1. PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA
CULTURA CLÁSICA
4º ESO
Departamento de Ciencias Sociais,
Xeografía e Historia
Xefe de Dpto.: Xosé Rivas Rey
Centro:
C.P.I. de PONTECESURES
Curso 2009-010
DEPARTAMENTO DE CIENCIAS SOCIAIS, XEOGRAFÍA E HISTORIA
2. ÍNDICE:
1. INTRODUCCIÓN
2. DESENVOLVEMENTO DAS COMPETENCIAS BÁSICAS
3. OBXECTIVOS DIDÁCTICOS
4. CONTIDOS
5. DISTRIBUCIÓN TEMPORAL DOS CONTIDOS
6. METODOLOXÍA DIDÁCTICA
7. AVALIACIÓN: PROCEDEMENTOS E CRITERIOS DE AVALIACIÓN.
8. CRITERIOS DE PROMOCIÓN: MÍNIMOS ESIXIDOS
9. ESTRATEXIAS DE TRABALLO DOS TEMAS TRANSVERSAIS.
10. MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS.
11. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES.
12. MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE E ADAPTACIÓNS
CURRICULARES
13. ACTIVIDADES DE RECUPERACIÓN E REFORZO.
14. PROXECTO LECTOR.
DEPARTAMENTO DE CIENCIAS SOCIAIS, XEOGRAFÍA E HISTORIA
3. 1. INTRODUCCIÓN.
Ó plantexarmos o deseño curricular da asignatura de Cultura Clásica, preséntansenos unha
serie de cuestións que non podemos pasar por alto, a saber:
En primeiro lugar trátase dunha asignatura optativa, dirixida a alumnos de 2º Ciclo da
E.S.O., con tres horas semanais de clase en 4º Curso. Esta materia será impartida polo
Departamento de Ciencias Sociais, en lugar do que lle correspondería, o de Linguas Clásicas,
por mor da estructura da plantilla do centro –é un CPI, e non hai profesor de Latín, ó non haber
Bacharelato- . A docencia quedará a cargo do profesor e xefe de dito Departamento, D. Antonio
Rodríguez Otero. Debido ó comentado anteriormente, e ó non tratarse dunha asignatura que
sexa propiamente da especialidade de Xeografía e Historia, daráselle á asignatura un enfoque
amplo, non prestándolle excesiva atención ó ensino da lingua latina (o cal tampouco é o
obxectivo desta asignatura) , e centrándose nos eidos histórico-xeográfico, social, artístico,
relixioso e filosófico-científico, coa intención de ofrecer ó alumnado unha ampla visión do
mundo clásico na súa totalidade.
Pensamos que o ensino da Cultura Clásica debe ser eminentemente activo e
participativo, na que o actor principal sexa o alumno e o profesor o coordinador e orientador da
actividade do alumnado, e que o seu obxectivo debe ser, por riba de todo, modos de
comportamento, de actitude vital, de desenvolvemento da razón, da capacidade de
coñecemento, de sentido crítico, de desenvolvemento da creatividade.
Con respecto ó seu contido, hai que salientar a interdisciplinariedade da asignatura con
áreas como as Ciencias Sociais, Lingua e Literatura Castelá e Lingua e Literatura Galega e
profundizar especialmente nos aspectos da civilización grecolatina que marcaron a nosa cultura
ata a actualidade. Pretendemos que o alumnado tome conciencia da contribución do mundo
clásico á civilización occidental nos ámbitos literario, artístico, filosófico, científico e lingüístico,
para que poidan comprender mellor o seu propio mundo. Estes coñecementos contribuirán a
unha mellora sustancial da formación básica cultural e lingüística dos alumnos,
proporcionándolles uns alicerces máis sólidos para afronta-lo coñecemento de calquera
disciplina humanística, científica ou técnica.
DEPARTAMENTO DE CIENCIAS SOCIAIS, XEOGRAFÍA E HISTORIA
4. 2. DESENVOLVEMENTO DAS COMPETENCIAS BÁSICAS
1. Competencia social e cidadá
– Reflexionar de forma crítica sobre os feitos e os problemas sociais e históricos de Grecia e
Roma.
– Coñecer as principais institucións de Grecia e Roma valorando a súa influencia na nosa
sociedade.
– Analizar criticamente as desigualdades sociais en Grecia e Roma: a escravitude e a
discriminación da muller.
– Entender os comportamentos e as formas de vida en contextos históricos diferentes do
propio.
– Establecer a orixe grega da democracia explicando a súa aplicación na polis.
– Recoñecer os costumes e usos das sociedades grega e romana que aínda perduran na
nosa cultura.
2. Competencia cultural e artística
– Desenvolver a sensibilidade para gozar con distintas expresións do patrimonio artístico e
cultural.
– Valorar a importancia do patrimonio para acceder ao coñecemento das sociedades do
pasado.
– Interesarse por contribuír á conservación do patrimonio cultural e artístico.
– Aproximarse ao patrimonio literario grecolatino e aos seus temas recorrentes.
– Comprender a importancia da literatura como reflexo dun contexto histórico ou social.
– Coñecer os autores, obras e estilos literarios máis importantes da literatura grecolatina.
– Valorar o legado cultural grego e romano facendo unha recensión da súa influencia na
civilización occidental.
3. Competencia en comunicación lingüística
– Familiarizarse coas características e estructuras básicas do grego clásico e o latín.
– Identificar étimos grecolatinos e cultismos presentes na lingua castelá.
– Ampliar o vocabulario a partir do coñecemento de prefixos e sufixos grecolatinos.
– Valorar a orixe latina das linguas románicas a partir da análise etimolóxica de palabras
patrimoniais.
– Saber expresar as propias ideas e opinións utilizando a terminoloxía máis axeitada en cada
caso.
– Utilizar diferentes variantes do discurso, en especial a descrición e a argumentación.
– Elaborar definicións dos conceptos estudados utilizando a terminoloxía máis axeitada en
cada caso
4. Tratamento da información e competencia dixital
– Desenvolver coñecementos e destrezas para a busca de información relevante.
– Obter información a través de fontes de diferente natureza: cartográficas, iconográficas,
textuais, etc.
– Usar os buscadores para localizar información en Internet, seguindo un criterio específico.
– Relacionar, analizar, comparar e sintetizar as informacións procedente das diferentes
fontes traballadas.
– Analizar mostras da cultura grecolatina transmitidas a través do cine, a banda deseñada ou
outros medios de comunicación.
DEPARTAMENTO DE CIENCIAS SOCIAIS, XEOGRAFÍA E HISTORIA
5. 5. Competencia para aprender a aprender
– Desenvolver o gusto pola aprendizaxe continua e a actualización permanente.
– Buscar explicacións multicausais para comprender fenómenos históricos e avaliar as súas
consecuencias.
– Comprender as actividades propostas e planificar a estratexia máis axeitada para
resolvelas.
– Comprender e compoñer textos como medio para optimizar a aprendizaxe lingüística.
6. Autonomía e iniciativa persoal
– Planificar a secuencia de tarefas para realizar un traballo de investigación ou de busca de
información.
– Saber argumentar de forma lóxica e coherente as explicacións dos conceptos e fenómenos
estudados.
– Tomar decisións e saber escoller a maneira máis axeitada para recuperar e presentar a
información.
– Facer un seguimento das aprendizaxes realizadas para tomar conciencia do que se
aprendeu e do que falta por aprender.
3. OBXECTIVOS DIDÁCTICOS
1. Localizar no tempo e no espazo os procesos e acontecementos históricos máis relevantes
das culturas grega e latina.
2. Recoñecer e identificar aspectos diversos da cultura grecolatina relativos á lingua, á
literatura, á filosofía, á ciencia, a técnica, ao dereito, a Administración do Estado, ao
urbanismo, á arquitectura, ás artes plásticas, valorando a súa unidade e, ao mesmo tempo,
a diversidade.
3. Valorar a mitoloxía clásica, especialmente a grega, como elemento unificador da cultura
grecolatina e inspirador da cultura ao longo da historia europea. Identificar en formas de
relixiosidade actuais elementos que estean presentes nos mitos ou ritos propios da relixión
grecorromana.
4. Valorar a conciencia de pertenza a un contorno social e cultural, identificando elementos de
continuidade da cultura clásica na propia, respectando a diversidade de identidades
culturais.
5. Identificar as raíces clásicas de valores actuais nos ámbitos da educación, o pensamento,
o dereito, a política, valorando os elementos que hai que preservar e os elementos revisar.
6. Recoñecer e valorar as pegadas da cultura clásica en contextos artísticos, lingüísticos e
científicotécnicos, entre outros, tanto na cultura occidental como noutras culturas pasadas
e presentes.
7. Coñecer os xéneros literarios grecolatinos máis importantes.
8. Identificar, agrupar e comprender os rastros das linguas clásicas nos diferentes eidos da
lingua actual.
DEPARTAMENTO DE CIENCIAS SOCIAIS, XEOGRAFÍA E HISTORIA
6. 4. CONTIDOS.
TEMA 1. A LINGUA LATINA E A LINGUA GREGA.
- A exploración do pasado. Fontes para o estudio do pasado.
- Os sistemas de escritura. O alfabeto.
- A pervivencia do grego e o latín.
- A lingua grega: procedencia, etapas históricas, grafismo e pronunciación.
- A lingua latina: orixe e evolución posterior.
- As linguas románicas. Procedencia e parentesco.
- Identificación do significado de determinados vocábulos a partir da análise do seu
étimo grego.
- Transcrición de frases escritas en grego seguindo o trazado das letras que se lles
presentan.
- Lectura dun texto escrito en grego a partir da identificación das letras do seu alfabeto.
- Lectura dun mapa identificando as linguas románicas que aparecen.
- Observación de manuscritos redactados en latín e desciframento do significado
dalgunhas palabras.
- Composición dun eixe cronolóxico coas diversas etapas da lingua latina.
- Detección das linguas que non son románicas, nun grupo delas.
- Confección dunha táboa con palabras latinas da nosa lingua, tendo en conta as
doutras linguas peninsulares.
- Relación de expresións latinas habituais co seu significado.
- Detección do significado de determinadas palabras, a partir da identificación dos
prefixos e sufixos gregos e latinos que as compoñen.
TEMA 2. HISTORIA DA CIVILIZACIÓN HELÉNICA.
- Características do medio físico de Grecia. Os territorios de cultura grega: unidade e
dispersión.
- As primeiras civilizacións da Grecia antiga: a civilización minoica, a civilización
micénica, a civilización doria.
- Período arcaico: cambios sociopolíticos e colonizacións.
- Período clásico: as Guerras Médicas, a Atenas de Pericles, a Guerra do Peloponeso.
- Período helenístico: Alexandre o Magno. Creación dos reinos helenísticos. A perda da
independencia de Grecia en mans de Roma.
- Lectura de textos expositivos relativos ós distintos contidos traballados no tema.
- Observación de mapas e detección dos procesos históricos que representan.
- Análise de fotografías e identificación das formas de expresión plástica propias da
civilización grega.
- Lectura de textos contemporáneos e relación dos mesmos cos contidos presentados
no corpo do texto.
- Resposta a preguntas relativas ós aspectos máis importantes dos contidos
traballados.
- Comentario de textos de autores modernos relativos a aspectos significativos da
historia de Grecia.
- Confección dun eixe cronolóxico coas principais etapas da civilización helénica.
DEPARTAMENTO DE CIENCIAS SOCIAIS, XEOGRAFÍA E HISTORIA
7. - Resposta a preguntas de natureza distinta sobre os principais contidos traballados no
tema.
- Explicación do valor de determinadas frases cuñadas por filósofos gregos á luz do
explicado sobre os valores desta cultura.
- Colocación nun mapa das principais cidades gregas.
TEMA 3. A SOCIEDADE GREGA. AS POLIS.
- A polis como estrutura básica da civilización grega.
- As formas de goberno da polis. Evolución histórica.
- A estrutura social en Atenas e en Esparta. Comparación de modelos.
- Os órganos de goberno e os maxistrados. Comparación dos modelos ateniense e
espartano.
- O dereito grego. Organización dos tribunais. Atribucións dos maxistrados atenienses.
- As características da familia grega: constitución, disolución e réxime xurídico.
- A educación en Atenas e en Esparta. Análise comparativa.
- A vida privada dun ateniense. A súa xornada. A vivenda. O vestido e o peiteado.
- Lectura e exposición de textos relativos ós distintos contidos traballados no tema.
- Análise iconográfica de pezas artísticas contemporáneas que reflicten os valores
comentados no texto.
- Lectura de fragmentos de autores contemporáneos nos que se afonda sobre
determinados aspectos da estrutura social e a familia gregas.
- Comentario de anécdotas e curiosidades relacionadas cos contidos traballados no tema.
- Análise de esquemas e relación dos mesmos cos contidos que expoñen.
- Resposta a preguntas diversas sobre o contido da exposición.
- Resolución de cuestións xenéricas sobre a globalidade das cuestións tratadas no tema.
- Elaboración dun cadro que resuma a estrutura social de Atenas e Esparta.
- Reflexión sobre as diferenzas existentes entre a democracia ateniense e unha
democracia actual.
- Relación dos tribunais atenienses coas competencias que lles correspondían en canto
a coñecemento de delitos.
- Comparación do matrimonio ateniense co matrimonio actual.
- Resolución de preguntas relativas á educación ateniense e espartana e ás formas de
vida privada da Antigüidade.
- Relación de étimos gregos con palabras actuais que os conteñen.
TEMA 4. A ARTE GREGA.
- A arte grega. Características xerais.
- As primeiras mostras de arte grega: arte minoica e arte micénica.
- Templo grego: elementos.
- As ordes arquitectónicas: dórica, xónica e corintia.
- Urbanismo grego. Os edificios da polis.
- A Acrópole de Atenas. Importancia histórica e arquitectónica.
- A escultura grega: etapas arcaica, clásica e helenística.
- As obras máis importantes da escultura grega.
- A pintura e as artes menores: a cerámica. Tipos de vasos.
DEPARTAMENTO DE CIENCIAS SOCIAIS, XEOGRAFÍA E HISTORIA
8. - Observación de obras de arte gregas e comentario das mesmas a partir das explica-
cións de clase.
- Resposta a preguntas sobre o contido das exposicións traballadas.
- Análise de esquemas e cortes de sección de templos e columnas de distintas ordes e
tipoloxías.
- Lectura de textos de autores antigos, relativos ós conceptos estudados, e interpretación
dos mesmos a partir do contexto no que foron producidos.
- Análise das principais esculturas gregas e observación da evolución das técnicas
escultóricas.
- Observación dos distintos tipos de vasillas e copas gregas e comprobación das súas
funcionalidades.
- Identificación na fotografía dun teatro das principais partes das que está composto.
- Observación de fotografías e debuxos de templos gregos e identificación da orde á
que pertencen e dos elementos que os constitúen.
- Descrición dunha estatua arcaica tendo en conta os elementos que presenta.
- Detección do significado de determinadas palabras a partir do sufixo grego co que
están formadas.
TEMA 5. HISTORIA DE ROMA.
- As orixes de Roma: a orixe mítica e a orixe histórica.
- Marco xeográfico do Imperio Romano.
- As etapas da historia de Roma: a Monarquía, a República, o Principado e o
Dominado.
- A relixión romana primitiva: o culto doméstico e o culto público.
- A relixión na época imperial. O cristianismo.
- A romanización da Península Ibérica.
- As divisións administrativas da Hispania romana. A súa evolución.
- Lectura, exposición e comentario dos distintos conceptos presentados no tema.
- Lectura de textos de Tito Livio sobre a orixe mítica da Roma antiga e sobre os
primeiros soldados mercenarios de Roma.
- Observación de mapas e detección da información que conteñen.
- Resposta a preguntas relativas ós contidos traballados nas distintas seccións do
tema.
- Lectura de textos complementarios sobre aspectos da cultura romana.
- Análise e comentario de representacións iconográficas que ilustran distintos aspectos
da civilización romana.
- Comentario dun esquema cos principais personaxes que Hispania achegou ó
desenvolvemento da civilización romana.
- Identificación nun mapa de Italia das culturas e divisións territoriais que presentaba
na Antigüidade.
- Elaboración dun recadro coas principais unidades do exército romano, o seu número
de efectivos e o seu mando.
- Detección do significado de determinadas palabras a partir da identificación do
prefixo grecolatino que conteñen.
- Observación dun sarcófago paleocristiano e explicación das convencións que utiliza e
do seu significado.
DEPARTAMENTO DE CIENCIAS SOCIAIS, XEOGRAFÍA E HISTORIA
9. TEMA 6. A SOCIEDADE ROMANA.
- A sociedade romana en época republicana (509-27 a.C.).
- A sociedade romana en época imperial (27 a.C.-476 d.C.).
- Os órganos de goberno: as maxistraturas, as asembleas ou comicios, o senado.
- Dereito romano: fontes e pervivencia.
- Os pretores. A codificación de Xustiniano.
- A familia romana: poderes do paterfamilias. A situación da muller.
- Matrimonio romano. Constitución e efectos. A educación dos fillos.
- A vida cotiá dun romano: xornada, banquetes, vestidos, coidado persoal.
- A casa romana: tipos. O mobiliario dunha casa romana.
- Presentación dos contidos do tema mediante a lectura e explicación dos seus
epígrafes.
- Lectura de textos contemporáneos sobre os distintos aspectos tratados no tema.
- Observación e comentario de esquemas relativos á organización social en época
republicana.
- Lectura dunha lista sobre os cargos que constituían o cursus honorum e a sucesión que
se daba entre eles.
- Observación de diversas ilustracións relacionadas co dereito e a vida política en Roma
e comentario das mesmas a partir dos coñecementos adquiridos sobre o funciona-
mento das institucións.
- Lectura de textos ilustrativos de distintos aspectos da vida social romana.
- Resposta a preguntas sobre o contido dos epígrafes.
- Debuxo dunha pirámide coas clases sociais da época da República.
- Relación de conceptos coas definicións ás que corresponden.
- Compleción de frases coas palabras adecuadas.
- Deducción das correspondencias existentes entre as maxistraturas romanas e os seus
equivalentes actuais.
- Reflexión sobre a pervivencia do dereito romano na actualidade.
- Explicación do significado dalgunhas expresións latinas utilizadas na actualidade.
TEMA 7. MITOLOXÍA CLÁSICA.
- Os mitos gregos: cosmogonía.
- Os deuses olímpicos. Outros deuses. Divindades colectivas.
- A mitoloxía heroica. Heroes principais
- Presentación das características principais da mitoloxía grega.
- Culto e relixión: a relixión en Grecia e en Roma.
- Observación e comentario de material iconográfico que ilustra ás divindades e heroes
gregos.
- Explicación dunha árbore xenealóxica coas relacións familiares entre os deuses.
- Resolución de preguntas relativas ós distintos epígrafes do libro.
- Lectura de mitos e dedución do ensino moral que se desprende deles.
- Relación dos nomes gregos de divindades cos seus homólogos romanos e cos
símbolos que lles corresponden.
DEPARTAMENTO DE CIENCIAS SOCIAIS, XEOGRAFÍA E HISTORIA
10. TEMA 8. A LITERATURA CLÁSICA. A FILOSOFÍA
- A épica. Homero. Hesíodo.
- A elexía. A oda ou lírica monódica. A lírica coral.
- A traxedia. Principais autores tráxicos: Esquilo, Sófocles e Eurípides.
- A comedia: características. Aristófanes e Menandro.
- Os xéneros en prosa: a historiografía, a filosofía, a oratoria, a prosa científica, a fábula.
- Teatro latino: Plauto, Terencio e Séneca.
- A poesía épica latina: Virxilio.
- A poesía elexíaca: Ovidio.
- A poesía lírica: Catulo, Virxilio, Horacio.
- A historiografía latina: épocas republicana e imperial.
- A oratoria. Características e funcións. Cicerón.
- A filosofía romana. Principais representantes
- Comentario de información diversa relativa a Hesíodo e ós poemas homéricos.
- Lectura de pasaxes significativas de autores clásicos como forma de aproximación ás
súas creacións orixinais.
- Reflexión sobre as principais doutrinas filosóficas da Antigüidade a partir da lectura dun
breve resumo das mesmas.
- Completar un cadro coas referencias adecuadas ós poemas homéricos.
- Resolución de preguntas de carácter global sobre os contidos estudados no tema.
- Relación de nomes de escritores co xénero literario ó que pertencen.
- Identificación das musas que aparecen representadas en obras artísticas de distinta
natureza.
- Explicación, co apoio do libro de texto, das principais etapas da lingua e a literatura
latinas.
- Observación de ilustracións e relación cos contidos estudados.
- Lectura de fragmentos de literatura latina e comentario dos mesmos a partir do
estudado sobre cada un dos autores e xéneros.
- Comentario da estrutura da Eneida a partir da lectura dun breve resumo da mesma.
- Resposta a preguntas de natureza diversa sobre os contidos traballados en cada un
dos epígrafes.
- Escritura do nome das obras literarias que corresponden a unha serie de definicións.
- Identificación de toupas literarias de orixe antiga en poesía elaborada en linguas
románicas.
TEMA 9. AS OBRAS PÚBLICAS E A ARTE ROMANA.
- As obras de enxeñería romana: urbanismo, pontes, acueductos e arcos de triunfo.
- As vías de comunicación romanas. Vías principais. Vías que pasaban por Hispania.
- As construccións públicas: basílicas, termas e templos.
- Os templos romanos: características e funcións.
- Os edificios de lecer: o circo, o anfiteatro e o teatro.
- As artes plásticas en Roma: pintura, mosaico e escultura.
- Pegadas romanas en Hispania: obras de enxeñería e arquitectura. Restos de arte
romana.
DEPARTAMENTO DE CIENCIAS SOCIAIS, XEOGRAFÍA E HISTORIA
11. - Explicación pautada dos distintos contidos traballados no libro.
- Resposta a preguntas de síntese relativas ós distintos epígrafes analizados e
traballados.
- Lectura de recadros de ampliación sobre aspectos de distinta natureza referenciados
no texto.
- Observación de fotografías de obras romanas e clasificación das mesmas segundo o
tipo de obra ó que pertenzan.
- Lectura dun texto resumido relativo á estructura dunha calzada romana.
- Lectura de textos contemporáneos relativos ós tipos de espectáculo que se celebraban
en Roma.
- Lectura dun texto explicativo da técnica romana de elaboración dun mosaico.
- Observación de ilustracións que representan edificacións romanas conservadas en
Hispania.
- Comparación sobre un mapa das vías romanas que pasaban por Hispania coas vías
actuais.
- Identificación nunha fotografía das partes dun anfiteatro romano.
- Observación dunha ponte romana e detección das partes das que está constituída.
- Identificación cos seus significados de expresións latinas utilizadas habitualmente.
- Detección do significado de palabras que levan prefixos e sufixos de orixe latina.
TEMA 10. A HISPANIA ROMANA.
- O mundo clásico e a península Ibérica.
- Os gregos e a súa visión da Península.
- A conquista romana e as súas dificultades.
- A Hispania romana.
- Os nombres da Península e palabras de orixe prerromana na nosa lingua.
- O legado urbanístico de Roma na península Ibérica.
- Recoñecemento dos estereotipos culturais como forma de percepción de culturas e
países alleos.
- Identificación de estereotipos e prexuicios culturais nos textos clásicos.
- Recoñecemento dos restos materiais dunha civilización pasada e a súa función.
- Establecemento das comparacións pertinentes entre a idiosincrasia antiga e moderna
dun país determinado.
- Identificación das palabras da nosa lingua que non proceden do latín.
- Utilización da toponimia como instrumento de coñecemento histórico.
DEPARTAMENTO DE CIENCIAS SOCIAIS, XEOGRAFÍA E HISTORIA
12. 5. DISTRIBUCIÓN TEMPORAL DOS CONTIDOS
Os contidos enriba enumerados vanse distribuír ó longo do curso do seguinte xeito:
4º E.S.O.
1ªavaliación 2ªavaliación 3ªavaliación
Unidades Unidades Unidades
CULTURA CLÁS. 1-4 5-7 8-10
A materia distribúese ao longo de tres horas semanais, a razón de 50 minutos cada unha. Hai
un grupo formado por nove alumnos, procedentes dos grupos de 4º A e 4º B. As clases
impartiranse en lingua castelá, polo profesor D. Antonio Rodríguez Otero.
6. METODOLOXÍA DIDÁCTICA
O mellor camiño para aprender é ter ganas de facelo o que non sempre é doado traballando
con rapaces entre os 15 e 17 anos.
Non obstante, trataremos de favorece-lo proceso de aprendizaxe tendo en conta os seguintes
criterios metodolóxicos:
Motivación: partiremos dos centros de interese dos alumnos, do coñecido de culturas remotas
ou tempos prehistóricos. Trátase de fomenta-la curiosidade para aprender con
pracer e que eles e elas traten de preguntarse o por qué das cousas indagando pola súa conta
e relacionando uns fenómenos cos outros.
Actividade: máis que clases “maxistrais” nas que unicamente fala o profesor, imos implicar ós
alumnos no proceso de aprendizaxe a través da parte práctica desenvolvida por eles: facer
resumos, esquemas, cadros sinópticos, recoller información oral ou escrita, facer pequenas
indagacións, buscar no atlas, comprender e diferenciar elementos artísticos e estilos, facer e
comprender gráficas diferentes, facer secuenciacións e liñas de tempo, etc... Todo servirá para
fixar coñecementos e conceptos e relacionalos entre sí ademais de aumenta-la propia
autoestima xa que non aprenden o que nós repetimos (a maior parte das veces non nos
escoitan) senón o que eles sintetizan, interiorizan e interpretan.
Pero as actividades realizadas polo alumnado tamén permiten adecua-la aprendizaxe o grao de
maduración do mesmo xa que o traballo se irá complicando na medida que teñan comprendido
uns conceptos mínimos e neste proceso sempre hai diferencias entre uns e outros.
7. AVALIACIÓN: PROCEDEMENTOS E CRITERIOS DE AVALIACIÓN
Segundo a lei da nosa Comunidade Autónoma, a avaliación na E.S.O. ten que ser: continua,
sumativa e individual. Así, partiremos dunha avaliación inicial que nos indicará o grao de
desenvolvemento das capacidades xerais dos alumnos e a partires dese punto iranse sumando
a consecución e perfeccionamento das mesmas ó longo do curso e o nivel individual ( sen que
isto supoña impedimento algún para que se poidan levar a cabo valoracións globais de curso).
Igualmente, tratarase de facer unha avaliación o máis obxectiva que se poida e para conseguilo
se utilizarán procedementos diversos.
OBXECTO DE AVALIACIÓN: no proceso educativo non só é importante os resultados obtidos
polo alumnado senón tamén a valoración do propio proceso educativo. Esta última farase en
cada trimestre observando a adecuación das actividades propostas, o tempo empregado na
súa realización, o interese posto nelas polo alumnado e a utilidade das mesmas para consegui-
los obxectivos educativos propostos.
DEPARTAMENTO DE CIENCIAS SOCIAIS, XEOGRAFÍA E HISTORIA
13. En canto a avaliación do alumnado esta se fará tendo en conta o desenvolvemento das
competencias básicas, e serán avaliadas mediante traballos de casa e de clase, os exames
trimestrais e as observacións directas na aula e traballos escritos.
FORMA DE AVALIAR: a nota resultante en cada avaliación virá dada ao aplicar o seguinte
baremo:
- 70% da nota dos exames
- 20% das notas de exercicios e traballos
- 10% da nota de participación, actitude e preguntas na clase
REFORZO EDUCATIVO: os alumnos que non acaden un mínimo dun 50% dos obxectivos
programados para a avaliación terán que facer tarefas de reforzo educativo e superar a
avaliación suspensa mediante un exame de recuperación.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN:
1. Coñecer o marco xeográfico e histórico de Grecia.
2. Comprende-la existencia de diversos tipos de escritura e as súas funcións.
3. Clasificar pola súa orixe as principais linguas europeas actuais.
4. Constata-la orixe grecolatina de palabras de uso común e do léxico científico-técnico
das linguas modernas.
5. Identifica-las linguas románicas e a súa distribución xeográfica.
6. Recoñecer os fitos esenciais da literatura grecolatina como base literaria da cultura
europea e occidental.
7. Relacionar manifestacións artísticas actuais cos seus modelos clásicos.
8. Coñece-los elementos esenciais das institucións xurídicas e políticas en Grecia e en
Roma, confrontándoas coas correspondentes actuais.
9. Localiza-los principais monumentos clásicos do noso patrimonio.
10. Establecer semellanzas e diferencias entre os mitos e heroes antigos e os actuais.
8. CRITERIOS DE PROMOCIÓN: MÍNIMOS ESIXIDOS
- Expón as súas ideas de xeito ordenado, lóxico e razoado
- Sintetiza ideas, conceptos,etc...
- Define conceptos relacionados cos contidos traballados
- Axusta o seu traballo ó que se lle pide.
- Compara períodos históricos, manifestacións artísticas, datos estatísticos ou xeográficos,
mapas históricos,etc... e comprende a evolución dos mesmos.
- Relaciona causas-efectos.
- Diferencia entre causas estructurais e coxunturais.
- Enumera diferentes causas e consecuencias dun feito. Explicaas e comprende.
- Fai cadros sinópticos .
- Fai esquemas.
- Comenta organigramas.
- Correlaciona antigos territorios cos países actuais.
- Recolle e selecciona información para elaborar traballos sinxelos ou biografías sobre
acontecementos ou personaxes incluídos nos contidos de referencia.
- Sabe comentar gráficas históricas
- Fai comentarios (dirixidos ou non) de obras de arte referidas ó período clásico.
DEPARTAMENTO DE CIENCIAS SOCIAIS, XEOGRAFÍA E HISTORIA
14. 9. ESTRATEXIAS DE TRABALLO DOS TEMAS TRANSVERSAIS
Tódolos temas transversais quedan correspondidos cos obxectivos de área no apartado nº 2 e
nº 3, relativos as competencias básicas e os obxectivo didácticos, sendo traballados dun xeito
semellante:
- Utilizarase a información que aporta o noso libro de texto (CULTURA CLÁSICA, Ed.
Casals) pero tamén aproveitaremos a que nos proporcionan os medios de comunicación
–fundamentalmente os xornais- co fin de aproveita- la curiosidade que provocan as
noticias inmediatas para fomenta-los valores de solidariedade, tolerancia, nobreza,
rectitude, etc... tan necesarios na sociedade.
- Emprego sistemático dos debates como medio de intercambiar puntos de vista diferentes
sobre un mesmo problema de forma que todos/as poidamos ser máis tolerantes con
manifestacións moi diferentes ás nosas e que, incluso, poidan parecernos molestas.
Igualmente, trataremos de ser críticos coas fontes de onde extraemos a nosa
información.
- Na distribución dos temas transversais vemos como endexamais son tratados de xeito
lineal ou nun único tema, senón que serverán para traballalos en diferentes contextos
temáticos para darnos conta da súa complexidade e dos diferentes puntos de vista
desde os que os teremos que contemplar para a súa comprensión.
- En definitiva, sempre se tratará de fomentar actitudes positivas entre os alumnos, sobre
todo, a tolerancia e liberdade de expresión dentro dun marco de respecto para os
semellantes.
- Tamén se fará referencia á necesidade dun marco legal nacional e internacional dentro
do que todos nos poidamos sentir protexidos das posibles agresións de xente que non
comparta as nosas ideas.
10. MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS
Os recursos necesarios e dos que contamos son os seguintes:
- libro de texto: , Cultura Clásica, Ed. Casals.
- proxector de diapositivas
- retroproxector de transparencias
- vídeo/ DVD
- ordenador portátil e canón proxector
- diapositivas de arte grega e romana
- libros de consulta de departamento e biblioteca
- películas documentais
Recursos de posible adquisición este curso:
- libros sinxelos de arte
- libros de consulta (segundo disposición monetaria)
- películas de temática histórica
11. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES
Participarase nas actividades ás que se sume o departamento de Ciencias Sociais.
12. MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE E ADAPTACIÓNS
CURRICULARES
O principia-lo curso se lles pasará a proba inicial, pero será ó longo da primeira avaliación
cando valorémo-la posibilidade de tomar medidas de atención á diversidade.
No caso de ser necesarias se dará conta primeiro ó titor e ó Orientador para que tomen as
medidas pertinentes e, ó mesmo tempo se adoptarán medidas de reforzo na aula.
DEPARTAMENTO DE CIENCIAS SOCIAIS, XEOGRAFÍA E HISTORIA
15. De non ser suficientes, terá que ser o departamento de orientación quen indique as medidas
que cómpre tomar para corrixi-los problemas xurdidos .
13. ACTIVIDADES DE RECUPERACIÓN E REFORZO
Xa sinalamos no apartado nº 5: Avaliación: procedementos e criterios de avaliación, que esta
terá que ser continua e polo tanto as tarefas de recuperación quedan incluídas na propia
dinámica da continuidade. Tamén diciamos que se farán tres avaliacións ó longo do curso
como medio para coñece-lo grao de aprendizaxe do alumnado pero, tamén, o grao de
adecuación da programación á práctica educativa.
No caso que un alumno non acaden os obxectivos programados na avaliación terá que face-las
tarefas de reforzo propostas polo profesor e nas que se recollerán os obxectivos traballados ata
ese momento.
As tarefas terán que ser entregadas nun prazo establecido e unha vez corrixidas serán devoltas
ó alumno co fin de que as repase de cara ó exame de recuperación da avaliación suspensa.
En ningún caso, se as tarefas de reforzo non foron entregadas, serán aprobadas na avaliación
seguinte (aínda que acadaran un 50% de obxectivos ) xa que entendemos que a continuidade
da avaliación consiste nun progreso constante e o “aprobado” suporá dar por adquiridos a
maior parte dos obxectivos traballados ata ese momento (sen divisións trimestrais).
14. CONTRIBUCIÓN DA ASIGNATURA Ó PROXECTO LECTOR DE
CENTRO.
De conformidade co Decreto 133/ 2007 de 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas da
LOE no ámbito da comunidade galega, implántase o Proxecto Lector de centro. A finalidade
deste plan é o fomento da lectura e a capacitación do alumnado nas competencias básicas
relacionadas con esta, a escritura e as habilidades informativas. A concreción destes
obxectivos terá lugar no plan anual de lectura.
Polo que toca a materia de Cultura Clásica de 4º ESO, contribuiremos ó plan coas seguintes
actividades:
- Lectura periódica (como mínimo unha vez á semana) por parte do alumnado a partir de
todo tipo de textos que teñan relación cos contidos da asignatura, a partir do propio
libro de texto do alumno, e engadindo artigos de xornais, revistas de historia, textos
literarios, científicos, etc.
- Realización de pequenos traballos polo alumno, no que se traballen os contidos da
materia a través da búsqueda de información, lectura comprensiva, organización dos
datos e redacción escrita.
- Lectura obrigatoria de varios libros ó longo do curso relacionados coa materia, e que
contarán como parte da nota das respectivas avaliacións, e fomento da lectura
voluntaria doutros.
DEPARTAMENTO DE CIENCIAS SOCIAIS, XEOGRAFÍA E HISTORIA