Galiza precisa contar con voz propia en Madrid e só unha forza
política como o BNG ten liberdade plena para defender, sen
ningún tipo de submisión nin dependencia, os nosos lexítimos
dereitos como pobo. O BNG nunca fallou na defensa de Galiza.
Ese é o noso mellor aval: somos quen sempre defende os intereses do pobo galego.

Programa electoral do BNG para as eleccións Xerais do 28 de abril de 2019. AP-9, tarifa eléctrica galega, transferencias, financiamento, modernización do tren, dependencia, xulgados de violencia de xénero, traslado de ENCE, devolución do Pazo de Meirás, entre as prioridades a defender en Madrid para acabar coa discriminación de Galiza.
Galicia en Común-Anova Mareas programa elecciones gallegas 202020minutos
El programa electoral de la coalición Galicia en Común-Anova Mareas, con el que se presenta Antón Gómez-Reino a las elecciones de este 12 de julio, tiene como lema: "Construírmos o futuro: plan de recuperación do país"
#MellorLocalMellorGalego, porque é sustentábel, xera riqueza e emprego aquí, mantendo vivas e dinámicas a nosas vilas e cidades.
Temos que poñer o país a producir para depender menos da produción foránea. Está na nosa man, está na túa man. 🫴
Por que lle interesa a Altri instalarse en Galiza? Como chegou aquí? En que consiste realmente o seu proxecto?... Todo o que che gustaría saber sobre altri resumindo en 7 puntos. #AltriNon
Este é o momento da Galiza. É tempo de que as galegas e galegos teñamos capacidade política en Madrid para condicionar, en favor dos nosos intereses, un previsíbel escenario sen maiorías absolutas.
Estes son os nosos compromisos para facer valer Galiza.

Diante dun debate especialmente relevante como o que ten a ver coa modificación da normativa laboral, en que a propaganda dificulta en ocasións coñecer o que realmente está en xogo, queremos contribuír para o esclarecemento dos feitos e, particularmente, da posición do Bloque Nacionalista Galego. E facémolo respondendo algunhas cuestións que poden ser formuladas.

Publicación da Fundación Galiza Sempre, elaborada polo historiador Uxío Breogán Diéguez Cequiel, con ela preténdese lembrar unha das organizacións e instrumentos políticos máis importantes do século pasado para o país.
Queda moito por avanzar no camiño da igualdade, en todos os campos. A pandemia e a crise puxeron de novo en evidencia a feminización da precariedade e da desigualdade e a necesidade de seguir defendendo o que é xusto. Este 8M dicimos: sostemos o prsente, cambiemos o futuro! #FeminismoParaAvanzar #8M2021.
Documento de propostas do BNG para os fondos Next Generation, unha oportunidade para transformar Galiza e sentar os piares dun futuro diferente e mellor.
A proposta ten como obxectivo a recuperación integral dun ecosistema único, xerador de riqueza e de emprego, e recolle actuacións en tres áreas: rexeneración e recuperación ambiental, investigación científica e dixitalización, comercialización, e transformación do sector produtivo derivado das rías
Neste ano 2020, cúmprense 100 anos da saída á rúa do primeiro número da revista Nós. Un fito que, desde a Fundación Galiza Sempre e o BNG queremos axudar a divulgar e pór en valor, non só a revista, senón a toda unha xeración irrepetíbel.
Na pandemia do COVID-19, a Xunta tomou a decisión de reducir drasticamente a asistencia presencial, o peche de consultorios, algúns centros de saúde e PACs, restrinxir consultas, probas diagnósticas e intervencións cirúrxicas nos hospitais. A decisión que tomou o SERGAS foi apostar preferentemente pola consulta telefónica.
Desde a Fundación Galiza Sempre, quixemos contribuír á difusión do centenario da celebración do Día da Patria Galega coa edición dunha pequena publicación que resume os comezos da celebración do Día Nacional das galegas e dos galegos a partir do 25 de xullo de 1920.
Achegámosche copia dixital da mesma. Poderás recoller un exemplar físico en calquera dos actos de celebración do Día da Patria Galega que o BNG realiza polo conxunto da nación.
Sen máis, recebe unha forte aperta nacionalista.
Viva o Día da Patria Galega!
O programa electoral do BNG é un programa de goberno para erguer Galiza e prender o motor dun país parado pola falta de ideas do Executivo de Feixóo; un programa que un Goberno liderado polo BNG poñería en marcha a partir do 12X para a reconstrución económica e social, evitando que esta crise a pague unha vez máis a maioría social.
Queremos poñer a disposición de todas as persoas e colectivos interesados o documento elaborado polo Comité Interno do BNG para o Seguimento da Crise do COVI19, que recolle o conxunto de propostas que o Bloque Nacionalista Galego achegou á Xunta de Galiza para a súa consideración e inclusión entre as que o Goberno galego desenvolva directamente ou traslade ao Goberno central no marco da xestión da crise sanitaria e socioeconómica do coronavirus.
Elaboramos esta proposta e démoslle traslado á Xunta de Galiza por responsabilidade co noso pobo, desde a convicción de que estamos no momento de sumar e de actuar con unidade, con lealdade e con altura de miras fronte á situación adversa e complexa que o noso país enfronta.
Como é lóxico nunha realidade cambiante e inestábel como a que vivimos neste período, non se trata dun documento pechado, senón que poderá e deberá modificarse e ampliarse da man do contraste que o BNG está a facer co conxunto dos axentes sociais e económicos do noso país, aos que tamén estamos a informar da nosa proposta -que igualmente trasladamos á Xunta de Galiza- de creación dunha Mesa Galega de Axentes Sociais e Económicos.
Todo o que conseguiu o BNG co acordo de investidura
Temos dereito a unha vida digna
1. DÍA DA CLASE OBREIRA GALEGA
Vivir e traballar dignamente na nosa Terra. Iso queremos. Algo cada día máis
difícil nunha Galiza na que ter emprego xa non garante estar fóra da pobreza e
da exclusión social, na que a sangría da emigración volve cebarse coa nosa
mocidade e na que comedores sociais, roupeiros e axudas extraordinarias son
paisaxe cotiá de cada día máis galegos e galegas. A política de recortes non
trouxo recuperación, senón xustamente o contrario: máis desigualdade. Hoxe
toca decidir entre seguir por ese camiño ou apostar polo dereito a termos unha
vida digna.
O Partido Popular aínda se atreve a inventar unha recuperación que non se ve
por ningures, despois de arrasar coas conquistas sociais de décadas de loita
sindical en Galiza, onde o pobo galego, e en particular a clase obreira, tivo a
coraxe de organizarse para plantar batalla contra unha explotación desalmada
que só perseguiu destruír Galiza.
As políticas destinadas a minorar o impacto da crise non eran outra cousa que a
excusa perfecta para o capital conxugar as súas contas: espolio das caixas
galegas, dos aforros, das pensións, roubo enerxético, privatización da
sanidade, eliminación do gasto social, dos sectores produtivos ou destrución
voraz do medio físico. Sobre o balance para Galiza e as consecuencias para o
pobo só falou o nacionalismo.
Hoxe é 2015, atrás queda 1972, no que rexurdiu o sindicalismo de clase en
Galiza. Mais seguimos no mesmo espazo tendo que reclamar cuestións
semellantes: emprego digno, condicións laborais, acceso á formación,
seguridade social, pensións, vivenda, liberdades públicas. Portanto, temos o
recordo, temos a experiencia, e temos a capacidade.
Nós nunca dubidamos da nosa capacidade. Sabemos que Galiza é un país rico e
nunca nos cansaremos de pregoalo. E da semente heroica de Amador e de
Daniel, e de tantas persoas que por defender a súa dignidade sufriron cadea,
despedimentos e golpes; debemos recoller forza para conquistar a liberdade do
pobo galego: a soberanía da nosa nación será a chave sobre a que asentar un
país rico, democrático e próspero para todos os traballadores e traballadoras
galegas.
TEMOS DEREITO A UNHA VIDA DIGNA
10 DE MARZO
bng.gal