3. AS ILLAS DE SAN SIMÓN
BrEVE hIStorIA
As illas de San Simón, son dous pequenos
illotes, situados na enseada do mesmo
nome, no fondo da ría de Vigo, fronte á
parroquia de San Pedro de Cesantes.
Segundo antigas tradicións foron sede
dun mosteiro benedictino destruído
nalgunha das razzias viquingas ou
sarracenas que arrasaron as costas
galegas entre os séculos X e XII. Tamén
sitúase nelas a finais do século XII un
mosteiro da Orde do Temple, adicado a
San Simón. Destes tempos é a fermosa
cantiga que o trobador Mendiño
compuxo adicada á illa e que é un dos
máis fermosos textos da lírica medieval.
A presencia de distintas ordes relixiosas
ao longo dos tempos no mosteiro situado
nas illas alternouse coas incursións
navais dos xa mencionados viquingos ou
sarracenos e dos corsarios ingleses e
holandeses, que dende 1583, da man de
Francis Drake, ata 1719 caeron sobre elas
en cada un dos seus ataques nas rías
galegas.
4. AS ILLAS DE SAN SIMÓN
BrEVE hIStorIA
• O 6 de xuño de 1838, a raíña gobernadora María
Cristina concedía por "Real Orden" a súa "Real Gracia
para la construcción de un Lazareto (o segundo de
España adicado á leprosería) en la Isla de San
Simón".Na illa de San Antonio construiríanse outro
peirao, un alboio ou almacén de ventilación, un
hospital sucio e un cemiterio, sendo circundada toda a
illa por unha parede de 10 pés. Ámbalas dúas illas
quedarían unidas dende entón por unha ponte de pedra
de tres arcos. Funcionaron as illas como lazareto ata
1927. Durante a II República, o goberno decidiu
establecer nela un orfanato dependente da mariña
mercante, pero non chegou a funcionar como tal pois
en 1936, a raíz da sublevación militar, foi convertido o
conxunto en colonia penitenciaría, instalándose a
guarnición militar na illa de San Antonio e os reclusos
na de San Simón. As illas, que comezaran sendo un
lugar de reclusión voluntario para a contemplación e a
reflexión dos relixiosos, pasaban a ser un lugar de
aillamento sanitario dos leprosos, peligrosos para a
sociedade pola posibilidade de contaxio, e despois de
reclusión forzosa para os disidentes co levantamento
fascista e o seu posterior réxime de dictadura.
• Clausurada a penitenciaría en 1943, permaneceu
semiabandonada ata que en 1948 foi destinada a
Albergue Nacional, clausurado en 1950 con motivo
dun naufraxio no que perderon a vida corenta e tres
membros da "Guardia de Franco". O Catedrático de
Historia Contemporánea Xosé ramón Barreiro
comenta, no libro AILLADOS este derradeiro episodio
negro con estas palabras: "Como nunha traxedia
antiga, o manso mar da Illa exerceu simbólicamente a
súa xustiza sobre algúns dos vencedores."
5. uNhA ILLA SEMPrE huMANA
Refuxio
Centro monástico no medioevo e fonte de inspiración para os
poetas
Obxectivo de piratas
Leprosería e lazareto
Campo de concentración na posguerra
Abandoada a súa sorte
Suxeito pasivo de múltiples proxectos
O futuro…?
6. o NoME DA ILLA VÉN…
• A maior antigüidade onomástica da illa vén de
finais do século XII, datas nas que a Orde
Militar do Temple habitou a illa ata a súa
extinción no ano 1312. Foron eles, os
Templarios, os que construíron nela unha
igrexa baixo a advocación de SAN SIMÓN
APÓSTOL, haxiotopónimo que se mantén na
actualidade, polo que o trobador Meendinho xa
recolle esta denominación anterior no século
XIII.
7. A LINguA gALEgA, LINguA Do
AMor MEDIEVAL
Sediame eu na ermida de San Simón
e cercáronmi as ondas, que grandes son
eu atendendo o meu amigo
eu atendendo o meu amigo!
Estando na ermida ante o altar,
e cercáronmi as ondas grandes do mar;
eu atendendo o meu amiigo
eu atendendo o meu amigo!
E cercáromni as ondas, que grandes son
non hei barqueiro nen remador;
eu atendendo o meu amigo
eu atendendo o meu amigo!
E cercáronmi as ondas, do alto mar,
non hei barqueiro nen sei remar,
eu atendendo o meu amigo
eu atendendo o meu amigo!
Non hei barqueiro nen remador,
morreréi fremosa no mar maior,
eu atendendo o meu amigo
eu atendendo o meu amigo!
Non hei barqueiro nen sei remar,
morrerei fremosa no alto mar,
eu atendendo o meu amigo
eu atendendo o meu amigo!
8. AS CANtIgAS DE AMIgo
• Son cantigas cun punto de vista feminino
• Proceden da canción feminina popular, concretamente das maguasajas
árabes, en que unha moza bota en falta o seu amigo.
• A cantiga de amigo da escola galego-portuguesa cultívase desde o século
XII, chegando ao seu esplendor no século XIII, O rei Don Dinis en
Portugal, o bispo Xelmirez en Santiago e Alfonso X “o Sabio” en
Castela.
• O sur da Península ibérica está dominada polos árabes.
• Neste tipo de cantigas femininas é frecuente que a moza fale con
elementos da natureza (as ondas do mar, as flores do verde pino, os
cervos…) ou con amigas, ou coa súa nai, isto dalle un ton moi coloquial
e menos culto que as cantigas de amor.
• Nas cantigas de amigo nas que aparece o mar como interlocutor ou
como escenario, o mar simboliza sempre o desexo sexual e o culto á
fertilidade.
9. PEDRO MADRUGA i
• Durante o reinado de Enrique IV (1455-1474), don Pedro, beneficiándose do favor e a
debilidade da coroa, consolida e incrementa os seus dominios. Éstes consistían,
inicialmente, no castelo de Soutomaior, que Vasco da Ponte (cronista galego de comenzos
do s. XVI), evalúa como casa de setenta ou oitenta lanzas. Exercía o control directo sobre
outra serie de casa fortes e torres que salpicaban o suroeste de Galicia dende o río Ulla ata
o Miño; entre elas: Trinidad, Alba, Cotobade e Fornelos. Contaba, igualmente, coa posesión
en feudo dun total de vinte feligresías en Terra de Salnés, que o arzobispo de Santiago, don
Rodrigo Luna, concedera a Alvar Páez de Soutomaior.
• Hacia 1467 obtuvo don Pedro, de Enrique IV, un xuro de 150.000 maravedís sobre as
rentas reais de Pontevedra, Vigo e Redondela; concesión que lle serviu de pretexto para
señorear estas tres cidades durante os anos 70 do s. XV, e que lle acarreou, ó mesmo tempo,
o enfrentamento permanente co arzobispo de Santiago, don Alonso de Fonseca, a cal
xurisdicción pertencían ditas cidades.
Pedro Madruga continuou, como os seus predecesores Soutomaior, exercendo a encomenda
sobre a igrexa de Tui, de forma que máis parecían os Soutomaior os señores da Igrexa, que
os seus propios obispos, cos que o conflicto foi tamén permanente.
• Finalmente, don Pedro Madruga chegou a titularse Vizconde Tui e Mariscal de Baiona.
10. PEDRO MADRUGA ii
• Durante a Guerra Irmandiña (1467-1469) don Pedro refuxiouse en Portugal, onde gañou a
amistade do monarca veciño, e contruxo matrimonio ventaxoso con doña Teresa de Táboa,
da que tuvo sete fillos: Álvaro, Fernando, Cristóbal, Diego, Alfonso, Mayor e Constanza;
así comezaba o que ía ser unha constante na súa traxectoria, a vinculación política e
familiar con Portugal. A reacción feudal contra os Irmandiños proporcionoulle a
oportunidade de introducirse no escenario nobiliar galego e gañar nel un posto eminente;
cruza a fronteira portuguesa e recupera os seus dominios sin dificultade, derrotando ás
hostes irmandiñas cerca de Pontevedra; ponse en contacto co arzobispo Fonseca e con don
Juan Pimentel, irmán do conde de Benavente, ós que axuda a recuperar as súas anteriores
posesións; por último, organiza á nobleza galega desbaratada e conducea ata o
desmantelamento das posicións irmandiñas.
• Era a alianza conxuntural da nobreza contra o enemigo común, que pronto se vería rota
polas exixencias particulares de cada un. Pola súa parte, o de Soutomaior contaba cos
servizos e axuda dunha serie de cabaleiros de acostamento ós que sostiña nas súas terras e
dominios (os Montenegro ou os Valladares, entre outros), así como dos seus familiares os
Soutomaior de Lantaño, ou seu fiel amigo don Lope Sánchez de Moscoso, conde Altamira.
O momento cumbre da ascensión de Pedro Madruga prodúcese en 1475, cando obtén do rei
portugués Alfonso V o título e os dereitos de conde de Camiña; por entonces constituira un
dominio case exclusivo sobre a zona suroeste de Galicia, onde o pobo o invocaba como <<o
noso rei>>; titulación acorde, polo demáis, coas súas pretensións
hexemónicas, expresadas rotundamente nas súas propias palabras: <<en Galicia basta mi
casa>>.
11. PEDRO MADRUGA iii
• Pedro Madruga na Guerra de Sucesión (1474 - 1479).
• En 1474, morto Enrique IV, estala o conflicto sucesorio entre a súa irmá Isabel e a súa filla Juana;
mentras a nobreza galega adopta unha actitude espectante, seus dous líderes máis cualificados
posicionanse rápidamente. Pedro Madruga ó lado de Juana e do bando portugués; e iso, por afinidade
xeográfica e cultural, por vinculación familiar, e con miras á salvagarda dos seus interéses persoais, a
cabalo entre o sur de Galicia e o norte Portugal. Fonseca ó lado de Isabel e da futura monarquía dos
Reis Católicos, buscando a rehabilitación e o ascenso político.
A intervención de don Pedro no conflicto sucesorio proporcionanos os acontecementos máis
apasionantes da súa biografía.
• Influe decisivamente no falido matrimonio entre Juana e o monarca portugués Alfonso V, programa e
facilita a invasión portuguesa de Castilla; e él mesmo abre un frente galego na guerra, proclamando a
Alfonso e Juana reis de Portugal, Castilla León e Galicia en Vigo, Caldas de Reis, Pontevedra, Padrón,
Baiona e Tui. A esta presencia portuguesa en Galicia opuxose enerxicamente o obispo de Tui, don
Diego de Muros, que tivo que sufrir, por elo, un prolongado cautiverio en terras portuguesas.
• En outono de 1476 o arzobispado Fonseca, o conde de Monterrey, xunto cos nobres galegos que, de
mellor a peor gana, incorporaranse ó bando isabelino, mandados por fray Arias del Rio, correxidor
maior de Galicia, dirixense a Pontevedra, dispostos a reducir ó de Camiña; os secunda por mar unha
escadra mandada por Ladrón de Guevara. Madruga resiste dous prolongados cercos á cidade, que
terminan en fracaso polos asaltantes, quenes se deciden por unha tregua na primaveira de 1477.
12. PEDRO MADRUGA iV
• Acontecemento singular, dentro das escaramuzas que provocou o conflicto sucesorio en Galicia, foi a
prisión que sufriu Pedro Madruga a mans de don Rodrigo Alonso Pimentel, entre 1477 e 1478. Esta
circunstancia foi aproveitada polo prelado compostelán e os demáis adversarios de Camiña paa dirixirse
a Pontevedra e rendila; dende alí poderaronse de Redondela, Pontesampaio e Vigo; ocuparon varias
fortlizas do de Soutomaior e realizan novas fortificacións na zona.
Os partidarios de Soutomaior sólo conseguen sosterse no seu propio castelo, en Salvaterra e Fornelos.
Era a hora da revancha de Fonseca.
• Tras conseguir a súa liberdade, Pedro Madruga regresa a Galicia na primaveira de 1478; en menos dun
ano consegue recuperar os dominios perdidos, apoderase de García Sarmiento, señor de Sobroso e do seu
tio Fernán de Camba, dando morte a Gregorio de Valladares e a Tristán de Montenegro (antigos vasalos
seus, agora no bando isabelino); os fonsecanos sólo conseguen manterse con dificultades en Pontevedra
e Baiona. Según nos narra o cronista do s. XVII Felipe de la Gándara, un elemento clave nos éxitos
militares de Madruga foi a utilización, por sus huestes, de arcabuces e outras armas de fogo, <<cousa
que ata entón non se oira nin vira en España>>.
En 1479 firmábanse as paces entre Castilla e Portugal, ó tempo que os Reis Católicos consolidábanse
como monarcas de Castilla e Aragón. A pesar de que nos tratados se contemplaba un perdón xeral para
os nobres que estiveran ó lado do monarca portugués,
e de forma especial para Pedro Madruga, a situación política e militar da Península, que el soubera
utilizar tan hábilmente en beneficio propio, tornábase agora adversa.
13. PEDRO MADRUGA V
• O ocaso de Pedro Madruga (1480 - 1486).
• O arzobispo de Fonseca, paladín da coroa en Galicia, rompía toda relación con Pedro Madruga,
reclamándolle a devolución das feligresías que tiña en feudo. Os Reis esixían a entrega de Vigo e
Redondela á Igrexa de Santiago. Don Diego de Muros, obispo de Tui, queixábase ante a Curia Romana
dos abusos que Pedro cometía contra a súa Igrexa.
• Por outra parte, en 1480, estaban xa en Galicia, Antón de Paz, cos seus cuadrilleiros da Irmandade, e o
Gobernador Acuña, dispostos a acabar co de Camiña. O cerco cerrábase sobre o señor de Soutomaior.
Dándose éste conta do comprometido da súa situación, intenta actuación de desagravio hacia os seus
adversarios e hacia a Coroa, e así, en 1482, restitúe a don Diego de Muros todos os bens que tiña
usurpados á Igrexa de Tui.
• Pero os Reis Católicos xa prepararan o final de Pedro Madruga. Protexeran na Corte a seu fillo maior,
Álvaro de Sotomayor, e agora lle esixen que se faga cargo do señorío, desposeendo o seu pai. Don
Álvaro, fiel ós desexos da Coroa, preséntase, en 1483, nas terras do seu pai e valéndose do engano,
apodérase do castelo de Soutomaior; Pedro Madruga, que se atopaba en Portugal, ó coñecer esta
traición, deshereda a seu fillo maior e arroialle a sua maldición. Pero, nun momento no que os feitos
mandaban, todo isto era palabras que soaban a canto de cisne. Don Álvaro de Soutomaior heredaría o
señorío co apoio e a confianza da Coroa, e ia a convertirse nun novo tipo de nobre, sumiso á voluntade
dos monarcas.
14. PEDRO MADRUGA Vi
• A morte de Pedro Madruga, en 1486, queda envolta na duda e o
misterio.
• Viaxa a Alba de Tormes buscando a reconciliación e a gracia reais; sen
conseguir os seus propósitos atopa alí a morte. Vasco da Ponte narranos
expresivamente:
• <<…unos dixeron que el conde muriera allí de dos carbúnculos, otros
dixeron que el alcalde de Proiaño entrara en el monasterio con sus
porquerones y que le hechara un garrote en el pescuezo; unos dicen que
fue de una manera y otros dicen que fue de otra, quizá fue de entrambas
maneras>>.
• Desaparecía así o persoaxe tal vez máis singular da axitada Galicia de
fins do s.XV, e ó que a crónica coetánea,
15. CASTELO DE SOUTOMAiOR i
• O Castelo de Soutomaior está
situado nun lugar
verdaderamente privilexiado
pola ampla paisaxe que desde alí
se divisa, a unos 119 metros
sobre o nivel do mar, dominando
o territorio enmarcado polo val
do río Verdugo, desde a súa
confluencia co río Oitavén ata a
súa desembocadura na enseada
de San Simón, en Arcade.
Colocado no centro xeográfico do
concello do mesmo nome, dista
uns seis kilómetros por estrada
da costa marítima e un
kilómetro e medio en líña recta
do río Verdugo.
16. CASTELO DE SOUTOMAiOR ii
• Esta posición a pouca altura, ademáis de señorear as tierras do seu feudo
e controlar as comunicacións de sur a norte da provincia, ofrece as
ventaxas de atoparse escondido ante as invasións realizadas por mar
(normandos, turcos, piratas, etc.) e dispoñer de abundancia de auga
para desenvolver os seus propios cultivos e pastos para a gandería.
A construción orixinal data do sécuo XII, aínda que será con Pedro
Álvarez de Soutomaior, coñecido polo alcume de Pedro Madruga, co
quen alcance o seu máximo esplendor, xa que chegou a ser o epicentro
da actividade política dol sur de Galicia durante o século XV.
A nova modificación na Galería das Damas permite que esta sexa
visitable, ofrecendo un novo mirador sobre o patio de armas.
17. Castelo de soutomaior iii
• Unha das características do Castelo de Soutomaior é a gran variedade de técnicas
constructivas empregadas, o que proba as moitas reconstrución levadas a cabo a medida
que os tempos fóron sendo mellores e segundo fosen sendo necesarios os perfeccionamentos
nas fortificacións.
O cambio máis destacado foi no século XIX cando o castelo pasa a mans do Marqués de la
Vega de Armijo coa construción neogótica da "Galería de Damas", éste transfórmao nunha
residencia de verán.
A súa inmediata sucesora é a súa sobriña, a Marquesa de Ayerbe, coñecida popularmente
como a "Marquesa Roxa". Foi unha das precursoras do movemento feminista en España.
Precisamente foi tamén a autora dunha das mellores publicacións sobre o pasado do
castelo. O seu segundo esposo, o doutor Lluria, construiu un sanatorio nos seus arredores.
Sen embargo, debido as súas actividades políticas, convertiron a Soutomaior nun centro
sospeitoso de conspiraciones políticas e perderon a propiedade no ano 1917.En 1982 o
castelo pasou a mans da Diputación Provincial de Pontevedra quen encarga a un grupo de
expertos a restauración do conxunto, procedéndose a un estudio histórico e análise da súa
evolución constructiva, reprantexándose todo o conxunto ata chegar á solución de
enfatizar o diálogo entre fortaleza militar medieval e palacio medieval decimonónico. A fin
da rehabilitación lógrase cinco anos despois, na que se repoñen entre outros elementos;
teitos artesonados de madeira do palacio neogótico; substitúense as carpinterías exteriores
e repónse a cuberta do castelo por unha estructura metálica, ofrecendo maior volume
utilizable.
18. Castelo de soutomaior iV
• A nova modificación na Galería das
Damas permite que esta sexa visitable,
ofreceendo un novo mirador sobre o patio
de armas.
• Hoxe en día as vellas pedras da fortaleza,
xunto co Xardín que a rodea, destacan
sobre as irregulares parcelas de cultivo
que en suave pendente descenden ata o
río. Constitúe unha paraxe para vivir
plácidamente das comodidades que a
natureza pode ofrecer, con abundancia de
auga e bosques próximos con grandes
posibilidades de caza, o deporte favorito
na época das orixes deste castelo, sen
esquecernos tampouco da pesca que
ofrecen os ríos do lugar.
19. a guerra, sempre a
guerra… Vaite
• Unha serie de infortunios levou á chamada a Flota de Ouro
a dar con sus magoados ósos no fondo da ría de Vigo. A
ríxida burocracia, a guerra, os piratas e unha profunda
indecisión propiciaron que os moitos tesouros acumulados
durante séculos por aztecas e incas non alcanzaran nunca o
seu destino e quedaran repartidos entre corsarios ingleses e
holandeses, mercenarios franceses e, sobre todo, o fango
marino da ría viguesa. O que pode considerarse como o máis
grande tesouro da historia só é propiedade dos peixes e
nebuloso horizonte dos moitos aventureiros que han buscado
ouro nestas augas.
20. a Batalla de raNde
23 de outuBro de 1702
• a illa Como testemuña da guerra
de suCesióN
• Ademais do ouro e a prata, Rande cobrouse dous mil mortos e outros tantos
feridos españois e oitocentos mortos e máis de cincocentos feridos ingleses. Ao
día seguinte, amaneceu sobre unha bahía cuberta pola silenciosa resaca do
combate, aínda que, moi cedo, o barón holandés Sparr atacou a baleira
Redondela, apoderándose da prata por valor de cincoenta mil libras esterlinas.
21. Que era uN galeóN
• Os galeóns eran "barcos pesados e relativamente
moi capaces (desprazaban unhas mil toneladas),
dotados, incluso os de comercio, de grandes
castelos a proa e a popa. Estas inxentes masas
que pesaban sobre os seus dous extremos
restábanlle boa parte das súas facultades
mariñas, pois o balanceo dos castelos e a
resistencia que ofrecían ao vento eran outros
tantos estorbos para desafiar o tempo. Pero a
excelencia dos galeóns non se medía pola súa
rapidez, senón pola seguridade que brindan aos
navegantes. Os enormes castelos que agobiaban a
esas naves obedecían simplemente a unha
necesidade militar que era a máis urxente e
atendible. Como os galeóns usaban a táctica da
abordaxe para combater entre sí, o máis
importante era que o inimigo, ao querer
achegarse, tivese que asaltar un verdadeiro castelo
flotante. E non cabía facer distinción entre os
galeóns de guerra e os pacíficos de comercio,
porque nos seus tempos o mar estaba infestado de
merodeadores e piratas que obrigaban a precaverse
aínda aos máis inofensivos".
22. Flota Francesa
Participantes:
15 navíos, 3 fragatas, 1 brulote e 1 aviso
Incidencias:
6 navíos e 2 fragatas foron capturados e levados
9 navíos e 1 fragata foron afundidos ou incendiados na ribeira
1 aviso e 1 brulote foron afundidos
Flota española
Participantes
3 galeóns de guerra
14 galeóns comerciais
2 pataches
1 barco auxiliar
Incidencias:
6 galeones e 1 patache foron capturados e levados
1 galeón e un patache foron capturados inservibles para navegar e
queimados na ría polos holandeses
3 galeóns encallaron en augas pouco fondas (Cesantes) e arderon
na ribeira
7 galeóns foron a pique
1 barco auxiliar foi afundido.
Flota anglo-holandesa
Ingleses:
32 navíos e 7 brulotes
Holandeses:
10 navíos
Hai que engadir a estes outros brulotes, transportes de tropas e de
gando e avituallamento, catro barcos-hospital, e numerosos barcos
auxiliares que non tomaron parte na batalla.
Coa unión posterior da escuadra de Sir Cloudesley Shovel que entra
na ría despois da batalla (chega o día 27 de outubro dende
Fisterra), a flota anglo-holandesa estaba composta finalmente por
140 velas.
Ningún navío inglés nin holandés foi afundido.
Flota anglo-holandesa:
23.599 (10.012 capitanes, lugartenientes e mariños, 13.587 oficiais e soldados das tropas de
desembarco)
3.115 canóns
Flota franco-española:
10.790 homes -mariños e soldados-
1.541 canóns
Mortos e feridos na Batalla
2.000 mortos da escuadra franco-española e outros 2.000 feridos
800 mortos da anglo-holandesa e 500 feridos
23. a eNseada de saN simóN,
mitifiCada pola literatura de
Xulio VerNe
24. Xulio VerNe
• Xulio verne é o autor de
Vinte mil leguas de viaxe no
fondo do mar en que un
submariño, o Nautilus,
entra na ría de Vigo
procurando o tesouro de
Rande para poder seguir
mantendo o submariño,
desta maneira a xeografía
da ría de Vigo entra, de
novo, na literatura
universal, pois este libro
está traducido a infinidade
de linguas.
25. A ILLA COMO LAZARETO I
• A entrada en funcionamiento, en 1842, do Lazareto de San Simón, no fondo da Ría
de Vigo, resultou ser punto de inflexión clave para despegue dun porto que, a partir
de aquel entón, convertiuse en escala de cuarentena obrigada para tódolos barcos que
despois quixeran acceder a calquer outro punto do noroeste peninsular.O gran
movemiento marítimo que impulsou o lazareto, as entradas e saídas de centos de
buques tódolos anos, impulsou antigos e novos negocios de consignación,
aprovisionamento, reparación e un longo etcétera. Ao longo da ducia de años
que seguiron a súa inauguración, entre 1842 y 1854, fonderaron na Ría nada
menos que 2.349 naves de tódalas bandeiras para pasar, coas súas tripulacións e
viaxeiros, a necesaria cuarentena para evitar a difusión de enfermidades
importadas, polo que se pode afirmar que aquelas instalacións supuxeron o
arranque de Vigo como gran porto do Atlántico.
26. A ILLA COMO LAZARETO II
• O que, en boa parte, hai que agradecerllo ao
médico Taboada Leal, quen, xa no ano 1829,
comenzou a predicar a necesidade de tal
establecemiento sanitario. Os feitos viñeron a
darlle a razón en 1834, cando en tódalas
poboacións do litoral desatouse unha fortísima
epidemia de cólera morbo - ao parecer,
procedente de Inglaterra e traída por unha
escadra de guerra portuguesa -, que en Vigo
alcanzou unha especial virulencia, producindo
un considerable número de mortos. O proxecto
desenvolveuno o mesmo Taboada, inspirándose
nos lazaretos de Marsella e Estocolmo, daquela
considerados os mellores de Europa. Coma
sempre ocurría cando se trata de Vigo - e segue
ocurrindo, que exemplos non faltan -, o
goberno da nación mostrouse moi remiso a
dispoñer dos fondos necesarios para a súa
construción, polo que a súa inauguración
sufreu notables retrasos. Ata que tivo que
intervir un importante industrial da época,
outro vigués destacado do século XIX,
Norberto Velázquez Moreno, de orixe rioxano,
quen aportou do seu pecunio particular os
caudais que se necesitaban para que o
establecemento puidese converterse en
realidade.
27. A ILLA, dE nOvO, TEsTEMuñA dO
hORROR dA guERRA
• A guerra, sempre a guerra… vaite
• Douscentos trinta e catro anos despois, San
Simón acolle de novo a dor, o sangue e o
odio:
28. A ILLA, CAMpO dE
COnCEnTRACIón duRAnTE A
guERRA CIvIL dE EspAñA• Aproveitando as instalacións do antigo convento e do lazareto
instalouse nas primeiras semanas da guerra civil unha especie de
cárcere provisional para presos gubernativos que aínda non foran
encausados pola xurisdicción militar. Nesta época moitos dos
detidos de San Simón foron sacados por elementos de Falanxe,
Garda Civil e os chamados "cívicos", e executados nas cunetas das
estradas e diante dos muros dos cimeterios. Segúndo testemuños, o
director de San Simón e das prisións de Pontevedra, Lago Búa, e o
médico forense Bustelo, foron responsables, xunto co teniente
Rodríguez da Garda Civil, de moitos "paseos"; tamén dedicáronse
a deter a persoas de dereitas ás que logo poñían en liberdade a
cambio de importantes cantidades de diñeiro. Denunciados por
unha desas persoas de dereitas, foron condeados a morte en
consello de guerra celebrado a porta pechada, e executados por un
piquete ao mando, "casualmente", do seu compinche o teniente
Rodríguez.
• Ao derrumbarse o Fronte Norte moitos prisioneiros foron
conducidos a esta cárcere provisional en funcións de campo de
concentración. Desde o porto de Bilbao partiu o barco prisión
"Upo Mendi", cheo de prisioneros, coa finalidade de integralo no
sistema concentracionario de San Simón. A falta de calado
impediu que o "Upo Mendi" se acercara o suficiente á illa,
permanecendo fondeado en augas máis profundas da ría de Vigo.
A San Simón foron tamén conducidos desde o campo de
concentración de Camposancos varios presos condenados a pena de
morte para seren executados.
• Ao finalizar a guerra tratouse de converter o Campo de
Concentración de San Simón nun centro de reclusión para presos
maiores de sesenta anos de idade, trasladando a centenares deles
desde tódalas partes de España
29. • Buque mercante Upu Mendi, fondeado preto da Illa
de San Simón con máis de 600 presos republicanos
da Fronte de Asturias, todos nas adegas
amontoados, con ratas, sen auga e malas condicións
hixiénico sanitarias (debían facer as necesidades
físicas en caldeiros). Cando o buque quedou
escorado pola entrada de auga os presos foron
evacuados a Illa e unha grande parte chegou ao
Campo de Concentración de O Pasaxe (Colexio dos
P.P. Xesuítas) en Camposancos, na Garda.
31. O fuTuRO fACéMOLO nós
• O futuro das Illas de San
Simón e de San Antonio
está na nosa vontade de
conservar un patrimonio
natural, cultural e histórico
de extraordinaria
personalidade.
• Procuremos que non
volvan a seren testemuñas
da guerra, está nas nosas
mans.