SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 12
XORNADAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
                                     “Mellora do clima de aula”
                       Santiago de Compostela, 11 e 12 de Decembro de 2009
             Experiencia de centros: As boas prácticas na mellora da convivencia na aula




Ponentes: Verónica Dopico Cancela e Yolanda Castro López, profesoras no CPI Virxe da Cela,
Monfero, A Coruña
Título da conferencia, docencia e/ou taller: Monferosolidario: Educación en valores e
corresponsabilidade comunitaria.




                                      MONFEROSOLIDARIO:

          EDUCACIÓN EN VALORES E CORRESPONSABILIDAD COMUNITARIA



   1.   Contextualización: o noso centro
   2.   A educación en valores mediante un enfoque transversal e interdisciplinar.
   3.   Convivencia e socialización nun contorno rural: a implicación e a participación comunitaria.
   4.   Interculturalidade: unha educación centrada na pluralidade cultural.
   5.   Liñas de actuación e planificación específica para un C.P.I.
   6.   Metodoloxía de traballo.
   7.   Posta en práctica: plan de actividades.
1.- Contextualización: o noso centro


       O C.P.I. Virxe da Cela está ubicado no Xestal, no Concello de Monfero, entre as localidades de
   Pontedeume, Betanzos e As Pontes (provincia de A Coruña). A superficie de Monfero é de 171,7
   km², e a súa poboación 2978 habitantes. Comprende as parroquias de O Alto de Xestoso, (Santa
   María), Queixeiro (San Xurxo), San Fiz de Monfero (San Fiz), Santa Xiá de Monfero (Santa Xiá),
   Taboada (Santa Mariña), O Val de Xestoso, (San Pedro), Vilachá (Santa María)

   •   O C.P.I. Virxe da Cela, de titularidade pública oferta Educación Infantil, Educación Primaria,
       Educación Secundaria Obrigatoria e Programas de Cualificación Profesional.
   •   No presente curso 2009/2010 están matriculados no centro un total de 171 alumnos/as.
   •   O claustro está formado por 30 profesores/as, dos cales 2 imparten aulas en Educación Infantil,
       11 en Educación Primaria e 17 en Educación Secundaria Obrigatoria.
   •   6 persoas constitúen o persoal de administración e servicio.
   •   No noso centro existe un comedor escolar xestionado polo propio centro e subvencionado
       integramente pola Xunta de Galicia no que se ofrecen servicios todos os días lectivos.
2.- A educación en valores mediante un enfoque transversal e interdisciplinar.


    Monferosolidario pretende ser a voz da solidariedade do C.P.I. Virxe da Cela (Monfero, A Coruña).
Esta iniciativa naceu no pasado curso académico 2008-2009, como froito da colaboración entre os
departamentos de Educación para a Cidadanía e Relixión (E.S.O.), e o seu obxectivo principal é a
sensibilización e a implicación de toda a comunidade educativa (profesorado, alumnado, familias e
contorno), creando un clima de unidade e de convivencia.

1.- A NOSA TRAXECTORIA:

Antecedentes:
   • 2003-2005: Dende a materia de Ética (4º E.S.O.): Charlas e obradoiros de sensibilización,
       Rastro Solidario, difusión de proxectos de voluntariado e cooperación, etc.
   • 2007-2008: Dende a materia de Relixión (E.S.O.): actividades vinculadas aos Dereitos
       Humanos, a cultura da Paz, a Interculturalidade. Primeiro contacto coa O.N.G. Entreculturas
       (Xuño 2008)
   • 2008-2009: Colaboracións entre os Departamentos de E.P.C e Relixión (E.S.O). Creación del
       blogue Monferosolidario.

Actualidade: Tras ser galardoados no I Premio de Educación para el Desarrollo, (Ministerio de
Educación e Axencia Española de Cooperación Internacional), o noso traballo consolídase. Baixo a
proposta do Equipo Directivo, e coa aprobación do Claustro e Consello Escolar, as iniciativas de
Monferosolidario aparecen recollidas no PEC no presente curso 2009-2010. Estamos a traballar en todos
os niveis educativos (Educación Infantil, Educación Primaria, E.S.O. e P.C.P.I.), e en estreita
colaboración coa Biblioteca Escolar e con outros Departamentos (especialmente os Departamentos de
Lingua Castelá, CCSS e Debuxo)


No P.E.C. aparece recollido:

       Educación en valores ó longo das etapas educativas.
       Interrelación e cooperación con outros centros, asociacións e organización sen ánimo de lucro
        que traballen para promover os valores de solidariedade, loita contra a pobreza e
        desenvolvemento humano.
       Realización de colaboracións a curto e longo prazo con diferentes organismos orientados á
        procura de beneficios sociais e colectivos:
              Consumo responsable (obradoiros de reciclaxe)
              Defensa da solidariedade.
              Protección do medio ambiente.
              Xeneralización dos dereitos humanos
              Ausencia de discriminacións.
2.- O POR QUE DA EDUCACIÓN EN VALORES:


         Porque cremos que é necesario, nos tempos que corren, buscar unha forma de educación que
fomente a apropiación de valores como a autonomía, a xustiza e o respecto, colaborando na construcción
da propia identidade do alumnado, do seu futuro proxecto de vida e do seu desenvolvemento como
persoas.

    OBXECTIVOS

    •   Sensibilizar á comunidade educativa sobre a importancia da educación en valores e a
        necesidade dunha maior corresponsabilidade comunitaria.
    •   Promover a educación para a solidariedade e a cooperación cun enfoque transversal,
        fomentando e facilitando a participación de todo o centro.
    •   Potenciar unha conciencia crítica, intentando motivar a participación social, defendendo a idea
        dunha educación máis integral e solidaria e promover unha cidadanía activa, informada, e
        responsable.
    •   Concienciar sobre o poder e la capacidade que ten o alumnado, como nova xeración, para
        transformar o mundo.


    Tratamos de acadar os nosos obxectivos a través da sensibilización social, a reflexión e a acción.


1º Fase: Sensibilización social e reflexión: Queremos favorecer un cambio de actitude e de
comportamento.


    •   Resaltando a importancia da responsabilidade e do compromiso cara as desigualdades e as
        inxustizas sociais, e a partir de aí buscar posibles solucións para combatilas.
    •   Transmitindo valores humanistas de convivencia pacífica, tolerancia e igualdade entre as
        persoas, empezando polo ámbito máis próximo: a familia, a escola, a comunidade, e de aí
        contribuír a cambios que encamiñen cara a un mundo máis xusto.
    •   Fomentando valores e actitudes de solidariedade, respecto e convivencia intercultural
        mediante o coñecemento, achegamento e intercambio cultural.


2º Fase: acción.

    •   Promovendo a participación activa nas iniciativas que parten da nosa escola e facendo
        consciente ao noso alumnado de que as nosas iniciativas teñen capacidade transformadora na
        sociedade.
    •   Participando tamén en accións de cooperación para o desenvolvemento: dando a coñecer
        diferentes proxectos de cooperación de ONGs, e uníndonos ás súas campañas.



    As grandes liñas transversais que tratamos de abordar a través de Monferosolidario son:

    •   Obxectivos do Milenio
    •   Grandes desigualdades sociais
    •   Cooperación e desenvolvemento
    •   Cultura da paz e da non- violencia
    •   Identidade cultural
    •   Perspectiva de xénero
    •   Dereitos da infancia
•   Cidadanía
•   Ecodesenvolvemento, consumo responsable, sostenibilidade.
3.- Convivencia e socialización nun contorno rural: a implicación e a participación
     comunitaria.


Punto de partida: O noso centro educativo está situado no rural. Esto significa que é un contorno
empobrecido culturalmente. A axenda cultural ofertada polo concello ou por asociacións da zona non é
moi variada, a poboación vive dispersa e a rede de transporte público é case inexistente. Sen embargo, a
grade vantaxe é que entre o noso alumnado aínda prima o carácter colectivo e familiar, elementos que
estanse a extinguir no mundo urbano. A nosa misión, a través de Monferosolidario, é:

        •    Dinamizar e enriquecer culturalmente o noso contorno.
        •    Favorecer os procesos de socialización no rural.
        •    Facer perdurar os valores de traballo comunitario e axuda mutua.


1.- CONVIVENCIA:

         O noso é un centro pequeno, con pouco alumnado e profesorado, onde prima un clima de
familiaridade e de traballo en equipo. Temos pequenos problemas puntuais, fáciles de detectar e de
resolver, e non contamos con alumnado verdadeiramente problemático, así que debemos de abordar a da
convivencia dende a normalidade, non dende o conflicto. Queremos enriquecer o clima de convivencia,
tratando de evitar os problemas antes da súa aparición. Tratamos de:


    •   Construír un lugar convivencia positiva, que a escola sexa un lugar onde os alumnos/as podan
        desenvolver plenamente todas as súas potencialidades.
    •   Humanizar a escola, creando un adecuado clima de atención persoal e de relacións afectivas, xa
        que consideramos o centro escolar como un espacio comunitario onde non soamente se produce
        a transmisión de saberes e coñecementos, senón onde se establecen relacións e vínculos.
    •   Acadar un funcionamento óptimo do noso centro, cun clima de traballo e de relación
        adecuado, baseado no respecto mutuo, dentro e fóra das aulas.
    •   Fomentar o traballo en equipo, deseñando actividades que potencien a cohesión de grupo e que
        leven á xeración de apoios entre os membros do equipo.
    •   Como docentes que somos, queremos ser un modelo ou referencia para o noso alumnado,
        exercendo unha influencia positiva e enriquecedora a través das nosa filosofía de vida e as nosas
        pautas de conducta e actuación.
2.- IMPLICACIÓN DE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA:


Profesorado: Monferosolidario susténtase no traballo en equipo. Contamos co apoio e a participación
doutros Departamentos, Biblioteca Escolar, Equipo de Normalización Lingüística, etc. As propostas
parten dos Departamentos de E.P.C. e Relixión (E.S.O.), pero están dirixidas para outros niveis, e o
profesorado de Educación Infantil e Educación Primaria participan tamén nas nosas iniciativas. Dotamos
ao profesorado de ferramentas para traballar a transversalidade.

Dirección: Contamos co apoio da dirección do centro, recoñecendo o noso traballo, avalando a nosa
labor, promovendo a difusión das nosas actividades e facilitando o desenvolvemento das mesmas, e
fomentando a participación e a implicación de profesorado e familias.

Alumnado: As actividades realizadas constitúen un importante elemento de motivación, á vez que
facilitan a aprendizaxe en valores. Temos en conta os seus intereses e suxestións, e avaliamos o seu grado
de satisfacción a través de enquisas e de comentarios no blogue, comprobando unha actitude sempre
positiva.

Familias: A través de circulares e notas informativas, as familias están ao tanto das actividades.
Solicitamos a súa colaboración, e o éxito de moitas das nosas campañas é o resultado da súa
participación. Compartimos con eles a noticia do I Premio de Educación para o Desarrollo, recoñecendo
e valorando a súa implicación.


Outras entidades: contamos coa colaboración e o apoio de distintas O.N.G.s: Entreculturas, Save the
Children, Cruz Vermella, a Cova da Terra, Save The Children, etc.) que nos facilitan materiais
didácticos, propostas de actividades, pautas de actuación, cursos de formación, asistencia gratuíta en
charlas e obradoiros, etc... Mantemos intercambios con outros centros educativos (I.E.S. Monelos, A
Coruña). Buscamos nun futuro próximo establecer relacións co Concello e outras entidades culturais da
zona.

Blogue Monferosolidario: gracias ás novas tecnoloxías da comunicación podemos difundir a nosa
iniciativa máis aló do espacio físico do noso centro. Moitos usuarios consultan o noso blogue ( dende a
creación do blogue en Marzo de 2009, xa recibimos máis de 4000 visitas), interesándose pola nosa labor.
O blogue constitúe tamén unha plataforma de difusión para que as familias e o alumnado que termine a
escolarización no centro podan estar informados da programación de actividades. Queremos tamén
promover a educación para a solidariedade mediante a publicación no blogue de materiais educativos e
recursos didácticos que poidan servir como axuda a outros docentes.
4.- Interculturalidade: unha educación centrada na pluralidade cultural.


     A realidade do noso centro: No noso centro, situado nun contorno rural, non contamos con alumnado
estranxeiro, (agás dúas rapazas que chegaron de Colombia fai 6 anos, e que están totalmente integradas).
Polo tanto non temos as problemáticas asociadas á inmigración que xa son frecuentes nos centros situados
en cidades e vilas. De todos xeitos consideramos necesario incidir neste ámbito, loitando contra
estereotipos, eliminando prexuízos e valorando a diferencia como un elemento de enriquecemento. No
caso particular do noso centro, queremos tamén acabar con moitos prexuízos referidos á cultura rural e á
cultura urbana. Traballamos a interculturalidade:

        •    Divulgando valores non discriminatorios que fomenten a tolerancia e o respecto á
             diversidade cultural, e ensinando a descubrir a riqueza da diversidade.
        •    Achegando coñecementos de outras culturas.
        •    Dando a coñecer os mecanismos e as causas que explican o fenómeno das migracións e
             defendendo a integración dos inmigrantes na sociedade en xeral
        •    Propiciando un achegamento e un entendemento das culturas rural e urbana a través de
             xornadas de convivencia.
5.- Liñas de actuación e planificación específica para un C.P.I.



         Un C.P.I. (Centro Público Integrado) é un espacio onde conviven diferentes niveis e etapas
educativas (no caso do noso centro: Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria
Obrigatoria e un Programa de Cualificación Profesional). En ocasións, o funcionamento de centros desta
natureza non é óptimo, debido aos problemas e dificultades que supoñen a coordinación entre as distintas
etapas, a diferencia de idades entre o alumnado, a falta de entendemento entre o corpo de mestres e o
corpo de profesores de ensino secundario, etc. A través de Monferosolidario queremos contribuír a dar
unidade e solidez ao noso centro, traballando en equipo e na mesma dirección.

         Queremos aproveitar a oportunidade que nos brinda o C.P.I. para comezar a nosa labor de
sensibilización e de educación en valores dende a primeira etapa da vida, a infancia. Somos conscientes
de que isto terá repercusións no futuro, xa que o alumnado que chegue posteriormente ás nosas mans na
E.S.O. será máis crítico, comprometido e responsable, despois da adquisición e a asimilación de
aprendizaxes previas durante as etapas de Educación Infantil e Educación Primaria.



    PLANIFICACIÓN:


1.- Deseño da proposta: Reunións semanais das coordinadoras de Monferosolidario (recreos, gardas
compartidas, horas extra). Coordinación co departamento de AAEE para axustar calendario e estudiar a
dispoñibilidade de espacios.

2.- Consulta coa dirección: Se a dirección da o visto bo seguimos adiante.

3.- Comunicación da proposta entre o profesorado: Dependendo da proposta, presentación en C.C.P. e
Claustro, circulares a todo o profesorado implicado, reunións con coordinadores de ciclo ou xefes de
departamento. Facilítase información detallada, indicando as datas de execución, a descrición da
actividade, obxectivos, ou calquera outro dato adicional necesario.

4.- Posta en práctica da actividade. As coordinadoras de Monferosolidario están a disposición do
profesorado e alumnado para a consulta de dúbidas, ou resolución de pequenos problemas técnicos.

5.- Difusión da actividade: Publicamos unha entrada no blogue Monferosolidario, incluíndo textos
explicativos e reportaxe gráfico con fotografías tomadas no proceso. Elaboración de paneis e murais nos
corredores do centro.
6.- Metodoloxía de traballo.



1.- Metodoloxía dinámica e motivadora: marcando liñas de actuación orientadas a captar a
participación do noso alumnado, a través de:

        •   Actividades lúdicas: pódese aprender xogando.
        •   Novas tecnoloxías: constitúen un elemento moi motivador e atractivo especialmente para o
            alumnado de secundaria.
        •   Recoñecemento da participación mediante premios, diplomas, etc..
        •   Voluntariedade: e máis significativa unha acción que parta de maneira voluntaria, sen
            presións e obrigas..



2.- Tratamento interdisciplinar: Colaboración con outros departamentos, unindo esforzos cara a mesma
meta. Esta abordaxe interdisciplinar é máis motivadora, tanto para o profesorado como para o alumnado,
e permite unha comprensión e unha visión máis ampla, dando un sentido máis real aos contidos.

3.- Traballo en equipo: Tanto nas labores do profesorado como do alumnado, potenciando valores e
conductas como cooperación, intercambio, axuda mutua, solidariedade, empatía, apertura ao outro,
implicación en asuntos colectivos, etc.

4.- Flexibilidade: o proxecto vaise reorientando ao longo do curso, non existe unha programación
pechada e ríxida, senón que imos incluíndo actividades que vaian xurdindo, aproveitando a oferta que
chega ao noso centro, e revisamos e avaliamos o éxito das mesmas, tendo en conta comentarios e
suxestións.

5.- Viabilidade: Propoñemos metas que estean ao noso alcance, adaptadas aos nosos limitados recursos
(tanto materiais como humanos)

6.- Negociación co alumnado e cesión de responsabilidades: Temos en conta a opinión do alumnado, e
lles damos responsabilidades. Isto aumenta o seu interese e implicación nos proxectos, e fai que as
aprendizaxes sexan máis significativas.

7.- Colaboración con outras entidades: Entreculturas, Cruz Vermella, Save The Children, A Cova da
Terra, etc. Facilitan recursos, materiais didácticos, axuda loxística, formación ao profesorado, etc.
7.- Posta en práctica: plan de actividades.


1.- XORNADAS DE CONVIVENCIA

•   Encontros Rede Solidaria da Mocidade: Xornadas de convivencia entre os distintos colexios da
    Rede Solidaria da Mocidade de Entreculturas. Curso 2008-2009: Coruña e Rianxo; Curso 2009-2010:
    Vigo.
•   I Xornada Convivencia Intercentros: Mosteiro de Monfero, Outubro 2009. Xornada de
    convivencia entre o noso centro (rural) e o IES de Monelos (urbano), para relacionarnos, coñecernos
    e compartir experiencias. Realización de visita guiada ao Mosteiro de Monfero e organización de
    xogos e dinámicas de grupo.


2.- INTERCULTURALIDADE

•   Proxecto School to School: Da Fundación Vicente Ferrer, consiste nun intercambio cultural e de
    tradicións entre una escola en Anantapur (India) e o noso centro. O proxecto intenta acercar dúas
    realidades culturais diferentes para un enriquecemento, potenciando e reforzando actitudes e valores
    de respecto á diversidade cultural. Dentro do proxecto están programadas diferentes actividades:
    exposición de bibliografía e material audiovisual sobre a India na Biblioteca Escolar, obradoiros de
    mandalas, charlas con visionado de diapositivas, menú degustación da gastronomía da India.

•   Cinefórum: Utilizarmos o cinefórum como unha ferramenta educativa que persegue unha reflexión
    crítica sobre actitudes e valores. (En el mundo a cada rato, Viaje a Mali, La espalda del mundo, La
    ciudad de la Alegría, etc…)

•   Charla de Nicaragua: Visita de dúas profesoras de Nicaragua para compartir connosco o traballo
    que realiza o proxecto Fe e Alegría nas escolas de Nicaragua, encamiñado á formación da mocidade
    e que contempla como obxectivo prioritario a construcción dunha cidadanía global.

•   Obradoiro de inmigración da Cruz Vermella Obradoiro e charla da Cruz Vermella de Betanzos,
    expoñendo o seu Programa de atención o Inmigrante. A charla é impartida pola Técnico da Cruz
    Vermella de Betanzos, dúas voluntarias conta coa participación de tres inmigrantes senegaleses que
    falan da súa experiencia en primeira persoa. Ao final ofrécese un obradoiro-exposiciónb de danza e
    percusión africana.

•   Charla sobre o Proxecto Kentaja: Charla e proxección de diapositivas, realizada por unha
    profesora do noso centro, na que conta a súa experiencia como voluntaria en Camerún, nas escolas e
    orfanatos xestionados polo Proxecto Kentaja

•   Obradoiro Educar en Igualdade A través deste obradoiro analizaranse os estereotipos de xénero,
    tratando de erradicar prexuízos existes.

•   Obxectivos do Milenio Preténdese impregnar o contido curricular a través das TIC, traballando a
    Interculturalidade a través dos Obxectivos do Milenio. A meta da actividade é sensibilizar á nosa
    comunidade educativa sobre a importancia destes obxectivos, a través dunha exposición e un vídeo
    realizado polo propio alumnado.

•   Campaña Shoes for África: Campaña de sensibilización promovida pola marca de coidado de
    calzado Kiwi, El Corte Inglés e Hipercor, que persegue recoller en Europa o maior número posible
    de zapatos para envialos a África, onde se lles pode dar unha vida máis longa. O noso centro
    recollerá calzado para tal fin.

•   Rastro Solidario de axuda ao Níxer: Organización dun Rastro Solidario para recadar fondos
    destinados á ONG Save the Children no seu Proxecto de axuda a Níxer.
Monferosolidario Ponencia

Mais conteúdo relacionado

Mais procurados

Albares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista EscolarAlbares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista EscolarYolanda Castro
 
Traballando intelixencias entre a universidade e a escola
Traballando intelixencias entre a universidade e a escolaTraballando intelixencias entre a universidade e a escola
Traballando intelixencias entre a universidade e a escolasatelite1
 
Moción de apoio en defensa do rural
Moción de apoio en defensa do ruralMoción de apoio en defensa do rural
Moción de apoio en defensa do ruralsatelite1
 
Presentacion do proxecto ed
Presentacion do proxecto edPresentacion do proxecto ed
Presentacion do proxecto edsatelite1
 
Monferosolidario artículo revista eduga nº 68
Monferosolidario artículo revista eduga nº 68Monferosolidario artículo revista eduga nº 68
Monferosolidario artículo revista eduga nº 68satelite1
 
Xornadas Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global
Xornadas Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía GlobalXornadas Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global
Xornadas Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Globalsatelite1
 
A Lectura Para Os Pais
A Lectura Para Os PaisA Lectura Para Os Pais
A Lectura Para Os Paisanapi
 
Educación especial 2014 2015
Educación especial 2014 2015Educación especial 2014 2015
Educación especial 2014 2015cmariacoruna
 
Crónica visita fundación repsol
Crónica visita fundación repsolCrónica visita fundación repsol
Crónica visita fundación repsolsatelite1
 

Mais procurados (10)

Albares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista EscolarAlbares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista Escolar
 
Muller con i de igualdade
Muller con i de igualdadeMuller con i de igualdade
Muller con i de igualdade
 
Traballando intelixencias entre a universidade e a escola
Traballando intelixencias entre a universidade e a escolaTraballando intelixencias entre a universidade e a escola
Traballando intelixencias entre a universidade e a escola
 
Moción de apoio en defensa do rural
Moción de apoio en defensa do ruralMoción de apoio en defensa do rural
Moción de apoio en defensa do rural
 
Presentacion do proxecto ed
Presentacion do proxecto edPresentacion do proxecto ed
Presentacion do proxecto ed
 
Monferosolidario artículo revista eduga nº 68
Monferosolidario artículo revista eduga nº 68Monferosolidario artículo revista eduga nº 68
Monferosolidario artículo revista eduga nº 68
 
Xornadas Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global
Xornadas Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía GlobalXornadas Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global
Xornadas Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global
 
A Lectura Para Os Pais
A Lectura Para Os PaisA Lectura Para Os Pais
A Lectura Para Os Pais
 
Educación especial 2014 2015
Educación especial 2014 2015Educación especial 2014 2015
Educación especial 2014 2015
 
Crónica visita fundación repsol
Crónica visita fundación repsolCrónica visita fundación repsol
Crónica visita fundación repsol
 

Destaque

Teresa losada memoria rces 2013 14 plan proxecta
Teresa losada  memoria rces 2013 14 plan proxectaTeresa losada  memoria rces 2013 14 plan proxecta
Teresa losada memoria rces 2013 14 plan proxectamackerel100
 
Ficha cómo los griegos cambiaron el mundo ii
Ficha cómo los griegos cambiaron el mundo iiFicha cómo los griegos cambiaron el mundo ii
Ficha cómo los griegos cambiaron el mundo iisatelite1
 
Cómo los griegos cambiaron el mundo iii
Cómo los griegos cambiaron el mundo iiiCómo los griegos cambiaron el mundo iii
Cómo los griegos cambiaron el mundo iiisatelite1
 
Prog i encuentromovimiento
Prog i encuentromovimientoProg i encuentromovimiento
Prog i encuentromovimientosatelite1
 
Codigos linguisticos
Codigos linguisticosCodigos linguisticos
Codigos linguisticosHumbertoST
 
How to keep your children entertained?
How to keep your children entertained?How to keep your children entertained?
How to keep your children entertained?tenpinbowling123
 
Winning Listing Presentations with Cindy Stockhaus
Winning Listing Presentations with Cindy StockhausWinning Listing Presentations with Cindy Stockhaus
Winning Listing Presentations with Cindy StockhausMarket Leader
 
Izrael Film Appreaciation #5
Izrael Film Appreaciation #5Izrael Film Appreaciation #5
Izrael Film Appreaciation #5jimiizrael
 
Trabalhista prazos no processo do trabalho
Trabalhista   prazos no processo do trabalhoTrabalhista   prazos no processo do trabalho
Trabalhista prazos no processo do trabalhoMarcos Vinicius
 
Quick reference r2005
Quick reference r2005Quick reference r2005
Quick reference r2005Alaa Wafa
 
Digitaalisen markkinoinnin uusia osa alueita (MA23 Digitaalinen markkinointi,...
Digitaalisen markkinoinnin uusia osa alueita (MA23 Digitaalinen markkinointi,...Digitaalisen markkinoinnin uusia osa alueita (MA23 Digitaalinen markkinointi,...
Digitaalisen markkinoinnin uusia osa alueita (MA23 Digitaalinen markkinointi,...Joni Salminen
 

Destaque (17)

Teresa losada memoria rces 2013 14 plan proxecta
Teresa losada  memoria rces 2013 14 plan proxectaTeresa losada  memoria rces 2013 14 plan proxecta
Teresa losada memoria rces 2013 14 plan proxecta
 
Ficha cómo los griegos cambiaron el mundo ii
Ficha cómo los griegos cambiaron el mundo iiFicha cómo los griegos cambiaron el mundo ii
Ficha cómo los griegos cambiaron el mundo ii
 
Cómo los griegos cambiaron el mundo iii
Cómo los griegos cambiaron el mundo iiiCómo los griegos cambiaron el mundo iii
Cómo los griegos cambiaron el mundo iii
 
Prog i encuentromovimiento
Prog i encuentromovimientoProg i encuentromovimiento
Prog i encuentromovimiento
 
Codigos linguisticos
Codigos linguisticosCodigos linguisticos
Codigos linguisticos
 
El signo lingüístico y sus rasgos
El signo lingüístico y sus rasgosEl signo lingüístico y sus rasgos
El signo lingüístico y sus rasgos
 
Signo Linguístico
Signo LinguísticoSigno Linguístico
Signo Linguístico
 
Business: Change The Game!
Business: Change The Game!Business: Change The Game!
Business: Change The Game!
 
How to keep your children entertained?
How to keep your children entertained?How to keep your children entertained?
How to keep your children entertained?
 
Winning Listing Presentations with Cindy Stockhaus
Winning Listing Presentations with Cindy StockhausWinning Listing Presentations with Cindy Stockhaus
Winning Listing Presentations with Cindy Stockhaus
 
Izrael Film Appreaciation #5
Izrael Film Appreaciation #5Izrael Film Appreaciation #5
Izrael Film Appreaciation #5
 
Trabalhista prazos no processo do trabalho
Trabalhista   prazos no processo do trabalhoTrabalhista   prazos no processo do trabalho
Trabalhista prazos no processo do trabalho
 
Franquia eletronica
Franquia eletronicaFranquia eletronica
Franquia eletronica
 
Quick reference r2005
Quick reference r2005Quick reference r2005
Quick reference r2005
 
Trabalho d (2)
Trabalho d (2)Trabalho d (2)
Trabalho d (2)
 
Xp cómo hacer una investigación
Xp cómo hacer una investigaciónXp cómo hacer una investigación
Xp cómo hacer una investigación
 
Digitaalisen markkinoinnin uusia osa alueita (MA23 Digitaalinen markkinointi,...
Digitaalisen markkinoinnin uusia osa alueita (MA23 Digitaalinen markkinointi,...Digitaalisen markkinoinnin uusia osa alueita (MA23 Digitaalinen markkinointi,...
Digitaalisen markkinoinnin uusia osa alueita (MA23 Digitaalinen markkinointi,...
 

Semelhante a Monferosolidario Ponencia

Monferosolidario
MonferosolidarioMonferosolidario
Monferosolidariosatelite1
 
PXA 2021/ 22
PXA 2021/ 22PXA 2021/ 22
PXA 2021/ 22CEIPN1TUI
 
Proxecto a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas
Proxecto  a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas Proxecto  a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas
Proxecto a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas Maria Lemos Cerqueira
 
Unha clase moi especial na facultade de formación do profesorado de lugo
Unha clase moi especial na facultade de formación do profesorado de lugoUnha clase moi especial na facultade de formación do profesorado de lugo
Unha clase moi especial na facultade de formación do profesorado de lugosatelite1
 
Presentacion de la Agrupación ARCE al Claustro
Presentacion de la Agrupación ARCE al ClaustroPresentacion de la Agrupación ARCE al Claustro
Presentacion de la Agrupación ARCE al ClaustroLoudes Otero
 
Presentacion arce (amanual def)
Presentacion arce (amanual def)Presentacion arce (amanual def)
Presentacion arce (amanual def)Loudes Otero
 
Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14
Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14
Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14cacharila
 
As familias tamén programan
As familias tamén programanAs familias tamén programan
As familias tamén programansatelite1
 
Proxecto Educativo
Proxecto EducativoProxecto Educativo
Proxecto Educativocmariacoruna
 
As competencias basicas no voluntariado
As competencias basicas no voluntariadoAs competencias basicas no voluntariado
As competencias basicas no voluntariadosatelite1
 
Primaria galego final
Primaria galego finalPrimaria galego final
Primaria galego finalsatelite1
 
Pea unesco
Pea unescoPea unesco
Pea unescoLuisa
 
Presentación rede museisitica Lugo museos sociais educación (1)
Presentación rede museisitica Lugo museos sociais educación (1)Presentación rede museisitica Lugo museos sociais educación (1)
Presentación rede museisitica Lugo museos sociais educación (1)Encarna Lago
 

Semelhante a Monferosolidario Ponencia (20)

Monferosolidario
MonferosolidarioMonferosolidario
Monferosolidario
 
Monferosolidario
MonferosolidarioMonferosolidario
Monferosolidario
 
PXA 2021/ 22
PXA 2021/ 22PXA 2021/ 22
PXA 2021/ 22
 
Ideario
IdearioIdeario
Ideario
 
Proxecto a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas
Proxecto  a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas Proxecto  a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas
Proxecto a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas
 
Unha clase moi especial na facultade de formación do profesorado de lugo
Unha clase moi especial na facultade de formación do profesorado de lugoUnha clase moi especial na facultade de formación do profesorado de lugo
Unha clase moi especial na facultade de formación do profesorado de lugo
 
Presentacion de la Agrupación ARCE al Claustro
Presentacion de la Agrupación ARCE al ClaustroPresentacion de la Agrupación ARCE al Claustro
Presentacion de la Agrupación ARCE al Claustro
 
Presentacion arce (amanual def)
Presentacion arce (amanual def)Presentacion arce (amanual def)
Presentacion arce (amanual def)
 
Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14
Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14
Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14
 
As familias tamén programan
As familias tamén programanAs familias tamén programan
As familias tamén programan
 
Proxecto Educativo
Proxecto EducativoProxecto Educativo
Proxecto Educativo
 
Innovación
InnovaciónInnovación
Innovación
 
PEA-UNESCO
PEA-UNESCOPEA-UNESCO
PEA-UNESCO
 
As competencias basicas no voluntariado
As competencias basicas no voluntariadoAs competencias basicas no voluntariado
As competencias basicas no voluntariado
 
Inspira ti cs
Inspira ti csInspira ti cs
Inspira ti cs
 
Primaria galego final
Primaria galego finalPrimaria galego final
Primaria galego final
 
Pea unesco
Pea unescoPea unesco
Pea unesco
 
I+D MEDIA
I+D MEDIAI+D MEDIA
I+D MEDIA
 
Presentación rede museisitica Lugo museos sociais educación (1)
Presentación rede museisitica Lugo museos sociais educación (1)Presentación rede museisitica Lugo museos sociais educación (1)
Presentación rede museisitica Lugo museos sociais educación (1)
 
Dúbidas
DúbidasDúbidas
Dúbidas
 

Mais de satelite1

Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019satelite1
 
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021satelite1
 
Revista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidoRevista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidosatelite1
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionsatelite1
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2satelite1
 
Proposta semana 1
Proposta semana 1Proposta semana 1
Proposta semana 1satelite1
 
1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xasatelite1
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)satelite1
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.satelite1
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020satelite1
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgsatelite1
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020satelite1
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03satelite1
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferosatelite1
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docxsatelite1
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendassatelite1
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestalsatelite1
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021satelite1
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020satelite1
 
Marcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao coleMarcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao colesatelite1
 

Mais de satelite1 (20)

Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019
 
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
 
Revista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidoRevista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimido
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2
 
Proposta semana 1
Proposta semana 1Proposta semana 1
Proposta semana 1
 
1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xa
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cg
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestal
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020
 
Marcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao coleMarcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao cole
 

Monferosolidario Ponencia

  • 1. XORNADAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE “Mellora do clima de aula” Santiago de Compostela, 11 e 12 de Decembro de 2009 Experiencia de centros: As boas prácticas na mellora da convivencia na aula Ponentes: Verónica Dopico Cancela e Yolanda Castro López, profesoras no CPI Virxe da Cela, Monfero, A Coruña Título da conferencia, docencia e/ou taller: Monferosolidario: Educación en valores e corresponsabilidade comunitaria. MONFEROSOLIDARIO: EDUCACIÓN EN VALORES E CORRESPONSABILIDAD COMUNITARIA 1. Contextualización: o noso centro 2. A educación en valores mediante un enfoque transversal e interdisciplinar. 3. Convivencia e socialización nun contorno rural: a implicación e a participación comunitaria. 4. Interculturalidade: unha educación centrada na pluralidade cultural. 5. Liñas de actuación e planificación específica para un C.P.I. 6. Metodoloxía de traballo. 7. Posta en práctica: plan de actividades.
  • 2. 1.- Contextualización: o noso centro O C.P.I. Virxe da Cela está ubicado no Xestal, no Concello de Monfero, entre as localidades de Pontedeume, Betanzos e As Pontes (provincia de A Coruña). A superficie de Monfero é de 171,7 km², e a súa poboación 2978 habitantes. Comprende as parroquias de O Alto de Xestoso, (Santa María), Queixeiro (San Xurxo), San Fiz de Monfero (San Fiz), Santa Xiá de Monfero (Santa Xiá), Taboada (Santa Mariña), O Val de Xestoso, (San Pedro), Vilachá (Santa María) • O C.P.I. Virxe da Cela, de titularidade pública oferta Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Programas de Cualificación Profesional. • No presente curso 2009/2010 están matriculados no centro un total de 171 alumnos/as. • O claustro está formado por 30 profesores/as, dos cales 2 imparten aulas en Educación Infantil, 11 en Educación Primaria e 17 en Educación Secundaria Obrigatoria. • 6 persoas constitúen o persoal de administración e servicio. • No noso centro existe un comedor escolar xestionado polo propio centro e subvencionado integramente pola Xunta de Galicia no que se ofrecen servicios todos os días lectivos.
  • 3. 2.- A educación en valores mediante un enfoque transversal e interdisciplinar. Monferosolidario pretende ser a voz da solidariedade do C.P.I. Virxe da Cela (Monfero, A Coruña). Esta iniciativa naceu no pasado curso académico 2008-2009, como froito da colaboración entre os departamentos de Educación para a Cidadanía e Relixión (E.S.O.), e o seu obxectivo principal é a sensibilización e a implicación de toda a comunidade educativa (profesorado, alumnado, familias e contorno), creando un clima de unidade e de convivencia. 1.- A NOSA TRAXECTORIA: Antecedentes: • 2003-2005: Dende a materia de Ética (4º E.S.O.): Charlas e obradoiros de sensibilización, Rastro Solidario, difusión de proxectos de voluntariado e cooperación, etc. • 2007-2008: Dende a materia de Relixión (E.S.O.): actividades vinculadas aos Dereitos Humanos, a cultura da Paz, a Interculturalidade. Primeiro contacto coa O.N.G. Entreculturas (Xuño 2008) • 2008-2009: Colaboracións entre os Departamentos de E.P.C e Relixión (E.S.O). Creación del blogue Monferosolidario. Actualidade: Tras ser galardoados no I Premio de Educación para el Desarrollo, (Ministerio de Educación e Axencia Española de Cooperación Internacional), o noso traballo consolídase. Baixo a proposta do Equipo Directivo, e coa aprobación do Claustro e Consello Escolar, as iniciativas de Monferosolidario aparecen recollidas no PEC no presente curso 2009-2010. Estamos a traballar en todos os niveis educativos (Educación Infantil, Educación Primaria, E.S.O. e P.C.P.I.), e en estreita colaboración coa Biblioteca Escolar e con outros Departamentos (especialmente os Departamentos de Lingua Castelá, CCSS e Debuxo) No P.E.C. aparece recollido:  Educación en valores ó longo das etapas educativas.  Interrelación e cooperación con outros centros, asociacións e organización sen ánimo de lucro que traballen para promover os valores de solidariedade, loita contra a pobreza e desenvolvemento humano.  Realización de colaboracións a curto e longo prazo con diferentes organismos orientados á procura de beneficios sociais e colectivos:  Consumo responsable (obradoiros de reciclaxe)  Defensa da solidariedade.  Protección do medio ambiente.  Xeneralización dos dereitos humanos  Ausencia de discriminacións.
  • 4. 2.- O POR QUE DA EDUCACIÓN EN VALORES: Porque cremos que é necesario, nos tempos que corren, buscar unha forma de educación que fomente a apropiación de valores como a autonomía, a xustiza e o respecto, colaborando na construcción da propia identidade do alumnado, do seu futuro proxecto de vida e do seu desenvolvemento como persoas. OBXECTIVOS • Sensibilizar á comunidade educativa sobre a importancia da educación en valores e a necesidade dunha maior corresponsabilidade comunitaria. • Promover a educación para a solidariedade e a cooperación cun enfoque transversal, fomentando e facilitando a participación de todo o centro. • Potenciar unha conciencia crítica, intentando motivar a participación social, defendendo a idea dunha educación máis integral e solidaria e promover unha cidadanía activa, informada, e responsable. • Concienciar sobre o poder e la capacidade que ten o alumnado, como nova xeración, para transformar o mundo. Tratamos de acadar os nosos obxectivos a través da sensibilización social, a reflexión e a acción. 1º Fase: Sensibilización social e reflexión: Queremos favorecer un cambio de actitude e de comportamento. • Resaltando a importancia da responsabilidade e do compromiso cara as desigualdades e as inxustizas sociais, e a partir de aí buscar posibles solucións para combatilas. • Transmitindo valores humanistas de convivencia pacífica, tolerancia e igualdade entre as persoas, empezando polo ámbito máis próximo: a familia, a escola, a comunidade, e de aí contribuír a cambios que encamiñen cara a un mundo máis xusto. • Fomentando valores e actitudes de solidariedade, respecto e convivencia intercultural mediante o coñecemento, achegamento e intercambio cultural. 2º Fase: acción. • Promovendo a participación activa nas iniciativas que parten da nosa escola e facendo consciente ao noso alumnado de que as nosas iniciativas teñen capacidade transformadora na sociedade. • Participando tamén en accións de cooperación para o desenvolvemento: dando a coñecer diferentes proxectos de cooperación de ONGs, e uníndonos ás súas campañas. As grandes liñas transversais que tratamos de abordar a través de Monferosolidario son: • Obxectivos do Milenio • Grandes desigualdades sociais • Cooperación e desenvolvemento • Cultura da paz e da non- violencia • Identidade cultural • Perspectiva de xénero • Dereitos da infancia
  • 5. Cidadanía • Ecodesenvolvemento, consumo responsable, sostenibilidade.
  • 6. 3.- Convivencia e socialización nun contorno rural: a implicación e a participación comunitaria. Punto de partida: O noso centro educativo está situado no rural. Esto significa que é un contorno empobrecido culturalmente. A axenda cultural ofertada polo concello ou por asociacións da zona non é moi variada, a poboación vive dispersa e a rede de transporte público é case inexistente. Sen embargo, a grade vantaxe é que entre o noso alumnado aínda prima o carácter colectivo e familiar, elementos que estanse a extinguir no mundo urbano. A nosa misión, a través de Monferosolidario, é: • Dinamizar e enriquecer culturalmente o noso contorno. • Favorecer os procesos de socialización no rural. • Facer perdurar os valores de traballo comunitario e axuda mutua. 1.- CONVIVENCIA: O noso é un centro pequeno, con pouco alumnado e profesorado, onde prima un clima de familiaridade e de traballo en equipo. Temos pequenos problemas puntuais, fáciles de detectar e de resolver, e non contamos con alumnado verdadeiramente problemático, así que debemos de abordar a da convivencia dende a normalidade, non dende o conflicto. Queremos enriquecer o clima de convivencia, tratando de evitar os problemas antes da súa aparición. Tratamos de: • Construír un lugar convivencia positiva, que a escola sexa un lugar onde os alumnos/as podan desenvolver plenamente todas as súas potencialidades. • Humanizar a escola, creando un adecuado clima de atención persoal e de relacións afectivas, xa que consideramos o centro escolar como un espacio comunitario onde non soamente se produce a transmisión de saberes e coñecementos, senón onde se establecen relacións e vínculos. • Acadar un funcionamento óptimo do noso centro, cun clima de traballo e de relación adecuado, baseado no respecto mutuo, dentro e fóra das aulas. • Fomentar o traballo en equipo, deseñando actividades que potencien a cohesión de grupo e que leven á xeración de apoios entre os membros do equipo. • Como docentes que somos, queremos ser un modelo ou referencia para o noso alumnado, exercendo unha influencia positiva e enriquecedora a través das nosa filosofía de vida e as nosas pautas de conducta e actuación.
  • 7. 2.- IMPLICACIÓN DE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA: Profesorado: Monferosolidario susténtase no traballo en equipo. Contamos co apoio e a participación doutros Departamentos, Biblioteca Escolar, Equipo de Normalización Lingüística, etc. As propostas parten dos Departamentos de E.P.C. e Relixión (E.S.O.), pero están dirixidas para outros niveis, e o profesorado de Educación Infantil e Educación Primaria participan tamén nas nosas iniciativas. Dotamos ao profesorado de ferramentas para traballar a transversalidade. Dirección: Contamos co apoio da dirección do centro, recoñecendo o noso traballo, avalando a nosa labor, promovendo a difusión das nosas actividades e facilitando o desenvolvemento das mesmas, e fomentando a participación e a implicación de profesorado e familias. Alumnado: As actividades realizadas constitúen un importante elemento de motivación, á vez que facilitan a aprendizaxe en valores. Temos en conta os seus intereses e suxestións, e avaliamos o seu grado de satisfacción a través de enquisas e de comentarios no blogue, comprobando unha actitude sempre positiva. Familias: A través de circulares e notas informativas, as familias están ao tanto das actividades. Solicitamos a súa colaboración, e o éxito de moitas das nosas campañas é o resultado da súa participación. Compartimos con eles a noticia do I Premio de Educación para o Desarrollo, recoñecendo e valorando a súa implicación. Outras entidades: contamos coa colaboración e o apoio de distintas O.N.G.s: Entreculturas, Save the Children, Cruz Vermella, a Cova da Terra, Save The Children, etc.) que nos facilitan materiais didácticos, propostas de actividades, pautas de actuación, cursos de formación, asistencia gratuíta en charlas e obradoiros, etc... Mantemos intercambios con outros centros educativos (I.E.S. Monelos, A Coruña). Buscamos nun futuro próximo establecer relacións co Concello e outras entidades culturais da zona. Blogue Monferosolidario: gracias ás novas tecnoloxías da comunicación podemos difundir a nosa iniciativa máis aló do espacio físico do noso centro. Moitos usuarios consultan o noso blogue ( dende a creación do blogue en Marzo de 2009, xa recibimos máis de 4000 visitas), interesándose pola nosa labor. O blogue constitúe tamén unha plataforma de difusión para que as familias e o alumnado que termine a escolarización no centro podan estar informados da programación de actividades. Queremos tamén promover a educación para a solidariedade mediante a publicación no blogue de materiais educativos e recursos didácticos que poidan servir como axuda a outros docentes.
  • 8. 4.- Interculturalidade: unha educación centrada na pluralidade cultural. A realidade do noso centro: No noso centro, situado nun contorno rural, non contamos con alumnado estranxeiro, (agás dúas rapazas que chegaron de Colombia fai 6 anos, e que están totalmente integradas). Polo tanto non temos as problemáticas asociadas á inmigración que xa son frecuentes nos centros situados en cidades e vilas. De todos xeitos consideramos necesario incidir neste ámbito, loitando contra estereotipos, eliminando prexuízos e valorando a diferencia como un elemento de enriquecemento. No caso particular do noso centro, queremos tamén acabar con moitos prexuízos referidos á cultura rural e á cultura urbana. Traballamos a interculturalidade: • Divulgando valores non discriminatorios que fomenten a tolerancia e o respecto á diversidade cultural, e ensinando a descubrir a riqueza da diversidade. • Achegando coñecementos de outras culturas. • Dando a coñecer os mecanismos e as causas que explican o fenómeno das migracións e defendendo a integración dos inmigrantes na sociedade en xeral • Propiciando un achegamento e un entendemento das culturas rural e urbana a través de xornadas de convivencia.
  • 9. 5.- Liñas de actuación e planificación específica para un C.P.I. Un C.P.I. (Centro Público Integrado) é un espacio onde conviven diferentes niveis e etapas educativas (no caso do noso centro: Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e un Programa de Cualificación Profesional). En ocasións, o funcionamento de centros desta natureza non é óptimo, debido aos problemas e dificultades que supoñen a coordinación entre as distintas etapas, a diferencia de idades entre o alumnado, a falta de entendemento entre o corpo de mestres e o corpo de profesores de ensino secundario, etc. A través de Monferosolidario queremos contribuír a dar unidade e solidez ao noso centro, traballando en equipo e na mesma dirección. Queremos aproveitar a oportunidade que nos brinda o C.P.I. para comezar a nosa labor de sensibilización e de educación en valores dende a primeira etapa da vida, a infancia. Somos conscientes de que isto terá repercusións no futuro, xa que o alumnado que chegue posteriormente ás nosas mans na E.S.O. será máis crítico, comprometido e responsable, despois da adquisición e a asimilación de aprendizaxes previas durante as etapas de Educación Infantil e Educación Primaria. PLANIFICACIÓN: 1.- Deseño da proposta: Reunións semanais das coordinadoras de Monferosolidario (recreos, gardas compartidas, horas extra). Coordinación co departamento de AAEE para axustar calendario e estudiar a dispoñibilidade de espacios. 2.- Consulta coa dirección: Se a dirección da o visto bo seguimos adiante. 3.- Comunicación da proposta entre o profesorado: Dependendo da proposta, presentación en C.C.P. e Claustro, circulares a todo o profesorado implicado, reunións con coordinadores de ciclo ou xefes de departamento. Facilítase información detallada, indicando as datas de execución, a descrición da actividade, obxectivos, ou calquera outro dato adicional necesario. 4.- Posta en práctica da actividade. As coordinadoras de Monferosolidario están a disposición do profesorado e alumnado para a consulta de dúbidas, ou resolución de pequenos problemas técnicos. 5.- Difusión da actividade: Publicamos unha entrada no blogue Monferosolidario, incluíndo textos explicativos e reportaxe gráfico con fotografías tomadas no proceso. Elaboración de paneis e murais nos corredores do centro.
  • 10. 6.- Metodoloxía de traballo. 1.- Metodoloxía dinámica e motivadora: marcando liñas de actuación orientadas a captar a participación do noso alumnado, a través de: • Actividades lúdicas: pódese aprender xogando. • Novas tecnoloxías: constitúen un elemento moi motivador e atractivo especialmente para o alumnado de secundaria. • Recoñecemento da participación mediante premios, diplomas, etc.. • Voluntariedade: e máis significativa unha acción que parta de maneira voluntaria, sen presións e obrigas.. 2.- Tratamento interdisciplinar: Colaboración con outros departamentos, unindo esforzos cara a mesma meta. Esta abordaxe interdisciplinar é máis motivadora, tanto para o profesorado como para o alumnado, e permite unha comprensión e unha visión máis ampla, dando un sentido máis real aos contidos. 3.- Traballo en equipo: Tanto nas labores do profesorado como do alumnado, potenciando valores e conductas como cooperación, intercambio, axuda mutua, solidariedade, empatía, apertura ao outro, implicación en asuntos colectivos, etc. 4.- Flexibilidade: o proxecto vaise reorientando ao longo do curso, non existe unha programación pechada e ríxida, senón que imos incluíndo actividades que vaian xurdindo, aproveitando a oferta que chega ao noso centro, e revisamos e avaliamos o éxito das mesmas, tendo en conta comentarios e suxestións. 5.- Viabilidade: Propoñemos metas que estean ao noso alcance, adaptadas aos nosos limitados recursos (tanto materiais como humanos) 6.- Negociación co alumnado e cesión de responsabilidades: Temos en conta a opinión do alumnado, e lles damos responsabilidades. Isto aumenta o seu interese e implicación nos proxectos, e fai que as aprendizaxes sexan máis significativas. 7.- Colaboración con outras entidades: Entreculturas, Cruz Vermella, Save The Children, A Cova da Terra, etc. Facilitan recursos, materiais didácticos, axuda loxística, formación ao profesorado, etc.
  • 11. 7.- Posta en práctica: plan de actividades. 1.- XORNADAS DE CONVIVENCIA • Encontros Rede Solidaria da Mocidade: Xornadas de convivencia entre os distintos colexios da Rede Solidaria da Mocidade de Entreculturas. Curso 2008-2009: Coruña e Rianxo; Curso 2009-2010: Vigo. • I Xornada Convivencia Intercentros: Mosteiro de Monfero, Outubro 2009. Xornada de convivencia entre o noso centro (rural) e o IES de Monelos (urbano), para relacionarnos, coñecernos e compartir experiencias. Realización de visita guiada ao Mosteiro de Monfero e organización de xogos e dinámicas de grupo. 2.- INTERCULTURALIDADE • Proxecto School to School: Da Fundación Vicente Ferrer, consiste nun intercambio cultural e de tradicións entre una escola en Anantapur (India) e o noso centro. O proxecto intenta acercar dúas realidades culturais diferentes para un enriquecemento, potenciando e reforzando actitudes e valores de respecto á diversidade cultural. Dentro do proxecto están programadas diferentes actividades: exposición de bibliografía e material audiovisual sobre a India na Biblioteca Escolar, obradoiros de mandalas, charlas con visionado de diapositivas, menú degustación da gastronomía da India. • Cinefórum: Utilizarmos o cinefórum como unha ferramenta educativa que persegue unha reflexión crítica sobre actitudes e valores. (En el mundo a cada rato, Viaje a Mali, La espalda del mundo, La ciudad de la Alegría, etc…) • Charla de Nicaragua: Visita de dúas profesoras de Nicaragua para compartir connosco o traballo que realiza o proxecto Fe e Alegría nas escolas de Nicaragua, encamiñado á formación da mocidade e que contempla como obxectivo prioritario a construcción dunha cidadanía global. • Obradoiro de inmigración da Cruz Vermella Obradoiro e charla da Cruz Vermella de Betanzos, expoñendo o seu Programa de atención o Inmigrante. A charla é impartida pola Técnico da Cruz Vermella de Betanzos, dúas voluntarias conta coa participación de tres inmigrantes senegaleses que falan da súa experiencia en primeira persoa. Ao final ofrécese un obradoiro-exposiciónb de danza e percusión africana. • Charla sobre o Proxecto Kentaja: Charla e proxección de diapositivas, realizada por unha profesora do noso centro, na que conta a súa experiencia como voluntaria en Camerún, nas escolas e orfanatos xestionados polo Proxecto Kentaja • Obradoiro Educar en Igualdade A través deste obradoiro analizaranse os estereotipos de xénero, tratando de erradicar prexuízos existes. • Obxectivos do Milenio Preténdese impregnar o contido curricular a través das TIC, traballando a Interculturalidade a través dos Obxectivos do Milenio. A meta da actividade é sensibilizar á nosa comunidade educativa sobre a importancia destes obxectivos, a través dunha exposición e un vídeo realizado polo propio alumnado. • Campaña Shoes for África: Campaña de sensibilización promovida pola marca de coidado de calzado Kiwi, El Corte Inglés e Hipercor, que persegue recoller en Europa o maior número posible de zapatos para envialos a África, onde se lles pode dar unha vida máis longa. O noso centro recollerá calzado para tal fin. • Rastro Solidario de axuda ao Níxer: Organización dun Rastro Solidario para recadar fondos destinados á ONG Save the Children no seu Proxecto de axuda a Níxer.