IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
Cabanillas4º
1. Ramón Cabanillas Enríquez é considerado como a síntese e superación do Rexurdimento, herdeiro do máis elevado da tradición decimonónica e ao mesmo tempo actualizador da poesía galega.
2. encadramos a Ramón Cabanillas na xeración das Irmandades, aínda que por idade lle corresponda dentro dela o rango de "irmán maior“; sen embargo a súa peripecia biográfica e intelectual asimilase á dos máis novos e conflúe con eles plenamente tras a constitución das Irmandades da Fala.
3. O compromiso co proxecto das Irmandades da Fala levouno a colaborar asiduamente en A Nosa Terra , converténdose na voz lírica do movemento. Foi aclamado como Poeta da Raza e utilizou os seus poemas ao servicio da construción nacional, abandonando os ecos intimistas presentes na súa primeira poesía.
5. Ramón Cabanillas Enriquez nace o 3 de San Xoán de 1876 na pequena vila feudal de Fefiñáns , pertencente daquela á freiguesía de San Adrián de Vilariño e hoxe anexada á vila de Cambados (Pontevedra).
6. En 1893 incorpórase ao traballo burocrático, como oficial de contabilidade , na casa do Concello de Cambados. Alí comparte o seu lecer entre as tascas mariñeiras e a lectura: Nese tempo divertinme nas tascas, entre mariñeiros, e facendo, ás veces, coplas de rexoubeo. Lin todo o que atopaba por diante , porque sempre fun un lector sen acougo, anque sen método, selección, escolla, ficheiros nin nada que se lle pareza. E... case¡. Pero esto pertence ao meu ser íntimo, cheo de felicidade e santidade.
7. Para saber que era aquelo de América , embarca para Cuba en setembro de 1910, deixando na casa a muller e os fillos. Os extrañáis de que no escribo; no os extrañéis. Estoy metido en una vida que no me deja tiempo para nada . Alí coñeceu tamén a Basilio Álvarez que o gañou para a causa agrarista.
9. Escribiu fundamentalmente poesía lírica e poesía narrativa , pero tamén publicou teatro e esporadicamente textos ensaísticos como o seu discurso de entrada na RAG A saudade nos poetas galegos (1920) ou o prólogo á Antífona da cantiga.
10.
11.
12. En 1913 publica No desterro , prologado por Basilio Álvarez, o famoso cura de Beiro, líder de Acción Gallega, con quen Ramón Cabanillas mantivo sempre unha fonda amizade e mais unha comunión ideolóxica no referente á loita anticaciquil.
13. En 1915, ano da publicación de Vento mareiro volve a Cambados, renunciando a un propósito inicial de visitar os Estados Unidos - 1911: «Estuve a dos dedos de irme a Filadelfia, en los Estados Unidos El puñetero inglés que no me entra!»- ,
14.
15. Evolución literaria 1910-1915: Etapa de formación ou pregaleguista 1915-1920: Etapa galeguista 1920-1930: Etapa mítico-saudosista 1939-1949: Etapa de posguerra (segunda madurez)
16. a) Etapa deformación ou pregaleguista (1910-1915) Coñece a Basilio Álvarez e impresionado pola súa oratoria asume o ideario agrarista e convértese en portavoz literario do movemento. Nos anos da emigración cubana Cabanillas escribe os seus dous primeiros libros, No desterro. Visión gallegas (1913) e Vento mareiro (1915)
17. Poemas como " A Basilio Álvarez ", "Acción gallega", "A un cacique", "Lume no pazo", etc., auténticas proclamas anticaciquis e antiseñoriais. Pax. 20 e 23
18. b) Etapa galeguista (1916-1920): O seu ingreso definitivo nas Irmandades da Fala vai supor unha evolución temática acompañada dun compromiso co país. Convértese nun grande poeta cívico asumindo o rol de concienciador do pobo. A esta época corresponde a obra Da terra asoballada (1917)
19. c) Etapa mítico-saudosista (1921-1930): Reconstrucción do pasado , desde a Idade media, tempo esencial no que se explican as orixes do noso pobo. Cabanillas pretende mostrar aos lectores as grandes leccións do pasado como única maneira de facérense donos do seu futuro. Centra os momentos da "historia mítica" en catro, que considera claves na constitución da nacionalidade: a época celta , a Alta Idade Media , mitificada na apropiación das lendas artúricas, o período de esplendor medieval e as loitas irmandiñas .
20. d) Etapa de posguerra (segunda madurez) (1939-1959): A partir de 1931 aproximadamente Cabanillas enmudece como poeta. Sen embargo, cando xa sobrepasa os setenta anos e parece que a súa obra non vai ter continuidade, nos anos corenta inicia unha segunda madurez creadora.
21. Lingua Da mesma maneira que amosou unha clara vontade de estilo, tamén podemos falar de «vontade de lingua» para referírmonos á preocupación que tivo para escribir nun galego literario, afastado do oral, consciente de que escribe nun idioma carente de normas.
22. Exercicios Páx. 22: 1, 2, 3, 5: define elexía. Páx 24: 1, 2, 3 ¡Irmáns! ¡Irmáns galegos! ¡Desde Ortegal ó Miño a folla do fouciño fagamos rebrillar! Que vexa a vila podre, coveira da canalla, a aldea que traballa disposta pra loitar. Antes de ser escravos, ¡irmáns, irmáns galegos! que corra o sangue a regos desde a montaña ó mar. ¡Ergámonos sen medo! ¡Que o lume da toxeira envolva na fogueira o pazo señorial! Xa o fato de caciques ladróns e herexes fuxe ó redentor empuxe da alma rexional! Antes de ser escravos, ¡irmáns, irmáns galegos! que corra o sangue a regos desde a montaña ó val. «Himno de Acción Gallega» ( Vento Mareiro , 1915)