2. A Igrexa Sta. María A Nova foi construída sobre unha primitiva igrexa romana. Destacan as laudas gremiais que se gardan no seu interior e nos seus arredores. Isto permitiu crear o Museo das Laudas Gremiais, con máis de 200 laudas pertencentes a fidalgos, mariñeiros e grupos profesionais. Igrexa Sta. María A Nova
3. Significado das laudas gremiais Hoxe en día, gran parte destas laudas/lápidas consérvanse no interior da igrexa, que fai as veces de sala de exposicións. Nelas aparecen escudos nobiliarios, estatuas e símbolos da profesión que o falecido tiña en vida:o coitelo e o machete eran do carniceiro; as tesoiras e a vara de medir, do xastre; as sobreplantas, do zapateiro; o pico e a maza, do canteiro...marcábanse así os sepulcros dos artesáns máis destacados e recoñecidos en vida, e en ocasións eles mesmos o facían antes de falecer.
4. Lápida sepulcral con marcas profesionais -Tesoira e vara de medir (xastre ou mercader-vendedor de panos ao por maior ) -Cuncha (mariñeiro)
5. Lápida sepulcral mixta -Marcas profesionais (sobreplantas do zapaterio; agullas de coser redes e áncora do mariñeiro) -Marcas familiares de identificación persoal.
6. Lápida funeraria S. XVII Lápida con figura humana e instrumentos de traballo: Aos pés da figura: compás, machado, escuadra, un ¿pico ou machado?... Figura identificada como un pelegrín e tamén como mestre do gremio dos construtores ou carpinteiros, vestido con roupas solemnes.
8. Lauda con marcas profesionais Lápida sepulcral con marca profesional: mariñeiro.
9. Lauda con epigrafía Lápida sepulcral con marca profesional e epigrafía: sobreplantas dos zapatos (carpinteiro) e inscrición: ´´ Es de Fernán Vietez ``
10. Lápida con marcas profesionais Lauda sepulcral con marcas profesionais: instrumentos de curtidores e ferreiros
11. Lápida sepulcral con marcas profesionais Machado, agulla de coser redes, compás e áncora con marca familiar. Carpinteiro de ribeira.