa – Valadares Luns 20 (museo Verbum en Samil) Ás 16:30 horas. Recepción e entrega de material. Ás 16:45 horas. Inauguración e benvida a cargo do Secretario Comarcal da Cig-Ensino de Vigo, Xosé Saiáns. 1ª parte: SOBRE A LINGUA Ás 17:00 horas. PROXECCIÓN DO DVD SOBRE UXÍO NOVONEYRA “CANTO DE PERMANENCIA”, elaborado pola AS-PG. Ás 17:30 horas. CONFERENCIA, POEMAS E COLOQUIO SOBRE UNHA EXPE- RIENCIA DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA. Por Dorinda Castro, catedrática de lingua e literatura galega no IES Pino Manso do Porriño. 2ª parte: SOBRE A MULLER Ás 18:45 horas. PROXECCIÓN DA CURTAMETRAXE “BATA POR FÓRA, MULLER POR DENTRO”, de Claudia Brenlla, realizadora de documentais da produtora Laturma de Vigo. Presentación a cargo da autora e posterior coloquio. 3ª parte: OS NOSOS RECURSOS Ás 19:45 horas. PRESENTACIÓN DA PÁXINA DE RECURSOS DA CIG-ENSINO. Por Santiago Rodríguez, profesor do IES San Tomé de Freixeiro e delegado da Cig-Ensino. Martes 21. Seminarios de normalización lingüística. De 17:30 a 18:45 horas. CONFERENCIA SOBRE O DECRETO DO PLURI-
  • 20. XXXIV XORNADAS DO ENSINO DE VIGO Do 20 ao 24 de setembro Verbum, IES Manuel Antonio e CEP Igrexa – Valadares LINGÜISMO EN COMPARACIÓN CON OUTROS DECRETOS. Por Ana Iglesias, profesora do CPI de Caldas e autora do libro Falar Galego? No veo porque. De 19:00 a 20:30 horas. Conferencia coloquio sobre unha experiencia de normalización: CEIBES NO MONTE, UN TRABALLO SOBRE O NOSO PATRIMONIO CULTURAL. Traballo con documental e exposición que sobre os curros ten elabo- rado no seu centro Santiago Veloso, profesor de lingua e literatura galega no IES Terra de Turonio e presidente da asociación socio-pedagóxica Ponte…nas ondas. Obradoiros optativos: De mércores 22 a venres 24: De 16:30 a 20:30 horas. Obradoiro 1. POSIBILIDADES DIDÁCTICAS DA WEB 2.0 (no IES Manuel Antonio). Por José Luís Rojas, profesor de sistemas informáticos no IES de Rodeira. Obradoiro 2. ENCERADO DIXITAL PARA PROFESORADO DE SECUNDARIA. (no IES Manuel Antonio). Por Xurxo Cobelas, profesor de inglés no CEIP Princesa de España de Verín e especialista en novas tecnoloxías. Obradoiro 3. LEMOS XUNTOS? (no IES Manuel Antonio). Por Ana Fidalgo, profesora de lingua e literatura galegas no IES de Mos e dinamizadora da biblioteca do centro. Obradoiro 4. ENCERADO DIXITAL PARA PROFESORADO DE PRIMARIA. (no CEP Igrexa- Valadares). Por Paula Campos, mestra especia- lista en Educación Infantil no CEIP Ría de Vigo.
  • 21. PASEOS PEDAGÓXICOS DE VIGO Do 18 ao 26 de setembro Da man de Xurxo Pérez, Xosé María Bouzó e Francisco Martínez, condutores habituais dos “Paseos”, faranse diversos percorridos pola costa galega con ex- plicacións in-situ dos principais procesos ecolóxicos e xeomorfolóxicos da costa rochosa, dos servizos que proporciona, do seu valor de conservación e dos prin- cipais riscos que a ameazan, con presentación de Power Point (para observación individual) de cada excursión, que pretende ser un paseo explicativo virtual e texto específico sobre os diferentes temas abordados. Sábado 18 de setembro. Megacantís. A Capelada. Todo o día Luns 20 de setembro. A erosión da costa. Cabo Home. Pola tarde Martes 21 de setembro. A zonación dos organismos. Mougás. Pola tarde Mércores 22 de setembro. Descenso á Furna Santa Marta – Li- méns (Opcional). Pola tarde Xoves 23 de setembro. Os elementos morfolóxicos. Ecosistemas de cantil. Monteferro. Pola tarde. Sábado 25 de setembro. A rocha núa.Illa Rúa (Ribeira). Farase en piragua. Todo o día Domingo 26 de setembro. As “Pozas de marea”. Illa Carral (Sil- leiro). Pola mañá. Horarios: os horarios de saída para cada unha das actividades farase saber no seu momento aos/ás admitidos/as. Completaranse 4 horas de formación cada medio día e 8 horas cada día completo (os dous sábados).
  • 22. TÁBOA DE CONTIDOS FERRAMENTAS DIXITAIS Seminarios de educación dixital e sobre o xestor web DRUPAL. No apartado de Educación Dixital trataranse temáticas como a aparición das redes sociais, como realizar trámites a través da Rede de forma segura, os xogos de rol e a súa influencia nos máis novos/as, consellos para xestionar a nosa identidade, estafas, publicidade abusiva... O obxectivo do mesmo é achegar a problemática da educación dixital de forma específica ofrecendo unha formación ampla dirixida aos docentes. O apartado sobre o xestor web Drupal vai dirixido a aquelas persoas, con for- mación técnica ou non, que desexan iniciarse na creación e xestión de portais web en xeral, sen dependencias externas. O seminario contará con casos prácti- cos paso a paso, actividades, pistas e solucións. Internet como espazo de relacións sociais Internet 2.0, os blogs e as primeiras comunidades informáticas: Blogomillo e Blogaliza, Flickr, Picasa, etc. Facebook: modos de uso. Tuenti: espazos para ado- lescentes. Outras redes sociais. O uso das tic na aula: o encerado dixital Obradoiro destinado ao uso do EDI e as súas posibilidades – o software do EDI, os seus usos na aula, programas variados para usalo, elaboración de actividades- tamén se quere dar resposta á grande demanda que por parte do profesorado se está a dar desta ferramenta que nos brindan as novas tecnoloxías.
  • 23. TÁBOA DE CONTIDOS Introdución á webquest Concepto de webquest. Principios de ensinanza/aprendizaxe subxacentes. Liñas metodolóxicas no traballo con webquest. Ferramentas online de xeración automática de webquest. Outras metodoloxías similares: cazas do tesouro, mini- quests, blogquests. Plataforma MOODLE A plataforma Moodle é un ambiente educativo virtual que axuda ao profesorado a crear comunidades de aprendizaxe virtual; é unha excelente ferramenta com- plementaria ás clases presenciais e cada vez está a ser máis usada en centros de ensino de todos os niveis. Este obradoiro ten como finalidade proporcionar ao profesorado ferramentas de apoio e para o seu uso. Todos/as temos tics Neste obradoiro achegaremos aos alumnos/as ao manexo, a nivel de usuario, de distintos programas necesarios para chegar ao noso fin principal: a rea- lización dunha película de vídeo, e a súa posterior publicación en internet. Para iso aprenderemos a manexar distintos programas que se complementan uns cos outros para acadar o noso obxectivo. Posibilidades didácticas da web 2.0 Este obradoiro ten por finalidade introducir ao profesorado nas ferramentas 2.0 para elaborar contidos didácticos, ademais de inicialo na creación e adminis- tración dun blog co blogger, así como na introdución ás wikis, traballando coa Galipedia.
  • 24. TÁBOA DE CONTIDOS MULTIMEDIA Fotografía Manexo dos mandos máis importantes da cámara para a obtención de fotografías dixitais. Criterios básicos de composición e iluminación. Descarga de arquivos no PC, algúns criterios de clasificación. Instalación de programas PICASA e GIMP, así como o seu manexo básico. Retoque fotográfico básico. EDUCACIÓN AFECTIVO-SEXUAL Educar na diversidade afectivo-sexual A diversidade afectivo-sexual, a infancia e a adolescencia LGBT (lesbianas, gais, transexuais e bisexuais), necesitan visibilizarse no curriculo e nos centros educativos, non quedar relegado o seu tratamento á boa vontade do profesorado interesado e ao curriculo oculto. Neste obradoiro trataremos de facilitarvos información e materiais básicos para traballar nas aulas a diversidade LGTB, que existe e merece ser nomeada. Comunicación efectiva=comunicación afectiva A comunicación efectiva baséase nas habilidades relativas á linguaxe e á comuni- cación que reforzan a nosa capacidade de seguir sendo humanos/as. Educando as sexualidades na aula Na escola a educación sexual é unha gran descoñecida, pois aínda que se fai
  • 25. TÁBOA DE CONTIDOS de acotío, non se sustenta nun modelo teórico. Neste obradoiro pretendemos presentar a sexoloxía como a ciencia que estuda o feito sexual humano no seu conxunto, e os conceptos claves a partir dos cales entendermos a educación sexual no medio educativo. Unha educación sexual reflexiva e integradora, des- tinada a facilitar que os homes e as mulleres de mañá poidan vivir como seres sexuados do xeito máis harmónico posible. A educación emocional na aula Como comunicar na aula puntos de vista sen provocar enfado? Como saber escoitar a todos e todas? Como identificar emocións en nós mesmo/as e no alumnado? Como saber expresar sentimentos, desexos, etc de xeito asertivo? Esta é unha ensinanza orientada a desenvolver nos alumnos/as competencias para establecer relacións adaptadas e satisfactorias cos que os rodean, que promove no día a día liberdade, xustiza, solidariedade, paz, respecto, igualdade, diversidade, cooperación, responsabilidade, compromiso… É educar en valores. Tacto consciente e masaxe nas relacións Obradoiro orientado para profesores/as de 1º ciclo de educación infantil (0-3 anos). Neste obradoiro tomaremos contacto coa pel, a automasaxe, a impor- tancia do contacto cos demais... Aspiramos a tomar conciencia da realidade do poder de contacto nas relacións humanas.
  • 26. TÁBOA DE CONTIDOS LINGUA E LITERATURA Búscanse Activistas: Sociocreatividade e Normalización Lingüística Unha actividade en torno ao cambio de actitudes, usos e normas sociolingüísti- cas. Acción lúdica e conflito lingüístico na escola A creatividade e a innovación, aliadas da lingua Taller de creación literaria como fórmula diferente de aprendizaxe da lingua, a través de técnicas e estratexias atractivas tanto para o alumnado como para o profesorado. Seminarios de normalización lingüística Como xa sabemos, só unha política clara e eficaz de normalización lingüística pode frear o proceso de minorización e, incluso, desaparición dunha lingua. Por desgraza, achámonos nun momento en que a nosa lingua está a sufrir, desde o punto de vista lexislativo, un ataque que pode condenala a desaparecer de eidos tan importantes como o científico e o tecnolóxico. Neste contexto, que nos retrotrae a tempos pasados que preferiríamos non lembrar, realizamos este seminario onde vos queremos presentar a normalización lingüística desde dous puntos de vista: o teórico e o práctico. Lemos xuntos? Proposta didáctica para a animación á lectura no Ensino Secundario.
  • 27. TÁBOA DE CONTIDOS PAPIROFLEXIA A papiroflexia no ensino A papiroflexia ten un papel importante no campo da educación nos niveis de primaria, secundaria e, mesmo como apoio de certas disciplinas, a nivel univer- sitario. Meterémonos no mundo do papel e proporcionarase a linguaxe e código pre- cisos para a comprensión dos diagramas e libros da materia. Segundo se van introducindo os símbolos, empezarase a elaborar figuras. Construiranse varias figuras con movemento que resultan moi creativas e axei- tadas para nenos e nenas dos primeiros niveis do ensino, tamén se achegarán conceptos matemáticos adaptábeis a todos os niveis do ensino; desde o simple xogo e realización de crebacabezas até o estudo da trigonometría, semellanzas, simetrías e rotacións. RISOTERAPIA Risoterapia A risoterapia é a porta para acadar a relaxación, abrir a nosa capacidade de sentir, de chegar ao silenzo e á creatividade. Utilizaremos técnicas que axuden a liberar tensións do corpo para chegar á gargallada. Empregaremos exercicios respiratorios, xogos grupais, habilidades e estratexias mentais que faciliten a superación de diferentes bloqueos e produzan endorfi- nas. Con este seminario produciranse aplicacións didácticas que nos faciliten o labor nas aulas e nos permitan ser máis felices na nosa tarefa de educar.
  • 28. TÁBOA DE CONTIDOS EXPRESIÓNS ARTÍSTICAS Teatro na aula Xogos e técnicas teatrais para educadores que son actores nas aulas cada día; no que aprenderán a expresar mellor co corpo e a voz, e tamén mediante a dra- matización e a improvisación, sentimentos, accións, emocións e versos. Creatividade artística na escola Abordaremos a expresión plástica desde diferentes campos: a elaboración de títeres, o cine, animación infantil, instrumentos musicais, cerámica.... Técnicas de estampación e arte na escola Neste obradoiro imos experimentar con técnicas de estampación (falso linogra- vado, falso gravado). Tamén deseñaremos os nosos moldes para facer un stencil (derivación do graffiti) e crearemos as nosas pegatinas (stickers). ORALIDADE Encantamento e “encontamento” na narración de contos Que, de onde, quen e como contar historias. Dirixido ao profesorado que desexe utilizar os contos no ámbito escolar e poder desenvolver a narración oral.
  • 29. TÁBOA DE CONTIDOS Os contos non son conto Este obradoiro céntrase no domino da oralidade baseado nas memorias biográ- ficas, familiares, nos contos tradicionais. Cunha metodoloxía moi participativa, aprenderemos a contar o que nos contaron, o que lemos, o que vimos, o que nos pasou... Aprenderemos a escoller, memorizar e contar os nosos contos. Cantos de onte para hoxe Obradoiro orientado para profesores/as do 1º ciclo de educación infantil (0-3 anos). A través deste obradoiro aprenderemos técnicas para que o neno/a apren- da, a través da cultura popular, do xogo, do canto e das nosas inquedanzas. MEDIOS DE COMUNICACIÓN Publicidade e medios de comunicación Percorrido polas distintas estratexias de motivación e finalidade da publicidade e a súa incidencia na educación da cidadanía, especialmente no caso da moci- dade. Persuasión e estratexia de atracción. PROGRAMACIÓN As competencias básicas na programación de E. Infantil e na E. Primaria Análise da influencia das competencias nos currículos actuais e a súa avaliación (a avaliación por competencias).
  • 30. TÁBOA DE CONTIDOS EDUCACIÓN FÍSICA Novas propostas en educación física: nocións básicas e iniciación á práctica da escalada. Neste obradoiro, específico para o profesorado de educación física, falarase de técnicas básicas de escalada, uso de materiais, seguridade e espazos para a práctica entre outros aspectos.
  • 31. Matrícula: Na páxina web da AS-PG, www.as-pg.com, ou da Cig-Ensino, www.cig-ensino.org Homologación: Solicitada á Consellería de Educación por 19 horas para todos os cursos excepto para os Paseos Pedagóxicos de Vigo (36 horas) e os XVIII Encon- tros Pedagóxicos da Mariña Luguesa (16 horas) Prezos: Para os XVIII Encontros Pedagóxicos da Mariña Luguesa: Socios/as e Afiliación: 7€ Desemprego: 13€ Xeral: 31€ Para os Paseos Pedagóxicos de Vigo: Socios/as e Afiliación: 16€ Desemprego: 31€ Xeral: 51€ Para o resto das Xornadas: Socios/as e Afiliación: 11€ Desemprego: 21€ Xeral: 41€