20. 6
O día 17 de Marzo de 2010 fomos a Meiro para aprender como se elaboraba o pan de millo.
Primeiro fomos ver a cruz de Hermelo e despois de apreciar a beleza do lugar e as súas ma-
rabillosas vistas baixamos. Nós, o alumnado de sexto, axudamos a apearse aos máis peque-
nos. Despois fomos a unha casa, que tiña no chan cestas cheas de millo e tamén un hórreo
con moito millo.
Ao principio, unha monitora que estaba alí díxonos como se
chamaban os compañeiros. Despois ela subiuse ao hórreo
e mandoulle aos pequenos que foran debullando as espigas
do millo. Nós e os de quinto subimos ao hórreo e ela expli-
counos as súas partes e díxonos para que era cada unha
delas. O hórreo estaba cheo de millo, colgado ou polo chan.
Despois tocounos a nós de-
bullar as mazarocas do mi-
llo. Que ben o pasamos de-
bullándoo!, aínda que a al-
gúns se lle acabaran facen-
do bochas nas mans.
Cando rematamos cada un colleu un carozo e fomos andan-
do á casa dunha señora que facía o pan. Cando chegamos
alí cada un depositou o seu carozo no lume. Miramos a ma-
sa e como fermentaba. Deixá-
mola levedando para que logo
unha señora que quedaba alí fixese o pan mentres nós iamos
ver o muíño onde se moía o millo, converténdoo en fariña.
Todos saímos de alí e dirixímonos andando ao muíño. Aínda
tivemos que andar un pouco, pois non estaba cerca, pero o
bo era que o muíño funcionaba, porque había moitos que non
funcionaban.
Xa alí merendamos, e ao rematarmos, entramos por grupos
ao muíño. Unha monitora que nos acompañaba ensinounos
as partes do muíño: a roda ou rodicio, o pé e a moa, a moe-
ga.… e deunos un puñado de fariña para mirar como era e que cor tiña. Cando xa todos vira-
mos ben o muíño, fixemos o camiño de regreso para probar o pan.
Foi un camiño longo pero valeu a pena porque nos estaba esperando un saboroso pan de
millo corvo. Cando chegamos ensináronnos o pan. Pero tiña debaixo unhas follas de carballo
para que non se lle pegue a masa ao chan do forno. Despois cortouno en anacos e fixemos
unha fila para que cada persoa puidese coller un cacho ¡O pan estaba boísimo! Logo de sa-
borealo e comelo, sacamos unhas fotos todos xuntos e tamén coa dona da casa onde se co-
ceu o pan. Os profes leváronlle unha bola para que o alumnado de infantil de 3 anos tamén
puidese probalo, porque non viñera a esta saída. E volvemos para o colexio, despois de
aprender, esa mañá, todo o proceso: “O Millo Corvo convértese en rico pan” e, ao mes-
mo tempo, que ben o
pasamos!
Alejandra Dacosta
Ferradás, 6º E.
Primaria
=1