SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 52
Baixar para ler offline
Índice
Limiar…………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………….2
Proxectos Educación Infantil ……………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………….………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………4
Os nenos e nenas de 1º ensínannos Remedios caseiros……………………………………………………….……………………………………………………………………………………7
Algunhas saídas contadas polo alumnado de 2º……………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………14
“Os Stars van á guerra espacial” pola rapazada de 3º-4º …………………………………………………………………………….21
Os máis maiores do cole escriben sobre…
- Carlos Casares e o gato Samuel……………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………25
- O noso comedor………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………28
- A súa experiencia no teatro Jofre…………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………31
- Actividades deportivas……………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………36
E moitas máis cousas…
- O rastro que deixamos…………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………40
- Unha cura para Adri………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………42
- Consultorio Señorita Pepis…………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………..43
- Crosswords…………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………48
- Despedida de 6ª……………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………….……………………………………………51
2
3
4
ESTE CURSO 2016/17 OS NENOS/AS DE EDUCACIÓN INFANTIL FIXEMOS
VARIOS PROXECTOS.
NO E NO
PESCUDAMOS SOBRE
5
6
7
REMEDIOS CASEIROS
CON PLANTAS DOS ARREDORES
Os alumn@s de 1º de primaria para traballar o proxecto da biblioteca
sobre o noso bosque, decidimos buscar remedios caseiros con plantas dos
arredores e moi sinxelos de preparar e, por suposto, moi baratos.
Atopamos uns cantos remedios sinxelos que gustaríanos compartir
con todos vós.
- EUCALIPTO para a dor de garganta. (ADA)
- ORTIGAS
o Para a caspa (ENEKO)
o Para as mans secas (SAMUEL)
- LOUREIRO para a caspa (PEDRO)
- PEREXIL para os insectos (PEDRO)
- ALOE VERA para feridas e queimaduras (DANIEL, MARIO E
SANTIAGO)
- XAROPE CON LIMÓN, SALVIA E TOMILLO para a tose.
(DANIELA)
- TOMIÑO en infusión para a tose. (INÉS)
- CANELA E XENXIBRE en infusión para á gripe, dor de moas e
diabetes. (NORA)
8
Té de EUCALIPTO para a dor de garganta
e problemas respiratorios.
Ingredientes:
- 10 follas de eucalipto
- 1 litro de auga
Preparación:
Ferver auga e despois botarlle as follas do eucalipto. Sacar do
lume e deixar fora un pouquiño, inhalar o vapor que sae, mínimo
dúas veces no día e 15 minutos de cada vez.
ADA RAÑALES ALLEGUE
9
ORTIGAS
- Ortigas para suavizar as mans
Si temos as mans secas ou pouco suaves, chega con tomar
os brotes máis tenros das ortigas.
Fervelos durante un cuarto de hora con auga. Deixar enfriar e
colar a mezcla.
Aplicar con algodón dando golpeciños sobre a zona afectada.
SAMUEL GONZALEZ ALLEGUE
- Ortigas para a caspa
Collemos 100 gramos de ortigas incluíndo as raíces. Nun litro
de auga metemos as ortigas e as fervemos durante 15 minutos e
deixamos enfriar. Despois de lavar o pelo, botamos o líquido e
aclaramos pasados 10 minutos.
ENEKO GARCÍA VEGA
10
LOUREIRO para a caspa
Botar nun litro de auga fervendo tres culleradas de follas de
loureiro trituradas, tapar e deixar repousar 25 minutos.
Cando estea frío xa se pode botar pola cabeza e masaxear un
pouco.
PEDRO ROEL ALVARIÑO
PEREXIL para os insectos
Collemos o perexil e esmagámolo ata sacarlle zume.
Este zume botámolo para aliviar o picor das picaduras de
mosquito.
Este zume actúa tamén como repelente para os mosquitos.
PEDRO ROEL ALVARIÑO
11
ALOE VERA para as queimaduras
A planta de aloe vera é unha planta curativa, xa que ten
moitas propiedades curativas e utilízase en medicina natural desde
fai moitos anos.
É moi boa para curar as queimaduras e feridas. Non hai máis
que cortar unha das súas follas, pelala e poñela na parte afectada.
DANIEL FREIRE PIÑEIRO
MARIO GOMEZ COUTO
SANTIAGO AGUILERA MANJARRES
12
LIMÓN, SALVIA E TOMIÑO. Xarope para a tos.
Ingredientes:
- 2 culleriñas de raiadura de limón
- 1 culleriña de salvia
- Media culleriña de tomiño
- Zume de medio limón
Preparación:
Nunha cunca de auga quente verter as raiaduras de limón, a
salvia e o tomillo. Deixar repousar 15 minutos. Despois verter o
zume de limón e o mel.
Bebelo dúas ou tres veces ao día.
DANIELA PEREZ VIZOSO
TOMIÑO en infusión. Remedio caseiro contra a tose.
Preparación:
1.- Auga fervendo
2.- Tomiño
3.- Repouso
INÉS RODRÍGUEZ PICO
13
CANELA E XENXIBRE en infusión
Faise unha infusión cos dous ingredientes.
Añádese un pouco de mel.
Sirve para curar a gripe, para a dor de moas e tamén para a
diabete.
NORA ALONSO SÁNCHEZ-RICO
14
15
16
17
18
19
20
Mario Martínez
2º curso
21
22
23
24
25
A IDEA DE SAMUEL
O gato Samuel era o gato de Carlos Casares. Vivían os dous xuntos máis a
cadela Leda. Un día, Carlos se deixou enriba da mesa uns papeis coas
columnas nas que escribía. Samuel tamén decidiu facer unhas columnas e,
dende ese día, debaixo das columnas de Carlos, hai un apartado chamado
“ O Gato Samuel”.
Breixo Riveiro-5º
O PERIODISMO
O gato Samuel é un gato moi traveso, o seu soño é ser periodista .
Conseguiuno; e ese día foi moi feliz.
Cando tivo que ir traballar, atopou un home moi simpático chamado
Carlos Casares.
Tamén era periodista. Estaba describindo o que pasara no parque,
e o gato Samuel ía xusto a describir iso tamén .
As normas dun periodista son que non se pode poñer a mesma
descrición en dous periódicos diferentes. O gato Samuel empezou a
pelexar con el. Quería facer el a descrición porque se non o ían
despedir.
E así foi: a Samuel despedírono e quedou outra vez marxinado.
Non lle durou moito o traballo.
Sofía López-6º
26
O GATO SAMUEL
O Gato Samuel era o gato de Carlos Casares. Ou Carlos Casares era o humano do
gato Samuel. Chegou a ser tan coñecido porque Casares escribía unha columna diaria
nun xornal, A Marxe, e fíxoo varias veces sobre Samuel. Casares tiña un gato siamés
chamado Tomás e, cando morreu, regaláronlle a Samuel. Era dunha raza con moito
pelo. Cando Carlos Casares o coñeceu, viu como se fose unha boliña de pelo gris. A
familia pensou que lle tiñan que poñer un nome. Namentres comía, véuselle á cabeza
o nome de “Samuel”.
Carlos Casares escribiu nas súas columnas moitos artigos sobre Samuel.
Sobre como medraba ou o que facía. E se pasaba tempo sen escribir, a xente
preguntáballe por el.Un destes artigos é, por exemplo, “Non pasa nada”.
Samuel era moi amigo das cadelas Leda e Buba e cando Leda morreu, púxose
tan triste que metía a cabeza debaixo dos coxíns horas e horas. Casares di de Samuel
que é distinguido, elegante, guapo pero non presumido, nada clasista, independente,
digno, bo, educado e formal. Non lle gustaba repetir as comidas. Durmía panza arriba
e gustáballe a choiva e deitarse no sofá ou entre as patas de Leda. Estaba seguro de
que Samuel coñecía a súa linguaxe corporal e que sempre sabía o que ía facer.
Tamén conta que lle gustaba ver documentais de bichos e escoitar a música que
escoitaba Casares; con Bach quedaba durmido. Prefería a Vivaldi. No inverno
gustáballe estar no colo, ou facerse un novelo na cama, entre os pés. Algunha vez
cazou algún paxaro, e a cadela Buba estaba alerta para roubarllo. Samuel pasou un
tempo maliño e tiveron que ingresalo nunha clínica veterinaria; moit@s lectores e
lectoras preocupáronse pola súa saúde e, ata que se recuperou, Casares tivo que ir
informando de coma se atopaba o gato.
Nós imaxinamos ao gatiño Samuel coma un gatiño moi lindo , e sobretodo moi
intelixente. Con moitísimo pelo ,Carlos Casares volvíase loco por el……
Os seus ollos, de cor verde clara (que se quedabas ollando para eles,
hipnotizábaste).
Este ano, o Día das Letras Galegas
estivo adicado a Carlos Casares, periodista
e escritor. E Mica Bigotes pedíunos que
imaxináramos coma se coñeceran ela e o
gato Samuel. Así que nos deu por querer
coñecer un pouco deste gato que chegou a
famoso.
Imaxe de primaveradasletras.gal
Nel, conta que non fala moito ultimamente sobre
Samuel porque non lle ocorren cousas extraordinarias, que
a única novidade é que Samuel está medrando. Déitase
cedo e non sae pola noite, como cando era máis novo. O
único que lle falta é madrugar. Tamén di que Samuel está
máis guapo.
27
De orellas pequeniñas ,parecíanse moito ás dun rato, pero peludísimas.
Os bigotiños, máis longos ca os de Mica Bigotes e os do Rato Gordecho
xuntos.
O seu rabo, moi longo……. E moi, moi peludo .
Foto de academia.gal
Era un gato moi cariñoso coa xente, sobre todo con Carlos Casares e a súa
familia , todos os días cando Carlos Casares ía traballar, Samuel quedabase
durmindo ou mesmo limpándose . E cando volvía de noite á casa, Samuel agardaba
por el enriba dunha pedra e logo facíalle compaña vendo a tele. Anque ás veces
Casares sospeitaba que lle botaba na cara chegar tan tarde, coma se lle chamase
“pendón”.
Era moi comilón ,zampaba todo o que lle poñías , ata unha taza de caldiño
quente ou un prato de grelos. Encantábanlle os xeados. Nun artigo, Casares dixo del
que podería andar de “chimpafigos”, “porquiño de santo Antón a pedir polas casas” de
tan lambón que era.
O que lle encantaba facer a Samuel era axudar ao seu dono a escribir libros ,
artigos para o xornal e ata algunha poesía.
Imaxinamos que a el o que lle gustaba era ser poeta, pero coma el non podia
trunfar coma escritor o facía Carlos Casares por el .
Samuel foi tan famoso que ata outro escritor, Herminio Vallejo, adicoulle un
libro da colección Os minilibros de Galaxia. Para celebralo, Casares invitou a Samuel a
unha galleta e puxéronse a ver xuntos a televisión.
Iván Gómez-6º EP
Sofía López-6ºEP
Jennis Maloles-5º EP
Silvia Miragay -6ºEP
Breixo Riveiro-5º EP
BIBLIOGRAFÍA:
-Casares, Carlos. Artigos A marxe. Voz de Galicia.
-Sumai, Anxos.Artigo .Samuel. Felinas.Revista Tempos Novos,240.
28
O NOSO COMEDOR
Este curso estreamos comedor no noso colexio. Foi unha novidade importante
e tod@s tiñamos moitas ganas de empezar.
Inaugurouse o 28 de setembro do ano pasado.
Foto tomada de Radiofusion.eu
O comedor é moi bonito
e ten mesas para @s
máis peques e para
máis maiores.
E ata saímos no
xornal!
Viñeron o alcalde, Juventino
Trigo, e a concelleira Sandra.
29
O primer día foi moi guai pero os demais ainda mellor. Na parede hai un
cociñeiro pintado moi grande e tamén moi divertido.
E na porta, uns cubertos simpatiquísimos; doutro lado, vaixela nun alzadeiro...
E no recuncho de xogos, unha paisaxe preciosa.Pintárono as nosas mamás da
ANPA que sempre nos axudan en todo. Son unhas artistazas!!!.
30
No medio están as mesas para comer, cuns manteis moi bonitos e de moitas
cores.Hai moitos xogos e todo está moi decorado, en xeral moi chulo. Cando entramos
a primeira vez pareceunos o comedor dun conto ilustrado, de tan bonito que é.
A comida está moi boa, anque ás veces hai alguén a quen non lle gusta algo.
Aquí é unha boa maneira de aprender a comer de todo. Da comida encárgase a
empresa Catering Ferrolterra. Cando remata un mes, xa temos exposto o menú do
mes seguinte, no blog da ANPA Río de Va, no seu Facebook e na entrada do cole; así
nós e as nosas familias sabemos o que imos comer cada día.
E se iso non fora suficiente, aínda por riba temos unha coidadora
estupenda.Todos a queremos moitísimo. Chámase Isa e, aínda que non é unha nena,
xoga con nós ao fútbol, ao escondite... e nos ensina moitas cousas novas; ás veces
ata lle chamamos avoa ou mamá.( E ás veces nos perdoa algo da comida)
Despois de comer, Isa nos deixa xogar cos xogos... e as veces ela tamén xoga
anque por veces non a deixamos en paz. Pero a queremos moitísimo!!!!!!!!!. Cando vai
bo tempo, saímos xogar fóra.
Ademais temos que darlle as grazas as mamás da ANPA porque sempre nos
axudan en todo. Cando Isa non pode vir, quedan elas e se portan moi ben con nós. E
non só nos axudan no comedor, tamén noutras cousas; pero diso xa falaremos noutro
momento.
Clara Mandaradoni Yáñez -5º
31
ACTRICES E ACTORES NO TEATRO JOFRE
Todo isto empezou porque a Maribel, a nosa profe, quería facer unha obra de
teatro; entón nós tamén queriamos e, despois de ler varias obras, eliximos esta, que
por se non vos díchedes conta é a obra...
MAMASIÑA QUE MEDO!!!!
De Chus Pereiro, unha gran escritora.
Repartimos os papeis e, coma non chegabamos, algúns e algunhas tiñan dúas
personaxes. Pensamos nos decorados e coma facelos. Entón se fixo unha reunión
coas nosas familias para explicar todo, pedir permisos e falar da roupa que podiamos
levar. A comezos de febreiro empezamos a ensaiar, pero cos papeis na man, lendo o
texto. Maribel (a “directora de escena”) dábanos algunha idea, pero deixou que
fósemos facendo nós e decidindo como iamos facer.
Logo de estar varios meses ensaiando, a “directora escénica” empezou a
darnos ideas máis concretas sobre como falar, movernos polo escenario, facer
acenos,,, as últimas semanas estabamos moi nervios@s (Maribel tamén) e incluímos
un par de bailes para “disfrutar”.
Coma este curso fixemos tantas cousas, non atopabamos tempo para facer os
decorados e a profe pedíulle axuda á ANPA. Se non vedes a obra, non volos podedes
imaxinar. Son xeniais!!!.
Querémosvos contar un pouco a nosa
experiencia e como foi a obra de teatro que
interpretamos as nenas e nenos de 5º e 6º no teatro
Jofre, en Ferrol; exactamente, o dia 1 de xuño de
2017. Participando na actividade Teatro con G.
32
Chegou o día. Collimos as cousas que deixamos preparadas no colexio e alá
fumos.
Noe e María pasaron horas e horas
e horas facéndonos uns decorados de
película!!!. Cando Maribel nos levou a
velos, nos últimos días, ficamos
apampad@s. Dúas verdadeiras artistas!!!
E cando os vimos montados no escenario
do Jofre…Uau!!!
Estaban agardando por nós,
coma actores de verdade. Leváronnos
aos camerinos para caracterizarse nos
personaxes, vestirnos e maquillarnos.
Eran impresionantes, ata tiñan un
espellos con luces arredor e sillóns
coma os que se ven na tele e todo.
33
Cando chegamos abaixo, quedamos abraiad@s do grande que era aquilo
todas esas butacas e ese grande escenario. Sentímonos moi pequen@s. Menos mal
que poidemos ensaiar unha parte, para irnos afacendo. Pareceunos todo
impresionante: a música, as luces…OS DECORADOS!!!.
Pero…agardade, non vos contamos que vai dunhas bruxas moi tolas, a máis
vella Celidonia, bruxa profesional, que chegan a Xalundes onde había un xigante que
papaba á xente; anque a vasoira ía estragada, grazas aos piollos que...non vos
contamos máis, sería un spoiler!!! É unha obra graciosa, e da maneira que a quixemos
facer, é para rir. Por exemplo, a vasoira era unha aspiradora vella con punta de
vasoira; o mando a distancia era unha man de plástico cunha vara longa…
Era fantástico.
Sentámonos nas butacas de diante e
empezou o espectáculo da obra de
extracolares que estivo moi divertida e
graciosa. Despois chegou o momento da
nosa.
34
Entón fixemos a obra, no baile final a música sonaba xenial, a tope, e todo o
mundo nos aplaudía; iso era moi guai. Foi unha experiencia estupenda. Agora
representarémola no cole, para todas as nosas familias. Divertímonos, discutimos un
pouco, aprendimos, desesperamos algo á profe…queremos repetir a experiencia!!!
Para nós, teatro é diversión; divírteste facéndoo, meténdote na pel doutras
personas/personaxes; axuda a relacionarte cos demáis, ensínache a non ser tan
tímid@, a expresar as emocións (tristeza, ledicia,rabia,medo...)
35
O teatro axúdate a soltarte para facer cada papel. Cando estamos sobre o
escenario interpretando, sentímonos coma se estivesemos aí (nese lugar) de verdade;
sentimos que somos esa personaxe. Porque fas unha obra de teatro para divertirte,
porque nos gusta facer teatro.
Ogallá que vós tamén disfrutedes coa nosa representación,queremos darvos
as grazas por vir vela; pero, sobre todo, moitas grazas a Maribel, Fini (que nos ensinou
a cantar o canto de cego), Maria e Noe por facer que todo isto sexa posible.
GRAZAS
Paula Salgado González 6º
Nerea Seijo Alvariño 6º
Alexia Villar Beceiro 6º
36
O BALONCESTO EN CADEIRA DE RODAS
CHEGA O NOSO COLEXIO:
Este curso visitounos Álvaro Illobre, deportista famoso
que práctica, entre outros deportes, baloncesto en
cadeira de rodas.
Veu ao cole para darnos unha charla e practicar coas
cadeiras de rodas. Veu acompañado por un compañeiro
de equipo.
37
Tamén os alumnos de todos os curso, fixémoslle
agasallos e quitamos fotos con eles.
Gustounos todo, menos que tivemos que facelo no
ximnasio porque estaba a chover.
Alumnos de 5º EP
38
ÁRBITRO DE PRIMEIRA DIVISIÓN
NO COLEXIO:
No primeiro trimestre visitou o
noso colexio o árbitro de primeira
división Ignacio Iglesias Villanueva.
Dounos unha charla sobre o se traballo e ademais
tamén é mestre de E.F e traballara temporalmente no
noso cole.
Falounos de como comezou a ser árbitro e púxonos
moitas diapositivas na pantalla da biblioteca.
39
Para agradecerlle a súa visita, cada curso, fíxolle un
agasallo.
Gustounos moito a súa visita, o único que non nos
gustou foi o pouquiño tempo que estivo con nos.
Alumnos de 5º EP
40
O 12 de xullo de 2016 morría en Vigo Agustín
Fernández Paz, un dos autores máis queridos da
nosa literatura, o máis traducido e un dos máis
vendidos; recoñecido con numerosos premios, tanto
nacionais como internacionais.
Fernández Paz foi un mestre profundamente comprometido coa educación e
coa defensa da cultura galega e, por iso, parte da súa obra son ensaios e libros
relacionados coa lingua e a normalización, mais a maior parte dos seus
escritos son de literatura infantil e xuvenil.
Nos tempos no que impartiu aulas da antiga EXB pasou anos en Mugardos e
deixou unha fonda pegada na contorna, así como un gran número de amigos,
que decidiron renderlle homenaxe coa iniciativa O rastro que deixamos. Foron
varios os colexios que decidiron participar; entre eles, o noso.
O rastro que deixamos
Preparamos unha exposición no
corredor de entrada á biblioteca na
que colocamos algúns dos libros
escritos por el.
41
Despois fixemos moitos
traballos nas aulas, para
aprender cousas sobre a súa
vida, sobre o seu traballo e sobre
os seus libros.
Traballamos co hashtag
#SempreAgustín e escribimos
frases de Agustín en follas,
naturais e de papel.
O alumnado de 5º e 6º tamén construíu un milladoiro.
Quedou unha exposición ben chula!
Ademais todos fomos persoas-libro e levamos por as aulas fragmentos de
obras de Agustín Fernández Paz.
Biblioteca Escolar "Paula Carballeira"
A finais de xaneiro celebramos
un fermoso acto no propio colexio
no que cada curso compartiu cos
outros aquela obra que
escolleron.
Aquí podedes ver as fotos dese día e o
primeiro capítulo de Lúa do Senegal, na voz
das nenas e nenos de 5º e 6º.
E, finalmente, xuntámonos con outros
coles no Auditorio de Ferrol para expoñer e
compartir as actividades realizadas, escoitar
música, cantar e, sobre todo, lembrar ao
benquerido Agustín.
42
Unha cura para Adri
Neste curso, ademais de outras moitas
actividades solidarias, que xa temos
convertidas case que en algo cotiá, porque
levamos anos facéndoas, realizamos unha
moi especial.
Se xa nos temos convertido en recicladores expertos,
reivindicadores do coidado do medio ambiente, defensores dos
dereitos dos nenos e das nenas (sobre todo, do dereito á
educación), loitadores pola igualdade, a participación e a
cooperación..., entón non podemos ser indiferentes ante causas
importantes e próximas.
Por iso elaboramos marcapáxinas para axudar a Adri.
PROXECTO "Somos quen"
Damos as grazas ás persoas
que os compraron: familiares,
amigos e veciños e a toda a
xente que colaborou
desinteresadamente (sen levar
marcapáxinas ningún).
43
44
45
46
47
48
CROSSWORDS:
Typical crosswords of clothes:
49
Crosswords of food:
50
Transport crossword:
51
DESPEDIDA DE 6º
Xa chega o momento de ir ao Instituto, de despedirnos deste colexio.
Xa rematou o cole, un cole que nos ensinou todo o que sabemos.Danos moita
pena, xa que estivemos xunt@s dende EI (algún, algunha aínda sen cumprir os 3
anos!!!!) e son moooooitos anos da nosa vida, case toda. Aquí deixamos amig@s que
volveremos atopar. Aquí coñecimos a amig@s que agora xa están na ESO ou en
Bachalerato…e agora imos nós para aló.
Aquí coñecimos xente que veu darnos charlas, contacontos, obradoiros,
poetas…a falarnos das abellas. do bulling, dos cogomelos, da reciclaxe.
Grazas ao noso cole coñecimos xente famosa: Ignacio Iglesias, árbitro de 1ª
división (ademáis de ser o noso profe de E.F. algún tempo neste cole); Francisco
Porto, un grande ceramista; Carme Romero, tamén ceramista; Fran Alonso, poeta,
escritor, blogueiro; Diego Maceiras, músico que ten varios discos gravados;Álvaro
Illobre, campión paralímpico internacional; Gonzalo Moure, escritor de contos moi
bonitos; Antón Cortizas, escritor e poeta; Paula Carballeira, a madriña da nosa
Biblioteca, poeta, contacontos, actriz…
Pasar de 6º ao IES non é nada fácil, teremos que facer novas amizades,
coñecer nov@s profes…e estudar moito máis, ha, ha, ha!!!
Imos botar en falta aos nosos compañeiros e compañeiras que quedan no
cole, e a tod@s @s profes que tivemos nestes anos: Ainhoa, Lorena, Fini, MªJosé,
Jose, Marta, Cristina, Diana, María…Maribel.
Estes últimos anos pasámolo moi ben. Fixemos moitas saídas, festivais,
actividades…ata fomos actores e actrices facendo teatro!!!
Grazas por todos eses momentos que pasamos xunt@s, profes e
compañeir@s.
Grazas a ANPA por todo: as festas, as “merendas”, os autobuses, os xeniais
decorados da nosa obra de teatro (que artistas!!!)
Queremos darlle as grazas a Maribel por estes dous anos. Do que nunca nos
imos esquecer é das bromas que nos dicía e facía Maribel: as “collejas virtuais”, a
sesión pipimax, os contos contados “ao revés”, as caras de darlle un ataque coas
52
nosas faltas de ortografía, as discusións “filosóficas “ nas clases (como se mete a luz
nunha bombilla?), as risas coa súa “Antoloxía do disparate” co que di que se vai facer
millonaria grazas a nós (ese cadro “As señoras” que Picasso pintou cando Hitler foi rei
de España, que, según ela, son As Meninas dun tal Velázquez…Seguro que se
equivocou ao correxir!!!)
Agora temos que cruzar unha nova liña para pasar a unha nova etapa da nosa
vida. Temos un pouquiño de medo, pero imos superalo, porque, coma nos di Maribel,
nós valémolo e nós podemos con todo…se queremos!
Maribel, grazas por ensinarnos tantas cousas. Ensináchesnos a madurar e
crecer coma persoas.
Querémoste.
Botarémosvos moito de menos!!!!!*
*Pero non vos ides librar tan fácil de nós: viremos dar a lata de vez en cando!!!
Alba, Nerea, Sofía, Iván, Silvia e Alexia

Mais conteúdo relacionado

Mais de vilabarreiro

Mais de vilabarreiro (20)

Dibujos de cuaresma
Dibujos de cuaresmaDibujos de cuaresma
Dibujos de cuaresma
 
Revista escolar amencer 2017 18
Revista escolar amencer 2017 18Revista escolar amencer 2017 18
Revista escolar amencer 2017 18
 
Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019
 
Memoria biblio2020
Memoria biblio2020Memoria biblio2020
Memoria biblio2020
 
Memoria somos quen. 2018 19
Memoria somos quen. 2018 19Memoria somos quen. 2018 19
Memoria somos quen. 2018 19
 
Memoria somos quen 17-18
Memoria somos quen 17-18Memoria somos quen 17-18
Memoria somos quen 17-18
 
Memoriasomosquen16 17
Memoriasomosquen16 17Memoriasomosquen16 17
Memoriasomosquen16 17
 
Memoria somos quen. 2019 20
Memoria somos quen. 2019 20Memoria somos quen. 2019 20
Memoria somos quen. 2019 20
 
Lemos.
Lemos.Lemos.
Lemos.
 
Segundo
SegundoSegundo
Segundo
 
Horizontais
Horizontais Horizontais
Horizontais
 
Fichas de traballo. cuarto de primaria
Fichas de traballo. cuarto de primariaFichas de traballo. cuarto de primaria
Fichas de traballo. cuarto de primaria
 
Terceiro de primaria
Terceiro de primariaTerceiro de primaria
Terceiro de primaria
 
Pasatempos horizontais
Pasatempos horizontaisPasatempos horizontais
Pasatempos horizontais
 
Primeiro
PrimeiroPrimeiro
Primeiro
 
Memoria biblio2019
Memoria biblio2019Memoria biblio2019
Memoria biblio2019
 
3anos 1
3anos 13anos 1
3anos 1
 
3anos 3
3anos 33anos 3
3anos 3
 
4anos 3
4anos 34anos 3
4anos 3
 
4anos 3
4anos 34anos 3
4anos 3
 

Último (7)

Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
 

Amencer 2017

  • 1. Índice Limiar…………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………….2 Proxectos Educación Infantil ……………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………….………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………4 Os nenos e nenas de 1º ensínannos Remedios caseiros……………………………………………………….……………………………………………………………………………………7 Algunhas saídas contadas polo alumnado de 2º……………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………14 “Os Stars van á guerra espacial” pola rapazada de 3º-4º …………………………………………………………………………….21 Os máis maiores do cole escriben sobre… - Carlos Casares e o gato Samuel……………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………25 - O noso comedor………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………28 - A súa experiencia no teatro Jofre…………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………31 - Actividades deportivas……………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………36 E moitas máis cousas… - O rastro que deixamos…………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………40 - Unha cura para Adri………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………42 - Consultorio Señorita Pepis…………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………..43 - Crosswords…………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………48 - Despedida de 6ª……………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………….……………………………………………51
  • 2. 2
  • 3. 3
  • 4. 4 ESTE CURSO 2016/17 OS NENOS/AS DE EDUCACIÓN INFANTIL FIXEMOS VARIOS PROXECTOS. NO E NO PESCUDAMOS SOBRE
  • 5. 5
  • 6. 6
  • 7. 7 REMEDIOS CASEIROS CON PLANTAS DOS ARREDORES Os alumn@s de 1º de primaria para traballar o proxecto da biblioteca sobre o noso bosque, decidimos buscar remedios caseiros con plantas dos arredores e moi sinxelos de preparar e, por suposto, moi baratos. Atopamos uns cantos remedios sinxelos que gustaríanos compartir con todos vós. - EUCALIPTO para a dor de garganta. (ADA) - ORTIGAS o Para a caspa (ENEKO) o Para as mans secas (SAMUEL) - LOUREIRO para a caspa (PEDRO) - PEREXIL para os insectos (PEDRO) - ALOE VERA para feridas e queimaduras (DANIEL, MARIO E SANTIAGO) - XAROPE CON LIMÓN, SALVIA E TOMILLO para a tose. (DANIELA) - TOMIÑO en infusión para a tose. (INÉS) - CANELA E XENXIBRE en infusión para á gripe, dor de moas e diabetes. (NORA)
  • 8. 8 Té de EUCALIPTO para a dor de garganta e problemas respiratorios. Ingredientes: - 10 follas de eucalipto - 1 litro de auga Preparación: Ferver auga e despois botarlle as follas do eucalipto. Sacar do lume e deixar fora un pouquiño, inhalar o vapor que sae, mínimo dúas veces no día e 15 minutos de cada vez. ADA RAÑALES ALLEGUE
  • 9. 9 ORTIGAS - Ortigas para suavizar as mans Si temos as mans secas ou pouco suaves, chega con tomar os brotes máis tenros das ortigas. Fervelos durante un cuarto de hora con auga. Deixar enfriar e colar a mezcla. Aplicar con algodón dando golpeciños sobre a zona afectada. SAMUEL GONZALEZ ALLEGUE - Ortigas para a caspa Collemos 100 gramos de ortigas incluíndo as raíces. Nun litro de auga metemos as ortigas e as fervemos durante 15 minutos e deixamos enfriar. Despois de lavar o pelo, botamos o líquido e aclaramos pasados 10 minutos. ENEKO GARCÍA VEGA
  • 10. 10 LOUREIRO para a caspa Botar nun litro de auga fervendo tres culleradas de follas de loureiro trituradas, tapar e deixar repousar 25 minutos. Cando estea frío xa se pode botar pola cabeza e masaxear un pouco. PEDRO ROEL ALVARIÑO PEREXIL para os insectos Collemos o perexil e esmagámolo ata sacarlle zume. Este zume botámolo para aliviar o picor das picaduras de mosquito. Este zume actúa tamén como repelente para os mosquitos. PEDRO ROEL ALVARIÑO
  • 11. 11 ALOE VERA para as queimaduras A planta de aloe vera é unha planta curativa, xa que ten moitas propiedades curativas e utilízase en medicina natural desde fai moitos anos. É moi boa para curar as queimaduras e feridas. Non hai máis que cortar unha das súas follas, pelala e poñela na parte afectada. DANIEL FREIRE PIÑEIRO MARIO GOMEZ COUTO SANTIAGO AGUILERA MANJARRES
  • 12. 12 LIMÓN, SALVIA E TOMIÑO. Xarope para a tos. Ingredientes: - 2 culleriñas de raiadura de limón - 1 culleriña de salvia - Media culleriña de tomiño - Zume de medio limón Preparación: Nunha cunca de auga quente verter as raiaduras de limón, a salvia e o tomillo. Deixar repousar 15 minutos. Despois verter o zume de limón e o mel. Bebelo dúas ou tres veces ao día. DANIELA PEREZ VIZOSO TOMIÑO en infusión. Remedio caseiro contra a tose. Preparación: 1.- Auga fervendo 2.- Tomiño 3.- Repouso INÉS RODRÍGUEZ PICO
  • 13. 13 CANELA E XENXIBRE en infusión Faise unha infusión cos dous ingredientes. Añádese un pouco de mel. Sirve para curar a gripe, para a dor de moas e tamén para a diabete. NORA ALONSO SÁNCHEZ-RICO
  • 14. 14
  • 15. 15
  • 16. 16
  • 17. 17
  • 18. 18
  • 19. 19
  • 21. 21
  • 22. 22
  • 23. 23
  • 24. 24
  • 25. 25 A IDEA DE SAMUEL O gato Samuel era o gato de Carlos Casares. Vivían os dous xuntos máis a cadela Leda. Un día, Carlos se deixou enriba da mesa uns papeis coas columnas nas que escribía. Samuel tamén decidiu facer unhas columnas e, dende ese día, debaixo das columnas de Carlos, hai un apartado chamado “ O Gato Samuel”. Breixo Riveiro-5º O PERIODISMO O gato Samuel é un gato moi traveso, o seu soño é ser periodista . Conseguiuno; e ese día foi moi feliz. Cando tivo que ir traballar, atopou un home moi simpático chamado Carlos Casares. Tamén era periodista. Estaba describindo o que pasara no parque, e o gato Samuel ía xusto a describir iso tamén . As normas dun periodista son que non se pode poñer a mesma descrición en dous periódicos diferentes. O gato Samuel empezou a pelexar con el. Quería facer el a descrición porque se non o ían despedir. E así foi: a Samuel despedírono e quedou outra vez marxinado. Non lle durou moito o traballo. Sofía López-6º
  • 26. 26 O GATO SAMUEL O Gato Samuel era o gato de Carlos Casares. Ou Carlos Casares era o humano do gato Samuel. Chegou a ser tan coñecido porque Casares escribía unha columna diaria nun xornal, A Marxe, e fíxoo varias veces sobre Samuel. Casares tiña un gato siamés chamado Tomás e, cando morreu, regaláronlle a Samuel. Era dunha raza con moito pelo. Cando Carlos Casares o coñeceu, viu como se fose unha boliña de pelo gris. A familia pensou que lle tiñan que poñer un nome. Namentres comía, véuselle á cabeza o nome de “Samuel”. Carlos Casares escribiu nas súas columnas moitos artigos sobre Samuel. Sobre como medraba ou o que facía. E se pasaba tempo sen escribir, a xente preguntáballe por el.Un destes artigos é, por exemplo, “Non pasa nada”. Samuel era moi amigo das cadelas Leda e Buba e cando Leda morreu, púxose tan triste que metía a cabeza debaixo dos coxíns horas e horas. Casares di de Samuel que é distinguido, elegante, guapo pero non presumido, nada clasista, independente, digno, bo, educado e formal. Non lle gustaba repetir as comidas. Durmía panza arriba e gustáballe a choiva e deitarse no sofá ou entre as patas de Leda. Estaba seguro de que Samuel coñecía a súa linguaxe corporal e que sempre sabía o que ía facer. Tamén conta que lle gustaba ver documentais de bichos e escoitar a música que escoitaba Casares; con Bach quedaba durmido. Prefería a Vivaldi. No inverno gustáballe estar no colo, ou facerse un novelo na cama, entre os pés. Algunha vez cazou algún paxaro, e a cadela Buba estaba alerta para roubarllo. Samuel pasou un tempo maliño e tiveron que ingresalo nunha clínica veterinaria; moit@s lectores e lectoras preocupáronse pola súa saúde e, ata que se recuperou, Casares tivo que ir informando de coma se atopaba o gato. Nós imaxinamos ao gatiño Samuel coma un gatiño moi lindo , e sobretodo moi intelixente. Con moitísimo pelo ,Carlos Casares volvíase loco por el…… Os seus ollos, de cor verde clara (que se quedabas ollando para eles, hipnotizábaste). Este ano, o Día das Letras Galegas estivo adicado a Carlos Casares, periodista e escritor. E Mica Bigotes pedíunos que imaxináramos coma se coñeceran ela e o gato Samuel. Así que nos deu por querer coñecer un pouco deste gato que chegou a famoso. Imaxe de primaveradasletras.gal Nel, conta que non fala moito ultimamente sobre Samuel porque non lle ocorren cousas extraordinarias, que a única novidade é que Samuel está medrando. Déitase cedo e non sae pola noite, como cando era máis novo. O único que lle falta é madrugar. Tamén di que Samuel está máis guapo.
  • 27. 27 De orellas pequeniñas ,parecíanse moito ás dun rato, pero peludísimas. Os bigotiños, máis longos ca os de Mica Bigotes e os do Rato Gordecho xuntos. O seu rabo, moi longo……. E moi, moi peludo . Foto de academia.gal Era un gato moi cariñoso coa xente, sobre todo con Carlos Casares e a súa familia , todos os días cando Carlos Casares ía traballar, Samuel quedabase durmindo ou mesmo limpándose . E cando volvía de noite á casa, Samuel agardaba por el enriba dunha pedra e logo facíalle compaña vendo a tele. Anque ás veces Casares sospeitaba que lle botaba na cara chegar tan tarde, coma se lle chamase “pendón”. Era moi comilón ,zampaba todo o que lle poñías , ata unha taza de caldiño quente ou un prato de grelos. Encantábanlle os xeados. Nun artigo, Casares dixo del que podería andar de “chimpafigos”, “porquiño de santo Antón a pedir polas casas” de tan lambón que era. O que lle encantaba facer a Samuel era axudar ao seu dono a escribir libros , artigos para o xornal e ata algunha poesía. Imaxinamos que a el o que lle gustaba era ser poeta, pero coma el non podia trunfar coma escritor o facía Carlos Casares por el . Samuel foi tan famoso que ata outro escritor, Herminio Vallejo, adicoulle un libro da colección Os minilibros de Galaxia. Para celebralo, Casares invitou a Samuel a unha galleta e puxéronse a ver xuntos a televisión. Iván Gómez-6º EP Sofía López-6ºEP Jennis Maloles-5º EP Silvia Miragay -6ºEP Breixo Riveiro-5º EP BIBLIOGRAFÍA: -Casares, Carlos. Artigos A marxe. Voz de Galicia. -Sumai, Anxos.Artigo .Samuel. Felinas.Revista Tempos Novos,240.
  • 28. 28 O NOSO COMEDOR Este curso estreamos comedor no noso colexio. Foi unha novidade importante e tod@s tiñamos moitas ganas de empezar. Inaugurouse o 28 de setembro do ano pasado. Foto tomada de Radiofusion.eu O comedor é moi bonito e ten mesas para @s máis peques e para máis maiores. E ata saímos no xornal! Viñeron o alcalde, Juventino Trigo, e a concelleira Sandra.
  • 29. 29 O primer día foi moi guai pero os demais ainda mellor. Na parede hai un cociñeiro pintado moi grande e tamén moi divertido. E na porta, uns cubertos simpatiquísimos; doutro lado, vaixela nun alzadeiro... E no recuncho de xogos, unha paisaxe preciosa.Pintárono as nosas mamás da ANPA que sempre nos axudan en todo. Son unhas artistazas!!!.
  • 30. 30 No medio están as mesas para comer, cuns manteis moi bonitos e de moitas cores.Hai moitos xogos e todo está moi decorado, en xeral moi chulo. Cando entramos a primeira vez pareceunos o comedor dun conto ilustrado, de tan bonito que é. A comida está moi boa, anque ás veces hai alguén a quen non lle gusta algo. Aquí é unha boa maneira de aprender a comer de todo. Da comida encárgase a empresa Catering Ferrolterra. Cando remata un mes, xa temos exposto o menú do mes seguinte, no blog da ANPA Río de Va, no seu Facebook e na entrada do cole; así nós e as nosas familias sabemos o que imos comer cada día. E se iso non fora suficiente, aínda por riba temos unha coidadora estupenda.Todos a queremos moitísimo. Chámase Isa e, aínda que non é unha nena, xoga con nós ao fútbol, ao escondite... e nos ensina moitas cousas novas; ás veces ata lle chamamos avoa ou mamá.( E ás veces nos perdoa algo da comida) Despois de comer, Isa nos deixa xogar cos xogos... e as veces ela tamén xoga anque por veces non a deixamos en paz. Pero a queremos moitísimo!!!!!!!!!. Cando vai bo tempo, saímos xogar fóra. Ademais temos que darlle as grazas as mamás da ANPA porque sempre nos axudan en todo. Cando Isa non pode vir, quedan elas e se portan moi ben con nós. E non só nos axudan no comedor, tamén noutras cousas; pero diso xa falaremos noutro momento. Clara Mandaradoni Yáñez -5º
  • 31. 31 ACTRICES E ACTORES NO TEATRO JOFRE Todo isto empezou porque a Maribel, a nosa profe, quería facer unha obra de teatro; entón nós tamén queriamos e, despois de ler varias obras, eliximos esta, que por se non vos díchedes conta é a obra... MAMASIÑA QUE MEDO!!!! De Chus Pereiro, unha gran escritora. Repartimos os papeis e, coma non chegabamos, algúns e algunhas tiñan dúas personaxes. Pensamos nos decorados e coma facelos. Entón se fixo unha reunión coas nosas familias para explicar todo, pedir permisos e falar da roupa que podiamos levar. A comezos de febreiro empezamos a ensaiar, pero cos papeis na man, lendo o texto. Maribel (a “directora de escena”) dábanos algunha idea, pero deixou que fósemos facendo nós e decidindo como iamos facer. Logo de estar varios meses ensaiando, a “directora escénica” empezou a darnos ideas máis concretas sobre como falar, movernos polo escenario, facer acenos,,, as últimas semanas estabamos moi nervios@s (Maribel tamén) e incluímos un par de bailes para “disfrutar”. Coma este curso fixemos tantas cousas, non atopabamos tempo para facer os decorados e a profe pedíulle axuda á ANPA. Se non vedes a obra, non volos podedes imaxinar. Son xeniais!!!. Querémosvos contar un pouco a nosa experiencia e como foi a obra de teatro que interpretamos as nenas e nenos de 5º e 6º no teatro Jofre, en Ferrol; exactamente, o dia 1 de xuño de 2017. Participando na actividade Teatro con G.
  • 32. 32 Chegou o día. Collimos as cousas que deixamos preparadas no colexio e alá fumos. Noe e María pasaron horas e horas e horas facéndonos uns decorados de película!!!. Cando Maribel nos levou a velos, nos últimos días, ficamos apampad@s. Dúas verdadeiras artistas!!! E cando os vimos montados no escenario do Jofre…Uau!!! Estaban agardando por nós, coma actores de verdade. Leváronnos aos camerinos para caracterizarse nos personaxes, vestirnos e maquillarnos. Eran impresionantes, ata tiñan un espellos con luces arredor e sillóns coma os que se ven na tele e todo.
  • 33. 33 Cando chegamos abaixo, quedamos abraiad@s do grande que era aquilo todas esas butacas e ese grande escenario. Sentímonos moi pequen@s. Menos mal que poidemos ensaiar unha parte, para irnos afacendo. Pareceunos todo impresionante: a música, as luces…OS DECORADOS!!!. Pero…agardade, non vos contamos que vai dunhas bruxas moi tolas, a máis vella Celidonia, bruxa profesional, que chegan a Xalundes onde había un xigante que papaba á xente; anque a vasoira ía estragada, grazas aos piollos que...non vos contamos máis, sería un spoiler!!! É unha obra graciosa, e da maneira que a quixemos facer, é para rir. Por exemplo, a vasoira era unha aspiradora vella con punta de vasoira; o mando a distancia era unha man de plástico cunha vara longa… Era fantástico. Sentámonos nas butacas de diante e empezou o espectáculo da obra de extracolares que estivo moi divertida e graciosa. Despois chegou o momento da nosa.
  • 34. 34 Entón fixemos a obra, no baile final a música sonaba xenial, a tope, e todo o mundo nos aplaudía; iso era moi guai. Foi unha experiencia estupenda. Agora representarémola no cole, para todas as nosas familias. Divertímonos, discutimos un pouco, aprendimos, desesperamos algo á profe…queremos repetir a experiencia!!! Para nós, teatro é diversión; divírteste facéndoo, meténdote na pel doutras personas/personaxes; axuda a relacionarte cos demáis, ensínache a non ser tan tímid@, a expresar as emocións (tristeza, ledicia,rabia,medo...)
  • 35. 35 O teatro axúdate a soltarte para facer cada papel. Cando estamos sobre o escenario interpretando, sentímonos coma se estivesemos aí (nese lugar) de verdade; sentimos que somos esa personaxe. Porque fas unha obra de teatro para divertirte, porque nos gusta facer teatro. Ogallá que vós tamén disfrutedes coa nosa representación,queremos darvos as grazas por vir vela; pero, sobre todo, moitas grazas a Maribel, Fini (que nos ensinou a cantar o canto de cego), Maria e Noe por facer que todo isto sexa posible. GRAZAS Paula Salgado González 6º Nerea Seijo Alvariño 6º Alexia Villar Beceiro 6º
  • 36. 36 O BALONCESTO EN CADEIRA DE RODAS CHEGA O NOSO COLEXIO: Este curso visitounos Álvaro Illobre, deportista famoso que práctica, entre outros deportes, baloncesto en cadeira de rodas. Veu ao cole para darnos unha charla e practicar coas cadeiras de rodas. Veu acompañado por un compañeiro de equipo.
  • 37. 37 Tamén os alumnos de todos os curso, fixémoslle agasallos e quitamos fotos con eles. Gustounos todo, menos que tivemos que facelo no ximnasio porque estaba a chover. Alumnos de 5º EP
  • 38. 38 ÁRBITRO DE PRIMEIRA DIVISIÓN NO COLEXIO: No primeiro trimestre visitou o noso colexio o árbitro de primeira división Ignacio Iglesias Villanueva. Dounos unha charla sobre o se traballo e ademais tamén é mestre de E.F e traballara temporalmente no noso cole. Falounos de como comezou a ser árbitro e púxonos moitas diapositivas na pantalla da biblioteca.
  • 39. 39 Para agradecerlle a súa visita, cada curso, fíxolle un agasallo. Gustounos moito a súa visita, o único que non nos gustou foi o pouquiño tempo que estivo con nos. Alumnos de 5º EP
  • 40. 40 O 12 de xullo de 2016 morría en Vigo Agustín Fernández Paz, un dos autores máis queridos da nosa literatura, o máis traducido e un dos máis vendidos; recoñecido con numerosos premios, tanto nacionais como internacionais. Fernández Paz foi un mestre profundamente comprometido coa educación e coa defensa da cultura galega e, por iso, parte da súa obra son ensaios e libros relacionados coa lingua e a normalización, mais a maior parte dos seus escritos son de literatura infantil e xuvenil. Nos tempos no que impartiu aulas da antiga EXB pasou anos en Mugardos e deixou unha fonda pegada na contorna, así como un gran número de amigos, que decidiron renderlle homenaxe coa iniciativa O rastro que deixamos. Foron varios os colexios que decidiron participar; entre eles, o noso. O rastro que deixamos Preparamos unha exposición no corredor de entrada á biblioteca na que colocamos algúns dos libros escritos por el.
  • 41. 41 Despois fixemos moitos traballos nas aulas, para aprender cousas sobre a súa vida, sobre o seu traballo e sobre os seus libros. Traballamos co hashtag #SempreAgustín e escribimos frases de Agustín en follas, naturais e de papel. O alumnado de 5º e 6º tamén construíu un milladoiro. Quedou unha exposición ben chula! Ademais todos fomos persoas-libro e levamos por as aulas fragmentos de obras de Agustín Fernández Paz. Biblioteca Escolar "Paula Carballeira" A finais de xaneiro celebramos un fermoso acto no propio colexio no que cada curso compartiu cos outros aquela obra que escolleron. Aquí podedes ver as fotos dese día e o primeiro capítulo de Lúa do Senegal, na voz das nenas e nenos de 5º e 6º. E, finalmente, xuntámonos con outros coles no Auditorio de Ferrol para expoñer e compartir as actividades realizadas, escoitar música, cantar e, sobre todo, lembrar ao benquerido Agustín.
  • 42. 42 Unha cura para Adri Neste curso, ademais de outras moitas actividades solidarias, que xa temos convertidas case que en algo cotiá, porque levamos anos facéndoas, realizamos unha moi especial. Se xa nos temos convertido en recicladores expertos, reivindicadores do coidado do medio ambiente, defensores dos dereitos dos nenos e das nenas (sobre todo, do dereito á educación), loitadores pola igualdade, a participación e a cooperación..., entón non podemos ser indiferentes ante causas importantes e próximas. Por iso elaboramos marcapáxinas para axudar a Adri. PROXECTO "Somos quen" Damos as grazas ás persoas que os compraron: familiares, amigos e veciños e a toda a xente que colaborou desinteresadamente (sen levar marcapáxinas ningún).
  • 43. 43
  • 44. 44
  • 45. 45
  • 46. 46
  • 47. 47
  • 51. 51 DESPEDIDA DE 6º Xa chega o momento de ir ao Instituto, de despedirnos deste colexio. Xa rematou o cole, un cole que nos ensinou todo o que sabemos.Danos moita pena, xa que estivemos xunt@s dende EI (algún, algunha aínda sen cumprir os 3 anos!!!!) e son moooooitos anos da nosa vida, case toda. Aquí deixamos amig@s que volveremos atopar. Aquí coñecimos a amig@s que agora xa están na ESO ou en Bachalerato…e agora imos nós para aló. Aquí coñecimos xente que veu darnos charlas, contacontos, obradoiros, poetas…a falarnos das abellas. do bulling, dos cogomelos, da reciclaxe. Grazas ao noso cole coñecimos xente famosa: Ignacio Iglesias, árbitro de 1ª división (ademáis de ser o noso profe de E.F. algún tempo neste cole); Francisco Porto, un grande ceramista; Carme Romero, tamén ceramista; Fran Alonso, poeta, escritor, blogueiro; Diego Maceiras, músico que ten varios discos gravados;Álvaro Illobre, campión paralímpico internacional; Gonzalo Moure, escritor de contos moi bonitos; Antón Cortizas, escritor e poeta; Paula Carballeira, a madriña da nosa Biblioteca, poeta, contacontos, actriz… Pasar de 6º ao IES non é nada fácil, teremos que facer novas amizades, coñecer nov@s profes…e estudar moito máis, ha, ha, ha!!! Imos botar en falta aos nosos compañeiros e compañeiras que quedan no cole, e a tod@s @s profes que tivemos nestes anos: Ainhoa, Lorena, Fini, MªJosé, Jose, Marta, Cristina, Diana, María…Maribel. Estes últimos anos pasámolo moi ben. Fixemos moitas saídas, festivais, actividades…ata fomos actores e actrices facendo teatro!!! Grazas por todos eses momentos que pasamos xunt@s, profes e compañeir@s. Grazas a ANPA por todo: as festas, as “merendas”, os autobuses, os xeniais decorados da nosa obra de teatro (que artistas!!!) Queremos darlle as grazas a Maribel por estes dous anos. Do que nunca nos imos esquecer é das bromas que nos dicía e facía Maribel: as “collejas virtuais”, a sesión pipimax, os contos contados “ao revés”, as caras de darlle un ataque coas
  • 52. 52 nosas faltas de ortografía, as discusións “filosóficas “ nas clases (como se mete a luz nunha bombilla?), as risas coa súa “Antoloxía do disparate” co que di que se vai facer millonaria grazas a nós (ese cadro “As señoras” que Picasso pintou cando Hitler foi rei de España, que, según ela, son As Meninas dun tal Velázquez…Seguro que se equivocou ao correxir!!!) Agora temos que cruzar unha nova liña para pasar a unha nova etapa da nosa vida. Temos un pouquiño de medo, pero imos superalo, porque, coma nos di Maribel, nós valémolo e nós podemos con todo…se queremos! Maribel, grazas por ensinarnos tantas cousas. Ensináchesnos a madurar e crecer coma persoas. Querémoste. Botarémosvos moito de menos!!!!!* *Pero non vos ides librar tan fácil de nós: viremos dar a lata de vez en cando!!! Alba, Nerea, Sofía, Iván, Silvia e Alexia