SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 49
REPÚBLICA E DITADURA
EN ESPAÑA
4º ESO
R.P.V
REPÚBLICA E DITADURA EN ESPAÑA
Descobre onde están as ligazóns.
Case todas as palabras que están
en cor vermella ou azul teñen
hiperligazóns a outras páxinas web
que serven para explicar mellor
cada feito ou ampliar coñecementos
sobre o mesmo
1. A DITADURA DE PRIMO DE RIVERA E A FIN DA MONARQUÍA
A DITADURA DE PRIMO DE RIVERA: 1923-1930
● O 13 de setembro de 1923, o xeneral Miguel Primo de Rivera deu un golpe de Estado
que poñía fin ao réxime constitucional da Restauración. Foi xustificado pola
inestabilidade política, os fracasos militares (Annual), os ataques ao Rei e a
conflitividade social en España.
● Contou co apoio do Rei, do exército e a indiferenza popular.
● No seu goberno diferéncianse dous períodos:
– Directorio militar (1923-1925): goberno formado só por militares. As Cortes foron
disoltas, a constitución do 1876 suspendida, e todas as autoridades foron
substituídas por persoas adictas á Unión Patriótica. O seu maior éxito foi a
finalización da guerra de Marrocos tras o vitorioso desembarco de Alhucemas
(1925).
– Directorio civil (1925-1930): goberno formado maioritariamente por civís
vinculados a Unión Patriótica no que destacou Calvo Sotelo. Primo de Rivera
pretendeu instaurar un réxime político autoritario similar ao de Mussolini. En
Galicia, a Lei de Redención dos foros (1926) permitiu aos campesiños rescatar as
rendas forais e quedarse coa propiedade da terra
● A comezos de 1930, perdido o apoio do exército, presentou a dimisión ao Rei.
PRIMO DE RIVERA
DIRECTORIO MILITAR
DIRECTORIO CIVIL
1. A DITADURA DE PRIMO DE RIVERA E A FIN DA MONARQUÍA
A FIN DA MONARQUÍA: 1930-1931
● Tras a dimisión de Primo de Rivera, Alfonso XIII encargou ao xeneral Dámaso
Berenguer a formación dun novo goberno.
● Medra a oposición á monarquía, a axitación popular e a idea dunha España
republicana.
● En agosto de 1930, republicanos, nacionalistas cataláns e socialistas asinan o
Pacto de San Sebastián, comprometéndose a derrocar a monarquía e
establecer a república.
● A comezos de 1931, un novo goberno, presidido por Xoán Bautista Aznar,
convocou eleccións municipais para o 12 de abril que os republicanos
gañaron nas cidades máis importantes.
● O 14 de abril de 1931, proclamouse a república (Segunda República
Española) e Alfonso XIII abandonou España.
BANDEIRA DA REPÚBLICA
2. A SEGUNDA REPÚBLICA: 1931-1936
O BIENIO PROGRESISTA. A REPÚBLICA DE ESQUERDAS (1931-1933)
● Tras a proclamación da República formouse un
goberno provisional presidido por Niceto
Alcalá Zamora e formado por republicanos e
socialistas co fin de organizar eleccións a
Cortes constituíntes.
● En decembro de 1931, as Cortes aprobaron a
Constitución republicana, de carácter
progresista.
● Alcalá Zamora foi nomeado presidente da
República e Manuel Azaña xefe do goberno
formado por republicanos de esquerda e
socialistas.
Alcalá Zamora
Manuel Azaña
2. A SEGUNDA REPÚBLICA: 1931-1936
O BIENIO PROGRESISTA. A REPÚBLICA DE ESQUERDAS (1931-1933)
● Durante este período, púxose en marcha unha ambiciosa política de reformas que
chocaron cos intereses dos empresarios, terratenentes, militares e eclesiásticos:
– Constitución de 1931: establecía a soberanía nacional, a separación da Igrexa
e do Estado, autonomía de municipios e rexións e numerosos dereitos
individuais e sociais (liberdade de opinión, divorcio, culto, asociación, reunión,
voto feminino, etc.)
– Laicismo e limitación do poder da Igrexa: extinción do orzamento do clero,
prohibición ás ordes relixiosas de ensinar, expulsión dos xesuítas,...
– Reforma do exército: reduciuse o número de oficiais e creouse a Garda de
Asalto para controlar a orde pública.
– Reforma agraria: as leis autorizaban a expropiación de terras para entregalas
aos campesiños e aos xornaleiros que as traballaban.
– Reforma educativa: construíronse numerosas escolas nas que se impartía o
ensino primario obrigatorio, gratuíto e laico.
– Aprobación da autonomía catalá que permitiu a Cataluña ter o goberno da
Generalitat desde 1932 presidido por Macià.
Artículo 1. España es una República democrática de trabajadores de toda clase, que se organiza en
régimen de Libertad y de Justicia.
Los poderes de todos sus órganos emanan del pueblo.
La República constituye un Estado integral, compatible con la autonomía de los Municipios y las Regiones.
La bandera de la República española es roja, amarilla y morada.
Artículo 2. Todos los españoles son iguales ante la ley.
Artículo 3. El Estado español no tiene religión oficial.
Artículo 27. La libertad de conciencia y el derecho de profesar y practicar libremente cualquier religión
quedan garantizados en el territorio español, salvo el respeto debido a las exigencias de la moral pública.
(...)
Artículo 32. Queda garantizada la inviolabilidad de la correspondencia en todas sus formas, a no ser que
se dicte auto judicial en contrario.
Artículo 34. Toda persona tiene derecho a emitir libremente sus ideas y opiniones, valiéndose de cualquier
medio de difusión, sin sujetarse a la previa censura. (...)
Artículo 36. Los ciudadanos de uno y otro sexo, mayores de veintitrés años, tendrán los mismos derechos
electorales conforme determinen las leyes.
Artículo 43. La familia está bajo la salvaguardia especial del Estado. El matrimonio se funda en la
igualdad de derechos para ambos sexos, y podrá disolverse por mutuo disenso o a petición de cualquiera
de los cónyuges, con alegación en este caso de justa causa.
Artículo 48. El servicio de la cultura es atribución esencial del Estado, y lo prestará mediante instituciones
educativas enlazadas por el sistema de la escuela unificada.
La enseñanza primaria será gratuita y obligatoria. (...)
Artículo 51. La potestad legislativa reside en el pueblo, que la ejerce por medio de las Cortes o Congreso
de los Diputados.
Artículo 52. El Congreso de los Diputados se compone de los representantes elegidos por sufragio
universal, igual, directo y secreto,
Artículo 67. El Presidente de la República es el jefe del Estado y personifica a la Nación.
CONSTITUCIÓN DE 1931CONSTITUCIÓN DE 1931
2. A SEGUNDA REPÚBLICA: 1931-1936
O BIENIO PROGRESISTA. A REPÚBLICA DE ESQUERDAS (1931-1933)
● O goberno tivo que afrontar graves problemas:
– En agosto de 1932, ao intento de golpe de estado do xeneral Sanjurjo, apoiado por
monárquicos e latifundistas.
– Prodúcense folgas, queimas de igrexas e conventos e ocupacións de fincas no campo.
– Os anarquistas realizaron protestas reprimidas con dureza, destacando a exercida contra os
xornaleiros de Casas Viejas (Cádiz, 1933).
– Produciuse a reorganización das forzas de dereita: fundáronse a Falanxe Española (José
Antonio Primo de Rivera); Renovación Española (José Calvo Sotelo); CEDA -Confederación
Española de Dereitas Autónomas- (José María Gil Robles).
– Azaña dimite e convócanse novas eleccións xerais para o mes de novembro de 1933.
Primo de Rivera Calvo Sotelo Gil Robles
2. A SEGUNDA REPÚBLICA: 1931-1936
O BIENIO CONSERVADOR OU DE DEREITAS (Nov.1933 - Feb. 1936)
● As eleccións xerais de novembro de 1933 foron gañadas polas forzas
de dereitas. O novo xefe de Goberno foi Alejandro Lerroux, do Partido
Republicano Radical, que contou co apoio da CEDA.
● Neste período destaca:
– A política rectificadora que supuxo a paralización da maior parte
das reformas. Este feito produciu a radicalización das esquerdas.
– A revolución de outubro de 1934: tivo a súa orixe na dereitización
do réxime coa entrada no Goberno de Gil Robles, xefe da CEDA, á
que as forzas de esquerda reaccionan con violencia:
● O 5 de outubro ten lugar en todo o país unha folga xeral.
● En Cataluña, a Generalitat proclama o Estado catalán dentro
da República Federal Española.
● En Asturias, as forzas obreiras protagonizaron unha
insurrección armada que foi duramente reprimida polo Goberno
grazas ás tropas de África mandadas por Franco.
– O desprestixio de Lerroux: a represión debilitouno. A finais de 1935
dimitiu debido ao escándalo do estraperlo (ruleta trucada nos
casinos no que estaban implicados familiares seus).
● Alcalá Zamora convoca novas eleccións xerais para febreiro de 1936.
As forzas políticas acudiron agrupadas: as dereitas no Bloque Nacional,
e as esquerdas na Fronte Popular. LERROUX
A FRONTE POPULAR (Feb. 1936 – Xullo 1936)
● Nas eleccións triunfou o Fronte Popular. Manuel Azaña foi nomeado presidente da
República e Santiago Casares Quiroga, xefe do Goberno.
● Feitos:
– Reinicio da reformas: amnistía para os presos políticos e retomouse a política
reformista e autonomista: realizouse o plebiscito do Estatuto de Galicia.
– Aumentou a tensión social entre os extremistas de dereitas (Falanxe) e os de
esquerdas (Anarquistas, comunistas, parte dos socialistas). A violencia, os
atentados as folgas e a desorde pública foi en aumento.
– A conspiración militar: para acabar co goberno de esquerdas, os grupos
conservadores acudiron ao exército. Dirixidos polo xeneral Emilio Mola, os
conxurados organizaron un plan que consistía en que se sublevase o exército de
África, secundado logo por levantamentos na Península.
– O 12 de xullo a extrema dereita asasinou o tenente da Garda de Asalto José
Castillo. Como represalia, un grupo de Gardas de Asalto asasinaron a José Calvo
Sotelo.
– O 17 de xullo de 1936, as tropas do Marrocos español sublévanse contra o
goberno da República e o 18 de xullo fixérono na Península. Era o inicio da Guerra
civil.
2. A SEGUNDA REPÚBLICA: 1931-1936
Casares Quiroga
Xeneral Mola
Tenente Castillo
Asasinato de Calvo Sotelo
Resultado eleccións de 1936
● En 1929, fundouse por Santiago Casares Quiroga e
Antón Vilar Ponte, a Organización Republicana
Galega Autónoma (ORGA) coa finalidade de loitar
pola república e por Galicia.
● En 1930, no Pacto de Lestrove, creouse a
Federación Republicana Galega, unindo a todas
as forzas republicanas.
● Nas eleccións municipais de abril de 1931, os
republicanos, sós ou en alianza cos socialistas,
alcanzaron o triunfo en todas a cidades (agás
Lugo).
● A ORGA, transformada en 1932 no Partido
Republicano Galego, acabou integrándose no
partido de Izquierda Republicana fundado por
Azaña.
● A finais de 1931, fúndase en Pontevedra o Partido
Galeguista, no que destacou Castelao.
3.GALICIA DURANTE SEGUNDA REPÚBLICA: 1931-1936
Castelao
● Conseguir para Galicia a autonomía foi o tema central da
política galega durante a Segunda República:
– Anteproxectos de 1931: Nunha asemblea da
Federación Republicana Galega, aprobáronse as
Bases para o Estado Galego, nas que se declaraba
Galicia como un Estado autónomo dentro da República
Federal Española. Esta opción resultou incompatible
coa Constitución de 1931.
– O Estatuto de Galicia de 1932: por iniciativa do
concello de Santiago, realizáronse varias asembleas
de concellos galegos nas que se foron debatendo e
aprobando os diferentes artigos do Estatuto de Galicia.
O triunfo das dereitas en 1933 paralizou todo o
proceso.
– O plebiscito do Estatuto e a presentación nas
Cortes de 1936: o 28 de xuño de 1936 realizouse o
referendo do Estatuto de Galicia, sendo aprobado
maioritariamente e presentado a Cortes. A sublevación
militar impediu a súa aprobación.
3.GALICIA DURANTE SEGUNDA REPÚBLICA: 1931-1936
4.A GUERRA CIVIL (1936-1939)
A SUBLEVACIÓN E OS BANDOS
● A sublevación militar contra a República foi dirixida polo
xeneral Mola. Comezou o 17 de xullo en Melilla. O 18, Franco
sublevouse en Canarias e a rebelión esténdese a toda a
Península, aínda que non triunfou en todos os lugares.
● O 19 de xullo, José Giral, novo presidente do Goberno,
entregou armas ás milicias populares. España quedou dividida
en dous bandos:
– Os sublevados (“nacionais”) contaban co: apoio de parte
do exército, Garda civil, políticos conservadores, Igrexa
católica e dos propietarios agrícolas. Dende o exterior
Alemaña, Italia e Portugal.
– Os republicanos contaban con: maioría de xefes do
exército de terra e mariñeiría, a aviación e a Garda de
Asalto. Masas obreiras e xornaleiros agrícolas. Do exterior,
Francia, a Unión Soviética e as Brigadas Internacionais –
voluntarios de todo o mundo que viñeron loitar a España
contra o fascismo.
4.A GUERRA CIVIL (1936-1939)
O DESENVOLVEMENTO DA GUERRA
● As primeiras operacións (xullo-outubro de 1936): Dende o norte, Mola avanzou
cara a Madrid e o exército de África avanzou por Estremadura
● A loita por Madrid (novembro 1936-marzo 1937): A pesares de Batallas como a
do Jarama e a de Guadalajara, as milicias populares lograron que os nacionais
non entraran en Madrid (“no pasarán”). O goberno republicano trasladouse a
Valencia.
● A campaña do norte (abril-outubro 1937): Ante a resistencia de Madrid, Franco
atacou a zona republicana do Norte (Bombardeo de Guernica pola aviación
alemá).
● O avance cara ao Mediterráneo (novembro 1937-novembro 1938): Os nacionais
vencen aos republicanos en Teruel e chegan ao Mediterráneo, dividindo en dúas
a zona republicana. A batalla do Ebro –100,000 mortos- (xullo-novembro 1938)
rematou tamén co triunfo de Franco.
● A caída de Cataluña e a fin da guerra (decembro 1938- 1 abril 1939): A toma de
Cataluña en febreiro de 1939 supuxo o exilio de miles de persoas e autoridades
republicanas. Francia e Inglaterra recoñecían o goberno de Franco. A finais de
marzo as tropas nacionais entraban en Madrid. O 1 de abril de 1939 finalizaba a
guerra.
Evolución das operacións militares
Guernica tralo bombardeo
Morte dun miliciano
Batalla do Ebro
Desfile da vitoria, maio 1939
4.A GUERRA CIVIL (1936-1939)
A ESPAÑA REPUBLICANA E A ESPAÑA SUBLEVADA: EVOLUCIÓN POLÍTICA
● Na España republicana faltou unión:
– O poder estaba fragmentado: desorganización do goberno, entrega de armas ao pobo
que incrementou o poder das organizacións obreiras (CNT, UXT, POUM) e do partido
comunista (PCE). Fórmanse os Comités populares.
– Experiencias no goberno: nos meses iniciais da guerra, o Goberno estivo en mans de
republicanos de esquerda dirixidos por José Giral. En setembro de 1936 o Goberno
presidido polo socialista Largo Caballero deu entrada a ministros comunistas e
anarquistas. En maio de 1937 sucedeuno Juán Negrín, apoiado polos comunistas.
– Experiencias de revolución social: en Cataluña produciuse a colectivización de
industrias e grandes propiedades. En Aragón e Andalucía aboliuse a propiedade
privada e colectivizaron a terra.
● Na zona nacional:
– A Junta de Defensa Nacional, con sede en Burgos, nomeou a Franco Xefe do
Estado e Xeneralísimo dos Exércitos (1 de outubro de 1936).
– O novo Estado nacional: Franco anulou as reforma e leis republicanas. Fusionou a
todas as forzas que o apoiaban (falanxistas, requetés, monárquicos) nunha única
formación, Falange Española Tradicionalista y de las JONS, coñecida como
Movimiento Nacional.
José Giral
Largo Caballero
Negrín
Milicianos da CNT
4.A GUERRA CIVIL (1936-1939)
CONSECUENCIAS DA GUERRA
● Perdas da guerra:
– Demográficas: 500.000 mortos, feridos e mutilados. 350.000 exiliados.
– Económicas: danos materiais en cidades, zonas industriais e redución da
produción.
● Represión:
– Na zona republicana, as milicias populares levaron a cabo matanzas e
persecucións contra persoas de dereitas e eclesiásticos (exemplo:
Paracuellos).
– Na zona sublevada, militares e falanxistas desenvolveron unha forte
represión sobre as forzas de esquerda, mediante paseos, fusilamentos e
xuízos sumarísimo. Despois da guerra, os fusilamentos, os traballos
forzados e as condenas de cárcere continuaron durante moitos anos.
5. A DITADURA DE FRANCO (1939-1975)
O RÉXIME POLÍTICO FRANQUISTA. BASES (Leis Fundamentais: 1938-1967):
● Franco, caudillo de España: o réxime foi unha ditadura e contou co apoio da
Igrexa, do exército e dunha maioría da poboación.
● Unha monarquía sen rei: en 1947 quedou definida España como un reino.
● Unidade da patria e centralismo: España foi considerada como unha nación única
e indivisible, sometida ao goberno central.
● Nacional-catolicismo: a lexislación, educación e actividades dos españois debían
axustarse ás directrices da Igrexa católica, lexitimadora do réxime.
● Movemento Nacional: todas as forzas franquistas estaban unidas na única
formación política autorizada, baseada na Falanxe.
● Sindicato Vertical: os sindicatos de clase foron prohibidos, sendo obrigatoria a
afiliación de obreiros e patronos da mesma actividade nun sindicato único de oficio.
● Democracia orgánica: Os Concellos e as Cortes estaban formados por persoas
adictas ao réxime elixidas de forma indirecta a través da familia, o sindicato e as
institucións corporativas.
● Limitación dos dereitos individuais e subordinación das mulleres aos homes,
adicadas ao traballo da casa e dos fillos. Creouse a Sección Feminia e o Sevizo
social para as mulleres e a Fronte de Xuventudes para os rapaces. A única lingua
permitida era o castelán.
ORGANIZACIÓNS FRANQUISTAS
Franco baixo palio
Sacerdotes facendo o saúdo fascista
Recomendacións da Sección Feminina ás mulleres españolas
5. A DITADURA DE FRANCO (1939-1975)
A POSGUERRA. 1939-1959
● Illamento internacional: ata 1955. A vinculación do réxime de Franco cos fascismos
(enviou á División Azul á fronte rusa), fixo que quedara illado da comunidade
internacional. O anticomunismo de Franco durante o inicio da Guerra Fría posibilitou
un Concordato co Vaticano (1953) e cos Estados Unidos (instalación de bases
militares a cambio de apoio económico) e o ingreso na ONU (1955). Era o
fin do illamento.
● Autarquía: o goberno de Franco tentou conseguir que España fose autosuficiente
pero produciuse escaseza, empobrecemento e racionamento de alimentos e
mercado negro. Houbo un forte intervencionismo do Estado en todos os sectores
económicos e nacionalizáronse os ferrocarrís (creación de RENFE) e do INI
(Instituto Nacional de Industria) para estimular a industrialización.
● Represión e guerrilla: Despois da Guerra continuou a represión contra o bando
republicano: encarcelamentos, traballos forzados (construción do Val do Caídos),
fusilamentos e tamén accións armadas dos guerrilleiros (maquis) contra o réxime
franquista .
Soldado da División Azul Cupóns de racionamento
Presos republicanos no Valle de los Caídos
Grupo de Maquis
5. A DITADURA DE FRANCO (1939-1975)
O DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO. 1959-1973
● O desenvolvemento económico: o Plan de Estabilización (1959), os plans de desenvolvemento
(a partires de 1964) e a creación dos Polos de Desenvolvemento industrial, permitiron un forte
crecemento económico na década de 1960, á que tamén contribuíron as divisas achegadas polo
turismo e as remesas de diñeiro enviadas polos emigrantes.
● Éxodo rural cara a Madrid, Cataluña, País Vasco e Valencia, e emigración a Europa: Francia,
Alemaña, Suíza, Paises Baixos.
● Os cambios sociais nos costumes, vestimenta, no comportamento e na menor importancia da
Igrexa, deron orixe a unha sociedade máis aberta e moderna. Aumentou a clase media, descendeu
o número de fillos e a muller incorporouse ao traballo fóra do fogar de forma crecente.
● O inmobilismo político: a pesar das transformacións económicas e sociais, o réxime franquista
seguiu sendo unha ditadura sen liberdades. En 1969, Franco nomea sucesor na xefatura do Estado
a Juan Carlos de Borbón.
● A crecente oposición franquista: na loita sindical destacou a actuación de Comisións Obreiras
(actuaba na clandestinidade); os nacionalistas vascos radicais fundaron ETA para alcanzar a
independencia de Euskadi a través da loita armada; na Universidade as protestas contra o réxime
foron continuas.
● As relacións exteriores: en 1956, España recoñeceu a independencia de Marrocos, entregándolles
os territorios do protectorado español e, en 1969, o Ifni; Guinea Ecuatorial alcanzou a independencia
en 1968. En 1962 solicitou a entrada na CEE pero foille denegada. Tamén reclamou a devolución
de Xibraltar.
Emigración a Europa
Protestas universitariasSeat 600, símbolo dos anos 60
5. A DITADURA DE FRANCO (1939-1975)
A FIN DO FRANQUISMO. 1973-1975. ACONTECEMENTOS:
● O asasinato do almirante Carrero Blanco, vítima dun atentado de ETA, presidente do
Goberno, representaba a liña dura do réxime (o búnker, os inmobilistas).
● O Goberno de Carlos Arias Navarro, nomeado presidente do Goberno tras a morte de
Carrero Blanco, tamén da liña dura do réxime.
● O incremento das forzas da oposición. Na Igrexa, no exército e no Movemento,
xorden personalidades e grupos que piden reformas (aperturistas). Nas fábricas e
universidades, as protestas e folgas son duramente reprimidas pola policía. Producíronse
numerosos atentados de ETA, FRAP e GRAPO. Fúndase a Junta Democrática (en torno
ao PCE de Carrillo) a Plataforma de Convergencia Democrática (próxima ao PSOE de
Felipe González). A pena de morte continuouse aplicando.
● Morte de Franco, o 20 de novembro de 1975.
● O abandono do Sáhara: en outubro de 1975, o rei de Marrocos organizou a Marcha
Verde, coa pretendía ocupar a colonia española do Sáhara. En febreiro de 1976, España
acordaba abandonar o Sáhara. Desaparecían as últimas posesións do imperio colonial
español.
Franco e Carrero Blanco
Presos executados por garrote vil
Xornais coa noticia da morte de Franco Marcha Verde
6. GALICIA NO FRANQUISMO
● En Galicia case non houbo guerra e quedou en mans dos sublevados. Existiu unha
forte represión contra os partidarios da República. Desenvolveuse unha intensa
actividade da guerrilla, alcanzando algúns guerrilleiros gran sona: Foucellas, O Piloto. Ao
exilio tiveron que marchar moitos dos galegos que apoiaron á Fronte Popular.
● Durante a posguerra creáronse empresas como ASTANO, FENOSA ou Zeltia. Na
Coruña, Vigo e Vilagarcía de Arousa creáronse Polos de Desenvolvemento (Citroen en
Vigo) e construíronse encoros (Os Peares, Belesar,...). Na agricultura aumentou a
maquinaria e a especialización. Milleiros de galegos, ante a falta de traballo e recursos,
tiveron que emigrar cara as cidades industriais españolas ou cara o estranxeiro, tanto a
América como a Europa.
● Os galegos tamén protagonizaron actuacións de protesta contra a ditadura: no exterior
a oposición política estivo formada por intelectuais e políticos como Castelao ou
Salvador de Madariaga. Na oposición interior, destacou a Editorial Galaxia, a
actuación clandestina de partidos como o PCE, o PSG ou a UPG, e a Universidade de
Santiago. A protesta obreira acrecentouse nos anos 60 e inicio dos 70 con folgas e
protestas, como a de Ferrol (10 de marzo de 1972) reprimida pola forzas da orde e que
rematou con dous obreiros mortos.
Foucellas
Franco no encoro de Belesar O drama da emigración
Ferrol, 1972
7. AS VANGARDAS EN ESPAÑA
Pablo Gargallo
O profeta
7. AS VANGARDAS EN ESPAÑA
SURREALISMO. Salvador Dalí
A perseveranza da memoria
7. AS VANGARDAS EN ESPAÑA
SURREALISMO. Salvador Dalí
Presaxio da guerra civil
7. AS VANGARDAS EN ESPAÑA
SURREALISMO. Joán Miró
Paisaxe catalán
7. AS VANGARDAS EN ESPAÑA
Picasso. Época azul
Familia de pobres á beira do mar
7. AS VANGARDAS EN ESPAÑA
Picasso. Época rosa
A familia de saltimbanquis
7. AS VANGARDAS EN ESPAÑA
CUBISMO. Picasso
As señoritas de Avignon
7. AS VANGARDAS EN ESPAÑA
SURREALISMO. Picasso
Mulleres na praia
7. AS VANGARDAS EN ESPAÑA
EXPRESIONISMO. Picasso
Guernica
7. AS VANGARDAS EN ESPAÑA
COLMEIRO
A sega da herba
7. AS VANGARDAS EN ESPAÑA
LAXEIRO
Transmundo
7. AS VANGARDAS EN ESPAÑA
Luís Seoane
As mariscadoras
FIN

Mais conteúdo relacionado

Mais procurados

Esquema segona república
Esquema segona repúblicaEsquema segona república
Esquema segona república
Marcel Duran
 
D Ef Historia 2º Republica Tt 1
D Ef Historia 2º Republica Tt 1D Ef Historia 2º Republica Tt 1
D Ef Historia 2º Republica Tt 1
guesta419c5
 
Imperi napoleònic i restauració
Imperi napoleònic i restauracióImperi napoleònic i restauració
Imperi napoleònic i restauració
csantan2
 
Temes 5/6/7 L'ÈPOCA DE LA RESTAURACIÓ BORBÒNICA 1875-1898 2BAT 2014-15
Temes 5/6/7 L'ÈPOCA DE LA RESTAURACIÓ BORBÒNICA 1875-1898 2BAT 2014-15Temes 5/6/7 L'ÈPOCA DE LA RESTAURACIÓ BORBÒNICA 1875-1898 2BAT 2014-15
Temes 5/6/7 L'ÈPOCA DE LA RESTAURACIÓ BORBÒNICA 1875-1898 2BAT 2014-15
martav57
 
The Second Republic (1931-1936)
The Second Republic (1931-1936)The Second Republic (1931-1936)
The Second Republic (1931-1936)
papefons Fons
 

Mais procurados (20)

T6 la crisi de la restauracio borbonica
T6 la crisi de la restauracio borbonicaT6 la crisi de la restauracio borbonica
T6 la crisi de la restauracio borbonica
 
Constituciones españolas de 1869 y 1876
Constituciones españolas de 1869 y 1876Constituciones españolas de 1869 y 1876
Constituciones españolas de 1869 y 1876
 
Era Vargas: a construção de um Brasil novo
Era Vargas: a construção de um Brasil novoEra Vargas: a construção de um Brasil novo
Era Vargas: a construção de um Brasil novo
 
Bloque 10. Explica las causas de la formación del Frente Popular y las actuac...
Bloque 10. Explica las causas de la formación del Frente Popular y las actuac...Bloque 10. Explica las causas de la formación del Frente Popular y las actuac...
Bloque 10. Explica las causas de la formación del Frente Popular y las actuac...
 
ORÍGENS I CONSOLIDACIÓ DEL CATALANISME (1833-1901)
ORÍGENS I CONSOLIDACIÓ DEL CATALANISME (1833-1901)ORÍGENS I CONSOLIDACIÓ DEL CATALANISME (1833-1901)
ORÍGENS I CONSOLIDACIÓ DEL CATALANISME (1833-1901)
 
La crisi de la restauracio (1898 1931)-v3 (1)
La crisi de la restauracio (1898 1931)-v3 (1)La crisi de la restauracio (1898 1931)-v3 (1)
La crisi de la restauracio (1898 1931)-v3 (1)
 
Ppt gerra zibila
Ppt gerra zibilaPpt gerra zibila
Ppt gerra zibila
 
Bloque 10. Compara la evolución y organización política así como las situacio...
Bloque 10. Compara la evolución y organización política así como las situacio...Bloque 10. Compara la evolución y organización política así como las situacio...
Bloque 10. Compara la evolución y organización política así como las situacio...
 
Second republic and Spanish civil war (1931-1939)
Second republic and Spanish civil war (1931-1939)Second republic and Spanish civil war (1931-1939)
Second republic and Spanish civil war (1931-1939)
 
Esquema segona república
Esquema segona repúblicaEsquema segona república
Esquema segona república
 
D Ef Historia 2º Republica Tt 1
D Ef Historia 2º Republica Tt 1D Ef Historia 2º Republica Tt 1
D Ef Historia 2º Republica Tt 1
 
Imperi napoleònic i restauració
Imperi napoleònic i restauracióImperi napoleònic i restauració
Imperi napoleònic i restauració
 
Temes 5/6/7 L'ÈPOCA DE LA RESTAURACIÓ BORBÒNICA 1875-1898 2BAT 2014-15
Temes 5/6/7 L'ÈPOCA DE LA RESTAURACIÓ BORBÒNICA 1875-1898 2BAT 2014-15Temes 5/6/7 L'ÈPOCA DE LA RESTAURACIÓ BORBÒNICA 1875-1898 2BAT 2014-15
Temes 5/6/7 L'ÈPOCA DE LA RESTAURACIÓ BORBÒNICA 1875-1898 2BAT 2014-15
 
Los gobiernos de la democracia española (1979-2011)
Los gobiernos de la democracia española (1979-2011)Los gobiernos de la democracia española (1979-2011)
Los gobiernos de la democracia española (1979-2011)
 
Gobierno de manuel montt
Gobierno de manuel monttGobierno de manuel montt
Gobierno de manuel montt
 
La guerra civil 1936-1939
La guerra civil 1936-1939La guerra civil 1936-1939
La guerra civil 1936-1939
 
HE Tema 08 La España actual
HE Tema 08 La España actualHE Tema 08 La España actual
HE Tema 08 La España actual
 
Unitat 11. la segona república i la catalunya autònoma (1931 1936)
Unitat 11.  la segona república i la catalunya autònoma (1931 1936)Unitat 11.  la segona república i la catalunya autònoma (1931 1936)
Unitat 11. la segona república i la catalunya autònoma (1931 1936)
 
La segona republica
La segona republicaLa segona republica
La segona republica
 
The Second Republic (1931-1936)
The Second Republic (1931-1936)The Second Republic (1931-1936)
The Second Republic (1931-1936)
 

Destaque

Crise do antigo réxime copia
Crise do antigo réxime copiaCrise do antigo réxime copia
Crise do antigo réxime copia
Aulagalicia Hxg
 
Tema 7.arte do s. xix
Tema 7.arte do s. xixTema 7.arte do s. xix
Tema 7.arte do s. xix
agreloroberto
 
Tema 8, parte iii renacemento españa
Tema 8, parte iii renacemento españaTema 8, parte iii renacemento españa
Tema 8, parte iii renacemento españa
agreloroberto
 

Destaque (20)

Tema 0. A historia: fontes, etapas e cronoloxía
Tema 0. A historia: fontes, etapas e cronoloxíaTema 0. A historia: fontes, etapas e cronoloxía
Tema 0. A historia: fontes, etapas e cronoloxía
 
A ciencia e a arte do Barroco
A ciencia e a arte do BarrocoA ciencia e a arte do Barroco
A ciencia e a arte do Barroco
 
Tema 3 A agricultura, a gandaría, a pesca e a silvicultura
Tema 3 A agricultura, a gandaría, a pesca e a silviculturaTema 3 A agricultura, a gandaría, a pesca e a silvicultura
Tema 3 A agricultura, a gandaría, a pesca e a silvicultura
 
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismo
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismoTema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismo
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismo
 
Tema 6 (2º ESO): A Alta Idade Media
Tema 6 (2º ESO): A Alta Idade MediaTema 6 (2º ESO): A Alta Idade Media
Tema 6 (2º ESO): A Alta Idade Media
 
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galicia
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de GaliciaTema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galicia
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galicia
 
Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...
Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...
Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...
 
A organización económica das sociedades
A organización económica das sociedadesA organización económica das sociedades
A organización económica das sociedades
 
A Europa do século XVII
A Europa do século XVIIA Europa do século XVII
A Europa do século XVII
 
Crise do antigo réxime copia
Crise do antigo réxime copiaCrise do antigo réxime copia
Crise do antigo réxime copia
 
Pinturaxx
PinturaxxPinturaxx
Pinturaxx
 
A Arte Renacentista
A Arte RenacentistaA Arte Renacentista
A Arte Renacentista
 
Tema 4 o s xvii
Tema 4 o s xviiTema 4 o s xvii
Tema 4 o s xvii
 
Tema 6 románico
Tema 6 románicoTema 6 románico
Tema 6 románico
 
Tema 7.arte do s. xix
Tema 7.arte do s. xixTema 7.arte do s. xix
Tema 7.arte do s. xix
 
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
 
Tema 2 o islam e a súa expansión
Tema 2 o islam e a súa expansiónTema 2 o islam e a súa expansión
Tema 2 o islam e a súa expansión
 
Os Reis católicos e os Austrias
Os Reis católicos e os AustriasOs Reis católicos e os Austrias
Os Reis católicos e os Austrias
 
Quattrocento
QuattrocentoQuattrocento
Quattrocento
 
Tema 8, parte iii renacemento españa
Tema 8, parte iii renacemento españaTema 8, parte iii renacemento españa
Tema 8, parte iii renacemento españa
 

Semelhante a República e ditadura en España

Tema7- II República e Guerra Civil
Tema7- II República e Guerra CivilTema7- II República e Guerra Civil
Tema7- II República e Guerra Civil
aialo1
 
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismoTema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo
rubempaul
 
U2 A Revolución Francesa
U2 A Revolución FrancesaU2 A Revolución Francesa
U2 A Revolución Francesa
aialo1
 

Semelhante a República e ditadura en España (20)

Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España. Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
 
Tema 7
Tema 7Tema 7
Tema 7
 
Tema7- II República e Guerra Civil
Tema7- II República e Guerra CivilTema7- II República e Guerra Civil
Tema7- II República e Guerra Civil
 
II República (1931-1936)
II República (1931-1936)II República (1931-1936)
II República (1931-1936)
 
Historia, tema 10
Historia, tema 10Historia, tema 10
Historia, tema 10
 
Segunda República (1931-1936)
Segunda República (1931-1936)Segunda República (1931-1936)
Segunda República (1931-1936)
 
II República
II RepúblicaII República
II República
 
Restauración - Alfonso XII
Restauración  - Alfonso XIIRestauración  - Alfonso XII
Restauración - Alfonso XII
 
O sexenio democrático
O sexenio democráticoO sexenio democrático
O sexenio democrático
 
Xeografia4
Xeografia4Xeografia4
Xeografia4
 
Sexenio democrático
Sexenio democráticoSexenio democrático
Sexenio democrático
 
Tema 10
Tema 10 Tema 10
Tema 10
 
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismoTema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo
 
Tema 10
Tema 10 Tema 10
Tema 10
 
Tema 10
Tema 10Tema 10
Tema 10
 
U2 A Revolución Francesa
U2 A Revolución FrancesaU2 A Revolución Francesa
U2 A Revolución Francesa
 
TEMA 10
TEMA 10TEMA 10
TEMA 10
 
Tema 10
Tema 10Tema 10
Tema 10
 
U2 av
U2 avU2 av
U2 av
 
Liberalismo e Nacionalismo
Liberalismo e Nacionalismo Liberalismo e Nacionalismo
Liberalismo e Nacionalismo
 

Mais de rubempaul

2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
rubempaul
 

Mais de rubempaul (20)

Tema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.pptTema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.ppt
 
Tema 7. A época do Renacemento
Tema 7. A época do RenacementoTema 7. A época do Renacemento
Tema 7. A época do Renacemento
 
Tema 6. A Idade Moderna unha nova era
Tema 6. A Idade Moderna unha nova eraTema 6. A Idade Moderna unha nova era
Tema 6. A Idade Moderna unha nova era
 
Tema 6. O mundo entre guerras
Tema 6. O mundo entre guerrasTema 6. O mundo entre guerras
Tema 6. O mundo entre guerras
 
Tema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revoluciónTema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revolución
 
Tema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIXTema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIX
 
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
 
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociaisTema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
 
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e NacionalismoTema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
 
Tema 10. O sector terciario
Tema 10. O sector terciarioTema 10. O sector terciario
Tema 10. O sector terciario
 
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
 
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
 
3º ESO. Tema 8: O sector primario
3º ESO. Tema 8: O sector primario3º ESO. Tema 8: O sector primario
3º ESO. Tema 8: O sector primario
 
3º ESO. Tema 9: O sector secundario
3º ESO. Tema 9: O sector secundario3º ESO. Tema 9: O sector secundario
3º ESO. Tema 9: O sector secundario
 
Táboa resumo climas e paisaxes do mundo
Táboa resumo climas e paisaxes do mundoTáboa resumo climas e paisaxes do mundo
Táboa resumo climas e paisaxes do mundo
 
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLACOMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
 
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICASTITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
 
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INEPASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
 
As cidades e o mundo urbano (2º ESO)
As cidades e o mundo urbano (2º ESO)As cidades e o mundo urbano (2º ESO)
As cidades e o mundo urbano (2º ESO)
 
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)
 

Último

Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 

Último (12)

XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 

República e ditadura en España

  • 1. REPÚBLICA E DITADURA EN ESPAÑA 4º ESO R.P.V
  • 2. REPÚBLICA E DITADURA EN ESPAÑA Descobre onde están as ligazóns. Case todas as palabras que están en cor vermella ou azul teñen hiperligazóns a outras páxinas web que serven para explicar mellor cada feito ou ampliar coñecementos sobre o mesmo
  • 3. 1. A DITADURA DE PRIMO DE RIVERA E A FIN DA MONARQUÍA A DITADURA DE PRIMO DE RIVERA: 1923-1930 ● O 13 de setembro de 1923, o xeneral Miguel Primo de Rivera deu un golpe de Estado que poñía fin ao réxime constitucional da Restauración. Foi xustificado pola inestabilidade política, os fracasos militares (Annual), os ataques ao Rei e a conflitividade social en España. ● Contou co apoio do Rei, do exército e a indiferenza popular. ● No seu goberno diferéncianse dous períodos: – Directorio militar (1923-1925): goberno formado só por militares. As Cortes foron disoltas, a constitución do 1876 suspendida, e todas as autoridades foron substituídas por persoas adictas á Unión Patriótica. O seu maior éxito foi a finalización da guerra de Marrocos tras o vitorioso desembarco de Alhucemas (1925). – Directorio civil (1925-1930): goberno formado maioritariamente por civís vinculados a Unión Patriótica no que destacou Calvo Sotelo. Primo de Rivera pretendeu instaurar un réxime político autoritario similar ao de Mussolini. En Galicia, a Lei de Redención dos foros (1926) permitiu aos campesiños rescatar as rendas forais e quedarse coa propiedade da terra ● A comezos de 1930, perdido o apoio do exército, presentou a dimisión ao Rei.
  • 6. 1. A DITADURA DE PRIMO DE RIVERA E A FIN DA MONARQUÍA A FIN DA MONARQUÍA: 1930-1931 ● Tras a dimisión de Primo de Rivera, Alfonso XIII encargou ao xeneral Dámaso Berenguer a formación dun novo goberno. ● Medra a oposición á monarquía, a axitación popular e a idea dunha España republicana. ● En agosto de 1930, republicanos, nacionalistas cataláns e socialistas asinan o Pacto de San Sebastián, comprometéndose a derrocar a monarquía e establecer a república. ● A comezos de 1931, un novo goberno, presidido por Xoán Bautista Aznar, convocou eleccións municipais para o 12 de abril que os republicanos gañaron nas cidades máis importantes. ● O 14 de abril de 1931, proclamouse a república (Segunda República Española) e Alfonso XIII abandonou España.
  • 7.
  • 9. 2. A SEGUNDA REPÚBLICA: 1931-1936 O BIENIO PROGRESISTA. A REPÚBLICA DE ESQUERDAS (1931-1933) ● Tras a proclamación da República formouse un goberno provisional presidido por Niceto Alcalá Zamora e formado por republicanos e socialistas co fin de organizar eleccións a Cortes constituíntes. ● En decembro de 1931, as Cortes aprobaron a Constitución republicana, de carácter progresista. ● Alcalá Zamora foi nomeado presidente da República e Manuel Azaña xefe do goberno formado por republicanos de esquerda e socialistas. Alcalá Zamora Manuel Azaña
  • 10. 2. A SEGUNDA REPÚBLICA: 1931-1936 O BIENIO PROGRESISTA. A REPÚBLICA DE ESQUERDAS (1931-1933) ● Durante este período, púxose en marcha unha ambiciosa política de reformas que chocaron cos intereses dos empresarios, terratenentes, militares e eclesiásticos: – Constitución de 1931: establecía a soberanía nacional, a separación da Igrexa e do Estado, autonomía de municipios e rexións e numerosos dereitos individuais e sociais (liberdade de opinión, divorcio, culto, asociación, reunión, voto feminino, etc.) – Laicismo e limitación do poder da Igrexa: extinción do orzamento do clero, prohibición ás ordes relixiosas de ensinar, expulsión dos xesuítas,... – Reforma do exército: reduciuse o número de oficiais e creouse a Garda de Asalto para controlar a orde pública. – Reforma agraria: as leis autorizaban a expropiación de terras para entregalas aos campesiños e aos xornaleiros que as traballaban. – Reforma educativa: construíronse numerosas escolas nas que se impartía o ensino primario obrigatorio, gratuíto e laico. – Aprobación da autonomía catalá que permitiu a Cataluña ter o goberno da Generalitat desde 1932 presidido por Macià.
  • 11. Artículo 1. España es una República democrática de trabajadores de toda clase, que se organiza en régimen de Libertad y de Justicia. Los poderes de todos sus órganos emanan del pueblo. La República constituye un Estado integral, compatible con la autonomía de los Municipios y las Regiones. La bandera de la República española es roja, amarilla y morada. Artículo 2. Todos los españoles son iguales ante la ley. Artículo 3. El Estado español no tiene religión oficial. Artículo 27. La libertad de conciencia y el derecho de profesar y practicar libremente cualquier religión quedan garantizados en el territorio español, salvo el respeto debido a las exigencias de la moral pública. (...) Artículo 32. Queda garantizada la inviolabilidad de la correspondencia en todas sus formas, a no ser que se dicte auto judicial en contrario. Artículo 34. Toda persona tiene derecho a emitir libremente sus ideas y opiniones, valiéndose de cualquier medio de difusión, sin sujetarse a la previa censura. (...) Artículo 36. Los ciudadanos de uno y otro sexo, mayores de veintitrés años, tendrán los mismos derechos electorales conforme determinen las leyes. Artículo 43. La familia está bajo la salvaguardia especial del Estado. El matrimonio se funda en la igualdad de derechos para ambos sexos, y podrá disolverse por mutuo disenso o a petición de cualquiera de los cónyuges, con alegación en este caso de justa causa. Artículo 48. El servicio de la cultura es atribución esencial del Estado, y lo prestará mediante instituciones educativas enlazadas por el sistema de la escuela unificada. La enseñanza primaria será gratuita y obligatoria. (...) Artículo 51. La potestad legislativa reside en el pueblo, que la ejerce por medio de las Cortes o Congreso de los Diputados. Artículo 52. El Congreso de los Diputados se compone de los representantes elegidos por sufragio universal, igual, directo y secreto, Artículo 67. El Presidente de la República es el jefe del Estado y personifica a la Nación. CONSTITUCIÓN DE 1931CONSTITUCIÓN DE 1931
  • 12. 2. A SEGUNDA REPÚBLICA: 1931-1936 O BIENIO PROGRESISTA. A REPÚBLICA DE ESQUERDAS (1931-1933) ● O goberno tivo que afrontar graves problemas: – En agosto de 1932, ao intento de golpe de estado do xeneral Sanjurjo, apoiado por monárquicos e latifundistas. – Prodúcense folgas, queimas de igrexas e conventos e ocupacións de fincas no campo. – Os anarquistas realizaron protestas reprimidas con dureza, destacando a exercida contra os xornaleiros de Casas Viejas (Cádiz, 1933). – Produciuse a reorganización das forzas de dereita: fundáronse a Falanxe Española (José Antonio Primo de Rivera); Renovación Española (José Calvo Sotelo); CEDA -Confederación Española de Dereitas Autónomas- (José María Gil Robles). – Azaña dimite e convócanse novas eleccións xerais para o mes de novembro de 1933. Primo de Rivera Calvo Sotelo Gil Robles
  • 13. 2. A SEGUNDA REPÚBLICA: 1931-1936 O BIENIO CONSERVADOR OU DE DEREITAS (Nov.1933 - Feb. 1936) ● As eleccións xerais de novembro de 1933 foron gañadas polas forzas de dereitas. O novo xefe de Goberno foi Alejandro Lerroux, do Partido Republicano Radical, que contou co apoio da CEDA. ● Neste período destaca: – A política rectificadora que supuxo a paralización da maior parte das reformas. Este feito produciu a radicalización das esquerdas. – A revolución de outubro de 1934: tivo a súa orixe na dereitización do réxime coa entrada no Goberno de Gil Robles, xefe da CEDA, á que as forzas de esquerda reaccionan con violencia: ● O 5 de outubro ten lugar en todo o país unha folga xeral. ● En Cataluña, a Generalitat proclama o Estado catalán dentro da República Federal Española. ● En Asturias, as forzas obreiras protagonizaron unha insurrección armada que foi duramente reprimida polo Goberno grazas ás tropas de África mandadas por Franco. – O desprestixio de Lerroux: a represión debilitouno. A finais de 1935 dimitiu debido ao escándalo do estraperlo (ruleta trucada nos casinos no que estaban implicados familiares seus). ● Alcalá Zamora convoca novas eleccións xerais para febreiro de 1936. As forzas políticas acudiron agrupadas: as dereitas no Bloque Nacional, e as esquerdas na Fronte Popular. LERROUX
  • 14. A FRONTE POPULAR (Feb. 1936 – Xullo 1936) ● Nas eleccións triunfou o Fronte Popular. Manuel Azaña foi nomeado presidente da República e Santiago Casares Quiroga, xefe do Goberno. ● Feitos: – Reinicio da reformas: amnistía para os presos políticos e retomouse a política reformista e autonomista: realizouse o plebiscito do Estatuto de Galicia. – Aumentou a tensión social entre os extremistas de dereitas (Falanxe) e os de esquerdas (Anarquistas, comunistas, parte dos socialistas). A violencia, os atentados as folgas e a desorde pública foi en aumento. – A conspiración militar: para acabar co goberno de esquerdas, os grupos conservadores acudiron ao exército. Dirixidos polo xeneral Emilio Mola, os conxurados organizaron un plan que consistía en que se sublevase o exército de África, secundado logo por levantamentos na Península. – O 12 de xullo a extrema dereita asasinou o tenente da Garda de Asalto José Castillo. Como represalia, un grupo de Gardas de Asalto asasinaron a José Calvo Sotelo. – O 17 de xullo de 1936, as tropas do Marrocos español sublévanse contra o goberno da República e o 18 de xullo fixérono na Península. Era o inicio da Guerra civil. 2. A SEGUNDA REPÚBLICA: 1931-1936
  • 15. Casares Quiroga Xeneral Mola Tenente Castillo Asasinato de Calvo Sotelo Resultado eleccións de 1936
  • 16. ● En 1929, fundouse por Santiago Casares Quiroga e Antón Vilar Ponte, a Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA) coa finalidade de loitar pola república e por Galicia. ● En 1930, no Pacto de Lestrove, creouse a Federación Republicana Galega, unindo a todas as forzas republicanas. ● Nas eleccións municipais de abril de 1931, os republicanos, sós ou en alianza cos socialistas, alcanzaron o triunfo en todas a cidades (agás Lugo). ● A ORGA, transformada en 1932 no Partido Republicano Galego, acabou integrándose no partido de Izquierda Republicana fundado por Azaña. ● A finais de 1931, fúndase en Pontevedra o Partido Galeguista, no que destacou Castelao. 3.GALICIA DURANTE SEGUNDA REPÚBLICA: 1931-1936 Castelao
  • 17. ● Conseguir para Galicia a autonomía foi o tema central da política galega durante a Segunda República: – Anteproxectos de 1931: Nunha asemblea da Federación Republicana Galega, aprobáronse as Bases para o Estado Galego, nas que se declaraba Galicia como un Estado autónomo dentro da República Federal Española. Esta opción resultou incompatible coa Constitución de 1931. – O Estatuto de Galicia de 1932: por iniciativa do concello de Santiago, realizáronse varias asembleas de concellos galegos nas que se foron debatendo e aprobando os diferentes artigos do Estatuto de Galicia. O triunfo das dereitas en 1933 paralizou todo o proceso. – O plebiscito do Estatuto e a presentación nas Cortes de 1936: o 28 de xuño de 1936 realizouse o referendo do Estatuto de Galicia, sendo aprobado maioritariamente e presentado a Cortes. A sublevación militar impediu a súa aprobación. 3.GALICIA DURANTE SEGUNDA REPÚBLICA: 1931-1936
  • 18. 4.A GUERRA CIVIL (1936-1939) A SUBLEVACIÓN E OS BANDOS ● A sublevación militar contra a República foi dirixida polo xeneral Mola. Comezou o 17 de xullo en Melilla. O 18, Franco sublevouse en Canarias e a rebelión esténdese a toda a Península, aínda que non triunfou en todos os lugares. ● O 19 de xullo, José Giral, novo presidente do Goberno, entregou armas ás milicias populares. España quedou dividida en dous bandos: – Os sublevados (“nacionais”) contaban co: apoio de parte do exército, Garda civil, políticos conservadores, Igrexa católica e dos propietarios agrícolas. Dende o exterior Alemaña, Italia e Portugal. – Os republicanos contaban con: maioría de xefes do exército de terra e mariñeiría, a aviación e a Garda de Asalto. Masas obreiras e xornaleiros agrícolas. Do exterior, Francia, a Unión Soviética e as Brigadas Internacionais – voluntarios de todo o mundo que viñeron loitar a España contra o fascismo.
  • 19. 4.A GUERRA CIVIL (1936-1939) O DESENVOLVEMENTO DA GUERRA ● As primeiras operacións (xullo-outubro de 1936): Dende o norte, Mola avanzou cara a Madrid e o exército de África avanzou por Estremadura ● A loita por Madrid (novembro 1936-marzo 1937): A pesares de Batallas como a do Jarama e a de Guadalajara, as milicias populares lograron que os nacionais non entraran en Madrid (“no pasarán”). O goberno republicano trasladouse a Valencia. ● A campaña do norte (abril-outubro 1937): Ante a resistencia de Madrid, Franco atacou a zona republicana do Norte (Bombardeo de Guernica pola aviación alemá). ● O avance cara ao Mediterráneo (novembro 1937-novembro 1938): Os nacionais vencen aos republicanos en Teruel e chegan ao Mediterráneo, dividindo en dúas a zona republicana. A batalla do Ebro –100,000 mortos- (xullo-novembro 1938) rematou tamén co triunfo de Franco. ● A caída de Cataluña e a fin da guerra (decembro 1938- 1 abril 1939): A toma de Cataluña en febreiro de 1939 supuxo o exilio de miles de persoas e autoridades republicanas. Francia e Inglaterra recoñecían o goberno de Franco. A finais de marzo as tropas nacionais entraban en Madrid. O 1 de abril de 1939 finalizaba a guerra.
  • 21. Guernica tralo bombardeo Morte dun miliciano Batalla do Ebro Desfile da vitoria, maio 1939
  • 22. 4.A GUERRA CIVIL (1936-1939) A ESPAÑA REPUBLICANA E A ESPAÑA SUBLEVADA: EVOLUCIÓN POLÍTICA ● Na España republicana faltou unión: – O poder estaba fragmentado: desorganización do goberno, entrega de armas ao pobo que incrementou o poder das organizacións obreiras (CNT, UXT, POUM) e do partido comunista (PCE). Fórmanse os Comités populares. – Experiencias no goberno: nos meses iniciais da guerra, o Goberno estivo en mans de republicanos de esquerda dirixidos por José Giral. En setembro de 1936 o Goberno presidido polo socialista Largo Caballero deu entrada a ministros comunistas e anarquistas. En maio de 1937 sucedeuno Juán Negrín, apoiado polos comunistas. – Experiencias de revolución social: en Cataluña produciuse a colectivización de industrias e grandes propiedades. En Aragón e Andalucía aboliuse a propiedade privada e colectivizaron a terra. ● Na zona nacional: – A Junta de Defensa Nacional, con sede en Burgos, nomeou a Franco Xefe do Estado e Xeneralísimo dos Exércitos (1 de outubro de 1936). – O novo Estado nacional: Franco anulou as reforma e leis republicanas. Fusionou a todas as forzas que o apoiaban (falanxistas, requetés, monárquicos) nunha única formación, Falange Española Tradicionalista y de las JONS, coñecida como Movimiento Nacional.
  • 24. 4.A GUERRA CIVIL (1936-1939) CONSECUENCIAS DA GUERRA ● Perdas da guerra: – Demográficas: 500.000 mortos, feridos e mutilados. 350.000 exiliados. – Económicas: danos materiais en cidades, zonas industriais e redución da produción. ● Represión: – Na zona republicana, as milicias populares levaron a cabo matanzas e persecucións contra persoas de dereitas e eclesiásticos (exemplo: Paracuellos). – Na zona sublevada, militares e falanxistas desenvolveron unha forte represión sobre as forzas de esquerda, mediante paseos, fusilamentos e xuízos sumarísimo. Despois da guerra, os fusilamentos, os traballos forzados e as condenas de cárcere continuaron durante moitos anos.
  • 25.
  • 26. 5. A DITADURA DE FRANCO (1939-1975) O RÉXIME POLÍTICO FRANQUISTA. BASES (Leis Fundamentais: 1938-1967): ● Franco, caudillo de España: o réxime foi unha ditadura e contou co apoio da Igrexa, do exército e dunha maioría da poboación. ● Unha monarquía sen rei: en 1947 quedou definida España como un reino. ● Unidade da patria e centralismo: España foi considerada como unha nación única e indivisible, sometida ao goberno central. ● Nacional-catolicismo: a lexislación, educación e actividades dos españois debían axustarse ás directrices da Igrexa católica, lexitimadora do réxime. ● Movemento Nacional: todas as forzas franquistas estaban unidas na única formación política autorizada, baseada na Falanxe. ● Sindicato Vertical: os sindicatos de clase foron prohibidos, sendo obrigatoria a afiliación de obreiros e patronos da mesma actividade nun sindicato único de oficio. ● Democracia orgánica: Os Concellos e as Cortes estaban formados por persoas adictas ao réxime elixidas de forma indirecta a través da familia, o sindicato e as institucións corporativas. ● Limitación dos dereitos individuais e subordinación das mulleres aos homes, adicadas ao traballo da casa e dos fillos. Creouse a Sección Feminia e o Sevizo social para as mulleres e a Fronte de Xuventudes para os rapaces. A única lingua permitida era o castelán.
  • 28. Franco baixo palio Sacerdotes facendo o saúdo fascista Recomendacións da Sección Feminina ás mulleres españolas
  • 29. 5. A DITADURA DE FRANCO (1939-1975) A POSGUERRA. 1939-1959 ● Illamento internacional: ata 1955. A vinculación do réxime de Franco cos fascismos (enviou á División Azul á fronte rusa), fixo que quedara illado da comunidade internacional. O anticomunismo de Franco durante o inicio da Guerra Fría posibilitou un Concordato co Vaticano (1953) e cos Estados Unidos (instalación de bases militares a cambio de apoio económico) e o ingreso na ONU (1955). Era o fin do illamento. ● Autarquía: o goberno de Franco tentou conseguir que España fose autosuficiente pero produciuse escaseza, empobrecemento e racionamento de alimentos e mercado negro. Houbo un forte intervencionismo do Estado en todos os sectores económicos e nacionalizáronse os ferrocarrís (creación de RENFE) e do INI (Instituto Nacional de Industria) para estimular a industrialización. ● Represión e guerrilla: Despois da Guerra continuou a represión contra o bando republicano: encarcelamentos, traballos forzados (construción do Val do Caídos), fusilamentos e tamén accións armadas dos guerrilleiros (maquis) contra o réxime franquista .
  • 30. Soldado da División Azul Cupóns de racionamento Presos republicanos no Valle de los Caídos Grupo de Maquis
  • 31. 5. A DITADURA DE FRANCO (1939-1975) O DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO. 1959-1973 ● O desenvolvemento económico: o Plan de Estabilización (1959), os plans de desenvolvemento (a partires de 1964) e a creación dos Polos de Desenvolvemento industrial, permitiron un forte crecemento económico na década de 1960, á que tamén contribuíron as divisas achegadas polo turismo e as remesas de diñeiro enviadas polos emigrantes. ● Éxodo rural cara a Madrid, Cataluña, País Vasco e Valencia, e emigración a Europa: Francia, Alemaña, Suíza, Paises Baixos. ● Os cambios sociais nos costumes, vestimenta, no comportamento e na menor importancia da Igrexa, deron orixe a unha sociedade máis aberta e moderna. Aumentou a clase media, descendeu o número de fillos e a muller incorporouse ao traballo fóra do fogar de forma crecente. ● O inmobilismo político: a pesar das transformacións económicas e sociais, o réxime franquista seguiu sendo unha ditadura sen liberdades. En 1969, Franco nomea sucesor na xefatura do Estado a Juan Carlos de Borbón. ● A crecente oposición franquista: na loita sindical destacou a actuación de Comisións Obreiras (actuaba na clandestinidade); os nacionalistas vascos radicais fundaron ETA para alcanzar a independencia de Euskadi a través da loita armada; na Universidade as protestas contra o réxime foron continuas. ● As relacións exteriores: en 1956, España recoñeceu a independencia de Marrocos, entregándolles os territorios do protectorado español e, en 1969, o Ifni; Guinea Ecuatorial alcanzou a independencia en 1968. En 1962 solicitou a entrada na CEE pero foille denegada. Tamén reclamou a devolución de Xibraltar.
  • 32. Emigración a Europa Protestas universitariasSeat 600, símbolo dos anos 60
  • 33. 5. A DITADURA DE FRANCO (1939-1975) A FIN DO FRANQUISMO. 1973-1975. ACONTECEMENTOS: ● O asasinato do almirante Carrero Blanco, vítima dun atentado de ETA, presidente do Goberno, representaba a liña dura do réxime (o búnker, os inmobilistas). ● O Goberno de Carlos Arias Navarro, nomeado presidente do Goberno tras a morte de Carrero Blanco, tamén da liña dura do réxime. ● O incremento das forzas da oposición. Na Igrexa, no exército e no Movemento, xorden personalidades e grupos que piden reformas (aperturistas). Nas fábricas e universidades, as protestas e folgas son duramente reprimidas pola policía. Producíronse numerosos atentados de ETA, FRAP e GRAPO. Fúndase a Junta Democrática (en torno ao PCE de Carrillo) a Plataforma de Convergencia Democrática (próxima ao PSOE de Felipe González). A pena de morte continuouse aplicando. ● Morte de Franco, o 20 de novembro de 1975. ● O abandono do Sáhara: en outubro de 1975, o rei de Marrocos organizou a Marcha Verde, coa pretendía ocupar a colonia española do Sáhara. En febreiro de 1976, España acordaba abandonar o Sáhara. Desaparecían as últimas posesións do imperio colonial español.
  • 34. Franco e Carrero Blanco Presos executados por garrote vil Xornais coa noticia da morte de Franco Marcha Verde
  • 35. 6. GALICIA NO FRANQUISMO ● En Galicia case non houbo guerra e quedou en mans dos sublevados. Existiu unha forte represión contra os partidarios da República. Desenvolveuse unha intensa actividade da guerrilla, alcanzando algúns guerrilleiros gran sona: Foucellas, O Piloto. Ao exilio tiveron que marchar moitos dos galegos que apoiaron á Fronte Popular. ● Durante a posguerra creáronse empresas como ASTANO, FENOSA ou Zeltia. Na Coruña, Vigo e Vilagarcía de Arousa creáronse Polos de Desenvolvemento (Citroen en Vigo) e construíronse encoros (Os Peares, Belesar,...). Na agricultura aumentou a maquinaria e a especialización. Milleiros de galegos, ante a falta de traballo e recursos, tiveron que emigrar cara as cidades industriais españolas ou cara o estranxeiro, tanto a América como a Europa. ● Os galegos tamén protagonizaron actuacións de protesta contra a ditadura: no exterior a oposición política estivo formada por intelectuais e políticos como Castelao ou Salvador de Madariaga. Na oposición interior, destacou a Editorial Galaxia, a actuación clandestina de partidos como o PCE, o PSG ou a UPG, e a Universidade de Santiago. A protesta obreira acrecentouse nos anos 60 e inicio dos 70 con folgas e protestas, como a de Ferrol (10 de marzo de 1972) reprimida pola forzas da orde e que rematou con dous obreiros mortos.
  • 36. Foucellas Franco no encoro de Belesar O drama da emigración Ferrol, 1972
  • 37. 7. AS VANGARDAS EN ESPAÑA Pablo Gargallo O profeta
  • 38. 7. AS VANGARDAS EN ESPAÑA SURREALISMO. Salvador Dalí A perseveranza da memoria
  • 39. 7. AS VANGARDAS EN ESPAÑA SURREALISMO. Salvador Dalí Presaxio da guerra civil
  • 40. 7. AS VANGARDAS EN ESPAÑA SURREALISMO. Joán Miró Paisaxe catalán
  • 41. 7. AS VANGARDAS EN ESPAÑA Picasso. Época azul Familia de pobres á beira do mar
  • 42. 7. AS VANGARDAS EN ESPAÑA Picasso. Época rosa A familia de saltimbanquis
  • 43. 7. AS VANGARDAS EN ESPAÑA CUBISMO. Picasso As señoritas de Avignon
  • 44. 7. AS VANGARDAS EN ESPAÑA SURREALISMO. Picasso Mulleres na praia
  • 45. 7. AS VANGARDAS EN ESPAÑA EXPRESIONISMO. Picasso Guernica
  • 46. 7. AS VANGARDAS EN ESPAÑA COLMEIRO A sega da herba
  • 47. 7. AS VANGARDAS EN ESPAÑA LAXEIRO Transmundo
  • 48. 7. AS VANGARDAS EN ESPAÑA Luís Seoane As mariscadoras
  • 49. FIN