2. En Galiza podemos atopar ecosistemas moi diferentes e
variados, como o son a súa xeografía e o seu clima.
Devesa da Rogueira, no Courel.
Illas Sisargas, na Costa da Morte.
3. Climas
de
Galiza
Galiza, pola súa situación ten clima oceánico suavizado, nas zonas próximas á
costa, pola corrente do Golfo. O accidentado do seu relevo e a orientación do
terreo fan que o clima non sexa uniforme, senón que presente unha grande
variedade de zonas diferenciadas.
4. Esta diversidade de
ambientes está ocupada
polas especies vexetais
correpondentes á zona de
converxencia entre as
especies atlánticas e
mediterráneas polo que as de
ámbalas dúas zonas
aparecen constantemente
mesturadas.
Se a esto lle engadimos a
diferente composición dos
solos e as transformacións
producidas, dende a
prehistoria, pola intervención
humana atopámonos con
multitude de espazos
variados con características
diferenciadas nos que é
posible distinguir múltiples
ecosistemas.
6. É o tipo de bosque que lle corresponde pola súa situación. Formado
por árbores de folla ancha e caediza e un abundante e variado
sotobosque de especies trepadoras, herbas e plantas que florecen
antes da saída das follas das árbores, fungos, brións e liques.
Acollen aos animais máis grandes da fauna galega.
As fragas son os bosques naturais de maior diversidade.
BOSQUE CADUCIFOLIO
7. As FRAGAS son fragmentos dos bosques antigos orixinais que chegaron aos
nosos días cun grao de naturalidade máis ou menos importante.
8. BIDUÍDOS. Bosques de bidueiros (Betula pubescens), formacións asociadas ás
zonas húmidas de altitude media.
9. CARBALLEIRAS. Bosques de carballos (Quercus robur) cun aproveitamento
silvo-pastoral. Presentan un grao de naturalidade inferior ás fragas.
10. FAIAL: bosque con dominio de faias (Fagus sylvatica). Os faiais galegos son
pequenas masas forestais asociadas aos terreos calcários. Os máis importantes
atópanse nos Ancares, O Courel, A Marronda...
11. ACIBEIRAL: Bosque de acivros (Ilex aquifolium)
O acivro é unha árbore común no sotobosque que forma pequenas masas moi
pechadas e escuras nas montañas dos Ancares e O Courel.
12. Acivro (Ilex aquifolium)
Carballo (Quercus robur). As súas follas son
inconfundibles coa súa beira lobulada. Os seus
froitos (landras) sérvenlle de alimento a moitos
animais do bosque.
As árbores vivas e
mortas alimentan aos
fungos que producen
cogomelos para
dispersar as súas
esporas.
Aproveitando a humidade e buscando a
luz os brións e os liques desenvólvense
nas ponlas das árbores.
13. Xilbarbeira (Ruscus aculeatus), unha curiosa
planta que vive ao abrigo das grandes árbores.
As láminas que semellan follas son en realidade
talos aplanados.
Cabrifollo, unha planta trepadora
14. O leirón (Glis glis) aliméntase dos froitos do
bosque e aproveita os furados das árbores
para agocharse e hibernar.
Gato bravo (Felix silvestris)
Bacalouras e véporas
15. A pita do monte (Tetrao
urogallus) foi común nos
Ancares e actualmente
considérase extinguida.
Gabeador (Certhia ...). Gabea polos toros das
árbores buscando alimento nas súas fendas.
Ferreiro abelleiro (Pharus major),
un paxaro insectivoro.
16. REBOLEIRA
BOSQUE MEDITERRÁNEO
Atópanse na zona suroriental, máis seca. A especie máis abundante é
o rebolo (Quercus pyrenaica), unha especie de carballo propia do
clima seco, con algunhas sobreiras e aciñeiras e sotobosque de
erbedos e carrascas.
FLORA: rebolo, érbedo, aciñeira, esteva, cantroxo, orquídeas...
FAUNA: lobo, xabarín, raposo, porco teixo, donicela, gato algario,
gabeador, petos, ferreiriño, insectos, arañas...
21. Pequenas superficies arboradas que acompañan o percorrido dos ríos, sobre todo
nos lugares de dificil acceso.
Teñen unha grande importancia ecolóxica: serven de proteción e depuración aos
ríos e de corredores para a fauna. Acollen especies vexetais e animais de grande
interese, algunhas protexidas.
BOSQUES DE RIBEIRA
22. FLORA:
Amieira, salgueiros, freixo, avelaira, sabugueiro, carballo, herba
salgueira, silveira, herba dos pobres, lúpulo, pe de boi, anxélica,
narcisos, cáncaros, violetas, fentos, brións, liques, fungos...
Amieira (Alnus glutinosa).
A árbore de máis talla das
ribeiras do río.
23. Dentabrú (Osmunda regalis).
O fento máis grande da beira do río
Cabriña (Davalia canariensis)
Fento femia
(Athyrium filis-femina)
24. Os brións atópanse por todas
partes: sobre as pedras, nos
toros das árbores, no solo…
Pé de boi
(Oenanthe
crocata) Hepáticas
Violeta (Viola palustris)
25. FAUNA:
Merlo rieiro, lavandeiras, ferreiriño subeliño, saramaganta, ra, pintafontes,
cabalos do demo, escarabellos, moscas, típulas, mosquitos, lesmas, caracois,
cárabos...
O merlo rieiro (Cinclus cinclus) métese
debaixo da auga para cazar as larvas de
insectos e outros animais que viven nos
ríos de augas limpas.
Lavandeira real (Motacilla cinerea).
As lavandeiras percorren as beiras dos ríos
e demais zonas húmidas pillando nelas
pequenos insectos.
27. Os cabalos do demo son
comúns á beira da auga na
que poñen os ovos e se
desenvolven as larvas.
Efémera
28. MONTAÑAS
A pesar de que non acadan grandes cotas, os curutos das máis
elevadas están cubertos de prados e especies arbustivas de
desenvolvemento moi escaso (queirugas, uces) entre as que viven
papuxas e outros pequenos paxaros.
Pena Trevinca (ao fondo). O monte máis alto de Galiza.
30. FLORA:
Xenebreiro, sempreviva, gramíneas, xuncos, breixo, dente de
can, uvas de lagarto, campaíñas, lirios, xensás...
Xensá (Gentiana luttea),
florece no verán nos prados
de montaña situados por
enriba dos 1.000 m.
Campaíñas (Campanula herminii)
31. FAUNA:
Cabra fera, corzo, lobo, águia, voutre, choia, laverca,
cotovía, merlo rubio, víbora, escarabellos...
As bolboretas son algo que nunca falta nas
pradeiras floridas da montaña.
Choias (Pyrrhocorax pyrrhocorax).
Córvidos que aniñan en fendas dos
penedos nas montañas máis altas.
32. MATOGUEIRA-MONTE BAIXO
É a formación vexetal máis abundante en Galiza. Ocupa máis do 30% do territorio,
a maior parte dos terreos incultos e as partes máis altas das montañas.
As matogueiras teñen distinta composición segundo a zona.
33. FLORA:
Piornos (só nas altas), toxos (só nas baixas), uces, carqueixas, xestas,
breixos, queirugas, abrodias, arandeiras...
O toxo (Ulex...) é a planta máis común nas
zonas baixas. Todos os toxos son
arbustos espiñentos comúns en Galiza.
Foron moi usados sobre todo para estrar
as cortes do gando de onde se sacaba
máis tarde para estercar as leiras.
34. Carqueixa (Ptrospartinum tridentatum).
Vive en terreos pobres e soleados.
Xesta (Cytisus striatus.
Breixo (Erica cinerea). Atópanse distintas
castes de breixos en todas as matogueiras.
Os arandos (Vaccinium myrtillus)
maduran ao abrigo dos piornos.
35. FAUNA:
Coello, raposo, tartaraña, perdiz, paspallás, papuxas, chasco,
lagartos, bolboretas, saltóns, carricantas...
Perdices
Carricanta (Ephippigera ephippiger). Camúflase
na herba para alimentarse doutros insectos.
Fregando as ás produce un son característico.
Os saltóns vense no verán nos lugares secos.
Aliméntanse de vexetais.
40. CURSO BAIXO: pouca corrente, maior profundidade e abundancia de sedimentos
e vexetación. No último tramo aparecen augas salobres e especies mariñas.
41. FLORA:
Pé de boi, callitriche, herba das rans, ranúnculos, xuncos,
molinia, chantaxe de auga....
Herba lameiriña (Callitriche ...)
Chantaxe de auga
(Alisma plantago-aquatica) Ouca, herba da prata (Ranunculus peltatus)
42. FAUNA:
Londra, aguaneiro, merlo rieiro, picapeixes, lavanco, garza, bilurico, troita, anguía,
salmón, escalo, espiñento, lamprea, ra verde, cabalos do demo, patinadores,
moscas da auga, escaravellos de auga, caracois, lapas, mexillón de río...
A londra (Lutra lutra) caza peixes
nos ríos limpos.
A troita (Salmo trutta) é o peixe
que podemos atopar en todas as
zonas do curso do río.
Ra patilonga
(Rana iberica)
44. LAGOAS
Depresións cheas de auga doce na que se atopan
comunidades esencialmente acuáticas.
Lagoa de Sobrado
45. FLORA:
Salgueiro, espadana, carrizo, xuncos, ambroíño, oucas, eneas, verdello,
utricularia, lentellas de auga...
O salgueiro (Salix cinerea)
é a árbore máis común das
zonas húmidas.
Eneas ou palla real (Typha latifolia)
47. FAUNA:
Aguaneira, lavanco, garza, galiñola, galiña de auga, mergullón, anguía,
espiñento, ra verde, cabalos do demo, patinadores, moscas da auga,
escaravellos de auga, caracois, lapas...
Lavanco real (Anas plathyrrynchos),
macho e femia.
A galiñola negra (Fulica atra) é común en
todos os lugares onde exista unha
pequena lagoa rodeada de vexetación.
48. Aeshna. O máis grande
dos cabalos do demo.
Ra verde (Rana perezi)
49. HUMIDAIS
GÁNDARAS, BRAÑAS, TURBEIRAS
Podemos consideralas como
elementos en distinta fase do proceso
de colmatación (recheo natural
producido nas lagoas polos restos
que van caíndo e as achegas dos ríos)
de zonas húmidas pechadas.
Presentan un tipo de vexetación en
sucesión entre os vexetais acuáticos,
de ribeira e tipicamente terrestres da
zona na que se atopan.
Evolución desde unha
lagoa a unha braña
Gándara
Braña
Lagoa
50. Os humedais teñen unha grande importancia ecolóxica porque reteñen a auga
cando sobra e cédena cando falta. Manteñen a biodiversidade servindo como
puntos de descanso e lugares de desenvolvemento de especies únicas.
Son ecosistemas moi sensibles que se contaminan facilmente e destrúense case
sempre por desecación ou recheo.
54. FLORA:
Salgueiros, espadainas, palla real, xuncos, brións, lirios,
rorelas, breixos pinguícola...
Pinguicula... planta carnívora
das brañas de monte.
Os narcisos
(Narcissus
pseudonarcissus)
florecen nos lugares
húmidos.
A rorela (Drosera...) é
unha planta carnívora
común nas brañas.
55. Os esfagnos son os brións máis comúns das
brañas e a materia prima das turbeiras.
Breixo de turbeira (Erica tetralis)
Xunca de algodón (Eriophorum angustifolium)
57. ECOSISTEMAS MARIÑOS
A pesar da súa uniformidade, no mar e na costa atópanse espazos con
características propias que condicionan o asentamento e as adaptacións dos
seres vivos. As características de cada zona están determinadas pola súa
situación, a profundidade, as correntes e, na zona costeira, polo tipo de materiais
que a constitúen, a influencia do vento e as mareas, a orientación...
A combinación destas características crean variados ecosistemas nos que se dan
condicións particulares e onde viven seres que se adaptan a elas con éxito.
58. Cantil (talude continental) zona afótica ou escura
SISTEMA BENTÓNICO
Rexión batipeláxica
Rexión peláxica
200 m
zona fótica ou iluminada
Abismos: + 6.000 m.
Foxas mariñas (ata + de 11. 000 m de profundidade)
intermareal
REXIÓN NERÍTICA OU LITORAL:
situada enriba da plataforma continental,
ata 200 m de profundidade.
Rexión litoral ou plataforma continental:
prolongación dos continentes debaixo da auga.
Fondos oceánicos:
3.000 a 5.000 m de
profundidade
ZONAS
DO
MAR
SISTEMA PELÁXICO:
conxunto das augas
59. REXIÓN OCEÁNICA
É a que se atopa lonxe das costas onde se superan os 200 m de profundidade e
poden acadarse os 4.000 de media. A súa importancia ven dada pola riqueza da
vida que acolle e, sobre todo, porque os organismos que constitúen o fitoplanto
son, polo seu número, os máis grandes produtores de osíxeno do planeta.
Nesta zona só poden vivir os seres que aboian libremente e os bos nadadores, e,
na profundidade, os que son capaces de soportar a falta de luz e as grandes
presións.
60. Planto e nadadores
Zona afótica (escura)
Peixes abisais
Chemineas
hidrotermais
Plataforma
continental
Cantil
Zona fótica (iluminada)
61. rei das anchoas: 7-8 m
balea azul: máis de 30 m
tiburón banco: 10 m
lura: 22 m
polbo: 10 m
manta raia: 80 m
cachalote: 20 m
tiburón balea: 18 m
cangrexo xigante 4 m
augamar: 3 m diámetro
tentáculos: 35 m
peixe vela: 4 m
peixe lúa: 4 m
Nos océnos atópanse algúns dos animais máis grandes
63. FAUNA:
Balea, cachalote, golfiño, atún, bonito, xurelo, sardiña, cigala, tiburón, pescada,
bacallao, augamares, cigala, cangrexo real, calamar e polbo xigantes...
Peixe corbata ou cinta (Cepola macrophthalma).
Vive ata 200 m de profundidade, metido en
buratos dos fondos
Pescada (Merlucius merlucius). Vive entre os
100 e os 1.000 m de profundidade, aínda que
cando é nova achégase moito á costa. Pode
acadar 1 m de longo e pesar máis de 10 kg.
Bonito (Tunnus alalunga). Pode chegar
a medir 1 m e pesar entre 9 e 10 kg.
Bacallao (Gadus morhua).
Vive nos mares fríos.
64. Augamar (Chysaora hysoscella).
Cachalote (Physeter macrocephalus).
Mamífero mariño que pode acadar os 25
m de lonxitude. É o máis grande dos
cetáceos con dentes. Aliméntase de
luras que pesca buceando a grandes
profundidades. En Galiza aparece
ocasionalmente varado nas praias.
Cigala (Nephrops norvegicus) pode
vivir en profundidades de ata 800 m.
65. REXIÓN LITORAL
A zona costeira ou litoral esténdese desde a faixa de terra influída polas mareas e
os salseiros do mar ata os 200 m de profundidade (augas situadas sobre a
plataforma continental).
66. ZONAS DO LITORAL
(en función do nivel medio que acadan as mareas)
Zona supralitoral: é a situada por enriba do límite
máximo das mareas e está constituída por terreos
pobres. Recibe constantemente os ataques do
vento e das ondas do mar e a humidade das
brétemas mariñas cargadas de sal.
Zona litoral ou intermareal: é a zona de
oscilación das mareas, a que cobre a marea
alta e queda descuberta ao debalar o mar.
Zona sublitoral: atópase por debaixo do nivel
mínimo das mareas. É a zona comprendida
entre o punto neutro (liña na que as ondas
tocan o fondo) e o límite da marea baixa.
Nunca queda descuberta.
ROCHOSO
AREOSO
67. Esténdese desde a faixa de terra influída polas mareas e os salseiros do
mar ata os 200 m de profundidade (augas situadas sobre a plataforma
continental).
Podemos atopar hábitats moi diversos en función de factores como a
exposición aos ventos dominantes e aos embates das ondas (exposta-
protexida), o tipo de materiais do substrato (rochosa, areosa-fangosa), ou
a influencia das mareas.
A vida nestes medios ven marcada polo periódico ascenso e descenso do nivel do
mar que implica que durante un periodo de tempo unha grande parte dos fondos
mariños queden ao descuberto e, polo tanto, os seus habitantes teñen que
desenvolver estratexias para tratar de solventar este problema.
REXIÓN LITORAL (COSTA)
68. AS RÍAS
As rias galegas son medios cunhas condicións especiais.
Pola combinación de características físicas, oceanográficas e biolóxicas son
espazos naturais únicos no mundo dunha grande produtividade primaria e
extraordinaria riqueza ecolóxica.
A súa situación -tanto pola orientación como pola protección fronte ás forzas do
mar e do vento, influida polas correntes oceánicas-, a localización diante dunha
área de afloramento de minerais procedentes das profundidades do mar e as
achegas minerais e biolóxicas dos ríos, multiplican a súa riqueza biolóxica e a
súa produtividade.
Ría de Muros e Noia
69. CIRCULACIÓN DA
AUGA NAS RÍAS
A pesar de semellar
sistemas case
pechados, nas rías
prodúcese un contínuo
trasvase e renovación
das augas.
70. A sardiña é un dos peixes máis coñecidos porque se
captura en grandes cantidades no noso litoral. É un peixe
oceánico que forma grandes bancos, sobre todo cando
migra no verán e se achega á costa para alimentarse de
seres plantónicos e poñer entre 50.000 e 60.000 ovos.
Rabioso (Glycimeris
glycimeris). Vive en fondos
de area en zonas de ata
100 m de profundidade.
Rodaballo (Psetta maxima). Pode
acadar 1 m de lonxitude e os 12 kg de
peso. Vive en terreos areosos ata os
100 m de profundidade.
Rabada ou peixe sapo
(Lophius piscatorius).
Vive en fondos
fangosos de 10 a 500 m
de profundidade. Pode
acadar 2 m de lonxitude
e 40 kg de peso.
71. COSTA ROCHOSA
-Formada por materiais en grandes bloques.
-Con pouco terreo no que as plantas poidan asentarse.
-Os animais viven en zonas onde poidan protexerse (fendas, pozas de marea,
covas) ou son visitantes ocasionais.
72. ZONA INFRALITORAL
Abondan as algas que, xunto coas rochas,
constitúen os refuxios onde viven ou acuden a
alimentarse todo tipo de animais, que adoitan
ser de formas mais ou menos comprimidas
para moverse comodamente nos espazos
estreitos e de cores pardas, con liñas ou
manchas, para pasar desapercibidos.
ZONA INTERMAREAL
Os seres vivos apéganse ás rochas ou
aproveitan as fendas. Teñen órganos de
suxección e cubertas fortes ou corpos
flexibles, e unha gran resistencia á
desecación.
ZONA SUPRALITORAL
A dureza dos materiais e a súa verticalidade
dificultan o asentamento dos seres vivos. As
plantas, que so viven na parte alta e nas
fendas, son pequenas, con raíces fortes e
longas, e coas follas moi reducidas ou
cubertas de pelos para resistir o ataque do
vento e do sal.
Os animais viven nos lugares onde poden
protexerse ou son visitantes ocasionais. É a
zona escollida por moitas aves como lugar de
descanso e de cría.
Poza de marea
73. As pozas de marea son pequenos espazos
que quedan cheos de auga durante a marea
baixa, onde se desenvolven algas e se
acobillan moitos animais.
74. FLORA:
Algas, liques, herba de namorar, pirixel do mar, fento mariño...
Golfos (Laminaria ochroleuca).
Algas pardas que poden acadar
máis de 2 m de lonxitude e
forman bosques submariños
no infralitoral exposto.
Bocho (Fucus vesiculosus). Son algas que
viven na zona intermareal da costa
protexida e resisten ben a desecación
75. Lique (Lichina pigmaea), vive xusto
na línea a onde chega o mar.
Prixel do mar (Crithmum
maritimum). Vive en
rochas abrigadas.
Herba de namorar (Armeria maritima).
Reúne todas as características
necesarias para sobrevivir nestes
lugares: raíces longas, forma
compacta, follas con pelos, …
76. Os mexillóns
(Mytilus
galloprovincialis)
están
perfectamente
adaptados á vida
nas rochas, teñen
cunchas fortes e
órganos de
FAUNA:
Gaivota, corvo mariño, percebe, arneiróns, mexillóns, lapas,
ourizos, estrelas de mar, cangrexos, vermes...
Os percebes (Pollicipes cornucopia) son
crustáceos cirripedos que viven fixos
nas rochas batidas na zona intermareal.
Arneirón
(Balanus spp).
77. Chuponas (Actinia equina). Un dos animáis
máis comúns das pozas de marea.
Caramuxo (Littorina littorea). Vive sobre
as rochas e as algas da zona mediolitoral.
Ourizo de mar (Paracentrotus lividus)
Queimacasas (Pachygrapsus marmoratus)
78. As gaivotas e outras aves mariñas
aproveitan os ocos e as plataformas
das rochas dos cantís para aniñar.
Corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristolelis).
As aves pescadoras usan as rochas da costa para
descansar e os cantís para facer os seus niños.
79. COSTA AREOSA
É a que está formada por area ou materiais miúdos soltos
80. ZONA SUPRALITORAL
Os materiais soltos son movidos constantemente polo
vento e reteñen pouca auga, o que fai dificil o
asentamento dos vexetais que teñen que desenvolver
adaptacións: longas raíces para suxeitarse e captar a
auga, talos curtos, moi flexibles, rasteiros ou
subterráneos para resistir o vento e os golpes da area, e
follas reducidas ou finas, cubertas de pelo, coirentas para
evitar a perda de auga, ou carnosas para almacenala e de
cores craras para resistir o exceso de luz.
Os animais viven nos refuxios que lles proporcionan as
plantas e os restos depositados polo mar.
ZONA INTERMAREAL
Presenta moitas variacións segundo o tipo de substrato
(area, limo, grava ou cascallo) e a forza das ondas. A
mobilidade do substrato impide a fixación das algas
aínda que permite a das fanerógamas mariñas (plantas
con flores) grazas ás súas longas raíces.
Os animais son de formas comprimidas ou deprimidas,
realizan migracións ao ritmo das mareas, enterrarse na
area ou protéxense entre as plantas. É a zona máis
visitada polas aves, especialmente as limícolas.
ZONA INFRALITORAL
Con poucas algas; nas zonas protexidas hai pradeiras
de fanerógamas mariñas. Habitada por animais que se
enterran ou viven pousados nos fondos.
81. PRAIAS
Son zonas baixas co terreo formado por area ou materiais
miúdos soltos polo que as plantas teñen moita dificultade para
suxeitarse e os animais poucos sitios nos que agocharse.
82. DUNAS
Son un medio moi hostil para o desenvolvemento da vida porque están
formadas por material solto en movemento no que a auga é escasa e
están sometidos a unha forte insolación e exposición ao vento. Son
medios moi fráxiles que se alteran gravemente pola acción humana.
84. FLORA:
Algas, herba coral, seba, cardo mariño, cebola das
gaivotas, feo, carrascas de San Xoán, arenaria...
Leituga de mar (Ulva rigida).
Alga de talo laminar que se
atopa frecuentemente
aboaiando nas augas tranquilas.
Seba (Zostera…). Planta con flores que
vive por debaixo do límite das mareas.
Forma extensos campos submariños nas
zonas de augas tranquilas de area fina ou
lama desde o nivel da baixamar ata os 10 m
de profundidade, especialmente nos
esteiros e enseadas.
85. Arenaria do mar
(Honkenya peploides).
A planta das praias que
vive máis perto do mar.
Cardo mariño. (Eryngium
maritimum). Desenvólvese nos
primeiros amoreamentos de area que
se forman po enriba da liña de marea.
Feo (Ammophila arenaria), medra na
parte máis alta da duna móbil, onde o
vento bate con máis forza. Coas
longas raíces e talos subterráneos
contribúe a fixar a area.
86. FAUNA:
Solla, lenguado, faneca brava, escacho, xiba, navalla, arola,
ameixa, berberecho, miñocas, cangrexos...
Coquina (Donax vitatus). Un
molusco abundante nos fondos
areosos das praias de mar aberto.
Ourizo de area
(Echinocardium
cordatum). Vive
enterrado ata 20 cm
de profundidade na
area das praias
expostas.
Navalla (Ensis ensis).
Vive enterrada
verticalmente en
fondos de area fina.
Lenguado (Solea vulgaris). Os peixes planos
están adaptados á vida nos fondos areosos.
Arola (Lutratia lutraria). Molusco
bivalvo que pode acadar os 13 cm de
lonxitude. Vive en fondos de area e
grava ata os 100 m de profundidade.
87. Raia (Raja clavata). Vive en fondos de
area e fango ata 500 de profundidade.
Pode acadar 1 m de lonxitude.
Xiba ou chopo (Sepia officinalis). Molusco cefalópodo que
vive en zonas de area e fango con vexetación. Nace preto
da costa e vaise alonxando dela segundo medra.
88. Ameixa san (Venerupis decussata), vive na zona
intermareal enterrada ata 15 cm de profundidade.
Cagón (Arenicola marina), vive nunha galería en
forma de U. Aliméntase dos restos que filtra dos
sedimentos. Polo orificio de entrada colle
material e polo orificio de saída expulsa a area
filtrada formando as moreas características.
Berberecho (Cerastoderma edule).
Molusco bivalvo que vive en fondos de
area fina no intermareal de augas pouco
fondas e tranquilas.
89. LAGOAS LITORAIS
Son medios formados por auga doce ou solobre polas filtracións que chegan do
mar. Nelas aséntase unha vexetación acuática propia de augas doces na parte
máis alonxada do mar e plantas que soportan a salinidade na zonas máis
próximas a el. Son refuxios de aves acuáticas e acollen unha grande diversidade
de anfibios e insectos.
Lagoa de Louro
91. FLORA:
Xuncos, espadanas, nenúfares, oucas...
Antela (Scirpus lacustris). Son típicas de lugares
húmidos, especialmente preto da costa.
Carrizos (Phragmites australis).
Vive nas augas doces e soporta unha
lixeira salinidade.
93. ESTEIROS OU MARISMAS
Son lugares chans que sofren o efecto das mareas. Neles viven
plantas que soportan o sal e inmersións periódicas e plantas
puramente acuáticas, pero o máis importante, pola súa función
depuradora, é o número de seres que viven no substrato dos que
se alimentan aves acuáticas e limícolas.
Esteiro do Miño
94. FLORA:
Xuncos, carrizos, herba coral, espadanas, algas...
A vexetación acuática xoga un papel importante na evolución da marisma
xa que frea a velocidade das augas e capta as pequenas partículas en
suspensión que se depositan entre elas e, co paso do tempo, van elevando
o terreo evolucionando de medio acuático a terrestre.
95. Herba coral (Sarcocornia perennis).
Planta de marisma de talos e follas
carnosos que vive no límite da marea.
Os xuncos son os compoñentes
fundamentais das xunqueiras,
cos seus rizomas forman un
entramado que retén os
sedimentos.
Spartina maritima. É unha das plantas
máis comúns dos esteiros e marismas.
Vive en terreos de lama e resiste ben a
salinidade e a inmersión.
96. A acelga salgada (Limonium vulgare) ten
unhas flores que conservan a súa cor
durante moito tempo. Existen variedades
que se cultivan para adorno.
97. FAUNA:
Lavancos, parrulos, píllaras, biluricos, garzas…
As limícolas son as aves típicas dos esteiros. Teñen as patas longas para vadear
e os peteiros adaptados para capturar animais que viven enterrados.
98. Pilro curlibico (Calidris alpina)
Cullereiros (Platalea leucorodia).
Co seu curioso peteiro en forma de culler filtra o fango e
captura pequenos animais.
Garzota
(Egretta garzetta)
99. MEDIOS ANTRÓPICOS
CULTIVOS TERRESTRES
Son ecosistemas onde predomina a acción humana.
A preparación do terreo para os cultivos altera a súa composición natural o
que dificulta o desenvolvemento das especies propias da zona e os labores
que se lles fan elimínanas case por completo, polo que os cultivos son
zonas pobres en especies vexetais e os animais atopan poucos sitios onde
protexerse.
O ecosistema está dominado pola especie de cultivo acompañada polas
chamadas malas herbas ou especies resistentes, animais herbívoros ou
comedores de froitos e sementes e algún depredador.
100. SOUTOS
Bosques ou plantacións de castiñeiros. Son máis
comúns nas provincias de Lugo e Ourense. Ocupan
o espazo de antigas carballeiras.
102. PIÑEIRAIS
Plantacións de piñeiros. Nas zonas baixas e preto da costa están
constituídos por piñeiro galego e piñeiro de repoboación e nas
altas, do interior, por piñeiro silvestre.
Debaixo dos piñeiros, a falta de luz impide o desenvolvemento de moitas
especies. So se desenvolven ben os fentos e algunhas herbas. Por ser
máis pobre en especies vexetais a fauna é menos variada que a do bosque
caducifolio.
103. Nas zonas máis altas os bosques son de piñeiros
silvestres (Pinus sylvestris) porque resisten mellor o frío.
104. Peido de lobo
(Licoperdon...). Un fungo que
medra nos claros do chan do
bosque de piñeiros.
Nos bosques claros e nas
beiras medran as carpazas
(Cistus...).
Escoba de bruxa,
producido por
unha bacteria
Fentos (Pteridium aquilinum)
105. O esquío (Sciurus vulgaris), que se alimenta
de gomos de piñeiros e de piñóns, está
aumentando o seu número. O peto (Picus viridis) busca larvas de
insectos debaixo da casca e na madeira das
O peor enemigo dos piñeiros son as eirugas da
procesionaria ou alacráns dos piñeiros
(Thaenmetopoca pinivora) que lle comen as follas.
106. EUCALIPTAIS
Plantacións de eucaliptos.
Os eucaliptos foron introducidos como cultivo hai pouco máis dun
século. Na actualidade cobren grandes superficies que presentan,
pola falta de auga e as secrecións das propias árbores, o terreo case
espido, no que apenas se desenvolven máis que algunhas herbas e
arbustos residuais resistentes.
A especie máis abundante é o Eucaliptus globulus.
118. CULTIVOS MARIÑOS
PARQUES MARISQUEIROS
Terreos areosos acondicionados para o cultivo de ameixa e
berberecho. Sométense a limpezas periódicas, seméntanse as
especies e elimínanse competidores.
119. BATEAS:
Instalacións flotantes para o cultivo de bivalvos filtradores:
mexillón, ostra, vieira, ameixa. Nos soportes e sobre as propias
especies cultivadas aséntanse comunidades de algas e
invertebrados e entre elas aliméntanse algúns peixes.
121. SEBES E BEIRAIS
Liñas de vexetación que rodean os cultivos nas que perviven especies
que foron desaloxadas do seu medio natural. Estas formacións supoñen
unha oportunidade de supervivencia para moitas especies vexetais e
animais. Manteñen a biodiversidade das zonas cultivadas e sérvenlle de
refuxio aos animais silvestres.
122. Lagarta galega (Podarcis bocagei)
endémico de Galiza e o norte de Portugal.
Os lagartos son habituais nos valos onde
atopan alimento e buratos para refuxiarse.
O sapo (Bufo...) busca o abeiro dos beirais para
protexerse durante o día. Pola noite caza nos
cultivos.
Rato de campo
124. PARQUES E XARDÍNS
Espazos públicos ou privados situados xeralmente no interior das
cidades con vexetais plantados con fins ornamentais. Son os lugares
onde podemos atopar máis especies alleas ao noso medio natural,
algunha de gran interese pola súa singularidade ou monumentalidade.
A protección que ofrecen e a facilidade para atopar alimento fai que
neles se asenten especies forestais e oportunistas.
127. SOLARES SEN EDIFICAR
Son espazos de vida silvestre no medio dos lugares
habitados. As sementes das plantas chegan ata eles cos
excrementos das aves ou traídas polo vento, e tamén
voando chegan os insectos e os paxaros.
128. Os insectos, pola súa capacidade para
voar, chegan a todas partes. A xoaniña
(Cocinella setempunctata) aliméntase dos
pulgóns parásitos das plantas.
129. As estrugas (Urtica...) desenvólvense en
lugares ricos en materia orgánica.
Silvas (Rubus...). Os seus froitos, as amorias, son
aproveitados polos paxaros e polas persoas.
A hedra (Hedera helix) aproveita calquera
soporte para gabear suxeitándose coas
raíces que bota ao longo dos seus talos.
131. Son lugares aparentemente
pouco axeitados para o
desenvolvemento dos seres
vivos, pero nos casos nos
que se dan as condicións
mínimas as plantas poden
convertelos en pequenos
“xardíns” onde os fentos,
os couselos, as herbas da
pedra, os brións e os liques
crean o ambiente preciso
para que poidan asentarse
pequenos animais como
pulgóns, xoaniñas,
caracois, arañas...
VALADOS, PAREDES E TELLADOS
138. Curroxo (Phoenicurus ochruros). Un
paxaro comedor de insectos cada vez
máis común nos lugares habitados.
Fai o niño nos ocos das paredes.
O merlo (Turdus merula) é outra ave habitual que
aproveita os arbustos dos parques e as matogueiras
dos solares para facer os seus niños.
139. Pardal (Paser domesticus). Nalgúns parques
achégase ata comer na man das persoas. Ao chasco (Saxicola torquata) podémolo
atopar nos beirais ou nas matogueiras
curioseando sempre desde a ponla máis alta.
As pombas aproveitan calquera
resto comestíble e os ocos dos
edificios para facer os seus niños.
As pegas (Pica pica) son
aves do bosque que se
adaptan perfectamente á
vida nos parques.
140. A rata (Ratus norvegicus), tal vez o
mamífero máis numeroso do planeta,
aliméntase dos restos que deixamos e
vive en case todos os espazos posibles.
Os morcegos aproveitan os ocos para
acollerse e a noite para cazar os insectos
que son atraídos pola luz das cidades.
141. ENCOROS
Grandes masas de auga dóce contidas por unha presa. As
caracteríticas son unha mestura das dos ríos e as dos lagos.
142. ESTANQUES
Pequenos espazos pechados con auga doce e especies
ornamentais entre as que se desenvolven outras silvestres
propias dos ambientes acuáticos.