2. FLORA INVASORA DE GALICIA:
Diana Caruncho (2º ESO)
-Mimosa (Acacia dealbata):tratase dunha árbore de entre 10-12 m de
altura, é de folla perenne, raramente pasa dos 30 anos. A maior parte das
especies proveñen de Australia e Tasmania. Reprodúcese e crece tan rápido
que é unha ameaza grave para as especies autóctonas, os hábitats e os
ecosistemas. Moita xente sígueas plantando debido á súa beleza e ao seu bo
olor e así, cada vez, esta planta difúndese máis e máis.
-Herba do coitelo (carpobrotus edulis): Planta herbácea con talos rasteiros
que chegan ata os dous metros de lonxitude. As flores son reclamantes, con
numerosos pétalos de cor amarela, rosada ou púrpura. O seu froito é
carnoso e con moitas sementes. A especie é orixinaria da rexión do Cabo
surafricana, pero hoxe en día espallouse por todas as zonas con clima
temperado do planeta, especialmente nas zonas costeiras. Hoxe
desenvólvense medidas de control para evitar mais a súa expallación.
3. -Árbore do ceo (Ailanthus altissima): É unha árbore de entre 25-35 metros
de altura con pólas moi esparexidas, ás veces mais de 100 metros. Duran
aproximadamente de 40 a 50 anos. Esta planta necesita certa humidade
polo que en Galicia xa ocupa grandes zonas do sur, especialmente na zona
orensá.
Os mecanismos de control non son doados, son prácticamente imposibles
dado que a planta é unisexual e reprodúcese moi fácilmente.
-Cortadeira (Cortadeira selloana): Esta planta pode alcanzar os 3 metros de
altura, con raíces profundas e amplas. As follas son sempre verdes e os seus
estremos son afiados e cortantes. A flor é unha densa panícula branca de
30-90 cm de longo. Esta herba está considerada a sétima especie mais
daniña da península Ibérica, e en Galicia xa ten consideración de praga. Esta
acostuma a medrar de xeito doado e ficar como monocultivo en lugares onde
se produciran terremotos ou movemento de terras. No norte da península
Ibérica as autoridades xa comezaron a tomar medidas para frear a praga e
controlar a expansión desta especie.
4. 2º E.S.O CPI Virxe da Cela (Monfero)
MEDIO AMBIENTE
GRUPO:María, Iria, Lara e Silvia
Lixo no monte: A xente é moi vaga e tira o lixo no monte habendo contedores en
case todos os lados e é malo porque os animais poden ser perxudicados ou o lixo
poden causar incendios forestais.
Plantas invasoras:Algúns homes plantan eucaliptos cerca dos ríos para que crezan
máis rápido,pero é perxudicial porque róuballe auga aos outros árbores, seca o río
máis rápido en temporada seca e tamén lle rouba auga aos peixes.Non sabemos se é
ilegal, pero está mal facer eso por uns poucos cartos máis.
Batidas de caza ilegais:A veces os cazadores fan batidas ilegais porque pensan que
hai moitos animais nunha zona e organizan batidas sen permiso, e os animais son
parte do ecosistema.
Transporte excesivo: Hai un cerrado con buses abandonados que poderían
reciclarse para outros transportes ou para outras cousas.
Abuso de produtos químicos: ás veces utilizamos nas nosas leiras un montón de
produtos químicos para abonar, como pesticidas, etc. Finalmente acabarán
formando parte da nosa cadea alimenticia, e son nocivos para a nosa saúde.
5. 2º de la ESO CPI VIRXE DA CELA
GRUPO 2:
Iván Miño Rodríguez
Sara RubIAnes Souto
Alexandra María Gheorghe
Ruben Jove LÓpez
TEMA : MEDIO AMBIENTE
Lixo no monte: Contamina, é feo, somos todos culpables: non nos custa nada gardar o
lixo nunha bolsa e tirala o contedor.
Parques eólicos: Aínda que sabemos que son unha grande fonte de enerxía tamén
poden ter consecuencias negativas: teñen un grande impacto ambiental, xa que moitas
aves migratorias teñen que desviar a súa traxectoria e moitas chocan nas élices.
Visualmente afectan a nosa paisaxe, xa que as aldeas quedan estropeadas cos eólicos
ao fondo.
Eucaliptos: Aínda que a súa plantación sexa legal provocan moitos desperdicios nas
terras, xa que chupan toda a auga e a terra queda infértil e nos se dan tan ben as plantas
autóctonas.
A central térmica de As Pontes: A xente ten moitas secuelas por culpa dos gases que
expulsa, prodúcese a chuvia ácida que é mala para a nosa saúde.
Batidas ilegais de animais: Matan cando non é o tempo e despois os animais non
poden repoñerse.
Trasporte excesivo: á nosa escola veñen 10 autobuses para traer a uns 150 nenos/as,
así que a maior parte dos buses van baleiros. Isto supón moitísimo consumo de
combustible, así como aumento de gases da súa combustión.
Produtos químicos: A xente abusa de fertilizantes, pesticidas e outros produtos
químicos excesivos nos seus cultivos, que van parar á auga dos ríos ou acaban na nosa
propia mesa á hora de xantar, provocando problemas de saúde.
6. CONTAMINACIÓN NO ENCORO DO EUME.
Andrea Varela (2º ESO)
Ao abriren as compostas do encoro da Capela, os
lodos do fondo pasaron ao Eume. Os lodos fóronse
acumulando alí desde hai moitos anos. Nese tempo
traballaron coas augas empresas de minería e
fertilizantes, e estas empresas traballan con
contaminantes químicos e metais, e por culpa diso
agora hai o problema dos altos niveis de cinc.
Iso favorece á contaminación do encoro (pantano).