SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 12
Prácticacopronomepersoal1ºESO
“Tristán García”, de Álvaro Cunqueiro
Este Tristán do que conto nunca soubo por que lle puxeran este
nome no sacramento do bautismo, nin coñecía ninguén que se
chamase coma el.
Neste comezo atopamos un pronome tónico e un átono, ambos
co mesmo referente: Tristán. Que nos permite diferencialos?
Prácticacopronomepersoal1ºESO
Un tío de seu que traballaba como camareiro nun restaurante moi
famoso de Lisboa, dicíalle que en Portugal coñecía dous ou tres
cabaleiros dese nome, e que todos eles eran ricos.
O verbo coñecer require un “que” ou “quen”: coñecer algo,
coñecer alguén. Completa entón a seguinte oración substituíndo
o que está entre corchetes polo pronome átono CD.
Coñecía [dous ou tres cabaleiros dese nome] porque pasaban
polo restaurante.
Prácticacopronomepersoal1ºESO
Tristán foi cumprir o servizo militar a León, e alí, un día, nun
quiosco, mercou por dous reais "La verdadera historia de los
amantes de Tristán e Isolda", cos namorados moi abrazados na
portada do folletín. Ao fin ía saber quen fora aquel Tristán cuxo
nome levaba.
Cando chegou ao final da historia, coa morte de ambos os dous
namorados, Tristán García verteu unhas bágoas.
Verteunas coa emoción, si. E por que empregamos nas?
Prácticacopronomepersoal1ºESO
E dende aquela deu en matinar que andando el polo mundo
atopaba unha muller chamada Isolda, e gustábanse, e facíanse
noivos, e casábanse, e vivían moi felices en Viana do Bolo, de
onde Tristán era natural. A todos os seus compañeiros do
Rexemento de Burgos 38, preguntáballes se por un casual habería
no seu lugar unha rapaza que se chamase Isolda.
Como será a oración que vén despois deste fragmento se a
resposta é negativa e se substitúe “unha rapaza que se
chamase Isolda” polo pronome correspondente?
Prácticacopronomepersoal1ºESO
Non a había. Había algunha Isolina solta, pero Isolina non era o
mesmo que Isolda.
Tristán doíase de non dar con esa Isolda, porque se non a atopaba
agora en León, onde había tanta familia, non a ía atopar en Viana
do Bolo, traballando na terra.
A quen se refire anaforicamente o a en “non a ía atopar”?
Prácticacopronomepersoal1ºESO
Un día mandouno chamar un sarxento chamado Recuero.
- Ti es ese que anda coa teima de atopar unha muller que se
chame Isolda?
- Si, señor.
- Pois en Venta de Baños hai unha viúva dese nome.
- Nova ou vella?
- Que sei eu! Coido que é churreira...
Que función teñen os dous pronomes tónicos do fragmento?
Prácticacopronomepersoal1ºESO
Tanto tiña metida no seu maxín o noso Tristán a novela famosa,
que non puido dubidar que aquela Isolda de Venta de Baños fose
nova e fermosa. En todo caso, se era vella, tería unha filla ou unha
sobriña que a seguise no nome, e se era churreira coma ela podía
seguir co negocio en Ourense ou en Viana, onde xa era hora que
deran nos bares chocolate con churros.
Tanto o pronome átono como o tónico refírense a Isolda. Que
tipo de mecanismo de cohesión constitúen?
Prácticacopronomepersoal1ºESO
Tivo Tristán un permiso, e cos vinte pesos que tiña aforrados
tomou en León o tren para Venta de Baños.
Xa naquel empalme, preguntou pola churrería da Isolda. Estaba a
churrería preto da estación. E a señora Isolda era aquela que
estaba envolvéndolle (...)
Remata a oración coherentemente (algo a alguén).
Prácticacopronomepersoal1ºESO
...uns churros a un señor cura. Era unha velliña co cabelo branco,
fermosos ollos negros, a pel tersa, as mans moi graciosas pondo
os churros no papel de estraza e esparexendo o azucre por derriba
deles. Tristán dubidou entre falarlle ou non, pero xa levaba
gastadas corenta e sete pesetas no billete de ida e volta.
Neste caso, o pronome tónico e o átono non se refiren ao
mesmo. A quen substitúe o tónico?
Prácticacopronomepersoal1ºESO
- Bos días! Vostede é a señora Isolda?
- Servidora!, respondeulle a velliña, sorríndolle.
- É que eu son Tristán e viña a coñecela!
A velliña pechou os ollos e agarrouse ao mostrador para non caer.
Bágoas rodaban polas súas meixelas.
- Tristán! Tristán querido!, puido dicir ao fin. Toda a miña mocidade
agardando a coñecer un mozo que se chamase Tristán! E como
non viña, casei cun tal Ismael, que era de Madrid!
Reescribe a tres primeiras liñas sen tratamento de respecto.
Prácticacopronomepersoal1ºESO
Tristán saudou militarmente, e devagar volveu á estación a agardar
o primeiro tren para León. Cando este chegou e Tristán subía ao
vagón de terceira, apareceu a señora Isolda, cun paquete de
churros.
A oración que vén a continuación deste fragmento comeza co
verbo dar e inclúe dous pronomes átonos en contracción.
Escribe como cres que será.
Prácticacopronomepersoal1ºESO
Deullo a Tristán e bicoulle a man. Non se non dixeron nada.
Cousas así só pasan nos grandes amores.
ÁLVARO CUNQUEIRO

Mais conteúdo relacionado

Destaque (15)

6food (eva)
6food (eva)6food (eva)
6food (eva)
 
2 cereals (marta y)
2 cereals (marta y)2 cereals (marta y)
2 cereals (marta y)
 
7 fruits (diego)
7 fruits (diego)7 fruits (diego)
7 fruits (diego)
 
5 all types of food (pilar l)
5 all types of food (pilar l)5 all types of food (pilar l)
5 all types of food (pilar l)
 
4 seafood (martav)
4 seafood (martav)4 seafood (martav)
4 seafood (martav)
 
1 seafood (víctor r)
1 seafood (víctor r)1 seafood (víctor r)
1 seafood (víctor r)
 
4 frutas (pablo e.)
4 frutas (pablo e.)4 frutas (pablo e.)
4 frutas (pablo e.)
 
8 food (sara j).
8 food (sara j).8 food (sara j).
8 food (sara j).
 
Co xénero enredado
Co xénero enredadoCo xénero enredado
Co xénero enredado
 
A descricion
A descricion A descricion
A descricion
 
Test 3 practice 7
Test 3 practice 7Test 3 practice 7
Test 3 practice 7
 
Rúbrica de avaliación dunha exposición oral con presentación
Rúbrica de avaliación dunha exposición oral con presentaciónRúbrica de avaliación dunha exposición oral con presentación
Rúbrica de avaliación dunha exposición oral con presentación
 
Repaso 3 eso burlington books
Repaso 3 eso   burlington booksRepaso 3 eso   burlington books
Repaso 3 eso burlington books
 
Ejercicios SemáNticos
Ejercicios SemáNticosEjercicios SemáNticos
Ejercicios SemáNticos
 
PDI PROMETHEAN
PDI PROMETHEANPDI PROMETHEAN
PDI PROMETHEAN
 

Semelhante a Practica pronome

Lendas Da Guarda Definitivo
Lendas Da Guarda DefinitivoLendas Da Guarda Definitivo
Lendas Da Guarda Definitivo
osnososavos
 
Lendas Da Guarda Definitivo
Lendas Da Guarda DefinitivoLendas Da Guarda Definitivo
Lendas Da Guarda Definitivo
osnososavos
 
Unidade e variedades das linguas. dialect.v.so
Unidade e variedades das linguas. dialect.v.soUnidade e variedades das linguas. dialect.v.so
Unidade e variedades das linguas. dialect.v.so
Marlou
 
Esmorga novoneyar
Esmorga novoneyarEsmorga novoneyar
Esmorga novoneyar
Plastilina3
 
Recomendacións lectoras
Recomendacións lectorasRecomendacións lectoras
Recomendacións lectoras
BiblioBece
 

Semelhante a Practica pronome (20)

Rosalía1
Rosalía1Rosalía1
Rosalía1
 
Rosalía1
Rosalía1Rosalía1
Rosalía1
 
Presentación da prosa do primeiro termo do século XX
Presentación da prosa do primeiro termo do século XXPresentación da prosa do primeiro termo do século XX
Presentación da prosa do primeiro termo do século XX
 
Lendas Da Guarda Definitivo
Lendas Da Guarda DefinitivoLendas Da Guarda Definitivo
Lendas Da Guarda Definitivo
 
Lendas Da Guarda Definitivo
Lendas Da Guarda DefinitivoLendas Da Guarda Definitivo
Lendas Da Guarda Definitivo
 
MICRORRELATOS TEMPOS MAIORES.pptx
MICRORRELATOS TEMPOS MAIORES.pptxMICRORRELATOS TEMPOS MAIORES.pptx
MICRORRELATOS TEMPOS MAIORES.pptx
 
Unidade e variedades das linguas. dialect.v.so
Unidade e variedades das linguas. dialect.v.soUnidade e variedades das linguas. dialect.v.so
Unidade e variedades das linguas. dialect.v.so
 
Terror galego
Terror galegoTerror galego
Terror galego
 
COUSAS
COUSASCOUSAS
COUSAS
 
Cousas
CousasCousas
Cousas
 
Os días das letras galegas
Os días das letras galegasOs días das letras galegas
Os días das letras galegas
 
Kamishibai
KamishibaiKamishibai
Kamishibai
 
Esmorga novoneyar
Esmorga novoneyarEsmorga novoneyar
Esmorga novoneyar
 
Novoneyra3
Novoneyra3Novoneyra3
Novoneyra3
 
Recomendacións lectoras
Recomendacións lectorasRecomendacións lectoras
Recomendacións lectoras
 
Rosalía de Castro
Rosalía de CastroRosalía de Castro
Rosalía de Castro
 
Cidades na literatura
Cidades na literaturaCidades na literatura
Cidades na literatura
 
Diaz castro
Diaz castroDiaz castro
Diaz castro
 
Recomendaci%c3%b3ns%20de%20 nadal
Recomendaci%c3%b3ns%20de%20 nadalRecomendaci%c3%b3ns%20de%20 nadal
Recomendaci%c3%b3ns%20de%20 nadal
 
Cristal Curros
Cristal CurrosCristal Curros
Cristal Curros
 

Mais de Luciano Fernández

Cidades abertas á aprendizaxe
Cidades abertas á aprendizaxeCidades abertas á aprendizaxe
Cidades abertas á aprendizaxe
Luciano Fernández
 
Poesía de preguerra (esquema)
Poesía de preguerra (esquema)Poesía de preguerra (esquema)
Poesía de preguerra (esquema)
Luciano Fernández
 
A lingua galega nos comezos do s. XX
A lingua galega nos comezos do s. XXA lingua galega nos comezos do s. XX
A lingua galega nos comezos do s. XX
Luciano Fernández
 
Guía básica para o traballo con blogues en 1º ESO
Guía básica para o traballo con blogues en 1º ESOGuía básica para o traballo con blogues en 1º ESO
Guía básica para o traballo con blogues en 1º ESO
Luciano Fernández
 

Mais de Luciano Fernández (20)

Obradoiro: composición de cantiga de amigo colectiva
Obradoiro: composición de cantiga de amigo colectivaObradoiro: composición de cantiga de amigo colectiva
Obradoiro: composición de cantiga de amigo colectiva
 
Interpretacion de poemas
Interpretacion de poemasInterpretacion de poemas
Interpretacion de poemas
 
Comprensión dun texto expositivo: grupo de expertos
Comprensión dun texto expositivo: grupo de expertosComprensión dun texto expositivo: grupo de expertos
Comprensión dun texto expositivo: grupo de expertos
 
Adecuación, coherencia e cohesión
Adecuación, coherencia e cohesiónAdecuación, coherencia e cohesión
Adecuación, coherencia e cohesión
 
Reconstruímos a crónica
Reconstruímos a crónicaReconstruímos a crónica
Reconstruímos a crónica
 
Respóndoche graficamente
Respóndoche graficamenteRespóndoche graficamente
Respóndoche graficamente
 
Patróns textuais
Patróns textuaisPatróns textuais
Patróns textuais
 
Cidades abertas á aprendizaxe
Cidades abertas á aprendizaxeCidades abertas á aprendizaxe
Cidades abertas á aprendizaxe
 
Poesía de preguerra (esquema)
Poesía de preguerra (esquema)Poesía de preguerra (esquema)
Poesía de preguerra (esquema)
 
A lingua galega nos comezos do s. XX
A lingua galega nos comezos do s. XXA lingua galega nos comezos do s. XX
A lingua galega nos comezos do s. XX
 
A Cohesión
A CohesiónA Cohesión
A Cohesión
 
Guía básica para o traballo con blogues en 1º ESO
Guía básica para o traballo con blogues en 1º ESOGuía básica para o traballo con blogues en 1º ESO
Guía básica para o traballo con blogues en 1º ESO
 
Deseño de secuencias
Deseño de secuenciasDeseño de secuencias
Deseño de secuencias
 
O conflito lingüístico con humor gráfico
O conflito lingüístico con humor gráficoO conflito lingüístico con humor gráfico
O conflito lingüístico con humor gráfico
 
Web 2.0 en galego (pdf)
Web 2.0 en galego (pdf)Web 2.0 en galego (pdf)
Web 2.0 en galego (pdf)
 
Web 2.0 en galego
Web 2.0 en galegoWeb 2.0 en galego
Web 2.0 en galego
 
Podcast para o desenvolvemento da competencia en comunicación lingüística
Podcast para o desenvolvemento da competencia en comunicación lingüísticaPodcast para o desenvolvemento da competencia en comunicación lingüística
Podcast para o desenvolvemento da competencia en comunicación lingüística
 
Podcast en lingua e literatura
Podcast en lingua e literaturaPodcast en lingua e literatura
Podcast en lingua e literatura
 
Manipulación da Publicidade
Manipulación da PublicidadeManipulación da Publicidade
Manipulación da Publicidade
 
Algúns usos das TIC
Algúns usos das TICAlgúns usos das TIC
Algúns usos das TIC
 

Último

Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 

Último (12)

Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 

Practica pronome

  • 1. Prácticacopronomepersoal1ºESO “Tristán García”, de Álvaro Cunqueiro Este Tristán do que conto nunca soubo por que lle puxeran este nome no sacramento do bautismo, nin coñecía ninguén que se chamase coma el. Neste comezo atopamos un pronome tónico e un átono, ambos co mesmo referente: Tristán. Que nos permite diferencialos?
  • 2. Prácticacopronomepersoal1ºESO Un tío de seu que traballaba como camareiro nun restaurante moi famoso de Lisboa, dicíalle que en Portugal coñecía dous ou tres cabaleiros dese nome, e que todos eles eran ricos. O verbo coñecer require un “que” ou “quen”: coñecer algo, coñecer alguén. Completa entón a seguinte oración substituíndo o que está entre corchetes polo pronome átono CD. Coñecía [dous ou tres cabaleiros dese nome] porque pasaban polo restaurante.
  • 3. Prácticacopronomepersoal1ºESO Tristán foi cumprir o servizo militar a León, e alí, un día, nun quiosco, mercou por dous reais "La verdadera historia de los amantes de Tristán e Isolda", cos namorados moi abrazados na portada do folletín. Ao fin ía saber quen fora aquel Tristán cuxo nome levaba. Cando chegou ao final da historia, coa morte de ambos os dous namorados, Tristán García verteu unhas bágoas. Verteunas coa emoción, si. E por que empregamos nas?
  • 4. Prácticacopronomepersoal1ºESO E dende aquela deu en matinar que andando el polo mundo atopaba unha muller chamada Isolda, e gustábanse, e facíanse noivos, e casábanse, e vivían moi felices en Viana do Bolo, de onde Tristán era natural. A todos os seus compañeiros do Rexemento de Burgos 38, preguntáballes se por un casual habería no seu lugar unha rapaza que se chamase Isolda. Como será a oración que vén despois deste fragmento se a resposta é negativa e se substitúe “unha rapaza que se chamase Isolda” polo pronome correspondente?
  • 5. Prácticacopronomepersoal1ºESO Non a había. Había algunha Isolina solta, pero Isolina non era o mesmo que Isolda. Tristán doíase de non dar con esa Isolda, porque se non a atopaba agora en León, onde había tanta familia, non a ía atopar en Viana do Bolo, traballando na terra. A quen se refire anaforicamente o a en “non a ía atopar”?
  • 6. Prácticacopronomepersoal1ºESO Un día mandouno chamar un sarxento chamado Recuero. - Ti es ese que anda coa teima de atopar unha muller que se chame Isolda? - Si, señor. - Pois en Venta de Baños hai unha viúva dese nome. - Nova ou vella? - Que sei eu! Coido que é churreira... Que función teñen os dous pronomes tónicos do fragmento?
  • 7. Prácticacopronomepersoal1ºESO Tanto tiña metida no seu maxín o noso Tristán a novela famosa, que non puido dubidar que aquela Isolda de Venta de Baños fose nova e fermosa. En todo caso, se era vella, tería unha filla ou unha sobriña que a seguise no nome, e se era churreira coma ela podía seguir co negocio en Ourense ou en Viana, onde xa era hora que deran nos bares chocolate con churros. Tanto o pronome átono como o tónico refírense a Isolda. Que tipo de mecanismo de cohesión constitúen?
  • 8. Prácticacopronomepersoal1ºESO Tivo Tristán un permiso, e cos vinte pesos que tiña aforrados tomou en León o tren para Venta de Baños. Xa naquel empalme, preguntou pola churrería da Isolda. Estaba a churrería preto da estación. E a señora Isolda era aquela que estaba envolvéndolle (...) Remata a oración coherentemente (algo a alguén).
  • 9. Prácticacopronomepersoal1ºESO ...uns churros a un señor cura. Era unha velliña co cabelo branco, fermosos ollos negros, a pel tersa, as mans moi graciosas pondo os churros no papel de estraza e esparexendo o azucre por derriba deles. Tristán dubidou entre falarlle ou non, pero xa levaba gastadas corenta e sete pesetas no billete de ida e volta. Neste caso, o pronome tónico e o átono non se refiren ao mesmo. A quen substitúe o tónico?
  • 10. Prácticacopronomepersoal1ºESO - Bos días! Vostede é a señora Isolda? - Servidora!, respondeulle a velliña, sorríndolle. - É que eu son Tristán e viña a coñecela! A velliña pechou os ollos e agarrouse ao mostrador para non caer. Bágoas rodaban polas súas meixelas. - Tristán! Tristán querido!, puido dicir ao fin. Toda a miña mocidade agardando a coñecer un mozo que se chamase Tristán! E como non viña, casei cun tal Ismael, que era de Madrid! Reescribe a tres primeiras liñas sen tratamento de respecto.
  • 11. Prácticacopronomepersoal1ºESO Tristán saudou militarmente, e devagar volveu á estación a agardar o primeiro tren para León. Cando este chegou e Tristán subía ao vagón de terceira, apareceu a señora Isolda, cun paquete de churros. A oración que vén a continuación deste fragmento comeza co verbo dar e inclúe dous pronomes átonos en contracción. Escribe como cres que será.
  • 12. Prácticacopronomepersoal1ºESO Deullo a Tristán e bicoulle a man. Non se non dixeron nada. Cousas así só pasan nos grandes amores. ÁLVARO CUNQUEIRO