SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 11
Baixar para ler offline
1
TEMA 4: A FUNCIÓN DE NUTRICIÓN I: O APARELLO DIXESTIVO
1. A FUNCIÓN DE NUTRICIÓN
2. O APARELLO DIXESTIVO
3. ANATOMÍA DO APARELLO DIXETIVO
3.1. O TUBO DIXESTIVO
3.2. AS GLÁNDULAS DIXESTIVAS
4. PROCESOS DIXESTIVOS
4.1. INXESTIÓN
4.2. DIXESTIÓN
4.3. ABSORCIÓN
4.4. EXESTIÓN
5. ENFERMIDADES ASOCIADAS AO APARELLO DIXESTIVO
6. HÁBITOS SAUDABLES
1. A FUNCIÓN DE NUTRICIÓN
A nutrición é o conxunto de procesos mediante os cales o noso corpo adquire, transforma e
achega ás células os nutrientes que necesitan para desenvolver os seus procesos vitais,
esenciais para o noso desenvolvemento.
Os nutrientes son as moléculas contidas nos alimentos que o corpo absorbe, e as células
utilízan para realizar as súas funcións, como medrar ou reproducirse.
Os seres humanos somos organismos heterótrofos, obtemos os nutrientes de materia
procedente doutros seres vivos, xa sexan vexetais ou animais, mediante a alimentación.
A alimentación é o proceso consciente e voluntario mediante o cal introducimos alimentos no
noso corpo. Os alimentos son o combustible que o corpo necesita para dispor da enerxía
necesaria para o funcionamento do organismo, o crecemento e a reparación de tecidos
danados ou deteriorados.
Na función de nutrición participan os seguintes aparellos:
• Aparello dixestivo: procesa os alimentos que inxerimos, extrae deles as substancias
necesarias para nutrir as células e elimina as substancias de refugallo sobrantes.
• Aparello respiratorio: obtén o osíxeno necesario para vivir e expulsa o dióxido de carbono.
• Aparello circulatorio: transporta os nutrientes e o osíxeno ás células para que desenvolvan
os seus procesos vitais, e recolle as substancias de refugallo.
• Aparello excretor: é o encargado de eliminar as substancias de refugallo.
2. O APARELLO DIXESTIVO
O aparello dixestivo é o encargado de transformar os alimentos en substancias máis sinxelas,
os nutrientes, moléculas o su
fi
cientemente pequenas para pasar desde o tubo dixestivo ao
sangue e repartirse por todas as células do corpo.
2
Esta transformación lévase a cabo mediante os procesos dixestivos de inxestión, dixestión,
absorción e exestión.
No proceso de dixestión desempeñan un papel esencial as enzimas, unhas proteínas
dixestivas que participan na descomposición dos alimentos.
3. ANATOMÍA DO APARELLO DIXESTIVO
O aparello dixestivo está formado polo tubo dixestivo
e as glándulas dixestivas.
3.1. O TUBO DIXESTIVO
O tubo dixestivo é un conduto duns 9 metros (m.) de
lonxitude que se estende desde a boca ata o ano e que
inclúe os seguintes órganos e estruturas: a boca, a
farinxe, o esófago, o estómago, o intestino delgado e o
intestino groso.
3.1.1. A boca: é a cavidade de entrada dos alimentos e conecta coa farinxe. Na boca
atópanse os dentes e a lingua, e nela as glándulas salivares segregan a saliva. Na boca teñen
lugar o proceso de inxestión e comeza a dixestión mecánica e química dos alimentos.
Os dentes cortan, desgarran, trituran e molen o alimento para que poida pasar polo resto do
tubo dixestivo.
A lingua é un músculo que contribúe mediante movementos á insalivación e disgregación dos
alimentos, así como a impulsalos hacia a farinxe. Ademáis, nela atópanse as papilas
gustativas.
3
3.1.2. A farinxe é unha cavidade que conecta a cavidade bucal e as fosas nasais co esófago e
a larinxe. A través da farinxe pasan tanto os alimentos como o aire; por este motivo, esta
estrutura tamén forma parte do aparello respiratorio.
Na farinxe atópase a epiglote, unha estrutura laminar cartilaginosa que no momento da
deglutición obstrue a entrada á laringe e impide que os alimentos pasen ás vías respiratorias.
3.1.3 O esófago (10-15 segundos): é un conduto duns 25 cm. que une a farinxe co estómago
a través do cardia. Participa no proceso de deglutición.
3.1.4. O estómago (2-8h.)
O estómago é a parte máis ancha do tubo dixestivo. O estómago está conectado ao esófago
por un ori
fi
cio de entrada chamado cardia, e ao intestino delgado por un ori
fi
cio de saída
chamado píloro. Ambos ori
fi
cios ábrense e péchanse pola acción de esfínteres. O esfínter
esofágico inferior actúa pechando o cardia e impide que os alimentos e zume gástrico
retrocedan cara ao esófago, mentres que o esfínter pilórico retén os alimentos no estómago
durante a dixestión estomacal e impide que volvan a el unha vez que pasan ao intestino
delgado.
A parede interna do estómago está pregada e contén glándulas gástricas que segregan o
zume gástrico formado por auga, ácido clorhídrico (HCl) e pepsinas. As pepsinas son
enzimas que degradan as proteínas a aminoácidos. Ademáis, segregan mucus que protexe á
parede do estómago para que non sexa atacada polo HCl segregado polas propias glándulas
gástricas
No estómago continúa o proceso de dixestión mecánica e química.
3.1.5. O intestino delgado (7-8h): é un conduto moi longo, duns 7 m., que vai desde o píloro
ao intestino groso. O intestino delgado divídese en tres partes: duodeno (25 cm.), xexuno (2,5
m.) e íleo (3,5 m.).
4
Na parede do intestino delgado hai glándulas intestinais
que segregan o zume intestinal o cal contén enzimas que
degradan glícidos, proteínas e ácidos nucleicos.
Ademais, o intestino delgado atópase pregado moitas
veces. A súa super
fi
cie interna está tapizada por uns
repregamentos, as vilosidades, que se proxectan cara á luz
do intestino delgado, aumentando enormemente a
super
fi
cie de absorción de nutrientes. Este efecto vese
incrementado polas microvilosidades das células que
forman as vilosidades. As microvilosidades son extensións
dixitiformes da membrana dunha célula, que aumenta a super
fi
cie de intercambio desta co
medio externo.
No duodeno segue a dixestión química mentres que no xexuno e íleo ten lugar a absorción
de nutrientes.
3.1.6. O intestino groso (15h): é un conducto de 1,5 m. de lonxitude que rodea o intestino
delgado e divídese en tres partes:
- Cego, parte inicial, conecta co íleo a través da válvula ileocecal.
Do seu fondo parte unha pequena prolongación denominada
apéndice vermiforme.
- Colon, dividido a súa vez en 4 partes: ascendente, transverso,
descendente e sigmoide.
- Recto: parte
fi
nal que comunica co exterior a través do ano, o
cal posúe dos esfínteres.
No intestino groso habitan bacterias simbióticas que forman a
fl
ora
intestinal.
5
No intestino groso prodúcese a absorción de auga, sales minerais e algunhas vitaminas, e
despois disto, a exestión.
3.2. GLÁNDULAS DIXESTIVAS
As glándulas dixestivas son estruturas que segregan zumes dixestivos ao interior do tubo
dixestivo.
Os zumes dixestivos son substancias líquidas ricas nunhas proteínas chamadas enzimas
dixestivas. Estas enzimas descompoñen os alimentos en nutrientes.
As glándulas dixestivas poden atoparse distribuídas ao longo do tubo dixestivo, como as
glándulas gástricas e as glándulas intestinais, ou agrupadas formando órganos anexos como
as glándulas salivares, o fígado e o páncreas.
• As glándulas salivares sitúanse na boca e secretan saliva,
substancia acuosa que contén a enzimas amilase salival
que degradan glícidos e lisozimas, enzimas que atacan a
bacterias impedindo que entren no organismo.
• O fígado é un órgano grande situado á dereita do
estómago. Segrega a bile, que primeiro se almacena na
vesícula biliar (pequena bolsa localizada debaixo do fígado) e desde ahí vértese ao
duodeno durante a dixestión dos
alimentos. A bile favorece a emulsión das
graxas para que as enzimas actúen sobre
elas. Outras funcións do fígado son:
almacenar glicosa en forma de glicóxeno,
almacenar vitaminas e minerais,
detoxi
fi
car e procesar drogas e fármacos
para eliminalos.
6
• O páncreas é un órgano que segrega o zume pancreático ao duodeno. O zume
pancreático contén auga, bicarbonato sódico e enzimas amilases, lipases, peptidases e
nucleases que axudan a degradar as diversas biomoléculas.
4. PROCESOS DIXESTIVOS
Os procesos dixestivos son a inxestión, a dixestión, a absoción e a exestión.
4.1. INXESTIÓN: consiste na entrada dos alimentos ao tubo dixestivo a través da boca.
A inxestión implica tres procesos: a mastigación, a insalivación e a deglutición.
• Mastigación: é o proceso mediante o cal os alimentos son troceados ou fragmentados en
anacos máis pequenos grazas a acción dos dentes.
• Insalivación: consiste en mesturar os alimentos coa saliva gracias á acción da lingua e
como resultado fórmase o bolo alimenticio.
• Deglutición: é o paso do bolo alimenticio desde a boca a farinxe. O bolo alimenticio é
propulsado pola lingua hacia a farinxe, a continuación, o propio bolo alimenticio provoca o
pregamento da epiglote sobre a entrada da larinxe, bloqueando a súa entrada ás vías
respiratorias e obligándoo a pasar ao esófago.
Despois, o bolo alimenticio avanza hacia o estómago gracias aos movementos peristálticos,
movementos nos que a musculatura do esófago se contrae por detrás do alimento e se
relaxa por diante provocando o seu avance.
7
4.2. A DIXESTIÓN: é o mecanismo polo que os compostos que forman os alimentos se
transforman noutros máis simples e absorbibles a través de dous procesos:
- Procesos físicos ou digestion mecánica son aqueles que trituran os alimentos, os mestura
cos zumes dixestivos e os transporta ao longo de todo o tubo dixestivo, como por exemplo
a mastigación, os movementos peristálticos e as contraccións musculares do estómago.
- Procesos químicos ou digestion mecánica: desencadeados polo ataque químico dos zumes
dixestivos, que conteñen enzimas capaces de romper macromoléculas dando lugar a outras
máis sinxelas e asimilables, os nutrientes.
A digestión mecánica comeza na boca onde, mediante o proceso de masticación, os dentes
trituran en alimentos en porciones cada vez máis pequenos. Á vez, comeza a dixestión
química gracias á amilase salivar que descompón os glícidos complexos, como o amidón e
glicóxeno, en glícidos máis sinxelos, como o disacárido maltosa ou o monosacárido glicosa. O
produto resultante de mesturar os alimentos triturados e a saliva é o bolo alimenticio.
Mediante o proceso de deglutición o bolo alimenticio pasa ao esófago, a traves da farinxe, e
despois, gracias aos movementos peristálticos chega ao estómogo para o cal ten que
atravesar o cardias.
Ao chegar ao estómago continúa a digestión mecánica e
química. O bolo mestúrase cos zumes gástricos
segregados polas glándulas gástricas das paredes do
estómago, cuxos movementos favorecen a mestura. As
pepsinas do zume gástrico provocan a dixestión das
proteínas. O produto resultante chámase quimo.
A continuación o quimo atravesa o píloro e pasa ao duodeno, onde continúa a digestión
química. O quimo mestúrase ca bile, cos zumes pancreáticos, e os zumes intestinais, o que
provoca a descomposición dos lípidos do quimo, e que se acaben de dixerir os glícidos e as
proteínas. Tamén se degradan os ácidos nucleicos. A acidez do quimo é neutralizada gracias
ao bicarbonato de sodio do zume pancreático. O produto
fi
nal xerado chámase quilo.
8
4.3. A ABSORCIÓN: consiste no paso dos nutrientes desde a luz do intestino ata o sangue ou
a linfa, para o cal debe atravesar as paredes do intestino.
O quilo avanza polo intestino delgado mediante movementos peristálticos. A maior parte da
absorción de nutrientes prodúcese nas vilosidades do xexuno e íleo. Cada vilosidade está
rodeando a capilares sanguíneos e linfáticos, de maneira que as graxas atravesan as células
das vilosidades ata chegar aos capilares linfáticos e o resto de nutrientes pasan aos capilares
sanguíneos.
No intestino groso prodúcese a absorción de auga e algúns minerais non absorbidos no
intestino delgado.
Ademais, no intestino groso atópase a microbiota intestinal ou
fl
ora intestinal, un conxunto
de bacterias que viven no noso intestino groso e non nos provocan infeccións. Estas bacterias
aliméntanse dos nutrientes que pasan polo intestino e, a cambio, proporciónannos vitaminas,
axúdannos na dixestión e protéxennos da invasión doutras bacterias que si nos poderían
infectar.
Unha vez no torrente sanguíneo, os nutrientes son transportados ás células para facer posible
o proceso de crecemento ou de reparación de tecidos e estruturas, e para proporcionar
enerxía ao organismo.
4.4. A EXESTIÓN OU DEFECACIÓN
Tras a absorción, as sustancias non dixeridas, compáctanse
formando a materia fecal ou feces, as cales se acumulan no recto
ata ser expulsada polo ano ao exterior no proceso de defecación
que se produce ao relaxarse os esfínteres do ano.
5. ENFERMIDADES ASOCIADAS AO APARELLO DIXESTIVO
Carie dental: consiste na destrución dos tecidos duros do dente debido a ácidos resultantes
de fermentacións levadas a cabo por bacterias presentes na boca. Cando a carie acada a
polpa dentaria prodúcese a dor.
9
Paperas: in
fl
amación das glándulas parótidas (glándulas salivales) debido a unha infección
vírica.
Re
fl
uxo gástrico e acidez: se o esfínter esofáxico inferior reláxase de maneira anormal ou se
debilita, o ácido estomacal pode regresar ao esófago (re
fl
uxo gástrico) e causar acidez
estomacal. O re
fl
uxo de ácido pode empeorar ao estar inclinado ou recostado.
Úlceras pépticas: consiste na destrución da mucosa dunha zona do estómago (úlcera
gástrica) ou do duodeno (úlcera duodenal), quedando as súas paredes expostas ao ataque
dos zumes dixestivos. Pode producirse hemorragias e en casos graves a perforación da
parede do tubo dixestivo. O consumo de tabaco, alcol, fármacos e o estrés favorece a súa
aparición. Actualmente tamén se asocia a infeccións da bacteria Helicobacter pylori.
10
Hernias: é a protrusión (saída) de calquer órgano ou tecido fora da cavidade na que se aloxa
normalmente.
Apendicite: in
fl
amación do apéndice vermifome por unha obstrución ou infección podendo
perforarse e causar unha peritonite e sepse. É necesario facer unha cirurxía de inmediato para
extraer o apéndice.
Diarrea: é o resultado dunha condición que provoca que os residuos alimentarios pasen a
través do intestino groso antes este teña tempo su
fi
ciente para absorber a auga. O corpo
perde ións e
fl
uídos, polo que unha diarrea prolongada pode provocar deshidratación e
desequilibrio de sales minerais que pode resultar mortal. Unha das causas principais é a
infección bacteriana.
Estrinximento: os residuos alimentarios permanece no intestino groso longos períodos de
tempo, absórbese demasiada auga e as deposiciones endurecen e desprázase con maior
di
fi
cultade. Esta condición pode deberse á falta de
fi
bra na dieta, a malos hábitos intestinais,
ao uso abusivo de laxantes, ou a unha de
fi
ciencia dos movementos peristálticos.
Hernia umbilical Hernia epigástrica
11
Gastroenterite: trátase dunha enfermidade causada pola in
fl
amación das mucosas do
estómago e do intestino, que pode estar ocasionada principalmente por patóxenos ou toxinas.
Produce náuseas, vómitos, diarrea, dor, etc.
Cálculos biliares: depósitos duros de colesterol e bilirrubina. Os síntomas son dor na parte
superior do abdome que pode extenderse hacia o centro do abdome e en nalgúns casos
chegar a afectar a zona entre as escápulas e o hombro dereito, nauseas, vómitos e ictericia
(cor amarelada do enfermo).
Hepatite: é unha in
fl
amación do fígado e que pode derivar en cirrose ou cáncer de fígado.
Pode estar causada por bacterias, virus ou polo consumo abusivo de substancias como o
alcol ou as drogas.
6. HÁBITOS SAUDABLES
Para evitar enfermidades do aparato dixestivo podes seguir algúns consellos:
- Lava os alimentos correctamente antes de cociñalos ou inxerilos. Tamén é importante
unha correcta hixiene das mans.
- Mastiga correctamente e come despacio.
- Leva unha dieta saudable e equilibrada. Non esquezas incorporar alimentos con
fi
bra: aínda que non se dixire, é importante pois facilita a movilidade intestinal.
- Consume alimentos que favorezcan o equilibrio da microbiota, como prebióticos e
probióticos.
- Mantén unha correcta hixiene dental. Asegúrate de que cando cepillas os dentes o fas de
modo axeitado e o tempo su
fi
ciente para que sexa efectivo. Visita a túa clínica dental con
frecuencia.
- Practica exercicio físico moderado regularmente.

Mais conteúdo relacionado

Semelhante a Teoria_Tema_Aparello_Dixestivo_final.pdf

O aparello dixestivo
O aparello dixestivoO aparello dixestivo
O aparello dixestivoJORGE
 
Trabajo para asun compatible
Trabajo para asun compatibleTrabajo para asun compatible
Trabajo para asun compatibleoblogdeasun
 
As funcións de nutrición
As funcións de nutriciónAs funcións de nutrición
As funcións de nutriciónLOPEZMOURENZA
 
Naturais resumo tema_6_quinto
Naturais resumo tema_6_quintoNaturais resumo tema_6_quinto
Naturais resumo tema_6_quintoFiz
 
Tema 3 ap dixestivo e respiratorio
Tema 3 ap dixestivo e respiratorioTema 3 ap dixestivo e respiratorio
Tema 3 ap dixestivo e respiratoriomontx189
 
Nutrición
NutriciónNutrición
Nutricióngorecho
 
T 10 - procesamento do alimento nos animais
T 10 - procesamento do alimento nos animaisT 10 - procesamento do alimento nos animais
T 10 - procesamento do alimento nos animaismartamosquera
 
Tema 1 a célula
Tema 1  a célulaTema 1  a célula
Tema 1 a célulairenetraba
 

Semelhante a Teoria_Tema_Aparello_Dixestivo_final.pdf (20)

Nutricion
NutricionNutricion
Nutricion
 
O aparello dixestivo
O aparello dixestivoO aparello dixestivo
O aparello dixestivo
 
Trabajo para asun compatible
Trabajo para asun compatibleTrabajo para asun compatible
Trabajo para asun compatible
 
Nutrición ii
Nutrición iiNutrición ii
Nutrición ii
 
A nutrición xeral
A nutrición xeralA nutrición xeral
A nutrición xeral
 
As funcións de nutrición
As funcións de nutriciónAs funcións de nutrición
As funcións de nutrición
 
Naturais resumo tema_6_quinto
Naturais resumo tema_6_quintoNaturais resumo tema_6_quinto
Naturais resumo tema_6_quinto
 
A función de nutrición
A función de nutriciónA función de nutrición
A función de nutrición
 
Dixestion
DixestionDixestion
Dixestion
 
Tema 3 ap dixestivo e respiratorio
Tema 3 ap dixestivo e respiratorioTema 3 ap dixestivo e respiratorio
Tema 3 ap dixestivo e respiratorio
 
Nutrición
NutriciónNutrición
Nutrición
 
Nutrición i
Nutrición iNutrición i
Nutrición i
 
Tema 3
Tema 3Tema 3
Tema 3
 
Tema 2
Tema 2Tema 2
Tema 2
 
Tema 8. Funcións Vitais dos Animais
Tema 8. Funcións Vitais dos AnimaisTema 8. Funcións Vitais dos Animais
Tema 8. Funcións Vitais dos Animais
 
Sexualidade parte ii
Sexualidade parte iiSexualidade parte ii
Sexualidade parte ii
 
T 10 - procesamento do alimento nos animais
T 10 - procesamento do alimento nos animaisT 10 - procesamento do alimento nos animais
T 10 - procesamento do alimento nos animais
 
Tema 9. as funcións dos seres vivos. nutrición
Tema 9. as funcións dos seres vivos. nutriciónTema 9. as funcións dos seres vivos. nutrición
Tema 9. as funcións dos seres vivos. nutrición
 
Tema 9. As funcións dos seres vivos.Nutrición. 2º ESO
Tema 9. As funcións dos seres vivos.Nutrición. 2º ESOTema 9. As funcións dos seres vivos.Nutrición. 2º ESO
Tema 9. As funcións dos seres vivos.Nutrición. 2º ESO
 
Tema 1 a célula
Tema 1  a célulaTema 1  a célula
Tema 1 a célula
 

Teoria_Tema_Aparello_Dixestivo_final.pdf

  • 1. 1 TEMA 4: A FUNCIÓN DE NUTRICIÓN I: O APARELLO DIXESTIVO 1. A FUNCIÓN DE NUTRICIÓN 2. O APARELLO DIXESTIVO 3. ANATOMÍA DO APARELLO DIXETIVO 3.1. O TUBO DIXESTIVO 3.2. AS GLÁNDULAS DIXESTIVAS 4. PROCESOS DIXESTIVOS 4.1. INXESTIÓN 4.2. DIXESTIÓN 4.3. ABSORCIÓN 4.4. EXESTIÓN 5. ENFERMIDADES ASOCIADAS AO APARELLO DIXESTIVO 6. HÁBITOS SAUDABLES 1. A FUNCIÓN DE NUTRICIÓN A nutrición é o conxunto de procesos mediante os cales o noso corpo adquire, transforma e achega ás células os nutrientes que necesitan para desenvolver os seus procesos vitais, esenciais para o noso desenvolvemento. Os nutrientes son as moléculas contidas nos alimentos que o corpo absorbe, e as células utilízan para realizar as súas funcións, como medrar ou reproducirse. Os seres humanos somos organismos heterótrofos, obtemos os nutrientes de materia procedente doutros seres vivos, xa sexan vexetais ou animais, mediante a alimentación. A alimentación é o proceso consciente e voluntario mediante o cal introducimos alimentos no noso corpo. Os alimentos son o combustible que o corpo necesita para dispor da enerxía necesaria para o funcionamento do organismo, o crecemento e a reparación de tecidos danados ou deteriorados. Na función de nutrición participan os seguintes aparellos: • Aparello dixestivo: procesa os alimentos que inxerimos, extrae deles as substancias necesarias para nutrir as células e elimina as substancias de refugallo sobrantes. • Aparello respiratorio: obtén o osíxeno necesario para vivir e expulsa o dióxido de carbono. • Aparello circulatorio: transporta os nutrientes e o osíxeno ás células para que desenvolvan os seus procesos vitais, e recolle as substancias de refugallo. • Aparello excretor: é o encargado de eliminar as substancias de refugallo. 2. O APARELLO DIXESTIVO O aparello dixestivo é o encargado de transformar os alimentos en substancias máis sinxelas, os nutrientes, moléculas o su fi cientemente pequenas para pasar desde o tubo dixestivo ao sangue e repartirse por todas as células do corpo.
  • 2. 2 Esta transformación lévase a cabo mediante os procesos dixestivos de inxestión, dixestión, absorción e exestión. No proceso de dixestión desempeñan un papel esencial as enzimas, unhas proteínas dixestivas que participan na descomposición dos alimentos. 3. ANATOMÍA DO APARELLO DIXESTIVO O aparello dixestivo está formado polo tubo dixestivo e as glándulas dixestivas. 3.1. O TUBO DIXESTIVO O tubo dixestivo é un conduto duns 9 metros (m.) de lonxitude que se estende desde a boca ata o ano e que inclúe os seguintes órganos e estruturas: a boca, a farinxe, o esófago, o estómago, o intestino delgado e o intestino groso. 3.1.1. A boca: é a cavidade de entrada dos alimentos e conecta coa farinxe. Na boca atópanse os dentes e a lingua, e nela as glándulas salivares segregan a saliva. Na boca teñen lugar o proceso de inxestión e comeza a dixestión mecánica e química dos alimentos. Os dentes cortan, desgarran, trituran e molen o alimento para que poida pasar polo resto do tubo dixestivo. A lingua é un músculo que contribúe mediante movementos á insalivación e disgregación dos alimentos, así como a impulsalos hacia a farinxe. Ademáis, nela atópanse as papilas gustativas.
  • 3. 3 3.1.2. A farinxe é unha cavidade que conecta a cavidade bucal e as fosas nasais co esófago e a larinxe. A través da farinxe pasan tanto os alimentos como o aire; por este motivo, esta estrutura tamén forma parte do aparello respiratorio. Na farinxe atópase a epiglote, unha estrutura laminar cartilaginosa que no momento da deglutición obstrue a entrada á laringe e impide que os alimentos pasen ás vías respiratorias. 3.1.3 O esófago (10-15 segundos): é un conduto duns 25 cm. que une a farinxe co estómago a través do cardia. Participa no proceso de deglutición. 3.1.4. O estómago (2-8h.) O estómago é a parte máis ancha do tubo dixestivo. O estómago está conectado ao esófago por un ori fi cio de entrada chamado cardia, e ao intestino delgado por un ori fi cio de saída chamado píloro. Ambos ori fi cios ábrense e péchanse pola acción de esfínteres. O esfínter esofágico inferior actúa pechando o cardia e impide que os alimentos e zume gástrico retrocedan cara ao esófago, mentres que o esfínter pilórico retén os alimentos no estómago durante a dixestión estomacal e impide que volvan a el unha vez que pasan ao intestino delgado. A parede interna do estómago está pregada e contén glándulas gástricas que segregan o zume gástrico formado por auga, ácido clorhídrico (HCl) e pepsinas. As pepsinas son enzimas que degradan as proteínas a aminoácidos. Ademáis, segregan mucus que protexe á parede do estómago para que non sexa atacada polo HCl segregado polas propias glándulas gástricas No estómago continúa o proceso de dixestión mecánica e química. 3.1.5. O intestino delgado (7-8h): é un conduto moi longo, duns 7 m., que vai desde o píloro ao intestino groso. O intestino delgado divídese en tres partes: duodeno (25 cm.), xexuno (2,5 m.) e íleo (3,5 m.).
  • 4. 4 Na parede do intestino delgado hai glándulas intestinais que segregan o zume intestinal o cal contén enzimas que degradan glícidos, proteínas e ácidos nucleicos. Ademais, o intestino delgado atópase pregado moitas veces. A súa super fi cie interna está tapizada por uns repregamentos, as vilosidades, que se proxectan cara á luz do intestino delgado, aumentando enormemente a super fi cie de absorción de nutrientes. Este efecto vese incrementado polas microvilosidades das células que forman as vilosidades. As microvilosidades son extensións dixitiformes da membrana dunha célula, que aumenta a super fi cie de intercambio desta co medio externo. No duodeno segue a dixestión química mentres que no xexuno e íleo ten lugar a absorción de nutrientes. 3.1.6. O intestino groso (15h): é un conducto de 1,5 m. de lonxitude que rodea o intestino delgado e divídese en tres partes: - Cego, parte inicial, conecta co íleo a través da válvula ileocecal. Do seu fondo parte unha pequena prolongación denominada apéndice vermiforme. - Colon, dividido a súa vez en 4 partes: ascendente, transverso, descendente e sigmoide. - Recto: parte fi nal que comunica co exterior a través do ano, o cal posúe dos esfínteres. No intestino groso habitan bacterias simbióticas que forman a fl ora intestinal.
  • 5. 5 No intestino groso prodúcese a absorción de auga, sales minerais e algunhas vitaminas, e despois disto, a exestión. 3.2. GLÁNDULAS DIXESTIVAS As glándulas dixestivas son estruturas que segregan zumes dixestivos ao interior do tubo dixestivo. Os zumes dixestivos son substancias líquidas ricas nunhas proteínas chamadas enzimas dixestivas. Estas enzimas descompoñen os alimentos en nutrientes. As glándulas dixestivas poden atoparse distribuídas ao longo do tubo dixestivo, como as glándulas gástricas e as glándulas intestinais, ou agrupadas formando órganos anexos como as glándulas salivares, o fígado e o páncreas. • As glándulas salivares sitúanse na boca e secretan saliva, substancia acuosa que contén a enzimas amilase salival que degradan glícidos e lisozimas, enzimas que atacan a bacterias impedindo que entren no organismo. • O fígado é un órgano grande situado á dereita do estómago. Segrega a bile, que primeiro se almacena na vesícula biliar (pequena bolsa localizada debaixo do fígado) e desde ahí vértese ao duodeno durante a dixestión dos alimentos. A bile favorece a emulsión das graxas para que as enzimas actúen sobre elas. Outras funcións do fígado son: almacenar glicosa en forma de glicóxeno, almacenar vitaminas e minerais, detoxi fi car e procesar drogas e fármacos para eliminalos.
  • 6. 6 • O páncreas é un órgano que segrega o zume pancreático ao duodeno. O zume pancreático contén auga, bicarbonato sódico e enzimas amilases, lipases, peptidases e nucleases que axudan a degradar as diversas biomoléculas. 4. PROCESOS DIXESTIVOS Os procesos dixestivos son a inxestión, a dixestión, a absoción e a exestión. 4.1. INXESTIÓN: consiste na entrada dos alimentos ao tubo dixestivo a través da boca. A inxestión implica tres procesos: a mastigación, a insalivación e a deglutición. • Mastigación: é o proceso mediante o cal os alimentos son troceados ou fragmentados en anacos máis pequenos grazas a acción dos dentes. • Insalivación: consiste en mesturar os alimentos coa saliva gracias á acción da lingua e como resultado fórmase o bolo alimenticio. • Deglutición: é o paso do bolo alimenticio desde a boca a farinxe. O bolo alimenticio é propulsado pola lingua hacia a farinxe, a continuación, o propio bolo alimenticio provoca o pregamento da epiglote sobre a entrada da larinxe, bloqueando a súa entrada ás vías respiratorias e obligándoo a pasar ao esófago. Despois, o bolo alimenticio avanza hacia o estómago gracias aos movementos peristálticos, movementos nos que a musculatura do esófago se contrae por detrás do alimento e se relaxa por diante provocando o seu avance.
  • 7. 7 4.2. A DIXESTIÓN: é o mecanismo polo que os compostos que forman os alimentos se transforman noutros máis simples e absorbibles a través de dous procesos: - Procesos físicos ou digestion mecánica son aqueles que trituran os alimentos, os mestura cos zumes dixestivos e os transporta ao longo de todo o tubo dixestivo, como por exemplo a mastigación, os movementos peristálticos e as contraccións musculares do estómago. - Procesos químicos ou digestion mecánica: desencadeados polo ataque químico dos zumes dixestivos, que conteñen enzimas capaces de romper macromoléculas dando lugar a outras máis sinxelas e asimilables, os nutrientes. A digestión mecánica comeza na boca onde, mediante o proceso de masticación, os dentes trituran en alimentos en porciones cada vez máis pequenos. Á vez, comeza a dixestión química gracias á amilase salivar que descompón os glícidos complexos, como o amidón e glicóxeno, en glícidos máis sinxelos, como o disacárido maltosa ou o monosacárido glicosa. O produto resultante de mesturar os alimentos triturados e a saliva é o bolo alimenticio. Mediante o proceso de deglutición o bolo alimenticio pasa ao esófago, a traves da farinxe, e despois, gracias aos movementos peristálticos chega ao estómogo para o cal ten que atravesar o cardias. Ao chegar ao estómago continúa a digestión mecánica e química. O bolo mestúrase cos zumes gástricos segregados polas glándulas gástricas das paredes do estómago, cuxos movementos favorecen a mestura. As pepsinas do zume gástrico provocan a dixestión das proteínas. O produto resultante chámase quimo. A continuación o quimo atravesa o píloro e pasa ao duodeno, onde continúa a digestión química. O quimo mestúrase ca bile, cos zumes pancreáticos, e os zumes intestinais, o que provoca a descomposición dos lípidos do quimo, e que se acaben de dixerir os glícidos e as proteínas. Tamén se degradan os ácidos nucleicos. A acidez do quimo é neutralizada gracias ao bicarbonato de sodio do zume pancreático. O produto fi nal xerado chámase quilo.
  • 8. 8 4.3. A ABSORCIÓN: consiste no paso dos nutrientes desde a luz do intestino ata o sangue ou a linfa, para o cal debe atravesar as paredes do intestino. O quilo avanza polo intestino delgado mediante movementos peristálticos. A maior parte da absorción de nutrientes prodúcese nas vilosidades do xexuno e íleo. Cada vilosidade está rodeando a capilares sanguíneos e linfáticos, de maneira que as graxas atravesan as células das vilosidades ata chegar aos capilares linfáticos e o resto de nutrientes pasan aos capilares sanguíneos. No intestino groso prodúcese a absorción de auga e algúns minerais non absorbidos no intestino delgado. Ademais, no intestino groso atópase a microbiota intestinal ou fl ora intestinal, un conxunto de bacterias que viven no noso intestino groso e non nos provocan infeccións. Estas bacterias aliméntanse dos nutrientes que pasan polo intestino e, a cambio, proporciónannos vitaminas, axúdannos na dixestión e protéxennos da invasión doutras bacterias que si nos poderían infectar. Unha vez no torrente sanguíneo, os nutrientes son transportados ás células para facer posible o proceso de crecemento ou de reparación de tecidos e estruturas, e para proporcionar enerxía ao organismo. 4.4. A EXESTIÓN OU DEFECACIÓN Tras a absorción, as sustancias non dixeridas, compáctanse formando a materia fecal ou feces, as cales se acumulan no recto ata ser expulsada polo ano ao exterior no proceso de defecación que se produce ao relaxarse os esfínteres do ano. 5. ENFERMIDADES ASOCIADAS AO APARELLO DIXESTIVO Carie dental: consiste na destrución dos tecidos duros do dente debido a ácidos resultantes de fermentacións levadas a cabo por bacterias presentes na boca. Cando a carie acada a polpa dentaria prodúcese a dor.
  • 9. 9 Paperas: in fl amación das glándulas parótidas (glándulas salivales) debido a unha infección vírica. Re fl uxo gástrico e acidez: se o esfínter esofáxico inferior reláxase de maneira anormal ou se debilita, o ácido estomacal pode regresar ao esófago (re fl uxo gástrico) e causar acidez estomacal. O re fl uxo de ácido pode empeorar ao estar inclinado ou recostado. Úlceras pépticas: consiste na destrución da mucosa dunha zona do estómago (úlcera gástrica) ou do duodeno (úlcera duodenal), quedando as súas paredes expostas ao ataque dos zumes dixestivos. Pode producirse hemorragias e en casos graves a perforación da parede do tubo dixestivo. O consumo de tabaco, alcol, fármacos e o estrés favorece a súa aparición. Actualmente tamén se asocia a infeccións da bacteria Helicobacter pylori.
  • 10. 10 Hernias: é a protrusión (saída) de calquer órgano ou tecido fora da cavidade na que se aloxa normalmente. Apendicite: in fl amación do apéndice vermifome por unha obstrución ou infección podendo perforarse e causar unha peritonite e sepse. É necesario facer unha cirurxía de inmediato para extraer o apéndice. Diarrea: é o resultado dunha condición que provoca que os residuos alimentarios pasen a través do intestino groso antes este teña tempo su fi ciente para absorber a auga. O corpo perde ións e fl uídos, polo que unha diarrea prolongada pode provocar deshidratación e desequilibrio de sales minerais que pode resultar mortal. Unha das causas principais é a infección bacteriana. Estrinximento: os residuos alimentarios permanece no intestino groso longos períodos de tempo, absórbese demasiada auga e as deposiciones endurecen e desprázase con maior di fi cultade. Esta condición pode deberse á falta de fi bra na dieta, a malos hábitos intestinais, ao uso abusivo de laxantes, ou a unha de fi ciencia dos movementos peristálticos. Hernia umbilical Hernia epigástrica
  • 11. 11 Gastroenterite: trátase dunha enfermidade causada pola in fl amación das mucosas do estómago e do intestino, que pode estar ocasionada principalmente por patóxenos ou toxinas. Produce náuseas, vómitos, diarrea, dor, etc. Cálculos biliares: depósitos duros de colesterol e bilirrubina. Os síntomas son dor na parte superior do abdome que pode extenderse hacia o centro do abdome e en nalgúns casos chegar a afectar a zona entre as escápulas e o hombro dereito, nauseas, vómitos e ictericia (cor amarelada do enfermo). Hepatite: é unha in fl amación do fígado e que pode derivar en cirrose ou cáncer de fígado. Pode estar causada por bacterias, virus ou polo consumo abusivo de substancias como o alcol ou as drogas. 6. HÁBITOS SAUDABLES Para evitar enfermidades do aparato dixestivo podes seguir algúns consellos: - Lava os alimentos correctamente antes de cociñalos ou inxerilos. Tamén é importante unha correcta hixiene das mans. - Mastiga correctamente e come despacio. - Leva unha dieta saudable e equilibrada. Non esquezas incorporar alimentos con fi bra: aínda que non se dixire, é importante pois facilita a movilidade intestinal. - Consume alimentos que favorezcan o equilibrio da microbiota, como prebióticos e probióticos. - Mantén unha correcta hixiene dental. Asegúrate de que cando cepillas os dentes o fas de modo axeitado e o tempo su fi ciente para que sexa efectivo. Visita a túa clínica dental con frecuencia. - Practica exercicio físico moderado regularmente.