SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 2
Baixar para ler offline
Boletin novembro 2013_MaquetaciÛn 1 01/11/13 19:34 Página 1

SÍNODO DIOCESANO
O noso Arcebispo, D. Julián, convócanos e un Sinodo Diocesano baixo o
lema: Renovados en Comuñón desde
Cristo e dinos “non quixera que ningún
diocesano se sentise alleo a este acontecemento”.
¿Que é un sínodo diocesano?
• Un proceso convocado polo noso
Pastor no que toda a Igrexa Diocesana se
descobre protagonista do seu rumbo pastoral.
• Unha oportunidade para que, camiñando xuntos, tomemos conciencia de todo o
que leva consigo o noso bautismo.
• Un servizo á nosa Diocese de Santiago
e á nosa sociedade, ante os cambios que
estamos a vivir.
• Un pulo desde a Palabra de Deus para
a Nova Evanxelización e unha posta ao
día da nosa experiencia de fe.
• Un instrumento para optimizar as
nosas enerxías, actividades e estruturas
diocesanas.

PARROQUIA VIVA

PLAN PASTORAL
No último boletín anunciamos o Plan
Pastoral diocesano para o curso 20132014 “Polos seus froitos coñecerédelos” completando o ciclo de tres anos:
• A Palabra de Deus anunciada.
• A Palabra e Deus celebrada.
• A Palabra de Deus testemuñada.
En consecuencia, para este curso sinálase como obxectivo xeral: Descubrir
como a Palabra de Deus nos invita a
poñernos ao servizo dos nosos irmáns,
especialmente dos máis pobres, polo
testemuño da vida e da caridade.
De aí xorden uns compromisos ou
obxectivos concretos:
• Dar fe do valor precioso ante Deus de
todos os esforzos do home por construír
un mundo máis xusto e máis habitable.
• Denunciar, desde a Palabra de Deus,
as ambigüidades e as inxustizas.
• Recordar que o compromiso pola
xustiza e a transformación do mundo
forma parte da evanxelización.
• Defender e promover a dignidade e
os dereitos humanos de cada persoa
como característica impresa por Deus
Creador na súa criatura, asumida e
redimida por Xesucristo pola súa
encarnación, morte e resurrección.

CÁRITAS

Día 1.- Festa de Todos os Santos.
Día 2.- Misa por todos os familiares
e veciños defuntos, ás 20.
Día 11.- Reunión do grupo de liturxia, ás 20,30.
Día 13.- Reunión formativa de catequistas, ás 20,30.
Día 22.- Reunión do grupo das
Vodas de Prata parroquiais, ás
20,30.
Día 27.- Reunión do grupo de
Cáritas, ás 20,30.

Do relatorio que fixo o Delegado episcopal de Cáritas na Asemblea diocesana de Cátitas recollemos o seguinte:
A vida da primitiva comunidade cristiá, segundo Feitos dos Apóstolos,
(cap. 4-5) destacaba por un estilo de
vida moi particular e diferenciado:
• Eran constantes por medio da firmeza no seguimento de Xesús.
• Perseveraban escoitando o ensino
dos Apóstolos, é dicir, na fe da Igrexa.
• Vivían en comuñón, en unidade de
corazóns que se manifesta en ter un
mesmo sentir e en compartir os bens.
Os que tiñan máis socorren aos que
teñen menos.
• Celebraban a fracción do pan, ou
sexa a celebración instituída por
Xesús na Última Cea.
• Xunto á fracción do pan semanal en
memoria de Xesús e as oracións mantiñan a unión con Deus e entre eles.
• E todo isto facíano con alegría e de
todo corazón e este testemuño facíaos
creíbles ante os que os contemplaban
e escoitaban.

ACONTECEMENTOS
Bautismos:
Alejandro Moreira Hurtado,
de José Arturo e Mª Encarnación
(23-06-.2013).
Diego Boo Comojo, de Gustavo e
Vanesa (4-08-2013).
Leire Quintela Precedo, de Miguel
Angel e Mª Virginia (4-08-2013).
Pedro Baleirón Becerra, de Rafael e
Ana María (6-10-2013).
Lola Marie Rey Vega, de María
(12-10-2013).
Gabriela Iglesias González, de Rubén
e Carmen Ruth (27-10-2013).
Defuncións:
Tomás Trigo Díaz (3-08-2013).

Estamos en tempos difíciles, moitos
irmáns estano pasando mal e polo
medio hai nenos inocentes neste
mundo inxusto. Debemos ser solidarios na dimensión dunha caridade
compasiva e do compartir.
A cesta da parroquia espera a nosa boa
vontade e os petos a nosa solidariedade para poder comprar a algunhas
familias o necesario para sobrevivir a
esta longa crise.
Boletin novembro 2013_MaquetaciÛn 1 01/11/13 19:34 Página 2

SEGUIMOS PEREGRINANDO
E certo que os que estamos facendo o camiño francés a Santiago, comezado
o día 21 de Setembro, facémolo en nome propio pero tamén o facemos como
parte da comunidade parroquial de S. Francisco de Asís dos Tilos. É de todos
coñecido de que esta peregrinaxe, forma parte dunha especie de preparación
das vodas de prata parroquiais no ano 2015.
No mes de Outubro fixemos dúas etapas; unha desde Triacastela a Sarria, e
outra de Sarria a Portomarín. A experiencia está sento moi positiva a pesar
dalgunhas dificultades climatolóxicas e dalgún momento de cansazo nese
longo camiño.
Sempre comezamos cunha oración. En Triacastela na igrexa parroquial e en
Sarria acolléronos os P. Mercedarios. Ó rematar a terceira etapa atopámonos,
en Portomarín, coa igrexa pechada, pero esperamos que, o día 9 de
Novembro, poidamos comezar a cuarta etapa na histórica e bela igrexa parroquial deste fermoso pobo, que fora trasladada pedra a pedra da ubicación orixinal á beira do río cando se construíu o encoro de Belesar en 1962.
Dende esta tribuna do Boletín parroquial quero facer dúas invitacións: unha
dirixida a cantos, superando non poucas ocupacións, facemos este camiño e
a outra a tódolos membros da parroquia. Ós que peregrinamos, que o sigamos facendo conscientes de que somos seguidores, 800 anos despois, dun
ilustre peregrino, Francisco de
Asís. El foi mensaxeiro da paz, respectuoso coa natureza na que vía en
todo a presenza da obra de Deus.
Ós que quedades nos vosos fogares,
seguindo coa actividade diaria, que
tamén vos manteñades facendo realidade a mensaxe do himno de San
Francisco.
Onde queira que esteamos, sigamos
sendo testemuñas do Señor seguindo ás pegadas de S. Francisco de
Asís.
Remato co saúdo franciscano: “Paz
e Ben”.

BOLETIN PARROQUIAL
Nº 168 - Novembro 2013
PARROQUIA SAN FRANCISCO DE ASÍS DOS TILOS

NOVEMBRO, UN MES ESPECIAL
Hai un refrán que reza así: “Bendito mes que empeza por Santos e remata
con S. Andrés”. A este refrán hai que engadirlle que, dende a reforma do ano
litúrxico, este mes remata o ano cristián coa solemnidade de Xesucristo, rei
do Universo.
Comezar un mes celebrando a santidade como meta de tantos crentes que
“lavaron o seu manto no sangue do Cordeiro” e rematando coa festa de
Cristo, rei do universo, é unha invitación a reflexionar cal debe ser o balance que temos que facer cada un de nós como avaliación final dun ano máis.
A santidade é un estilo de vida guiado polo mesmo estilo de vida de Cristo.
É un reto que se vai facendo realidade na medida en que Cristo é o noso
referente cotián. O reinado de Cristo
é un reinado de servizo e entrega ós
demais; é un reinado de xustiza e de
amor; é un reinado de paz dentro e
fóra do noso corazón.
Novembro, trinta días, para recordar
a tantos e tantas persoas que, coñecidos por nós, son un exemplo a imitar. Son santos anónimos pero santos. Cristo é o cumio de toda santidade, “e o santo dos santos”.

Mais conteúdo relacionado

Mais procurados (20)

Boletin xaneiro 2016
Boletin xaneiro 2016 Boletin xaneiro 2016
Boletin xaneiro 2016
 
Boletín novembro 2016
Boletín novembro 2016Boletín novembro 2016
Boletín novembro 2016
 
Boletin xuño 2014
Boletin xuño 2014Boletin xuño 2014
Boletin xuño 2014
 
Boletin febreiro 2016
Boletin febreiro 2016Boletin febreiro 2016
Boletin febreiro 2016
 
Boletin abril 2016
Boletin abril 2016Boletin abril 2016
Boletin abril 2016
 
Boletin otono17 new
Boletin otono17 newBoletin otono17 new
Boletin otono17 new
 
Boletin diciembre17 new
Boletin diciembre17 newBoletin diciembre17 new
Boletin diciembre17 new
 
Boletin xuño 2017
Boletin xuño 2017Boletin xuño 2017
Boletin xuño 2017
 
Aniversario ordenacion Papa_gallego
Aniversario ordenacion Papa_gallegoAniversario ordenacion Papa_gallego
Aniversario ordenacion Papa_gallego
 
Boletin junio 2016
Boletin junio 2016Boletin junio 2016
Boletin junio 2016
 
Boletin xaneiro 18
Boletin xaneiro 18Boletin xaneiro 18
Boletin xaneiro 18
 
2º domingo toc 2013
2º domingo toc  20132º domingo toc  2013
2º domingo toc 2013
 
Boletin tilos 167
Boletin tilos 167Boletin tilos 167
Boletin tilos 167
 
Bolenovembro18
Bolenovembro18Bolenovembro18
Bolenovembro18
 
3º coresma c
3º coresma c3º coresma c
3º coresma c
 
2º domingo toc 2016 bene pagola
2º domingo toc 2016  bene pagola2º domingo toc 2016  bene pagola
2º domingo toc 2016 bene pagola
 
4º advento b 2014 bene pagola
4º advento b  2014  bene pagola4º advento b  2014  bene pagola
4º advento b 2014 bene pagola
 
Boletin abril 2018
Boletin abril 2018Boletin abril 2018
Boletin abril 2018
 
Boletin marzo 2014
Boletin marzo 2014Boletin marzo 2014
Boletin marzo 2014
 
Boletin maio 2014 2
Boletin maio 2014 2Boletin maio 2014 2
Boletin maio 2014 2
 

Destaque

Latihan4 michael 5133331019
Latihan4 michael 5133331019Latihan4 michael 5133331019
Latihan4 michael 5133331019Michael Mick
 
Atividade com classe de palavras
Atividade com classe de palavrasAtividade com classe de palavras
Atividade com classe de palavrasprofmts
 
Mobile content market in Finland 2012-2016
Mobile content market in Finland 2012-2016Mobile content market in Finland 2012-2016
Mobile content market in Finland 2012-2016Idean
 
Service & assets news and solutions
Service & assets news and solutionsService & assets news and solutions
Service & assets news and solutionsIFS
 
Condiçoes de vida dos cabo verdianos
Condiçoes de vida  dos cabo verdianosCondiçoes de vida  dos cabo verdianos
Condiçoes de vida dos cabo verdianosrypedro
 

Destaque (7)

Latihan4 michael 5133331019
Latihan4 michael 5133331019Latihan4 michael 5133331019
Latihan4 michael 5133331019
 
Atividade com classe de palavras
Atividade com classe de palavrasAtividade com classe de palavras
Atividade com classe de palavras
 
Invitacion grado
Invitacion gradoInvitacion grado
Invitacion grado
 
Mobile content market in Finland 2012-2016
Mobile content market in Finland 2012-2016Mobile content market in Finland 2012-2016
Mobile content market in Finland 2012-2016
 
10 fotofilosofies
10 fotofilosofies10 fotofilosofies
10 fotofilosofies
 
Service & assets news and solutions
Service & assets news and solutionsService & assets news and solutions
Service & assets news and solutions
 
Condiçoes de vida dos cabo verdianos
Condiçoes de vida  dos cabo verdianosCondiçoes de vida  dos cabo verdianos
Condiçoes de vida dos cabo verdianos
 

Semelhante a Boletin novembro 2013 (17)

Boletín octubre 2014
Boletín octubre 2014Boletín octubre 2014
Boletín octubre 2014
 
Boletin
BoletinBoletin
Boletin
 
Carta pastoral Pentecoste
Carta pastoral  PentecosteCarta pastoral  Pentecoste
Carta pastoral Pentecoste
 
Hoja parroquial Contigo 2
Hoja parroquial Contigo 2Hoja parroquial Contigo 2
Hoja parroquial Contigo 2
 
Boletin otono17 new
Boletin otono17 newBoletin otono17 new
Boletin otono17 new
 
Carta Pastoral CORESMA 2011
Carta Pastoral CORESMA 2011Carta Pastoral CORESMA 2011
Carta Pastoral CORESMA 2011
 
10º corpus christi 2015 b bene pagola
10º corpus christi 2015  b  bene pagola10º corpus christi 2015  b  bene pagola
10º corpus christi 2015 b bene pagola
 
Bolmarzo 2 new
Bolmarzo 2 newBolmarzo 2 new
Bolmarzo 2 new
 
Día do SEMINARIO 2011
Día do SEMINARIO 2011Día do SEMINARIO 2011
Día do SEMINARIO 2011
 
Folla parroquial xaneiro 2018
Folla parroquial xaneiro 2018Folla parroquial xaneiro 2018
Folla parroquial xaneiro 2018
 
Bole parroquial outono18
Bole parroquial outono18Bole parroquial outono18
Bole parroquial outono18
 
19º domingo toc 2016 bene pagola
19º domingo toc 2016  bene pagola19º domingo toc 2016  bene pagola
19º domingo toc 2016 bene pagola
 
2º advento b 2014 bene pagola
2º advento  b  2014  bene pagola2º advento  b  2014  bene pagola
2º advento b 2014 bene pagola
 
Xoves santo na casa 2020 os tilos
Xoves santo na casa 2020 os tilosXoves santo na casa 2020 os tilos
Xoves santo na casa 2020 os tilos
 
19º domingo toc bene pagola 2013
19º domingo toc bene pagola 201319º domingo toc bene pagola 2013
19º domingo toc bene pagola 2013
 
Boletin febreiro 2014
Boletin febreiro 2014Boletin febreiro 2014
Boletin febreiro 2014
 
4º pascua b 2015 bene pagola
4º pascua b 2015  bene pagola4º pascua b 2015  bene pagola
4º pascua b 2015 bene pagola
 

Mais de parroquiadostilos

ADORACIÓN EUCARÍSTICA. invitación a ser un Adorador
ADORACIÓN EUCARÍSTICA. invitación a ser un AdoradorADORACIÓN EUCARÍSTICA. invitación a ser un Adorador
ADORACIÓN EUCARÍSTICA. invitación a ser un Adoradorparroquiadostilos
 
EXCURSIÓN DA PARROQUIA DO 15 DE XUÑOINFORMACIÓN
EXCURSIÓN DA PARROQUIA DO 15 DE XUÑOINFORMACIÓNEXCURSIÓN DA PARROQUIA DO 15 DE XUÑOINFORMACIÓN
EXCURSIÓN DA PARROQUIA DO 15 DE XUÑOINFORMACIÓNparroquiadostilos
 
excursión fin curso parroquial.pdf EXCURSIÓN PARROQUIAL
excursión fin curso parroquial.pdf EXCURSIÓN PARROQUIALexcursión fin curso parroquial.pdf EXCURSIÓN PARROQUIAL
excursión fin curso parroquial.pdf EXCURSIÓN PARROQUIALparroquiadostilos
 
DIPTICO Peregrinación Portugal y Vía de la Plata Os Tilos 2024.definitivo.pdf
DIPTICO Peregrinación Portugal y Vía de la Plata Os Tilos 2024.definitivo.pdfDIPTICO Peregrinación Portugal y Vía de la Plata Os Tilos 2024.definitivo.pdf
DIPTICO Peregrinación Portugal y Vía de la Plata Os Tilos 2024.definitivo.pdfparroquiadostilos
 
CALENDARIO PARROQUIAL 22-23.pdf
CALENDARIO PARROQUIAL 22-23.pdfCALENDARIO PARROQUIAL 22-23.pdf
CALENDARIO PARROQUIAL 22-23.pdfparroquiadostilos
 
Rugido capaz de sacudir al mundo
Rugido capaz de sacudir al mundoRugido capaz de sacudir al mundo
Rugido capaz de sacudir al mundoparroquiadostilos
 

Mais de parroquiadostilos (8)

ADORACIÓN EUCARÍSTICA. invitación a ser un Adorador
ADORACIÓN EUCARÍSTICA. invitación a ser un AdoradorADORACIÓN EUCARÍSTICA. invitación a ser un Adorador
ADORACIÓN EUCARÍSTICA. invitación a ser un Adorador
 
EXCURSIÓN DA PARROQUIA DO 15 DE XUÑOINFORMACIÓN
EXCURSIÓN DA PARROQUIA DO 15 DE XUÑOINFORMACIÓNEXCURSIÓN DA PARROQUIA DO 15 DE XUÑOINFORMACIÓN
EXCURSIÓN DA PARROQUIA DO 15 DE XUÑOINFORMACIÓN
 
excursión fin curso parroquial.pdf EXCURSIÓN PARROQUIAL
excursión fin curso parroquial.pdf EXCURSIÓN PARROQUIALexcursión fin curso parroquial.pdf EXCURSIÓN PARROQUIAL
excursión fin curso parroquial.pdf EXCURSIÓN PARROQUIAL
 
DIPTICO Peregrinación Portugal y Vía de la Plata Os Tilos 2024.definitivo.pdf
DIPTICO Peregrinación Portugal y Vía de la Plata Os Tilos 2024.definitivo.pdfDIPTICO Peregrinación Portugal y Vía de la Plata Os Tilos 2024.definitivo.pdf
DIPTICO Peregrinación Portugal y Vía de la Plata Os Tilos 2024.definitivo.pdf
 
CALENDARIO PARROQUIAL 22-23.pdf
CALENDARIO PARROQUIAL 22-23.pdfCALENDARIO PARROQUIAL 22-23.pdf
CALENDARIO PARROQUIAL 22-23.pdf
 
Rugido capaz de sacudir al mundo
Rugido capaz de sacudir al mundoRugido capaz de sacudir al mundo
Rugido capaz de sacudir al mundo
 
Boletin abril0001
Boletin abril0001Boletin abril0001
Boletin abril0001
 
Comic jmj-2013
Comic jmj-2013Comic jmj-2013
Comic jmj-2013
 

Boletin novembro 2013

  • 1. Boletin novembro 2013_MaquetaciÛn 1 01/11/13 19:34 Página 1 SÍNODO DIOCESANO O noso Arcebispo, D. Julián, convócanos e un Sinodo Diocesano baixo o lema: Renovados en Comuñón desde Cristo e dinos “non quixera que ningún diocesano se sentise alleo a este acontecemento”. ¿Que é un sínodo diocesano? • Un proceso convocado polo noso Pastor no que toda a Igrexa Diocesana se descobre protagonista do seu rumbo pastoral. • Unha oportunidade para que, camiñando xuntos, tomemos conciencia de todo o que leva consigo o noso bautismo. • Un servizo á nosa Diocese de Santiago e á nosa sociedade, ante os cambios que estamos a vivir. • Un pulo desde a Palabra de Deus para a Nova Evanxelización e unha posta ao día da nosa experiencia de fe. • Un instrumento para optimizar as nosas enerxías, actividades e estruturas diocesanas. PARROQUIA VIVA PLAN PASTORAL No último boletín anunciamos o Plan Pastoral diocesano para o curso 20132014 “Polos seus froitos coñecerédelos” completando o ciclo de tres anos: • A Palabra de Deus anunciada. • A Palabra e Deus celebrada. • A Palabra de Deus testemuñada. En consecuencia, para este curso sinálase como obxectivo xeral: Descubrir como a Palabra de Deus nos invita a poñernos ao servizo dos nosos irmáns, especialmente dos máis pobres, polo testemuño da vida e da caridade. De aí xorden uns compromisos ou obxectivos concretos: • Dar fe do valor precioso ante Deus de todos os esforzos do home por construír un mundo máis xusto e máis habitable. • Denunciar, desde a Palabra de Deus, as ambigüidades e as inxustizas. • Recordar que o compromiso pola xustiza e a transformación do mundo forma parte da evanxelización. • Defender e promover a dignidade e os dereitos humanos de cada persoa como característica impresa por Deus Creador na súa criatura, asumida e redimida por Xesucristo pola súa encarnación, morte e resurrección. CÁRITAS Día 1.- Festa de Todos os Santos. Día 2.- Misa por todos os familiares e veciños defuntos, ás 20. Día 11.- Reunión do grupo de liturxia, ás 20,30. Día 13.- Reunión formativa de catequistas, ás 20,30. Día 22.- Reunión do grupo das Vodas de Prata parroquiais, ás 20,30. Día 27.- Reunión do grupo de Cáritas, ás 20,30. Do relatorio que fixo o Delegado episcopal de Cáritas na Asemblea diocesana de Cátitas recollemos o seguinte: A vida da primitiva comunidade cristiá, segundo Feitos dos Apóstolos, (cap. 4-5) destacaba por un estilo de vida moi particular e diferenciado: • Eran constantes por medio da firmeza no seguimento de Xesús. • Perseveraban escoitando o ensino dos Apóstolos, é dicir, na fe da Igrexa. • Vivían en comuñón, en unidade de corazóns que se manifesta en ter un mesmo sentir e en compartir os bens. Os que tiñan máis socorren aos que teñen menos. • Celebraban a fracción do pan, ou sexa a celebración instituída por Xesús na Última Cea. • Xunto á fracción do pan semanal en memoria de Xesús e as oracións mantiñan a unión con Deus e entre eles. • E todo isto facíano con alegría e de todo corazón e este testemuño facíaos creíbles ante os que os contemplaban e escoitaban. ACONTECEMENTOS Bautismos: Alejandro Moreira Hurtado, de José Arturo e Mª Encarnación (23-06-.2013). Diego Boo Comojo, de Gustavo e Vanesa (4-08-2013). Leire Quintela Precedo, de Miguel Angel e Mª Virginia (4-08-2013). Pedro Baleirón Becerra, de Rafael e Ana María (6-10-2013). Lola Marie Rey Vega, de María (12-10-2013). Gabriela Iglesias González, de Rubén e Carmen Ruth (27-10-2013). Defuncións: Tomás Trigo Díaz (3-08-2013). Estamos en tempos difíciles, moitos irmáns estano pasando mal e polo medio hai nenos inocentes neste mundo inxusto. Debemos ser solidarios na dimensión dunha caridade compasiva e do compartir. A cesta da parroquia espera a nosa boa vontade e os petos a nosa solidariedade para poder comprar a algunhas familias o necesario para sobrevivir a esta longa crise.
  • 2. Boletin novembro 2013_MaquetaciÛn 1 01/11/13 19:34 Página 2 SEGUIMOS PEREGRINANDO E certo que os que estamos facendo o camiño francés a Santiago, comezado o día 21 de Setembro, facémolo en nome propio pero tamén o facemos como parte da comunidade parroquial de S. Francisco de Asís dos Tilos. É de todos coñecido de que esta peregrinaxe, forma parte dunha especie de preparación das vodas de prata parroquiais no ano 2015. No mes de Outubro fixemos dúas etapas; unha desde Triacastela a Sarria, e outra de Sarria a Portomarín. A experiencia está sento moi positiva a pesar dalgunhas dificultades climatolóxicas e dalgún momento de cansazo nese longo camiño. Sempre comezamos cunha oración. En Triacastela na igrexa parroquial e en Sarria acolléronos os P. Mercedarios. Ó rematar a terceira etapa atopámonos, en Portomarín, coa igrexa pechada, pero esperamos que, o día 9 de Novembro, poidamos comezar a cuarta etapa na histórica e bela igrexa parroquial deste fermoso pobo, que fora trasladada pedra a pedra da ubicación orixinal á beira do río cando se construíu o encoro de Belesar en 1962. Dende esta tribuna do Boletín parroquial quero facer dúas invitacións: unha dirixida a cantos, superando non poucas ocupacións, facemos este camiño e a outra a tódolos membros da parroquia. Ós que peregrinamos, que o sigamos facendo conscientes de que somos seguidores, 800 anos despois, dun ilustre peregrino, Francisco de Asís. El foi mensaxeiro da paz, respectuoso coa natureza na que vía en todo a presenza da obra de Deus. Ós que quedades nos vosos fogares, seguindo coa actividade diaria, que tamén vos manteñades facendo realidade a mensaxe do himno de San Francisco. Onde queira que esteamos, sigamos sendo testemuñas do Señor seguindo ás pegadas de S. Francisco de Asís. Remato co saúdo franciscano: “Paz e Ben”. BOLETIN PARROQUIAL Nº 168 - Novembro 2013 PARROQUIA SAN FRANCISCO DE ASÍS DOS TILOS NOVEMBRO, UN MES ESPECIAL Hai un refrán que reza así: “Bendito mes que empeza por Santos e remata con S. Andrés”. A este refrán hai que engadirlle que, dende a reforma do ano litúrxico, este mes remata o ano cristián coa solemnidade de Xesucristo, rei do Universo. Comezar un mes celebrando a santidade como meta de tantos crentes que “lavaron o seu manto no sangue do Cordeiro” e rematando coa festa de Cristo, rei do universo, é unha invitación a reflexionar cal debe ser o balance que temos que facer cada un de nós como avaliación final dun ano máis. A santidade é un estilo de vida guiado polo mesmo estilo de vida de Cristo. É un reto que se vai facendo realidade na medida en que Cristo é o noso referente cotián. O reinado de Cristo é un reinado de servizo e entrega ós demais; é un reinado de xustiza e de amor; é un reinado de paz dentro e fóra do noso corazón. Novembro, trinta días, para recordar a tantos e tantas persoas que, coñecidos por nós, son un exemplo a imitar. Son santos anónimos pero santos. Cristo é o cumio de toda santidade, “e o santo dos santos”.