2. Heinrich Rudolf Hertz naceu o 22 de febreiro de
1875 en Hamburgo. Foi o primeiro en demostrar a
existencia da radiación electromagnétia
construíndo un aparello para producir ondas de
radio. No seu honor denominanse ondas
hertzianas ou hercianas as ondas
electromagnéticas que se empregan na radio.
Tamén deriva do seu nome o hercio, unidade de
frecuencia que equivale a un ciclo por segundo e
que se representa coa abreviatura de Hz.
3. Naceu nunha familia
xudea que se acabou
convertindo en cristiana en
1838. Xa na súa infancia
demostrou ter unhas
capacidades fóra do común,
pois sábese que lía os
clásicos en versión orixinal,
como Platón e Traxedias
gregas, e tamén lía árabe.
Igualmente era moi
afecionado as actividades
prácticas, como a
carpintería e o torno, onde
tamén destacaba pola súa
habilidade.
4. A súa paixón era a física, de tal forma que
se desprazou ata Berlín para estudala con
Gustav Kirchoff e outros. Mediante unha
tese sobre a rotación das esferas nun campo
magnético, Hertz conseguiu o seu doctorado
en 1880 con tan só 23 anos e continuou
como alumno de Hermann Von Helmholtz
ata 1883. En 1885 trasladouse á
Universidade de Karlsruhe, onde descubriu
a forma de producir e detectar ondas
electromagnéticas, as que vinte anos atrás
foran predecidas por James Clerk Maxwell.
Hertz demostrou no seu laboratorio a
existencia das ondas de radio, e para facelo,
construiu o primeiro radiotransmisor e o
primeiro radioreceptor. Sen embargo, a
Hertz non se lle ocorreu utilizar
practicamente este descubrimento. Non
comprendeu o alcance práctico do que
atopara. E hoxe recordámolo a través das
ondas hertzianas, que levan o seu nome.
Gustav Kirchoff
James Clerk Maxwell
5. A súa vida convertiuse nunha serie plácida de expermientos, de completa
felicidade. Unha combianción de amor cara á vida e ó traballo. En
realidade, Hertz era un home sinxelo, paciente, bondadoso, algo
“unilateral” nos seus enfoques, a diferencia doutros científicos. Hertz
dedicouse ao seu, a aquilo que máis lle interesaba e foi así como chegou a
grandes descubrimentos.
Hertz morre en 1849, con 36 anos. A súa herdanza hoxe chéganos aínda a
través das ondas hertzianas. A telegrafía sen fíos, as imáxenes de teléfono
e por último a televisión, son produtos dos primeiros esforzos e
descubrimentos dun grande home e un grande científico.