2. 1.- OBXECTIVOS DE FORMACIÓN E
REPERCUSIÓN NA PRÁCTICA DOCENTE .
-Detectar as necesidades formativas do profesorado do centro.
-Mellorar a alfabetización informática do profesorado.
-Familiarizarse co SO Linux, co software libre e co software ABALAR.
-Utilizar as ferramentas da PDI para o uso académico na aula e para a
creación de materiais de utilidade na práctica diaria.
-Empregar as ferramentas de autor LIM e Ardora para a creación de
contidos.
-Seleccionar recursos educativos dixitais e os contidos existentes para
traballar nas diferentes materias do currículo.
-Fomentar o traballo en equipo utilizando o potencial das TIC.
-Avaliar a utilidade do proxecto na práctica docente.
3. 2.- PROGRAMA DE CONTIDOS E ACTIVIDADES
COA SÚA TEMPORALIZACIÓN .
O proxecto ten unha duración de 40 horas. Lévase a cabo os xoves, en
horario de 16:00 a 19:00 horas.
Teremos 9 horas de docencia directa: 3 horas impartidas por persoal
alleo ao centro e 6 horas polo coordinador do PFAC.
-Detección das necesidades educativas do profesorado (3 horas)
-Modelos de actuación nas aulas ABALAR (3 horas - docencia)
-SO Linux e software ABALAR (2 horas)
-Protocolo de uso da aula ABALAR (2 horas)
-Uso da PDI e do seu software (3 horas)
-Web Dinámica do centro (3 horas)
-Creación de actividades co software da PDI (5 horas)
-Busca, selección e creación de actividades distintas ás do software
propia das PDI (10 horas)
-Creación de actividades con ferramentas de autor LIM/ARDORA (6
horas)
-Avaliación (3 horas)
4. 3.- METODOLOXÍA E PROCEDEMENTOS DE
TRABALLO.
A metodoloxía a seguir de acordo cos obxectivos, contidos e
actividades formuladas baséase nos seguintes aspectos: que sexa
activa, participativa e global, partindo dos coñecementos previos de
cada un dos participantes.
Organizaremos as tarefas en: gran grupo (detección das necesidades,
Webs Dinámicas, docencia e avaliación), pequeno grupo (PDI,
creación de actividades, coordinación) e individualmente (busca,
selección e creación de actividades).
Realizaranse actividades de ensino -aprendizaxe entre o profesorado
do centro.
Aplicaremos na aula, paulatinamente, todo o que se vaia realizando
no presente PFAC.
Daremos publicidade ás actividades confeccionadas por nós, coa súa
publicación nun blog.
5. 4.- BLOG DO PFAC
Tódalas actividades que se fagan quedarán recollidas no
seguinte blog:
http://cadreche.wordpress.com/
As aulas que queiran poden elaborar un blog de aula (ou
blog de materia)
Logo do PFAC
6. 5.- IMAXES PARA OS TRABALLOS
As imaxes que empreguemos para os traballos deben ser imaxes
libres (licenza Creative Commors)
Recoñecemento
Non comercial
Sen obras derivadas
Recoñecer igual
7. 5.- IMAXES PARA OS TRABALLOS
Onde podo atopar imaxes libres? Se podo usar imaxes propias,
mellor. En caso contrario, buscar en…
http://recursostic.educacion.es/bancoimagenes/web/
(recursos de fotos, ilustracións, vídeos, animacións, sons.-
Ministerio de Educación e Ciencia))
http://flickrcc.bluemountains.net/flickrCC/index.php#
(buscador de fotos de flickr con licenza Creative Commons)
8. 6.- ARQUIVOS PARA OS TRABALLOS
Cando empreguemos unha imaxe, un vídeo ou un son
nunha actividade, debemos ter en conta o seu “peso”. Non
debemos usar arquivos demasiado grandes ou con excesiva
calidade.
AUDIO: usar formato MP3 ou AU (non WAV)
IMAXE: usar formato JPEG (non BMP)
VÍDEO: usar MPEG /FLV (non AVI)
9. 7.- PROGRAMAS ÚTILES PARA TRABALLAR
IMAXES, AUDIO E VÍDEO
Imaxes: debemos retallalas previamente a empregalas.
VSO Image Resizer
Switch Sound Cambiar formato audio
File Converter
Cambiar formato audio – vídeo
Quitar audio a un vídeo
10. 8.- TRABALLAR NA “NUBE”
Unha das característica da WEB 2.0 é o traballo na nube. Existen
distintas aplicacións e programas que non necesitamos descargar
no noso ordenador. Isto permítenos ter arquivos, documentos,… en
calquera sitio que teñamos unha conexión a internet.
Marcadores sociais: Presentacións:
Disco duro virtual: Traballos colaborativos:
11. 9.- PROGRAMAS PARA A REALIZACIÓN DE
ACTIVIDADES EDUCATIVAS
Pizarra Dixital Interactiva
Ferramentas de autor