SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 4
Baixar para ler offline
3. Administración do Parlamento de Galicia
3.5. Axudas, bolsas e premios
Acordo da Mesa do Parlamento de Galicia do 9 de decembro de
2014 polo que se anuncia a convocatoria da V edición do Con-
curso Escolar do Parlamento de Galicia baixo o lema «En busca
da igualdade» e se publican as súas bases
1. Convocatoria e finalidade do concurso
O Parlamento de Galicia convoca a V edición do concurso
escolar baixo o lema «En busca da igualdade».
A finalidade do concurso é fomentar, a través dos traballos
propostos polos escolares, a defensa de valores tan impor-
tantes como a igualdade e a tolerancia, a necesidade de tra-
ballar para sensibilizarse, estimular actitudes e valores de
igualdade, de solidariedade e de respecto.
2. Participantes
O concurso está dirixido a alumnos e alumnas matricula-
dos/as en centros educativos públicos, privados-concertados
e privados de toda a Comunidade Autónoma de Galicia de :
1. Educación infantil (de 1º a 3º de educación infantil) e de
educación especial.
2. Educación primaria (desde 1º a 6º)
3. Educación secundaria (de 1º a 4º)
A participación no concurso supón a aceptación destas bases
e a autorización expresa dos pais e nais ou titores legais dos
menores participantes da cesión dos seus datos persoais,
imaxe e cesión a terceiros, a aceptación para ser comunica-
dos mediante correo electrónico, así como a publicación dos
seus traballos, a cal deberá facerse por escrito na documen-
tación que se envíe á Cámara.
3. Traballos de expresión libre
Para facilitar a creatividade, pódense presentar os traballos uti-
lizando as seguintes técnicas de expresión creativa: relato curto
(redaccións manuscritas, cunha extensión máxima dun folio
polas dúas caras); fotografía (en soporte dixital, resolución 300
puntos por polgada, tamaño DIN A3); vídeo (soporte a elixir
entre pendrive, DVD ou CD; duración de 3 a 5 minutos); vide-
oxogo (o videoxogo deberá ser creado coa ferramenta dispoñi-
ble na Web http://scratch.mit.edu/, entregarase o arquivo
xerado con ela no formato sb2), deseño dunha camiseta (baixo
técnica libre, tamaño máximo DIN A3, dobre folio).
4. Requisitos e características dos traballos
Os traballos deberán ser colectivos e elaborados por un
grupo de catro alumnos/as. Cada alumno ou alumna só
poderá participar nun grupo e cada grupo presentará un
único traballo.
Os traballos realizaranse baixo a orientación dun profesor ou
profesora responsable. Por isto, o docente deseñará o traba-
llo de referencia xuntamente co grupo ou cos grupos de
alumnado do curso, procurando a motivación deste e fomen-
tando a súa creatividade. De todos os traballos realizados
será o propio docente, en colaboración co seu alumnado,
quen seleccione e decida cal será o único traballo que vai
representar a súa clase para ser enviado ao Parlamento de
Galicia. Cada centro educativo poderá enviar un máximo de
cinco traballos por cada unha das etapas educativas nas que
se divide o concurso.
5. Presinscripción opcional e presentación dos traballos
A partir do día seguinte ao da publicación desta convocato-
ria no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia e na súa
web, e ata o día 19 de xaneiro de 2015, os centros escolares
interesados en participar neste concurso escolar poderán
facer a preinscrición mediante unha solicitude, segundo
modelo que figura no anexo I, dirixida á Presidencia do Par-
lamento e enviándoa ao correo electrónico presidencia@par-
lamentodegalicia.es, na que se indiquen os nomes dos profe-
sores ou profesoras e dos grupos que elaborarán os traballos,
así como a aceptación do compromiso de facer as escolmas
previas necesarias que lles permitan establecer cales son os
traballos que presentará o centro ao concurso.
Os centros preinscritos poderán solicitar calquera aclaración
que consideren necesaria para o desenvolvemento do con-
curso, a través dese correo electrónico.
Os traballos, dirixidos á presidenta do Parlamento de Gali-
cia, deberán levar unha etiqueta identificativa coa denomi-
BOLETÍN OFICIALDO PARLAMENTO DE GALICIA
88920
Número 389
11 de decembro de 2014
nación «CONCURSO ESCOLAR», e enviaranse por correo
postal ou poderán presentarse no Rexistro do Parlamento de
Galicia (rúa do Hórreo, 63, 15701-Santiago de Compostela).
O prazo de entrega dos traballos remata o 30 de abril de
2015.
Os orixinais irán acompañados dunha etiqueta ou, de ser o
caso, dun sobre pechado, polo reverso dos traballos, na que
se incorporará e completará, conforme se indica a seguir, o
seguinte texto:
«TRABALLO PRESENTADO NA TÉCNICA DE EXPRE-
SIÓN CREATIVA DE .........., EN REPRESENTACIÓN DO
CURSO OU DA AULA........ DO CENTRO ESCOLAR
...….., COORDINADO POLO/A PROFESOR/A ........ E
ELABORADO POLO GRUPO DO QUE FORMA PARTE
O SEGUINTE ALUMNADO: ........».
Neste texto expresaranse necesariamente os seguintes datos:
a etapa educativa na que se participe; o curso ao que pertenza
o grupo participante; o nome e os apelidos do profesorado
que coordine; o nome, os apelidos e a idade de cada un dos
integrantes do grupo de traballo; e o nome do centro escolar,
co enderezo, teléfonos de contacto e correo electrónico.
Nos traballos presentados non poderá figurar ningún dato
identificativo dos seus autores, o cal pode ser motivo de
exclusión polo xurado do concurso.
Aqueles traballos que incumpran algunha das bases estable-
cidas quedarán automaticamente excluídos das delibera-
cións do xurado.
6. Órgano instrutor e procedemento
O órgano instrutor será a Dirección Xeral de Recursos
Humanos e Réxime Interior do Parlamento de Galicia.
Unha vez rematado o prazo de presentación dos traballos,
procederase á apertura e análise da documentación por parte
da Dirección Xeral de Recursos Humanos e Réxime Interior
do Parlamento de Galicia.
No caso de existiren erros ou deficiencias na documentación
presentada, requiriranse os centros, preferentemente vía
correo electrónico no enderezo que estes indiquen, para que
procedan á súa emenda no prazo máximo de quince días,
contados desde o día seguinte ao do requirimento. Se, trans-
corrido o citado prazo, non se produciu a emenda entende-
rase que o centro desiste da súa participación.
7. Información
Poderase solicitar información adicional sobre o concurso
escolar ou calquera tipo de aclaración a través do correo
electrónico presidencia@parlamentodegalicia.es.
8. Xurado
O xurado estará composto polos membros da Mesa do Par-
lamento, ou polos deputados ou deputadas en que delegue,
e por un ou unha docente proposto polo Parlamento de
Galicia.
O funcionamento do xurado regularase polas normas conti-
das no capítulo II do título II da Lei 30/1992, do 26 de
novembro, de réxime xurídico das administración públicas e
do procedemento administrativo común.
O xurado resolverá cantas dúbidas poidan xurdir na inter-
pretación destas bases no tocante á valoración dos traballos.
9. Criterios de avaliación
Para a valoración dos traballos presentados, o xurado terá en
conta os seguintes criterios, que se ponderarán na mesma
proporción:
a) A imaxinación, creatividade e orixinalidade.
b) O grao de dificultade.
c) A correcta e clara transmisión dunha mensaxe.
10. Resolución
O xurado, unha vez valorados os traballos, realizará a través
do órgano instrutor unha proposta de concesión dos premios
aos gañadores/as, que elevará á Presidencia do Parlamento
de Galicia para a súa resolución.
O acordo de concesión publicarase no Boletín Oficial do
Parlamento de Galicia e na paxina web www.parlamento-
degalicia.es, co que se dará así por cumprido o trámite de
BOLETÍN OFICIALDO PARLAMENTO DE GALICIA
Número 389
11 de decembro de 2014
88921
notificación, sen prexuízo das notificacións individuais que
se lles efectúen aos ganadores.
Contra este acordo, que esgota a vía administrativa, os inte-
resados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición
perante a Mesa do Parlamento, no prazo dun mes a partir do
día seguinte ao da súa publicación, ou ben directamente o
recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses
ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
11. Premios
Concederanse por nivel educativo (educación infantil e edu-
cación especial, educación primaria e educación secunda-
ria), con independencia da técnica utilizada. Haberá un pri-
meiro premio para o grupo que resulte gañador, e un
segundo premio ou premio finalista ao grupo que quede en
segundo lugar.
Ademais, concederase un premio á clase á que pertenza o
grupo gañador, outro ao ou á docente que supervisase o tra-
ballo do devandito grupo, e outro ao centro educativo a que
pertenza ese grupo.
12. Contido dos premios
a) Para o alumnado do grupo gañador:
– Educación infantil e educación especial: táboa dixital e
un lote de libros.
– Educación primaria: táboa dixital e un lote de libros.
– Educación secundaria: táboa dixital e un lote de libros.
b) Para a clase do grupo gañador: excursión de carácter edu-
cativo para visitar un lugar significativo de Galicia, na data
que decida o centro.
c) Para o profesor ou profesora que supervise o traballo do
grupo gañador: unha táboa dixital.
d) Para o centro educativo do grupo gañador: a cantidade de
2.000 euros para destinar á organización de actividades
extraescolares ou actividades da biblioteca escolar, que será
ingresada na conta bancaria que se indique, previo envío,
antes do 5 de outubro de 2015, das facturas por ese valor
correspondentes ao ano 2015 e acompañadas dunha certifi-
cación de xustificación dos gastos expedida polo secretario
do centro educativo. Estes premios non son acumulables,
polo que os centros soamente poderán recibir o premio de
2.000 € con independencia das modalidades en que poidan
resultar premiados.
e) Para o grupo finalista: MP5 e un lote de libros para cada
un dos alumnos e o/a profesor/a supervisor/a do traballo.
13. Entrega de premios
A entrega de premios aos/as alumnos/as, acompañados/as do
profesorado que coordinou a realización dos traballos, efec-
tuarase na sede do Parlamento de Galicia na data que lles
será comunicada.
Os traballos dos participantes non gañadores poderán reti-
rarse na sede do Parlamento de Galicia durante o prazo dun
mes, contado a partir da data en que se faga pública a deci-
sión do xurado encargado de decidir sobre os premios.
14. Orzamento
O Parlamento de Galicia financiará estes premios con cargo
ás aplicacións orzamentarias 01.01.111B.410.00 e
01.01.111B.480.01 dos seus orzamentos para o ano 2015,
cunha contía máxima global de 13.850 euros.
15. Dereitos e propiedade intelectual
O Parlamento de Galicia reserva para si o dereito a publicar
en modo impreso, en soporte dixital e na súa páxina web, na
súa totalidade ou en parte, os traballos premiados.
O Parlamento de Galicia reserva para si todos os dereitos de
propiedade e uso dos traballos premiados, así como a posi-
bilidade de darlles difusión por calquera medio.
16. Protección de datos
A participación no concurso supón a aceptación destas bases
e a autorización expresa dos pais e nais ou titores legais dos
menores participantes da cesión dos seus datos persoais,
imaxe e cesión a terceiros, así como a publicación dos seus
traballos. A autorización deberá facerse por escrito, e deberá
enviarse ao Parlamento de Galicia xunto coa solicitude.
BOLETÍN OFICIALDO PARLAMENTO DE GALICIA
88922
Número 389
11 de decembro de 2014
ANEXO I
Solicitude de preinscrición
D./Dª ....…............……………..….., director/a do centro
...………….......................................….....…, domiciliado
en ….............................……., localidade….............….....,
CP…..........…., Tlfo.: ……….............
EXPÓN
Que coñece a convocatoria da V edición do concurso esco-
lar baixo o lema «En busca de igualdade», correspondente
ao curso académico 2014/2015.
Que comunica a participación nel dos grupos de alumnos e
alumnas que envía en lista adxunta a este anexo (achégase a
listaxe cos nomes dos alumnos e alumnas que conforman o
grupo, incluíndo o DNI de cada profesor ou profesora ou
titor ou titora responsable), e que, para tal efecto, declara que
o número de alumnos e alumnas participantes é de …….,
dos niveis ……………, cursos………….., dos que son pro-
fesores ou profesoras ………………………………………,
responsables deles, co obxecto de participar nas categorías
…………………………………………………….
Que aceptan ser comunicados a través de correo electrónico
facilitando, este. Correo electrónico: ....................................
Por isto, solicita preinscribirse no citado concurso.
Data: ...................................................
Asdo.: ……………………………….
SRA. PRESIDENTA DO PARLAMENTO DE GALICIA
BOLETÍN OFICIALDO PARLAMENTO DE GALICIA
Número 389
11 de decembro de 2014
88923

Mais conteúdo relacionado

Destaque

Díptico iii concurso de tuits contra a violencia de xénero 2014
Díptico iii concurso de tuits contra a violencia de xénero 2014Díptico iii concurso de tuits contra a violencia de xénero 2014
Díptico iii concurso de tuits contra a violencia de xénero 2014satelite1
 
Díptico xi concurso de cartas dillo a quen maltrata 2014
Díptico xi concurso de cartas dillo a quen maltrata 2014Díptico xi concurso de cartas dillo a quen maltrata 2014
Díptico xi concurso de cartas dillo a quen maltrata 2014satelite1
 
Bases concurso logotipo
Bases concurso logotipoBases concurso logotipo
Bases concurso logotipoYolanda Castro
 
Folla de inscrición no concurso logotipo
Folla de inscrición no concurso logotipoFolla de inscrición no concurso logotipo
Folla de inscrición no concurso logotipoYolanda Castro
 
Concurso escolar derechos humanos
Concurso escolar derechos humanosConcurso escolar derechos humanos
Concurso escolar derechos humanossatelite1
 
Bases certamen is_2015-2016_d
Bases certamen is_2015-2016_dBases certamen is_2015-2016_d
Bases certamen is_2015-2016_dsatelite1
 
Traballando intelixencias entre a universidade e a escola
Traballando intelixencias entre a universidade e a escolaTraballando intelixencias entre a universidade e a escola
Traballando intelixencias entre a universidade e a escolasatelite1
 
Unha clase moi especial na facultade de formación do profesorado de lugo
Unha clase moi especial na facultade de formación do profesorado de lugoUnha clase moi especial na facultade de formación do profesorado de lugo
Unha clase moi especial na facultade de formación do profesorado de lugosatelite1
 
Propuesta mano roja
Propuesta mano rojaPropuesta mano roja
Propuesta mano rojasatelite1
 

Destaque (10)

Díptico iii concurso de tuits contra a violencia de xénero 2014
Díptico iii concurso de tuits contra a violencia de xénero 2014Díptico iii concurso de tuits contra a violencia de xénero 2014
Díptico iii concurso de tuits contra a violencia de xénero 2014
 
Díptico xi concurso de cartas dillo a quen maltrata 2014
Díptico xi concurso de cartas dillo a quen maltrata 2014Díptico xi concurso de cartas dillo a quen maltrata 2014
Díptico xi concurso de cartas dillo a quen maltrata 2014
 
Bases concurso logotipo
Bases concurso logotipoBases concurso logotipo
Bases concurso logotipo
 
Folla de inscrición no concurso logotipo
Folla de inscrición no concurso logotipoFolla de inscrición no concurso logotipo
Folla de inscrición no concurso logotipo
 
Albares 2016
Albares 2016Albares 2016
Albares 2016
 
Concurso escolar derechos humanos
Concurso escolar derechos humanosConcurso escolar derechos humanos
Concurso escolar derechos humanos
 
Bases certamen is_2015-2016_d
Bases certamen is_2015-2016_dBases certamen is_2015-2016_d
Bases certamen is_2015-2016_d
 
Traballando intelixencias entre a universidade e a escola
Traballando intelixencias entre a universidade e a escolaTraballando intelixencias entre a universidade e a escola
Traballando intelixencias entre a universidade e a escola
 
Unha clase moi especial na facultade de formación do profesorado de lugo
Unha clase moi especial na facultade de formación do profesorado de lugoUnha clase moi especial na facultade de formación do profesorado de lugo
Unha clase moi especial na facultade de formación do profesorado de lugo
 
Propuesta mano roja
Propuesta mano rojaPropuesta mano roja
Propuesta mano roja
 

Semelhante a En busca da igualdade concurso parlamento xove

Anuncio g0253 200214-0001-gl
Anuncio g0253 200214-0001-glAnuncio g0253 200214-0001-gl
Anuncio g0253 200214-0001-glCharo García
 
Certame cooperativismo no ensino
Certame cooperativismo no ensinoCertame cooperativismo no ensino
Certame cooperativismo no ensinosatelite1
 
Convocatoria letrasgalegas2020
Convocatoria letrasgalegas2020Convocatoria letrasgalegas2020
Convocatoria letrasgalegas2020satelite1
 
Bases premios publicidade_2019
Bases premios publicidade_2019Bases premios publicidade_2019
Bases premios publicidade_2019satelite1
 
Dossier convocatoria abau xuño 2017
Dossier convocatoria abau xuño 2017Dossier convocatoria abau xuño 2017
Dossier convocatoria abau xuño 2017Eva Sanz Santás
 
Convocatoria concurso centros_publicos_letras_galegas_2013rev
Convocatoria concurso centros_publicos_letras_galegas_2013revConvocatoria concurso centros_publicos_letras_galegas_2013rev
Convocatoria concurso centros_publicos_letras_galegas_2013revsatelite1
 
Bases premios-publicidade-definitivo
Bases premios-publicidade-definitivoBases premios-publicidade-definitivo
Bases premios-publicidade-definitivosatelite1
 
Axudas universitarios
Axudas universitariosAxudas universitarios
Axudas universitariosodesvanmarita
 
Axudas para a adquisición de libros 2015 16-220515-dog 101
Axudas para a adquisición de libros 2015 16-220515-dog 101Axudas para a adquisición de libros 2015 16-220515-dog 101
Axudas para a adquisición de libros 2015 16-220515-dog 101Anpa Limiar
 
Bases xerais para todas as edicións.pdf
Bases xerais  para todas as edicións.pdfBases xerais  para todas as edicións.pdf
Bases xerais para todas as edicións.pdfcenlf
 
Concursoascoladosmeusavos copia
Concursoascoladosmeusavos copiaConcursoascoladosmeusavos copia
Concursoascoladosmeusavos copiasatelite1
 
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021satelite1
 
Anuncio g0164 030114-0001-gl
Anuncio g0164 030114-0001-glAnuncio g0164 030114-0001-gl
Anuncio g0164 030114-0001-glCharo García
 
Anuncio g0164 030114-0001-gl
Anuncio g0164 030114-0001-glAnuncio g0164 030114-0001-gl
Anuncio g0164 030114-0001-glCharo García
 
Anuncio g0164 030114-0001-gl
Anuncio g0164 030114-0001-glAnuncio g0164 030114-0001-gl
Anuncio g0164 030114-0001-glCharo García
 
Guía de prácticas y salidas laborales en la UE
Guía de prácticas y salidas laborales en la UEGuía de prácticas y salidas laborales en la UE
Guía de prácticas y salidas laborales en la UECharo García
 
Bases certame literario Carmela Loureiro
Bases certame literario Carmela LoureiroBases certame literario Carmela Loureiro
Bases certame literario Carmela Loureirocenlf
 
Bases reguladoras do Certame literario Carmela Loureiro
Bases reguladoras do Certame literario Carmela LoureiroBases reguladoras do Certame literario Carmela Loureiro
Bases reguladoras do Certame literario Carmela Loureirocenlf
 
Bases concurso logo ofg
Bases concurso logo ofgBases concurso logo ofg
Bases concurso logo ofgnexosfilosofia
 

Semelhante a En busca da igualdade concurso parlamento xove (20)

Anuncio g0253 200214-0001-gl
Anuncio g0253 200214-0001-glAnuncio g0253 200214-0001-gl
Anuncio g0253 200214-0001-gl
 
Certame cooperativismo no ensino
Certame cooperativismo no ensinoCertame cooperativismo no ensino
Certame cooperativismo no ensino
 
Convocatoria letrasgalegas2020
Convocatoria letrasgalegas2020Convocatoria letrasgalegas2020
Convocatoria letrasgalegas2020
 
Bases premios publicidade_2019
Bases premios publicidade_2019Bases premios publicidade_2019
Bases premios publicidade_2019
 
Dossier convocatoria abau xuño 2017
Dossier convocatoria abau xuño 2017Dossier convocatoria abau xuño 2017
Dossier convocatoria abau xuño 2017
 
Convocatoria concurso centros_publicos_letras_galegas_2013rev
Convocatoria concurso centros_publicos_letras_galegas_2013revConvocatoria concurso centros_publicos_letras_galegas_2013rev
Convocatoria concurso centros_publicos_letras_galegas_2013rev
 
Bases premios-publicidade-definitivo
Bases premios-publicidade-definitivoBases premios-publicidade-definitivo
Bases premios-publicidade-definitivo
 
Axudas universitarios
Axudas universitariosAxudas universitarios
Axudas universitarios
 
Axudas para a adquisición de libros 2015 16-220515-dog 101
Axudas para a adquisición de libros 2015 16-220515-dog 101Axudas para a adquisición de libros 2015 16-220515-dog 101
Axudas para a adquisición de libros 2015 16-220515-dog 101
 
Acceso a ciclos formativos 2017
Acceso a ciclos formativos 2017Acceso a ciclos formativos 2017
Acceso a ciclos formativos 2017
 
Bases xerais para todas as edicións.pdf
Bases xerais  para todas as edicións.pdfBases xerais  para todas as edicións.pdf
Bases xerais para todas as edicións.pdf
 
Concursoascoladosmeusavos copia
Concursoascoladosmeusavos copiaConcursoascoladosmeusavos copia
Concursoascoladosmeusavos copia
 
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
 
Anuncio g0164 030114-0001-gl
Anuncio g0164 030114-0001-glAnuncio g0164 030114-0001-gl
Anuncio g0164 030114-0001-gl
 
Anuncio g0164 030114-0001-gl
Anuncio g0164 030114-0001-glAnuncio g0164 030114-0001-gl
Anuncio g0164 030114-0001-gl
 
Anuncio g0164 030114-0001-gl
Anuncio g0164 030114-0001-glAnuncio g0164 030114-0001-gl
Anuncio g0164 030114-0001-gl
 
Guía de prácticas y salidas laborales en la UE
Guía de prácticas y salidas laborales en la UEGuía de prácticas y salidas laborales en la UE
Guía de prácticas y salidas laborales en la UE
 
Bases certame literario Carmela Loureiro
Bases certame literario Carmela LoureiroBases certame literario Carmela Loureiro
Bases certame literario Carmela Loureiro
 
Bases reguladoras do Certame literario Carmela Loureiro
Bases reguladoras do Certame literario Carmela LoureiroBases reguladoras do Certame literario Carmela Loureiro
Bases reguladoras do Certame literario Carmela Loureiro
 
Bases concurso logo ofg
Bases concurso logo ofgBases concurso logo ofg
Bases concurso logo ofg
 

Mais de satelite1

Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019satelite1
 
Revista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidoRevista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidosatelite1
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidariosatelite1
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionsatelite1
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2satelite1
 
Proposta semana 1
Proposta semana 1Proposta semana 1
Proposta semana 1satelite1
 
1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xasatelite1
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)satelite1
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.satelite1
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020satelite1
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgsatelite1
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020satelite1
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03satelite1
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferosatelite1
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docxsatelite1
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendassatelite1
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestalsatelite1
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021satelite1
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020satelite1
 
Marcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao coleMarcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao colesatelite1
 

Mais de satelite1 (20)

Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019
 
Revista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidoRevista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimido
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidario
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2
 
Proposta semana 1
Proposta semana 1Proposta semana 1
Proposta semana 1
 
1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xa
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cg
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestal
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020
 
Marcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao coleMarcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao cole
 

En busca da igualdade concurso parlamento xove

  • 1. 3. Administración do Parlamento de Galicia 3.5. Axudas, bolsas e premios Acordo da Mesa do Parlamento de Galicia do 9 de decembro de 2014 polo que se anuncia a convocatoria da V edición do Con- curso Escolar do Parlamento de Galicia baixo o lema «En busca da igualdade» e se publican as súas bases 1. Convocatoria e finalidade do concurso O Parlamento de Galicia convoca a V edición do concurso escolar baixo o lema «En busca da igualdade». A finalidade do concurso é fomentar, a través dos traballos propostos polos escolares, a defensa de valores tan impor- tantes como a igualdade e a tolerancia, a necesidade de tra- ballar para sensibilizarse, estimular actitudes e valores de igualdade, de solidariedade e de respecto. 2. Participantes O concurso está dirixido a alumnos e alumnas matricula- dos/as en centros educativos públicos, privados-concertados e privados de toda a Comunidade Autónoma de Galicia de : 1. Educación infantil (de 1º a 3º de educación infantil) e de educación especial. 2. Educación primaria (desde 1º a 6º) 3. Educación secundaria (de 1º a 4º) A participación no concurso supón a aceptación destas bases e a autorización expresa dos pais e nais ou titores legais dos menores participantes da cesión dos seus datos persoais, imaxe e cesión a terceiros, a aceptación para ser comunica- dos mediante correo electrónico, así como a publicación dos seus traballos, a cal deberá facerse por escrito na documen- tación que se envíe á Cámara. 3. Traballos de expresión libre Para facilitar a creatividade, pódense presentar os traballos uti- lizando as seguintes técnicas de expresión creativa: relato curto (redaccións manuscritas, cunha extensión máxima dun folio polas dúas caras); fotografía (en soporte dixital, resolución 300 puntos por polgada, tamaño DIN A3); vídeo (soporte a elixir entre pendrive, DVD ou CD; duración de 3 a 5 minutos); vide- oxogo (o videoxogo deberá ser creado coa ferramenta dispoñi- ble na Web http://scratch.mit.edu/, entregarase o arquivo xerado con ela no formato sb2), deseño dunha camiseta (baixo técnica libre, tamaño máximo DIN A3, dobre folio). 4. Requisitos e características dos traballos Os traballos deberán ser colectivos e elaborados por un grupo de catro alumnos/as. Cada alumno ou alumna só poderá participar nun grupo e cada grupo presentará un único traballo. Os traballos realizaranse baixo a orientación dun profesor ou profesora responsable. Por isto, o docente deseñará o traba- llo de referencia xuntamente co grupo ou cos grupos de alumnado do curso, procurando a motivación deste e fomen- tando a súa creatividade. De todos os traballos realizados será o propio docente, en colaboración co seu alumnado, quen seleccione e decida cal será o único traballo que vai representar a súa clase para ser enviado ao Parlamento de Galicia. Cada centro educativo poderá enviar un máximo de cinco traballos por cada unha das etapas educativas nas que se divide o concurso. 5. Presinscripción opcional e presentación dos traballos A partir do día seguinte ao da publicación desta convocato- ria no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia e na súa web, e ata o día 19 de xaneiro de 2015, os centros escolares interesados en participar neste concurso escolar poderán facer a preinscrición mediante unha solicitude, segundo modelo que figura no anexo I, dirixida á Presidencia do Par- lamento e enviándoa ao correo electrónico presidencia@par- lamentodegalicia.es, na que se indiquen os nomes dos profe- sores ou profesoras e dos grupos que elaborarán os traballos, así como a aceptación do compromiso de facer as escolmas previas necesarias que lles permitan establecer cales son os traballos que presentará o centro ao concurso. Os centros preinscritos poderán solicitar calquera aclaración que consideren necesaria para o desenvolvemento do con- curso, a través dese correo electrónico. Os traballos, dirixidos á presidenta do Parlamento de Gali- cia, deberán levar unha etiqueta identificativa coa denomi- BOLETÍN OFICIALDO PARLAMENTO DE GALICIA 88920 Número 389 11 de decembro de 2014
  • 2. nación «CONCURSO ESCOLAR», e enviaranse por correo postal ou poderán presentarse no Rexistro do Parlamento de Galicia (rúa do Hórreo, 63, 15701-Santiago de Compostela). O prazo de entrega dos traballos remata o 30 de abril de 2015. Os orixinais irán acompañados dunha etiqueta ou, de ser o caso, dun sobre pechado, polo reverso dos traballos, na que se incorporará e completará, conforme se indica a seguir, o seguinte texto: «TRABALLO PRESENTADO NA TÉCNICA DE EXPRE- SIÓN CREATIVA DE .........., EN REPRESENTACIÓN DO CURSO OU DA AULA........ DO CENTRO ESCOLAR ...….., COORDINADO POLO/A PROFESOR/A ........ E ELABORADO POLO GRUPO DO QUE FORMA PARTE O SEGUINTE ALUMNADO: ........». Neste texto expresaranse necesariamente os seguintes datos: a etapa educativa na que se participe; o curso ao que pertenza o grupo participante; o nome e os apelidos do profesorado que coordine; o nome, os apelidos e a idade de cada un dos integrantes do grupo de traballo; e o nome do centro escolar, co enderezo, teléfonos de contacto e correo electrónico. Nos traballos presentados non poderá figurar ningún dato identificativo dos seus autores, o cal pode ser motivo de exclusión polo xurado do concurso. Aqueles traballos que incumpran algunha das bases estable- cidas quedarán automaticamente excluídos das delibera- cións do xurado. 6. Órgano instrutor e procedemento O órgano instrutor será a Dirección Xeral de Recursos Humanos e Réxime Interior do Parlamento de Galicia. Unha vez rematado o prazo de presentación dos traballos, procederase á apertura e análise da documentación por parte da Dirección Xeral de Recursos Humanos e Réxime Interior do Parlamento de Galicia. No caso de existiren erros ou deficiencias na documentación presentada, requiriranse os centros, preferentemente vía correo electrónico no enderezo que estes indiquen, para que procedan á súa emenda no prazo máximo de quince días, contados desde o día seguinte ao do requirimento. Se, trans- corrido o citado prazo, non se produciu a emenda entende- rase que o centro desiste da súa participación. 7. Información Poderase solicitar información adicional sobre o concurso escolar ou calquera tipo de aclaración a través do correo electrónico presidencia@parlamentodegalicia.es. 8. Xurado O xurado estará composto polos membros da Mesa do Par- lamento, ou polos deputados ou deputadas en que delegue, e por un ou unha docente proposto polo Parlamento de Galicia. O funcionamento do xurado regularase polas normas conti- das no capítulo II do título II da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común. O xurado resolverá cantas dúbidas poidan xurdir na inter- pretación destas bases no tocante á valoración dos traballos. 9. Criterios de avaliación Para a valoración dos traballos presentados, o xurado terá en conta os seguintes criterios, que se ponderarán na mesma proporción: a) A imaxinación, creatividade e orixinalidade. b) O grao de dificultade. c) A correcta e clara transmisión dunha mensaxe. 10. Resolución O xurado, unha vez valorados os traballos, realizará a través do órgano instrutor unha proposta de concesión dos premios aos gañadores/as, que elevará á Presidencia do Parlamento de Galicia para a súa resolución. O acordo de concesión publicarase no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia e na paxina web www.parlamento- degalicia.es, co que se dará así por cumprido o trámite de BOLETÍN OFICIALDO PARLAMENTO DE GALICIA Número 389 11 de decembro de 2014 88921
  • 3. notificación, sen prexuízo das notificacións individuais que se lles efectúen aos ganadores. Contra este acordo, que esgota a vía administrativa, os inte- resados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante a Mesa do Parlamento, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. 11. Premios Concederanse por nivel educativo (educación infantil e edu- cación especial, educación primaria e educación secunda- ria), con independencia da técnica utilizada. Haberá un pri- meiro premio para o grupo que resulte gañador, e un segundo premio ou premio finalista ao grupo que quede en segundo lugar. Ademais, concederase un premio á clase á que pertenza o grupo gañador, outro ao ou á docente que supervisase o tra- ballo do devandito grupo, e outro ao centro educativo a que pertenza ese grupo. 12. Contido dos premios a) Para o alumnado do grupo gañador: – Educación infantil e educación especial: táboa dixital e un lote de libros. – Educación primaria: táboa dixital e un lote de libros. – Educación secundaria: táboa dixital e un lote de libros. b) Para a clase do grupo gañador: excursión de carácter edu- cativo para visitar un lugar significativo de Galicia, na data que decida o centro. c) Para o profesor ou profesora que supervise o traballo do grupo gañador: unha táboa dixital. d) Para o centro educativo do grupo gañador: a cantidade de 2.000 euros para destinar á organización de actividades extraescolares ou actividades da biblioteca escolar, que será ingresada na conta bancaria que se indique, previo envío, antes do 5 de outubro de 2015, das facturas por ese valor correspondentes ao ano 2015 e acompañadas dunha certifi- cación de xustificación dos gastos expedida polo secretario do centro educativo. Estes premios non son acumulables, polo que os centros soamente poderán recibir o premio de 2.000 € con independencia das modalidades en que poidan resultar premiados. e) Para o grupo finalista: MP5 e un lote de libros para cada un dos alumnos e o/a profesor/a supervisor/a do traballo. 13. Entrega de premios A entrega de premios aos/as alumnos/as, acompañados/as do profesorado que coordinou a realización dos traballos, efec- tuarase na sede do Parlamento de Galicia na data que lles será comunicada. Os traballos dos participantes non gañadores poderán reti- rarse na sede do Parlamento de Galicia durante o prazo dun mes, contado a partir da data en que se faga pública a deci- sión do xurado encargado de decidir sobre os premios. 14. Orzamento O Parlamento de Galicia financiará estes premios con cargo ás aplicacións orzamentarias 01.01.111B.410.00 e 01.01.111B.480.01 dos seus orzamentos para o ano 2015, cunha contía máxima global de 13.850 euros. 15. Dereitos e propiedade intelectual O Parlamento de Galicia reserva para si o dereito a publicar en modo impreso, en soporte dixital e na súa páxina web, na súa totalidade ou en parte, os traballos premiados. O Parlamento de Galicia reserva para si todos os dereitos de propiedade e uso dos traballos premiados, así como a posi- bilidade de darlles difusión por calquera medio. 16. Protección de datos A participación no concurso supón a aceptación destas bases e a autorización expresa dos pais e nais ou titores legais dos menores participantes da cesión dos seus datos persoais, imaxe e cesión a terceiros, así como a publicación dos seus traballos. A autorización deberá facerse por escrito, e deberá enviarse ao Parlamento de Galicia xunto coa solicitude. BOLETÍN OFICIALDO PARLAMENTO DE GALICIA 88922 Número 389 11 de decembro de 2014
  • 4. ANEXO I Solicitude de preinscrición D./Dª ....…............……………..….., director/a do centro ...………….......................................….....…, domiciliado en ….............................……., localidade….............…....., CP…..........…., Tlfo.: ………............. EXPÓN Que coñece a convocatoria da V edición do concurso esco- lar baixo o lema «En busca de igualdade», correspondente ao curso académico 2014/2015. Que comunica a participación nel dos grupos de alumnos e alumnas que envía en lista adxunta a este anexo (achégase a listaxe cos nomes dos alumnos e alumnas que conforman o grupo, incluíndo o DNI de cada profesor ou profesora ou titor ou titora responsable), e que, para tal efecto, declara que o número de alumnos e alumnas participantes é de ……., dos niveis ……………, cursos………….., dos que son pro- fesores ou profesoras ………………………………………, responsables deles, co obxecto de participar nas categorías ……………………………………………………. Que aceptan ser comunicados a través de correo electrónico facilitando, este. Correo electrónico: .................................... Por isto, solicita preinscribirse no citado concurso. Data: ................................................... Asdo.: ………………………………. SRA. PRESIDENTA DO PARLAMENTO DE GALICIA BOLETÍN OFICIALDO PARLAMENTO DE GALICIA Número 389 11 de decembro de 2014 88923