SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 28
Mónica Diz Besada
Dto. Orientación do IES A Sardiñeira
CURSO 2014/2015
Este caderno pertence a ......................................................................
Caderno de información académica 2º da ESO
Curso 2015 - 2016
Departamento de Orientación
IES A Sardiñeira
MÓNICA DIZ BESADA
Caderno de información académica 2ºESO 2016
Mónica Diz Besada (Dto. de Orientación do IES A Sardiñeira)
2
CONTIDOS DO CADERNO:
 Esquemas do Sistema Educativo..........................3
 As ensinanzas de réxime xeral: .............................4
- Características da ESO .............................. 4
- Que podo estudar depois da ESO.............10
 As ensinanzas universitarias .............................. 19
 As ensinanzas de réxime especial .......................21
 Contidos das materias de 3º de ESO ...................23
 Responde ás seguintes preguntas....................... 26
Caderno de información académica 2ºESO 2016
Mónica Diz Besada (Dto. de Orientación do IES A Sardiñeira)
3
Estruturada ESO LOMCE
Opcións despois daESO
Caderno de información académica 2ºESO 2016
Mónica Diz Besada (Dto. de Orientación do IES A Sardiñeira)
4
I. AS ENSINANZAS DE RÉXIME XERAL:
Etapa educativa obrigatoria. Está dirixida ao alumnado dende os 12 ata os 16 anos. Ainda
que se pode permanecer nela ata os 18 anos e excepcionalmente ata os 19, en caso de ter
que repetir dúas veces na etapa).
Consta de 4 cursos organizados en dous ciclos:
Haberá tres tipos de materias: troncais, específicas e de libre configuración.
O 4º curso é un momento esencial para o futuro académico ou profesional do alumnado,
pois existen moitas materias optativas para elixir en funcion dos intereses, motivacións e
capacidades que cada un teña.
As opcións serán diferentes en función dos estudos posteriores que se desexen cursar.
Ao longo de toda a escolarización no ensino básico, os centros teñen un plan de orientación
e acción titorial que apoia os procesos de aprendizaxe e guia o alumnado na sua elección de
itinerarios formativos e profesionais.
 Transmitir os elementos básicos da cultura
 Formar para asumir os seus deberes e exercer os seus dereitos como cidadáns.
 Desenvolver hábitos de estudo e traballo intelectual.
 Preparar para acceder a vida activa, á formación profesional de grao medio ou ao
bacharelato
Para acadar o título haberá que superar, ademais das materias de ESO, unha proba de
avaliación final. O alumnado que supera esa proba obtén o título de graduado en educación
secundaria.
Características daEducaciónSecundariaObrigatoria (ESO)
1º ciclo:
1º curso de ESO
2º curso de ESO
3º curso de ESO
2º ciclo:
4º curso de ESO
Que finalidades tena ESO
Que títulose obténao superar a ESO
Caderno de información académica 2ºESO 2016
Mónica Diz Besada (Dto. de Orientación do IES A Sardiñeira)
5
O título é necesario para poder continuar estudos posteriores, xa sexan de bacharelato ou
ciclos formativos de grao medio.
O título acadado é o título mínimo que se esixe actualmente para desempeñar un posto de
traballo, sen el terás unhas nulas posibilidades de ter un contrato de traballo.
En 3º de ESO terás que escoller varias opcións:
No caso da opción de matemáticas debes saber que, ainda que non é vinculante para
escoller un itinerario en 4º de ESO, en función da túa elección estarás máis preparado/a
para acceder a un dos itinerarios de 4º de ESO. Por iso debes se coidadoso/a na túa
elección.
En 4º curso de ESO debes escoller un dos dous itinerarios:
Como se estrutura 3ºe 4ºde ESO
Relixión
ou
Valores Éticos
2ª Lingua
estranxeira
ou
Cultura Clásica
Matemáticas académicas
ou
Matemáticas aplicadas
4º ESO
OPCIÓN ENSINANZAS
ACADÉMICAS
(con matemáticas académicas)
OPCIÓN ENSINANZAS
APLICADAS
(con matemáticas aplicadas)
Acceso a Bacharelato
Acceso a Bacharelato
Acceso a Ciclos Medios
de Formación Profesional
Acceso a Formación
Profesional
Caderno de información académica 2ºESO 2016
Mónica Diz Besada (Dto. de Orientación do IES A Sardiñeira)
6
Podes comprobar neste cadro que se cursas a opción de ensinanzas académicas só terás
acceso aos estudos de Bacharelato. E se cursas a opción de ensinanzas aplicadas só terás
acceso aos estudos de Formación Profesional de Grao Medio.
Ao finalizar o 4º curso haberá unha avaliación individualizada, onde terás que examinarte
dalgunhas materias cursadas de 4º.
Poderase realizar a avaliación por calquera das dúas opcións de ensinos académicos ou de
ensinos aplicados, con independencia da opción cursada en 4º de ESO, ou por ambas
opcións na mesma convocatoria.
Proba de avaliaciónfinal enESO
3º ESO
4º ESO
OPCIÓN DE ENSINANZAS
ACADÉMICAS
OPCIÓN DE ENSINANZAS
APLICADAS
1) Bioloxía eXeoloxía (2h)
2) Física eQuímica (2h)
3) Xeografía e Historia (3h)
4) Lingua Castelá e Literatura (3h)
5) Lingua Galega e Literatura (3h)
6) Primeira Lingua Estranxeira (3h)
7) Educación Física (2h)
8) Música (2h)
9) Tecnoloxía (2h)
10) Educación Plástica,Visual e
Audiovisual (2h)
11) Titoría (1h)
ELIXIR UNHA
1) Matemáticas
académicas (4h)
2) Matemáticas
aplicadas (4h)
ELIXIR UNHA
1) Segunda Lingua Estranxeira (2h)
2) Cultura Clásica (2h)
ELIXIR UNHA
1) Relixión (1h)
2) Valores Éticos (1h)
1) Xeografía e Historia (3h)
2) Lingua Castelá e Literatura (3h)
3) Lingua Galega e Literatura (3h)
4) Matemáticas Académicas (4h)
5) Primeira Lingua Estranxeira
(3h)
6) Educación Física (2h)
7) Titoría (1h)
ELIXIR DÚAS TRONCAIS
1) Bioloxía eXeoloxía (3h) (*)
2) Economía (3h) (*)
3) Física eQuímica (3h) (*)
4) Latín (3h) (*)
1) Xeografía e Historia (3h)
2) Lingua Castelá e Literatura (3h)
3) Lingua Galega e Literatura (3h)
4) Matemáticas Aplicadas (4h)
5) Primeira Lingua Estranxeira (3h)
6) Educación Física (2h)
7) Titoría (1h)
ELIXIR DÚAS TRONCAIS
1) Ciencias Aplicadas á Actividade
Profesional (3h) (*)
2) Iniciación á Actividade
Emprendedora e Empresarial
(3h) (*)
3) Tecnoloxía (3h) (*)
ELIXIR DÚAS MATERIAS ESPECÍFICAS
1) Artes Escénicas eDanza (3h) (non a ofertamos no noso centro)
2) Cultura Científica (3h)
3) Cultura Clásica (3h)
4) Educación Plástica,Visual eAudiovisual(3h)
5) Filosofía (3h)
6) Música (3h)
7) Segunda Lingua Estranxeira (3h)
8) Tecnoloxías da Información ea Comunicación (3h)
9) Unha materia troncal non cursada (3h) (*)
ELIXIR UNHA
1)Relixión (1h)
2)Valores Éticos (1h)
Total: 32 horas lectivas
Caderno de información académica 2ºESO 2016
Mónica Diz Besada (Dto. de Orientación do IES A Sardiñeira)
7
Na avaliación final realizarás exames de:
5 MATERIAS TRONCAIS XERAIS
LinguaCastelá,
LinguaGalega
PrimeiraLinguaestranxeira
Xeografíae Historia
Matemáticas
2 MATERIAS TRONCAIS DE
OPCIÓNA ESCOLLER
OPCIÓNENSINOS ACADÉMICOS
Bioloxíae Xeoloxía
Física e Química
Latín
Economía
OPCIÓNENSINOS APLICADOS
Cienciasaplicadasáactividade profesional
Iniciaciónáactividade emprendedorae empresarial
Tecnoloxía
1 MATERIAS ESPECÍFICAS ElixirunhaexceptoRelixiónouValoreséticose EducaciónFísica.
Poderán presentarse a esta avaliación aqueles alumnos e alumnas que obtivesen ben
avaliación positiva en todas as materias, ou ben negativa nun máximo de dúas materias
sempre que non sexan simultaneamente Lingua Galega e Literatura e Matemáticas ou
Lingua Castelá e Literatura e Matemáticas.
Para obter o título de Graduado en ESO será necesaria a superación da avaliación final, así
como unha cualificación final desta etapa igual ou superior a 5 puntos sobre 10.
A cualificación final da ESO deducirase da seguinte ponderación:
Lembra que se non superas esta avaliación final non poderás obter o título de Graduado en
Educación Secundaria. Lembra tamén que todas as materias de todos os cursos de ESO
contan para a media.
 Poderase repetir o mesmo curso unha soa vez e dúas veces como máximo dentro da etapa.
Cando esta segunda repetición deba producirse en 3º ou 4º, prolongarase un ano o límite de
idade (ata os 19 anos).
NOTA MEDIA DE ESO:
 Cun peso do 70 %, a media das cualificacións numéricas obtidas en cada unha das
materias cursadas en ESO.
 Cun peso do 30 %, a nota obtida na avaliación final da ESO.
Promoción e titulación
Caderno de información académica 2ºESO 2016
Mónica Diz Besada (Dto. de Orientación do IES A Sardiñeira)
8
 Excepcionalmente, un alumno ou alumna poderá repetir unha segunda vez en 4º curso se
non repetiu nos cursos anteriores da etapa.
 Os alumnos promocionarán de curso cando superasen todas as materias cursadas ou teñan
avaliación negativa en 2 materias como máximo.
 Repetirase curso con avaliación negativa en 3 ou máis materias, ou en 2 materias que sexan
Lingua Galega e Literatura ou Lingua Castelá e Literatura e Matemáticas de forma
simultánea.
 De forma excepcional, poderá autorizarse a promoción dun alumno con avaliación negativa
en 3 materias cando se dean conxuntamente as seguintes condicións:
a) Que 2 das materias con avaliación negativa non sexan simultaneamente Lingua Galega e
Literatura ou Lingua Castelá e Literatura, e Matemáticas,
b) Que o equipo docente considere que a natureza das materias con avaliación negativa non
impide ao alumno ou alumna seguir con éxito o curso seguinte, que ten expectativas
favorables de recuperación e que a promoción beneficiará a súa evolución académica,
c) Que se apliquen ao alumno as medidas de atención educativa propostas no consello
orientador.
 Poderá tamén autorizarse de forma excepcional a promoción dun alumno con avaliación
negativa en 2 materias que sexan Lingua Galega e Literatura ou Lingua Castelá e Literatura e
Matemáticas de forma simultánea cando o equipo docente considere que o alumno ou
alumna pode seguir con éxito o curso seguinte, que ten expectativas favorables de
recuperación e que a promoción beneficiará a súa evolución académica, e sempre que se
apliquen ao alumno ou alumna as medidas de atención educativa propostas no consello
orientador.
 As materias coa mesma denominación en diferentes cursos da ESO consideraranse como
materias distintas. É dicir, se suspendes lingua castelá de 2º e de 1º, serán consideradas
como dúas materias diferentes que, por regra xeral, por tratarse de dúas linguas,
impediríanche promocionar.
 Quen promocione sen superar todas as materias deberán matricularse das materias non
superadas, seguirán os programas de reforzo que estableza o equipo docente e deberán
superar as avaliacións correspondentes.
 Quen non promocione deberá permanecer un ano máis no mesmo curso.
 Ao final de cada un dos cursos de ESO entregarase aos pais, nais ou titores legais de cada
alumno un consello orientador, que incluirá unha proposta do itinerario máis adecuado a
seguir, así como a identificación.
Consello orientador
Caderno de información académica 2ºESO 2016
Mónica Diz Besada (Dto. de Orientación do IES A Sardiñeira)
9
 Se se considerase necesario, o consello orientador poderá incluír unha recomendación
sobre a incorporación a un programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento ou a un
ciclo de Formación Profesional Básica.
 O consello orientador incluirase no expediente do alumno.
A obtención do título de Graduado en Educación Secundaria é tan importante para asegurar
un futuro académico ou profesional e unha inserción laboral adecuada que, durante a
escolarización na ESO, ofrécense diversas posibilidades para axudar ó alumnado con
dificultades e con risco de fracaso ou abandono escolar.
DESDOBRES, AGRUPAMENTOS, REFORZOS, APOIOS: Existen diferentes agrupamentos e
programas de apoio ao alumnado para que poida obter o título de graduado en educación
secundaria.
PROGRAMAS DE MELLORA DA APRENDIZAXE E DO RENDEMENTO: O alumnado que xa
repetira un curso e teña dificultades de aprendizaxe non imputables á falta de estudo ou
esforzo poderá incorporarse a un Programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento
de 1 ou 2 anos.
PROGRAMA DE FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA: Se non se logra o título de graduado
en educación secundaria pódese cursar un Programa de Formación Profesional Básica para
evitar incorporarse ao mundo laboral sen cualificación.
EDUCACIÓN SECUNDARIA DE ADULTOS: Se tes 18 anos e non acadache o título de ESO
tamén podes acceder á modalidade de Adultos para facer os cursos que che quedaran sen
aprobar de ESO. Nesta modalidade non hai límite de tempo para acadar o título. Os 4 cursos
da ESO comprímense en dous, de tal xeito que no 1º ano cúrsase 1º e 2º de ESO en dous
cuadrimestres, e no 2ª ano cúrsase 3º e 4º en outros dous cuadrimestres.
Excepcionalmente poden acceder á ESA (Educación Secundaria de Adultos) os maiores de 16
anos se teñen un contrato de traballo.
PROBA DE ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO: Outra vía é presentarse á proba de acceso a
ciclos de grao medio para maiores de 17 anos. Se superas esta proba, ainda que non
obterás o título de ESO, poderás solicitar praza nun Ciclo de Formación Profesional de Grao
Medio. Este exame celébrase todos os anos no mes de maio, é tipo test e avalía os contidos
de materias de 3º e 4º de ESO.
Que poden facer os alumnos que non progresanadecuadamente na ESO
Que podo estudar despois daESO?
Caderno de información académica 2ºESO 2016
Mónica Diz Besada (Dto. de Orientación do IES A Sardiñeira)
10
Son accións formativas que están dirixidas a alumnos entre 15 e 17 anos que, por diferentes
circunstancias, non obtiveron o título de graduado en educación secundaria (ESO) e están en
risco de abandono escolar.
Proporcionan unha formación básica e profesional vinculada coas especialidades das
distintas familias profesionais.
Teñen unha duración de dous cursos.
Algúns ciclos de FP Básica son impartidos en dous centros:
 Nun Instituto de Educación Secundaria (IES): onde cursarás os módulos formativos
académmicos.
 Nun Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP): onde cursarás o resto dos
módulos. Este será o teu centro de referencia.
Os requisitos de acceso son:
1ª Ter entre 15 e 17 anos cumpridos no ano de incorporación ao programa.
2ª Non estar en posesión do título de ESO.
Que son os Programas de Formación Profesional Básica
Caderno de información académica 2ºESO 2016
Mónica Diz Besada (Dto. de Orientación do IES A Sardiñeira)
11
3ª Ter cursado 3º de ESO e excepcionalmente 2º de ESO.
4º Ser recomendado polo equipo docente e polo Orientador/a.
5º Ter o consentimento do pai/nai/ titor/a legal.
Que módulos se estudan nos programas:
1. Módulos asociados ás unidades de competencia profesionais.
2. Módulos formativos comúns e académicos:
A) Módulo de Comunicación e Sociedade: Lingua Castelá, Lingua Galega, Lingua
Estranxeira e Ciencias Sociais.
B) Módulo de Ciencias Aplicadas: Matemáticas aplicadas ao contexto persoal e de
aprendizaxe dun campo profesional.
3. Módulo de Formación en Centros de Traballo.
Polo momento as especialidades que se ofertan son as seguintes:
FAMILIA PROFESIONAL CICLO DE FPBÁSICA
Administracióne xestión CBADG01 - Servizosadministrativos
Agraria CBAGA01- Agroxardinaríae composicións florais
CBAGA02- Actividadesagropecuarias
CBAGA03 - Aproveitamentosforestais
Artes gráficas CBARG01 - Artesgráficas
Comercioe márketing CBCOM01 - Servizoscomerciais
Electricidade e electrónica CBELE01 - Electricidade e electrónica
Edificacióne obra civil CBEOC01 - Reformae mantementode edificios
Fabricación mecánica CBFME01 - Fabricacióne montaxe
Hostalaría e turismo CBHOT01- Cociñae restauración
CBHOT02- Aloxamentoe lavandaría
Informática e comunicacións CBIFC01- Informáticae comunicacións
CBIFC02- Informáticade oficina
Imaxe persoal CBIMP01 - Peiteadoe estética
Industrias alimentarias CBINA01 - Industriasalimentarias
Madeira,moble e cortiza CBMAM01 - Carpintaría e moble
Marítimo-pesqueiras CBMAP01 - Actividadesmarítimo-pesqueiras
Téxtil,confeccióne pel CBTCP01- Arranxose reparaciónde artigostéxtilese de pel
CBTCP02- Tapizaríae cortinaxe
Transporte e mantementode
vehículos
CBTMV01 - Mantementode vehículos
Vidro e cerámica CBVIC01 - Vidraríae olaría
Que saídas teñen estes programas:
- Obtense o título Profesional Básico da familia profesional correspondente, cuxa
competencia profesional será o nivel 1 do Catálogo Nacional de Cualificacións
Profesionais.
- Este título dará acceso directo aos ciclos de Formación Profesional de grao Medio.
- Non se obterá o título de ESO, pero poderase obtelo presentándose e superando a
proba de avaliación final de ESO.
- No caso de non obter o título de FP Básica obterase unha certificación académica
onde constarán os módulos superados.
Caderno de información académica 2ºESO 2016
Mónica Diz Besada (Dto. de Orientación do IES A Sardiñeira)
12
- O título de FP Básica ten os mesmos efectos laborais que o título de ESO e capacitará
para levar a cabo funcións de nivel básico de prevención.
Que hai que facer para matricularse nestes programas?
Presentar unha única solicitude de admisión e matrícula, asinada pola persoa solicitante
xunto coa seguinte documentación:
 Copia do DNI ou NIE, no caso de non dar o consentimento para a comprobación dos
datos de identidade no sistema de verificación do Ministerio de Facenda e
Administracións Públicas.
 Comunicación de incorporación á formación profesional básica segundo o anexo IV,
no caso de alumnado que foi proposto polo equipo docente con 15, 16, ou 17 anos.
 Certificado de discapacidade, no caso de participar no proceso de admisión pola
reserva para persoas con discapacidade.
Se desexas cursar un ciclo de Formación Profesional Básico e crees que cumpres os
requisitos contacta co teu Departamento de Orientación o antes posible.
Ter en conta o calendario docurso actual 15/16 (haberá que estar atentoao novo
calendario para o curso 16/17):
 Presentación de solicitudes: do 1 ao 10 de setembro ás 13.00 horas.
 Publicación, nos centros educativos, das listaxes de alumnado admitido e non
admitido: 11 de setembro
 Matriculación: do 11 ao 18 de setembro.
Programas de FP Básica para alumnos con NEE (Necesidades Educativas Especiais):
Nos centros de Educación Especial ofértanse Programas Formativos para alumnos con NEE.
Trátase de programas adaptados ás necesidades dos alumnos, onde poderán cursar
módulos profesionais dun título de FP Básica, e módulos de formación adaptados ás súas
necesidades.
O título de graduado en educación secundaria permite acceder:
 Aos ciclos de formación profesional de grao medio.
 Ao bacharelato.
 Ás ensinanzas de Réxime Especial.
Que estudos se podenrealizar cotítulode Graduado enEducación
Secundaria
Que é a FormaciónProfesional
Caderno de información académica 2ºESO 2016
Mónica Diz Besada (Dto. de Orientación do IES A Sardiñeira)
13
Ensinanzas que capacitan para o exercicio dunha profesión utilizando con autonomia e
eficacia os instrumentos e técnicas que Ile son propios. Duran dous cursos e organízanse en
ciclos de grao básico, medio superior.
Están conformados por unha serie de módulos de formación teórico-practica mediante os
que se adquiren as competencias propias do título.
No segundo curso, o alumnado ten que realizar un módulo de “formación en centros de
traballo” (FCT – prácticas na empresa). A FCT complementa as competencias profesionais
adquiridas no centro educativo e permite o contacto co mundo das empresas e co mercado
laboral. É esencial para lograr unha formación profesional adecuada, así como para
favorecer a inserción laboral.
A superación de todos os módulos dun ciclo permite a obtención do título de técnico ou
GRAOS UNIVERSITARIOS
FORMACIÓN
PROFESIONAL
- 2 cursos de duración
- Acceso ao mundo
laboral
- Organizadosen familias
profesionais.
CICLOS DE GRAO
BÁSICO (FP Básica)
CRITERIOS DE ACCESO:
- Entre 15 e 17 anos.
- Non ter superada a
ESO
- Ser proposto polo
equipo docente
CICLOS DE GRAO
MEDIO (FP GM)
ACCESO POR:
- Ciclo de FP Básica
- Título ESO (Ensinos
aplicados).
- Proba de acceso con
17 anos
CICLOS DE GRAO
SUPERIOR (FP GS)
ACCESO POR:
- Ciclo de FP GM
- Título Bacharelato
- Proba de acceso con
19 anos.
Caderno de información académica 2ºESO 2016
Mónica Diz Besada (Dto. de Orientación do IES A Sardiñeira)
14
técnico superior, según se cursara un título de grao medio ou superior.
O título posibilita a incorporación ao mundo laboral cunha formación que permitirá traballar
como autónomo ou como asalariado, cunha cualificación profesional suficiente para o
desempeño dunha profesión.
Para acceder ós ciclos formativos de grao medio débese ter o título de ESO, ou superar un
Programa de Formación Profesional Básico, ou superar unha proba de acceso se cumpres
17 anos.
Para acceder ós de grao superior débese cursar previamente un ciclo medio ou o
bacharelato ou superar unha proba de acceso se tes 19 anos.
Despois dun ciclos superior pódese acceder aos graos universitarios.
Hai máis de 100 títulos de FP diferentes organizados en familias profesionais. Dentro de
cada familia ofértanse ciclos de grao medio e de grao superior.
da proba.
Ofertade Ciclos de Formación Profesional de graoMedioe grao Superior:
Familias
Profesionales
Oferta de Ciclos Medios (CM) e Ciclos Superiores (CS)
Agraria
CM Produciónagrotecnolóxica
CM Produciónagropecuaria
CM Xardineríae floraría
CM Traballosforestaise de ConservacióndoMedio Natural.
CS Paisaxismoe mediorural.
CS Gandaría e asistenciaensanidade animal.
CS XestiónForestal e domedionatural
Actividades Físicas e
Deportivas
CM Conduciónde actividadesfísico –deportivasnomedionatural
CS Animaciónde Actividades Físicase Deportivas.
Artes Gráficas
CM Preimpresióndixital
CM Impresiónenartesgráficas.
CS Deseñoe producióneditorial
CS Produciónenindustriasde artesgráficas
Marítimo Pesqueiras
CM Mergulloamediaprofundidade.
CM Operación,Control e mantementode Máquinase instalacións
do buque.
CM Operaciónsde cultivoacuícola.
CM Pescae transporte marítimo
CS Transporte marítimoe pescade altura.
CS Navegación,pescae trasporte marítimo
CS Producciónacuícola.
CS Supervisióne control de máquinase instalaciónsdobuque.
Administración e Xestión
CM Xestiónadministrativa
CS Administracióne finanzas.
CS Asistenciaádirección.
Caderno de información académica 2ºESO 2016
Mónica Diz Besada (Dto. de Orientación do IES A Sardiñeira)
15
Comercio e Marketing
CM Actividadescomerciais
CS Transporte e loxística
CS Márketinge publicidade
CS Xestiónde vendase espazoscomerciais
CS ComercioInternacional
Imaxe e Son
CM VídeoDis-jokeye son.
CS Animación3D,xogose contornos.
CS Iluminación,captacióne tratamentodaimaxe.
CS Produciónde audiovisuaise espectáculos.
CS Realizaciónde proxectosaudiovisuaise espectáculos.
Edificación e Obra Civil
CM Obrasde interior,decoracióne rehabilitación
CS Proxectosde obracivil.
CS Proxectosde edificación
CS Realizacióne plansde obra.
Electricidade e Electrónica
CM Instalaciónseléctricase automáticas
CM Equiposelectrónicosde consumo
CM Instalaciónsde telecomunicacións
CS Sistemaselectrotécnicose automatizados.
CS Sistemasde telecomunicacióne informáticos.
CS Mantenementoelectrónico.
CS Automatizacióne robóticaindustrial.
Fabricación Mecánica
CM Mecanizado.
CM Soldadurae calderería.
CS Construcciónsmetálicas.
CS Programaciónda producciónde fabricaciónmecánica.
CS Programaciónda produciónenmoldeamentode metaise
polímeros
CS Deseñoen FabricaciónMecánica.
Hostelería e Turismo
CM Cociñae gastronomía
CM servizosenrestauración
CS Axenciade viaxese xestiónde eventos
CS Xestiónde aloxamentoturísticos
CS Guia,informacióne asistenciaturísticas
CS Direcciónde cociña.
CS Direcciónde Serviciosde Restauración.
Imaxe Persoal
CM Estéticapersoal decorativa.
CM Peiteadoe estética capilar.
CMCaracterización.
CS Etéticaintegral e benestar.
CS Estilismoe direcciónde peiteado.
CS Asesoríada imaxe persoal e corporativa
CS Caracterizacióne maquillaxe profesional
Industrias Alimentarias
CM Aceitesde olivae viños.
CM Elaboraciónde produtosalimentarios
CM Panadería,repostaríae confeitaría
CS Procesose calidade naindustriaalimentaria.
CS Vitivinicultura.
Informática e Comunicacións
CM Sistemasmicroinformáticasenrede
CS Administraciónde sistemasinformáticosenrede.
CS Desenvolvementode aplicaciónsmultiplataforma.
CS Desenvolvementode aplicaciónsweb.
Caderno de información académica 2ºESO 2016
Mónica Diz Besada (Dto. de Orientación do IES A Sardiñeira)
16
Instalación e Mantenemento
CM Mantementoelectromecánico
CM Instalaciónsfrigoríficase de climatización
CM Instalaciónsde produciónde calor
CS Desenvolvementode proxectosde instalaciónstérmicase de
fluidos
CS Mecatrónicaindustrial
CS Mantenementode instalacióntérmicase de fluídos.
CS Prevenciónde riscosprofesionais
Madeira, Moble e Cortiza
CM Carpinteríae moble
CS Deseñoe amoblamento
Transporte e mantenemento
de Vehículos
CM Carrozaría
CM Electromecánicade vehículosautomóbiles
CS Automoción
Química
CM Operaciónsde Laboratorio
CS Laboratoriode análise e control de calidade
CS Químicaambiental
CS Químicaindustrial
CS Fabricaciónde produtosfarmacéuticos,biotecnolóxicose afíns.
Sanidade
CM Coidadosauxiliaresde enfermería
CM Farmaciae parafarmacia
CM Emerxenciassanitarias(sóenréximede adultosmodular)
CS Anatomíapatolóxicae citoloxía
CS Dietética
CS Documentacióne administraciónsanitarias
CS Hixiene bucodental
CS Imaxenparao diagnósticoe medicina nuclear
CS Laboratorioclínicoe biomédico
CS Prótesesdentais
CS Radioterapiae dosimetría
CS Saúde ambiental
CS Audioloxíaprotésica
CS Ortoprótesise produtosde apoio
Servicios Socioculturais e á
Comunidade
CM Atenciónapersoasensituaciónde dependencia
CS AnimaciónSociocultural e turística
CS EducaciónInfantil
CS Integraciónsocial
CS Mediacióncomunicativa
CS Promociónde Igualdade de Xénero
Textil, Confección e Pel
CM Confeccióne moda
CS Patronaxe e moda
CS Vestuarioamedidae de espectáculos
CS Deseñotécnicoentextil e pel
CS Deseñoe produciónde calzadoe complementos
Enerxía e Auga
CS Eficienciaenerxéticae EnerxíaSolarTérmica
CS Enerxíasrenovables
Seguridade e ambiente
CS Educacióne control ambiental
CS Coodinación enproteccióncivile emerxencias
Caderno de información académica 2ºESO 2016
Mónica Diz Besada (Dto. de Orientación do IES A Sardiñeira)
17
Lembra que as persoas que non posúan os requisitos académicos poden acceder mediante a
superación dunha proba de acceso.
As condicións que se deben cumplir para presentarse son:
 Para a proba de acceso os ciclos de grao medio é necesario ter 17 anos e non posuír
os requisitos de acceso directo (título de FP Básica ou título de ESO)
 Para a proba de acceso os ciclos de grao superior, é necesario ter 19 anos e non
posuír os requisitos de acceso directo (título de FP GM ou título deBacharelato)
Esta proba está pensada para os que non acadan o título da ESO pola via ordinaria ou por
adultos e desexan acceder a un Ciclo de formación profesional de grao Medio. Poden
presentarse a unha proba, que unha vez superada, da un certificado que permite o acceso a
calquera Ciclo de Grao Medio. Non dá o título de ESO. Así que despois de superar a proba é
necesario cursar un ciclo e superalo para poder acadar unha titulación mínima para
traballar.
Para poder presentarse hai que cumprir 17 anos no ano en que se celebran as probas. Hai
unha convocatoria cada ano.
En que consiste a proba?
Consistirá tres partes:
1ª parte: sociolingüística (con exercicios sobre contidos de lingua e literatura
española, de lingua e literatura galega e de ciencias sociais).
2ª parte: de contidos de tipo científico – técnico (con exercicios sobre contidos de
Ciencias da Natureza e Tecnoloxía).
3ª parte: de contidos matemáticos.
Os contidos das probas saen das materias de 3º e 4º de ESO.
Que nota hai que acadar?
Para a superación da proba hai que acadar unha cualificación mínima de 5 como nota
media das tres partes. Para realizar a media hai que acadar un mínimo de catro en cada
parte.
Etapa educativa non obrigatoria de dous anos de duración á cal se accede co título de
graduado en educación secundaria.
Existen tres modalidades (Ciencias, Artes, Ciencias Sociais e Humanidades) con materias
diferentes en cada modalidade.
Cúrsanse materias troncais (comúns ás diferentes modalidades), materias específicas de
Que outras formas existenparaacceder á formaciónprofesional específica
A proba de acceso a Ciclos de Grao Medio
Que é o bacharelato e que título proporciona
Caderno de información académica 2ºESO 2016
Mónica Diz Besada (Dto. de Orientación do IES A Sardiñeira)
18
libre configuración.
As materias troncais e obrigatorias a calquera modalidade son: lingua castelá e literatura,
lingua galega e literatura, lingua estranxeira, filosofía, educación física.
As modalidades e as súas materias específicas son as seguintes:
1. Artes ( Artes plásticas, deseño e imaxe / Artes escénicas, música e danza). As
materias que se imparten son, dependendo de un ou outro itinerario: Cultura
audiovisual, Debuxo artístico e Debuxo Técnico, Historia da Arte, Análise musical,
Anatomía aplicada, Linguaxe e práctica musical, Artes Escénicas, Historia da música
e da danza, … .
2. Ciencias, coas seguintes materias para escoller: matemáticas, física e química,
bioloxía, debuxo técnico, tecnoloxía industrial, ciencias da terra e do
medioambiente, … .
3. Humanidades e Ciencias Sociais, con materias tamén para escoller entre: Historia do
Mundo contemporáneo, historia da arte, economía, matemáticas aplicadas ás
ciencias sociais, grego, latín, literatura universal… .
Cada modalidade esta relacionada con determinados estudos académicos posteriores.
Trala superación de todas as materias que se cursan nesta etapa e da proba final de
bahcarelato obtense título de bacharelato.
O título permite o acceso aos ciclos formativos de grao superior e á universidade.
Caderno de información académica 2ºESO 2016
Mónica Diz Besada (Dto. de Orientación do IES A Sardiñeira)
19
II. AS ENSINANZASUNIVERSITARIAS:
 A universidade é unha institución de educación superior onde se imparten as
ensinanzas oficiais de maior nivel dentro do sistema educativo español.
 Unha carreira (grao) universitaria dura en xeral 4anos.
 Permiten o acceso ao mundo laboral cunha titulación de nivel superior.
Hai cinco grandes ramas de coñecemento e moitos títulos dentro de cada rama:
 Rama de Ciencias: Bioloxía, Ciencias Ambientais, Ciencias do Mar, Ciencia
e Tecnoloxía dos alimentos, Física, Matemáticas, Química.
 Rama de Ciencias da saúde: Mediciña, Enfermería, Podoloxía, Veterinaria,
Fisioterapia, Odontoloxía, Nutrición humana e dietética, Farmacia,
Logopedia, Psicoloxía, Óptica, Terapia ocupacional, ... .
 Rama Ciencias Sociais e xurídicas: Dereito, Relacións Laborais.
Administración de empresas, Economía, Administración Pública,
Biblioteconomía e Documentación, Ciencias actuariais e financieiras,
Mestre, Publicidade e Relacións Públicas, Xornalismo, Ciencias Políticas,
Turismo, Comercio e Márketing, Comunicación Audiovisual, Deporte e
Educación Física, Traballo social, Educación Social, Pedagoxía, Socioloxía.
 Enxeñerías e Arquitectura: Arquitectura, enxeñeiro de camiños e portos,
de obras públicas, aeronáutico, agrario, forestal, electricidade, naval,
informática, deseño industrial, telecomunicacións, minas, química
industrial, ... .
 Artes e Humanidades: Filoloxía, Traducción e interpretación , Historia,
Belas artes, Restauración, Arte Dramática, Antropoloxía, Filosofía,
Xeografía, … .
As modalidades de bacharelato, en xeral, relaciónanse con estas ramas de
coñecemento.
Que títulos universitarioshai
Caderno de información académica 2ºESO 2016
Mónica Diz Besada (Dto. de Orientación do IES A Sardiñeira)
20
Débese ter o título de Bacharelato (aprobar as materias e a proba final de avaliación) ou un
título de Técnico Superior (FP de grao superior).
Requisitos paraacceder áuniversidade
Caderno de información académica 2ºESO 2016
Mónica Diz Besada (Dto. de Orientación do IES A Sardiñeira)
21
III. AS ENSINANZAS DE RÉXIME ESPECIAL:
Proporcionan unha formación específica para garantir a cualificacion dos futuros
profesionais da música, a danza, os idiomas, a arte dramática, as artes plásticas e o deseño e
as ensinanzas deportivas.
As ensinanzas de música e de danza están dirixidas á formación de profesionais e teñen as
seguintes saidas profesionais: interpretación, docencia, creación e investigación.
Tamén están dirixidas a afeccionados, a quen Iles ofrece unha formación práctica. Pódense
cursar a calquera idade nas escolas e conservatorios de Música e Danza. Para acceder
precisas o título de ESO e superar unha proba de aptitudes.
Organízanse en tres graos (elemental, profesional e superior) e teñen 14 cursos en total.
Inclúen as ensinanzas das linguas cooficiais do estado e as ensinanzas de linguas
estranxeiras.
Impártense, con caracter xeral, nas Escolas Oficiais de Idiomas e en institutos de educación
secundaria autorizados. Pódense cursar en tres modalidades: presencial, libre, a distancia.
Constan de tres niveis de dous cursos cada un. En total son 6 cursos. Cada dous cursos podes
acadar un certificado. Podes estudar moitos idiomas: Inglés, Francés, Alemán, Ruso, Italiano,
Portugués, Galego, Árabe, Xaponés, ... .
Para acceder precisas 16 anos (14 se é para estudar un idioma diferente ao que estudache
en ESO).
Son ensinanzas dirixidas a formar adestradores.
Existen diversas especialidades deportivas: Fútbol, Fútbol sala, Deportes de inverno (esquí,
snowboard), Deportes de montaña e escalada, Atletismo, Baloncesto, Balonmán.
Organízanse en dous ciclos de dous cursos cada un. Para acceder ao 1º curso precisas o o
As ensinanzas de músicae danza
As ensinanzas de idiomas
As ensinanzas deportivas
Caderno de información académica 2ºESO 2016
Mónica Diz Besada (Dto. de Orientación do IES A Sardiñeira)
22
título de ESO e superar unha proba de aptitudes deportivas.
Ofrecen unha formación técnica e unha formación artística que proporcionan unha
cualificación profesional.
Comprenden un conxunto de ciclos formativos de grao medio e grao superior organizados
en módulos profesionais.
As especialidades que podes estudar son: Escultura, deseño de interiores, xoiería, artes
aplicadas ao libro, cerámica, artes aplicadas á indumentaria, deseño industrial, deseño
gráfico, artes aplicadas ao muro, esmaltes artísticos, textiles artísticos, arte floral, vidrio
artístico.
Para acceder a elas, ademais de posuír o título de ESO /Bacharelato, precisas superar unha
proba de aptitudes plásticas.
 Os estudos superiores da especialidade de Conservación e Restauración de Bens
Culturais (para ser restaurador en museos).
 As ensinanzas superiores de Arte Dramática (para ser actor /actriz ou director de
cine).
 Os estudos superiores de Deseño, que inclúen tres especialidades: Deseño de
Productos, Deseño de Interiores, Deseño Gráfico, Deseño de Moda (para ser
deseñador).
Para acceder a todos estes estudos precisas acadar o título de Bacharelato.
As ensinanzas de artes plásticas e deseño
Outros estudos artísticos
Caderno de información académica 2ºESO 2016
Mónica Diz Besada (Dto. de Orientación do IES A Sardiñeira)
23
IV. CONTIDOS DAS MATERIAS DE 3º DE ESO:
Materia necesaria para continuar estudos postobrigatorios de bacharelato. O alumnado que
curse esta materia afondará no desenvolvemento das habilidades de pensamento
matemático; concretamente na capacidade de analizar e investigar, interpretar e comunicar
matematicamente diversos fenómenos e problemas en distintos contextos, así como de
proporcionar solucións prácticas a estes. Tamén debe valorar as posibilidades de aplicación
práctica do coñecemento matemático tanto para o enriquecemento persoal como para a
valoración do seu papel no progreso da humanidade. Os contidos organízanse entorno aos
seguintes bloques:
 Procesos, métodos e actitudes en matemáticas
 Números e álxebra
 Xeometría
 Funcións
 Estatística e probabilidade
O alumnado que curse esta materia afondará no desenvolvemento das habilidades de
pensamento matemático; concretamente na capacidade de analizar e investigar, interpretar
e comunicar matematicamente diversos fenómenos e problemas en distintos contextos, así
como de proporcionar solucións prácticas a estes, cun enfoque eminentemente práctico
dirixido a proporcionar recursos e competencias que permitan ao alumnado continuar
estudos de formación profesional. Os contidos organízanse entorno aos seguintes bloques:
 Procesos, métodos e actitudes en matemáticas
 Números e álxebra
 Xeometría
 Funcións
 Estatística e probabilidade
Ten como obxectivo primordial achegar o alumnado ao estudo das civilizacións grega e latina
nos ámbitos literario, artístico, filosófico, científico, sociopolítico e lingüístico, de xeito que
poida tomar conciencia da influencia, o mantemento e a presenza destes aspectos na cultura
occidental, e comprender a súa identidade cultural, así como as manifestacións que a
definen.
Bloques de contidos:
 Xeografía
 Historia
 Mitoloxía, Arte
 Sociedade e vida cotiá
 Lingua e literatura
 Pervivencia na actualidade.
Matemáticas Académicas
Matemáticas Aplicadas
Cultura Clásica
Caderno de información académica 2ºESO 2016
Mónica Diz Besada (Dto. de Orientación do IES A Sardiñeira)
24
O currículo da materia está estruturado en seis bloques temáticos:
- A dignidade da persoa
- A comprensión, o respecto e a igualdade nas relacións interpersoais
- A reflexión ética
- A xustiza e a política
- Os valores éticos, o dereito, a Declaración Universal dos Dereitos Humanos (DUDH) e
outros tratados internacionais sobre dereitos humanos
- Os valores éticos e a súa relación coa ciencia e a tecnoloxía
 En 1º ESO traballan o referido á personalidade e á súa constitución, a ineludibilidade
dos problemas morais e a introdución á reflexión ética e política.
 En 2º ESO abórdanse as achegas que, no campo da reflexión moral, fixeron os/as
grandes pensadores/as e filósofos/as da historia, así como as conexións necesarias
entre o campo da ética, o do dereito e o da política; conexións nas que o concepto de
xustiza ocupa un papel central.
 En 3º ESO, os temas atinxen á configuración da vida social e política, pondo como
criterio ético básico dunha sociedade xusta o respecto á DUDH e os valores que a
conforman, e vendo que tanto a Constitución Española como o Estatuto de
Autonomía de Galicia se axustan a este criterio e o enriquecen.
 No 4º ESO retómanse desde un nivel de afondamento superior, todos os temas que
foron xurdindo nos cursos previos.
Valores éticos
Caderno de información académica 2ºESO 2016
Mónica Diz Besada (Dto. de Orientación do IES A Sardiñeira)
25
RESPONDE ÁS SEGUINTES PREGUNTAS
1. Que podo estudar despois da ESO?
.................................................................................................................................................
.................................................................................................................................................
2. Se non acado o título de ESO, que opcións teño para seguirestudando?
.................................................................................................................................................
.................................................................................................................................................
3. Cales son os requisitos para acceder a un Programa de Formación Profesional Básico?
.................................................................................................................................................
.................................................................................................................................................
4. Cales son os requisitos para acceder a un título de FP de grao medio?
.................................................................................................................................................
.................................................................................................................................................
5. Cales son os requisitos para acceder a un título de FP de grao superior?
.................................................................................................................................................
.................................................................................................................................................
6. Se quero estudar Educación Secundaria na modalidade de Adultos, cantos anos teño
que ter cumpridos?
.................................................................................................................................................
7. Cales son os requisitos para acceder ó bacharelato?
.................................................................................................................................................
.................................................................................................................................................
Caderno de información académica 2ºESO 2016
Mónica Diz Besada (Dto. de Orientación do IES A Sardiñeira)
26
8. Que modalidades hai debacharelato?
.................................................................................................................................................
.................................................................................................................................................
.................................................................................................................................................
9. Co título de bacharelatoque podo estudardespois?
...............................................................................................................................................
................................................................................................................................................
10. Investiga e escribe os ciclos de FP que se imparten no noso centro:
12. Investiga e escribe que modalidades de bacharelato se imparten no nosocentro:
13. Marca con X as materias que vas a escoller en 3º de ESO:
Marca unha:
..... Matemáticas aplicadas
..... Matemáticas académicas
Marca unha:
.... 2ª lingua estranxeira (Francés)
.....Cultura Clásica
Marca unha:
.... Relixión
.... Valores éticos
Caderno de información académica 2ºESO 2016
Mónica Diz Besada (Dto. de Orientación do IES A Sardiñeira)
27
ANOTA AQUÍ AS TÚAS DÚBIDAS:
IES A SARDIÑEIRA
Avenida da Sardiñeira, 41. 15008 A Coruña
Tel: 981247316
Email:
ies.sardineira@edu.xunta.es
Blog de Orientación:
http://monicadizorienta.blogspot.com

Mais conteúdo relacionado

Mais procurados

Youblisher.com 1403603-caderno de-informaci_n_acad_mica_4_eso_2016
Youblisher.com 1403603-caderno de-informaci_n_acad_mica_4_eso_2016Youblisher.com 1403603-caderno de-informaci_n_acad_mica_4_eso_2016
Youblisher.com 1403603-caderno de-informaci_n_acad_mica_4_eso_2016Silvina Paricio Tato
 
Sesión de orientación 2º de ESO 2021
Sesión de orientación  2º de ESO 2021Sesión de orientación  2º de ESO 2021
Sesión de orientación 2º de ESO 2021Mónica Diz Besada
 
Sesión orientación sobre acceso á universidade 2016
Sesión orientación sobre acceso á universidade 2016Sesión orientación sobre acceso á universidade 2016
Sesión orientación sobre acceso á universidade 2016Mónica Diz Besada
 
Criterios de promoción e titulación na ESO
Criterios de promoción e titulación na ESOCriterios de promoción e titulación na ESO
Criterios de promoción e titulación na ESOMónica Diz Besada
 
Consello orientador ESO_Mónica Diz Besada
Consello orientador ESO_Mónica Diz BesadaConsello orientador ESO_Mónica Diz Besada
Consello orientador ESO_Mónica Diz BesadaMónica Diz Besada
 
Sesión orientación 3º de ESO 2021
Sesión orientación 3º de ESO 2021Sesión orientación 3º de ESO 2021
Sesión orientación 3º de ESO 2021Mónica Diz Besada
 
Terceiro eso
Terceiro esoTerceiro eso
Terceiro esobegootero
 
Sesión orientación 2º de ESO 2017
Sesión orientación  2º de ESO 2017Sesión orientación  2º de ESO 2017
Sesión orientación 2º de ESO 2017Mónica Diz Besada
 
Lomce en 4º de eso
Lomce en 4º de esoLomce en 4º de eso
Lomce en 4º de esoLoudes Otero
 
Sesión de orientación 1º ESO 2021
Sesión de orientación  1º ESO 2021Sesión de orientación  1º ESO 2021
Sesión de orientación 1º ESO 2021Mónica Diz Besada
 
Caderno de información académica para 6º de Educación Primaria
Caderno de información académica para 6º de Educación PrimariaCaderno de información académica para 6º de Educación Primaria
Caderno de información académica para 6º de Educación PrimariaMónica Diz Besada
 
Presentacion para 6º de Primaria
Presentacion para 6º de PrimariaPresentacion para 6º de Primaria
Presentacion para 6º de PrimariaMónica Diz Besada
 
Presentación 4º de eso
Presentación 4º de esoPresentación 4º de eso
Presentación 4º de esoLoudes Otero
 
Novidades eso charla pais 3º eso
Novidades eso charla pais 3º esoNovidades eso charla pais 3º eso
Novidades eso charla pais 3º esomanuelbar
 
Orient 1º bach 2014
Orient 1º bach 2014Orient 1º bach 2014
Orient 1º bach 2014Loudes Otero
 

Mais procurados (16)

Youblisher.com 1403603-caderno de-informaci_n_acad_mica_4_eso_2016
Youblisher.com 1403603-caderno de-informaci_n_acad_mica_4_eso_2016Youblisher.com 1403603-caderno de-informaci_n_acad_mica_4_eso_2016
Youblisher.com 1403603-caderno de-informaci_n_acad_mica_4_eso_2016
 
Sesión de orientación 2º de ESO 2021
Sesión de orientación  2º de ESO 2021Sesión de orientación  2º de ESO 2021
Sesión de orientación 2º de ESO 2021
 
Presentación 6º primaria
Presentación 6º primariaPresentación 6º primaria
Presentación 6º primaria
 
Sesión orientación sobre acceso á universidade 2016
Sesión orientación sobre acceso á universidade 2016Sesión orientación sobre acceso á universidade 2016
Sesión orientación sobre acceso á universidade 2016
 
Criterios de promoción e titulación na ESO
Criterios de promoción e titulación na ESOCriterios de promoción e titulación na ESO
Criterios de promoción e titulación na ESO
 
Consello orientador ESO_Mónica Diz Besada
Consello orientador ESO_Mónica Diz BesadaConsello orientador ESO_Mónica Diz Besada
Consello orientador ESO_Mónica Diz Besada
 
Sesión orientación 3º de ESO 2021
Sesión orientación 3º de ESO 2021Sesión orientación 3º de ESO 2021
Sesión orientación 3º de ESO 2021
 
Terceiro eso
Terceiro esoTerceiro eso
Terceiro eso
 
Sesión orientación 2º de ESO 2017
Sesión orientación  2º de ESO 2017Sesión orientación  2º de ESO 2017
Sesión orientación 2º de ESO 2017
 
Lomce en 4º de eso
Lomce en 4º de esoLomce en 4º de eso
Lomce en 4º de eso
 
Sesión de orientación 1º ESO 2021
Sesión de orientación  1º ESO 2021Sesión de orientación  1º ESO 2021
Sesión de orientación 1º ESO 2021
 
Caderno de información académica para 6º de Educación Primaria
Caderno de información académica para 6º de Educación PrimariaCaderno de información académica para 6º de Educación Primaria
Caderno de información académica para 6º de Educación Primaria
 
Presentacion para 6º de Primaria
Presentacion para 6º de PrimariaPresentacion para 6º de Primaria
Presentacion para 6º de Primaria
 
Presentación 4º de eso
Presentación 4º de esoPresentación 4º de eso
Presentación 4º de eso
 
Novidades eso charla pais 3º eso
Novidades eso charla pais 3º esoNovidades eso charla pais 3º eso
Novidades eso charla pais 3º eso
 
Orient 1º bach 2014
Orient 1º bach 2014Orient 1º bach 2014
Orient 1º bach 2014
 

Semelhante a Youblisher.com 1406032-cuaderno de-informaci_n_acad_mica_para_2_de_eso_2016 (2) (1)

Caderno 3º ESO xuño 2022.pdf
Caderno 3º ESO xuño 2022.pdfCaderno 3º ESO xuño 2022.pdf
Caderno 3º ESO xuño 2022.pdfMónica Diz Besada
 
Novidades eso charla pais 1º eso (2)
Novidades eso charla pais 1º eso (2)Novidades eso charla pais 1º eso (2)
Novidades eso charla pais 1º eso (2)manuelbar
 
Guia orient prof_4eso_19_20
Guia orient prof_4eso_19_20Guia orient prof_4eso_19_20
Guia orient prof_4eso_19_20modguez
 
ORIENTACIÓN ACADÉMICA 4º ESO - 2016
ORIENTACIÓN ACADÉMICA  4º ESO - 2016ORIENTACIÓN ACADÉMICA  4º ESO - 2016
ORIENTACIÓN ACADÉMICA 4º ESO - 2016pedrofloriani
 
Orientación académica alumnado 3º ESO
Orientación académica alumnado 3º ESOOrientación académica alumnado 3º ESO
Orientación académica alumnado 3º ESObegootero
 
Información para 1º eso 15 16
Información  para  1º eso 15 16Información  para  1º eso 15 16
Información para 1º eso 15 16gelesmaral
 
Transición á etapa de educación secundaria obrigatoria ( 1
Transición á etapa de educación secundaria obrigatoria ( 1Transición á etapa de educación secundaria obrigatoria ( 1
Transición á etapa de educación secundaria obrigatoria ( 1ceipanamariadieguez
 
Alumnado segundo eso
Alumnado segundo  esoAlumnado segundo  eso
Alumnado segundo esobegootero
 
SESIÓN ORIENTACIÓN 2º DE ESO 2022.pdf
SESIÓN ORIENTACIÓN  2º DE ESO 2022.pdfSESIÓN ORIENTACIÓN  2º DE ESO 2022.pdf
SESIÓN ORIENTACIÓN 2º DE ESO 2022.pdfMónica Diz Besada
 
SESIÓN ORIENTACIÓN 1ºESO 2022.pdf
SESIÓN ORIENTACIÓN  1ºESO 2022.pdfSESIÓN ORIENTACIÓN  1ºESO 2022.pdf
SESIÓN ORIENTACIÓN 1ºESO 2022.pdfMónica Diz Besada
 
Guia orient prof_4eso_20_21
Guia orient prof_4eso_20_21Guia orient prof_4eso_20_21
Guia orient prof_4eso_20_21modguez
 
Caderno de Orientación Académica 4º ESO
Caderno de Orientación Académica 4º ESOCaderno de Orientación Académica 4º ESO
Caderno de Orientación Académica 4º ESObegootero
 
Manual.probas.eso
Manual.probas.esoManual.probas.eso
Manual.probas.esoMarta Diz
 
4 eso 2017_familias
4 eso 2017_familias4 eso 2017_familias
4 eso 2017_familiaslunas_lunas
 

Semelhante a Youblisher.com 1406032-cuaderno de-informaci_n_acad_mica_para_2_de_eso_2016 (2) (1) (20)

Caderno 2º ESO maio 2022.pdf
Caderno 2º ESO maio 2022.pdfCaderno 2º ESO maio 2022.pdf
Caderno 2º ESO maio 2022.pdf
 
Caderno 1º ESO maio 2022.pdf
Caderno 1º ESO maio 2022.pdfCaderno 1º ESO maio 2022.pdf
Caderno 1º ESO maio 2022.pdf
 
Caderno 3º ESO xuño 2022.pdf
Caderno 3º ESO xuño 2022.pdfCaderno 3º ESO xuño 2022.pdf
Caderno 3º ESO xuño 2022.pdf
 
Novidades eso charla pais 1º eso (2)
Novidades eso charla pais 1º eso (2)Novidades eso charla pais 1º eso (2)
Novidades eso charla pais 1º eso (2)
 
Guia orient prof_4eso_19_20
Guia orient prof_4eso_19_20Guia orient prof_4eso_19_20
Guia orient prof_4eso_19_20
 
ORIENTACIÓN ACADÉMICA 4º ESO - 2016
ORIENTACIÓN ACADÉMICA  4º ESO - 2016ORIENTACIÓN ACADÉMICA  4º ESO - 2016
ORIENTACIÓN ACADÉMICA 4º ESO - 2016
 
Guia de orientación académica IES
Guia de orientación académica IESGuia de orientación académica IES
Guia de orientación académica IES
 
Orientación académica alumnado 3º ESO
Orientación académica alumnado 3º ESOOrientación académica alumnado 3º ESO
Orientación académica alumnado 3º ESO
 
Información para 1º eso 15 16
Información  para  1º eso 15 16Información  para  1º eso 15 16
Información para 1º eso 15 16
 
Transición á etapa de educación secundaria obrigatoria ( 1
Transición á etapa de educación secundaria obrigatoria ( 1Transición á etapa de educación secundaria obrigatoria ( 1
Transición á etapa de educación secundaria obrigatoria ( 1
 
Alumnado segundo eso
Alumnado segundo  esoAlumnado segundo  eso
Alumnado segundo eso
 
Orientacion 3 eso
Orientacion 3 esoOrientacion 3 eso
Orientacion 3 eso
 
Orientacion 3 eso
Orientacion 3 esoOrientacion 3 eso
Orientacion 3 eso
 
SESIÓN ORIENTACIÓN 2º DE ESO 2022.pdf
SESIÓN ORIENTACIÓN  2º DE ESO 2022.pdfSESIÓN ORIENTACIÓN  2º DE ESO 2022.pdf
SESIÓN ORIENTACIÓN 2º DE ESO 2022.pdf
 
SESIÓN ORIENTACIÓN 1ºESO 2022.pdf
SESIÓN ORIENTACIÓN  1ºESO 2022.pdfSESIÓN ORIENTACIÓN  1ºESO 2022.pdf
SESIÓN ORIENTACIÓN 1ºESO 2022.pdf
 
Guia orient prof_4eso_20_21
Guia orient prof_4eso_20_21Guia orient prof_4eso_20_21
Guia orient prof_4eso_20_21
 
Caderno de Orientación Académica 4º ESO
Caderno de Orientación Académica 4º ESOCaderno de Orientación Académica 4º ESO
Caderno de Orientación Académica 4º ESO
 
Manual.probas.eso
Manual.probas.esoManual.probas.eso
Manual.probas.eso
 
4 eso 2017_familias
4 eso 2017_familias4 eso 2017_familias
4 eso 2017_familias
 
Tríptico ESO
Tríptico ESOTríptico ESO
Tríptico ESO
 

Mais de Silvina Paricio Tato

Servizo de mediación no ies elviña definitivo
Servizo de mediación no ies elviña definitivoServizo de mediación no ies elviña definitivo
Servizo de mediación no ies elviña definitivoSilvina Paricio Tato
 
Qué es la mediación para alumnado
Qué es la mediación   para alumnadoQué es la mediación   para alumnado
Qué es la mediación para alumnadoSilvina Paricio Tato
 
Presentación mediación polo alumnado
Presentación mediación polo alumnadoPresentación mediación polo alumnado
Presentación mediación polo alumnadoSilvina Paricio Tato
 
Qué es la mediación para alumnado
Qué es la mediación   para alumnadoQué es la mediación   para alumnado
Qué es la mediación para alumnadoSilvina Paricio Tato
 
Dificultadesaprendizaje: Plantilla recogida datos
Dificultadesaprendizaje: Plantilla recogida datosDificultadesaprendizaje: Plantilla recogida datos
Dificultadesaprendizaje: Plantilla recogida datosSilvina Paricio Tato
 
Centros pau 2015 - calendario acceso curso 15-16
Centros   pau 2015 - calendario acceso curso 15-16Centros   pau 2015 - calendario acceso curso 15-16
Centros pau 2015 - calendario acceso curso 15-16Silvina Paricio Tato
 
Guia hablar de adopción,también cuando es difícil
Guia hablar de adopción,también cuando es difícilGuia hablar de adopción,también cuando es difícil
Guia hablar de adopción,también cuando es difícilSilvina Paricio Tato
 

Mais de Silvina Paricio Tato (20)

Necesidades educativas especiales
Necesidades educativas especialesNecesidades educativas especiales
Necesidades educativas especiales
 
Servizo de mediación no ies elviña definitivo
Servizo de mediación no ies elviña definitivoServizo de mediación no ies elviña definitivo
Servizo de mediación no ies elviña definitivo
 
Qué es la mediación para alumnado
Qué es la mediación   para alumnadoQué es la mediación   para alumnado
Qué es la mediación para alumnado
 
Presentación mediación polo alumnado
Presentación mediación polo alumnadoPresentación mediación polo alumnado
Presentación mediación polo alumnado
 
Qué es la mediación para alumnado
Qué es la mediación   para alumnadoQué es la mediación   para alumnado
Qué es la mediación para alumnado
 
Dificultadesaprendizaje: Plantilla recogida datos
Dificultadesaprendizaje: Plantilla recogida datosDificultadesaprendizaje: Plantilla recogida datos
Dificultadesaprendizaje: Plantilla recogida datos
 
Acta evaluación inicial1
Acta evaluación inicial1Acta evaluación inicial1
Acta evaluación inicial1
 
Acta evaluación inicial
Acta evaluación inicialActa evaluación inicial
Acta evaluación inicial
 
Fichatutesogalego
FichatutesogalegoFichatutesogalego
Fichatutesogalego
 
Reuniontitor pais 2015.161
Reuniontitor pais 2015.161Reuniontitor pais 2015.161
Reuniontitor pais 2015.161
 
Reuniontitor pais 2015.16
Reuniontitor pais 2015.16Reuniontitor pais 2015.16
Reuniontitor pais 2015.16
 
Protocolo de exploracion disfemia
Protocolo de exploracion disfemiaProtocolo de exploracion disfemia
Protocolo de exploracion disfemia
 
Notasdecorte1415
Notasdecorte1415Notasdecorte1415
Notasdecorte1415
 
Parametrospond2015
Parametrospond2015Parametrospond2015
Parametrospond2015
 
Notasdecorte1415
Notasdecorte1415Notasdecorte1415
Notasdecorte1415
 
Guille, un chico de mi instituto
Guille, un chico de mi institutoGuille, un chico de mi instituto
Guille, un chico de mi instituto
 
Carol,+una+chica+de+mi+instituto
Carol,+una+chica+de+mi+institutoCarol,+una+chica+de+mi+instituto
Carol,+una+chica+de+mi+instituto
 
Centros pau 2015 - calendario acceso curso 15-16
Centros   pau 2015 - calendario acceso curso 15-16Centros   pau 2015 - calendario acceso curso 15-16
Centros pau 2015 - calendario acceso curso 15-16
 
Guia hablar de adopción,también cuando es difícil
Guia hablar de adopción,también cuando es difícilGuia hablar de adopción,también cuando es difícil
Guia hablar de adopción,también cuando es difícil
 
Guia didactica educacion_valores
Guia  didactica educacion_valoresGuia  didactica educacion_valores
Guia didactica educacion_valores
 

Youblisher.com 1406032-cuaderno de-informaci_n_acad_mica_para_2_de_eso_2016 (2) (1)

  • 1. Mónica Diz Besada Dto. Orientación do IES A Sardiñeira CURSO 2014/2015 Este caderno pertence a ...................................................................... Caderno de información académica 2º da ESO Curso 2015 - 2016 Departamento de Orientación IES A Sardiñeira MÓNICA DIZ BESADA
  • 2. Caderno de información académica 2ºESO 2016 Mónica Diz Besada (Dto. de Orientación do IES A Sardiñeira) 2 CONTIDOS DO CADERNO:  Esquemas do Sistema Educativo..........................3  As ensinanzas de réxime xeral: .............................4 - Características da ESO .............................. 4 - Que podo estudar depois da ESO.............10  As ensinanzas universitarias .............................. 19  As ensinanzas de réxime especial .......................21  Contidos das materias de 3º de ESO ...................23  Responde ás seguintes preguntas....................... 26
  • 3. Caderno de información académica 2ºESO 2016 Mónica Diz Besada (Dto. de Orientación do IES A Sardiñeira) 3 Estruturada ESO LOMCE Opcións despois daESO
  • 4. Caderno de información académica 2ºESO 2016 Mónica Diz Besada (Dto. de Orientación do IES A Sardiñeira) 4 I. AS ENSINANZAS DE RÉXIME XERAL: Etapa educativa obrigatoria. Está dirixida ao alumnado dende os 12 ata os 16 anos. Ainda que se pode permanecer nela ata os 18 anos e excepcionalmente ata os 19, en caso de ter que repetir dúas veces na etapa). Consta de 4 cursos organizados en dous ciclos: Haberá tres tipos de materias: troncais, específicas e de libre configuración. O 4º curso é un momento esencial para o futuro académico ou profesional do alumnado, pois existen moitas materias optativas para elixir en funcion dos intereses, motivacións e capacidades que cada un teña. As opcións serán diferentes en función dos estudos posteriores que se desexen cursar. Ao longo de toda a escolarización no ensino básico, os centros teñen un plan de orientación e acción titorial que apoia os procesos de aprendizaxe e guia o alumnado na sua elección de itinerarios formativos e profesionais.  Transmitir os elementos básicos da cultura  Formar para asumir os seus deberes e exercer os seus dereitos como cidadáns.  Desenvolver hábitos de estudo e traballo intelectual.  Preparar para acceder a vida activa, á formación profesional de grao medio ou ao bacharelato Para acadar o título haberá que superar, ademais das materias de ESO, unha proba de avaliación final. O alumnado que supera esa proba obtén o título de graduado en educación secundaria. Características daEducaciónSecundariaObrigatoria (ESO) 1º ciclo: 1º curso de ESO 2º curso de ESO 3º curso de ESO 2º ciclo: 4º curso de ESO Que finalidades tena ESO Que títulose obténao superar a ESO
  • 5. Caderno de información académica 2ºESO 2016 Mónica Diz Besada (Dto. de Orientación do IES A Sardiñeira) 5 O título é necesario para poder continuar estudos posteriores, xa sexan de bacharelato ou ciclos formativos de grao medio. O título acadado é o título mínimo que se esixe actualmente para desempeñar un posto de traballo, sen el terás unhas nulas posibilidades de ter un contrato de traballo. En 3º de ESO terás que escoller varias opcións: No caso da opción de matemáticas debes saber que, ainda que non é vinculante para escoller un itinerario en 4º de ESO, en función da túa elección estarás máis preparado/a para acceder a un dos itinerarios de 4º de ESO. Por iso debes se coidadoso/a na túa elección. En 4º curso de ESO debes escoller un dos dous itinerarios: Como se estrutura 3ºe 4ºde ESO Relixión ou Valores Éticos 2ª Lingua estranxeira ou Cultura Clásica Matemáticas académicas ou Matemáticas aplicadas 4º ESO OPCIÓN ENSINANZAS ACADÉMICAS (con matemáticas académicas) OPCIÓN ENSINANZAS APLICADAS (con matemáticas aplicadas) Acceso a Bacharelato Acceso a Bacharelato Acceso a Ciclos Medios de Formación Profesional Acceso a Formación Profesional
  • 6. Caderno de información académica 2ºESO 2016 Mónica Diz Besada (Dto. de Orientación do IES A Sardiñeira) 6 Podes comprobar neste cadro que se cursas a opción de ensinanzas académicas só terás acceso aos estudos de Bacharelato. E se cursas a opción de ensinanzas aplicadas só terás acceso aos estudos de Formación Profesional de Grao Medio. Ao finalizar o 4º curso haberá unha avaliación individualizada, onde terás que examinarte dalgunhas materias cursadas de 4º. Poderase realizar a avaliación por calquera das dúas opcións de ensinos académicos ou de ensinos aplicados, con independencia da opción cursada en 4º de ESO, ou por ambas opcións na mesma convocatoria. Proba de avaliaciónfinal enESO 3º ESO 4º ESO OPCIÓN DE ENSINANZAS ACADÉMICAS OPCIÓN DE ENSINANZAS APLICADAS 1) Bioloxía eXeoloxía (2h) 2) Física eQuímica (2h) 3) Xeografía e Historia (3h) 4) Lingua Castelá e Literatura (3h) 5) Lingua Galega e Literatura (3h) 6) Primeira Lingua Estranxeira (3h) 7) Educación Física (2h) 8) Música (2h) 9) Tecnoloxía (2h) 10) Educación Plástica,Visual e Audiovisual (2h) 11) Titoría (1h) ELIXIR UNHA 1) Matemáticas académicas (4h) 2) Matemáticas aplicadas (4h) ELIXIR UNHA 1) Segunda Lingua Estranxeira (2h) 2) Cultura Clásica (2h) ELIXIR UNHA 1) Relixión (1h) 2) Valores Éticos (1h) 1) Xeografía e Historia (3h) 2) Lingua Castelá e Literatura (3h) 3) Lingua Galega e Literatura (3h) 4) Matemáticas Académicas (4h) 5) Primeira Lingua Estranxeira (3h) 6) Educación Física (2h) 7) Titoría (1h) ELIXIR DÚAS TRONCAIS 1) Bioloxía eXeoloxía (3h) (*) 2) Economía (3h) (*) 3) Física eQuímica (3h) (*) 4) Latín (3h) (*) 1) Xeografía e Historia (3h) 2) Lingua Castelá e Literatura (3h) 3) Lingua Galega e Literatura (3h) 4) Matemáticas Aplicadas (4h) 5) Primeira Lingua Estranxeira (3h) 6) Educación Física (2h) 7) Titoría (1h) ELIXIR DÚAS TRONCAIS 1) Ciencias Aplicadas á Actividade Profesional (3h) (*) 2) Iniciación á Actividade Emprendedora e Empresarial (3h) (*) 3) Tecnoloxía (3h) (*) ELIXIR DÚAS MATERIAS ESPECÍFICAS 1) Artes Escénicas eDanza (3h) (non a ofertamos no noso centro) 2) Cultura Científica (3h) 3) Cultura Clásica (3h) 4) Educación Plástica,Visual eAudiovisual(3h) 5) Filosofía (3h) 6) Música (3h) 7) Segunda Lingua Estranxeira (3h) 8) Tecnoloxías da Información ea Comunicación (3h) 9) Unha materia troncal non cursada (3h) (*) ELIXIR UNHA 1)Relixión (1h) 2)Valores Éticos (1h) Total: 32 horas lectivas
  • 7. Caderno de información académica 2ºESO 2016 Mónica Diz Besada (Dto. de Orientación do IES A Sardiñeira) 7 Na avaliación final realizarás exames de: 5 MATERIAS TRONCAIS XERAIS LinguaCastelá, LinguaGalega PrimeiraLinguaestranxeira Xeografíae Historia Matemáticas 2 MATERIAS TRONCAIS DE OPCIÓNA ESCOLLER OPCIÓNENSINOS ACADÉMICOS Bioloxíae Xeoloxía Física e Química Latín Economía OPCIÓNENSINOS APLICADOS Cienciasaplicadasáactividade profesional Iniciaciónáactividade emprendedorae empresarial Tecnoloxía 1 MATERIAS ESPECÍFICAS ElixirunhaexceptoRelixiónouValoreséticose EducaciónFísica. Poderán presentarse a esta avaliación aqueles alumnos e alumnas que obtivesen ben avaliación positiva en todas as materias, ou ben negativa nun máximo de dúas materias sempre que non sexan simultaneamente Lingua Galega e Literatura e Matemáticas ou Lingua Castelá e Literatura e Matemáticas. Para obter o título de Graduado en ESO será necesaria a superación da avaliación final, así como unha cualificación final desta etapa igual ou superior a 5 puntos sobre 10. A cualificación final da ESO deducirase da seguinte ponderación: Lembra que se non superas esta avaliación final non poderás obter o título de Graduado en Educación Secundaria. Lembra tamén que todas as materias de todos os cursos de ESO contan para a media.  Poderase repetir o mesmo curso unha soa vez e dúas veces como máximo dentro da etapa. Cando esta segunda repetición deba producirse en 3º ou 4º, prolongarase un ano o límite de idade (ata os 19 anos). NOTA MEDIA DE ESO:  Cun peso do 70 %, a media das cualificacións numéricas obtidas en cada unha das materias cursadas en ESO.  Cun peso do 30 %, a nota obtida na avaliación final da ESO. Promoción e titulación
  • 8. Caderno de información académica 2ºESO 2016 Mónica Diz Besada (Dto. de Orientación do IES A Sardiñeira) 8  Excepcionalmente, un alumno ou alumna poderá repetir unha segunda vez en 4º curso se non repetiu nos cursos anteriores da etapa.  Os alumnos promocionarán de curso cando superasen todas as materias cursadas ou teñan avaliación negativa en 2 materias como máximo.  Repetirase curso con avaliación negativa en 3 ou máis materias, ou en 2 materias que sexan Lingua Galega e Literatura ou Lingua Castelá e Literatura e Matemáticas de forma simultánea.  De forma excepcional, poderá autorizarse a promoción dun alumno con avaliación negativa en 3 materias cando se dean conxuntamente as seguintes condicións: a) Que 2 das materias con avaliación negativa non sexan simultaneamente Lingua Galega e Literatura ou Lingua Castelá e Literatura, e Matemáticas, b) Que o equipo docente considere que a natureza das materias con avaliación negativa non impide ao alumno ou alumna seguir con éxito o curso seguinte, que ten expectativas favorables de recuperación e que a promoción beneficiará a súa evolución académica, c) Que se apliquen ao alumno as medidas de atención educativa propostas no consello orientador.  Poderá tamén autorizarse de forma excepcional a promoción dun alumno con avaliación negativa en 2 materias que sexan Lingua Galega e Literatura ou Lingua Castelá e Literatura e Matemáticas de forma simultánea cando o equipo docente considere que o alumno ou alumna pode seguir con éxito o curso seguinte, que ten expectativas favorables de recuperación e que a promoción beneficiará a súa evolución académica, e sempre que se apliquen ao alumno ou alumna as medidas de atención educativa propostas no consello orientador.  As materias coa mesma denominación en diferentes cursos da ESO consideraranse como materias distintas. É dicir, se suspendes lingua castelá de 2º e de 1º, serán consideradas como dúas materias diferentes que, por regra xeral, por tratarse de dúas linguas, impediríanche promocionar.  Quen promocione sen superar todas as materias deberán matricularse das materias non superadas, seguirán os programas de reforzo que estableza o equipo docente e deberán superar as avaliacións correspondentes.  Quen non promocione deberá permanecer un ano máis no mesmo curso.  Ao final de cada un dos cursos de ESO entregarase aos pais, nais ou titores legais de cada alumno un consello orientador, que incluirá unha proposta do itinerario máis adecuado a seguir, así como a identificación. Consello orientador
  • 9. Caderno de información académica 2ºESO 2016 Mónica Diz Besada (Dto. de Orientación do IES A Sardiñeira) 9  Se se considerase necesario, o consello orientador poderá incluír unha recomendación sobre a incorporación a un programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento ou a un ciclo de Formación Profesional Básica.  O consello orientador incluirase no expediente do alumno. A obtención do título de Graduado en Educación Secundaria é tan importante para asegurar un futuro académico ou profesional e unha inserción laboral adecuada que, durante a escolarización na ESO, ofrécense diversas posibilidades para axudar ó alumnado con dificultades e con risco de fracaso ou abandono escolar. DESDOBRES, AGRUPAMENTOS, REFORZOS, APOIOS: Existen diferentes agrupamentos e programas de apoio ao alumnado para que poida obter o título de graduado en educación secundaria. PROGRAMAS DE MELLORA DA APRENDIZAXE E DO RENDEMENTO: O alumnado que xa repetira un curso e teña dificultades de aprendizaxe non imputables á falta de estudo ou esforzo poderá incorporarse a un Programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento de 1 ou 2 anos. PROGRAMA DE FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA: Se non se logra o título de graduado en educación secundaria pódese cursar un Programa de Formación Profesional Básica para evitar incorporarse ao mundo laboral sen cualificación. EDUCACIÓN SECUNDARIA DE ADULTOS: Se tes 18 anos e non acadache o título de ESO tamén podes acceder á modalidade de Adultos para facer os cursos que che quedaran sen aprobar de ESO. Nesta modalidade non hai límite de tempo para acadar o título. Os 4 cursos da ESO comprímense en dous, de tal xeito que no 1º ano cúrsase 1º e 2º de ESO en dous cuadrimestres, e no 2ª ano cúrsase 3º e 4º en outros dous cuadrimestres. Excepcionalmente poden acceder á ESA (Educación Secundaria de Adultos) os maiores de 16 anos se teñen un contrato de traballo. PROBA DE ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO: Outra vía é presentarse á proba de acceso a ciclos de grao medio para maiores de 17 anos. Se superas esta proba, ainda que non obterás o título de ESO, poderás solicitar praza nun Ciclo de Formación Profesional de Grao Medio. Este exame celébrase todos os anos no mes de maio, é tipo test e avalía os contidos de materias de 3º e 4º de ESO. Que poden facer os alumnos que non progresanadecuadamente na ESO Que podo estudar despois daESO?
  • 10. Caderno de información académica 2ºESO 2016 Mónica Diz Besada (Dto. de Orientación do IES A Sardiñeira) 10 Son accións formativas que están dirixidas a alumnos entre 15 e 17 anos que, por diferentes circunstancias, non obtiveron o título de graduado en educación secundaria (ESO) e están en risco de abandono escolar. Proporcionan unha formación básica e profesional vinculada coas especialidades das distintas familias profesionais. Teñen unha duración de dous cursos. Algúns ciclos de FP Básica son impartidos en dous centros:  Nun Instituto de Educación Secundaria (IES): onde cursarás os módulos formativos académmicos.  Nun Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP): onde cursarás o resto dos módulos. Este será o teu centro de referencia. Os requisitos de acceso son: 1ª Ter entre 15 e 17 anos cumpridos no ano de incorporación ao programa. 2ª Non estar en posesión do título de ESO. Que son os Programas de Formación Profesional Básica
  • 11. Caderno de información académica 2ºESO 2016 Mónica Diz Besada (Dto. de Orientación do IES A Sardiñeira) 11 3ª Ter cursado 3º de ESO e excepcionalmente 2º de ESO. 4º Ser recomendado polo equipo docente e polo Orientador/a. 5º Ter o consentimento do pai/nai/ titor/a legal. Que módulos se estudan nos programas: 1. Módulos asociados ás unidades de competencia profesionais. 2. Módulos formativos comúns e académicos: A) Módulo de Comunicación e Sociedade: Lingua Castelá, Lingua Galega, Lingua Estranxeira e Ciencias Sociais. B) Módulo de Ciencias Aplicadas: Matemáticas aplicadas ao contexto persoal e de aprendizaxe dun campo profesional. 3. Módulo de Formación en Centros de Traballo. Polo momento as especialidades que se ofertan son as seguintes: FAMILIA PROFESIONAL CICLO DE FPBÁSICA Administracióne xestión CBADG01 - Servizosadministrativos Agraria CBAGA01- Agroxardinaríae composicións florais CBAGA02- Actividadesagropecuarias CBAGA03 - Aproveitamentosforestais Artes gráficas CBARG01 - Artesgráficas Comercioe márketing CBCOM01 - Servizoscomerciais Electricidade e electrónica CBELE01 - Electricidade e electrónica Edificacióne obra civil CBEOC01 - Reformae mantementode edificios Fabricación mecánica CBFME01 - Fabricacióne montaxe Hostalaría e turismo CBHOT01- Cociñae restauración CBHOT02- Aloxamentoe lavandaría Informática e comunicacións CBIFC01- Informáticae comunicacións CBIFC02- Informáticade oficina Imaxe persoal CBIMP01 - Peiteadoe estética Industrias alimentarias CBINA01 - Industriasalimentarias Madeira,moble e cortiza CBMAM01 - Carpintaría e moble Marítimo-pesqueiras CBMAP01 - Actividadesmarítimo-pesqueiras Téxtil,confeccióne pel CBTCP01- Arranxose reparaciónde artigostéxtilese de pel CBTCP02- Tapizaríae cortinaxe Transporte e mantementode vehículos CBTMV01 - Mantementode vehículos Vidro e cerámica CBVIC01 - Vidraríae olaría Que saídas teñen estes programas: - Obtense o título Profesional Básico da familia profesional correspondente, cuxa competencia profesional será o nivel 1 do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais. - Este título dará acceso directo aos ciclos de Formación Profesional de grao Medio. - Non se obterá o título de ESO, pero poderase obtelo presentándose e superando a proba de avaliación final de ESO. - No caso de non obter o título de FP Básica obterase unha certificación académica onde constarán os módulos superados.
  • 12. Caderno de información académica 2ºESO 2016 Mónica Diz Besada (Dto. de Orientación do IES A Sardiñeira) 12 - O título de FP Básica ten os mesmos efectos laborais que o título de ESO e capacitará para levar a cabo funcións de nivel básico de prevención. Que hai que facer para matricularse nestes programas? Presentar unha única solicitude de admisión e matrícula, asinada pola persoa solicitante xunto coa seguinte documentación:  Copia do DNI ou NIE, no caso de non dar o consentimento para a comprobación dos datos de identidade no sistema de verificación do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.  Comunicación de incorporación á formación profesional básica segundo o anexo IV, no caso de alumnado que foi proposto polo equipo docente con 15, 16, ou 17 anos.  Certificado de discapacidade, no caso de participar no proceso de admisión pola reserva para persoas con discapacidade. Se desexas cursar un ciclo de Formación Profesional Básico e crees que cumpres os requisitos contacta co teu Departamento de Orientación o antes posible. Ter en conta o calendario docurso actual 15/16 (haberá que estar atentoao novo calendario para o curso 16/17):  Presentación de solicitudes: do 1 ao 10 de setembro ás 13.00 horas.  Publicación, nos centros educativos, das listaxes de alumnado admitido e non admitido: 11 de setembro  Matriculación: do 11 ao 18 de setembro. Programas de FP Básica para alumnos con NEE (Necesidades Educativas Especiais): Nos centros de Educación Especial ofértanse Programas Formativos para alumnos con NEE. Trátase de programas adaptados ás necesidades dos alumnos, onde poderán cursar módulos profesionais dun título de FP Básica, e módulos de formación adaptados ás súas necesidades. O título de graduado en educación secundaria permite acceder:  Aos ciclos de formación profesional de grao medio.  Ao bacharelato.  Ás ensinanzas de Réxime Especial. Que estudos se podenrealizar cotítulode Graduado enEducación Secundaria Que é a FormaciónProfesional
  • 13. Caderno de información académica 2ºESO 2016 Mónica Diz Besada (Dto. de Orientación do IES A Sardiñeira) 13 Ensinanzas que capacitan para o exercicio dunha profesión utilizando con autonomia e eficacia os instrumentos e técnicas que Ile son propios. Duran dous cursos e organízanse en ciclos de grao básico, medio superior. Están conformados por unha serie de módulos de formación teórico-practica mediante os que se adquiren as competencias propias do título. No segundo curso, o alumnado ten que realizar un módulo de “formación en centros de traballo” (FCT – prácticas na empresa). A FCT complementa as competencias profesionais adquiridas no centro educativo e permite o contacto co mundo das empresas e co mercado laboral. É esencial para lograr unha formación profesional adecuada, así como para favorecer a inserción laboral. A superación de todos os módulos dun ciclo permite a obtención do título de técnico ou GRAOS UNIVERSITARIOS FORMACIÓN PROFESIONAL - 2 cursos de duración - Acceso ao mundo laboral - Organizadosen familias profesionais. CICLOS DE GRAO BÁSICO (FP Básica) CRITERIOS DE ACCESO: - Entre 15 e 17 anos. - Non ter superada a ESO - Ser proposto polo equipo docente CICLOS DE GRAO MEDIO (FP GM) ACCESO POR: - Ciclo de FP Básica - Título ESO (Ensinos aplicados). - Proba de acceso con 17 anos CICLOS DE GRAO SUPERIOR (FP GS) ACCESO POR: - Ciclo de FP GM - Título Bacharelato - Proba de acceso con 19 anos.
  • 14. Caderno de información académica 2ºESO 2016 Mónica Diz Besada (Dto. de Orientación do IES A Sardiñeira) 14 técnico superior, según se cursara un título de grao medio ou superior. O título posibilita a incorporación ao mundo laboral cunha formación que permitirá traballar como autónomo ou como asalariado, cunha cualificación profesional suficiente para o desempeño dunha profesión. Para acceder ós ciclos formativos de grao medio débese ter o título de ESO, ou superar un Programa de Formación Profesional Básico, ou superar unha proba de acceso se cumpres 17 anos. Para acceder ós de grao superior débese cursar previamente un ciclo medio ou o bacharelato ou superar unha proba de acceso se tes 19 anos. Despois dun ciclos superior pódese acceder aos graos universitarios. Hai máis de 100 títulos de FP diferentes organizados en familias profesionais. Dentro de cada familia ofértanse ciclos de grao medio e de grao superior. da proba. Ofertade Ciclos de Formación Profesional de graoMedioe grao Superior: Familias Profesionales Oferta de Ciclos Medios (CM) e Ciclos Superiores (CS) Agraria CM Produciónagrotecnolóxica CM Produciónagropecuaria CM Xardineríae floraría CM Traballosforestaise de ConservacióndoMedio Natural. CS Paisaxismoe mediorural. CS Gandaría e asistenciaensanidade animal. CS XestiónForestal e domedionatural Actividades Físicas e Deportivas CM Conduciónde actividadesfísico –deportivasnomedionatural CS Animaciónde Actividades Físicase Deportivas. Artes Gráficas CM Preimpresióndixital CM Impresiónenartesgráficas. CS Deseñoe producióneditorial CS Produciónenindustriasde artesgráficas Marítimo Pesqueiras CM Mergulloamediaprofundidade. CM Operación,Control e mantementode Máquinase instalacións do buque. CM Operaciónsde cultivoacuícola. CM Pescae transporte marítimo CS Transporte marítimoe pescade altura. CS Navegación,pescae trasporte marítimo CS Producciónacuícola. CS Supervisióne control de máquinase instalaciónsdobuque. Administración e Xestión CM Xestiónadministrativa CS Administracióne finanzas. CS Asistenciaádirección.
  • 15. Caderno de información académica 2ºESO 2016 Mónica Diz Besada (Dto. de Orientación do IES A Sardiñeira) 15 Comercio e Marketing CM Actividadescomerciais CS Transporte e loxística CS Márketinge publicidade CS Xestiónde vendase espazoscomerciais CS ComercioInternacional Imaxe e Son CM VídeoDis-jokeye son. CS Animación3D,xogose contornos. CS Iluminación,captacióne tratamentodaimaxe. CS Produciónde audiovisuaise espectáculos. CS Realizaciónde proxectosaudiovisuaise espectáculos. Edificación e Obra Civil CM Obrasde interior,decoracióne rehabilitación CS Proxectosde obracivil. CS Proxectosde edificación CS Realizacióne plansde obra. Electricidade e Electrónica CM Instalaciónseléctricase automáticas CM Equiposelectrónicosde consumo CM Instalaciónsde telecomunicacións CS Sistemaselectrotécnicose automatizados. CS Sistemasde telecomunicacióne informáticos. CS Mantenementoelectrónico. CS Automatizacióne robóticaindustrial. Fabricación Mecánica CM Mecanizado. CM Soldadurae calderería. CS Construcciónsmetálicas. CS Programaciónda producciónde fabricaciónmecánica. CS Programaciónda produciónenmoldeamentode metaise polímeros CS Deseñoen FabricaciónMecánica. Hostelería e Turismo CM Cociñae gastronomía CM servizosenrestauración CS Axenciade viaxese xestiónde eventos CS Xestiónde aloxamentoturísticos CS Guia,informacióne asistenciaturísticas CS Direcciónde cociña. CS Direcciónde Serviciosde Restauración. Imaxe Persoal CM Estéticapersoal decorativa. CM Peiteadoe estética capilar. CMCaracterización. CS Etéticaintegral e benestar. CS Estilismoe direcciónde peiteado. CS Asesoríada imaxe persoal e corporativa CS Caracterizacióne maquillaxe profesional Industrias Alimentarias CM Aceitesde olivae viños. CM Elaboraciónde produtosalimentarios CM Panadería,repostaríae confeitaría CS Procesose calidade naindustriaalimentaria. CS Vitivinicultura. Informática e Comunicacións CM Sistemasmicroinformáticasenrede CS Administraciónde sistemasinformáticosenrede. CS Desenvolvementode aplicaciónsmultiplataforma. CS Desenvolvementode aplicaciónsweb.
  • 16. Caderno de información académica 2ºESO 2016 Mónica Diz Besada (Dto. de Orientación do IES A Sardiñeira) 16 Instalación e Mantenemento CM Mantementoelectromecánico CM Instalaciónsfrigoríficase de climatización CM Instalaciónsde produciónde calor CS Desenvolvementode proxectosde instalaciónstérmicase de fluidos CS Mecatrónicaindustrial CS Mantenementode instalacióntérmicase de fluídos. CS Prevenciónde riscosprofesionais Madeira, Moble e Cortiza CM Carpinteríae moble CS Deseñoe amoblamento Transporte e mantenemento de Vehículos CM Carrozaría CM Electromecánicade vehículosautomóbiles CS Automoción Química CM Operaciónsde Laboratorio CS Laboratoriode análise e control de calidade CS Químicaambiental CS Químicaindustrial CS Fabricaciónde produtosfarmacéuticos,biotecnolóxicose afíns. Sanidade CM Coidadosauxiliaresde enfermería CM Farmaciae parafarmacia CM Emerxenciassanitarias(sóenréximede adultosmodular) CS Anatomíapatolóxicae citoloxía CS Dietética CS Documentacióne administraciónsanitarias CS Hixiene bucodental CS Imaxenparao diagnósticoe medicina nuclear CS Laboratorioclínicoe biomédico CS Prótesesdentais CS Radioterapiae dosimetría CS Saúde ambiental CS Audioloxíaprotésica CS Ortoprótesise produtosde apoio Servicios Socioculturais e á Comunidade CM Atenciónapersoasensituaciónde dependencia CS AnimaciónSociocultural e turística CS EducaciónInfantil CS Integraciónsocial CS Mediacióncomunicativa CS Promociónde Igualdade de Xénero Textil, Confección e Pel CM Confeccióne moda CS Patronaxe e moda CS Vestuarioamedidae de espectáculos CS Deseñotécnicoentextil e pel CS Deseñoe produciónde calzadoe complementos Enerxía e Auga CS Eficienciaenerxéticae EnerxíaSolarTérmica CS Enerxíasrenovables Seguridade e ambiente CS Educacióne control ambiental CS Coodinación enproteccióncivile emerxencias
  • 17. Caderno de información académica 2ºESO 2016 Mónica Diz Besada (Dto. de Orientación do IES A Sardiñeira) 17 Lembra que as persoas que non posúan os requisitos académicos poden acceder mediante a superación dunha proba de acceso. As condicións que se deben cumplir para presentarse son:  Para a proba de acceso os ciclos de grao medio é necesario ter 17 anos e non posuír os requisitos de acceso directo (título de FP Básica ou título de ESO)  Para a proba de acceso os ciclos de grao superior, é necesario ter 19 anos e non posuír os requisitos de acceso directo (título de FP GM ou título deBacharelato) Esta proba está pensada para os que non acadan o título da ESO pola via ordinaria ou por adultos e desexan acceder a un Ciclo de formación profesional de grao Medio. Poden presentarse a unha proba, que unha vez superada, da un certificado que permite o acceso a calquera Ciclo de Grao Medio. Non dá o título de ESO. Así que despois de superar a proba é necesario cursar un ciclo e superalo para poder acadar unha titulación mínima para traballar. Para poder presentarse hai que cumprir 17 anos no ano en que se celebran as probas. Hai unha convocatoria cada ano. En que consiste a proba? Consistirá tres partes: 1ª parte: sociolingüística (con exercicios sobre contidos de lingua e literatura española, de lingua e literatura galega e de ciencias sociais). 2ª parte: de contidos de tipo científico – técnico (con exercicios sobre contidos de Ciencias da Natureza e Tecnoloxía). 3ª parte: de contidos matemáticos. Os contidos das probas saen das materias de 3º e 4º de ESO. Que nota hai que acadar? Para a superación da proba hai que acadar unha cualificación mínima de 5 como nota media das tres partes. Para realizar a media hai que acadar un mínimo de catro en cada parte. Etapa educativa non obrigatoria de dous anos de duración á cal se accede co título de graduado en educación secundaria. Existen tres modalidades (Ciencias, Artes, Ciencias Sociais e Humanidades) con materias diferentes en cada modalidade. Cúrsanse materias troncais (comúns ás diferentes modalidades), materias específicas de Que outras formas existenparaacceder á formaciónprofesional específica A proba de acceso a Ciclos de Grao Medio Que é o bacharelato e que título proporciona
  • 18. Caderno de información académica 2ºESO 2016 Mónica Diz Besada (Dto. de Orientación do IES A Sardiñeira) 18 libre configuración. As materias troncais e obrigatorias a calquera modalidade son: lingua castelá e literatura, lingua galega e literatura, lingua estranxeira, filosofía, educación física. As modalidades e as súas materias específicas son as seguintes: 1. Artes ( Artes plásticas, deseño e imaxe / Artes escénicas, música e danza). As materias que se imparten son, dependendo de un ou outro itinerario: Cultura audiovisual, Debuxo artístico e Debuxo Técnico, Historia da Arte, Análise musical, Anatomía aplicada, Linguaxe e práctica musical, Artes Escénicas, Historia da música e da danza, … . 2. Ciencias, coas seguintes materias para escoller: matemáticas, física e química, bioloxía, debuxo técnico, tecnoloxía industrial, ciencias da terra e do medioambiente, … . 3. Humanidades e Ciencias Sociais, con materias tamén para escoller entre: Historia do Mundo contemporáneo, historia da arte, economía, matemáticas aplicadas ás ciencias sociais, grego, latín, literatura universal… . Cada modalidade esta relacionada con determinados estudos académicos posteriores. Trala superación de todas as materias que se cursan nesta etapa e da proba final de bahcarelato obtense título de bacharelato. O título permite o acceso aos ciclos formativos de grao superior e á universidade.
  • 19. Caderno de información académica 2ºESO 2016 Mónica Diz Besada (Dto. de Orientación do IES A Sardiñeira) 19 II. AS ENSINANZASUNIVERSITARIAS:  A universidade é unha institución de educación superior onde se imparten as ensinanzas oficiais de maior nivel dentro do sistema educativo español.  Unha carreira (grao) universitaria dura en xeral 4anos.  Permiten o acceso ao mundo laboral cunha titulación de nivel superior. Hai cinco grandes ramas de coñecemento e moitos títulos dentro de cada rama:  Rama de Ciencias: Bioloxía, Ciencias Ambientais, Ciencias do Mar, Ciencia e Tecnoloxía dos alimentos, Física, Matemáticas, Química.  Rama de Ciencias da saúde: Mediciña, Enfermería, Podoloxía, Veterinaria, Fisioterapia, Odontoloxía, Nutrición humana e dietética, Farmacia, Logopedia, Psicoloxía, Óptica, Terapia ocupacional, ... .  Rama Ciencias Sociais e xurídicas: Dereito, Relacións Laborais. Administración de empresas, Economía, Administración Pública, Biblioteconomía e Documentación, Ciencias actuariais e financieiras, Mestre, Publicidade e Relacións Públicas, Xornalismo, Ciencias Políticas, Turismo, Comercio e Márketing, Comunicación Audiovisual, Deporte e Educación Física, Traballo social, Educación Social, Pedagoxía, Socioloxía.  Enxeñerías e Arquitectura: Arquitectura, enxeñeiro de camiños e portos, de obras públicas, aeronáutico, agrario, forestal, electricidade, naval, informática, deseño industrial, telecomunicacións, minas, química industrial, ... .  Artes e Humanidades: Filoloxía, Traducción e interpretación , Historia, Belas artes, Restauración, Arte Dramática, Antropoloxía, Filosofía, Xeografía, … . As modalidades de bacharelato, en xeral, relaciónanse con estas ramas de coñecemento. Que títulos universitarioshai
  • 20. Caderno de información académica 2ºESO 2016 Mónica Diz Besada (Dto. de Orientación do IES A Sardiñeira) 20 Débese ter o título de Bacharelato (aprobar as materias e a proba final de avaliación) ou un título de Técnico Superior (FP de grao superior). Requisitos paraacceder áuniversidade
  • 21. Caderno de información académica 2ºESO 2016 Mónica Diz Besada (Dto. de Orientación do IES A Sardiñeira) 21 III. AS ENSINANZAS DE RÉXIME ESPECIAL: Proporcionan unha formación específica para garantir a cualificacion dos futuros profesionais da música, a danza, os idiomas, a arte dramática, as artes plásticas e o deseño e as ensinanzas deportivas. As ensinanzas de música e de danza están dirixidas á formación de profesionais e teñen as seguintes saidas profesionais: interpretación, docencia, creación e investigación. Tamén están dirixidas a afeccionados, a quen Iles ofrece unha formación práctica. Pódense cursar a calquera idade nas escolas e conservatorios de Música e Danza. Para acceder precisas o título de ESO e superar unha proba de aptitudes. Organízanse en tres graos (elemental, profesional e superior) e teñen 14 cursos en total. Inclúen as ensinanzas das linguas cooficiais do estado e as ensinanzas de linguas estranxeiras. Impártense, con caracter xeral, nas Escolas Oficiais de Idiomas e en institutos de educación secundaria autorizados. Pódense cursar en tres modalidades: presencial, libre, a distancia. Constan de tres niveis de dous cursos cada un. En total son 6 cursos. Cada dous cursos podes acadar un certificado. Podes estudar moitos idiomas: Inglés, Francés, Alemán, Ruso, Italiano, Portugués, Galego, Árabe, Xaponés, ... . Para acceder precisas 16 anos (14 se é para estudar un idioma diferente ao que estudache en ESO). Son ensinanzas dirixidas a formar adestradores. Existen diversas especialidades deportivas: Fútbol, Fútbol sala, Deportes de inverno (esquí, snowboard), Deportes de montaña e escalada, Atletismo, Baloncesto, Balonmán. Organízanse en dous ciclos de dous cursos cada un. Para acceder ao 1º curso precisas o o As ensinanzas de músicae danza As ensinanzas de idiomas As ensinanzas deportivas
  • 22. Caderno de información académica 2ºESO 2016 Mónica Diz Besada (Dto. de Orientación do IES A Sardiñeira) 22 título de ESO e superar unha proba de aptitudes deportivas. Ofrecen unha formación técnica e unha formación artística que proporcionan unha cualificación profesional. Comprenden un conxunto de ciclos formativos de grao medio e grao superior organizados en módulos profesionais. As especialidades que podes estudar son: Escultura, deseño de interiores, xoiería, artes aplicadas ao libro, cerámica, artes aplicadas á indumentaria, deseño industrial, deseño gráfico, artes aplicadas ao muro, esmaltes artísticos, textiles artísticos, arte floral, vidrio artístico. Para acceder a elas, ademais de posuír o título de ESO /Bacharelato, precisas superar unha proba de aptitudes plásticas.  Os estudos superiores da especialidade de Conservación e Restauración de Bens Culturais (para ser restaurador en museos).  As ensinanzas superiores de Arte Dramática (para ser actor /actriz ou director de cine).  Os estudos superiores de Deseño, que inclúen tres especialidades: Deseño de Productos, Deseño de Interiores, Deseño Gráfico, Deseño de Moda (para ser deseñador). Para acceder a todos estes estudos precisas acadar o título de Bacharelato. As ensinanzas de artes plásticas e deseño Outros estudos artísticos
  • 23. Caderno de información académica 2ºESO 2016 Mónica Diz Besada (Dto. de Orientación do IES A Sardiñeira) 23 IV. CONTIDOS DAS MATERIAS DE 3º DE ESO: Materia necesaria para continuar estudos postobrigatorios de bacharelato. O alumnado que curse esta materia afondará no desenvolvemento das habilidades de pensamento matemático; concretamente na capacidade de analizar e investigar, interpretar e comunicar matematicamente diversos fenómenos e problemas en distintos contextos, así como de proporcionar solucións prácticas a estes. Tamén debe valorar as posibilidades de aplicación práctica do coñecemento matemático tanto para o enriquecemento persoal como para a valoración do seu papel no progreso da humanidade. Os contidos organízanse entorno aos seguintes bloques:  Procesos, métodos e actitudes en matemáticas  Números e álxebra  Xeometría  Funcións  Estatística e probabilidade O alumnado que curse esta materia afondará no desenvolvemento das habilidades de pensamento matemático; concretamente na capacidade de analizar e investigar, interpretar e comunicar matematicamente diversos fenómenos e problemas en distintos contextos, así como de proporcionar solucións prácticas a estes, cun enfoque eminentemente práctico dirixido a proporcionar recursos e competencias que permitan ao alumnado continuar estudos de formación profesional. Os contidos organízanse entorno aos seguintes bloques:  Procesos, métodos e actitudes en matemáticas  Números e álxebra  Xeometría  Funcións  Estatística e probabilidade Ten como obxectivo primordial achegar o alumnado ao estudo das civilizacións grega e latina nos ámbitos literario, artístico, filosófico, científico, sociopolítico e lingüístico, de xeito que poida tomar conciencia da influencia, o mantemento e a presenza destes aspectos na cultura occidental, e comprender a súa identidade cultural, así como as manifestacións que a definen. Bloques de contidos:  Xeografía  Historia  Mitoloxía, Arte  Sociedade e vida cotiá  Lingua e literatura  Pervivencia na actualidade. Matemáticas Académicas Matemáticas Aplicadas Cultura Clásica
  • 24. Caderno de información académica 2ºESO 2016 Mónica Diz Besada (Dto. de Orientación do IES A Sardiñeira) 24 O currículo da materia está estruturado en seis bloques temáticos: - A dignidade da persoa - A comprensión, o respecto e a igualdade nas relacións interpersoais - A reflexión ética - A xustiza e a política - Os valores éticos, o dereito, a Declaración Universal dos Dereitos Humanos (DUDH) e outros tratados internacionais sobre dereitos humanos - Os valores éticos e a súa relación coa ciencia e a tecnoloxía  En 1º ESO traballan o referido á personalidade e á súa constitución, a ineludibilidade dos problemas morais e a introdución á reflexión ética e política.  En 2º ESO abórdanse as achegas que, no campo da reflexión moral, fixeron os/as grandes pensadores/as e filósofos/as da historia, así como as conexións necesarias entre o campo da ética, o do dereito e o da política; conexións nas que o concepto de xustiza ocupa un papel central.  En 3º ESO, os temas atinxen á configuración da vida social e política, pondo como criterio ético básico dunha sociedade xusta o respecto á DUDH e os valores que a conforman, e vendo que tanto a Constitución Española como o Estatuto de Autonomía de Galicia se axustan a este criterio e o enriquecen.  No 4º ESO retómanse desde un nivel de afondamento superior, todos os temas que foron xurdindo nos cursos previos. Valores éticos
  • 25. Caderno de información académica 2ºESO 2016 Mónica Diz Besada (Dto. de Orientación do IES A Sardiñeira) 25 RESPONDE ÁS SEGUINTES PREGUNTAS 1. Que podo estudar despois da ESO? ................................................................................................................................................. ................................................................................................................................................. 2. Se non acado o título de ESO, que opcións teño para seguirestudando? ................................................................................................................................................. ................................................................................................................................................. 3. Cales son os requisitos para acceder a un Programa de Formación Profesional Básico? ................................................................................................................................................. ................................................................................................................................................. 4. Cales son os requisitos para acceder a un título de FP de grao medio? ................................................................................................................................................. ................................................................................................................................................. 5. Cales son os requisitos para acceder a un título de FP de grao superior? ................................................................................................................................................. ................................................................................................................................................. 6. Se quero estudar Educación Secundaria na modalidade de Adultos, cantos anos teño que ter cumpridos? ................................................................................................................................................. 7. Cales son os requisitos para acceder ó bacharelato? ................................................................................................................................................. .................................................................................................................................................
  • 26. Caderno de información académica 2ºESO 2016 Mónica Diz Besada (Dto. de Orientación do IES A Sardiñeira) 26 8. Que modalidades hai debacharelato? ................................................................................................................................................. ................................................................................................................................................. ................................................................................................................................................. 9. Co título de bacharelatoque podo estudardespois? ............................................................................................................................................... ................................................................................................................................................ 10. Investiga e escribe os ciclos de FP que se imparten no noso centro: 12. Investiga e escribe que modalidades de bacharelato se imparten no nosocentro: 13. Marca con X as materias que vas a escoller en 3º de ESO: Marca unha: ..... Matemáticas aplicadas ..... Matemáticas académicas Marca unha: .... 2ª lingua estranxeira (Francés) .....Cultura Clásica Marca unha: .... Relixión .... Valores éticos
  • 27. Caderno de información académica 2ºESO 2016 Mónica Diz Besada (Dto. de Orientación do IES A Sardiñeira) 27 ANOTA AQUÍ AS TÚAS DÚBIDAS:
  • 28. IES A SARDIÑEIRA Avenida da Sardiñeira, 41. 15008 A Coruña Tel: 981247316 Email: ies.sardineira@edu.xunta.es Blog de Orientación: http://monicadizorienta.blogspot.com