SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 63
A POESÍA
GALEGA
DURANTE A
DITADURA
XERACIÓN DO 1936
PROMOCION DE ENLACE
XERACIÓN DO 50
Uniformización política e lingüística a
través da imposición, a censura e o
terror.
Ensino: principal
ámbito de
imposición da
cultura española.
Nacionalismo
galego: aniquilado
(fusilamentos-
Alexandre Bóveda;
asasinados en
cunetas-Anxel
Casal; exilio-
Castelao; fuxidos-
Alonso Ríos;
cárcere-Carballo
Calero; silenciados-
Otero Pedrayo…)
Economía:
retroceso con
respecto á tímida
modernización
iniciada na etapa
anterior.
Grandes fluxos
migratorios
(237.000 persoas
nos 50) a América
Latina e Europa.
GALICIA NO PRINCIPIO
DO FRANQUISMO
Ernesto Giménez Caballero
(escritor e ideólogo defensor do rexime).
“¡ Escuchad bien esto y para siempre,
niños españoles! ¡Quien de vosotros
olvide su lengua española o la cambie por
otra, dejará de ser español y cristiano!
¡Por traición contra España y pecado
contra Dios! ¡Y tendrá que escapar de
España! Y cuando muera, su alma irá a
infierno”.
1954
Os colectivos de emigrantes en
América denuncian ante a
UNESCO a marxinación e
persecución do idioma galego.
A POESÍA GALEGA ENTRE
1936 E 1947 (SILENCIO)
Prohibición das manifestacións culturais
galeguistas
A poesía publicada é:
- francófila (“viva Franco, que es un
santo/ de la Raza Nacional”, “Creo en ti, ¡oh,
Franco! Todopoderoso”, “Franco, que al ígneo
sol ofusca el brillo”)
- ruralizante e sentimental (seguindo a
liña da literatura decimonónica máis
tradicional).
POESÍA A PARTIR DE 1947 (LENTO PROCESO DE
RECUPERACIÓN)
Cómaros verdes
(1947), de Aquilino
Iglesia Alvariño.
1950. GALAXIA
TENDENCIAS DA
POESÍA DE POSGUERRA
INTIMISTA
ANOS 50
SOCIAL-
REALIST
AANOS
60
Ademais, hai
outras tendencias
menores:
NEOTROBADORISM
O
HILOZOÍSMO
GALAXIA
Editora que vertebra a
recuperación da expresión
literaria en galego.
Recuperan a tradición cultural de
preguerra.
Promoven o estudo da realidade
socioeconómica do país (Grial,
Revista de Economía de Galicia).
Reintegran á cultura galega
autores silenciados (Pimentel,
Cunqueiro, Fole).
Reivindican a validez do galego
como vehículo de alta cultura
(ensaio).
Incorporan As novas xeracións
(Méndez Ferrín, Xohana Torres…)
XERACIÓN
DO 36
PROMOCIÓN
DE ENLACE
Non hai unha
sucesión “normal”
de xeracións
poéticas. Tres
xeracións
simultáneas
porque entre 1939
e 1947 a literatura
galega é un ermo.
XERACIÓN
DOS 50
Nacen
entre 1910
e 1920
É a xeración que serve de
ponte entre a literatura de
preguerra e os autores
máis novos.
Son os que
inician o
labor cultural
e literario na
posguerra,
loitando
contra a
censura e a
prohibición
de usar o
galego.
A guerra civil
marca a súa
vida e obra.
XERACIÓN DO 36
MARÍA MARIÑO
 Palabra no tempo
 Poesía intimista
(relación da voz lírica
coa paisaxe; o
tempo; a presenza
da morte).
 Outro título: Verba
que comenza
AQUILINO IGLESIA ALVARIÑO
(1909-1961)
A súa infancia transcorreu na súa aldea natal ata que
en 1924 ingresou no Seminario de Mondoñedo.
Aldea e seminario influirían decisivamente no seu
posterior quefacer poético: un apego a todo o
relacionado coa vida campesiña e un coñecemento
profundo da cultura grecolatina.
Despois de abandonar os estudos eclesiásticos,
trasladouse a Santiago onde entra en contacto co
galeguismo (chegou a ser director de A Nosa Terra)
e cos movementos literarios de vangarda. A partir de
1933 exerceu como profesor de ensino medio e
finalmente na Universidade compostelá. Tamén foi
tradutor ó galego de varios autores clásicos (Virxilio,
Horacio…)
AQUILINO IGLESIA ALVARIÑO
(1909-1961)
Publicou unha
colección de sonetos
de gran perfección
formal titulada Señardá
(1930) na que se
observa a influencia do
saudosismo, do
simbolismo e do
modernismo
AQUILINO IGLESIA ALVARIÑO
 Paisaxe humanizada
(Hilozoísmo)
 Temas: soidade,
paso do tempo e
morte
Obra Ano
Señardá
Corazón ao vento
Cómaros verdes
De día a día
Lanza en soledá
1930
1933
1947
1960
1961
CÓMAROS VERDES
 En Cómaros verdes
(1947) abandona a rima e
a paisaxe é o elemento
temático máis importante,
ás veces como pretexto
para expresar a intimidade
do poeta. Ademais contén
poemas hilozoístas e
neotrobadorescos, así
como outros que amosan
a influencia do
surrealismo, de Lorca e
da Xeración do 27.
-Riqueza léxica
-Paisaxe e vivir aldeán.
- Abandono da rima.
CÓMAROS VERDES
 Sen menoscabo da súa obra
anterior, podemos afirmar que en
Cómaros verdes chega Aquilino á
súa madurez como poeta,
impregnando a súa poética de
novas técnicas e temas.
Salientamos a precisión descritiva, a
calidade rítmica e sonora do verso,
así como a inclusión dun léxico que
pretende estar a ton co medio
natural que se describe, resultado
dunha investigación e estudio
exhaustivos da lingua da que se
serve como ferramenta.
XOSÉ Mª DÍAZ CASTRO
 Nimbos
“Penélope” (frustración histórica
da sociedade galega). “Un paso
adiante e outro atrás, Galicia”.
A preocupación por Galicia vai
parella á resolución dos
problemas básicos do ser:
morte, tempo e vida.
Virxilianismo: lírica de estilo
clasicista e de contido
existencial e relixioso.
LUÍS PIMENTEL
Autor da xeración do 22,
formaba parte da xeración das
vangardas, pero publica as
súas obras na posguerra.
Participou nas iniciativas máis
renovadoras da década de
1920, como a revista poética
«Ronsel» (1924)
Busca a sinxeleza expresiva,
pero tentando captar a beleza
das pequenas cousas.
LUÍS PIMENTEL
Obras publicadas na
posguerra : Triscos, 1950 e
Sombra de aire na herba,
1959)
Lirismo intimista intenso e
persoal (simbiose con Lugo,
presenza de obxectos e
instantes íntimos, descrición
de interiores suntuosos)
Poesía social: “Cunetas”
Visión pesimista da vida.
ÁLVARO CUNQUEIRO
(1911-1981)
 A súa obra poética
iniciouse con Mar ao
norte (1932),
poemario de corte
vangardista e
temática marítima,
próximo á poesía de
Manuel Antonio. É un
conxunto de breves
poemas bastante
abstractos e non
sempre de doada
interpretación.
ÁLVARO CUNQUEIRO
 En Poemas do si e
non (1933) continúa
a liña vangardista,
abordando agora a
temática erótica.
Tende á abstracción
e amosa a influencia
do surrealismo
ÁLVARO CUNQUEIRO
 En Cantiga nova que se chama ribeira
(1933) achamos o seu contributo á
poesía neotrobadoresca, así como a
influencia da poesía popular de Lorca
e Alberti. Tamén se sitúa dentro do
neotrobadorismo o seu primeiro libro
de poemas da posguerra, titulado
Dona de corpo delgado (1950), aínda
que algúns poemas presaxian a súa
evolución cara a unha poesía máis
íntima e orixinal
ÁLVARO CUNQUEIRO
O libro Herba aquí e acolá (1980) recolle a
poesía das derradeiras décadas da súa vida.
Algúns poemas inspíranse nos materiais que
Cunqueiro recompilaba para escribir os seus
relatos. A obra ten un marcado carácter
culturalista e estrutúrase en dúas partes,
tituladas “As historias” e “Vellas sombras e
novos cantos”. Na primeira parte recrea
personaxes históricos e literarios como Edipo
e Ulises. Na segunda encontramos versos
tristes e melancólicos, escritos cando xa
presentía a morte.
CELSO EMILIO FERREIRO
Nace en Celanova en 1913 e morre en
Vigo en 1979.
Desenvolveu unha grande actividade
cultural e política.
Durante a Guerra Civil estivo condenado
a morte.
É o máximo representante da poesía
social de ideoloxía marxista. Os seus
equivalentes na poesía en lingua castelá
foron Gabriel Celaya e Blas de Otero.
Porén, non todo é realismo social na súa
obra, dado que tamén mostra a
influencia da poesía paisaxística e
intimista e mais do existencialismo.
CELSO EMILIO FERREIRO
•
•Tivo unha forte repercusión durante o derradeiro franquismo como
máximo expoñente da poesía comprometida e de clara intencionalidade
social.
• Xa dende novo e por influxo familiar, participou da actividade política e
fundou xunto con Xosé Velo as Mocedades Galeguistas. No entanto, tivo
que loitar no bando franquista na guerra civil, traxedia que lle deparou
vivencias traumáticas que se reflicten na súa obra.
• Tras a contenda, residiu en Vigo e Pontevedra e participou en diversas
iniciativas culturais, como as coleccións de poesía Salnés e Benito Soto, e
políticas, como fundador da UPG.
• En 1966 emigra a Venezuela, experiencia que retratará en Viaxe ao país
dos ananos, para volverr en 1973.
• Na etapa final da súa vida, viviu en Madrid e Vigo e combinou o labor
xornalístico co cultural e político.
OBRA ANO
O soño sulagado
Longa noite de pedra
Viaxe ao país dos ananos
Cantigas de escarnio e maldicir
Antipoemas
Onde o mundo se chama Celanova
1955
1962
1968
1968
1972
1975
Celso Emilio Ferreiro
 Liña social ou cívica:
denunciadora de males
sociais como a falta de
liberdade, fascismo,
guerra… defensa do
idioma.
 A voz lírica é portavoz da
sociedade.
 Liña intimista: desacougo
existencial, infancia, amor,
paso do tempo.
 Liña irónica ou satírica:
segue as cantigas de
escarnio e maldicir, a
literatura quevediana…
Celso Emilio Ferreiro
 Como poeta cívico, Celso
Emilio conectaría a súa
traxectoria coa tradición de
Curros e Cabanillas. Todos
eles comparten a visión da
poesía como expresión do
compromiso coa realidade
social e a do poeta como
voceiro do seu pobo e do seu
tempo. Así son temas
frecuentes nesta vertente o
antibelicismo, a liberdade, ou
tamén a solidariedade cos que
sofren…
Celso Emilio Ferreiro
Como poeta intimista, : a súa obra está impregnada dunha visión
intimista e subxectiva da vida que se traduce nunha poesía
dominada polo inconformismo e pola dor e o desacougo
existencial na vivencia do tempo e do amor, da morte, da
evocación da infancia, da saudade da terra, etc. Esta vertente está
presente en O soño sulagado (1955) ou Onde o mundo se chama
Celanova (1975).
Acotío sente a necesidade de plasmar o sentido do seu
“eu” ante a realidade. Son poemas nos que trata,
a memoria da guerra, a dor existencial, o amor
pola súa compañeira Moraima, a nostalxia da infancia…
Celso Emilio Ferreiro
 Como poeta satírico,,
Celso Emilio conecta coa
tradición medieval. A sátira e a
ironía están en todos os seus
libros. Pode usar a sátira para
facer escarnios de persoas e
tipos concretos, ou para facer
unha denuncia moral das
contradicións sociais e
políticas do seu tempo.
LONGA NOITE DE PEDRA-1962
(poética do compromiso)
. O poeta convértese na voz do
pobo para denunciar a situación de
Galicia, a emigración, a guerra civil,
o capitalismo internacional, o
imperialismo norteamericano…
. Sinxeleza expresiva, onde
importa máis a mensaxe que a
forma.
. Renovación da linguaxe con
rexistros da fala cotiá.
. Humor, ironía e sarcasmo
O SOÑO SULAGADO (1954)
 Poesía introspectiva ( o
sentido da vida, o tempus
fugit, o paraíso perdido da
infancia, o amor…)
 Poesía social (guerra,
emigración vista desde
unha óptica positiva e
negativa, rural/urbano…)
ONDE O MUNDO SE CHAMA
CELANOVA- 1975
 Poesía intimista coa que volve ás
orixes (O soño sulagado)
 Nostalxia ante o recordo da infancia
e a terra.
 Serenidade ante o paso do tempo e
a cercanía da morte.
 Amor a Moraima. “Moraima: diario
de a bordo”.
POESÍA SATÍRICA
Viaxe ao país dos ananos
(1968). Ataque aos
dirixentes da “Hermandad
Gallega” de Caracas.
Cantigas de escarnio e
maldicir.
Cemiterio privado (1973).
(epitafios belixerantes e
epitafios elexíacos)
Antipoemas (1972).
Antipoesía: fuxir dos
recursos e temas
tradicionais.
ESTILO E LINGUA
A lírica de Celso Emilio caracterízase pola súa sinxeleza expresiva. Tiña como
obxectivo chegar a un público amplo, polo que a súa linguaxe se aproxima en ocasións
case ao coloquialismo, incorporando non poucas palabras da vida cotiá. O ritmo e a
musicalidade dos seus versos veñen determinados polo uso preferente de metros
curtos e pola abundancia de recursos repetitivos: paralelismo, anáfora...
 .
PROMOCIÓN DE ENLACE
 Nados entre 1920-1930.
 Fórmanse culturalmente baixo a opresión da
ditadura
 Xeración sen unidade creativa e ideolóxica, de
formación autodidacta.
 Sufriron na súa mocidade as consecuencias
máis negativas do franquismo.
 Illamento das correntes culturais europeas e
descoñecemento da literatura e da cultura
galega anterior. Carecen da influencia da
Xeración Nós ou das vangardas de pre-
guerra.
 Foron nos seus comezos escritores bilingües.
 Predomina neles unha poesía intimista.
Combinan a expresión do seu compromiso
social coa da angustia existencial.
AUTORES E AUTORAS
 Antón Tovar
 Luz Pozo Garza
 Manuel Cuña Novás
 María do Carme Kruckenberg
ANTÓN TOVAR
Poesía con moitas
preocupacións
relixiosas (procura dun
deus que o poeta non
consegue ver)
Obra Ano
Arredores
Non
O vento no teu colo
Calados esconxuros
A nada destemida
1962
1967
1974
1980
1991
ANTÓN TOVAR
Nas súas primeiras obras, en pleno auxe da poesía
social, Tovar ten como temas esenciais: a conciencia do
“eu” e a soidade, a tensión entre angustia existencial e
esperanza. No tocante á forma, son poemas onde prima
a voz sincera e auténtica sobre a riqueza de imaxes e
recursos.
A partir de O vento no teu colo apréciase certa
renovación na súa lírica. Tovar completa a liña existencial
anterior con poemas de firme preocupación social e con
outros dun erotismo vitalista.
LUZ POZO GARZA
Naceu no seo
dunha familia que,
tras a guerra civil,
sufriu a represión
franquista.
.
O paxaro na boca
Verbas derradeiras
Códice Calixtino
Prometo a flor de loto
1952
1972
1986
1992
LUZ POZO GARZA
A súa obra adoita caracterizarse como intimista, cun tema dominante sobre os
demais: o amor. A autora plasma unha visión sensual, doce e delicada do sentimento
amoroso nunha poesía chega de optimismo e sensualidade en : O paxaro na boca.
En cambio, tras a morte do seu marido, aparece unha visión máis transcendente do
amor, ao reflexionar a través del sobre a vida e a morte. O lirismo estará presidido
pola sombra, a anguria e a morte en Verbas derradeiras.
A súa poesía establécese a partir do antagonismo entre luz e sombra, luz que
aumentará ou diminuirá dependendo do que a poeta queira expresar.
Tamén cultivará a poesía social, pero en menor medida nunha poesía comprometida e
solidaria, humanista, onde o «Nós» substitúe ao «Eu».
CUÑA NOVÁS
Fabulario novo
(1952)
Exploración do EU fronte ao
mundo problemático
Encádrase dentro d’ A escola da
Tebra, de carácter existencialista,
que reflicte o pesimismo, a anguria
e a desesperanza da posguerra.
XERACIÓN DAS FESTAS MINERVAIS,
XERACIÓN DOS 50, ESCOLA DA
TEBRA
 Nados entre 1930-1940.
 Non viviron directamente a guerra civil.
 Déronselles diferentes nomes: “Grupo Brais Pinto”,”Escola
da Tebra” ou Xeración de "La Noche".
 Danse a coñecer nos seguintes medios:
• as “Festas Minervais”, certames literarios de vella tradición
renacentista e barroca, restaurados en Santiago a partir de
1953.
• O “Grupo Brais Pinto”, constituído en Madrid por
universitarios que crean unha colección de poesía, coa
temática da “escola da tebra”.
• A colaboración no diario compostelán “La Noche”.
XERACIÓN DAS FESTAS MINERVAIS,
XERACIÓN DOS 50, ESCOLA DA
TEBRA
 Teñen como referentes a editorial Galaxia e a
Celso Emilio Ferreiro.
 Poesía existencialista -ESCOLA DA TEBRA-.
Conflito do individuo consigo mesmo e coa vida.
Poesía de preocupación relixiosa.
 Renovación da linguaxe poética (combina
tradición e vangarda con influencias europeas e
norteamericanas).
 A maioría coinciden en Santiago como estudantes
universitarios, polos anos 50: Manuel María, Uxío
Novoneyra, Xohana Torres, Bernardino Graña,
Xosé Luís Franco Grande, Salvador García
Bodaño e Xosé Luís Méndez Ferrín.
LIÑAS POÉTICAS
 A Escola de Tebra: poesía intimista, o poeta
preséntase en conflito co mundo. Temas: a morte,
a soidade, a desesperanza...
 O Realismo coloquial: introduce esquemas
estruturais da fala cotiá na canle poética, e está
representado por Manuel María con Documentos
persoaes e por Bernadino Graña con Poema do
home que quixo vivir.
 Socialrealismo: poesía de denuncia social. Temas:
a opresión, a guerra, o sentimento de Galiza...
ESCOLA DA TEBRA
 Participaron nas Festas Minervais compostelás
(recuperadas dos séculos escuros e orixe do
nome da xeración), no diario «La Noche» (xornal
vespertino), na creación da colección «Illa Nova»,
na fundación do nacionalismo revolucionario (en
oposición ao galeguismo cultural e promove
asociacións como O Facho ou O Galo) e na
formación do Grupo Brais Pinto (formado por
membros que se reunían no centro galego en
Madrid, que posúen unha actividade innovadora e
reflicten o que lles foi transmitido da Guerra).
MANUEL MARÍA
 Manuel María Fernández Teixeiro, chamado unicamente Manuel María na cuberta
dos seus libros, naceu en Outeiro de Rei en 1929 e faleceu na Coruña no ano
2004.
 En 1958 instálase en Monforte como procurador dos Tribunais. Nos axitados anos
sesenta e setenta, Manuel María participa en organizacións políticas clandestinas,
e empeza a atender voluntariamente todo tipo de necesidades de tipo cultural:
escribindo poesía programática, dando conferencias, colaborando con músicos e
explorando todos os xéneros literarios, tanto para público adulto como infantil.
Naqueles tempos (1969) fundou a editorial Xistral canda Ánxel Xohán, e abriu
unha libraría do mesmo nome na capital da Terra de Lemos.
OBRA
 Muiñeiro de brétemas, 1950
 Morrendo a cada intre, 1952
 Terra Chá, 1954
 Documentos persoais, 1958
 Cancións do lusco e fusco, 1970
 A primavera de Venus, 1993
As dúas primeiras obras considéranse as pezas inagurais da Escola de Tebra: unha
visión atormentada da existencia
Os meu berros absolutos son o meu acento
disolto en ácido sulfúrico.
A anguria, a carraxe e o arrepío
é a miña música de paxaros valeiros de garimos
que viñeron arrolarme
cando tiña mes e medio aproximadamente...
 A súa traxectoria poética iníciase en 1950, cando publica o primeiro libro de poesía en
galego que non pertence a autores que coñeceran a República, Muiñeiro de brétemas. Este
é ademais o volume co que a crítica considerou que comezaba a Escola da Tebra, unha liña
poética existencialista que puxo o acento na soidade e na opresión humana e espiritual da
ditadura franquista.
 Esta liña continuouna en 1952, no poemario Morrendo a cada intre, pero mudouna dous
anos despois, en 1954, co libro Terra Chá.
 Este, a través de sucesivas reedicións e ampliacións, constitúe unha homenaxe á súa terra
natal. Nesta obra o protagonista é a paisaxe saudosa, e aparecen claras algunhas das
constantes da súa produción: rimas simples e populares (coplas, pareados, cuartetas...) e
unha proximidade ao popular, con léxico a pé de corredoira e con situacións e feitos da
cotidianeidade.
 Co paso dos anos e dos títulos foi evolucionando cara a unha poesía máis socialrealista,
cunha nidia presenza das reivindicacións esquerdistas e nacionalistas, como en Cantos
rodados pra alleados e colonizados, de 1976, ou As rúas do vento ceibe, de 1979.
MANUEL MARÍA, en resumo
 Poesía intimista e
desacougado (Muiñeira de
brétemas- 1952)
 Paisaxismo (Terra Cha-
1954)
 Social (Documentos
persoaes-1958)
 Motivos recorrentes:
defensa das clases
populares, a lingua e o
país, sensibilidade
ecoloxista, protesta contra
as inxustizas, o
imperialismo…
UXÍO NOVONEYRA
É un dos poetas máis persoais da posguerra. A súa
novidosa visión da paisaxe, forxada entre as montañas
do seu Courel natal, levouno a ser coñecido como o
“poeta da terra”.
Fillo dunha familia de labregos, a súa poética sempre
permanecerá intimamente relacionada co escenario da
terra natal.
Estuda bacharelato en Lugo, onde coñece a Manuel
María. Logo trasládase a Madrid, onde asiste como
oínte á Facultade de Filosofía e Letras e comeza a
escribir os seus primeiros poemas, en castelán. Nesta
cidade entrou en contacto cos membros do grupo “Brais
Pinto”. Entre 1953 e 1962, por motivos de saúde, pasou
longas tempadas de descanso na súa terra natal, a
serra do Courel..
OBRA
Os eidos
Os eidos 2
Poemas caligráficos
Muller para lonxe
1955
1974
1980
1987
UXÍO NOVONEYRA
 Uxío Novoneyra desenvolveu unha traxectoria creativa única.
 Na obra primeira, Os eidos (1955), o poeta está en soidade entre os vales e as
montañas natais, en comuñón co mundo físico. Tense relacionado Os eidos co
paisaxismo de Noriega Varela, Iglesia Alvariño ou Díaz Castro. Porén, a de
Novoneyra é unha poesía máis íntima e cósmica, arredada da tradición polo seu
carácter esencial e totalizador: é unha poesía da metapaisaxe.
 O do poeta é un canto telúrico que atopa na natureza unha dimensión ontolóxica:
nela está contido o sentido do home e do universo. Son versos dominados pola
intensidade e a economía lingüística, ao servizo do intimismo e da procura de
emocións.
 Abondan os topónimos e as series de substantivos que denominan os elementos da
natureza, acompañados de exclamacións, de aliteracións e fonosimbolismos,
manifestacións todas elas dun propósito esencializador que se aproxima á estética do
haiku xaponés.
 Nos anos sesenta, as súas propostas ampliáranse cara á preocupación
colectiva e a temática política dominante na poesía da época. Galicia é unha
constante. O tratamento da paisaxe adquire un ton político e simbólico, como é
en Elexías do Courel (1966).
FONOSIMBOLISMO
A reiteración do
son o evoca a
sensación de medo
que pode producir
a presenza do lobo.
¡Cousos de lobo!
¡Cousos de lobo!
¡caborcos de xabarín!
¡Eidos solos
onde ninguén foi nin ha de ir!
¡O lobo! ¡Os ollos do lombo do lobo!
Baixa o lobo polo ollo do bosco
movendo nas flairas dos teixos
ruxindo na folla dos carreiros
en busca da vagoada máis sola e máis
medosa...
Os Eidos
UXÍO NOVONEYRA, en resumo
 Poesía dialogante coa
paisaxe coureliana
(metonimia de Galicia
enteira), onde hai unha
comuñón coa mesma.
 Os eidos- 1955
 Composicións breves
 Fonosimbolismo
 Disposición dos versos.
XOHANA TORRES
 Do sulco -1959
 Poemario intimista
 Amor, morte e
soidade
 Ritmo e
musicalidade
 Outros títulos:
Estacións ao
mar- 1980
ANTÓN AVILÉS DE
TARAMANCOS
 O tempo no espello,
1980,recompila trinta anos
de poesía.
Sentimento de saudade pola
patria, sentida desde
Colombia.
 Cantos caucanos -1985
(natureza exótica
colombiana),
 As torres no ar, 1989
BERNARDINO GRAÑA
 Profecía do mar.
 Poeta do mar
 Visión optimista da vida.
 Temas: o amor, a
denuncia ecolóxica e o
sentimento de
alienación do ser
humano nunha
sociedade tecnificada e
mercantilista.
XOSÉ LUÍS MÉNDEZ
FERRÍN
 Xosé Luís Méndez Ferrín é o escritor
galego vivo máis importante, cunha
carreira máis longa e sólida. Construíu
o seu discurso cun dominio preciso e
extenso da linguaxe, fundamentalmente
nos xéneros da narrativa breve e da
poesía. Foi seleccionado como
candidato ao premio Nóbel en
numerosas ocasións.
XOSÉ LUÍS MÉNDEZ
FERRÍN
 Na cidade das Burgas transcorreu a súa
infancia. Durante os seus anos de
Universidade en Santiago participou con
éxito nas Festas Minervais e entrou en
contacto co galeguismo cultural. En 1957
trasladouse a Madrid para rematar os
seus estudos e alí participou na
constitución do grupo “Brais Pinto”. Na
década dos 60, Ferrín comezou a
amosar o seu forte compromiso político:
foi cofundador da UPG e mesmo pasou
períodos nos cárceres franquistas (1969
e 1972). Na actualidade reside en Vigo.
Tamén é un destacado narrador e
ensaísta.
XOSÉ LUÍS MÉNDEZ
FERRÍN
Voce na néboa
Con pólvora e magnolias
Poesía enteira de Heriberto Bens
O fin dun canto
Erótica
Estirpe
1957
1976
1980
1982
1992
1994
XOSÉ LUÍS MÉNDEZ
FERRÍN
 O seu primeiro libro, «Voce na néboa» inclúese dentro da Escola da Tebra: poesía de ton
íntimo e angustiado, existencialismo pesimista, simbolismo para representar o cárcere político
e do espírito e cunha temática que vai desde a preocupación existencial ata a visión fatal da
propia Galicia).
 Porén, a praxe política levouno, deixando atrás a paréntese dos sesenta, ao socialrealismo
máis elaborado e máis explicitamente partidario: desa fase son Antoloxía popular, de 1972,
asinado como Heriberto Bens, e Sirventés pola destrución de Occitania, de 1975. Nesa liña
insiste con O fin dun canto, de 1982, Estirpe, de 1994, onde é capaz de fusionar un
nacionalismo case pondaliano co virtuosismo léxico e poético, ou en Contra maquieiro, de
2005, onde avanza na crítica ao capitalismo.
 Ao ano seguinte Méndez Ferrín dá o cambio e muda con el a traxectoria da poesía galega. A
súa Con pólvora e magnolias de 1976 marca a viraxe cara a unha poesía Culturalista e
rompedora, investigando novas formas e novas posibilidades estilísticas da linguaxe (sintaxe
non convencional, riqueza léxica, abundancia de recursos literarios, imaxes audaces...).
XOSÉ LUÍS MÉNDEZ FERRÍN, en
resumo
 Autor clave na
evolución da literatura
galega contemporánea.
 Voce na néboa:
literatura existencial
 Pseudónimo de
Heriberto Bens: poesía
sociopolítica
 Con pólvora e
magnolias: culturalismo

Mais conteúdo relacionado

Mais procurados

Variedades xeográficas do galego
Variedades xeográficas do galegoVariedades xeográficas do galego
Variedades xeográficas do galegoCelia Díaz
 
Lírica medieval galego portuguesa
Lírica medieval galego portuguesaLírica medieval galego portuguesa
Lírica medieval galego portuguesaVinseiro
 
A poesía galega durante a ditadura
A poesía galega durante a ditaduraA poesía galega durante a ditadura
A poesía galega durante a ditaduratrafegandoronseis
 
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso EmilioLingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso EmilioRomán Landín
 
Variedades xeográficas do galego moderno--
Variedades xeográficas do galego moderno--Variedades xeográficas do galego moderno--
Variedades xeográficas do galego moderno--Celia Díaz
 
Teatre De Postguerra
Teatre De PostguerraTeatre De Postguerra
Teatre De Postguerramario_g_a
 
Cantigas de escarnio[1]
Cantigas de escarnio[1]Cantigas de escarnio[1]
Cantigas de escarnio[1]Loli Cid Cid
 
Esquemas. a poesía das Irmandades da Fala
Esquemas. a poesía das Irmandades da FalaEsquemas. a poesía das Irmandades da Fala
Esquemas. a poesía das Irmandades da FalaMarlou
 
castelao
castelaocastelao
castelaoxenevra
 
séculos escuros
séculos escurosséculos escuros
séculos escurosxenevra
 
Tema5 lite2010
Tema5 lite2010Tema5 lite2010
Tema5 lite2010xenevra
 
L’escola mallorquina
L’escola mallorquinaL’escola mallorquina
L’escola mallorquinamgcescuer
 
LatíN 2º Texto Analizado Y Traducido1
LatíN 2º Texto Analizado Y Traducido1LatíN 2º Texto Analizado Y Traducido1
LatíN 2º Texto Analizado Y Traducido1Ángeles Cornelia
 

Mais procurados (20)

Variedades xeográficas do galego
Variedades xeográficas do galegoVariedades xeográficas do galego
Variedades xeográficas do galego
 
5. A poesía galega entre 1936 e 1976
5. A poesía galega entre 1936 e 19765. A poesía galega entre 1936 e 1976
5. A poesía galega entre 1936 e 1976
 
Lírica medieval galego portuguesa
Lírica medieval galego portuguesaLírica medieval galego portuguesa
Lírica medieval galego portuguesa
 
7. A nova narrativa galega
7. A nova narrativa galega7. A nova narrativa galega
7. A nova narrativa galega
 
3. a prosa do 1º terzo do séc. xx
3. a prosa do 1º terzo do séc. xx3. a prosa do 1º terzo do séc. xx
3. a prosa do 1º terzo do séc. xx
 
A poesía galega durante a ditadura
A poesía galega durante a ditaduraA poesía galega durante a ditadura
A poesía galega durante a ditadura
 
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso EmilioLingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
 
Variedades xeográficas do galego moderno--
Variedades xeográficas do galego moderno--Variedades xeográficas do galego moderno--
Variedades xeográficas do galego moderno--
 
Teatre De Postguerra
Teatre De PostguerraTeatre De Postguerra
Teatre De Postguerra
 
Cantigas de escarnio[1]
Cantigas de escarnio[1]Cantigas de escarnio[1]
Cantigas de escarnio[1]
 
Esquemas. a poesía das Irmandades da Fala
Esquemas. a poesía das Irmandades da FalaEsquemas. a poesía das Irmandades da Fala
Esquemas. a poesía das Irmandades da Fala
 
Las jarchas
Las jarchasLas jarchas
Las jarchas
 
castelao
castelaocastelao
castelao
 
Irmandades da fala
Irmandades da falaIrmandades da fala
Irmandades da fala
 
As vangardas na lit. galega
As vangardas na lit. galegaAs vangardas na lit. galega
As vangardas na lit. galega
 
séculos escuros
séculos escurosséculos escuros
séculos escuros
 
Tema5 lite2010
Tema5 lite2010Tema5 lite2010
Tema5 lite2010
 
L’escola mallorquina
L’escola mallorquinaL’escola mallorquina
L’escola mallorquina
 
Celso Emilio Ferreiro
Celso Emilio FerreiroCelso Emilio Ferreiro
Celso Emilio Ferreiro
 
LatíN 2º Texto Analizado Y Traducido1
LatíN 2º Texto Analizado Y Traducido1LatíN 2º Texto Analizado Y Traducido1
LatíN 2º Texto Analizado Y Traducido1
 

Semelhante a Tres xeracións de poesía galega

tema5_lite2010
tema5_lite2010tema5_lite2010
tema5_lite2010xenevra
 
Tema5 lite20
Tema5 lite20Tema5 lite20
Tema5 lite20xenevra
 
A poesía galega durante a ditadura
A poesía galega durante a ditaduraA poesía galega durante a ditadura
A poesía galega durante a ditaduratrafegandoronseis
 
Celso Emilio Ferreiro
Celso Emilio FerreiroCelso Emilio Ferreiro
Celso Emilio Ferreirorevoltalingua
 
tema9_2010
tema9_2010tema9_2010
tema9_2010xenevra
 
9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976
9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 19769. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976
9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976Lourenço Alvarez Ruiz
 
Literatura do exilio.
Literatura do exilio.Literatura do exilio.
Literatura do exilio.xenevra
 
A poesía entre 1936 e 1976. guión
A poesía entre 1936 e 1976. guiónA poesía entre 1936 e 1976. guión
A poesía entre 1936 e 1976. guiónMarlou
 
A prosa do primeiro terzo do século XX
A prosa do primeiro terzo do século XXA prosa do primeiro terzo do século XX
A prosa do primeiro terzo do século XXxenevra
 
Literatura galega contemporánea (esquema despregable)
Literatura galega contemporánea (esquema despregable)Literatura galega contemporánea (esquema despregable)
Literatura galega contemporánea (esquema despregable)Román Landín
 
6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor e Neira Vilas
6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor  e Neira Vilas6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor  e Neira Vilas
6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor e Neira VilasLourenço Alvarez Ruiz
 
A prosa do 1º terzo
A prosa do 1º terzoA prosa do 1º terzo
A prosa do 1º terzoxoanseca
 
As vangardas
As vangardasAs vangardas
As vangardasMrc558688
 

Semelhante a Tres xeracións de poesía galega (20)

tema5_lite2010
tema5_lite2010tema5_lite2010
tema5_lite2010
 
Tema5 lite20
Tema5 lite20Tema5 lite20
Tema5 lite20
 
A poesía galega durante a ditadura
A poesía galega durante a ditaduraA poesía galega durante a ditadura
A poesía galega durante a ditadura
 
Celso Emilio Ferreiro
Celso Emilio FerreiroCelso Emilio Ferreiro
Celso Emilio Ferreiro
 
Celso emilio
Celso emilioCelso emilio
Celso emilio
 
Celso emilio
Celso emilioCelso emilio
Celso emilio
 
tema9_2010
tema9_2010tema9_2010
tema9_2010
 
9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976
9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 19769. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976
9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976
 
Literatura do exilio.
Literatura do exilio.Literatura do exilio.
Literatura do exilio.
 
A prosa das Irmandades
A prosa das IrmandadesA prosa das Irmandades
A prosa das Irmandades
 
A poesía entre 1936 e 1976. guión
A poesía entre 1936 e 1976. guiónA poesía entre 1936 e 1976. guión
A poesía entre 1936 e 1976. guión
 
Literatura 9
Literatura 9Literatura 9
Literatura 9
 
A prosa do primeiro terzo do século XX
A prosa do primeiro terzo do século XXA prosa do primeiro terzo do século XX
A prosa do primeiro terzo do século XX
 
Literatura galega contemporánea (esquema despregable)
Literatura galega contemporánea (esquema despregable)Literatura galega contemporánea (esquema despregable)
Literatura galega contemporánea (esquema despregable)
 
Narrativa d posguerra_1_2012
Narrativa d posguerra_1_2012Narrativa d posguerra_1_2012
Narrativa d posguerra_1_2012
 
6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor e Neira Vilas
6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor  e Neira Vilas6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor  e Neira Vilas
6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor e Neira Vilas
 
LUÍS SEOANE
LUÍS SEOANELUÍS SEOANE
LUÍS SEOANE
 
A prosa do 1º terzo
A prosa do 1º terzoA prosa do 1º terzo
A prosa do 1º terzo
 
pedrayo
pedrayopedrayo
pedrayo
 
As vangardas
As vangardasAs vangardas
As vangardas
 

Mais de trafegandoronseis

O nacemento da literatura, as primeiras civilizacións
O nacemento da literatura, as primeiras civilizaciónsO nacemento da literatura, as primeiras civilizacións
O nacemento da literatura, as primeiras civilizaciónstrafegandoronseis
 
Máis vangardas, traballo de Lucía e Alberte
Máis vangardas, traballo de Lucía e AlberteMáis vangardas, traballo de Lucía e Alberte
Máis vangardas, traballo de Lucía e Albertetrafegandoronseis
 
Máis vangardas, traballo de Tania
Máis vangardas, traballo de TaniaMáis vangardas, traballo de Tania
Máis vangardas, traballo de Taniatrafegandoronseis
 
Máis vangardas, traballo de Daniel e Luís
Máis vangardas, traballo de Daniel e LuísMáis vangardas, traballo de Daniel e Luís
Máis vangardas, traballo de Daniel e Luístrafegandoronseis
 
Manuel Antonio, traballo de Ánxela e Telmo
Manuel Antonio, traballo de Ánxela e TelmoManuel Antonio, traballo de Ánxela e Telmo
Manuel Antonio, traballo de Ánxela e Telmotrafegandoronseis
 
Rafael Dieste, traballo de Alba e Cristian
Rafael Dieste, traballo de Alba e CristianRafael Dieste, traballo de Alba e Cristian
Rafael Dieste, traballo de Alba e Cristiantrafegandoronseis
 
Castelao, traballo de Jorge e David
Castelao, traballo de Jorge e DavidCastelao, traballo de Jorge e David
Castelao, traballo de Jorge e Davidtrafegandoronseis
 
Vicente Risco, traballo de Cristina e Álvaro
Vicente Risco, traballo de Cristina e ÁlvaroVicente Risco, traballo de Cristina e Álvaro
Vicente Risco, traballo de Cristina e Álvarotrafegandoronseis
 
Vicente Risco, traballo de José e Paula
Vicente Risco, traballo de José e PaulaVicente Risco, traballo de José e Paula
Vicente Risco, traballo de José e Paulatrafegandoronseis
 
Ramón Cabanillas, traballo de Carla e David
Ramón Cabanillas, traballo de Carla e DavidRamón Cabanillas, traballo de Carla e David
Ramón Cabanillas, traballo de Carla e Davidtrafegandoronseis
 
Ramón Cabanillas, traballo de Guillermo e María
Ramón Cabanillas, traballo de Guillermo e MaríaRamón Cabanillas, traballo de Guillermo e María
Ramón Cabanillas, traballo de Guillermo e Maríatrafegandoronseis
 

Mais de trafegandoronseis (20)

Literatura latina
Literatura latinaLiteratura latina
Literatura latina
 
Literatura grega
Literatura gregaLiteratura grega
Literatura grega
 
O nacemento da literatura, as primeiras civilizacións
O nacemento da literatura, as primeiras civilizaciónsO nacemento da literatura, as primeiras civilizacións
O nacemento da literatura, as primeiras civilizacións
 
Que é literatura?
Que é literatura?Que é literatura?
Que é literatura?
 
Club de lectura
Club de lecturaClub de lectura
Club de lectura
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
Ramón Otero pedrayo
Ramón Otero pedrayoRamón Otero pedrayo
Ramón Otero pedrayo
 
Vicente Risco
Vicente RiscoVicente Risco
Vicente Risco
 
Relaciones en igualdad
Relaciones en igualdadRelaciones en igualdad
Relaciones en igualdad
 
A literatura do exilio
A literatura do exilioA literatura do exilio
A literatura do exilio
 
Máis vangardas, traballo de Lucía e Alberte
Máis vangardas, traballo de Lucía e AlberteMáis vangardas, traballo de Lucía e Alberte
Máis vangardas, traballo de Lucía e Alberte
 
Máis vangardas, traballo de Tania
Máis vangardas, traballo de TaniaMáis vangardas, traballo de Tania
Máis vangardas, traballo de Tania
 
Máis vangardas, traballo de Daniel e Luís
Máis vangardas, traballo de Daniel e LuísMáis vangardas, traballo de Daniel e Luís
Máis vangardas, traballo de Daniel e Luís
 
Manuel Antonio, traballo de Ánxela e Telmo
Manuel Antonio, traballo de Ánxela e TelmoManuel Antonio, traballo de Ánxela e Telmo
Manuel Antonio, traballo de Ánxela e Telmo
 
Rafael Dieste, traballo de Alba e Cristian
Rafael Dieste, traballo de Alba e CristianRafael Dieste, traballo de Alba e Cristian
Rafael Dieste, traballo de Alba e Cristian
 
Castelao, traballo de Jorge e David
Castelao, traballo de Jorge e DavidCastelao, traballo de Jorge e David
Castelao, traballo de Jorge e David
 
Vicente Risco, traballo de Cristina e Álvaro
Vicente Risco, traballo de Cristina e ÁlvaroVicente Risco, traballo de Cristina e Álvaro
Vicente Risco, traballo de Cristina e Álvaro
 
Vicente Risco, traballo de José e Paula
Vicente Risco, traballo de José e PaulaVicente Risco, traballo de José e Paula
Vicente Risco, traballo de José e Paula
 
Ramón Cabanillas, traballo de Carla e David
Ramón Cabanillas, traballo de Carla e DavidRamón Cabanillas, traballo de Carla e David
Ramón Cabanillas, traballo de Carla e David
 
Ramón Cabanillas, traballo de Guillermo e María
Ramón Cabanillas, traballo de Guillermo e MaríaRamón Cabanillas, traballo de Guillermo e María
Ramón Cabanillas, traballo de Guillermo e María
 

Último

O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxAgrela Elvixeo
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfAntonio Gregorio Montes
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 

Último (12)

O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 

Tres xeracións de poesía galega

  • 1. A POESÍA GALEGA DURANTE A DITADURA XERACIÓN DO 1936 PROMOCION DE ENLACE XERACIÓN DO 50
  • 2. Uniformización política e lingüística a través da imposición, a censura e o terror. Ensino: principal ámbito de imposición da cultura española. Nacionalismo galego: aniquilado (fusilamentos- Alexandre Bóveda; asasinados en cunetas-Anxel Casal; exilio- Castelao; fuxidos- Alonso Ríos; cárcere-Carballo Calero; silenciados- Otero Pedrayo…) Economía: retroceso con respecto á tímida modernización iniciada na etapa anterior. Grandes fluxos migratorios (237.000 persoas nos 50) a América Latina e Europa. GALICIA NO PRINCIPIO DO FRANQUISMO
  • 3. Ernesto Giménez Caballero (escritor e ideólogo defensor do rexime). “¡ Escuchad bien esto y para siempre, niños españoles! ¡Quien de vosotros olvide su lengua española o la cambie por otra, dejará de ser español y cristiano! ¡Por traición contra España y pecado contra Dios! ¡Y tendrá que escapar de España! Y cuando muera, su alma irá a infierno”.
  • 4. 1954 Os colectivos de emigrantes en América denuncian ante a UNESCO a marxinación e persecución do idioma galego.
  • 5. A POESÍA GALEGA ENTRE 1936 E 1947 (SILENCIO) Prohibición das manifestacións culturais galeguistas A poesía publicada é: - francófila (“viva Franco, que es un santo/ de la Raza Nacional”, “Creo en ti, ¡oh, Franco! Todopoderoso”, “Franco, que al ígneo sol ofusca el brillo”) - ruralizante e sentimental (seguindo a liña da literatura decimonónica máis tradicional).
  • 6. POESÍA A PARTIR DE 1947 (LENTO PROCESO DE RECUPERACIÓN) Cómaros verdes (1947), de Aquilino Iglesia Alvariño. 1950. GALAXIA
  • 7. TENDENCIAS DA POESÍA DE POSGUERRA INTIMISTA ANOS 50 SOCIAL- REALIST AANOS 60 Ademais, hai outras tendencias menores: NEOTROBADORISM O HILOZOÍSMO
  • 8. GALAXIA Editora que vertebra a recuperación da expresión literaria en galego. Recuperan a tradición cultural de preguerra. Promoven o estudo da realidade socioeconómica do país (Grial, Revista de Economía de Galicia). Reintegran á cultura galega autores silenciados (Pimentel, Cunqueiro, Fole). Reivindican a validez do galego como vehículo de alta cultura (ensaio). Incorporan As novas xeracións (Méndez Ferrín, Xohana Torres…)
  • 9. XERACIÓN DO 36 PROMOCIÓN DE ENLACE Non hai unha sucesión “normal” de xeracións poéticas. Tres xeracións simultáneas porque entre 1939 e 1947 a literatura galega é un ermo. XERACIÓN DOS 50
  • 10. Nacen entre 1910 e 1920 É a xeración que serve de ponte entre a literatura de preguerra e os autores máis novos. Son os que inician o labor cultural e literario na posguerra, loitando contra a censura e a prohibición de usar o galego. A guerra civil marca a súa vida e obra. XERACIÓN DO 36
  • 11. MARÍA MARIÑO  Palabra no tempo  Poesía intimista (relación da voz lírica coa paisaxe; o tempo; a presenza da morte).  Outro título: Verba que comenza
  • 12. AQUILINO IGLESIA ALVARIÑO (1909-1961) A súa infancia transcorreu na súa aldea natal ata que en 1924 ingresou no Seminario de Mondoñedo. Aldea e seminario influirían decisivamente no seu posterior quefacer poético: un apego a todo o relacionado coa vida campesiña e un coñecemento profundo da cultura grecolatina. Despois de abandonar os estudos eclesiásticos, trasladouse a Santiago onde entra en contacto co galeguismo (chegou a ser director de A Nosa Terra) e cos movementos literarios de vangarda. A partir de 1933 exerceu como profesor de ensino medio e finalmente na Universidade compostelá. Tamén foi tradutor ó galego de varios autores clásicos (Virxilio, Horacio…)
  • 13. AQUILINO IGLESIA ALVARIÑO (1909-1961) Publicou unha colección de sonetos de gran perfección formal titulada Señardá (1930) na que se observa a influencia do saudosismo, do simbolismo e do modernismo
  • 14. AQUILINO IGLESIA ALVARIÑO  Paisaxe humanizada (Hilozoísmo)  Temas: soidade, paso do tempo e morte Obra Ano Señardá Corazón ao vento Cómaros verdes De día a día Lanza en soledá 1930 1933 1947 1960 1961
  • 15. CÓMAROS VERDES  En Cómaros verdes (1947) abandona a rima e a paisaxe é o elemento temático máis importante, ás veces como pretexto para expresar a intimidade do poeta. Ademais contén poemas hilozoístas e neotrobadorescos, así como outros que amosan a influencia do surrealismo, de Lorca e da Xeración do 27. -Riqueza léxica -Paisaxe e vivir aldeán. - Abandono da rima.
  • 16. CÓMAROS VERDES  Sen menoscabo da súa obra anterior, podemos afirmar que en Cómaros verdes chega Aquilino á súa madurez como poeta, impregnando a súa poética de novas técnicas e temas. Salientamos a precisión descritiva, a calidade rítmica e sonora do verso, así como a inclusión dun léxico que pretende estar a ton co medio natural que se describe, resultado dunha investigación e estudio exhaustivos da lingua da que se serve como ferramenta.
  • 17. XOSÉ Mª DÍAZ CASTRO  Nimbos “Penélope” (frustración histórica da sociedade galega). “Un paso adiante e outro atrás, Galicia”. A preocupación por Galicia vai parella á resolución dos problemas básicos do ser: morte, tempo e vida. Virxilianismo: lírica de estilo clasicista e de contido existencial e relixioso.
  • 18. LUÍS PIMENTEL Autor da xeración do 22, formaba parte da xeración das vangardas, pero publica as súas obras na posguerra. Participou nas iniciativas máis renovadoras da década de 1920, como a revista poética «Ronsel» (1924) Busca a sinxeleza expresiva, pero tentando captar a beleza das pequenas cousas.
  • 19. LUÍS PIMENTEL Obras publicadas na posguerra : Triscos, 1950 e Sombra de aire na herba, 1959) Lirismo intimista intenso e persoal (simbiose con Lugo, presenza de obxectos e instantes íntimos, descrición de interiores suntuosos) Poesía social: “Cunetas” Visión pesimista da vida.
  • 20. ÁLVARO CUNQUEIRO (1911-1981)  A súa obra poética iniciouse con Mar ao norte (1932), poemario de corte vangardista e temática marítima, próximo á poesía de Manuel Antonio. É un conxunto de breves poemas bastante abstractos e non sempre de doada interpretación.
  • 21. ÁLVARO CUNQUEIRO  En Poemas do si e non (1933) continúa a liña vangardista, abordando agora a temática erótica. Tende á abstracción e amosa a influencia do surrealismo
  • 22. ÁLVARO CUNQUEIRO  En Cantiga nova que se chama ribeira (1933) achamos o seu contributo á poesía neotrobadoresca, así como a influencia da poesía popular de Lorca e Alberti. Tamén se sitúa dentro do neotrobadorismo o seu primeiro libro de poemas da posguerra, titulado Dona de corpo delgado (1950), aínda que algúns poemas presaxian a súa evolución cara a unha poesía máis íntima e orixinal
  • 23. ÁLVARO CUNQUEIRO O libro Herba aquí e acolá (1980) recolle a poesía das derradeiras décadas da súa vida. Algúns poemas inspíranse nos materiais que Cunqueiro recompilaba para escribir os seus relatos. A obra ten un marcado carácter culturalista e estrutúrase en dúas partes, tituladas “As historias” e “Vellas sombras e novos cantos”. Na primeira parte recrea personaxes históricos e literarios como Edipo e Ulises. Na segunda encontramos versos tristes e melancólicos, escritos cando xa presentía a morte.
  • 24. CELSO EMILIO FERREIRO Nace en Celanova en 1913 e morre en Vigo en 1979. Desenvolveu unha grande actividade cultural e política. Durante a Guerra Civil estivo condenado a morte. É o máximo representante da poesía social de ideoloxía marxista. Os seus equivalentes na poesía en lingua castelá foron Gabriel Celaya e Blas de Otero. Porén, non todo é realismo social na súa obra, dado que tamén mostra a influencia da poesía paisaxística e intimista e mais do existencialismo.
  • 25. CELSO EMILIO FERREIRO • •Tivo unha forte repercusión durante o derradeiro franquismo como máximo expoñente da poesía comprometida e de clara intencionalidade social. • Xa dende novo e por influxo familiar, participou da actividade política e fundou xunto con Xosé Velo as Mocedades Galeguistas. No entanto, tivo que loitar no bando franquista na guerra civil, traxedia que lle deparou vivencias traumáticas que se reflicten na súa obra. • Tras a contenda, residiu en Vigo e Pontevedra e participou en diversas iniciativas culturais, como as coleccións de poesía Salnés e Benito Soto, e políticas, como fundador da UPG. • En 1966 emigra a Venezuela, experiencia que retratará en Viaxe ao país dos ananos, para volverr en 1973. • Na etapa final da súa vida, viviu en Madrid e Vigo e combinou o labor xornalístico co cultural e político.
  • 26. OBRA ANO O soño sulagado Longa noite de pedra Viaxe ao país dos ananos Cantigas de escarnio e maldicir Antipoemas Onde o mundo se chama Celanova 1955 1962 1968 1968 1972 1975
  • 27. Celso Emilio Ferreiro  Liña social ou cívica: denunciadora de males sociais como a falta de liberdade, fascismo, guerra… defensa do idioma.  A voz lírica é portavoz da sociedade.  Liña intimista: desacougo existencial, infancia, amor, paso do tempo.  Liña irónica ou satírica: segue as cantigas de escarnio e maldicir, a literatura quevediana…
  • 28. Celso Emilio Ferreiro  Como poeta cívico, Celso Emilio conectaría a súa traxectoria coa tradición de Curros e Cabanillas. Todos eles comparten a visión da poesía como expresión do compromiso coa realidade social e a do poeta como voceiro do seu pobo e do seu tempo. Así son temas frecuentes nesta vertente o antibelicismo, a liberdade, ou tamén a solidariedade cos que sofren…
  • 29. Celso Emilio Ferreiro Como poeta intimista, : a súa obra está impregnada dunha visión intimista e subxectiva da vida que se traduce nunha poesía dominada polo inconformismo e pola dor e o desacougo existencial na vivencia do tempo e do amor, da morte, da evocación da infancia, da saudade da terra, etc. Esta vertente está presente en O soño sulagado (1955) ou Onde o mundo se chama Celanova (1975). Acotío sente a necesidade de plasmar o sentido do seu “eu” ante a realidade. Son poemas nos que trata, a memoria da guerra, a dor existencial, o amor pola súa compañeira Moraima, a nostalxia da infancia…
  • 30. Celso Emilio Ferreiro  Como poeta satírico,, Celso Emilio conecta coa tradición medieval. A sátira e a ironía están en todos os seus libros. Pode usar a sátira para facer escarnios de persoas e tipos concretos, ou para facer unha denuncia moral das contradicións sociais e políticas do seu tempo.
  • 31. LONGA NOITE DE PEDRA-1962 (poética do compromiso) . O poeta convértese na voz do pobo para denunciar a situación de Galicia, a emigración, a guerra civil, o capitalismo internacional, o imperialismo norteamericano… . Sinxeleza expresiva, onde importa máis a mensaxe que a forma. . Renovación da linguaxe con rexistros da fala cotiá. . Humor, ironía e sarcasmo
  • 32. O SOÑO SULAGADO (1954)  Poesía introspectiva ( o sentido da vida, o tempus fugit, o paraíso perdido da infancia, o amor…)  Poesía social (guerra, emigración vista desde unha óptica positiva e negativa, rural/urbano…)
  • 33. ONDE O MUNDO SE CHAMA CELANOVA- 1975  Poesía intimista coa que volve ás orixes (O soño sulagado)  Nostalxia ante o recordo da infancia e a terra.  Serenidade ante o paso do tempo e a cercanía da morte.  Amor a Moraima. “Moraima: diario de a bordo”.
  • 34. POESÍA SATÍRICA Viaxe ao país dos ananos (1968). Ataque aos dirixentes da “Hermandad Gallega” de Caracas. Cantigas de escarnio e maldicir. Cemiterio privado (1973). (epitafios belixerantes e epitafios elexíacos) Antipoemas (1972). Antipoesía: fuxir dos recursos e temas tradicionais.
  • 35. ESTILO E LINGUA A lírica de Celso Emilio caracterízase pola súa sinxeleza expresiva. Tiña como obxectivo chegar a un público amplo, polo que a súa linguaxe se aproxima en ocasións case ao coloquialismo, incorporando non poucas palabras da vida cotiá. O ritmo e a musicalidade dos seus versos veñen determinados polo uso preferente de metros curtos e pola abundancia de recursos repetitivos: paralelismo, anáfora...  .
  • 36. PROMOCIÓN DE ENLACE  Nados entre 1920-1930.  Fórmanse culturalmente baixo a opresión da ditadura  Xeración sen unidade creativa e ideolóxica, de formación autodidacta.  Sufriron na súa mocidade as consecuencias máis negativas do franquismo.  Illamento das correntes culturais europeas e descoñecemento da literatura e da cultura galega anterior. Carecen da influencia da Xeración Nós ou das vangardas de pre- guerra.  Foron nos seus comezos escritores bilingües.  Predomina neles unha poesía intimista. Combinan a expresión do seu compromiso social coa da angustia existencial.
  • 37. AUTORES E AUTORAS  Antón Tovar  Luz Pozo Garza  Manuel Cuña Novás  María do Carme Kruckenberg
  • 38. ANTÓN TOVAR Poesía con moitas preocupacións relixiosas (procura dun deus que o poeta non consegue ver) Obra Ano Arredores Non O vento no teu colo Calados esconxuros A nada destemida 1962 1967 1974 1980 1991
  • 39. ANTÓN TOVAR Nas súas primeiras obras, en pleno auxe da poesía social, Tovar ten como temas esenciais: a conciencia do “eu” e a soidade, a tensión entre angustia existencial e esperanza. No tocante á forma, son poemas onde prima a voz sincera e auténtica sobre a riqueza de imaxes e recursos. A partir de O vento no teu colo apréciase certa renovación na súa lírica. Tovar completa a liña existencial anterior con poemas de firme preocupación social e con outros dun erotismo vitalista.
  • 40. LUZ POZO GARZA Naceu no seo dunha familia que, tras a guerra civil, sufriu a represión franquista. . O paxaro na boca Verbas derradeiras Códice Calixtino Prometo a flor de loto 1952 1972 1986 1992
  • 41. LUZ POZO GARZA A súa obra adoita caracterizarse como intimista, cun tema dominante sobre os demais: o amor. A autora plasma unha visión sensual, doce e delicada do sentimento amoroso nunha poesía chega de optimismo e sensualidade en : O paxaro na boca. En cambio, tras a morte do seu marido, aparece unha visión máis transcendente do amor, ao reflexionar a través del sobre a vida e a morte. O lirismo estará presidido pola sombra, a anguria e a morte en Verbas derradeiras. A súa poesía establécese a partir do antagonismo entre luz e sombra, luz que aumentará ou diminuirá dependendo do que a poeta queira expresar. Tamén cultivará a poesía social, pero en menor medida nunha poesía comprometida e solidaria, humanista, onde o «Nós» substitúe ao «Eu».
  • 42. CUÑA NOVÁS Fabulario novo (1952) Exploración do EU fronte ao mundo problemático Encádrase dentro d’ A escola da Tebra, de carácter existencialista, que reflicte o pesimismo, a anguria e a desesperanza da posguerra.
  • 43. XERACIÓN DAS FESTAS MINERVAIS, XERACIÓN DOS 50, ESCOLA DA TEBRA  Nados entre 1930-1940.  Non viviron directamente a guerra civil.  Déronselles diferentes nomes: “Grupo Brais Pinto”,”Escola da Tebra” ou Xeración de "La Noche".  Danse a coñecer nos seguintes medios: • as “Festas Minervais”, certames literarios de vella tradición renacentista e barroca, restaurados en Santiago a partir de 1953. • O “Grupo Brais Pinto”, constituído en Madrid por universitarios que crean unha colección de poesía, coa temática da “escola da tebra”. • A colaboración no diario compostelán “La Noche”.
  • 44. XERACIÓN DAS FESTAS MINERVAIS, XERACIÓN DOS 50, ESCOLA DA TEBRA  Teñen como referentes a editorial Galaxia e a Celso Emilio Ferreiro.  Poesía existencialista -ESCOLA DA TEBRA-. Conflito do individuo consigo mesmo e coa vida. Poesía de preocupación relixiosa.  Renovación da linguaxe poética (combina tradición e vangarda con influencias europeas e norteamericanas).  A maioría coinciden en Santiago como estudantes universitarios, polos anos 50: Manuel María, Uxío Novoneyra, Xohana Torres, Bernardino Graña, Xosé Luís Franco Grande, Salvador García Bodaño e Xosé Luís Méndez Ferrín.
  • 45. LIÑAS POÉTICAS  A Escola de Tebra: poesía intimista, o poeta preséntase en conflito co mundo. Temas: a morte, a soidade, a desesperanza...  O Realismo coloquial: introduce esquemas estruturais da fala cotiá na canle poética, e está representado por Manuel María con Documentos persoaes e por Bernadino Graña con Poema do home que quixo vivir.  Socialrealismo: poesía de denuncia social. Temas: a opresión, a guerra, o sentimento de Galiza...
  • 46. ESCOLA DA TEBRA  Participaron nas Festas Minervais compostelás (recuperadas dos séculos escuros e orixe do nome da xeración), no diario «La Noche» (xornal vespertino), na creación da colección «Illa Nova», na fundación do nacionalismo revolucionario (en oposición ao galeguismo cultural e promove asociacións como O Facho ou O Galo) e na formación do Grupo Brais Pinto (formado por membros que se reunían no centro galego en Madrid, que posúen unha actividade innovadora e reflicten o que lles foi transmitido da Guerra).
  • 47. MANUEL MARÍA  Manuel María Fernández Teixeiro, chamado unicamente Manuel María na cuberta dos seus libros, naceu en Outeiro de Rei en 1929 e faleceu na Coruña no ano 2004.  En 1958 instálase en Monforte como procurador dos Tribunais. Nos axitados anos sesenta e setenta, Manuel María participa en organizacións políticas clandestinas, e empeza a atender voluntariamente todo tipo de necesidades de tipo cultural: escribindo poesía programática, dando conferencias, colaborando con músicos e explorando todos os xéneros literarios, tanto para público adulto como infantil. Naqueles tempos (1969) fundou a editorial Xistral canda Ánxel Xohán, e abriu unha libraría do mesmo nome na capital da Terra de Lemos.
  • 48. OBRA  Muiñeiro de brétemas, 1950  Morrendo a cada intre, 1952  Terra Chá, 1954  Documentos persoais, 1958  Cancións do lusco e fusco, 1970  A primavera de Venus, 1993 As dúas primeiras obras considéranse as pezas inagurais da Escola de Tebra: unha visión atormentada da existencia Os meu berros absolutos son o meu acento disolto en ácido sulfúrico. A anguria, a carraxe e o arrepío é a miña música de paxaros valeiros de garimos que viñeron arrolarme cando tiña mes e medio aproximadamente...
  • 49.  A súa traxectoria poética iníciase en 1950, cando publica o primeiro libro de poesía en galego que non pertence a autores que coñeceran a República, Muiñeiro de brétemas. Este é ademais o volume co que a crítica considerou que comezaba a Escola da Tebra, unha liña poética existencialista que puxo o acento na soidade e na opresión humana e espiritual da ditadura franquista.  Esta liña continuouna en 1952, no poemario Morrendo a cada intre, pero mudouna dous anos despois, en 1954, co libro Terra Chá.  Este, a través de sucesivas reedicións e ampliacións, constitúe unha homenaxe á súa terra natal. Nesta obra o protagonista é a paisaxe saudosa, e aparecen claras algunhas das constantes da súa produción: rimas simples e populares (coplas, pareados, cuartetas...) e unha proximidade ao popular, con léxico a pé de corredoira e con situacións e feitos da cotidianeidade.  Co paso dos anos e dos títulos foi evolucionando cara a unha poesía máis socialrealista, cunha nidia presenza das reivindicacións esquerdistas e nacionalistas, como en Cantos rodados pra alleados e colonizados, de 1976, ou As rúas do vento ceibe, de 1979.
  • 50. MANUEL MARÍA, en resumo  Poesía intimista e desacougado (Muiñeira de brétemas- 1952)  Paisaxismo (Terra Cha- 1954)  Social (Documentos persoaes-1958)  Motivos recorrentes: defensa das clases populares, a lingua e o país, sensibilidade ecoloxista, protesta contra as inxustizas, o imperialismo…
  • 51. UXÍO NOVONEYRA É un dos poetas máis persoais da posguerra. A súa novidosa visión da paisaxe, forxada entre as montañas do seu Courel natal, levouno a ser coñecido como o “poeta da terra”. Fillo dunha familia de labregos, a súa poética sempre permanecerá intimamente relacionada co escenario da terra natal. Estuda bacharelato en Lugo, onde coñece a Manuel María. Logo trasládase a Madrid, onde asiste como oínte á Facultade de Filosofía e Letras e comeza a escribir os seus primeiros poemas, en castelán. Nesta cidade entrou en contacto cos membros do grupo “Brais Pinto”. Entre 1953 e 1962, por motivos de saúde, pasou longas tempadas de descanso na súa terra natal, a serra do Courel..
  • 52. OBRA Os eidos Os eidos 2 Poemas caligráficos Muller para lonxe 1955 1974 1980 1987
  • 53. UXÍO NOVONEYRA  Uxío Novoneyra desenvolveu unha traxectoria creativa única.  Na obra primeira, Os eidos (1955), o poeta está en soidade entre os vales e as montañas natais, en comuñón co mundo físico. Tense relacionado Os eidos co paisaxismo de Noriega Varela, Iglesia Alvariño ou Díaz Castro. Porén, a de Novoneyra é unha poesía máis íntima e cósmica, arredada da tradición polo seu carácter esencial e totalizador: é unha poesía da metapaisaxe.  O do poeta é un canto telúrico que atopa na natureza unha dimensión ontolóxica: nela está contido o sentido do home e do universo. Son versos dominados pola intensidade e a economía lingüística, ao servizo do intimismo e da procura de emocións.  Abondan os topónimos e as series de substantivos que denominan os elementos da natureza, acompañados de exclamacións, de aliteracións e fonosimbolismos, manifestacións todas elas dun propósito esencializador que se aproxima á estética do haiku xaponés.  Nos anos sesenta, as súas propostas ampliáranse cara á preocupación colectiva e a temática política dominante na poesía da época. Galicia é unha constante. O tratamento da paisaxe adquire un ton político e simbólico, como é en Elexías do Courel (1966).
  • 54. FONOSIMBOLISMO A reiteración do son o evoca a sensación de medo que pode producir a presenza do lobo. ¡Cousos de lobo! ¡Cousos de lobo! ¡caborcos de xabarín! ¡Eidos solos onde ninguén foi nin ha de ir! ¡O lobo! ¡Os ollos do lombo do lobo! Baixa o lobo polo ollo do bosco movendo nas flairas dos teixos ruxindo na folla dos carreiros en busca da vagoada máis sola e máis medosa... Os Eidos
  • 55. UXÍO NOVONEYRA, en resumo  Poesía dialogante coa paisaxe coureliana (metonimia de Galicia enteira), onde hai unha comuñón coa mesma.  Os eidos- 1955  Composicións breves  Fonosimbolismo  Disposición dos versos.
  • 56. XOHANA TORRES  Do sulco -1959  Poemario intimista  Amor, morte e soidade  Ritmo e musicalidade  Outros títulos: Estacións ao mar- 1980
  • 57. ANTÓN AVILÉS DE TARAMANCOS  O tempo no espello, 1980,recompila trinta anos de poesía. Sentimento de saudade pola patria, sentida desde Colombia.  Cantos caucanos -1985 (natureza exótica colombiana),  As torres no ar, 1989
  • 58. BERNARDINO GRAÑA  Profecía do mar.  Poeta do mar  Visión optimista da vida.  Temas: o amor, a denuncia ecolóxica e o sentimento de alienación do ser humano nunha sociedade tecnificada e mercantilista.
  • 59. XOSÉ LUÍS MÉNDEZ FERRÍN  Xosé Luís Méndez Ferrín é o escritor galego vivo máis importante, cunha carreira máis longa e sólida. Construíu o seu discurso cun dominio preciso e extenso da linguaxe, fundamentalmente nos xéneros da narrativa breve e da poesía. Foi seleccionado como candidato ao premio Nóbel en numerosas ocasións.
  • 60. XOSÉ LUÍS MÉNDEZ FERRÍN  Na cidade das Burgas transcorreu a súa infancia. Durante os seus anos de Universidade en Santiago participou con éxito nas Festas Minervais e entrou en contacto co galeguismo cultural. En 1957 trasladouse a Madrid para rematar os seus estudos e alí participou na constitución do grupo “Brais Pinto”. Na década dos 60, Ferrín comezou a amosar o seu forte compromiso político: foi cofundador da UPG e mesmo pasou períodos nos cárceres franquistas (1969 e 1972). Na actualidade reside en Vigo. Tamén é un destacado narrador e ensaísta.
  • 61. XOSÉ LUÍS MÉNDEZ FERRÍN Voce na néboa Con pólvora e magnolias Poesía enteira de Heriberto Bens O fin dun canto Erótica Estirpe 1957 1976 1980 1982 1992 1994
  • 62. XOSÉ LUÍS MÉNDEZ FERRÍN  O seu primeiro libro, «Voce na néboa» inclúese dentro da Escola da Tebra: poesía de ton íntimo e angustiado, existencialismo pesimista, simbolismo para representar o cárcere político e do espírito e cunha temática que vai desde a preocupación existencial ata a visión fatal da propia Galicia).  Porén, a praxe política levouno, deixando atrás a paréntese dos sesenta, ao socialrealismo máis elaborado e máis explicitamente partidario: desa fase son Antoloxía popular, de 1972, asinado como Heriberto Bens, e Sirventés pola destrución de Occitania, de 1975. Nesa liña insiste con O fin dun canto, de 1982, Estirpe, de 1994, onde é capaz de fusionar un nacionalismo case pondaliano co virtuosismo léxico e poético, ou en Contra maquieiro, de 2005, onde avanza na crítica ao capitalismo.  Ao ano seguinte Méndez Ferrín dá o cambio e muda con el a traxectoria da poesía galega. A súa Con pólvora e magnolias de 1976 marca a viraxe cara a unha poesía Culturalista e rompedora, investigando novas formas e novas posibilidades estilísticas da linguaxe (sintaxe non convencional, riqueza léxica, abundancia de recursos literarios, imaxes audaces...).
  • 63. XOSÉ LUÍS MÉNDEZ FERRÍN, en resumo  Autor clave na evolución da literatura galega contemporánea.  Voce na néboa: literatura existencial  Pseudónimo de Heriberto Bens: poesía sociopolítica  Con pólvora e magnolias: culturalismo