SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 119
A prosa do primeiro terzo do XX:
as Irmandades e o Grupo Nós (narrativa,
ensaio e xornalismo).
Ver apuntes anteriores
Que dicir das Irmandades que xa
non saibades??
Recibe este nome un grupo de persoas que funda e colabora na
revista NÓS (1920-1936).
Os integrantes máis coñecidos do grupo NÓS:
(o Cenáculo ourensán)
Ramón Otero Pedrayo,
Vicente Risco,
Florentino L. Cuevillas
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e
Antón Lousada Diéguez.
contidos literarios, lingüísticos, artísticos,
etnográficos, filosóficos e de pensamento
político.
Risco é director e Castelao director
artístico
A revista vincúlase ao pensamento
nacionalista
Escriben en galego sobre calquera
tema universal
A publicidade era maioritariamente
en galego.
O deseño gráfico ten moita
importancia.
Ramón Otero Pedrayo,
Vicente Risco,
Florentino L. Cuevillas
Antón Lousada Diéguez
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
de procedencia fidalga ou burguesa,
teñen unha primeira etapa de inadaptados:
dandismo,
cosmopolitismo simbolista....
É a partir de 1918 cando centran a súa atención
en Galicia.
provén do agrarismo
procedencia social popular.
Nacen en Ourense e, logo dunha estancia máis ou
menos longa fóra da cidade por estudos ou asuntos
profesionais, vólvense atopar aquí na segunda
década do século XX.
Fillos da "boa sociedade" de Ourense, de
vocación excéntrica e con inquietudes
intelectuais e de intervención pública.
Postura elitista e aristocratismo
intelectual.
Son europeístas respecto de España e
Prientalistas respecto de Europa.
Son homes polifacéticos,
enciclopédicos, que
verten a súa sabedoría
sobre Galiza
Eles mesmos narran a súa conversión ao galeguismo
en diferentes obras:
Otero Pedrayo en Arredor de si;
Florentino L. Cuevillas en Dos nosos tempos;
Risco en Nós, os inadaptados.
A comezos de 1918 deciden
incorporarse ás Irmandades da Fala.
Ideoloxía afín ao tradicionalismo fidalgo, concibindo
Galiza como un país de base labrega, alleo ás
tensións da loita de clases, onde a elite fidalga aínda
poida cumprir un papel dirixente.
O Grupo Nós foi un dos colectivos que con especial significación colabora
na recuperación do idioma.
Ademais, desenvolven un importante labor político na súa condición de
líderes do Partido Galeguista.
Os seus compoñentes foron os creadores da moderna
prosa literaria galega e figuran entre os máis prolíficos
e activos membros do Seminario de Estudos Galegos.
No ámbito das letras desenvolven na nosa lingua
A narrativa
O ensaio
O teatro
A narrativa
Superar a temática
costumista, ruralista e
humorística
Editar en formato libro a
través de editoras
creadas por eles (Lar e
Nós)
Crear unha lingua
literaria culta
Acabar coa diglosia
das novelas do XIX
Lusismos, cultismos,
préstamos,
hiperenxebrismos
Introducir o espazo
urbano
O ensaio
Son os pioneiros en
empregar o galego neste
xénero.
Ámbitos
histórico lingüístico etnográfico
Político-
ideolóxico
xeográfico
O teatro
Incorpora as técnicas
europeas: innovacións
Introducción de
máscaras
decorado
Importancia do
música
vestiario Xogos de luces
Nace o 5 de marzo de 1888 en Ourense, na Rúa da Paz, na mesma casa
que Risco.
Fillo de dona Eladia Pedrayo e do doutor D. Enrique Otero (que defendera
en dúas significativas ocasións o poeta Curros Enríquez), o neno Ramón
Otero criouse no seo dunha familia liberal e culta.
A súa infancia transcorreu na casa
petrucial de Trasalba onde entrará
en contacto con:
a paisaxe,
a vida aldeá e
os ritos señoriais do pazo. Aquí xurdiu o xeógrafo da paisaxe.
Ourense bacharelato
Compostela + Madrid Filosofía e letras +
Dereito
Ourense
relacionouse con Cuevillas e
Risco, amigos da infancia que
constitúen o grupo dos
"inadaptados”
En 1919, gañou as oposicións a cátedras de ensino
medio e axiña foi destinado ao Instituto de Ourense.
Participa na fundación do Partido Galeguista e sae elixido, en 1931, deputado
das Cortes Constituíntes.
No seo do Partido, Otero situábase ideoloxicamente no bando conservador.
Ao comezar a guerra civil, a pesar do seu talante conservador e relixioso, foi
expedientado, cesado como catedrático de instituto e retirouse á casa
familiar de Trasalba. Desde alí colaborou puntualmente na prensa americana,
en publicacións madrileñas e catalas e, xa a mediados da década de corenta,
con maior asiduidade en diferentes xornais galegos.
En 1949 foi restituído na súa cátedra de Instituto e no ano seguinte gañou
a cátedra de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de
Compostela. Participou tamén na fundación da Editorial Galaxia e
numerosos traballos foron publicados na revista Grial.
Os seus últimos anos pasounos en Trasalba xa
convertido en símbolo do galeguismo.
Morreu en 1976. No momento do seu falecemento era
considerado unanimemente o patriarca das letras
galegas.
tema
Galiza
Desde o punto de vista do
seu pasado histórico. Nel é
de crucial impor tancia a
ldade Media, e así o
demostra en A romería de
XeImírez (1934) centrada no
século XII arredor do
arcebispo Diego Xelmírez.
Desde o punto de vista da clase
social fidalga, que debería ser a
encargada de rexenerar económica e
ideoloxicamente Gali cia.
Ante a imposibilidade de se
chegar a isto, Otero
Pedrayo fai unha,
descrición crítica e saudosa
sobre a fidalguía galega e
sobre a súa decadencia,
moral e económica.
Melancolicamente
describe o
ascenso dunha
nova clase social
foránea, a
burguesía que
castelaniza o país.
evolución ideolóxica
Axíña chegarás a Madrid. Xa
non ouvirás noxentas falas.
Terás que disimular o acento.
Tivo noxo do acento galego.
Gostaba da chuvia e dos
asfaltos brillantes.
1
Cando pisou a terra do camiño
labrego, as rodeiras dos carros
déronlle unha seguridade que
non atopaba nos asfaltos
brillantes de europa (...)
Adrián lera os poetas novos.
Non lle producía a impresión do
pequeno libro esquecido na
alcoba da casa vella, perdida na
campía galega. Xurdía unha
afirmación de raza e lingua. Ö
corerr do inverno Adrián falaba
sempre galego cos labregos (...)
2
A partir de 1937 Otero Pedrayo sofre a
ditadura franquista, apártano durante
once anos da súa cátedra e a súa obra
vese afectada, xa que comeza unha
escrita en castelán e a que fai en
galego está limitada desde o punto de
vista temático.
Hai dúas novelas célebres de Otero, dentro da
súa extensa e valiosa producción narrativa:
Os camiños da vida,
Arredor de si.
Os camiños da vida (1928) é a primeira e a máis ambiciosa novela de
Otero Pedrayo. Construída como un grande mural, está divida en tres
partes:
e amósanos a sociedade galega rural no trance da súa transformación
durante o século XIX.
"Os señores da terra" "A maorazga" "O estudiante",
Arredor de si publicouse en 1930. A novela é un
retrato do mozo Adrián Solovio, personaxe que
está a sufrir un forte conflito existencial e se
mantén nunha posición individualista e
antigalega; considérese un inadaptado e fará
unha longa viaxe na procura da súa identidade
que o levará a terras e culturas alleas. A odisea
particular do personaxe acábao devolvendo a
Galiza cunha nova perspectiva vital de
compromiso esperanzador coa terra.
Arredor de si é unha novela xeneracional que narra o
descubrimento da identidade nacional e colectiva. Na evolución
ideolóxica do protagonista obsérvanse paralelismos coa da
maioría dos integrantes do Grupo Nós.
O resto da producción narrativa de don Ramón pódese relacionar con
estas dúas obras polo seu tratamento literario: realista ou culturalista.
Narracións realistas:
Relatan con visión obxectiva, ás
veces quebrada con xuízos
persoais e preocupacións
doutrinarias, a vida rural da
sociedade galega do século XIX.
Ademais de Os camiños da vida,
pertencen a este apartado:
• Pantelas, home libre (1925).
• Contos do camiño e da rúa (1932)
• O mesón dos ermos (1936)
Narracións culturalistas:
Nelas as accións e os
personaxes perden relevancia
en prol da exposición de ideas
e referencias culturais, que son
claves para a interpretación de
Galicia.
Ademais de Arredor de si,
pertencen a este ciclo:
• Escrito na néboa (1927)
• Fra Vernero (1934).
• A romaría de Xelmírez (1934).
• Devalar (1935).
Narracións realistas:
A grande destreza nas descricións e diálogos son algúns dos valores
literarios máis destacables.
 Pantelas, home libre (1925). Este relato breve marca o inicio da
carreira narrativa de Otero pedrayo. Pantelas, o protagonista, regresa
á súa terra despois de pasar no cárcere doce anos, tinxidos pola
lembranza da paisaxe natal.
 Contos do camiño e da rúa (1932) é un conxunto de sete
relatos, onde Otero trata o tema da decadencia da fidalguía.
 O mesón dos ermos (1936) é unha novela curta, retratos
realistas da vida da aldea e a descrición da paisaxe.
Narracións culturalistas.
 Escrito na néboa (1927) presenta a figura de Adrián Solovio, mozo fidalgo
que soña con vivir unha vida intelectual e que nos ofrece as análises do seu
mundo interior. A obra é como unha preparación ou boceto de Arredor de si.
 Fra Vernero (1934). Constitúe unha excepción na obra oteriana ó ser a única
novela que non fai referencia a Galicia. Narra a vida dun personaxe histórico,
Zacarías Werner (1768 - 1823). Pero, sobre todo, a novela é unha visión da
Europa daquel tempo.
 A romaría de Xelmírez (1934). É unha novela histórica de asunto medieval.
 Devalar (1935). esta novela xunto con Os camiños da vida e Arredor de si
fecha un ciclo sobre a formación da conciencia galeguista. É a novela máis
moderna de Otero desde o punto de vista técnico: componse dunha serie de
cadros que conforman todos xuntos unha representación da Galicia do tempo do
Seminario de Estudos Galegos, vista nun clima de esperanza e plenitude.
A tradición A fidalguía A paisaxe
A a tradición, que é a sabedoría acumulada por
sucesivas xeracións ó longo dos séculos, conformando deste
xeito a cultura espiritual do pobo galego. De aí, a xenreira de
Otero contra os tendeiros-comerciantes de orixe foránea que
irrompen na vida galega, traendo uns ideais materialistas
(enriquecemento burgués) destructores dos modos de vida
tradicionais. Xeran ademais nas cidades un desprezo polos
labregos (clase sustentadora do ser de Galicia) e fomentan
unha cultura mimética e antigalega.
Outra potencia nova ía medrando na aldea: o tendeiro.Inda
non estaba rematada a carreira, un día tódolos cotos e
solainasse encheron de xente ós montóns. Entraba o
comercio na aldea. Xente de tralla que xuraba, gastaba,
traía novos falares, non respectaba as festas nin os costumes
antergos (...) Outros da mesma caste ían espallando ó
correr de tódalas novas carreteiras os fundamentos dunha
burguesía que mainamente sustituía a fidalguía anterga dos
pazos.
A fidalguía. Esta clase social nacida ó abeiro dos mosteiros,
simboliza para Otero a vida tradicional e sosegada da aldea, sometida
ós ciclos naturais. Mais pese á lei que lle ten, Otero ataca esta caste
pola súa deserción da aldea e o éxodo cara á cidade, onde rematará
alienada cultural e politicamente, renegando da súa condición galega,
mentres os comerciantes foráneos se fan coa dirección da sociedade.
Con todo, a identificación de Otero cos valores tradicionais que
representa a fidalguía, lévao a crear literariamente unha fidalguía
ideal, "nacionalista", consciente da súa función na rexeneración da
caste e na redención de Galicia.
O herdeiro, con todo de gastar a vida cabalgando por chairas e
camiños, sempre foi de ruín retrato. Esbrancuxado, faciana sen
sombras, ollos raposeiros, maneiras curtas diante dos iguais,
mandonas e crueis cos paisanos. Os seus grandes amigos - ou,
mellor, compañeiros - eran Fuco de Penoutás e o sobriño do abade,
rapazotes maiores ca el e mantidos coas regalías do pazo. Non se
fartaban de comer e beber e lucían moita fachenda a conta allea.
Levaban o herdeiro ás mozas e ás xoguetas dos pobos da ribeira,
onde ás veces se demoraba a compaña por semanas enteiras, ata
que esmoían os cartos. Nin comprendía o sufrimento de Misia
Xacinta. Que non quedaba no herdeiro, pois xa sospeitaba que os
pequenos lle ían saír tortos. O segundo, don Farruco, inda que
cativo de corpo figuraba gracioso e de linda cariña: só lle pracía
estar deitado preto das criadas no lavadeiro e na cociña facendo
todo o mal que podía e disimulando cun riso agarimoso... Don
Caetano, cada ano máis pallaso, foi esquencendo a
administración do patrimonio.
A paisaxe.
Segundo Otero, na conformación da paisaxe actúan tres elementos fundamentais:
 o factor cósmico (as forzas xeolóxicas, astronómicas e atmosféricas),
 o factor biolóxico (flora e fauna) e mais
 o factor humano (agricultura, arquitectura, arte);
cada un deles establece o seu propio tempo: o planetario, o vital e o histórico,
respectivamente.
Para Otero Pedrayo a paisaxe está dotada de vida e goberna a vida do home,
configurando a súa psicoloxía. Este motivo é fundamental na súa narrativa, inzada
de naturezas humanizadas, que non son un simple escenario senón que, dotadas
de movemento e animación, se enxergan como consubstanciais co ser humano.
O ensaio é, coa novela, o núcleo fundamental da produción literaria de
Otero
Podemos sinalar as seguintes vertentes temáticas da súa obra ensaística
en galego:
a) o ensaio xeográfico, que desenvolve en varios
manuais de xeografía e guías de Galiza, sendo a súa obra magna o tomo
dedicado á Xeografía física da Historia de Galiza (1962) que el mesmo
coordenou.
b) os libros de viaxes, como Pelerinaxes (1929), onde
reseña a romaxe emprendida con Risco e outros galeguistas desde Ourense até o
santuario de Santo André de Teixido, ou Por os vieiros da saudade (1952), que
recolle a experiencia da súa primeira viaxe á Arxentina e o encontro coa diáspora
galega en 1947.
c) a semblanza biográfica, no Libro dos amigos (1953), en que con
emoción e dor apaixonada vai recordando a trinta e nove personaxes xa falecidos
que deixaron fonda pegada na súa vida, sen que falten as lembranzas de
compañeiros galeguistas asasinados no 36 (Alexandre Bóveda, Ánxel Casal,
Roberto Blanco Torres), ou. condenados ao exilio (Castelao).
A pesar de non estar orixinariamente escrita en galego, é de singular
interese para comprender a visión de Galiza que latexa en Otero unha
síntese histórica, o Ensayo histórico sobre la cultura
gallega (1933), pensado inicialmente para ser publicado en Madrid
e dirixido a un público español. Ten unha segunda edición na
emigración (1939), unha tradución portuguesa (1954) e outra ao galego
aparecida en 1982, á que o autor foi alleo.
Asúmese a visión de Galiza conformada na historiografía do XIX: un
forte substrato céltico, unha vocación europeísta, o atlantismo.... fronte
ao Mediterráneo, ás xentes do Sul, etc.
Lingua e
estilo
de Otero:
referencias culturais e eruditas que en ocasións
limitan a comprensión da historia novelada en si.
Así mesmo, os extensos parágrafos, os longos
períodos subordinados
un léxico rural moi enxebre crean unha linguaxe
complexa que en ocasións foi definida como
«barroca».
Nalgunha obra narrativa non se perciben uns
límites claros entre novela e ensaio.
Lingua
elevar o galego ó rango de lingua de
cultura.
Facer do galego unha lingua non
diglósica.
O primeiro e grande atranco co que se atoparon os escritores de Nós,
era a a falta de criterios para escribiren nun idioma que
era eminentemente oral.
• afán de diferencialismo
• capacidade creadora
• Otero foxe, conscientemente, no seu galego, de todo o que sexa
común ó español: daquela ha empregar dialectalismos,
hiperenxebrismos, etc.
Diferencialismos:
dialectalismos
hiprenxebrismos
arcaísmos
lusismos
Creación de palabras novas sobre a existencia doutras: fado
fadalidade...
Creación de neoloxismos: pranouto, o mundo de alem-cova...
Substitución do sufixo -dor por -doiro: lembradoiro, vibradoiro
Lingua popular:
(Ourense, 1884-1963)
No seo dunha familia acomodada,
a súa vida transcorreu en Ourense e
Trasalba, co seu amigo e veciño
Ramòn Otero Pedrayo.
Estudou Dereito por libre na
Universidade de Santiago, licenciouse
en 1906 e ingresou no corpo de
funcionarios de Facenda, con destino
en Ourense.
Despois dunha estancia en Madrid de tres anos, regresou a
Ourense en 1916 como profesor de historia na Escola de
Maxisterio.
A súa preocupación intelectual manifestouse nun
profundo coñecemento da actualidade das
vangardas literarias e no interese polo esoterismo
e as filosofìas orientais, e levouno a fundar en
1917 a revista La Centuria, da que saíron sete
números. A finais dese mesmo ano incorporouse ao
movemento galeguista, entrando nas Irmandades
da Fala e colaborando no xornal A Nosa Terra.
Risco desenvolveu un labor fundamental a prol da recuperación e
dignificación da cultura galega, preocupación que o levou a atender
a múltiples frontes, desde aconsellar e guiar a nova xeración até se
transformar no ideólogo do nacionalismo co ensaio Teoría
do nacionalismo galego.
Foi fundador da revista Nós e colaborou no Seminario de Estudos
Galegos.
No campo político consolidou desde moi cedo o seu peso nas
Irmandades, e conseguiu a súa desmembración creando a
Irmandade Nazonalista Galega, de opción culturalista fronte ás
aspiracións políticas da vella Irmandade da Fala.
Non eramos patriotas. 0 patriotismo d’aquela
era o patriotismo hespañol [...] Nós eramos
exotístas, partidarios do lonjano, do recuado,
do descoñecido.[...]E andivemos pelengrinando
pol-as cosmogonías e pol-as culturas en
demanda do insólito [...] Non sintiamo-lo
hespañol, e se respeito da Europa eramos
oríentalistas, respeito da Hespaña eramos
europeístas.
Risco observou un rexurdir do espírito atlántico e celta, que
estaba á marxe da decadente cultura grecolatina, e que
encarnaba o verdadeiro sentir do pobo galego. Dese xeito,
reflectiu nos seus escritos as afirmacións de que “Galicia é xa
unha nación” e “ser diferente é ser eisistente”, en clara alusión á
identidade galega, posuidora dunha lingua, dunha tradición,
dunha historia e duns costumes propios, que a singularizaban
con respecto ó resto dos pobos de España.
Galíza non será nada se se uniformíza con
España. Ser diferentes é ser existentes. Pódese
ceder en todo, agás no noso patrimonio
espiritual.
1930
pensamento máis
conservador e católico
Alemania
Cultura tradicionalista
1934
Durante a guerra foi un afervoado cantor dos fascistas
sublevados.
Risco céntrase como escritor español.
De todos os xeitos, a instancias dos seus vellos
camaradas, baixo o título de Leria, publicou en 1961
unha escolma de traballos filosóficos, críticos e
literarios, redixidos na nosa lingua entre 1920 e 1955.
Dereita Galeguista.
Podemos distinguir tres etapas na súa
traxectoria intelectual
Pregaleguista
(ata 1920)
Nacionalista
(1920 – 1934)
Postnacionalista
(1934 – 1963)
A primeira etapa (pregaleguista, anterior a 1920) aparece
explicada por el mesmo en Nós, os ínadaptados (1933).
Neste ensaio, Risco estuda a evolución ideolóxica do seu
grupo xeracional.
1
Estas páxinas son de especial importancia pois poñen de relevo os gustos
literarios e artísticos do grupo ourensán e, sobre todo, os presupostos
ideolóxicos de Risco, que se asentan no irracionalismo
gnoselóxico.
decadentismo de
fin de século
cosmopolitismo
filosofías orientais de
fin de século
A segunda etapa (nacionalista, 1920-1934) iníciase
coa conversión de Risco ao galeguismo, O seu ingreso
nas Irmandades e a fundación da revista Nós. Sen
mudar os presupostos ideolóxicos.
2
O ourensán troca teosofía, budismo e
orientalismo por cristianismo, celtismo e
atlantismo.
Risco converterase no principal ideólogo do movemento
galeguista coa publicación da Teoría do nacionalismo
galego (1920), obra na que pretende exaltar o ser de
Galicia a través da lingua, da terra e da raza, nunha
concepción orgánico-historicista da nación.
A terceira etapa (postnacionalista, 1934-1963)
comeza coas crónicas da súa viaxe a Centroeuropa,
publicadas en Nós e que logo recollería en parte no libro
Mitteleuropa (1934.
3
xa se percibe o desencanto polas
direccións que tomaba o movemento
galeguista ao aliarse coa esquerda para
salvar a autonomía.
BASES FILOSOFICA DO PENSAMENTO DE
RISCO:
Irracionalismo
gnoseolòxico
Visiòn cìclica
da historia
O sentimento
da Terra
Irracionalismo gnoseolóxico.
Segundo esta teoría, o emprego exclusivo da razón
non pode dar conta da realidade (cando menos no
seu aspecto global), pois esta é tamén coñecible
por outros medios (intuición, mito, arte, relixión
... ). A ditadura da razón leva a un esmorecemento
do espírito e conduce á decadencia. De aí a súa
crítica da experimentación, da ciencia e da
técnica (realizacións supremas da razón).
Fronte ao racionalismo, Risco exalta o sentimento,
non como función afectiva senón como facultade
cognoscitiva e potencia mística, que, por riba da razón,
nos revela o cerne das cousas. Isto explica a súa
fascinación polo mito, polo esoterismo e polas filosofías
orientais, e, coa súa chegada ao galeguismo, a valoración
da tradición, que permite reconstruír o corpo da cultura
galega, produto do espiritualismo céltico e atlántico, que
Risco contrapón ao intelectualismo da civilización
mediterránea.
Visión cíclica da Historia.
A teoría da historia formulada por Risco, de novo
esbozada en Nós, os inadaptados, ten un carácter
cíclico e espiritualista. Existen tres tipos de homes,
dinos Risco:
hylícos (materialistas),
psíquicos (racionalistas) e
pneumáticos (espiritualistas).
O sentimento da Terra.
O sentimento relixioso da Terra é unha constante
antropolóxica e cultural do home galego. Trátase da
emoción dun pobo de labradores, profundamente
apegado á Terra, que orixina o sentimento da
Natureza e da paisaxe. Este sentimento arraigou
inicialmente nos devanceiros celtas ao chegaren a
Galicia e desde entón ficou gravado no
inconsciente colectivo da raza e nas súas
Deste xeito, a cultura galega é o resultado dunha
perfecta simbiose coa Terra e ten como substrato
común a saudade -adoración da terra e procura do
alén-, que conforma a nosa cosmovisión e
psicoloxía.
Neste senso valora a fala como o elemento máis
espiritual da cultura, pois modela o pensamento e a
maneira de ser das xentes ata o punto de que o
cambio de lingua determina a dexeneración
Narrativa curta
Do caso que lle aconteceu ao
doutor Alveiros (1919)
A trabe d’ouro e a trabe d’alquitrán
(1925)
O lobo da xente (1935)
A coutada (1926)
Os europeos en Abrantes (1927)
Do caso que lle aconteceu ao
doutor Alveiros (1919) é a súa
primeira obra narrativa.
O doutor Alveiros, o protagonista,
vive unha estraña aventura na que
entra en contacto co mundo dos
mortos e, despois de facer uso dos
seus coñecementos esotéricos, logra
liberar a momia de Tutankhamen das
súas vendas e presencia a
participación do defunto faraón na
Danza Macabra.
Trátase dunha narración humorística
con notas críticas referidas ás
materias ocultistas tratadas no texto.
Viña n-os anuncios de preferencia. Pouco explícito, mais atraguía o ollar vagariñante.
O Dr. Alveiros leuno, e quedous'a pensar. O fin escribiu pregando que lle deran
explicaciós. El non sabía, afellas, segredo ningún; sabía o que saben moitos qu'andan
âs voltas co-isas cousas do demo. Estudiar, estudiaba, pro lle non viña o diaño a soplar
âs orellas. Escribiu porqu'era curioso.
Era home de moita cachaza e d'un forte escepticismo. Com'él hai moitos outros que
andan a estudiar as bruxerías; en este com'en outro calquera ramo da cencia, os que
tolean son poucos. Mais o Alveiros, dend'o día qu'escribíu, agardou a resposta c'unha
impacencia que medraba ô pasar cada día.
O fin, chegou. E puña:
Sr. D. Bieito Alveiros
Moi distinto señor:
Teño moito gusto en lle mandar as aclaraciós que desexa. Teño coñocemento das
suas pubricaciós, e creo que vostede e o que tal pra me servire no conto. Agora, qu'o
que eu quero que vostede faga se s'anima a elo é difícile. Tamén o premeo é merecente
de qu'un faga un esforzo. Trátase de atopar un rescrito que podía volvel-o movemento a
unha momia enfaixada y-embalsamada pol-os exipcios. Se vostede m'o pode dar, os
trinta mil pesos son seus.
Pregandoll'o maor segredo, fica de V. afmo. S. S. q. ll. b. a. m.
R. Dehmel.
A trabe de ouro e a trabe de alquítrán (1925)
é tamén un relato de base folclórica, pero
agora nitidamente literaturizado:
Bastián penetra no mundo soterraño, onde
residen os mouros (representantes do poder
da ciencia e da técnica) e mais os Avós da
Raza (druídas celtas que aparecen como
conservadores da tradición milenaria). A
narración ten unha evidente dimensión
doutrinaria e didáctica: o camiño de
recuperación da identidade galega conduce
as orixes celtas da nosa cultura, amecidas co
cristianismo, rexeitando a allea, enganosa e
destructora civilización mediterránea.
O lobo da xente (1925) .
Supón a transcrición literaria e culta
da lenda popular do lobishome. O
narrador recrea dunxeito sobrio os
elementos anecdóticos transmitidos
pola tradición oral e realiza algunha
disertación, poñendo de relevo a
misteriosa relación do home coas
fonduras secretas da natureza.
A Coutada (1926)
desenvolve un diálogo filosófico máis que
unha verdadeira narración. O protagonista,
inadaptado na sociedade urbana, trata de
convencer á muller para regresar á “Coutada
“, casa herdada que simboliza a fidelidade ao
"imperativo da raza" (o sentimento da terra) e
a conseguinte felicidade.
Os europeos
en Abrantes
(1927)
é unha novela inacabada
da que Risco publicou uns
capítulos en Nós.
Constitúen unha sátira de
persoas e lugares da vida
ourensá.
Socialmente, a poboación divídese en tres
clases; a alta é a médico; a media,o xefe de
estación e o cabo da garda civil e a baixa, tódolos
demais. Esta división tripartita fúndase na
consideración social, mais pódese facer outra
entre o elelmento militar e o civil, outra entre a
clase industrial e a clase agraria, etc..., porque en
Abrantes é un mundo en pequeno. En Abrantes
non hai costumes.... Os homes xúntanse na
tenda onde venden viño e gasosas. O viño,
cando hai colleita no país, é agre; cando non o
hai, é composto. As gasosas teñen a temperatura
do tempo; quentes no verán e frías no inverno. As
mulleres xúntanse nas portas. Os nenos e os
cans xúntanse en tódolas partes.
Coma as gasosas, así é o clima de Abrantes: no
inverno é un glaciar, no verán é un inferno. O
verán de Abrantes é bíblico; é unha praga, é as
dez pragas de Exipto................
Narrativa longa
Pero o cume da súa narrativa é O porco
de pé (1928). A xeito de parodia, é unha
sátira das estructuras sociais ourensás
personificada na figura de don Celidonio,
comerciante de orixe castelá que chega a
alcalde e representa a vulgaridade e
materialismo da nova burguesía. Fronte a el,
o doutor Alveiros é un intelectual
espiritualista. O experimentalismo narrativo,
vencellado coa estética expresionista, e o
afán de presentación das ideas dilúen a
narración, que ocupa un segundo plano.
Na postguerra, D. Celidonio ascendeu de porco a marrán e chegou a ser alcalde.
A parenta inflou coma o fol da gaita. [...]
Don Celidonio é gordo e artrítico. O carrolo sáelle para fóra; na calva ten unha
que outra serda; ten as fazulas hipertrofiadas, da cor do magro do xamón, e tan
lustrosas, que semellan que botan unto derretido; ás nádegas e o bandullo
vánselle un pouco para abaixo.
O lardo rezúmalle por todo o corpo, e no vran súdao en regueiros aceitosos e en
pingotas bastas, coma as que deitan os chourizos cando están no fumeiro.
Así como é graxento o corpo, tamén o miolo de D. Celidonio. Se lle escachasen a
testa, tiña que ser con pau-ferro e picaraña, en lugar dunha sesadahabía atopar
un unto. Corpo e alma, tanto ten, todo é graxa e manteiga. Don Celidonio é igual
por dentro ca por fóra: carne e espírito son a mesma zorza, misturada e revolta,
co mesmo adubo de ourego e pemento).
Castelao é en moitos aspectos, a figura máis relevante
da historia da cultura galega do século XX.
Dotado dunha sensibilidade singular, extraordinario
debuxante e literato maxistral, revélasenos como un
profundo coñecedor da psicoloxía do pobo galego,
que queda perdurablemente reflectida na súa obra
inzada de comprensión e humanidade.
Nace no 1886 Rianxo
Dos 10 aos 14 anos Pampa arxentina
Estuda Medicina em Compostela
Volta a Rianxo
Participa na política local
Deixa a medicina
Fíxenme médico por amor a
meu pai. Nunca exercín por
amor á humanidade
En xullo de 1933 foi nomeado
académico de número da Real
Academia Galega.
Coa proclamación da Segunda República, Castelao, nas filas do
Partido galeguista, é elixido deputado pola provincia de Pontevedra, e
nas Cortes Constituíntes fai unha apaixonada defensa da lingua
galega. Participa activamente na vida política, especialmente a prol da
consecución do Estatuto de Autonomía para Galicia.
O Estatuto foi aprobado por unha amplísima maioría e
unha alta participación (de case o 75%).
Castelao marchou a Madrid xa a primeiros de xullo e agardou alí á
Comisión que entregaría oficialmente o proxecto ó Goberno.
O día 14 de xullo reuníronse co Presidente das Cortes, Diego
Martínez Barrio, e o 17 con Manuel Azaña, Presidente da República.
Ao día seguinte comeza a Guerra Civil.
Castelao xa nunca volvería a Galiza
En 1938 viaxa a Moscú, onde expón as coleccións de debuxos que
amosan estampas da guerra. En Nova York tamén expón, e nesa
cidade publica a colección Milicianos, con debuxos sobre o mesmo
tema. Viaxa logo a Cuba e finalmente establece a súa residencia en
Bos Aires, onde funda, con outros exiliados, a revista Galeuzca.
No ano 1946 é nomeado ministro do goberno da República no exilio.
Moscú Bos Aires
Nova Iorque Cuba
En 1984 os seus restos
foron trasladados a Galicia.
Morreu en Bos Aires o 7 de xaneiro de 1950 e foi soterrado no panteón do
Centro Galego.
Presenta características que o afastan do grupo:
A personalidade de Castelao non coincide co esquema vital e ideolóxico
dos integrantes do Grupo Nós está ligado.
Castelao intégrase no galeguismo moi axiña e mantense nel
durante toda a súa vida.
Amais disto, a súa obra está máis próxima ó pobo galego
cá do resto dos compoñentes do Grupo xa que gaña en calor
e fondura humanas e está lonxe da intelectualidade que
caracteriza as obras dos outros autores.
A primeira obra narrativa de Castelao é Un ollo
de vidro, publicada en 1922 na colección
Céltiga co subtítulo de "Memorias dun esquelete".
No prólogo diríxese ó lector o propio Castelao, que
explica como atopou as memorias do esqueleto que
veñen a continuación. Estas son unha serie de
secuencias narrativas que non gardan outra
unidade que a de estar contadas por un mesmo
narrador (o esqueleto, que lembra sucesos da súa
vida pasada) a dous colegas de cemiterio, percibidos
a través da prótese de vidro que lle tapara, de vivo, o
oco dun ollo perdido.
A temática de ultratumba xa fora abordada por Risco con
tratamento semellante do humor negro, pero hai nesta
como no resto das obras de Castelao unha dose de
tenrura inusual no mestre ourensán. É ben significativa da
súa concepción de humor a cita de Mark Twain inserida
por Castelao no inicio do libro:
Debaixo do humorismo hai sempre
unha grande dor; por iso no ceo
non hai humoristas.
Este humor de Castelao non é alleo á sátira social
de carácter anticaciquil:
Quixen saber quen fora o vampiro no mundo
dos homes e fun ler o seu nome de bronce no
rico mármore da campa. O seu nome só
abondoume. Fora un canalla que roubara para
dar regalía ó seu bandullo de porco; dono da
xustiza, roubala desde a súa confortable casa.
Para que dicir máis? Era...,fora un cacique!.
Cousas, En 1926 apareceu o
primeiro libro de Cousas: un conxunto
de prosas con ilustracións publicadas
con anterioridade na prensa. A
editorial Nós, en 1929, publicou unha
segunda colección, e en 1934 unha
edición que recolle o contido dos
dous libros precedentes.
Cada "cousa" leva unha
ilustración que complementa o
texto. Este desenvolve
brevemente asuntos de temática
variada, en moitos casos de
ambiente labrego ou mariñeiro,
comprimidos por un
procedemento semellante á
técnica de debuxo empregada
por Castelao.
- Non veñas máis pedir á miña porta.
- E pois logo a ver cando vén vostede a
pedir á miña.
A "cousa" constitúe a fórmula literaria
máis orixinal e característica de
Castelao. Narran a historia ou algún
acontecemento de diferentes
personaxes, pero poden non ter
carácter narrativo e ser en troques a
lírica expresión dun delicado
pensamento. Algunhas, ateigadas de
lirismo e sinxelas na forma, poden
ser mesmo consideradas como
poemas en prosa.
O pai de Migueliño chegaba das Américas e o rapaz non
cabía de gozo no seu traxe festeiro. Migueliño sabía cos ollos
pechados cómo era o seu pai; pero denantes de saír da casa
botoulle unha ollada ó retrato.
Os "americanos" xa estaban desembarcando. Migueliño e a
súa nai agardaban no peirán do porto. O corazón do rapaz
batíalle na táboa do peito e os seus ollos esculcaban nas
greas, en procura do pai ensoñado.
De súpeto avistouno de lonxe. Era o mesmo do retrato ou
aínda mellor portado, e Migueliño sinteu por el un grande
amor e canto máis se achegaba o "americano", máis cobiza
sentía o rapaz por enchelo de bicos. ¡ Ai !, o "americano"
pasou de largo sen mirar para ninguén, e Migueliño deixou
de querelo.
Agora si, agora si que o era. Migueliño avistou outro home
moi ben traxeado e o corazón dáballe que aquel era o seu
pai. O rapaz devecíase por bicalo a fartar. ¡Tiña un porte de
tanto señorío! ¡ Ai !, o "americano" pasou de largo e nin tan
siquera reparou que o seguían os ollos angurentos dun neno.
O libro Retrincos, publicado en
1934, é unha colección de cinco
contos que se nos presentan como
autobiográficos e que recollen cinco
momentos da vida de Castelao,
ordenados cronoloxicamente.
O segredo: relata unha
anécdota de estadía do
narrador cando era neno
pampa arxentina
O inglés: desenvólvese tamén
na pampa e trata de un neno
que pintaba na polbeira do seu
pai os barcos da escuadra
española e un inglés ríase da
exaltación patrióticado do
pequeno debuxante
Peito de lobo: trata dun
estudiante que se lle ocorre facer
para as festas da súa vila, un
cabezudo que reproducía o rostro
dun mariñeiro coñecido. Isto fixo
que se enfadara, pero co tempo
fóise amigando porque se sentía
inmortalizado na súa propia vila.
O retrato é unha fermosa
anécdota de cando Castelao xa
deixara a medicina: a curación
imposible para un médico é o
milagre feito polo pintor. O relato
está datado en 1922, en
Pontevedra.
A Sabela é unha narración da súa época
de deputado en Cortes. O relato artéllase
sobre o contraste entre a moza que fora a
súa compañeira de bailes e a muller en
que se converteu co paso do tempo. O
relato está datado en 1934, tamén en
Pontevedra, e tampouco fora publicado
anteriormente.
Os dous de sempre.
É a única novela de Castelao;
consiste nunha sucesión de
relatos que gardan unidade entre
eles pola referencia a dous
protagonistas constantes:
Pedriño e Rañolas.
A tía Ádega, chea de alifaces, non reparaba en sacalo da boca para
mandarllo ós meniños de Farruco: un sobriño casado fóra da vila.
A probe vella mantíñase de peixes pequenos, dos peixes que mercan as
señoras gordas para botarllos ó gato, e todo por aforrar para os fillos de
Farruco.
En días sinalados a tía Ádega mandáballe[s] ós sobriños un caixón cheo
de cousas de comer, e quedábase cavilando no contentamento dos
rapaces. A caixa sempre contiña lambetadas de mérito: chourizos,
anacos de pernil, roscas de ovo, cachos de tarta, melindres, zucre...
Farruco ben merescía as axudas da tía Ádega porque vivía feito un
azacán; ¡el, que fora o mozo máis enfonchado da vila, por quen
toleaban as mozas de máis porqué!
A novela é unha biografía paralela dos dous personaxes,
que son amigos da infancia e seguen camiños diferentes,
narrada desde a nenez.
Na portada da novela figuran un paxaro e un sapo que
representan dun xeito simbólico o carácter oposto de
cada un dos personaxes.
Eu quero contarvos un sucedido que amostra os degoiros de comida que
sempre sentían os rapaces de Farruco. Estaba o probe pai ensumido en
cavilacións, pois acababa de recebir un novo meniño, moi repoludo e
bonito, certamente, pero que non traía consigo a comida do mañán, e
achegouse a el Pedro, o fillo máis vello, que o despertou das súas
cavilacións.
—¿De onde veu o meniño, papai?
E Farruco respondeulle, por decir algo:
—Mandouno a tía Ádega no caixón das lambetadas.
E Pedro, dispois dun anaco de meditación, volveu a perguntar, cos seus
ollos de acibeche, brilantes de ledicia:
—¿E cando o comemos?
Ten a estrutura semellante ás novelas picarescas,
especialmente polo que toca a Rañolas, quen, partindo
dunhas circunstancias adversas (de humilde condición,
eivado de corpo), vai vivindo diferentes situacións nos
sucesivos oficios que exerce, desde o de mendicante ó de
reloxeiro de proveito.
En contraste con Rañolas, o outro protagonista, Pedriño,
é un home sen vontade e sen ambición.
Os asuntos das obras de Castelao reflicten a vida do pobo:
os pesares, ledicias e actitudes de labregos e mariñeiros.
Ofrécenos unha nova visión do paisano galego, lonxe do
ruralismo decimonónico, que procuraba a comicidade a
custa do que presentaba como ignorancia e actitudes
choqueiras das clases populares.
Castelao descóbrenos a dignidade dos mesmos.
Consegue, pois, unha arte popular polo seu
contido, forma e aceptación, e ó tempo de
grande calidade estética, gracias á riqueza
léxica, á atinada construción sintáctica, ó
humorismo profundo e ó lirismo que inzan a
súa prosa narrativa, ateigada ademais dunha
emoción solidaria co ser humano.
O tema principal que vertebra a obra de Castelao é a
morte.
Tratada sempre de forma orixinal, variada e tinguida de
humor, é o eixe temático de discursos realistas e fantásticos,
que se entrecruzan frecuentemente (Un ollo de vidro, Os vellos
non deben de namorarse...) Outros temas recorrentes da prosa
de Castelao xiran arredor dos problemas
socioeconómicos, a emigración, o desterro... e da
cultura popular.
A técnica narrativa do autor de Cousas
caracterízase pola presencia dun procedemento que tamén
se dá na obra gráfica do rianxeiro: uns trazos selectivos
esenciais denotan o fundamental da historia e o resto da
información queda suxerida dun modo connotativo.
Domina, pois, a forma breve e sintética, sinxela en
aparencia mais froito dun laborioso traballo de depuración
e escolma.
Así mesmo, o humorismo é outro recurso
esencial do tratamento dos temas da súa narrativa.
Mediante o humor, Castelao revela o cerne dos asuntos
tratados, sen concesións ó simplemente anecdótico.
Deste xeito descobre os aspectos máis inesperados
pero ó tempo os máis auténticos que agachan o
comportamento dos seus personaxes.
Os desenlaces están coidados con esmero e a
miúdo rematan nun clímax con epifonema (figura de
pensamento que conclúe un relato cunha exclamación
ou meditación profundas). Deste xeito, o narrador
expresa nunha atinada síntese a esencia do relato.
Da morea de entullos surdía o corpo de Rañolas, en coiriño de todo, sentado
nunha cadeira derreada. O tronco sen cabeza, desfeito en carniza; os longos
brazos pendurados; as pernas tocas.
Na parede branca, salferida de miolos sanguiñentos, deixa Rañolas a súa
despedida. Era unha soia verba, escrita con letras grandes e mouras:
¡PROTESTO!
o verdadeiro heroísmo consiste en
trocar os anceios en realidades,
as ideias en feitos
CASTELAO ······· 1886-1950
Sempre en Galiza (Buenos Aires, 1944 [1ª
ed.] e 1961 [2ª]) é un conxunto de textos diversos
recollidos nun volume en diferentes sitios e anos.
Converteuse desde a súa publicación na "biblia" do
galeguismo.
Componse dun limiar ou “Adro” (14 artigos
escritos no desterro en Badaxoz en 1935) ao que
seguen catro “Libros” (o primeiro, de 1937; o
derradeiro, inacabado, de 1947).
É un ideario plural e complexo no que hai reflexións sobre
cultura e lingua, historia e análise política dos tempos da
República e posguerra.
Dous dos eixos do seu pensamento que máis influíron no
pensamento galeguista posterior foron a súa exposición teórica
sobre o carácter de nación de Galiza e o seu pensamento sobre
a situación lingüística.
¿Con que dereito se nos obriga a
deprendermos a lingua de Castela e non se
obriga aos casteláns a deprenderen a nosa?
CASTELAO ······· 1886-1950
Chegan a decir que o problema galego igual que o
vasco e catalán, depende da solución que acorde a
maioría dos hespañoes... ¡Estábamos aviados!
CASTELAO ······· 1886-1950
os ingleses aldraxan aos escoceses; os franceses aos
bretóns; os casteláns aos galegos. E todos eses
aldraxes non son máis que un recoñecemento tácito do
"carácter nacional"
CASTELAO ······· 1886-1950
Atila en Galicia
Moitas veces os mártires
crean mundos que os
herois nin tansiquera son
capaces de concebir. E na
Miña Terra complirase a
vontade dos mártires.
Castelao Valencia, Xulio
de 1.937
Milicianos
Estas estampas relembran os
primeiros meses de guerra
cando a heroica tolería do
pobo coutou a marcha dos
militares e dounos tempo
para crear o Exército da
República.
Castelao New York, Agosto
1.938
Album Nos
Este álbum de dibuxos foi composto antr´os anos dezaseis e dezaoito, cando
Galiza s´esperguizaba d´un longo sono. Con este medio cento de dibuxos
intentei desacougar a todol-os licenciados da Universidade (amas de cría do
caciquismo), a todol-os homes que vivían do favor oficial... As intencións eran
nobles e o pesimismo aparente. Certo que a tristura d´estes dibuxos queima
com´a raxeira do sol que pasa por unha lupa; mais eu non quixen cantal-a
ledicia das nosas festas, nin a fartura dos casamentos, sinón as tremendas
angurias do decotío labrego e mariñeiro. Algúns espíritos sensibles que choran
co-a melanconía dos tangos e dos fados, atoparon desmedida esta door das
miñas estampas; outros espíritos inertes ollaron pouco patriotismo no afán de
ser verdadeiro. Con todo, eu sigo coidando que o pesimismo pode ser
libertador cando desperta carraxes e cobizas d´unha vida máis limpa. Cicáis
hoxe atácase as nosas mágoas c´un humor menos acedo; mais ninguén pode
negarme que as vellas inxusticias siguen en pé: velahi porqué me arrisco a
publicar esta obra. Ela foi amostrada en todal-as cibdades e vilas de Galiza e
sirven de pretesto para "conferencias" que influiron no actual rexurdimento da
galeguidade. E co-as chatas que ten eu gárdolle lei e quero espoñela de novo ô
xuicio de todos.
Castelao Galiza, 1931.
Galicia Martir
Aos Galegos que andan pol-o
mundo:
Estas estampas, arrincadas da
miña propia door, van dirixidas a
vós que sempre amáchedes a
liberdade e sodes a única reserva
que nos queda para reconstruir o
fogar desfeito.
Castelao Valencia, Febreiro de
1.937
Esta dor non se cura con resiñación
Non enterran cadavres, enterran semente
Debuxos de Negros
Unha pequena mostra dos espléndidos debuxos que Castelao
adicou ás minorias étnicas de New York e ao pobo de Cuba.
Castelao 1939
caricaturista,
A caricatura de Castelao é o método polo que chega ó
máis fundo da alma galega e nelas o ton humorístico, o
trazo caricatural é só un pretexto baixo o cal se enmascara
algo máis profundo.
Castelao é o introdutor en España das dúas direccións
máis acusadas da caricatura moderna:
o fondo social e a simplicidade expresiva;
A prosa do primeiro terzo do século XX

Mais conteúdo relacionado

Mais procurados

O galego no primeiro terzo do século XX
O galego no primeiro terzo do século XXO galego no primeiro terzo do século XX
O galego no primeiro terzo do século XX
xenevra
 
9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976
9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 19769. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976
9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976
Lourenço Alvarez Ruiz
 
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso EmilioLingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Román Landín
 
Literatura galega (1900-1936)
Literatura galega (1900-1936)Literatura galega (1900-1936)
Literatura galega (1900-1936)
Román Landín
 
A xeración Nós
A xeración NósA xeración Nós
A xeración Nós
xenevra
 
10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi
10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi
10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi
Lourenço Alvarez Ruiz
 
Rafael Dieste.
Rafael Dieste.Rafael Dieste.
Rafael Dieste.
leilytta
 

Mais procurados (20)

Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
O galego no primeiro terzo do século XX
O galego no primeiro terzo do século XXO galego no primeiro terzo do século XX
O galego no primeiro terzo do século XX
 
As vangardas na lit. galega
As vangardas na lit. galegaAs vangardas na lit. galega
As vangardas na lit. galega
 
Esquemas. a poesía das Irmandades da Fala
Esquemas. a poesía das Irmandades da FalaEsquemas. a poesía das Irmandades da Fala
Esquemas. a poesía das Irmandades da Fala
 
9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976
9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 19769. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976
9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976
 
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso EmilioLingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
 
3. a prosa do 1º terzo do séc. xx
3. a prosa do 1º terzo do séc. xx3. a prosa do 1º terzo do séc. xx
3. a prosa do 1º terzo do séc. xx
 
Esquema da literatura galega contemporánea
Esquema da literatura galega contemporáneaEsquema da literatura galega contemporánea
Esquema da literatura galega contemporánea
 
Vangardas Galegas
Vangardas GalegasVangardas Galegas
Vangardas Galegas
 
Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste (por Yaiza Otero)
Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste (por Yaiza Otero)Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste (por Yaiza Otero)
Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste (por Yaiza Otero)
 
Literatura galega (1900-1936)
Literatura galega (1900-1936)Literatura galega (1900-1936)
Literatura galega (1900-1936)
 
primeiro terzo lingua
primeiro terzo linguaprimeiro terzo lingua
primeiro terzo lingua
 
Literatura galega contemporánea (esquema despregable)
Literatura galega contemporánea (esquema despregable)Literatura galega contemporánea (esquema despregable)
Literatura galega contemporánea (esquema despregable)
 
A xeración Nós
A xeración NósA xeración Nós
A xeración Nós
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
A literatura do exilio entre 1936 e 1976
A literatura do exilio entre 1936 e 1976A literatura do exilio entre 1936 e 1976
A literatura do exilio entre 1936 e 1976
 
As Vangardas
As VangardasAs Vangardas
As Vangardas
 
1. a poesía das irmandades da fala
1. a poesía das irmandades da fala1. a poesía das irmandades da fala
1. a poesía das irmandades da fala
 
10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi
10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi
10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi
 
Rafael Dieste.
Rafael Dieste.Rafael Dieste.
Rafael Dieste.
 

Semelhante a A prosa do primeiro terzo do século XX

O 1º TERZO DO SÉCULO XX
O 1º TERZO DO SÉCULO XXO 1º TERZO DO SÉCULO XX
O 1º TERZO DO SÉCULO XX
Marlou
 
tema5_lite2010
tema5_lite2010tema5_lite2010
tema5_lite2010
xenevra
 
tema3_lite
tema3_litetema3_lite
tema3_lite
xenevra
 
tema9_2010
tema9_2010tema9_2010
tema9_2010
xenevra
 
O teatro do primeiro terzo do século xx irmandades, vangardas e grupo nós
O teatro do primeiro terzo do século xx  irmandades, vangardas e grupo nósO teatro do primeiro terzo do século xx  irmandades, vangardas e grupo nós
O teatro do primeiro terzo do século xx irmandades, vangardas e grupo nós
Xosé Luís Janeiro Espiñeira
 
Esquemas. Prosa 1916 - 1936
Esquemas. Prosa 1916 - 1936Esquemas. Prosa 1916 - 1936
Esquemas. Prosa 1916 - 1936
Marlou
 

Semelhante a A prosa do primeiro terzo do século XX (20)

pedrayo
pedrayopedrayo
pedrayo
 
Xeracion nos 21
Xeracion nos 21Xeracion nos 21
Xeracion nos 21
 
A prosa das Irmandades
A prosa das IrmandadesA prosa das Irmandades
A prosa das Irmandades
 
Xeracion Nós
Xeracion NósXeracion Nós
Xeracion Nós
 
Otero pedrayo
Otero pedrayoOtero pedrayo
Otero pedrayo
 
O 1º TERZO DO SÉCULO XX
O 1º TERZO DO SÉCULO XXO 1º TERZO DO SÉCULO XX
O 1º TERZO DO SÉCULO XX
 
Tema5 lite2010
Tema5 lite2010Tema5 lite2010
Tema5 lite2010
 
tema5_lite2010
tema5_lite2010tema5_lite2010
tema5_lite2010
 
tema3_lite
tema3_litetema3_lite
tema3_lite
 
tema9_2010
tema9_2010tema9_2010
tema9_2010
 
Tema5 lite20
Tema5 lite20Tema5 lite20
Tema5 lite20
 
O teatro do primeiro terzo do século xx irmandades, vangardas e grupo nós
O teatro do primeiro terzo do século xx  irmandades, vangardas e grupo nósO teatro do primeiro terzo do século xx  irmandades, vangardas e grupo nós
O teatro do primeiro terzo do século xx irmandades, vangardas e grupo nós
 
"A esmorga", de Blanco Amor
"A esmorga", de Blanco Amor"A esmorga", de Blanco Amor
"A esmorga", de Blanco Amor
 
Grupo Nós
Grupo NósGrupo Nós
Grupo Nós
 
PROSA 1ºTERZO SXX.pptx
PROSA 1ºTERZO SXX.pptxPROSA 1ºTERZO SXX.pptx
PROSA 1ºTERZO SXX.pptx
 
Vangardas noelia, rosalía
Vangardas noelia, rosalíaVangardas noelia, rosalía
Vangardas noelia, rosalía
 
Literatura 9
Literatura 9Literatura 9
Literatura 9
 
Esquemas. Prosa 1916 - 1936
Esquemas. Prosa 1916 - 1936Esquemas. Prosa 1916 - 1936
Esquemas. Prosa 1916 - 1936
 
Irmandades da fala e o grupo nós
Irmandades da fala e o grupo nósIrmandades da fala e o grupo nós
Irmandades da fala e o grupo nós
 
Tres xeracións de poesía galega
Tres xeracións de poesía galegaTres xeracións de poesía galega
Tres xeracións de poesía galega
 

Mais de xenevra

Inicios do século XX
Inicios do século XXInicios do século XX
Inicios do século XX
xenevra
 
Historia medieval 1ºbac
Historia medieval 1ºbacHistoria medieval 1ºbac
Historia medieval 1ºbac
xenevra
 
Linguas do estado
Linguas do estadoLinguas do estado
Linguas do estado
xenevra
 
Diversidade linguas
Diversidade linguasDiversidade linguas
Diversidade linguas
xenevra
 

Mais de xenevra (20)

Postal dos correios.pdf
Postal dos correios.pdfPostal dos correios.pdf
Postal dos correios.pdf
 
Tema 7
Tema 7Tema 7
Tema 7
 
Finssec XX
Finssec XXFinssec XX
Finssec XX
 
A prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XXA prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XX
 
A poesía de finais do XX
A poesía de finais do XXA poesía de finais do XX
A poesía de finais do XX
 
Literatura do exilio.
Literatura do exilio.Literatura do exilio.
Literatura do exilio.
 
Apuntes sintaxe
Apuntes sintaxe Apuntes sintaxe
Apuntes sintaxe
 
A poesía de vangarda
A poesía de vangardaA poesía de vangarda
A poesía de vangarda
 
Poesia das irmandades 21
Poesia das irmandades 21Poesia das irmandades 21
Poesia das irmandades 21
 
Tema6 20
Tema6 20Tema6 20
Tema6 20
 
Prexuizos
PrexuizosPrexuizos
Prexuizos
 
A prosa do 36 ao 75
A prosa do 36 ao 75A prosa do 36 ao 75
A prosa do 36 ao 75
 
Carta
CartaCarta
Carta
 
Era uma vez 25 de abril
Era uma vez 25 de abrilEra uma vez 25 de abril
Era uma vez 25 de abril
 
Primeiro terzo lingua
Primeiro terzo linguaPrimeiro terzo lingua
Primeiro terzo lingua
 
Inicios do século XX
Inicios do século XXInicios do século XX
Inicios do século XX
 
Historia medieval 1ºbac
Historia medieval 1ºbacHistoria medieval 1ºbac
Historia medieval 1ºbac
 
Linguas do estado
Linguas do estadoLinguas do estado
Linguas do estado
 
Diversidade linguas
Diversidade linguasDiversidade linguas
Diversidade linguas
 
Apéndice e exercicios lexicoloxía
Apéndice e exercicios lexicoloxíaApéndice e exercicios lexicoloxía
Apéndice e exercicios lexicoloxía
 

Último

IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 

Último (12)

IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 

A prosa do primeiro terzo do século XX

  • 1. A prosa do primeiro terzo do XX: as Irmandades e o Grupo Nós (narrativa, ensaio e xornalismo).
  • 2. Ver apuntes anteriores Que dicir das Irmandades que xa non saibades??
  • 3.
  • 4. Recibe este nome un grupo de persoas que funda e colabora na revista NÓS (1920-1936). Os integrantes máis coñecidos do grupo NÓS: (o Cenáculo ourensán) Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco, Florentino L. Cuevillas Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e Antón Lousada Diéguez.
  • 5. contidos literarios, lingüísticos, artísticos, etnográficos, filosóficos e de pensamento político.
  • 6. Risco é director e Castelao director artístico A revista vincúlase ao pensamento nacionalista Escriben en galego sobre calquera tema universal A publicidade era maioritariamente en galego. O deseño gráfico ten moita importancia.
  • 7. Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco, Florentino L. Cuevillas Antón Lousada Diéguez Alfonso Daniel Rodríguez Castelao de procedencia fidalga ou burguesa, teñen unha primeira etapa de inadaptados: dandismo, cosmopolitismo simbolista.... É a partir de 1918 cando centran a súa atención en Galicia. provén do agrarismo procedencia social popular.
  • 8.
  • 9. Nacen en Ourense e, logo dunha estancia máis ou menos longa fóra da cidade por estudos ou asuntos profesionais, vólvense atopar aquí na segunda década do século XX. Fillos da "boa sociedade" de Ourense, de vocación excéntrica e con inquietudes intelectuais e de intervención pública. Postura elitista e aristocratismo intelectual. Son europeístas respecto de España e Prientalistas respecto de Europa. Son homes polifacéticos, enciclopédicos, que verten a súa sabedoría sobre Galiza
  • 10. Eles mesmos narran a súa conversión ao galeguismo en diferentes obras: Otero Pedrayo en Arredor de si; Florentino L. Cuevillas en Dos nosos tempos; Risco en Nós, os inadaptados. A comezos de 1918 deciden incorporarse ás Irmandades da Fala. Ideoloxía afín ao tradicionalismo fidalgo, concibindo Galiza como un país de base labrega, alleo ás tensións da loita de clases, onde a elite fidalga aínda poida cumprir un papel dirixente.
  • 11. O Grupo Nós foi un dos colectivos que con especial significación colabora na recuperación do idioma. Ademais, desenvolven un importante labor político na súa condición de líderes do Partido Galeguista. Os seus compoñentes foron os creadores da moderna prosa literaria galega e figuran entre os máis prolíficos e activos membros do Seminario de Estudos Galegos.
  • 12. No ámbito das letras desenvolven na nosa lingua A narrativa O ensaio O teatro
  • 13. A narrativa Superar a temática costumista, ruralista e humorística Editar en formato libro a través de editoras creadas por eles (Lar e Nós) Crear unha lingua literaria culta Acabar coa diglosia das novelas do XIX Lusismos, cultismos, préstamos, hiperenxebrismos Introducir o espazo urbano
  • 14. O ensaio Son os pioneiros en empregar o galego neste xénero. Ámbitos histórico lingüístico etnográfico Político- ideolóxico xeográfico
  • 15. O teatro Incorpora as técnicas europeas: innovacións Introducción de máscaras decorado Importancia do música vestiario Xogos de luces
  • 16.
  • 17.
  • 18. Nace o 5 de marzo de 1888 en Ourense, na Rúa da Paz, na mesma casa que Risco. Fillo de dona Eladia Pedrayo e do doutor D. Enrique Otero (que defendera en dúas significativas ocasións o poeta Curros Enríquez), o neno Ramón Otero criouse no seo dunha familia liberal e culta. A súa infancia transcorreu na casa petrucial de Trasalba onde entrará en contacto con: a paisaxe, a vida aldeá e os ritos señoriais do pazo. Aquí xurdiu o xeógrafo da paisaxe.
  • 19. Ourense bacharelato Compostela + Madrid Filosofía e letras + Dereito Ourense relacionouse con Cuevillas e Risco, amigos da infancia que constitúen o grupo dos "inadaptados”
  • 20. En 1919, gañou as oposicións a cátedras de ensino medio e axiña foi destinado ao Instituto de Ourense.
  • 21. Participa na fundación do Partido Galeguista e sae elixido, en 1931, deputado das Cortes Constituíntes. No seo do Partido, Otero situábase ideoloxicamente no bando conservador. Ao comezar a guerra civil, a pesar do seu talante conservador e relixioso, foi expedientado, cesado como catedrático de instituto e retirouse á casa familiar de Trasalba. Desde alí colaborou puntualmente na prensa americana, en publicacións madrileñas e catalas e, xa a mediados da década de corenta, con maior asiduidade en diferentes xornais galegos.
  • 22. En 1949 foi restituído na súa cátedra de Instituto e no ano seguinte gañou a cátedra de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela. Participou tamén na fundación da Editorial Galaxia e numerosos traballos foron publicados na revista Grial.
  • 23. Os seus últimos anos pasounos en Trasalba xa convertido en símbolo do galeguismo. Morreu en 1976. No momento do seu falecemento era considerado unanimemente o patriarca das letras galegas.
  • 24.
  • 25. tema Galiza Desde o punto de vista do seu pasado histórico. Nel é de crucial impor tancia a ldade Media, e así o demostra en A romería de XeImírez (1934) centrada no século XII arredor do arcebispo Diego Xelmírez. Desde o punto de vista da clase social fidalga, que debería ser a encargada de rexenerar económica e ideoloxicamente Gali cia. Ante a imposibilidade de se chegar a isto, Otero Pedrayo fai unha, descrición crítica e saudosa sobre a fidalguía galega e sobre a súa decadencia, moral e económica. Melancolicamente describe o ascenso dunha nova clase social foránea, a burguesía que castelaniza o país.
  • 26. evolución ideolóxica Axíña chegarás a Madrid. Xa non ouvirás noxentas falas. Terás que disimular o acento. Tivo noxo do acento galego. Gostaba da chuvia e dos asfaltos brillantes. 1 Cando pisou a terra do camiño labrego, as rodeiras dos carros déronlle unha seguridade que non atopaba nos asfaltos brillantes de europa (...) Adrián lera os poetas novos. Non lle producía a impresión do pequeno libro esquecido na alcoba da casa vella, perdida na campía galega. Xurdía unha afirmación de raza e lingua. Ö corerr do inverno Adrián falaba sempre galego cos labregos (...) 2 A partir de 1937 Otero Pedrayo sofre a ditadura franquista, apártano durante once anos da súa cátedra e a súa obra vese afectada, xa que comeza unha escrita en castelán e a que fai en galego está limitada desde o punto de vista temático.
  • 27.
  • 28. Hai dúas novelas célebres de Otero, dentro da súa extensa e valiosa producción narrativa: Os camiños da vida, Arredor de si.
  • 29. Os camiños da vida (1928) é a primeira e a máis ambiciosa novela de Otero Pedrayo. Construída como un grande mural, está divida en tres partes: e amósanos a sociedade galega rural no trance da súa transformación durante o século XIX. "Os señores da terra" "A maorazga" "O estudiante",
  • 30. Arredor de si publicouse en 1930. A novela é un retrato do mozo Adrián Solovio, personaxe que está a sufrir un forte conflito existencial e se mantén nunha posición individualista e antigalega; considérese un inadaptado e fará unha longa viaxe na procura da súa identidade que o levará a terras e culturas alleas. A odisea particular do personaxe acábao devolvendo a Galiza cunha nova perspectiva vital de compromiso esperanzador coa terra.
  • 31. Arredor de si é unha novela xeneracional que narra o descubrimento da identidade nacional e colectiva. Na evolución ideolóxica do protagonista obsérvanse paralelismos coa da maioría dos integrantes do Grupo Nós.
  • 32. O resto da producción narrativa de don Ramón pódese relacionar con estas dúas obras polo seu tratamento literario: realista ou culturalista. Narracións realistas: Relatan con visión obxectiva, ás veces quebrada con xuízos persoais e preocupacións doutrinarias, a vida rural da sociedade galega do século XIX. Ademais de Os camiños da vida, pertencen a este apartado: • Pantelas, home libre (1925). • Contos do camiño e da rúa (1932) • O mesón dos ermos (1936) Narracións culturalistas: Nelas as accións e os personaxes perden relevancia en prol da exposición de ideas e referencias culturais, que son claves para a interpretación de Galicia. Ademais de Arredor de si, pertencen a este ciclo: • Escrito na néboa (1927) • Fra Vernero (1934). • A romaría de Xelmírez (1934). • Devalar (1935).
  • 33.
  • 34. Narracións realistas: A grande destreza nas descricións e diálogos son algúns dos valores literarios máis destacables.  Pantelas, home libre (1925). Este relato breve marca o inicio da carreira narrativa de Otero pedrayo. Pantelas, o protagonista, regresa á súa terra despois de pasar no cárcere doce anos, tinxidos pola lembranza da paisaxe natal.  Contos do camiño e da rúa (1932) é un conxunto de sete relatos, onde Otero trata o tema da decadencia da fidalguía.  O mesón dos ermos (1936) é unha novela curta, retratos realistas da vida da aldea e a descrición da paisaxe.
  • 35.
  • 36. Narracións culturalistas.  Escrito na néboa (1927) presenta a figura de Adrián Solovio, mozo fidalgo que soña con vivir unha vida intelectual e que nos ofrece as análises do seu mundo interior. A obra é como unha preparación ou boceto de Arredor de si.  Fra Vernero (1934). Constitúe unha excepción na obra oteriana ó ser a única novela que non fai referencia a Galicia. Narra a vida dun personaxe histórico, Zacarías Werner (1768 - 1823). Pero, sobre todo, a novela é unha visión da Europa daquel tempo.  A romaría de Xelmírez (1934). É unha novela histórica de asunto medieval.  Devalar (1935). esta novela xunto con Os camiños da vida e Arredor de si fecha un ciclo sobre a formación da conciencia galeguista. É a novela máis moderna de Otero desde o punto de vista técnico: componse dunha serie de cadros que conforman todos xuntos unha representación da Galicia do tempo do Seminario de Estudos Galegos, vista nun clima de esperanza e plenitude.
  • 37. A tradición A fidalguía A paisaxe
  • 38. A a tradición, que é a sabedoría acumulada por sucesivas xeracións ó longo dos séculos, conformando deste xeito a cultura espiritual do pobo galego. De aí, a xenreira de Otero contra os tendeiros-comerciantes de orixe foránea que irrompen na vida galega, traendo uns ideais materialistas (enriquecemento burgués) destructores dos modos de vida tradicionais. Xeran ademais nas cidades un desprezo polos labregos (clase sustentadora do ser de Galicia) e fomentan unha cultura mimética e antigalega. Outra potencia nova ía medrando na aldea: o tendeiro.Inda non estaba rematada a carreira, un día tódolos cotos e solainasse encheron de xente ós montóns. Entraba o comercio na aldea. Xente de tralla que xuraba, gastaba, traía novos falares, non respectaba as festas nin os costumes antergos (...) Outros da mesma caste ían espallando ó correr de tódalas novas carreteiras os fundamentos dunha burguesía que mainamente sustituía a fidalguía anterga dos pazos.
  • 39. A fidalguía. Esta clase social nacida ó abeiro dos mosteiros, simboliza para Otero a vida tradicional e sosegada da aldea, sometida ós ciclos naturais. Mais pese á lei que lle ten, Otero ataca esta caste pola súa deserción da aldea e o éxodo cara á cidade, onde rematará alienada cultural e politicamente, renegando da súa condición galega, mentres os comerciantes foráneos se fan coa dirección da sociedade. Con todo, a identificación de Otero cos valores tradicionais que representa a fidalguía, lévao a crear literariamente unha fidalguía ideal, "nacionalista", consciente da súa función na rexeneración da caste e na redención de Galicia. O herdeiro, con todo de gastar a vida cabalgando por chairas e camiños, sempre foi de ruín retrato. Esbrancuxado, faciana sen sombras, ollos raposeiros, maneiras curtas diante dos iguais, mandonas e crueis cos paisanos. Os seus grandes amigos - ou, mellor, compañeiros - eran Fuco de Penoutás e o sobriño do abade, rapazotes maiores ca el e mantidos coas regalías do pazo. Non se fartaban de comer e beber e lucían moita fachenda a conta allea. Levaban o herdeiro ás mozas e ás xoguetas dos pobos da ribeira, onde ás veces se demoraba a compaña por semanas enteiras, ata que esmoían os cartos. Nin comprendía o sufrimento de Misia Xacinta. Que non quedaba no herdeiro, pois xa sospeitaba que os pequenos lle ían saír tortos. O segundo, don Farruco, inda que cativo de corpo figuraba gracioso e de linda cariña: só lle pracía estar deitado preto das criadas no lavadeiro e na cociña facendo todo o mal que podía e disimulando cun riso agarimoso... Don Caetano, cada ano máis pallaso, foi esquencendo a administración do patrimonio.
  • 40. A paisaxe. Segundo Otero, na conformación da paisaxe actúan tres elementos fundamentais:  o factor cósmico (as forzas xeolóxicas, astronómicas e atmosféricas),  o factor biolóxico (flora e fauna) e mais  o factor humano (agricultura, arquitectura, arte); cada un deles establece o seu propio tempo: o planetario, o vital e o histórico, respectivamente. Para Otero Pedrayo a paisaxe está dotada de vida e goberna a vida do home, configurando a súa psicoloxía. Este motivo é fundamental na súa narrativa, inzada de naturezas humanizadas, que non son un simple escenario senón que, dotadas de movemento e animación, se enxergan como consubstanciais co ser humano.
  • 41. O ensaio é, coa novela, o núcleo fundamental da produción literaria de Otero
  • 42. Podemos sinalar as seguintes vertentes temáticas da súa obra ensaística en galego: a) o ensaio xeográfico, que desenvolve en varios manuais de xeografía e guías de Galiza, sendo a súa obra magna o tomo dedicado á Xeografía física da Historia de Galiza (1962) que el mesmo coordenou.
  • 43. b) os libros de viaxes, como Pelerinaxes (1929), onde reseña a romaxe emprendida con Risco e outros galeguistas desde Ourense até o santuario de Santo André de Teixido, ou Por os vieiros da saudade (1952), que recolle a experiencia da súa primeira viaxe á Arxentina e o encontro coa diáspora galega en 1947. c) a semblanza biográfica, no Libro dos amigos (1953), en que con emoción e dor apaixonada vai recordando a trinta e nove personaxes xa falecidos que deixaron fonda pegada na súa vida, sen que falten as lembranzas de compañeiros galeguistas asasinados no 36 (Alexandre Bóveda, Ánxel Casal, Roberto Blanco Torres), ou. condenados ao exilio (Castelao).
  • 44. A pesar de non estar orixinariamente escrita en galego, é de singular interese para comprender a visión de Galiza que latexa en Otero unha síntese histórica, o Ensayo histórico sobre la cultura gallega (1933), pensado inicialmente para ser publicado en Madrid e dirixido a un público español. Ten unha segunda edición na emigración (1939), unha tradución portuguesa (1954) e outra ao galego aparecida en 1982, á que o autor foi alleo. Asúmese a visión de Galiza conformada na historiografía do XIX: un forte substrato céltico, unha vocación europeísta, o atlantismo.... fronte ao Mediterráneo, ás xentes do Sul, etc.
  • 46. referencias culturais e eruditas que en ocasións limitan a comprensión da historia novelada en si. Así mesmo, os extensos parágrafos, os longos períodos subordinados un léxico rural moi enxebre crean unha linguaxe complexa que en ocasións foi definida como «barroca». Nalgunha obra narrativa non se perciben uns límites claros entre novela e ensaio.
  • 47.
  • 48. Lingua elevar o galego ó rango de lingua de cultura. Facer do galego unha lingua non diglósica.
  • 49. O primeiro e grande atranco co que se atoparon os escritores de Nós, era a a falta de criterios para escribiren nun idioma que era eminentemente oral. • afán de diferencialismo • capacidade creadora • Otero foxe, conscientemente, no seu galego, de todo o que sexa común ó español: daquela ha empregar dialectalismos, hiperenxebrismos, etc.
  • 50. Diferencialismos: dialectalismos hiprenxebrismos arcaísmos lusismos Creación de palabras novas sobre a existencia doutras: fado fadalidade... Creación de neoloxismos: pranouto, o mundo de alem-cova... Substitución do sufixo -dor por -doiro: lembradoiro, vibradoiro Lingua popular:
  • 51.
  • 52. (Ourense, 1884-1963) No seo dunha familia acomodada, a súa vida transcorreu en Ourense e Trasalba, co seu amigo e veciño Ramòn Otero Pedrayo. Estudou Dereito por libre na Universidade de Santiago, licenciouse en 1906 e ingresou no corpo de funcionarios de Facenda, con destino en Ourense.
  • 53. Despois dunha estancia en Madrid de tres anos, regresou a Ourense en 1916 como profesor de historia na Escola de Maxisterio. A súa preocupación intelectual manifestouse nun profundo coñecemento da actualidade das vangardas literarias e no interese polo esoterismo e as filosofìas orientais, e levouno a fundar en 1917 a revista La Centuria, da que saíron sete números. A finais dese mesmo ano incorporouse ao movemento galeguista, entrando nas Irmandades da Fala e colaborando no xornal A Nosa Terra.
  • 54. Risco desenvolveu un labor fundamental a prol da recuperación e dignificación da cultura galega, preocupación que o levou a atender a múltiples frontes, desde aconsellar e guiar a nova xeración até se transformar no ideólogo do nacionalismo co ensaio Teoría do nacionalismo galego. Foi fundador da revista Nós e colaborou no Seminario de Estudos Galegos. No campo político consolidou desde moi cedo o seu peso nas Irmandades, e conseguiu a súa desmembración creando a Irmandade Nazonalista Galega, de opción culturalista fronte ás aspiracións políticas da vella Irmandade da Fala. Non eramos patriotas. 0 patriotismo d’aquela era o patriotismo hespañol [...] Nós eramos exotístas, partidarios do lonjano, do recuado, do descoñecido.[...]E andivemos pelengrinando pol-as cosmogonías e pol-as culturas en demanda do insólito [...] Non sintiamo-lo hespañol, e se respeito da Europa eramos oríentalistas, respeito da Hespaña eramos europeístas.
  • 55. Risco observou un rexurdir do espírito atlántico e celta, que estaba á marxe da decadente cultura grecolatina, e que encarnaba o verdadeiro sentir do pobo galego. Dese xeito, reflectiu nos seus escritos as afirmacións de que “Galicia é xa unha nación” e “ser diferente é ser eisistente”, en clara alusión á identidade galega, posuidora dunha lingua, dunha tradición, dunha historia e duns costumes propios, que a singularizaban con respecto ó resto dos pobos de España. Galíza non será nada se se uniformíza con España. Ser diferentes é ser existentes. Pódese ceder en todo, agás no noso patrimonio espiritual.
  • 56.
  • 57. 1930 pensamento máis conservador e católico Alemania Cultura tradicionalista 1934
  • 58. Durante a guerra foi un afervoado cantor dos fascistas sublevados. Risco céntrase como escritor español. De todos os xeitos, a instancias dos seus vellos camaradas, baixo o título de Leria, publicou en 1961 unha escolma de traballos filosóficos, críticos e literarios, redixidos na nosa lingua entre 1920 e 1955. Dereita Galeguista.
  • 59. Podemos distinguir tres etapas na súa traxectoria intelectual Pregaleguista (ata 1920) Nacionalista (1920 – 1934) Postnacionalista (1934 – 1963)
  • 60. A primeira etapa (pregaleguista, anterior a 1920) aparece explicada por el mesmo en Nós, os ínadaptados (1933). Neste ensaio, Risco estuda a evolución ideolóxica do seu grupo xeracional. 1 Estas páxinas son de especial importancia pois poñen de relevo os gustos literarios e artísticos do grupo ourensán e, sobre todo, os presupostos ideolóxicos de Risco, que se asentan no irracionalismo gnoselóxico. decadentismo de fin de século cosmopolitismo filosofías orientais de fin de século
  • 61. A segunda etapa (nacionalista, 1920-1934) iníciase coa conversión de Risco ao galeguismo, O seu ingreso nas Irmandades e a fundación da revista Nós. Sen mudar os presupostos ideolóxicos. 2 O ourensán troca teosofía, budismo e orientalismo por cristianismo, celtismo e atlantismo. Risco converterase no principal ideólogo do movemento galeguista coa publicación da Teoría do nacionalismo galego (1920), obra na que pretende exaltar o ser de Galicia a través da lingua, da terra e da raza, nunha concepción orgánico-historicista da nación.
  • 62. A terceira etapa (postnacionalista, 1934-1963) comeza coas crónicas da súa viaxe a Centroeuropa, publicadas en Nós e que logo recollería en parte no libro Mitteleuropa (1934. 3 xa se percibe o desencanto polas direccións que tomaba o movemento galeguista ao aliarse coa esquerda para salvar a autonomía.
  • 63. BASES FILOSOFICA DO PENSAMENTO DE RISCO: Irracionalismo gnoseolòxico Visiòn cìclica da historia O sentimento da Terra
  • 64. Irracionalismo gnoseolóxico. Segundo esta teoría, o emprego exclusivo da razón non pode dar conta da realidade (cando menos no seu aspecto global), pois esta é tamén coñecible por outros medios (intuición, mito, arte, relixión ... ). A ditadura da razón leva a un esmorecemento do espírito e conduce á decadencia. De aí a súa crítica da experimentación, da ciencia e da técnica (realizacións supremas da razón).
  • 65. Fronte ao racionalismo, Risco exalta o sentimento, non como función afectiva senón como facultade cognoscitiva e potencia mística, que, por riba da razón, nos revela o cerne das cousas. Isto explica a súa fascinación polo mito, polo esoterismo e polas filosofías orientais, e, coa súa chegada ao galeguismo, a valoración da tradición, que permite reconstruír o corpo da cultura galega, produto do espiritualismo céltico e atlántico, que Risco contrapón ao intelectualismo da civilización mediterránea.
  • 66. Visión cíclica da Historia. A teoría da historia formulada por Risco, de novo esbozada en Nós, os inadaptados, ten un carácter cíclico e espiritualista. Existen tres tipos de homes, dinos Risco: hylícos (materialistas), psíquicos (racionalistas) e pneumáticos (espiritualistas).
  • 67. O sentimento da Terra. O sentimento relixioso da Terra é unha constante antropolóxica e cultural do home galego. Trátase da emoción dun pobo de labradores, profundamente apegado á Terra, que orixina o sentimento da Natureza e da paisaxe. Este sentimento arraigou inicialmente nos devanceiros celtas ao chegaren a Galicia e desde entón ficou gravado no inconsciente colectivo da raza e nas súas
  • 68. Deste xeito, a cultura galega é o resultado dunha perfecta simbiose coa Terra e ten como substrato común a saudade -adoración da terra e procura do alén-, que conforma a nosa cosmovisión e psicoloxía. Neste senso valora a fala como o elemento máis espiritual da cultura, pois modela o pensamento e a maneira de ser das xentes ata o punto de que o cambio de lingua determina a dexeneración
  • 69.
  • 70. Narrativa curta Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros (1919) A trabe d’ouro e a trabe d’alquitrán (1925) O lobo da xente (1935) A coutada (1926) Os europeos en Abrantes (1927)
  • 71. Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros (1919) é a súa primeira obra narrativa. O doutor Alveiros, o protagonista, vive unha estraña aventura na que entra en contacto co mundo dos mortos e, despois de facer uso dos seus coñecementos esotéricos, logra liberar a momia de Tutankhamen das súas vendas e presencia a participación do defunto faraón na Danza Macabra. Trátase dunha narración humorística con notas críticas referidas ás materias ocultistas tratadas no texto. Viña n-os anuncios de preferencia. Pouco explícito, mais atraguía o ollar vagariñante. O Dr. Alveiros leuno, e quedous'a pensar. O fin escribiu pregando que lle deran explicaciós. El non sabía, afellas, segredo ningún; sabía o que saben moitos qu'andan âs voltas co-isas cousas do demo. Estudiar, estudiaba, pro lle non viña o diaño a soplar âs orellas. Escribiu porqu'era curioso. Era home de moita cachaza e d'un forte escepticismo. Com'él hai moitos outros que andan a estudiar as bruxerías; en este com'en outro calquera ramo da cencia, os que tolean son poucos. Mais o Alveiros, dend'o día qu'escribíu, agardou a resposta c'unha impacencia que medraba ô pasar cada día. O fin, chegou. E puña: Sr. D. Bieito Alveiros Moi distinto señor: Teño moito gusto en lle mandar as aclaraciós que desexa. Teño coñocemento das suas pubricaciós, e creo que vostede e o que tal pra me servire no conto. Agora, qu'o que eu quero que vostede faga se s'anima a elo é difícile. Tamén o premeo é merecente de qu'un faga un esforzo. Trátase de atopar un rescrito que podía volvel-o movemento a unha momia enfaixada y-embalsamada pol-os exipcios. Se vostede m'o pode dar, os trinta mil pesos son seus. Pregandoll'o maor segredo, fica de V. afmo. S. S. q. ll. b. a. m. R. Dehmel.
  • 72. A trabe de ouro e a trabe de alquítrán (1925) é tamén un relato de base folclórica, pero agora nitidamente literaturizado: Bastián penetra no mundo soterraño, onde residen os mouros (representantes do poder da ciencia e da técnica) e mais os Avós da Raza (druídas celtas que aparecen como conservadores da tradición milenaria). A narración ten unha evidente dimensión doutrinaria e didáctica: o camiño de recuperación da identidade galega conduce as orixes celtas da nosa cultura, amecidas co cristianismo, rexeitando a allea, enganosa e destructora civilización mediterránea.
  • 73. O lobo da xente (1925) . Supón a transcrición literaria e culta da lenda popular do lobishome. O narrador recrea dunxeito sobrio os elementos anecdóticos transmitidos pola tradición oral e realiza algunha disertación, poñendo de relevo a misteriosa relación do home coas fonduras secretas da natureza.
  • 74. A Coutada (1926) desenvolve un diálogo filosófico máis que unha verdadeira narración. O protagonista, inadaptado na sociedade urbana, trata de convencer á muller para regresar á “Coutada “, casa herdada que simboliza a fidelidade ao "imperativo da raza" (o sentimento da terra) e a conseguinte felicidade.
  • 75. Os europeos en Abrantes (1927) é unha novela inacabada da que Risco publicou uns capítulos en Nós. Constitúen unha sátira de persoas e lugares da vida ourensá. Socialmente, a poboación divídese en tres clases; a alta é a médico; a media,o xefe de estación e o cabo da garda civil e a baixa, tódolos demais. Esta división tripartita fúndase na consideración social, mais pódese facer outra entre o elelmento militar e o civil, outra entre a clase industrial e a clase agraria, etc..., porque en Abrantes é un mundo en pequeno. En Abrantes non hai costumes.... Os homes xúntanse na tenda onde venden viño e gasosas. O viño, cando hai colleita no país, é agre; cando non o hai, é composto. As gasosas teñen a temperatura do tempo; quentes no verán e frías no inverno. As mulleres xúntanse nas portas. Os nenos e os cans xúntanse en tódolas partes. Coma as gasosas, así é o clima de Abrantes: no inverno é un glaciar, no verán é un inferno. O verán de Abrantes é bíblico; é unha praga, é as dez pragas de Exipto................
  • 76. Narrativa longa Pero o cume da súa narrativa é O porco de pé (1928). A xeito de parodia, é unha sátira das estructuras sociais ourensás personificada na figura de don Celidonio, comerciante de orixe castelá que chega a alcalde e representa a vulgaridade e materialismo da nova burguesía. Fronte a el, o doutor Alveiros é un intelectual espiritualista. O experimentalismo narrativo, vencellado coa estética expresionista, e o afán de presentación das ideas dilúen a narración, que ocupa un segundo plano.
  • 77. Na postguerra, D. Celidonio ascendeu de porco a marrán e chegou a ser alcalde. A parenta inflou coma o fol da gaita. [...] Don Celidonio é gordo e artrítico. O carrolo sáelle para fóra; na calva ten unha que outra serda; ten as fazulas hipertrofiadas, da cor do magro do xamón, e tan lustrosas, que semellan que botan unto derretido; ás nádegas e o bandullo vánselle un pouco para abaixo. O lardo rezúmalle por todo o corpo, e no vran súdao en regueiros aceitosos e en pingotas bastas, coma as que deitan os chourizos cando están no fumeiro. Así como é graxento o corpo, tamén o miolo de D. Celidonio. Se lle escachasen a testa, tiña que ser con pau-ferro e picaraña, en lugar dunha sesadahabía atopar un unto. Corpo e alma, tanto ten, todo é graxa e manteiga. Don Celidonio é igual por dentro ca por fóra: carne e espírito son a mesma zorza, misturada e revolta, co mesmo adubo de ourego e pemento).
  • 78.
  • 79. Castelao é en moitos aspectos, a figura máis relevante da historia da cultura galega do século XX. Dotado dunha sensibilidade singular, extraordinario debuxante e literato maxistral, revélasenos como un profundo coñecedor da psicoloxía do pobo galego, que queda perdurablemente reflectida na súa obra inzada de comprensión e humanidade.
  • 80. Nace no 1886 Rianxo Dos 10 aos 14 anos Pampa arxentina
  • 81. Estuda Medicina em Compostela Volta a Rianxo Participa na política local Deixa a medicina Fíxenme médico por amor a meu pai. Nunca exercín por amor á humanidade
  • 82. En xullo de 1933 foi nomeado académico de número da Real Academia Galega.
  • 83. Coa proclamación da Segunda República, Castelao, nas filas do Partido galeguista, é elixido deputado pola provincia de Pontevedra, e nas Cortes Constituíntes fai unha apaixonada defensa da lingua galega. Participa activamente na vida política, especialmente a prol da consecución do Estatuto de Autonomía para Galicia.
  • 84. O Estatuto foi aprobado por unha amplísima maioría e unha alta participación (de case o 75%). Castelao marchou a Madrid xa a primeiros de xullo e agardou alí á Comisión que entregaría oficialmente o proxecto ó Goberno. O día 14 de xullo reuníronse co Presidente das Cortes, Diego Martínez Barrio, e o 17 con Manuel Azaña, Presidente da República. Ao día seguinte comeza a Guerra Civil.
  • 85. Castelao xa nunca volvería a Galiza En 1938 viaxa a Moscú, onde expón as coleccións de debuxos que amosan estampas da guerra. En Nova York tamén expón, e nesa cidade publica a colección Milicianos, con debuxos sobre o mesmo tema. Viaxa logo a Cuba e finalmente establece a súa residencia en Bos Aires, onde funda, con outros exiliados, a revista Galeuzca. No ano 1946 é nomeado ministro do goberno da República no exilio. Moscú Bos Aires Nova Iorque Cuba
  • 86. En 1984 os seus restos foron trasladados a Galicia. Morreu en Bos Aires o 7 de xaneiro de 1950 e foi soterrado no panteón do Centro Galego.
  • 87.
  • 88. Presenta características que o afastan do grupo: A personalidade de Castelao non coincide co esquema vital e ideolóxico dos integrantes do Grupo Nós está ligado. Castelao intégrase no galeguismo moi axiña e mantense nel durante toda a súa vida. Amais disto, a súa obra está máis próxima ó pobo galego cá do resto dos compoñentes do Grupo xa que gaña en calor e fondura humanas e está lonxe da intelectualidade que caracteriza as obras dos outros autores.
  • 89.
  • 90. A primeira obra narrativa de Castelao é Un ollo de vidro, publicada en 1922 na colección Céltiga co subtítulo de "Memorias dun esquelete". No prólogo diríxese ó lector o propio Castelao, que explica como atopou as memorias do esqueleto que veñen a continuación. Estas son unha serie de secuencias narrativas que non gardan outra unidade que a de estar contadas por un mesmo narrador (o esqueleto, que lembra sucesos da súa vida pasada) a dous colegas de cemiterio, percibidos a través da prótese de vidro que lle tapara, de vivo, o oco dun ollo perdido.
  • 91. A temática de ultratumba xa fora abordada por Risco con tratamento semellante do humor negro, pero hai nesta como no resto das obras de Castelao unha dose de tenrura inusual no mestre ourensán. É ben significativa da súa concepción de humor a cita de Mark Twain inserida por Castelao no inicio do libro: Debaixo do humorismo hai sempre unha grande dor; por iso no ceo non hai humoristas.
  • 92. Este humor de Castelao non é alleo á sátira social de carácter anticaciquil: Quixen saber quen fora o vampiro no mundo dos homes e fun ler o seu nome de bronce no rico mármore da campa. O seu nome só abondoume. Fora un canalla que roubara para dar regalía ó seu bandullo de porco; dono da xustiza, roubala desde a súa confortable casa. Para que dicir máis? Era...,fora un cacique!.
  • 93. Cousas, En 1926 apareceu o primeiro libro de Cousas: un conxunto de prosas con ilustracións publicadas con anterioridade na prensa. A editorial Nós, en 1929, publicou unha segunda colección, e en 1934 unha edición que recolle o contido dos dous libros precedentes.
  • 94. Cada "cousa" leva unha ilustración que complementa o texto. Este desenvolve brevemente asuntos de temática variada, en moitos casos de ambiente labrego ou mariñeiro, comprimidos por un procedemento semellante á técnica de debuxo empregada por Castelao. - Non veñas máis pedir á miña porta. - E pois logo a ver cando vén vostede a pedir á miña.
  • 95. A "cousa" constitúe a fórmula literaria máis orixinal e característica de Castelao. Narran a historia ou algún acontecemento de diferentes personaxes, pero poden non ter carácter narrativo e ser en troques a lírica expresión dun delicado pensamento. Algunhas, ateigadas de lirismo e sinxelas na forma, poden ser mesmo consideradas como poemas en prosa.
  • 96. O pai de Migueliño chegaba das Américas e o rapaz non cabía de gozo no seu traxe festeiro. Migueliño sabía cos ollos pechados cómo era o seu pai; pero denantes de saír da casa botoulle unha ollada ó retrato. Os "americanos" xa estaban desembarcando. Migueliño e a súa nai agardaban no peirán do porto. O corazón do rapaz batíalle na táboa do peito e os seus ollos esculcaban nas greas, en procura do pai ensoñado. De súpeto avistouno de lonxe. Era o mesmo do retrato ou aínda mellor portado, e Migueliño sinteu por el un grande amor e canto máis se achegaba o "americano", máis cobiza sentía o rapaz por enchelo de bicos. ¡ Ai !, o "americano" pasou de largo sen mirar para ninguén, e Migueliño deixou de querelo. Agora si, agora si que o era. Migueliño avistou outro home moi ben traxeado e o corazón dáballe que aquel era o seu pai. O rapaz devecíase por bicalo a fartar. ¡Tiña un porte de tanto señorío! ¡ Ai !, o "americano" pasou de largo e nin tan siquera reparou que o seguían os ollos angurentos dun neno.
  • 97. O libro Retrincos, publicado en 1934, é unha colección de cinco contos que se nos presentan como autobiográficos e que recollen cinco momentos da vida de Castelao, ordenados cronoloxicamente. O segredo: relata unha anécdota de estadía do narrador cando era neno pampa arxentina O inglés: desenvólvese tamén na pampa e trata de un neno que pintaba na polbeira do seu pai os barcos da escuadra española e un inglés ríase da exaltación patrióticado do pequeno debuxante Peito de lobo: trata dun estudiante que se lle ocorre facer para as festas da súa vila, un cabezudo que reproducía o rostro dun mariñeiro coñecido. Isto fixo que se enfadara, pero co tempo fóise amigando porque se sentía inmortalizado na súa propia vila. O retrato é unha fermosa anécdota de cando Castelao xa deixara a medicina: a curación imposible para un médico é o milagre feito polo pintor. O relato está datado en 1922, en Pontevedra. A Sabela é unha narración da súa época de deputado en Cortes. O relato artéllase sobre o contraste entre a moza que fora a súa compañeira de bailes e a muller en que se converteu co paso do tempo. O relato está datado en 1934, tamén en Pontevedra, e tampouco fora publicado anteriormente.
  • 98. Os dous de sempre. É a única novela de Castelao; consiste nunha sucesión de relatos que gardan unidade entre eles pola referencia a dous protagonistas constantes: Pedriño e Rañolas.
  • 99. A tía Ádega, chea de alifaces, non reparaba en sacalo da boca para mandarllo ós meniños de Farruco: un sobriño casado fóra da vila. A probe vella mantíñase de peixes pequenos, dos peixes que mercan as señoras gordas para botarllos ó gato, e todo por aforrar para os fillos de Farruco. En días sinalados a tía Ádega mandáballe[s] ós sobriños un caixón cheo de cousas de comer, e quedábase cavilando no contentamento dos rapaces. A caixa sempre contiña lambetadas de mérito: chourizos, anacos de pernil, roscas de ovo, cachos de tarta, melindres, zucre... Farruco ben merescía as axudas da tía Ádega porque vivía feito un azacán; ¡el, que fora o mozo máis enfonchado da vila, por quen toleaban as mozas de máis porqué!
  • 100. A novela é unha biografía paralela dos dous personaxes, que son amigos da infancia e seguen camiños diferentes, narrada desde a nenez. Na portada da novela figuran un paxaro e un sapo que representan dun xeito simbólico o carácter oposto de cada un dos personaxes. Eu quero contarvos un sucedido que amostra os degoiros de comida que sempre sentían os rapaces de Farruco. Estaba o probe pai ensumido en cavilacións, pois acababa de recebir un novo meniño, moi repoludo e bonito, certamente, pero que non traía consigo a comida do mañán, e achegouse a el Pedro, o fillo máis vello, que o despertou das súas cavilacións. —¿De onde veu o meniño, papai? E Farruco respondeulle, por decir algo: —Mandouno a tía Ádega no caixón das lambetadas. E Pedro, dispois dun anaco de meditación, volveu a perguntar, cos seus ollos de acibeche, brilantes de ledicia: —¿E cando o comemos?
  • 101. Ten a estrutura semellante ás novelas picarescas, especialmente polo que toca a Rañolas, quen, partindo dunhas circunstancias adversas (de humilde condición, eivado de corpo), vai vivindo diferentes situacións nos sucesivos oficios que exerce, desde o de mendicante ó de reloxeiro de proveito. En contraste con Rañolas, o outro protagonista, Pedriño, é un home sen vontade e sen ambición.
  • 102.
  • 103. Os asuntos das obras de Castelao reflicten a vida do pobo: os pesares, ledicias e actitudes de labregos e mariñeiros. Ofrécenos unha nova visión do paisano galego, lonxe do ruralismo decimonónico, que procuraba a comicidade a custa do que presentaba como ignorancia e actitudes choqueiras das clases populares. Castelao descóbrenos a dignidade dos mesmos.
  • 104. Consegue, pois, unha arte popular polo seu contido, forma e aceptación, e ó tempo de grande calidade estética, gracias á riqueza léxica, á atinada construción sintáctica, ó humorismo profundo e ó lirismo que inzan a súa prosa narrativa, ateigada ademais dunha emoción solidaria co ser humano.
  • 105. O tema principal que vertebra a obra de Castelao é a morte. Tratada sempre de forma orixinal, variada e tinguida de humor, é o eixe temático de discursos realistas e fantásticos, que se entrecruzan frecuentemente (Un ollo de vidro, Os vellos non deben de namorarse...) Outros temas recorrentes da prosa de Castelao xiran arredor dos problemas socioeconómicos, a emigración, o desterro... e da cultura popular.
  • 106. A técnica narrativa do autor de Cousas caracterízase pola presencia dun procedemento que tamén se dá na obra gráfica do rianxeiro: uns trazos selectivos esenciais denotan o fundamental da historia e o resto da información queda suxerida dun modo connotativo. Domina, pois, a forma breve e sintética, sinxela en aparencia mais froito dun laborioso traballo de depuración e escolma.
  • 107. Así mesmo, o humorismo é outro recurso esencial do tratamento dos temas da súa narrativa. Mediante o humor, Castelao revela o cerne dos asuntos tratados, sen concesións ó simplemente anecdótico. Deste xeito descobre os aspectos máis inesperados pero ó tempo os máis auténticos que agachan o comportamento dos seus personaxes.
  • 108. Os desenlaces están coidados con esmero e a miúdo rematan nun clímax con epifonema (figura de pensamento que conclúe un relato cunha exclamación ou meditación profundas). Deste xeito, o narrador expresa nunha atinada síntese a esencia do relato. Da morea de entullos surdía o corpo de Rañolas, en coiriño de todo, sentado nunha cadeira derreada. O tronco sen cabeza, desfeito en carniza; os longos brazos pendurados; as pernas tocas. Na parede branca, salferida de miolos sanguiñentos, deixa Rañolas a súa despedida. Era unha soia verba, escrita con letras grandes e mouras: ¡PROTESTO!
  • 109. o verdadeiro heroísmo consiste en trocar os anceios en realidades, as ideias en feitos CASTELAO ······· 1886-1950
  • 110. Sempre en Galiza (Buenos Aires, 1944 [1ª ed.] e 1961 [2ª]) é un conxunto de textos diversos recollidos nun volume en diferentes sitios e anos. Converteuse desde a súa publicación na "biblia" do galeguismo. Componse dun limiar ou “Adro” (14 artigos escritos no desterro en Badaxoz en 1935) ao que seguen catro “Libros” (o primeiro, de 1937; o derradeiro, inacabado, de 1947).
  • 111. É un ideario plural e complexo no que hai reflexións sobre cultura e lingua, historia e análise política dos tempos da República e posguerra. Dous dos eixos do seu pensamento que máis influíron no pensamento galeguista posterior foron a súa exposición teórica sobre o carácter de nación de Galiza e o seu pensamento sobre a situación lingüística. ¿Con que dereito se nos obriga a deprendermos a lingua de Castela e non se obriga aos casteláns a deprenderen a nosa? CASTELAO ······· 1886-1950 Chegan a decir que o problema galego igual que o vasco e catalán, depende da solución que acorde a maioría dos hespañoes... ¡Estábamos aviados! CASTELAO ······· 1886-1950 os ingleses aldraxan aos escoceses; os franceses aos bretóns; os casteláns aos galegos. E todos eses aldraxes non son máis que un recoñecemento tácito do "carácter nacional" CASTELAO ······· 1886-1950
  • 112.
  • 113. Atila en Galicia Moitas veces os mártires crean mundos que os herois nin tansiquera son capaces de concebir. E na Miña Terra complirase a vontade dos mártires. Castelao Valencia, Xulio de 1.937
  • 114. Milicianos Estas estampas relembran os primeiros meses de guerra cando a heroica tolería do pobo coutou a marcha dos militares e dounos tempo para crear o Exército da República. Castelao New York, Agosto 1.938
  • 115. Album Nos Este álbum de dibuxos foi composto antr´os anos dezaseis e dezaoito, cando Galiza s´esperguizaba d´un longo sono. Con este medio cento de dibuxos intentei desacougar a todol-os licenciados da Universidade (amas de cría do caciquismo), a todol-os homes que vivían do favor oficial... As intencións eran nobles e o pesimismo aparente. Certo que a tristura d´estes dibuxos queima com´a raxeira do sol que pasa por unha lupa; mais eu non quixen cantal-a ledicia das nosas festas, nin a fartura dos casamentos, sinón as tremendas angurias do decotío labrego e mariñeiro. Algúns espíritos sensibles que choran co-a melanconía dos tangos e dos fados, atoparon desmedida esta door das miñas estampas; outros espíritos inertes ollaron pouco patriotismo no afán de ser verdadeiro. Con todo, eu sigo coidando que o pesimismo pode ser libertador cando desperta carraxes e cobizas d´unha vida máis limpa. Cicáis hoxe atácase as nosas mágoas c´un humor menos acedo; mais ninguén pode negarme que as vellas inxusticias siguen en pé: velahi porqué me arrisco a publicar esta obra. Ela foi amostrada en todal-as cibdades e vilas de Galiza e sirven de pretesto para "conferencias" que influiron no actual rexurdimento da galeguidade. E co-as chatas que ten eu gárdolle lei e quero espoñela de novo ô xuicio de todos. Castelao Galiza, 1931.
  • 116. Galicia Martir Aos Galegos que andan pol-o mundo: Estas estampas, arrincadas da miña propia door, van dirixidas a vós que sempre amáchedes a liberdade e sodes a única reserva que nos queda para reconstruir o fogar desfeito. Castelao Valencia, Febreiro de 1.937 Esta dor non se cura con resiñación Non enterran cadavres, enterran semente
  • 117. Debuxos de Negros Unha pequena mostra dos espléndidos debuxos que Castelao adicou ás minorias étnicas de New York e ao pobo de Cuba. Castelao 1939
  • 118. caricaturista, A caricatura de Castelao é o método polo que chega ó máis fundo da alma galega e nelas o ton humorístico, o trazo caricatural é só un pretexto baixo o cal se enmascara algo máis profundo. Castelao é o introdutor en España das dúas direccións máis acusadas da caricatura moderna: o fondo social e a simplicidade expresiva;