SlideShare a Scribd company logo
1 of 16
Download to read offline
Adiviñas,
Cantigas,
Ditos e refráns
De outono
C.E.I.P. Quintela – moaña
Equipo de Dinamización da lingua galega
ADIVIÑAS
Alto me miro.
Color de ouro teño.
Por unha risada
perdín canto teño.
(o ourizo)
Unha cousiña,
criada no monte,
enxoita na casa
e cómese sen taxa.
( a castaña)
Alto pimpín,
ruín cabaleiro,
rómpelle a bolsa
e cae o diñeiro.
(o ourizo)
Alta estou,
ladrón vexo vir.
Do meu carapucho,
non podo fuxir.
(a castaña)
Ten pelexo como a xente.
E é moi boa para comer.
Chega polo mes de Santos
e todo o ano a tés.
(a castaña)
Alto está e barbas ten.
Ri e guinda o que contén.
(o ourizo)
No aire se cría,
no aire se ten;
bota unha risada
e perde o que ten.
(o ourizo)
Brancas por dentro.
Que boas están!
Son froitos moi secos
que o outono nos dá.
(as castañas)
Alto vivo,
se me mira a xente
e río,
quedo sen dente.
(o ourizo)
En alto nacín,
entre a terra e o ceo;
se algunha vez me río
téñocho todo perdido.
(o ourizo)
Para que eu baile
póñenme a capa,
porque sen capa
non podo bailar.
Para que eu baile
tíranme a capa,
porque con capa
non podo bailar.
(a buxaina)
Está en mes e non en tres.
Repítome tres veces en castaña.
Son a primeira letra de gusto.
Son a última letra da frase anterior.
Quedo no medio de festa.
Aparezo no souto e desaparezo en soubo.
Son a letra que se repite en outono.
(magosto)
Cal é a cousa, cal é ela,
ten tres capas de inverno:
a primeira mete medo,
a segunda é lustrosa
e a terceira é amargosa?
( a castaña )
Altos pais,
peludas nais,
fillos con peles;
adiviña se queres.
(castiñeiros, ourizos, castaña)
Alta estou,
capotiño teño;
vén o vento
e non o deteño.
( a castaña no ourizo)
Son branca e non son de papel,
son verde e non son limón,
son vermella e non son sangue,
son negra e non son carbón.
(a castaña)
CANTIGAS
Acabáronse as vendimas
e veñen as esfolladas;
para comer coas mazás
catro castañas asadas.
Acabáronse as castañas.
Secáronse os castiñeiros.
Acabáronse os rapaces.
Quedan os mozos solteiros.
Non chas quero,
non chas quero,
castañas do teu magosto.
Non chas quero,
non chas quero,
que me cheiran a chamosco.
A castaña no ourizo,
quixo rir e rabeou.
Caeu do ourizo abaixo,
vaia toupa que levou.
Señora María,
Señor Manuel,
Castañas asadas
e viño con mel
e viño con mel
e viño con mel.
Señora María
Señor Manuel.
Aquí temos o magosto,
que viva a festa rachada.
Os meniños deste cole,
terán hoxe castañada.
Señora María,
Señor Manuel,
castañas asadas
e viño con mel
e viño con mel
e viño con mel.
Señora María
Señor Manuel.
REFRÁNS, DITOS, …
Polo San Martiño
trompos ao camiño.
Polo San Amaro
trompos ao faiado.
En San Martiño faise o magosto
con castañas asadas e viño ou mosto.
Polo San Simón pon o tapón.
Polo San Martiño proba o viño.
A chuvia no agosto non trae bo mosto,
nin bo magosto, nin bo entrecosto.
Polo San Martiño
todo mosto é bo viño.
Polo San Simón proba o viño
e o porco polo San Martiño.
Por San Martiño
cata o teu viño.
Antes do San Martiño, pan e viño.
Despois do San Martiño, fame e frío.
Polo San Martiño
planta o teu alliño.
Castañas, noces e viño
fan a ledicia do San Martiño.
Imos a San Martiño
a tirar trompos ao camiño.
A castaña maduriña,
ou cocida ou asadiña.
A castaña ten a maña
que se vai con quen a apaña.
Polo San Martiño
vai ver o teu soutiño.
Castañas no Nadal
saben ben e pártense mal.
Fíate das castañas asadas,
que, se estoupan, sáltanche á cara.
Por San Martiño
mata o teu porquiño.
Outono bonito,
folliñas no chan,
castañas asadas
que ricas están.
As castañas que despois de San Martiño
quedan no souto son do moucho.
Sen castañas
de visita non vaias.
A castaña no agosto quere arder
e no setembro, beber.
Xa sopra o vento,
chegou o momento,
cun amplo sorriso
regaña o ourizo.
- Como te chamas?
- Come castañas.
- E de apelido?
- Calco cocido.
Por San Martiño
nin fabas nin viño.
Deixa a auga e bebe viño
despois de San Martiño.
O día de San Martiño
proba o teu viño.
Do novo viño
proba un traguiño
polo San Martiño.
Por San Martiño
atesta o teu viño.
Auga de San Martiño
come pan e bebe viño.
Despois de San Martiño
vén o inverno de camiño.
A todo porco lle chega o seu San Martiño.
Se novembro empeza ben,
nada hai que temer.
Novembro acabado,
inverno empezado.
Polo San Martiño
castañas e bo viño.
O verán de San Martiño
son tres días e un pouquiño.
As castañas polo San Martiño
teñen sede e queren viño.
Con ricos magostos
e cantos fermosos,
feliz San Martiño,
farto e entretido.
En San Martiño
abre o pipote de viño.
Despois de San Martiño
vén o inverno de camiño.
Do novo viño
bota un traguiño
polo San Martiño.
Polo San Martiño
próbase o viño
e mátase o porquiño.
San Xoán garda a chave do pan,
San Martiño a do viño
e San Andrés a do porquiño.
Castañas e chourizos,
cun grolo de viño.
A castaña no ourizo
eu ben sei o que fai:
se é que está verde, madura;
se é que está madura, cae.

More Related Content

What's hot

LA CASTAÑA
LA CASTAÑALA CASTAÑA
LA CASTAÑATrock
 
"Porque é que os animais nao conduzem?"
"Porque é que os animais nao conduzem?""Porque é que os animais nao conduzem?"
"Porque é que os animais nao conduzem?"susana cruz
 
Pequeno azul-pequeno-amarelo
Pequeno azul-pequeno-amareloPequeno azul-pequeno-amarelo
Pequeno azul-pequeno-amarelo266446113
 
A girafa que_comia_estrelas[1]
A girafa que_comia_estrelas[1]A girafa que_comia_estrelas[1]
A girafa que_comia_estrelas[1]Elisabete Godinho
 
Powerpoint Lp Rosa Uma Corrida De Vassouras
Powerpoint Lp Rosa  Uma Corrida De VassourasPowerpoint Lp Rosa  Uma Corrida De Vassouras
Powerpoint Lp Rosa Uma Corrida De Vassourasyaleo
 
Jeu économie
Jeu économieJeu économie
Jeu économieCIPE
 

What's hot (12)

Conto de outono
Conto de outonoConto de outono
Conto de outono
 
Uma árvore no inverno
Uma árvore no invernoUma árvore no inverno
Uma árvore no inverno
 
LA CASTAÑA
LA CASTAÑALA CASTAÑA
LA CASTAÑA
 
A castanha
A castanhaA castanha
A castanha
 
"Porque é que os animais nao conduzem?"
"Porque é que os animais nao conduzem?""Porque é que os animais nao conduzem?"
"Porque é que os animais nao conduzem?"
 
Canções
CançõesCanções
Canções
 
Animais que hibernam
Animais que hibernamAnimais que hibernam
Animais que hibernam
 
Pequeno azul-pequeno-amarelo
Pequeno azul-pequeno-amareloPequeno azul-pequeno-amarelo
Pequeno azul-pequeno-amarelo
 
João pateta
João patetaJoão pateta
João pateta
 
A girafa que_comia_estrelas[1]
A girafa que_comia_estrelas[1]A girafa que_comia_estrelas[1]
A girafa que_comia_estrelas[1]
 
Powerpoint Lp Rosa Uma Corrida De Vassouras
Powerpoint Lp Rosa  Uma Corrida De VassourasPowerpoint Lp Rosa  Uma Corrida De Vassouras
Powerpoint Lp Rosa Uma Corrida De Vassouras
 
Jeu économie
Jeu économieJeu économie
Jeu économie
 

Similar to Adiviñas de outono.docx fondo negro

Similar to Adiviñas de outono.docx fondo negro (20)

Outono
OutonoOutono
Outono
 
Día de San Martiño. Literatura popular
Día de San Martiño. Literatura popularDía de San Martiño. Literatura popular
Día de San Martiño. Literatura popular
 
Tempo De Magostos - Celia Díaz Núñez
Tempo De Magostos - Celia Díaz NúñezTempo De Magostos - Celia Díaz Núñez
Tempo De Magostos - Celia Díaz Núñez
 
Refráns
RefránsRefráns
Refráns
 
A nosa amiga "A Castaña"
A nosa amiga "A Castaña"A nosa amiga "A Castaña"
A nosa amiga "A Castaña"
 
A nosa amiga "A Castaña"
A nosa amiga "A Castaña"A nosa amiga "A Castaña"
A nosa amiga "A Castaña"
 
A castaña
A castañaA castaña
A castaña
 
Power point a castaña
Power point a castañaPower point a castaña
Power point a castaña
 
A nosa amiga "A Castaña"
A nosa amiga "A Castaña"A nosa amiga "A Castaña"
A nosa amiga "A Castaña"
 
Coplas do Magosto
Coplas do Magosto Coplas do Magosto
Coplas do Magosto
 
Magosto
MagostoMagosto
Magosto
 
o magosto
o magostoo magosto
o magosto
 
o magosto
o magostoo magosto
o magosto
 
O Noso Refraneiro
O Noso RefraneiroO Noso Refraneiro
O Noso Refraneiro
 
Magosto
MagostoMagosto
Magosto
 
Os días das letras galegas
Os días das letras galegasOs días das letras galegas
Os días das letras galegas
 
COUSAS
COUSASCOUSAS
COUSAS
 
Coplas 2023.pdf
Coplas 2023.pdfCoplas 2023.pdf
Coplas 2023.pdf
 
Guía para a recollida da tradición oral da zona
Guía para a recollida da tradición oral da zonaGuía para a recollida da tradición oral da zona
Guía para a recollida da tradición oral da zona
 
O magosto
O magostoO magosto
O magosto
 

More from bibliotecadocole (20)

programa familias.pdf
programa familias.pdfprograma familias.pdf
programa familias.pdf
 
Triptico axouxeres
Triptico axouxeresTriptico axouxeres
Triptico axouxeres
 
Coplas 2021
Coplas 2021Coplas 2021
Coplas 2021
 
Coplas 2021
Coplas 2021Coplas 2021
Coplas 2021
 
O papagaio 8 maio 2020
O papagaio 8   maio 2020O papagaio 8   maio 2020
O papagaio 8 maio 2020
 
Presentacion abellas
Presentacion abellasPresentacion abellas
Presentacion abellas
 
Presentación abellas
Presentación abellasPresentación abellas
Presentación abellas
 
Papagaio7 abril 2020 dixital
Papagaio7  abril 2020 dixitalPapagaio7  abril 2020 dixital
Papagaio7 abril 2020 dixital
 
Coplas 2020
Coplas 2020Coplas 2020
Coplas 2020
 
Folleto programainfantilculturgal2019
Folleto programainfantilculturgal2019Folleto programainfantilculturgal2019
Folleto programainfantilculturgal2019
 
Folleto programainfantilculturgal2019
Folleto programainfantilculturgal2019Folleto programainfantilculturgal2019
Folleto programainfantilculturgal2019
 
Razas
RazasRazas
Razas
 
Proxecto Cans
Proxecto CansProxecto Cans
Proxecto Cans
 
Festival letras 2019
Festival letras 2019Festival letras 2019
Festival letras 2019
 
Coplas entroido 2019
Coplas entroido 2019Coplas entroido 2019
Coplas entroido 2019
 
madruga
madrugamadruga
madruga
 
Letras Galegas 2018
Letras Galegas 2018Letras Galegas 2018
Letras Galegas 2018
 
Publicación1
Publicación1Publicación1
Publicación1
 
Día da ciencia 2017
Día da ciencia 2017Día da ciencia 2017
Día da ciencia 2017
 
Día da ciencia 2017
Día da ciencia 2017Día da ciencia 2017
Día da ciencia 2017
 

Adiviñas de outono.docx fondo negro

  • 1. Adiviñas, Cantigas, Ditos e refráns De outono C.E.I.P. Quintela – moaña Equipo de Dinamización da lingua galega
  • 2. ADIVIÑAS Alto me miro. Color de ouro teño. Por unha risada perdín canto teño. (o ourizo) Unha cousiña, criada no monte, enxoita na casa e cómese sen taxa. ( a castaña) Alto pimpín, ruín cabaleiro, rómpelle a bolsa e cae o diñeiro. (o ourizo)
  • 3. Alta estou, ladrón vexo vir. Do meu carapucho, non podo fuxir. (a castaña) Ten pelexo como a xente. E é moi boa para comer. Chega polo mes de Santos e todo o ano a tés. (a castaña) Alto está e barbas ten. Ri e guinda o que contén. (o ourizo) No aire se cría, no aire se ten; bota unha risada e perde o que ten. (o ourizo)
  • 4. Brancas por dentro. Que boas están! Son froitos moi secos que o outono nos dá. (as castañas) Alto vivo, se me mira a xente e río, quedo sen dente. (o ourizo) En alto nacín, entre a terra e o ceo; se algunha vez me río téñocho todo perdido. (o ourizo)
  • 5. Para que eu baile póñenme a capa, porque sen capa non podo bailar. Para que eu baile tíranme a capa, porque con capa non podo bailar. (a buxaina) Está en mes e non en tres. Repítome tres veces en castaña. Son a primeira letra de gusto. Son a última letra da frase anterior. Quedo no medio de festa. Aparezo no souto e desaparezo en soubo. Son a letra que se repite en outono. (magosto)
  • 6. Cal é a cousa, cal é ela, ten tres capas de inverno: a primeira mete medo, a segunda é lustrosa e a terceira é amargosa? ( a castaña ) Altos pais, peludas nais, fillos con peles; adiviña se queres. (castiñeiros, ourizos, castaña) Alta estou, capotiño teño; vén o vento e non o deteño. ( a castaña no ourizo)
  • 7. Son branca e non son de papel, son verde e non son limón, son vermella e non son sangue, son negra e non son carbón. (a castaña) CANTIGAS Acabáronse as vendimas e veñen as esfolladas; para comer coas mazás catro castañas asadas. Acabáronse as castañas. Secáronse os castiñeiros. Acabáronse os rapaces. Quedan os mozos solteiros.
  • 8. Non chas quero, non chas quero, castañas do teu magosto. Non chas quero, non chas quero, que me cheiran a chamosco. A castaña no ourizo, quixo rir e rabeou. Caeu do ourizo abaixo, vaia toupa que levou. Señora María, Señor Manuel, Castañas asadas e viño con mel e viño con mel e viño con mel. Señora María Señor Manuel. Aquí temos o magosto, que viva a festa rachada.
  • 9. Os meniños deste cole, terán hoxe castañada. Señora María, Señor Manuel, castañas asadas e viño con mel e viño con mel e viño con mel. Señora María Señor Manuel. REFRÁNS, DITOS, … Polo San Martiño trompos ao camiño. Polo San Amaro trompos ao faiado. En San Martiño faise o magosto con castañas asadas e viño ou mosto.
  • 10. Polo San Simón pon o tapón. Polo San Martiño proba o viño. A chuvia no agosto non trae bo mosto, nin bo magosto, nin bo entrecosto. Polo San Martiño todo mosto é bo viño. Polo San Simón proba o viño e o porco polo San Martiño. Por San Martiño cata o teu viño. Antes do San Martiño, pan e viño. Despois do San Martiño, fame e frío. Polo San Martiño planta o teu alliño.
  • 11. Castañas, noces e viño fan a ledicia do San Martiño. Imos a San Martiño a tirar trompos ao camiño. A castaña maduriña, ou cocida ou asadiña. A castaña ten a maña que se vai con quen a apaña. Polo San Martiño vai ver o teu soutiño. Castañas no Nadal saben ben e pártense mal. Fíate das castañas asadas, que, se estoupan, sáltanche á cara.
  • 12. Por San Martiño mata o teu porquiño. Outono bonito, folliñas no chan, castañas asadas que ricas están. As castañas que despois de San Martiño quedan no souto son do moucho. Sen castañas de visita non vaias. A castaña no agosto quere arder e no setembro, beber. Xa sopra o vento, chegou o momento, cun amplo sorriso regaña o ourizo.
  • 13. - Como te chamas? - Come castañas. - E de apelido? - Calco cocido. Por San Martiño nin fabas nin viño. Deixa a auga e bebe viño despois de San Martiño. O día de San Martiño proba o teu viño. Do novo viño proba un traguiño polo San Martiño. Por San Martiño atesta o teu viño.
  • 14. Auga de San Martiño come pan e bebe viño. Despois de San Martiño vén o inverno de camiño. A todo porco lle chega o seu San Martiño. Se novembro empeza ben, nada hai que temer. Novembro acabado, inverno empezado. Polo San Martiño castañas e bo viño. O verán de San Martiño son tres días e un pouquiño. As castañas polo San Martiño teñen sede e queren viño.
  • 15. Con ricos magostos e cantos fermosos, feliz San Martiño, farto e entretido. En San Martiño abre o pipote de viño. Despois de San Martiño vén o inverno de camiño. Do novo viño bota un traguiño polo San Martiño. Polo San Martiño próbase o viño e mátase o porquiño. San Xoán garda a chave do pan, San Martiño a do viño e San Andrés a do porquiño.
  • 16. Castañas e chourizos, cun grolo de viño. A castaña no ourizo eu ben sei o que fai: se é que está verde, madura; se é que está madura, cae.