SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 11
Baixar para ler offline
Mª Luisa Miras Cidad - Adaptación ao galego : Feliciano Couto




                                            A contorna LIM

Logo de ver e analizar brevemente algunhas ferramentas de autor que se utilizan frecuentemente
para crear materiais educativos, decidímonos por LIM para empezar a elaborar os nosos.
Escollemos esta ferramenta por varias razóns:
     ●   En primeiro lugar e principalmente polo sinxelo do seu uso, o que a fai máis adecuada
         para iniciarse neste labor e comprender como funcionan os programas que se utilizan
         para esta tarefa.
     ●   Tamén pola gran variedade de actividades que se pode facer, hai ata 30 modelos de
         páxinas diferentes.
     ●   Con LIM elabóranse auténticos libros dixitais xa que se poden crear páxinas para
         presentar información e páxinas para facer actividades.
     ●   Pódense integrar textos, fotos, gráficos, animacións, son, vídeo...
     ●   Non é necesario facer instalacións previas no computador para ver os materiais, estes
         preséntanse en formato de páxina web e utiliza a tecnoloxía Flash, o que asegura a súa
         accesibilidade practicamente ao 100% independentemente do sistema operativo, do
         computador e do navegador que se estea utilizando.
     ●   Ofrece a posibilidade de avaliar os exercicios e de controlar os progresos.
     ●   As actividades son atractivas e preséntanse nunha contorna agradable.
     ●   Para rematar, é unha ferramenta de libre uso e difusión sempre que se respecte a súa
         gratuidade e a súa autoría.

O inconveniente do programa é que só podemos elaborar os materiais en Windows, aínda que o
seu autor está traballando nunha versión para Linux.
Ademais, LIM é unha ferramenta moi nova e conta con periódicas revisións e melloras.

1. Elementos de LIM
Un material educativo creado con LIM denomínase libro e cada actividade denomínase páxina.
Algunhas destas páxinas son descritivas pois se utilizan para transmitir información a través de
textos, imaxes, animacións ..., mentres que outras son interactivas e utilízanse para realizar
actividades (completar ocos, ordenar frases, sopa de letras ...).




Páxina descriptiva: texto, imaxe e son                      Páxina interactiva: a palabra segreda

Colaboración C.E.P. Indalo e                                                                 18
Mª Luisa Miras Cidad - Adaptación ao galego : Feliciano Couto


Todos os materiais feitos con LIM teñen unha estrutura similar. Cando abrimos unha páxina feita
con esta ferramenta atopamos os seguintes elementos:



               Logo      Título do libro             Axuda     Informe de avaliación


                                                                            Activar/desactivar son
  Subtítulo
  do libro                                                                   Cabecera: título da
                                                                                actividade


                                                                             Actividade: contido da
                                                                                     páxina




                                                                                       Correxir
  Botón para
  reproducir
                                                                          Pe de páxina: instruciónss
     son
                                                                          para realizar a actividade


               Mensaxe de avaliación       Páxina anterior          Páxina seguinte

                                                      Número de páxina

ACTIVIDADE: Pica no recurso Un libro sobre LIM. Trátase dun libro dixital sobre as
características do programa. Observa como se presenta a información e realiza as actividades.
Cando termines mira o teu informe de avaliación.

2. Tipos de páxinas
Como xa viches, Lim dá a opción de alternar páxinas que teñen como obxectivo a transmisión de
información (descritivas) con outras que teñen como misión a realización de actividades
(interactivas). Imos ver detidamente as posibilidades de cada unha delas .

                                           a) Páxinas descriptivas
                                           A continuación describimos os tipos de páxinas que se
                                           poden utilizar para presentar contidos. Á vez que vas
                                           lendo este texto, podes entrar no documento do curso
                                           Exemplos de páxinas descritivas para ver mellor como
                                           funcionan .

                                              Imaxe e texto
                                           Como o seu nome indica, é un tipo de páxina que está
                                           composta por un texto e unha imaxe. A situación e o
                                           tamaño do texto e a imaxe son configurables, pódese
                                           modificar. Tamén podemos cambiar a cor do texto e da
                                           caixa que o contén.



Colaboración C.E.P. Indalo e                                                             19
Mª Luisa Miras Cidad - Adaptación ao galego : Feliciano Couto


Cando o texto é mais extenso que a zona de visualización, aparecen automaticamente dous
botóns con forma de frecha que desprazan o texto para que se poida ler.

Aínda que normalmente utilízanse fotos e debuxos, neste tipo de páxina tamén se pode incluír
vídeo e animacións en diferentes formatos. Cando se mostra un vídeo aparece un panel cos
controis máis comúns (play, pausa e stop), unha barra de progreso e os contadores de duración
total e tempo de reprodución.



Ademais pódese incorporar son que se reproduce automaticamente cando entramos na páxina
ou que se pon en marcha ao pulsar un botón.




          Páxina con vídeo e texto                  Páxina con animación, texto e son



 Galería de imaxes
Trátase dun tipo de páxina que presenta unha serie de imaxes (6 como máximo). Cando
pulsamos sobre cada unha delas amplíanse. Do mesmo xeito que a páxina anterior, esta e todas
as páxinas poden incorporar son (música, explicación, efecto ...) podendo elixir entre dúas
opcións: que se reproduza automaticamente ao entrar na páxina ou ao pulsar o botón que
aparece na parte inferior.




Colaboración C.E.P. Indalo e                                                        20
Mª Luisa Miras Cidad - Adaptación ao galego : Feliciano Couto




                                                 Menú
                                                Este tipo de páxina presenta un menú formado
                                                por 6 botóns como máximo. Ao pulsar cada un
                                                deles móstrase na pantalla un texto distinto. No
                                                exemplo, utilizouse como unha especie de
                                                enciclopedia que mostra información sobre as
                                                provincias andaluzas.




                                                   Galería de sons
                                                A páxina presenta un conxunto de imaxes (6
                                                como máximo). Ao pulsar sobre cada unha delas
                                                podemos escoitar un son. No exemplo móstrase
                                                un vocabulario formado por seis palabras co seu
                                                correspondente debuxo. Ao pulsar sobre o
                                                debuxo podemos escoitar como se pronuncia
                                                cada palabra.




                                                Panel
                                                Trátase dunha páxina para compor libremente a
                                                partir dunha serie de imaxes. Ao pulsar sobre
                                                elas, colócanse no escenario e alí podémolas
                                                arrastrar e virar. Tamén podemos escribir, borrar
                                                e imprimir.




 Enlaces e Enlaces 2
Neste caso preséntase unha páxina con botóns que inclúen enlaces. Os enlaces poden dirixir
cara a páxinas externas (páxinas web) ou cara a diferentes seccións do libro. Este tipo de páxina
pódese utilizar para ampliar a información ou como índice do libro.




Colaboración C.E.P. Indalo e                                                           21
Mª Luisa Miras Cidad - Adaptación ao galego : Feliciano Couto




     Enlaces: Inclúe texto e ata 3 botóns                 Enlaces 2: Inclúe ata 10 botóns

Ademais destes tipos de páxinas, existen outros que se poden utilizar para presentar os contidos.
Trátase dalgunhas variantes das páxinas interactivas que se presentan no seguinte apartado.




a) Páxinas interactivas
A continuación describimos os tipos de páxinas que se poden utilizar para realizar actividades.
Como no apartado anterior, tes un recurso para ilustralas denominado Exemplos de páxinas
interactivas. Comproba como funcionan á vez que vas lendo este texto.


 Puzzle
Trátase do típico crebacabezas. A actividade ofrece varias posibilidades: podemos ver as liñas
que dividen a imaxe ou un fondo transparente da mesma. Podemos graduar o nivel de
transparencia e o número de pezas do puzzle.




            Puzzle con cuadrícula                        Puzzle con fondo transparente




Colaboración C.E.P. Indalo e                                                             22
Mª Luisa Miras Cidad - Adaptación ao galego : Feliciano Couto

                                                  Sopa de letras
                                                  Trátase de buscar palabras mesturadas nun
                                                  cadro de 10 por 10 letras. A actividade ofrece
                                                  varias     posibilidades:  podemos      utilizar
                                                  descricións das palabras escondidas, as
                                                  mesmas palabras ou imaxes. Para resolvela hai
                                                  que picar sobre a primeira letra e arrastrar o
                                                  rato ata a última.




 Parellas
É outro tipo de actividade típica dos materiais
creados para o computador. Trátase do
coñecido xogo de buscar parellas destapando
cadros. Esta actividade ten un límite de tempo
que se pode axustar.




                                                   Preguntas
                                                  Pódense formular ata catro preguntas. O alumno
                                                  ten que introducir as respostas.




   Resposta múltiple
Trátase dunha pregunta que para resolvela hai
que seleccionar entre varias respostas. Pódese
incluír tamén unha imaxe.




Colaboración C.E.P. Indalo e                                                            23
Mª Luisa Miras Cidad - Adaptación ao galego : Feliciano Couto




                                             Frases
                                            Ao picar sobre o botón azul escóitase un texto
                                            que o alumno ten que escribir. Este exercicio
                                            pódese utilizar para escoitar, para facer ditados,
                                            para traducir, etc.




   Identificar imágenes
Preséntanse ata cinco imaxes que o alumno ten
que identificar escribindo o seu nome no lugar
correspondente.




                                             Identificar sons
                                            É unha páxina similar á anterior: preséntanse ata
                                            cinco imaxes, pero ao picar sobre elas podemos
                                            escoitar un son. Na casa correspondente o
                                            alumno ten que escribir a palabra que o
                                            identifica. Neste caso é o nome das palabras.




 Arrastrar textos
Trátase de mover os textos da dereita ata
encaixalos nos da esquerda de maneira que
formen frases correctas.




Colaboración C.E.P. Indalo e                                                        24
Mª Luisa Miras Cidad - Adaptación ao galego : Feliciano Couto




                                                  Arrastrar imaxes
                                             Neste caso, trátase de mover as imaxes da dereita
                                             ata encaixalas nas da esquerda con arranxo a
                                             algún criterio.




                                                   Raios X
                                              Mostra dúas imaxes superpuestas, a inferior só é
                                              visible no espazo definido por un círculo.
                                              Podemos arrastrar o círculo sobre a imaxe para
                                              ver a que hai debaixo. Os resultados poden ser
                                              sorprendentes. Esta páxina pode ser descritiva
                                              se non definimos unha resposta ou interactiva,
                                              cando hai que resolver algunha pregunta.




   Clasificar imaxes ou textos
Esta actividade consiste en clasificar imaxes ou
textos en dous grupos diferentes con arranxo a
uns criterios.




                                                Etiquetas
                                               Esta actividade admite moitas variantes. Nuns
                                               casos trátase de mover as etiquetas ata o lugar
                                               correcto, noutros hai que escribir o nome
                                               correspondente. Pódese utilizar tamén como
                                               páxina descritiva. Neste caso, ao pasar o rato
                                               por encima dunha zona aparece o nome nun
                                               visor.




Colaboración C.E.P. Indalo e                                                        25
Mª Luisa Miras Cidad - Adaptación ao galego : Feliciano Couto




     Amosa información ao pasar o rato                      Hai que escribir o nome




 Etiquetas 2
Do mesmo xeito que a anterior, pódese utilizar
para mover textos, mostrar información ou
escribir,




                                                  Mover imaxes
                                                 Móstranse seis imaxes que se poden mover para
                                                 encaixar e completar figuras, para establecer
                                                 secuencias, etc.




 Completar
Trátase dun exercicio de encher ocos,
escribindo a palabra correspondente ou
movendo cadros de texto.




Colaboración C.E.P. Indalo e                                                          26
Mª Luisa Miras Cidad - Adaptación ao galego : Feliciano Couto




   A palabra segreda
É unha versión do xogo do aforcado. Hai que
descubrir a palabra oculta pulsando sobre as
letras. Admítense ata seis erros e pódense incluír
imaxes.




                                                    Actividade externa
                                                Lim ofrece a posibilidade de incluír actividades
                                                elaboradas con outros programas. Neste caso,
                                                trátase dunha actividade feita con Flash.




 Operacións
Trátase dunha páxina para crear operacións
matemáticas. Pódese elixir entre sumas, restas,
multiplicacións e divisións.




                                                 Escoller
                                                Trátase de seleccionar entre varias imaxes ou
                                                textos, segundo establézase na pregunta




Colaboración C.E.P. Indalo e                                                          27
Mª Luisa Miras Cidad - Adaptación ao galego : Feliciano Couto


                                               Reloxo
                                              Trátase dunha actividade sobre o manexo do
                                              reloxo. Tamén é útil para ensinar a dicir a hora
                                              en Español.




 Textos
É unha páxina para traballar con textos que admite diferentes posibilidades: seleccionar
palabras, escribir as palabras que faltan ou arrastrar fragmentos.




             Selecionar palabras                            Completar o texto


3. Instalación do programa
A instalación do programa para elaborar todos estes recursos é moi sinxela. Está formado por
catro arquivos que debes de gardar xuntos dentro dun cartafol no teu computador. Pica na
Descarga do programa e garda o arquivo no teu escritorio (por exemplo). Trátase dun cartafol
comprimido. Ábreo e garda os catro arquivos nun cartafol novo á que debes pór por nome LIM.




Colaboración C.E.P. Indalo e                                                        28

Mais conteúdo relacionado

Destaque

2024 State of Marketing Report – by Hubspot
2024 State of Marketing Report – by Hubspot2024 State of Marketing Report – by Hubspot
2024 State of Marketing Report – by HubspotMarius Sescu
 
Everything You Need To Know About ChatGPT
Everything You Need To Know About ChatGPTEverything You Need To Know About ChatGPT
Everything You Need To Know About ChatGPTExpeed Software
 
Product Design Trends in 2024 | Teenage Engineerings
Product Design Trends in 2024 | Teenage EngineeringsProduct Design Trends in 2024 | Teenage Engineerings
Product Design Trends in 2024 | Teenage EngineeringsPixeldarts
 
How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental Health
How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental HealthHow Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental Health
How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental HealthThinkNow
 
AI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdf
AI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdfAI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdf
AI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdfmarketingartwork
 
PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024
PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024
PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024Neil Kimberley
 
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)contently
 
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024How to Prepare For a Successful Job Search for 2024
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024Albert Qian
 
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie Insights
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie InsightsSocial Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie Insights
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie InsightsKurio // The Social Media Age(ncy)
 
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024Search Engine Journal
 
5 Public speaking tips from TED - Visualized summary
5 Public speaking tips from TED - Visualized summary5 Public speaking tips from TED - Visualized summary
5 Public speaking tips from TED - Visualized summarySpeakerHub
 
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd Clark Boyd
 
Getting into the tech field. what next
Getting into the tech field. what next Getting into the tech field. what next
Getting into the tech field. what next Tessa Mero
 
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search Intent
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search IntentGoogle's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search Intent
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search IntentLily Ray
 
Time Management & Productivity - Best Practices
Time Management & Productivity -  Best PracticesTime Management & Productivity -  Best Practices
Time Management & Productivity - Best PracticesVit Horky
 
The six step guide to practical project management
The six step guide to practical project managementThe six step guide to practical project management
The six step guide to practical project managementMindGenius
 
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...RachelPearson36
 

Destaque (20)

2024 State of Marketing Report – by Hubspot
2024 State of Marketing Report – by Hubspot2024 State of Marketing Report – by Hubspot
2024 State of Marketing Report – by Hubspot
 
Everything You Need To Know About ChatGPT
Everything You Need To Know About ChatGPTEverything You Need To Know About ChatGPT
Everything You Need To Know About ChatGPT
 
Product Design Trends in 2024 | Teenage Engineerings
Product Design Trends in 2024 | Teenage EngineeringsProduct Design Trends in 2024 | Teenage Engineerings
Product Design Trends in 2024 | Teenage Engineerings
 
How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental Health
How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental HealthHow Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental Health
How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental Health
 
AI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdf
AI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdfAI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdf
AI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdf
 
Skeleton Culture Code
Skeleton Culture CodeSkeleton Culture Code
Skeleton Culture Code
 
PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024
PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024
PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024
 
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)
 
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024How to Prepare For a Successful Job Search for 2024
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024
 
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie Insights
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie InsightsSocial Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie Insights
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie Insights
 
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024
 
5 Public speaking tips from TED - Visualized summary
5 Public speaking tips from TED - Visualized summary5 Public speaking tips from TED - Visualized summary
5 Public speaking tips from TED - Visualized summary
 
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd
 
Getting into the tech field. what next
Getting into the tech field. what next Getting into the tech field. what next
Getting into the tech field. what next
 
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search Intent
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search IntentGoogle's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search Intent
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search Intent
 
How to have difficult conversations
How to have difficult conversations How to have difficult conversations
How to have difficult conversations
 
Introduction to Data Science
Introduction to Data ScienceIntroduction to Data Science
Introduction to Data Science
 
Time Management & Productivity - Best Practices
Time Management & Productivity -  Best PracticesTime Management & Productivity -  Best Practices
Time Management & Productivity - Best Practices
 
The six step guide to practical project management
The six step guide to practical project managementThe six step guide to practical project management
The six step guide to practical project management
 
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
 

Manual Edilim

  • 1. Mª Luisa Miras Cidad - Adaptación ao galego : Feliciano Couto A contorna LIM Logo de ver e analizar brevemente algunhas ferramentas de autor que se utilizan frecuentemente para crear materiais educativos, decidímonos por LIM para empezar a elaborar os nosos. Escollemos esta ferramenta por varias razóns: ● En primeiro lugar e principalmente polo sinxelo do seu uso, o que a fai máis adecuada para iniciarse neste labor e comprender como funcionan os programas que se utilizan para esta tarefa. ● Tamén pola gran variedade de actividades que se pode facer, hai ata 30 modelos de páxinas diferentes. ● Con LIM elabóranse auténticos libros dixitais xa que se poden crear páxinas para presentar información e páxinas para facer actividades. ● Pódense integrar textos, fotos, gráficos, animacións, son, vídeo... ● Non é necesario facer instalacións previas no computador para ver os materiais, estes preséntanse en formato de páxina web e utiliza a tecnoloxía Flash, o que asegura a súa accesibilidade practicamente ao 100% independentemente do sistema operativo, do computador e do navegador que se estea utilizando. ● Ofrece a posibilidade de avaliar os exercicios e de controlar os progresos. ● As actividades son atractivas e preséntanse nunha contorna agradable. ● Para rematar, é unha ferramenta de libre uso e difusión sempre que se respecte a súa gratuidade e a súa autoría. O inconveniente do programa é que só podemos elaborar os materiais en Windows, aínda que o seu autor está traballando nunha versión para Linux. Ademais, LIM é unha ferramenta moi nova e conta con periódicas revisións e melloras. 1. Elementos de LIM Un material educativo creado con LIM denomínase libro e cada actividade denomínase páxina. Algunhas destas páxinas son descritivas pois se utilizan para transmitir información a través de textos, imaxes, animacións ..., mentres que outras son interactivas e utilízanse para realizar actividades (completar ocos, ordenar frases, sopa de letras ...). Páxina descriptiva: texto, imaxe e son Páxina interactiva: a palabra segreda Colaboración C.E.P. Indalo e 18
  • 2. Mª Luisa Miras Cidad - Adaptación ao galego : Feliciano Couto Todos os materiais feitos con LIM teñen unha estrutura similar. Cando abrimos unha páxina feita con esta ferramenta atopamos os seguintes elementos: Logo Título do libro Axuda Informe de avaliación Activar/desactivar son Subtítulo do libro Cabecera: título da actividade Actividade: contido da páxina Correxir Botón para reproducir Pe de páxina: instruciónss son para realizar a actividade Mensaxe de avaliación Páxina anterior Páxina seguinte Número de páxina ACTIVIDADE: Pica no recurso Un libro sobre LIM. Trátase dun libro dixital sobre as características do programa. Observa como se presenta a información e realiza as actividades. Cando termines mira o teu informe de avaliación. 2. Tipos de páxinas Como xa viches, Lim dá a opción de alternar páxinas que teñen como obxectivo a transmisión de información (descritivas) con outras que teñen como misión a realización de actividades (interactivas). Imos ver detidamente as posibilidades de cada unha delas . a) Páxinas descriptivas A continuación describimos os tipos de páxinas que se poden utilizar para presentar contidos. Á vez que vas lendo este texto, podes entrar no documento do curso Exemplos de páxinas descritivas para ver mellor como funcionan .  Imaxe e texto Como o seu nome indica, é un tipo de páxina que está composta por un texto e unha imaxe. A situación e o tamaño do texto e a imaxe son configurables, pódese modificar. Tamén podemos cambiar a cor do texto e da caixa que o contén. Colaboración C.E.P. Indalo e 19
  • 3. Mª Luisa Miras Cidad - Adaptación ao galego : Feliciano Couto Cando o texto é mais extenso que a zona de visualización, aparecen automaticamente dous botóns con forma de frecha que desprazan o texto para que se poida ler. Aínda que normalmente utilízanse fotos e debuxos, neste tipo de páxina tamén se pode incluír vídeo e animacións en diferentes formatos. Cando se mostra un vídeo aparece un panel cos controis máis comúns (play, pausa e stop), unha barra de progreso e os contadores de duración total e tempo de reprodución. Ademais pódese incorporar son que se reproduce automaticamente cando entramos na páxina ou que se pon en marcha ao pulsar un botón. Páxina con vídeo e texto Páxina con animación, texto e son  Galería de imaxes Trátase dun tipo de páxina que presenta unha serie de imaxes (6 como máximo). Cando pulsamos sobre cada unha delas amplíanse. Do mesmo xeito que a páxina anterior, esta e todas as páxinas poden incorporar son (música, explicación, efecto ...) podendo elixir entre dúas opcións: que se reproduza automaticamente ao entrar na páxina ou ao pulsar o botón que aparece na parte inferior. Colaboración C.E.P. Indalo e 20
  • 4. Mª Luisa Miras Cidad - Adaptación ao galego : Feliciano Couto  Menú Este tipo de páxina presenta un menú formado por 6 botóns como máximo. Ao pulsar cada un deles móstrase na pantalla un texto distinto. No exemplo, utilizouse como unha especie de enciclopedia que mostra información sobre as provincias andaluzas.  Galería de sons A páxina presenta un conxunto de imaxes (6 como máximo). Ao pulsar sobre cada unha delas podemos escoitar un son. No exemplo móstrase un vocabulario formado por seis palabras co seu correspondente debuxo. Ao pulsar sobre o debuxo podemos escoitar como se pronuncia cada palabra. Panel Trátase dunha páxina para compor libremente a partir dunha serie de imaxes. Ao pulsar sobre elas, colócanse no escenario e alí podémolas arrastrar e virar. Tamén podemos escribir, borrar e imprimir.  Enlaces e Enlaces 2 Neste caso preséntase unha páxina con botóns que inclúen enlaces. Os enlaces poden dirixir cara a páxinas externas (páxinas web) ou cara a diferentes seccións do libro. Este tipo de páxina pódese utilizar para ampliar a información ou como índice do libro. Colaboración C.E.P. Indalo e 21
  • 5. Mª Luisa Miras Cidad - Adaptación ao galego : Feliciano Couto Enlaces: Inclúe texto e ata 3 botóns Enlaces 2: Inclúe ata 10 botóns Ademais destes tipos de páxinas, existen outros que se poden utilizar para presentar os contidos. Trátase dalgunhas variantes das páxinas interactivas que se presentan no seguinte apartado. a) Páxinas interactivas A continuación describimos os tipos de páxinas que se poden utilizar para realizar actividades. Como no apartado anterior, tes un recurso para ilustralas denominado Exemplos de páxinas interactivas. Comproba como funcionan á vez que vas lendo este texto.  Puzzle Trátase do típico crebacabezas. A actividade ofrece varias posibilidades: podemos ver as liñas que dividen a imaxe ou un fondo transparente da mesma. Podemos graduar o nivel de transparencia e o número de pezas do puzzle. Puzzle con cuadrícula Puzzle con fondo transparente Colaboración C.E.P. Indalo e 22
  • 6. Mª Luisa Miras Cidad - Adaptación ao galego : Feliciano Couto Sopa de letras Trátase de buscar palabras mesturadas nun cadro de 10 por 10 letras. A actividade ofrece varias posibilidades: podemos utilizar descricións das palabras escondidas, as mesmas palabras ou imaxes. Para resolvela hai que picar sobre a primeira letra e arrastrar o rato ata a última.  Parellas É outro tipo de actividade típica dos materiais creados para o computador. Trátase do coñecido xogo de buscar parellas destapando cadros. Esta actividade ten un límite de tempo que se pode axustar.  Preguntas Pódense formular ata catro preguntas. O alumno ten que introducir as respostas.  Resposta múltiple Trátase dunha pregunta que para resolvela hai que seleccionar entre varias respostas. Pódese incluír tamén unha imaxe. Colaboración C.E.P. Indalo e 23
  • 7. Mª Luisa Miras Cidad - Adaptación ao galego : Feliciano Couto  Frases Ao picar sobre o botón azul escóitase un texto que o alumno ten que escribir. Este exercicio pódese utilizar para escoitar, para facer ditados, para traducir, etc.  Identificar imágenes Preséntanse ata cinco imaxes que o alumno ten que identificar escribindo o seu nome no lugar correspondente.  Identificar sons É unha páxina similar á anterior: preséntanse ata cinco imaxes, pero ao picar sobre elas podemos escoitar un son. Na casa correspondente o alumno ten que escribir a palabra que o identifica. Neste caso é o nome das palabras.  Arrastrar textos Trátase de mover os textos da dereita ata encaixalos nos da esquerda de maneira que formen frases correctas. Colaboración C.E.P. Indalo e 24
  • 8. Mª Luisa Miras Cidad - Adaptación ao galego : Feliciano Couto  Arrastrar imaxes Neste caso, trátase de mover as imaxes da dereita ata encaixalas nas da esquerda con arranxo a algún criterio.  Raios X Mostra dúas imaxes superpuestas, a inferior só é visible no espazo definido por un círculo. Podemos arrastrar o círculo sobre a imaxe para ver a que hai debaixo. Os resultados poden ser sorprendentes. Esta páxina pode ser descritiva se non definimos unha resposta ou interactiva, cando hai que resolver algunha pregunta.  Clasificar imaxes ou textos Esta actividade consiste en clasificar imaxes ou textos en dous grupos diferentes con arranxo a uns criterios.  Etiquetas Esta actividade admite moitas variantes. Nuns casos trátase de mover as etiquetas ata o lugar correcto, noutros hai que escribir o nome correspondente. Pódese utilizar tamén como páxina descritiva. Neste caso, ao pasar o rato por encima dunha zona aparece o nome nun visor. Colaboración C.E.P. Indalo e 25
  • 9. Mª Luisa Miras Cidad - Adaptación ao galego : Feliciano Couto Amosa información ao pasar o rato Hai que escribir o nome  Etiquetas 2 Do mesmo xeito que a anterior, pódese utilizar para mover textos, mostrar información ou escribir,  Mover imaxes Móstranse seis imaxes que se poden mover para encaixar e completar figuras, para establecer secuencias, etc.  Completar Trátase dun exercicio de encher ocos, escribindo a palabra correspondente ou movendo cadros de texto. Colaboración C.E.P. Indalo e 26
  • 10. Mª Luisa Miras Cidad - Adaptación ao galego : Feliciano Couto  A palabra segreda É unha versión do xogo do aforcado. Hai que descubrir a palabra oculta pulsando sobre as letras. Admítense ata seis erros e pódense incluír imaxes.  Actividade externa Lim ofrece a posibilidade de incluír actividades elaboradas con outros programas. Neste caso, trátase dunha actividade feita con Flash.  Operacións Trátase dunha páxina para crear operacións matemáticas. Pódese elixir entre sumas, restas, multiplicacións e divisións.  Escoller Trátase de seleccionar entre varias imaxes ou textos, segundo establézase na pregunta Colaboración C.E.P. Indalo e 27
  • 11. Mª Luisa Miras Cidad - Adaptación ao galego : Feliciano Couto  Reloxo Trátase dunha actividade sobre o manexo do reloxo. Tamén é útil para ensinar a dicir a hora en Español.  Textos É unha páxina para traballar con textos que admite diferentes posibilidades: seleccionar palabras, escribir as palabras que faltan ou arrastrar fragmentos. Selecionar palabras Completar o texto 3. Instalación do programa A instalación do programa para elaborar todos estes recursos é moi sinxela. Está formado por catro arquivos que debes de gardar xuntos dentro dun cartafol no teu computador. Pica na Descarga do programa e garda o arquivo no teu escritorio (por exemplo). Trátase dun cartafol comprimido. Ábreo e garda os catro arquivos nun cartafol novo á que debes pór por nome LIM. Colaboración C.E.P. Indalo e 28