2013 W3C HTML5 Day Conferences:HTML5 Game App 개발 및 이슈
Triptico oficinas pensión (GAL)
1. Anticípate!
ABANCA é a marca comercial baixo a que opera NCG Banco, S.A.
En ABANCA temos o compromiso de
esforzarnos en mellorar as condicións de
todos os nosos produtos. Porque para nós,
o primeiro es ti. E queremos que te sintas
orgulloso do teu banco.
Iso é Sentir Común.
Por iso, pensamos que sería unha
boa idea que poidas gozar do 100%
da túa pensión dende o día 25 de
cada mes.
Para que esperar, non si?
Para iso non tes que facer nada.
Se entre os días 25 e 3 do mes seguinte
non realizas ningún reintegro inferior a
1.000 euros por ventanilla e tes PIN de
cartilla ou tarxeta de débito, aboámosche a
túa pensión de forma automática o día 25.
Así de cómodo!
25
OU SEGUINTE DÍA HÁBIL
abanca.com
2. Para sacarlle o maior rendemento á
túa pensión, contrata xa a nosa
Conta Pensión e goza de todas
estas vantaxes.
Ademais, contratando a Conta
Pensión, podes acceder de forma
gratuíta ao noso Servizo Anticipo.
Sen comisións de administración
e mantemento.
Conta non remunerada. 0% T.A.E.
Tarxetas de Débito e Crédito gratis o
primeiro ano (e sucesivos, se realizas
compras anuais por un mínimo de
1.500€ e 2.000€ respectivamente).
Tarxeta Comercio gratis o primeiro ano
(e sucesivos, se realizas compras
anuais por un mínimo de 1.500€).
Desconto do 10% no seguro de fogar
comercializado por ABANCA*.
Unha transferencia nacional ou
comunitaria (SEPA) gratuíta ao mes,
de ata 50.000€ e transferencias gratis
entre contas de ABANCA.
Para solicitar a Conta Pensión só has de ter a túa
pensión domiciliada connosco (sen importe
mínimo), un recibo básico (electricidade, gas,
teléfono, auga...) e cumprir polo menos unha destas
condicións: ser titular de tarxeta de Débito ou
Comercio, ter un pasivo medio anual maior de
20.000€, un saldo vista medio anual de máis de
2.000€ ou non realizar reintegros inferiores ou iguais
a 600€ en ventanilla.
Lembra que contratar a Conta Pensión é gratis.
20
Con este servizo, adiantámosche o 50%
da túa pensión o día 20 de cada mes.
*MEDIADOR: CXG OPERADOR DE BANCASEGUROS CORPORACIÓN
CAIXAGALICIA,S.L., Operador de banca-seguros vinculado. Inscrita no Rexistro
Mercantil da Coruña, tomo 3092, folio 73, folla C-38698. Inscrita no Rexistro
Especial de Mediadores da Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións co
núm. OV-0044. Con seguro de responsabilidade civil e capacidade financeira
esixidos pola Lei 26/2006 de Mediación de Seguros e Reaseguros Privados.
CIF: B-7049630. Póliza de seguros contratada con CASER-CAJA DE SEGUROS
REUNIDOS CÍA DE SEGUROS Y REASEGUROS, S.A, con CIF: A-28013050, con
domicilio social Avda. Burgos, 109. 28050 - Madrid. Entidade comercializadora:
NCG BANCO, S.A. Máis información na rede de oficinas de ABANCA. ou en
www.abanca.com
Para os efectos do anticipo considerarase pensión as cantidades
percibidas con regularidade mensual polo titular na súa condición
de beneficiario en concepto de prestacións vitalicias previstas en
calquera dos réximes do sistema da Seguridade Social
Pública Española.