SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 2
Baixar para ler offline
Viaxamos polos dereitos da infancia
no mundo
DDííaa ddooss DDeerreeiittooss ddaa IInnffaanncciiaa
2200 ddee nnoovveemmbbrroo::
Infantil
Propoñemos traballar os dereitos da infancia desde a perspectiva de xénero. Utilizamos como fío
condutor un tren de valores, cuxas paradas nos achegan á consecución dos dereitos de dous xe-
melgos.
Grazas ao esforzo conxunto recuperarán a identidade, a alegría e moitos soños.
Todos e todas unidos podemos emprender a viaxe máis marabillosa, aquela cuxa meta consiste na
igualdade de dereitos de todos os nenos e nenas.
OBXECTIVOS
• Aproximarse aos dereitos que teñen os nenos e as nenas do mundo e valorar a súa importancia co fin de
que crezan sendo felices.
• Fomentar a corresponsabilidade e a participación cidadá desde a vivencia positiva de implicar tanto a nenos
coma a nenas no goce de dereitos recoñecidos.
DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE
Propoñemos traballar os dereitos da infancia desde a perspectiva de xénero.
Para iso, previamente á actividade, o educador ou educadora prepara dous tipos de debuxos para repartir na
clase: un debuxo de neno e outro de nena.
Cando chegue o momento de executar a actividade o educador ou educadora pon o cartel co debuxo do tren
no encerado e debuxa unha vía con tres paradas:
Nome, Xogo e Escola
A continuación a profesora explícalles que coñeceu un neno e unha nena, son xemelgos e veñen dun lugar
moi bonito que se chama Cidade Planeta. Están aquí porque tiveron un problema na viaxe á terra: perderon
os seus dereitos en diferentes lugares do mundo. Agora pídennos que os acompañemos nunha viaxe moi
divertida, na que ademais aprenderemos cales son os dereitos dos nenos e nenas do mundo. Viaxaremos
en tren e iremos parando cando atopemos un dereito perdido.
O neno e a nena son xemelgos e gústalles moito ir xuntos.
Neste momento repártense os debuxos; a cada nena dáselle un de neno e viceversa.
Unha vez repartidos comeza a viaxe.
Para que sexa máis divertida, cada vez que teñen que facer unha parada colócanse formando un trenciño e
dan unha volta á clase ata que volven sentarse no seu sitio.
Parada número 1: Dereito a ter un nome.
O primeiro que perderon os xemelgos foi o nome e a cor; polo tanto o primeiro que cómpre facer é colorealos
para que recuperen a alegría e mais darlles un nome.
Cada neno e nena comparte o nome do seu debuxo e coloréao ao seu gusto.
Parada número 2: Dereito a xogar.
Entre todos teñen que ensinarlles un xogo, un baile ou unha canción para que poidan divertirse.
Parada número 3: Dereito a ir á escola.
Para que poidan aprender moitas cousas e nunca máis perdan os seus dereitos, debuxámoslles as cousas que
precisan para aprender: libros, materiais, escola, educador, educadora, compañeiros, compañeiras. Primeiro
poden facer unha listaxe entre todos e todas coas cousas que necesitan e despois pintarlles as que máis lles
gusten.
Xesto
A última parada é o dereito a vivir xuntos e felices, construíndo entre todos e todas un mundo de paz. Para
iso cada neno e nena pega o seu debuxo no peito e sae da clase simulando un trenciño para xuntarse no
patio co resto das clases e facer unha cadea ou tren xigante onde todos e todas se unan polos dereitos dos
demais.
Pódese berrar algunha consigna como: Xuntos polos dereitos de nenos e nenas no mundo.
RECURSOS
• Encerado, xiz, debuxo dun neno para colorear, debuxo dunha nena para colorear, cartel con paradas de tren
debuxadas, lapis de cores, cinta adhesiva para colgarse os debuxos se fan o xesto.
Celebramos o Día dos Dereitos da Infancia cun exercicio de análise e creación de iniciativas, pro-
xectos e actividades para mellorar a situación dos dereitos dos nenos, das nenas e da mocida-
de no mundo. Queremos achegarnos ao significado destes dereitos desde situacións concretas
do mundo e descubrir a capacidade que temos todos e todas de defendelos, promovelos e fa-
celos realidade.
OBXECTIVOS
• Identificar os tipos de dereitos nos que se divide a Convención de Dereitos da Infancia.
• Crear alternativas, ideas e propostas para que poidan cumprirse os Dereitos da Infancia.
DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE
O educador ou educadora comeza cunha explicación breve dos Dereitos da Infancia. Divídese a clase en
catro grupos e entrégase a cada un dos grupos as tarxetas con 4 dereitos que poden ser extraídos da acti-
vidade de bacharelato (vagóns de dereitos).
Cada grupo debe reflexionar sobre un dos casos propostos a continuación. A partir do debate e da reflexión
conxunta, os grupos deben propoñer ideas e iniciativas que fagan posible responder e asegurar os
dereitos recoñecidos. As propostas que cada un dos grupos elabore para traballar polos dereitos de cada
caso, represéntanas nun “vagón” (unha cartolina con forma de vagón) que permitirá a cada grupo expoñer
aos demais o traballo realizado, así como facer un acto final conxunto no que os vagóns se xunten e poidan
percorrer o mundo polos dereitos recoñecidos.
Ideas para a elaboración dos vagóns. Utilizando a simboloxía do vagón, os grupos exporán as súas inicia-
tivas nas partes dos vagóns: ventás, rodas, fume. Nos xornais e suplementos dominicais da prensa escrita
obtéñense moitas fotografías e novas relacionadas cos Dereitos da Infancia que podedes ofrecer para rea-
lizar a actividade. Unha vez que os catro grupos presentasen os seus vagóns ao resto da clase, xúntase todo
o alumnado formando un tren e acoden ao patio onde colgan os vagóns e deseñan uns raís formados polos
valores necesarios para que o tren dos dereitos sexa realidade: compromiso, xustiza, solidariedade, dignida-
de e outros.
Comisión de expertos e expertas A: Caso A
Nunha nova pequena localidade rural, creada grazas a que moita xente decidiu volver vivir na aldea, están
creando un instituto para o alumnado de secundaria. Existe un grupo interesado en poder achegar ideas tanto
para a construción do instituto coma para a súa organización. Queren que haxa espazos no centro educativo
onde puidesen decidir, así como posibilidades de ser tidos en conta para cuestións da localidade.
Que dereitos son os que queren exercer este grupo de rapaces e rapazas? Que tipo de proxectos queredes
levar a cabo dentro do centro para que o alumnado teña representación? Como se deben tomar as deci-
sións no centro? Parécevos importante que a mocidade decida tamén sobre asuntos e problemas da loca-
lidade? Que ideas tedes para que participen dun xeito igualitario tanto rapazas coma rapaces? Colocade
no voso vagón as ideas e iniciativas para acadar os dereitos recoñecidos.
Comisión de expertos e expertas B: Caso B
Binta é unha rapaza de 13 anos que vive nunha gran cidade con seu pai, súa nai e mais tres irmás e dous
irmáns. Os seus días céntranse no coidado de irmáns e irmás, e na realización das comidas para toda a fami-
lia, polo que non lle queda tempo para ir á escola. A súa familia considera que o máis importante é que Binta
aprenda a ser unha “boa muller e nai” máis ca recibir educación e saber ler e escribir. A vivencia de Binta
non é extraordinaria na súa cidade, posto que a maioría das nenas están traballando dentro da casa no coi-
dado de toda a familia sen ir á escola. Fonte: Binta e a grande idea.
O voso grupo é unha comisión que ten que sensibilizar sobre a importancia da educación das nenas, posto
que numerosos estudos amosan que cando as nenas estiveron escolarizadas e saben ler e escribir, a saúde
dos fillos e fillas e do resto da familia mellora. Igualmente, as nenas que recibiron educación poden desen-
volver un mellor traballo e conseguir mellores condicións laborais. Realizade o voso vagón co obxectivo de
argumentar e defender a importancia e a relevancia que ten para as familias e comunidades o feito de que as
nenas reciban educación.
Comisión de expertos e expertas C: Caso C
Flor é irmá de Leo e ambos viven nunha poboación rural na que hai uns días comezou un conflito armado a
partir de enfrontamentos violentos entre diferentes grupos da zona. Tiveron que fuxir á cidade por medo a
ser secuestrados; el para ser soldado e ela para ser menor soldado e escrava sexual.
A que tipos de dereitos fai referencia? Que accións e proxectos poden desenvolver os gobernos? Como
membros da cidadanía, podemos realizar iniciativas para informar desta problemática? Podemos colaborar e
apoiar para que non existan menores soldado nos conflitos? Podedes atopar máis información na páxina
web de “Campaña contra uso Menores Soldado” www.menoressoldados.org.
Comisión de expertos e expertas D: Caso D
Estrella, unha rapaza de 13 anos, vive nunha gran cidade con toda a familia. Desde hai uns días seu irmán
pequeno está moi enfermo, pero non o levaron ao hospital máis próximo porque, ao ser privado, custa moi-
tos cartos tanto a visita coma a medicación. Estrella está moi triste e preocupada ao descubrir que hai hos-
pitais gratuítos na cidade, pero que os hospitais de calidade son privados.
Cal é o principal problema do caso? A que dereitos fai referencia o caso? Que iniciativas e proxectos pode-
mos levar a cabo ante esta situación? Elaborade o voso vagón sobre a importancia do dereito á sanidade
e sobre o que gobernos e a sociedade podemos facer para que se alcance este dereito.
Xesto: Unha viaxe polos dereitos da infancia
Axenda de accións: propoñemos elixir un ou dous momentos ao longo do curso nos que como grupo se
comprometan a dar a coñecer no centro ou no barrio algún aspecto relacionado co traballado.
RECURSOS
• Tarxetas cos dereitos, tarxetas cos casos, cartolinas, pegamento, tesoiras, xornais, revistas…
Propoñemos traballar os dereitos da infancia desde a perspectiva de xénero. Utilizamos como fío
condutor un tren de valores, cuxas paradas nos achegan á consecución dos dereitos de dous xe-
melgos.
Grazas ao esforzo conxunto recuperarán a identidade, a alegría e moitos soños.
Todos e todas unidos podemos emprender a viaxe máis marabillosa, aquela cuxa meta consiste na
igualdade de dereitos de todos os nenos e nenas.
OBXECTIVOS
• Achegar os dereitos que teñen os nenos e as nenas do mundo.
• Traballar a equidade de xénero como eixo transversal.
• Fomentar a participación cidadá desde o descubrimento da responsabilidade de todos e todas en que os
dereitos recoñecidos se cumpran.
DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE
Propoñemos unha actividade para traballar os dereitos de nenos e nenas usando como eixo transversal a
equidade de xénero.
Para iso, previamente á actividade, a profesora pon un cartel co debuxo do tren no encerado e debuxa unha
vía de tren con catro paradas:
Nome, Xogo, Familia e Escola
A continuación a profesora explícalles que coñeceu un neno e unha nena, son xemelgos e veñen dun lugar moi
bonito que se chama Cidade Planeta. Están aquí porque tiveron un problema na viaxe á terra: perderon os seus
dereitos en diferentes lugares do mundo. Agora pídennos que os acompañemos nunha viaxe moi divertida,
na que ademais aprenderemos cales son os dereitos dos nenos e nenas do mundo. Viaxaremos en tren e ire-
mos parando cando atopemos un dereito perdido.
O neno e a nena son xemelgos, así que están afeitos a ir xuntos; para que non se sintan sós, cada nena da clase
acompañará ao neno e cada neno á nena.
O primeiro que teñen que facer é debuxalos para así telos máis presentes.
Unha vez repartidos comeza a viaxe.
Parada número 1: Dereito a ter un nome.
O primeiro que perderon os xemelgos foi o nome; polo tanto o primeiro que cómpre facer é dárllelo. Cada neno
e cada nena comparte o nome do seu xemelgo no debuxo.
Parada número 2: Dereito a xogar.
Entre todos teñen que ensinarlles un xogo, un baile ou unha canción para que poidan divertirse.
Parada número 3: Dereito a unha familia.
Para que os nenos non volvan estar sós debuxámolos a carón de xente que os queira: pais, irmáns, amigos,
avoas.
Parada número 4: Dereito a ir á escola.
Para que poidan aprender moitas cousas e nunca máis perdan os seus dereitos, debuxámoslles as cousas que
precisan para aprender: libros, materiais, unha escola, compañeiros e compañeiras, educadores e educadoras.
Primeiro poden poñerse de acordo nesas cousas que precisan.
Conclusión: Os nenos e as nenas teñen os mesmos dereitos en todo o mundo, e cómpre estar moi pendentes
de que todos poidan gozar deles.
Xesto
A última parada é o dereito a vivir xuntos e felices, construíndo entre todos e todas un mundo de paz. Para
iso cada neno pégase o debuxo no peito e sae da clase simulando un trenciño, para xuntarse no patio co
resto das clases e facer unha cadea ou tren xigante onde todos estean unidos polos dereitos dos demais.
Pódese berrar algunha consigna como: Xuntos polos dereitos de nenos e nenas.
RECURSOS
• Encerado, xiz, lapis de cores, mural coas paradas de tren, cinta adhesiva para colgarse os debuxos se fan
o xesto.
No Día dos Dereitos dos Nenos, das Nenas e da Mocidade (día do aniversario da aprobación da
Convención de Dereitos da Infancia en 1989), propuxemos na aula un traballo de análise e crea-
ción de iniciativas, proxectos e actividades para mellorar a situación dos dereitos de nenos, ne-
nas e da mocidade no mundo. Todos estes dereitos teñen o obxectivo de asegurar que teñan
unha infancia e adolescencia feliz e sa, e os gobernos de todos os países, as institucións e todas
as persoas temos que estar comprometidos en que sexan realidade estes dereitos para todos
e todas.
OBXECTIVOS
• Coñecer, afondar e reflexionar sobre os tipos de dereitos que forman a Convención de Dereitos da Infancia.
• Analizar e presentar iniciativas para mellorar a situación de nenos e nenas a partir do traballo con casos
e situacións onde teñen vulnerados os seus dereitos.
DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE
O traballo de investigación e reflexión que realiza cada grupo terá que ser exposto “nun vagón de tren”: nunha
cartolina debuxan un inmenso vagón no que escriben as ideas e propostas para posteriormente compartilas
cos demais grupos. Unha vez que os catro grupos expuxesen os seus vagóns, teñen que enlazalos para así
crear un tren que percorra o mundo polos dereitos de todos e todas. Para enlazar os vagóns deben colocar
o nome dos valores entre eles para que sexa realidade o tren.
En primeiro lugar imos facer catro grupos porque os artigos que forman a Convención dos Dereitos da In-
fancia estrutúranse e agrúpanse en catro seccións: dereitos de participación, dereitos de desenvolvemento,
dereitos de protección, dereitos de supervivencia.
Cada grupo de traballo está formado por unha comisión de expertos de Nacións Unidas que, a partir da
información proporcionada e de datos obtidos de xornais, revistas e suplementos de diarios, reflexiona sobre
os dereitos e presenta proxectos e iniciativas para mellorar a aplicación deses dereitos. As conclusións e
iniciativas expóñense nun vagón que representa cada un dos catro tipos de dereitos.
Vagón Dereito a participar: Dereito a ser escoitado e escoitada, a que as opinións propias sexan tidas en
conta e a defender os dereitos propios. Dereito á asociación e dereito a pedir e recibir información. Considé-
rase que os nenos, as nenas e a mocidade deben ter a oportunidade para poder reivindicar e expresar o que
consideran importante.
Que espazos de participación existen no voso centro educativo: consello escolar, delegados e delegadas,
outros? Que número de rapaces e rapazas participan? Que postos ocupan rapaces e rapazas? Que aso-
ciacións e grupos hai no voso centro? Que número de rapaces e rapazas participan? Que postos ocupan
rapaces e rapazas? En que espazos tomades decisións e sodes escoitados e escoitadas? Elaborade a
partir destas reflexións e co material de xornais e revistas un vagón-collage con ideas e iniciativas para tra-
ballar por estes dereitos.
Vagón Dereito de desenvolvemento: Contempla o dereito a vivir canda a familia, a non ser separado
dela. Son os dereitos para crecer nas facetas moral, espiritual e social. Contemplan o dereito a xogar, a ter
amizades, así como o dereito á educación gratuíta e de calidade para todos e todas. Dereito a seguir man-
tendo a identidade cultural propia, a ter a relixión e crenzas propias e a desenvolverse segundo a elección
persoal.
O traballo da vosa comisión de expertos é analizar o dereito á educación para nenos e nenas no mundo:
A educación é un dereito real para todos os nenos e nenas no mundo? En todos os países van por igual
nenos e nenas ás escolas? A que se debe que vaian menos nenas á escola? Na páxina www.cme-espana.org,
en xornais e revistas de actualidade podedes obter máis información e utilizar datos e fotos para elaborar
as vosas conclusións e iniciativas no vagón debuxado.
Vagón Dereitos de protección: Refírese aos labores de prevención e resposta á violencia, a explotación
e o abuso contra nenos e nenas. En contextos de violencia e conflito armado moitos nenos e nenas son
secuestrados para formar parte dos grupos armados e violentos. Nestas situacións, as nenas presentan
dobre vulnerabilidade, posto que son utilizadas como soldados así como escravas domésticas e sexuais.
A vosa comisión debe expoñer unha análise da situación do que acontece a partir de información obtida en
www.menoressoldados.org así como con datos obtidos de revistas dominicais e fotos. No vagón elaborado
tamén podedes presentar as iniciativas que se levan a cabo para o “Desarme-Desmobilización-Reinserción”
de nenas soldado.
Vagón Dereito á supervivencia: Contempla o dereito á vida e á supervivencia, ao máis alto nivel de saúde
e nutrición, á seguridade social e a un nivel de vida adecuado para o desenvolvemento físico, mental, espi-
ritual, moral e social. O dereito á supervivencia subliña a importancia fundamental que significa asegurar o
acceso aos servizos básicos de saúde. Tamén se subliña a igualdade de oportunidades entre nenos e nenas
para o acceso á saúde, aos medicamentos e a unha alimentación diaria variada e equilibrada.
Na vosa comisión tedes que reflexionar e analizar o dereito á alimentación no mundo. Atopamos moitos luga-
res nos que hai fames e escaseza de alimentos. Nestas situacións as nenas reciben alimentación de menor
calidade porque as familias cren que é máis importante ter os nenos alimentados ca as nenas. Mais son as
nenas e as mozas as que traballan no coidado do fogar, de irmáns e irmás, e teñen traballos produtivos
(campo, coidado de animais, comercio) para colaborar na economía das familias. A partir da información e
de fotos en xornais e revistas, podedes atopar moitos exemplos de nenas e mozas que padecen unha situa-
ción de discriminación en moitos países do mundo. Con todo iso elaborade o voso cartel e creade iniciativas
e proxectos que poidan acabar con estas situacións de desigualdade para nenas e mozas.
Xesto: Unha viaxe polos dereitos da infancia
Axenda de accións: propoñemos elixir un ou dous momentos ao longo do curso nos que como grupo se
comprometan a dar a coñecer no centro ou no barrio algún aspecto relacionado co que se traballou.
RECURSOS
• Tarxetas cos dereitos, tarxetas cos casos, cartolinas, pegamento, tesoiras, xornais, revistas…
Primaria
Secundaria
Bacharelato
viaxamos polos dereitos da infancia no mundo
viaxamos polos dereitos da infancia no mundo
viaxamos polos dereitos da infancia no mundo
viaxamos polos dereitos da infancia no mundo
Coordinadora de Sensibilización: Raquel Martín. Departamento de Educación para o Desenvolvemento: Irene Ortega. Coordinación
da proposta: Mª Luisa Caparrós. Autoría: Jessica García e Pilar Domínguez. Coordinación de produción: Cristina Fernández e
Blanca Bonnelly. Deseño e arte gráfica: Maribel Vázquez. Tradución: Reverso Comunicación, Cultura e Lingua. Entreculturas 2010.

Mais conteúdo relacionado

Semelhante a Día d dereitos infancia

Bloque musica-de-cores-gal
Bloque musica-de-cores-galBloque musica-de-cores-gal
Bloque musica-de-cores-gal
satelite1
 
Dossier de prensa_cme2015
Dossier de prensa_cme2015Dossier de prensa_cme2015
Dossier de prensa_cme2015
satelite1
 
Dereitos dos nen@s 2013
Dereitos dos nen@s 2013Dereitos dos nen@s 2013
Dereitos dos nen@s 2013
Yolanda Castro
 

Semelhante a Día d dereitos infancia (20)

Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14
Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14
Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14
 
Bloque musica-de-cores-gal
Bloque musica-de-cores-galBloque musica-de-cores-gal
Bloque musica-de-cores-gal
 
Folleto aprendizaxe-servizo familias gal
Folleto aprendizaxe-servizo familias galFolleto aprendizaxe-servizo familias gal
Folleto aprendizaxe-servizo familias gal
 
Pleno Infantil: dereito á participación
Pleno Infantil: dereito á participaciónPleno Infantil: dereito á participación
Pleno Infantil: dereito á participación
 
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
 
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
 
Dossier de prensa_cme2015
Dossier de prensa_cme2015Dossier de prensa_cme2015
Dossier de prensa_cme2015
 
Ollos de aula. Nº 9
Ollos de aula. Nº 9Ollos de aula. Nº 9
Ollos de aula. Nº 9
 
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Obxectivo igualdadepazo
Obxectivo igualdadepazoObxectivo igualdadepazo
Obxectivo igualdadepazo
 
Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)
 
Publicación paxina web quérote (1)
Publicación paxina web quérote (1)Publicación paxina web quérote (1)
Publicación paxina web quérote (1)
 
Dereitos dos nen@s 2013
Dereitos dos nen@s 2013Dereitos dos nen@s 2013
Dereitos dos nen@s 2013
 
Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15
Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15
Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15
 
Unicef educa-edag-actividade-por-todos-os-meus-companeiros
Unicef educa-edag-actividade-por-todos-os-meus-companeirosUnicef educa-edag-actividade-por-todos-os-meus-companeiros
Unicef educa-edag-actividade-por-todos-os-meus-companeiros
 
Muller con i de igualdade
Muller con i de igualdadeMuller con i de igualdade
Muller con i de igualdade
 
Muller escríbese con «i» de igualdade
Muller escríbese con «i» de igualdadeMuller escríbese con «i» de igualdade
Muller escríbese con «i» de igualdade
 
"A escola tiña que ser o espazo para desmontar toda esa arquitectura da exclu...
"A escola tiña que ser o espazo para desmontar toda esa arquitectura da exclu..."A escola tiña que ser o espazo para desmontar toda esa arquitectura da exclu...
"A escola tiña que ser o espazo para desmontar toda esa arquitectura da exclu...
 
Proposta didactica-para-secundaria
Proposta didactica-para-secundariaProposta didactica-para-secundaria
Proposta didactica-para-secundaria
 
Manifesto 2018 adaptado rev
Manifesto 2018 adaptado revManifesto 2018 adaptado rev
Manifesto 2018 adaptado rev
 

Mais de Yolanda Castro

Mais de Yolanda Castro (20)

CHROMA KEY. UN RECURSO PARA O AUDIOVISUAL
CHROMA KEY. UN RECURSO PARA O AUDIOVISUALCHROMA KEY. UN RECURSO PARA O AUDIOVISUAL
CHROMA KEY. UN RECURSO PARA O AUDIOVISUAL
 
BOOK TRAILER UNHA ESTRATEXIA  DE ANIMACIÓN Á LECTURA
BOOK TRAILER UNHA ESTRATEXIA DE ANIMACIÓN Á LECTURABOOK TRAILER UNHA ESTRATEXIA DE ANIMACIÓN Á LECTURA
BOOK TRAILER UNHA ESTRATEXIA  DE ANIMACIÓN Á LECTURA
 
Carballo Calero. Letras Galegas 2020. Carteis secundaria
Carballo Calero. Letras Galegas 2020. Carteis secundariaCarballo Calero. Letras Galegas 2020. Carteis secundaria
Carballo Calero. Letras Galegas 2020. Carteis secundaria
 
Carballo Calero. Letras Galegas 2020
Carballo Calero. Letras Galegas 2020Carballo Calero. Letras Galegas 2020
Carballo Calero. Letras Galegas 2020
 
Bases concurso microrrelatos
Bases concurso microrrelatosBases concurso microrrelatos
Bases concurso microrrelatos
 
través del podes desatar a túa imaxinación
 través del podes desatar a túa imaxinación través del podes desatar a túa imaxinación
través del podes desatar a túa imaxinación
 
Manifesto no Día dos Dereitos dos Nen@s e en contra la Violencia de Xénero.
Manifesto no Día dos Dereitos dos Nen@s e en contra la Violencia de Xénero.Manifesto no Día dos Dereitos dos Nen@s e en contra la Violencia de Xénero.
Manifesto no Día dos Dereitos dos Nen@s e en contra la Violencia de Xénero.
 
Manifesto carreira solidaria 2019. cpi virxe da cela
Manifesto carreira solidaria 2019. cpi virxe da celaManifesto carreira solidaria 2019. cpi virxe da cela
Manifesto carreira solidaria 2019. cpi virxe da cela
 
La silla roja cuento ilustrado
La silla roja cuento ilustradoLa silla roja cuento ilustrado
La silla roja cuento ilustrado
 
The red chair
The red chairThe red chair
The red chair
 
A cadeira vermella conto ilustrado
A cadeira vermella conto ilustradoA cadeira vermella conto ilustrado
A cadeira vermella conto ilustrado
 
Revista albares 2019
Revista albares 2019Revista albares 2019
Revista albares 2019
 
Plantilla percorrido de santiago
Plantilla percorrido de santiagoPlantilla percorrido de santiago
Plantilla percorrido de santiago
 
Unidade didactica entroido
Unidade didactica entroidoUnidade didactica entroido
Unidade didactica entroido
 
Monfero manifesto paz 2019
Monfero manifesto paz 2019Monfero manifesto paz 2019
Monfero manifesto paz 2019
 
Ecoactive por Pablo y Marta
Ecoactive por Pablo y MartaEcoactive por Pablo y Marta
Ecoactive por Pablo y Marta
 
My reflection about the erasmus to croatia
My reflection about the erasmus to croatiaMy reflection about the erasmus to croatia
My reflection about the erasmus to croatia
 
My experience learning about ecology in croatia
My experience learning about ecology in croatiaMy experience learning about ecology in croatia
My experience learning about ecology in croatia
 
Programa xx asamblea red de centros solidarios. cpi Virxe da Cela. Monfero
Programa xx asamblea red de centros solidarios. cpi Virxe da Cela. MonferoPrograma xx asamblea red de centros solidarios. cpi Virxe da Cela. Monfero
Programa xx asamblea red de centros solidarios. cpi Virxe da Cela. Monfero
 
Manifesto Día Internacional contra a Violencia de Xénero
Manifesto Día Internacional contra a Violencia de XéneroManifesto Día Internacional contra a Violencia de Xénero
Manifesto Día Internacional contra a Violencia de Xénero
 

Último

Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 

Último (11)

a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na rede
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 

Día d dereitos infancia

  • 1. Viaxamos polos dereitos da infancia no mundo DDííaa ddooss DDeerreeiittooss ddaa IInnffaanncciiaa 2200 ddee nnoovveemmbbrroo::
  • 2. Infantil Propoñemos traballar os dereitos da infancia desde a perspectiva de xénero. Utilizamos como fío condutor un tren de valores, cuxas paradas nos achegan á consecución dos dereitos de dous xe- melgos. Grazas ao esforzo conxunto recuperarán a identidade, a alegría e moitos soños. Todos e todas unidos podemos emprender a viaxe máis marabillosa, aquela cuxa meta consiste na igualdade de dereitos de todos os nenos e nenas. OBXECTIVOS • Aproximarse aos dereitos que teñen os nenos e as nenas do mundo e valorar a súa importancia co fin de que crezan sendo felices. • Fomentar a corresponsabilidade e a participación cidadá desde a vivencia positiva de implicar tanto a nenos coma a nenas no goce de dereitos recoñecidos. DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE Propoñemos traballar os dereitos da infancia desde a perspectiva de xénero. Para iso, previamente á actividade, o educador ou educadora prepara dous tipos de debuxos para repartir na clase: un debuxo de neno e outro de nena. Cando chegue o momento de executar a actividade o educador ou educadora pon o cartel co debuxo do tren no encerado e debuxa unha vía con tres paradas: Nome, Xogo e Escola A continuación a profesora explícalles que coñeceu un neno e unha nena, son xemelgos e veñen dun lugar moi bonito que se chama Cidade Planeta. Están aquí porque tiveron un problema na viaxe á terra: perderon os seus dereitos en diferentes lugares do mundo. Agora pídennos que os acompañemos nunha viaxe moi divertida, na que ademais aprenderemos cales son os dereitos dos nenos e nenas do mundo. Viaxaremos en tren e iremos parando cando atopemos un dereito perdido. O neno e a nena son xemelgos e gústalles moito ir xuntos. Neste momento repártense os debuxos; a cada nena dáselle un de neno e viceversa. Unha vez repartidos comeza a viaxe. Para que sexa máis divertida, cada vez que teñen que facer unha parada colócanse formando un trenciño e dan unha volta á clase ata que volven sentarse no seu sitio. Parada número 1: Dereito a ter un nome. O primeiro que perderon os xemelgos foi o nome e a cor; polo tanto o primeiro que cómpre facer é colorealos para que recuperen a alegría e mais darlles un nome. Cada neno e nena comparte o nome do seu debuxo e coloréao ao seu gusto. Parada número 2: Dereito a xogar. Entre todos teñen que ensinarlles un xogo, un baile ou unha canción para que poidan divertirse. Parada número 3: Dereito a ir á escola. Para que poidan aprender moitas cousas e nunca máis perdan os seus dereitos, debuxámoslles as cousas que precisan para aprender: libros, materiais, escola, educador, educadora, compañeiros, compañeiras. Primeiro poden facer unha listaxe entre todos e todas coas cousas que necesitan e despois pintarlles as que máis lles gusten. Xesto A última parada é o dereito a vivir xuntos e felices, construíndo entre todos e todas un mundo de paz. Para iso cada neno e nena pega o seu debuxo no peito e sae da clase simulando un trenciño para xuntarse no patio co resto das clases e facer unha cadea ou tren xigante onde todos e todas se unan polos dereitos dos demais. Pódese berrar algunha consigna como: Xuntos polos dereitos de nenos e nenas no mundo. RECURSOS • Encerado, xiz, debuxo dun neno para colorear, debuxo dunha nena para colorear, cartel con paradas de tren debuxadas, lapis de cores, cinta adhesiva para colgarse os debuxos se fan o xesto. Celebramos o Día dos Dereitos da Infancia cun exercicio de análise e creación de iniciativas, pro- xectos e actividades para mellorar a situación dos dereitos dos nenos, das nenas e da mocida- de no mundo. Queremos achegarnos ao significado destes dereitos desde situacións concretas do mundo e descubrir a capacidade que temos todos e todas de defendelos, promovelos e fa- celos realidade. OBXECTIVOS • Identificar os tipos de dereitos nos que se divide a Convención de Dereitos da Infancia. • Crear alternativas, ideas e propostas para que poidan cumprirse os Dereitos da Infancia. DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE O educador ou educadora comeza cunha explicación breve dos Dereitos da Infancia. Divídese a clase en catro grupos e entrégase a cada un dos grupos as tarxetas con 4 dereitos que poden ser extraídos da acti- vidade de bacharelato (vagóns de dereitos). Cada grupo debe reflexionar sobre un dos casos propostos a continuación. A partir do debate e da reflexión conxunta, os grupos deben propoñer ideas e iniciativas que fagan posible responder e asegurar os dereitos recoñecidos. As propostas que cada un dos grupos elabore para traballar polos dereitos de cada caso, represéntanas nun “vagón” (unha cartolina con forma de vagón) que permitirá a cada grupo expoñer aos demais o traballo realizado, así como facer un acto final conxunto no que os vagóns se xunten e poidan percorrer o mundo polos dereitos recoñecidos. Ideas para a elaboración dos vagóns. Utilizando a simboloxía do vagón, os grupos exporán as súas inicia- tivas nas partes dos vagóns: ventás, rodas, fume. Nos xornais e suplementos dominicais da prensa escrita obtéñense moitas fotografías e novas relacionadas cos Dereitos da Infancia que podedes ofrecer para rea- lizar a actividade. Unha vez que os catro grupos presentasen os seus vagóns ao resto da clase, xúntase todo o alumnado formando un tren e acoden ao patio onde colgan os vagóns e deseñan uns raís formados polos valores necesarios para que o tren dos dereitos sexa realidade: compromiso, xustiza, solidariedade, dignida- de e outros. Comisión de expertos e expertas A: Caso A Nunha nova pequena localidade rural, creada grazas a que moita xente decidiu volver vivir na aldea, están creando un instituto para o alumnado de secundaria. Existe un grupo interesado en poder achegar ideas tanto para a construción do instituto coma para a súa organización. Queren que haxa espazos no centro educativo onde puidesen decidir, así como posibilidades de ser tidos en conta para cuestións da localidade. Que dereitos son os que queren exercer este grupo de rapaces e rapazas? Que tipo de proxectos queredes levar a cabo dentro do centro para que o alumnado teña representación? Como se deben tomar as deci- sións no centro? Parécevos importante que a mocidade decida tamén sobre asuntos e problemas da loca- lidade? Que ideas tedes para que participen dun xeito igualitario tanto rapazas coma rapaces? Colocade no voso vagón as ideas e iniciativas para acadar os dereitos recoñecidos. Comisión de expertos e expertas B: Caso B Binta é unha rapaza de 13 anos que vive nunha gran cidade con seu pai, súa nai e mais tres irmás e dous irmáns. Os seus días céntranse no coidado de irmáns e irmás, e na realización das comidas para toda a fami- lia, polo que non lle queda tempo para ir á escola. A súa familia considera que o máis importante é que Binta aprenda a ser unha “boa muller e nai” máis ca recibir educación e saber ler e escribir. A vivencia de Binta non é extraordinaria na súa cidade, posto que a maioría das nenas están traballando dentro da casa no coi- dado de toda a familia sen ir á escola. Fonte: Binta e a grande idea. O voso grupo é unha comisión que ten que sensibilizar sobre a importancia da educación das nenas, posto que numerosos estudos amosan que cando as nenas estiveron escolarizadas e saben ler e escribir, a saúde dos fillos e fillas e do resto da familia mellora. Igualmente, as nenas que recibiron educación poden desen- volver un mellor traballo e conseguir mellores condicións laborais. Realizade o voso vagón co obxectivo de argumentar e defender a importancia e a relevancia que ten para as familias e comunidades o feito de que as nenas reciban educación. Comisión de expertos e expertas C: Caso C Flor é irmá de Leo e ambos viven nunha poboación rural na que hai uns días comezou un conflito armado a partir de enfrontamentos violentos entre diferentes grupos da zona. Tiveron que fuxir á cidade por medo a ser secuestrados; el para ser soldado e ela para ser menor soldado e escrava sexual. A que tipos de dereitos fai referencia? Que accións e proxectos poden desenvolver os gobernos? Como membros da cidadanía, podemos realizar iniciativas para informar desta problemática? Podemos colaborar e apoiar para que non existan menores soldado nos conflitos? Podedes atopar máis información na páxina web de “Campaña contra uso Menores Soldado” www.menoressoldados.org. Comisión de expertos e expertas D: Caso D Estrella, unha rapaza de 13 anos, vive nunha gran cidade con toda a familia. Desde hai uns días seu irmán pequeno está moi enfermo, pero non o levaron ao hospital máis próximo porque, ao ser privado, custa moi- tos cartos tanto a visita coma a medicación. Estrella está moi triste e preocupada ao descubrir que hai hos- pitais gratuítos na cidade, pero que os hospitais de calidade son privados. Cal é o principal problema do caso? A que dereitos fai referencia o caso? Que iniciativas e proxectos pode- mos levar a cabo ante esta situación? Elaborade o voso vagón sobre a importancia do dereito á sanidade e sobre o que gobernos e a sociedade podemos facer para que se alcance este dereito. Xesto: Unha viaxe polos dereitos da infancia Axenda de accións: propoñemos elixir un ou dous momentos ao longo do curso nos que como grupo se comprometan a dar a coñecer no centro ou no barrio algún aspecto relacionado co traballado. RECURSOS • Tarxetas cos dereitos, tarxetas cos casos, cartolinas, pegamento, tesoiras, xornais, revistas… Propoñemos traballar os dereitos da infancia desde a perspectiva de xénero. Utilizamos como fío condutor un tren de valores, cuxas paradas nos achegan á consecución dos dereitos de dous xe- melgos. Grazas ao esforzo conxunto recuperarán a identidade, a alegría e moitos soños. Todos e todas unidos podemos emprender a viaxe máis marabillosa, aquela cuxa meta consiste na igualdade de dereitos de todos os nenos e nenas. OBXECTIVOS • Achegar os dereitos que teñen os nenos e as nenas do mundo. • Traballar a equidade de xénero como eixo transversal. • Fomentar a participación cidadá desde o descubrimento da responsabilidade de todos e todas en que os dereitos recoñecidos se cumpran. DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE Propoñemos unha actividade para traballar os dereitos de nenos e nenas usando como eixo transversal a equidade de xénero. Para iso, previamente á actividade, a profesora pon un cartel co debuxo do tren no encerado e debuxa unha vía de tren con catro paradas: Nome, Xogo, Familia e Escola A continuación a profesora explícalles que coñeceu un neno e unha nena, son xemelgos e veñen dun lugar moi bonito que se chama Cidade Planeta. Están aquí porque tiveron un problema na viaxe á terra: perderon os seus dereitos en diferentes lugares do mundo. Agora pídennos que os acompañemos nunha viaxe moi divertida, na que ademais aprenderemos cales son os dereitos dos nenos e nenas do mundo. Viaxaremos en tren e ire- mos parando cando atopemos un dereito perdido. O neno e a nena son xemelgos, así que están afeitos a ir xuntos; para que non se sintan sós, cada nena da clase acompañará ao neno e cada neno á nena. O primeiro que teñen que facer é debuxalos para así telos máis presentes. Unha vez repartidos comeza a viaxe. Parada número 1: Dereito a ter un nome. O primeiro que perderon os xemelgos foi o nome; polo tanto o primeiro que cómpre facer é dárllelo. Cada neno e cada nena comparte o nome do seu xemelgo no debuxo. Parada número 2: Dereito a xogar. Entre todos teñen que ensinarlles un xogo, un baile ou unha canción para que poidan divertirse. Parada número 3: Dereito a unha familia. Para que os nenos non volvan estar sós debuxámolos a carón de xente que os queira: pais, irmáns, amigos, avoas. Parada número 4: Dereito a ir á escola. Para que poidan aprender moitas cousas e nunca máis perdan os seus dereitos, debuxámoslles as cousas que precisan para aprender: libros, materiais, unha escola, compañeiros e compañeiras, educadores e educadoras. Primeiro poden poñerse de acordo nesas cousas que precisan. Conclusión: Os nenos e as nenas teñen os mesmos dereitos en todo o mundo, e cómpre estar moi pendentes de que todos poidan gozar deles. Xesto A última parada é o dereito a vivir xuntos e felices, construíndo entre todos e todas un mundo de paz. Para iso cada neno pégase o debuxo no peito e sae da clase simulando un trenciño, para xuntarse no patio co resto das clases e facer unha cadea ou tren xigante onde todos estean unidos polos dereitos dos demais. Pódese berrar algunha consigna como: Xuntos polos dereitos de nenos e nenas. RECURSOS • Encerado, xiz, lapis de cores, mural coas paradas de tren, cinta adhesiva para colgarse os debuxos se fan o xesto. No Día dos Dereitos dos Nenos, das Nenas e da Mocidade (día do aniversario da aprobación da Convención de Dereitos da Infancia en 1989), propuxemos na aula un traballo de análise e crea- ción de iniciativas, proxectos e actividades para mellorar a situación dos dereitos de nenos, ne- nas e da mocidade no mundo. Todos estes dereitos teñen o obxectivo de asegurar que teñan unha infancia e adolescencia feliz e sa, e os gobernos de todos os países, as institucións e todas as persoas temos que estar comprometidos en que sexan realidade estes dereitos para todos e todas. OBXECTIVOS • Coñecer, afondar e reflexionar sobre os tipos de dereitos que forman a Convención de Dereitos da Infancia. • Analizar e presentar iniciativas para mellorar a situación de nenos e nenas a partir do traballo con casos e situacións onde teñen vulnerados os seus dereitos. DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE O traballo de investigación e reflexión que realiza cada grupo terá que ser exposto “nun vagón de tren”: nunha cartolina debuxan un inmenso vagón no que escriben as ideas e propostas para posteriormente compartilas cos demais grupos. Unha vez que os catro grupos expuxesen os seus vagóns, teñen que enlazalos para así crear un tren que percorra o mundo polos dereitos de todos e todas. Para enlazar os vagóns deben colocar o nome dos valores entre eles para que sexa realidade o tren. En primeiro lugar imos facer catro grupos porque os artigos que forman a Convención dos Dereitos da In- fancia estrutúranse e agrúpanse en catro seccións: dereitos de participación, dereitos de desenvolvemento, dereitos de protección, dereitos de supervivencia. Cada grupo de traballo está formado por unha comisión de expertos de Nacións Unidas que, a partir da información proporcionada e de datos obtidos de xornais, revistas e suplementos de diarios, reflexiona sobre os dereitos e presenta proxectos e iniciativas para mellorar a aplicación deses dereitos. As conclusións e iniciativas expóñense nun vagón que representa cada un dos catro tipos de dereitos. Vagón Dereito a participar: Dereito a ser escoitado e escoitada, a que as opinións propias sexan tidas en conta e a defender os dereitos propios. Dereito á asociación e dereito a pedir e recibir información. Considé- rase que os nenos, as nenas e a mocidade deben ter a oportunidade para poder reivindicar e expresar o que consideran importante. Que espazos de participación existen no voso centro educativo: consello escolar, delegados e delegadas, outros? Que número de rapaces e rapazas participan? Que postos ocupan rapaces e rapazas? Que aso- ciacións e grupos hai no voso centro? Que número de rapaces e rapazas participan? Que postos ocupan rapaces e rapazas? En que espazos tomades decisións e sodes escoitados e escoitadas? Elaborade a partir destas reflexións e co material de xornais e revistas un vagón-collage con ideas e iniciativas para tra- ballar por estes dereitos. Vagón Dereito de desenvolvemento: Contempla o dereito a vivir canda a familia, a non ser separado dela. Son os dereitos para crecer nas facetas moral, espiritual e social. Contemplan o dereito a xogar, a ter amizades, así como o dereito á educación gratuíta e de calidade para todos e todas. Dereito a seguir man- tendo a identidade cultural propia, a ter a relixión e crenzas propias e a desenvolverse segundo a elección persoal. O traballo da vosa comisión de expertos é analizar o dereito á educación para nenos e nenas no mundo: A educación é un dereito real para todos os nenos e nenas no mundo? En todos os países van por igual nenos e nenas ás escolas? A que se debe que vaian menos nenas á escola? Na páxina www.cme-espana.org, en xornais e revistas de actualidade podedes obter máis información e utilizar datos e fotos para elaborar as vosas conclusións e iniciativas no vagón debuxado. Vagón Dereitos de protección: Refírese aos labores de prevención e resposta á violencia, a explotación e o abuso contra nenos e nenas. En contextos de violencia e conflito armado moitos nenos e nenas son secuestrados para formar parte dos grupos armados e violentos. Nestas situacións, as nenas presentan dobre vulnerabilidade, posto que son utilizadas como soldados así como escravas domésticas e sexuais. A vosa comisión debe expoñer unha análise da situación do que acontece a partir de información obtida en www.menoressoldados.org así como con datos obtidos de revistas dominicais e fotos. No vagón elaborado tamén podedes presentar as iniciativas que se levan a cabo para o “Desarme-Desmobilización-Reinserción” de nenas soldado. Vagón Dereito á supervivencia: Contempla o dereito á vida e á supervivencia, ao máis alto nivel de saúde e nutrición, á seguridade social e a un nivel de vida adecuado para o desenvolvemento físico, mental, espi- ritual, moral e social. O dereito á supervivencia subliña a importancia fundamental que significa asegurar o acceso aos servizos básicos de saúde. Tamén se subliña a igualdade de oportunidades entre nenos e nenas para o acceso á saúde, aos medicamentos e a unha alimentación diaria variada e equilibrada. Na vosa comisión tedes que reflexionar e analizar o dereito á alimentación no mundo. Atopamos moitos luga- res nos que hai fames e escaseza de alimentos. Nestas situacións as nenas reciben alimentación de menor calidade porque as familias cren que é máis importante ter os nenos alimentados ca as nenas. Mais son as nenas e as mozas as que traballan no coidado do fogar, de irmáns e irmás, e teñen traballos produtivos (campo, coidado de animais, comercio) para colaborar na economía das familias. A partir da información e de fotos en xornais e revistas, podedes atopar moitos exemplos de nenas e mozas que padecen unha situa- ción de discriminación en moitos países do mundo. Con todo iso elaborade o voso cartel e creade iniciativas e proxectos que poidan acabar con estas situacións de desigualdade para nenas e mozas. Xesto: Unha viaxe polos dereitos da infancia Axenda de accións: propoñemos elixir un ou dous momentos ao longo do curso nos que como grupo se comprometan a dar a coñecer no centro ou no barrio algún aspecto relacionado co que se traballou. RECURSOS • Tarxetas cos dereitos, tarxetas cos casos, cartolinas, pegamento, tesoiras, xornais, revistas… Primaria Secundaria Bacharelato viaxamos polos dereitos da infancia no mundo viaxamos polos dereitos da infancia no mundo viaxamos polos dereitos da infancia no mundo viaxamos polos dereitos da infancia no mundo Coordinadora de Sensibilización: Raquel Martín. Departamento de Educación para o Desenvolvemento: Irene Ortega. Coordinación da proposta: Mª Luisa Caparrós. Autoría: Jessica García e Pilar Domínguez. Coordinación de produción: Cristina Fernández e Blanca Bonnelly. Deseño e arte gráfica: Maribel Vázquez. Tradución: Reverso Comunicación, Cultura e Lingua. Entreculturas 2010.