SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 49
Unha carta de George Carlin
É sorprendente que GEORGE CARLIN, comediante dos
anos 70 e 80, puidese escribir algo tan elocuente.
O paradoxo do noso tempo é que temos
edificios máis altos e temperamentos máis
reducidos,
estradas máis anchas e puntos de
vista máis estreitos.
Gastamos máis pero temos menos,
compramos máis pero gozamos menos.
Temos casas máis grandes e
familias máis reducidas,
maiores comodidades e menos tempo.
Temos máis graos académicos pero
menos sentido común,
maior coñecemento
pero menor capacidade de xuízo,
máis expertos pero máis problemas,
mellor medicina pero menor benestar.
Bebemos demasiado, fumamos demasiado,
dilapidamos demasiado,
rimos moi pouco,
conducimos moi rápido, anoxámonos
demasiado,
desvelámonos demasiado,
amencemos cansados,
lemos moi pouco, vemos demasiada
televisión e oramos moi rara vez.
Temos multiplicado as nosas posesións
pero reducido os nosos valores.
Falamos demasiado, amamos demasiado
pouco e odiamos moi frecuentemente.
Temos aprendido a gañarnos a vida,
pero non a vivir.
Engadimos anos ás nosas vidas,
non vida a nosos anos.
Logramos ir e volver da Lúa, pero fáisenos difícil cruzar
a rúa para coñecer un novo veciño.
Conquistamos o espazo exterior, pero non
o interior.
Temos feito grandes cousas, pero non
por iso mellores.
Preocupámonos por limpar o aire,
pero contaminamos a nosa alma.
Conquistamos o átomo, pero non
os nosos prexuízos.
Escribimos máis pero aprendemos menos.
Planeamos máis pero logramos menos.
Temos aprendido a apresurarnos,
pero non a esperar.
Producimos ordenadores que poden procesar
maior información e difundila, pero
comunicámonos cada vez menos e menos.
Estes son tempos de comidas
rápidas e dixestión lenta,
de homes de gran talla e
cativeza de carácter,
de enormes ganancias económicas e
relacións humanas superficiais.
Hoxe en día hai dous ingresos na
familia, pero máis divorcios,
casas máis luxosas, pero fogares rotos.
Son tiempos de viaxes rápidas,
cueiros desbotables,
moral descartable, relacións
dunha noite, corpos obesos,
e píldoras que fan todo, desde alegrar
e apaciguar, ata matar.
Son tempos nos que hai moito no
escaparate e moi pouco na adega.
Tempos nos que a tecnoloxía
pode facerche chegar esta
carta,
e que ti podes elixir compartir
estas reflexións ou simplemente
borralas.
Lémbrate de pasar algún tempo
cos teus seres queridos porque
eles non estarán aquí sempre.
Lémbrate de ser amable con quen agora te
admira, porque esa persoa medrará axiña
e se afastará de ti.
Lémbrate de abrazar a quen tes cerca
porque ese é o único tesouro que podes dar
co corazón, sen que che custe nin un céntimo.
Lémbrate de dicir ámote á túa parella
e aos teus seres queridos,
pero sobre todo dío sinceramente.
Un bico e unha aperta poden reparar
unha ferida cando se dan con toda a
alma.
Dáte tempo para amar e para
conversar, e comparte as túas máis
prezadas ideas.
e sempre lembra:

A vida non se mide polo número de veces
que tomamos alento, senón polos
extraordinarios momentos que nolo quitan.

                        George Carlin.
Desde a miña bela Cali, Colombia
Elaborou PPS: hectorjoselo@hotmail.com

Mais conteúdo relacionado

Mais de Nuria M Núñez Elissetche

Mais de Nuria M Núñez Elissetche (20)

A terra que canta
A terra que cantaA terra que canta
A terra que canta
 
Co tempo
Co tempoCo tempo
Co tempo
 
Dom16 tob b.pagola
Dom16 tob b.pagolaDom16 tob b.pagola
Dom16 tob b.pagola
 
Domingo 16 ord b
Domingo 16 ord bDomingo 16 ord b
Domingo 16 ord b
 
1º coresma b 2018
1º coresma b 20181º coresma b 2018
1º coresma b 2018
 
6º domingo tob 2018 bene pagola
6º domingo tob 2018  bene  pagola6º domingo tob 2018  bene  pagola
6º domingo tob 2018 bene pagola
 
6º domingo tob 2018
6º domingo tob 20186º domingo tob 2018
6º domingo tob 2018
 
O xardín
O xardínO xardín
O xardín
 
5º domingo tob 2018 bene pagola
5º domingo tob 2018 bene pagola5º domingo tob 2018 bene pagola
5º domingo tob 2018 bene pagola
 
5º domingo tob 2018
5º domingo tob  20185º domingo tob  2018
5º domingo tob 2018
 
4º domingo tob 2018
4º domingo tob 20184º domingo tob 2018
4º domingo tob 2018
 
4º domingo tob 2018 bene pagola
4º domingo tob 2018  bene pagola4º domingo tob 2018  bene pagola
4º domingo tob 2018 bene pagola
 
Ruxido capaz de sacudir o mundo
Ruxido capaz de sacudir o mundoRuxido capaz de sacudir o mundo
Ruxido capaz de sacudir o mundo
 
2º domingo tob 2018
2º domingo tob 20182º domingo tob 2018
2º domingo tob 2018
 
2º domingo tob 2018 bene pagola
2º domingo tob  2018  bene pagola2º domingo tob  2018  bene pagola
2º domingo tob 2018 bene pagola
 
4 epifania do señor b 2018 bene pagola
4 epifania do señor b 2018 bene pagola4 epifania do señor b 2018 bene pagola
4 epifania do señor b 2018 bene pagola
 
4 epifania b 2018
4 epifania b 20184 epifania b 2018
4 epifania b 2018
 
5 bautismo do señor b 2018
5 bautismo do señor b 20185 bautismo do señor b 2018
5 bautismo do señor b 2018
 
3 santa maría nai de deus 2017 b
3 santa maría nai de deus  2017 b3 santa maría nai de deus  2017 b
3 santa maría nai de deus 2017 b
 
2 sagrada familia 2017 b
2 sagrada familia 2017  b2 sagrada familia 2017  b
2 sagrada familia 2017 b
 

Belas fotos e unha carta