A organización política das sociedades. A organización política e territorial de España (3º ESO)
1. DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA CPI PLURILINGÜE DE NAVIA DE SUARNA
A ORGANIZACIÓN POLÍTICA DAS SOCIEDADES.
A ORGANIZACIÓN POLÍTICA E TERRITORIAL DE
ESPAÑA
1. O ESTADO COMO ORGANIZACIÓN POLÍTICA DA SOCIEDADE
• O Estado é o conxunto de institucións creadas para regular a vida e as actividades das
persoas que viven nun mesmo territorio, gobernadas por unhas mesmas leis baixo un
mesmo poder.
• O territorio do Estado está delimitado por unhas fronteiras.
• As persoas que viven nun mesmo Estado están sometidas ao seu poder e as súas leis e
teñen uns dereitos e unhas obrigas comúns. Dentro dunhas mesmas fronteiras poden
convivir persoas de diversas culturas e nacionalidades.
• Entre outras funcións do Estado destacan:
◦ Establecer as leis (Parlamento) e velar polo seu cumprimento (poder xudicial).
◦ Manter a orde interior (policía) e a seguridade exterior (exército).
◦ Dirixir e desenvolver a política exterior.
◦ Recadar impostos.
◦ Dirixir a economía.
◦ Administrar e xestionar servizos (educación, sanidade) e infraestruturas públicas
(estradas, aeroportos, ferrocarrís,...).
2. O EXERCICIO DO PODER. A DEMOCRACIA
• Nunha democracia, a elección dos gobernantes realízana todos os cidadáns e cidadás
maiores de idade xa que a soberanía (o exercicio do poder) reside no pobo.
• Un Estado é democrático cando os cidadáns e cidadás participan nas tarefas do
goberno.
• A democracia é directa cando os cidadáns reunidos nunha asemblea ou a través dun
referendo (consultar unha cuestión concreta) toman as decisións, e é representativa se
os cidadáns votan nas eleccións a quen toma as decisións e exerce a soberanía no seu
nome.
• As persoas elixidas forman o Parlamento que elabora e aproba as leis e elixe ao
Presidente do Goberno.
• As eleccións democráticas deben ser libres (todos os cidadáns e cidadás se poden
presentar como candidatos), plurais (preséntanse varias opcións políticas), facerse por
sufraxio universal (poden votar todos os cidadáns e cidadás maiores de idade), e ser
periódicas (cada certo tempo, xeralmente cada catro anos).
• Os cidadáns adoitan participar na política mediante os partidos políticos. Os cidadáns,
co seu voto, escollen unha das opcións políticas ou votan en branco.
• A división de poderes pretende que ningunha institución acapare o poder: o Parlamento
1
2. DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA CPI PLURILINGÜE DE NAVIA DE SUARNA
desempeña a función lexislativa; (elabora e vota as leis) o Goberno, a función executiva
(determina a política a seguir) e os tribunais, a función xudicial (aplica as leis e castiga a
quen non as cumpre).
3. ESTADOS DEMOCRÁTICOS E ESTADOS NON DEMOCRÁTICOS
• Existen diferentes tipos de Estados democráticos:
◦ Monarquías parlamentarias: o xefe de Estado é o Rei, que reina pero non goberna, o
seu cargo é vitalicio e hereditario (non é elixido pola cidadanía): Reino Unido,
Bélxica, Países Baixos, Suecia, Noruega, España.
◦ Nas Repúblicas parlamentarias, o xefe do Estado é o Presidente da república, elixido
pola cidadanía. O Goberno do Estado está en mans do Primeiro Ministro ou
Presidente do Goberno: Portugal, Francia, Italia, Alemaña, Estados Unidos...
• Os principais tipos de Estados non democráticos son:
◦ Monarquías absolutas: o Rei concentra todos os poderes do Estado (Arabia Saudí,
Omán, Catar...).
◦ Ditaduras: unha persoa, co apoio dun partido político ou do exército, goberna cun
poder total (China, Corea do Norte, Cuba). Son repúblicas.
4.TRATADOS, DECLARACIÓNS E ORGANIZACIÓNS
• Os Estados relaciónanse uns con outros, xurdindo, a veces, problemas entre eles.
• Para conseguir unha acción conxunta dos Estados, tómanse algunhas iniciativas como a
sinatura de tratados, convenios internacionais e declaracións internacionais de dereitos:
Declaración Universal de Dereitos Humanos, Declaración dos dereitos da Infancia,...
• Tamén se crean Organizacións internacionais nas que os Estados delegan algunhas
funcións. As Organizacións Supranacionais intentan solucionar problemas comúns. No
ámbito mundial a máis importante é a Organización das Nacións Unidas (ONU), creada
en 1945. Ten na actualidade 193 membros. Os seus principais obxectivos son: manter a
paz e a seguridade mundial, a cooperación internacional e a defensa dos dereitos
humanos.
• Relacionadas coa ONU están outras organizacións como:
◦ UNICEF: ten como finalidade protexer a infancia e a xuventude do mundo.
◦ UNESCO: cuxos fins son acadar a paz e o benestar social a través da cultura.
◦ ACNUR: Axencia da ONU para axudar aos refuxiados.
• Organizacións supranacionais de ámbito rexional son a Unión Europea (U.E) ou a Liga
Árabe ou a OTAN.
5. AS ORGANIZACIÓNS NON GUBERNAMENTAIS (ONG)
• As Organizacións Non Gobernamentais (ONG) son entidades privadas de carácter
público que teñen fins humanitarios e sociais e que non dependen de gobernos nin
partidos políticos.
• Están formadas por empresas, centros de investigación ou asociacións. Poden estar
formadas por milleiros de persoas que aportan e recollen fondos, e contan con
empregados e colaboradores desinteresados.
2
3. DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA CPI PLURILINGÜE DE NAVIA DE SUARNA
• Funcións:
◦ Levan a cabo accións humanitarias: Cruz Roja, Manos Unidas, Médicos sin
Fronteras.
◦ Promover o respecto dos dereitos humanos: Amnistía Internacional.
◦ Protexer o medio ambiente: Greenpeace, WWF.
6. A UNIÓN EUROPEA
6.1. O PROCESO DE CREACIÓN DA U.E
• A creación dun mercado común europeo iniciouse co Tratado de Roma (1957), asinado
por Francia, Alemaña, Italia, Bélxica, Países Baixos e Luxemburgo. Nace a CEE. Prevía
a unidade política e económica de Europa.
• O Tratado da Unión Europea, asinado en Maastricht (1992), decidiu a unión monetaria,
facilitou a participación cidadá a través das eleccións ao Parlamento europeo, fixou
políticas de solidariedade entre rexións e estableceu obxectivos comúns para a política
exterior e de defensa.
• A Unión Económica e Monetaria aprobouse en 1999, e o euro empezou a circular a
partir de 2002. En 19 países é a moeda oficial (eurozona).
• Os países membros da Unión Europea na actualidade son vinte e oito, á que se foron
sumando en distintos procesos de adhesión. A UE é unha zona moi diversa (distintas
linguas, relixións,...) mais réxese por uns valores básicos: a paz, a democracia, o Estado
de dereito e o respecto aos dereitos humanos.
• Os Estados membros son:
• 1957: Alemaña, Bélxica, Francia, Italia, Luxemburgo e os Países Baixos.
• 1973: Reino Unido, Irlanda e Dinamarca.
• 1981: Grecia.
• 1986: España e Portugal.
• 1990: Alemaña reunificada.
• 1995: Austria, Finlandia e Suecia.
• 2004: Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Letonia, Lituania, República Checa, Chipre,
Malta, Polonia e Hungría.
• 2007: Bulgaria e Romanía.
• 2013: Croacia.
6.2. AS INSTITUCIÓNS DA U.E
• A Unión Europea está formada por institucións supranacionais, que están por enriba dos
Estados, e das que forman parte representantes deses Estados.
◦ O Consello Europeo. Formado polos xefes de Estado ou de Goberno dos Estados
membros e mais o seu Presidente e o Presidente de la Comisión Europea. É o
máximo órgano político e define as orientacións xerais.
◦ O Consello da Unión Europea. Formado por un ministro de cada país, que varía en
función dos temas a tratar. Nel tómanse as decisións máis importantes.
3
4. DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA CPI PLURILINGÜE DE NAVIA DE SUARNA
◦ O Parlamento europeo. Elixido por sufraxio universal. Exerce a función lexislativa,
crea e reforma leis e aproba os orzamentos da UE. Sede: Estrasburgo
◦ A Comisión Europea. Formada polo Presidente e os Comisarios, exerce a función
executiva. Garante o cumprimento das normativas europeas, elabora os
orzamentos,...Sede: Bruxelas.
◦ O Tribunal de Xustiza. Garante o respecto, a interpretación e o cumprimento das leis
europeas.
◦ O Defensor do Pobo. Pode ser consultado polos cidadáns que crean que foron
tratados inxustamente por algunha institución da UE.
◦ Outras institucións: o Banco Central Europeo (BCE), o Tribunal de Contas ou o
Comité das Rexións ou o Banco Europeo de Investimentos.
6.3. ESPAÑA NA UNIÓN EUROPEA
• En 1979 España iniciou as negociacións para a súa adhesión á CEE. Estas duraron sete
anos e caracterizáronse pola necesidade de adaptación da economía española á
comunitaria. Esta adaptación deuse sobre todo no ámbito da produción agraria e
pesqueira.
• España e Portugal incorporáronse á Comunidade Económica Europea en 1986.
• Conta cun único Comisario e 54 deputados no Parlamento europeo.
• O desenvolvemento económico e social de España débese, en parte, ao proceso de
integración europea. Os fondos e os investimentos procedentes da UE fixeron posible
gran parte do seu crecemento. Os fondos europeos (estruturais e de cohesión) serviron
para financiar infraestruturas como autovías, o AVE, aeroportos ou portos; programas
educativos (Erasmus), tarxeta sanitaria europea e proxectos de restauración do
patrimonio histórico e cultural.
7. ORGANIZACIÓN POLÍTICA DE ESPAÑA
• Segundo a Constitución española de 1978, España é unha monarquía parlamentaria. O
Rei de España é o Xefe de Estado, pero o Goberno é elixido polo Parlamento. A Coroa,
na persoa do Rei é a máxima representación do Estado: é árbitro e moderador das
institucións. O cargo de Rei é vitalicio e hereditario e a súa persoa inviolable.
• A nosa forma de goberno, establecida na Constitución, baséase na división de poderes:
lexislativo, executivo e xudicial.
◦ En España, o Parlamento denomínase Cortes Xerais. Está formado por dúas
cámaras: Congreso dos Deputados e o Senado. As Cortes exercen dúas funcións: a
lexislativa, elaborar e aprobar as leis, e o control do Goberno. O Congreso dos
Deputados elixe o Presidente do Goberno.
◦ O Goberno español (poder executivo) está formado polo Presidente (elixido polo
Congreso) e os Ministros (elixidos polo Presidente).
◦ A aplicación das leis (poder xudicial) lévana a cabo xuíces e tribunais de xustiza: O
máximo órgano xudicial é o Tribunal Supremo. O Tribunal Constitucional é a instancia
xudicial que garante que as leis non vulneren a Constitución.
• Os cidadáns e cidadás españois (pobo), seguindo o principio de soberanía nacional,
eliximos aos nosos representantes. Os partidos políticos son as canles a través das
4
5. DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA CPI PLURILINGÜE DE NAVIA DE SUARNA
cales os cidadáns e cidadás participan na vida política. Poden ser de ámbito estatal ou
autonómico.
8. A ORGANIZACIÓN TERRITORIAL DE ESPAÑA
• Segundo a Constitución española, o Estado español organiza o territorio en municipios,
provincias e Comunidades Autónomas:
◦ Os municipios (8.114) son as unidades administrativas e territoriais máis elementais
do Estado. Está formado por un ou máis núcleos de poboación. O goberno dun
municipio é responsabilidade do Concello formado polo alcalde e os concelleiros.
◦ As provincias (50) son territorios constituídos pola agrupación de varios municipios: A
división do territorio español en provincias ideouse en 1833 (Javier de Burgos). A
institución encargada do goberno da provincia é a Deputación Provincial presidida
por un Presidente.
◦ As Comunidades Autónomas. O Estado español adoptou unha organización
descentralizada. Entre 1979 e 1983 organizáronse as 17 Comunidades Autónomas
actuais. Delas, sete teñen unha única provincia.
▪ As Comunidades Autónomas réxense polos seus Estatutos de Autonomía, onde
se recollen as institucións, normas e competencias, así como os recursos
económicos que lles correspondan para exercelas. As competencias autonómicas
poden ser exclusivas (vivenda, educación, sanidade,...) ou compartidas co
Estado.
▪ As institucións de autogoberno das Comunidades Autónomas son:
• O Presidente autonómico.
• A Asemblea ou Parlamento: unha única cámara formada por deputados.
• Goberno ou Consello: formado polo Presidente e os conselleiros. En Galicia
chámase Xunta.
◦ En 1995, os municipios de Ceuta e Melilla constituíronse tamén en Cidades
Autónomas.
9. A AUTONOMÍA DE GALICIA
9.1. A ORGANIZACIÓN POLÍTICA DE GALICIA
• Galicia constituíuse en Comunidade Autónoma en 1981 coa aprobación do seu Estatuto
de Autonomía.
• As institucións da Comunidade Autónoma son:
◦ O Parlamento: representa ao pobo galego, controla á Xunta, aproba as leis e os
orzamentos. Fórmano os deputados/as elixidos pola cidadanía.
◦ A Xunta: é o órgano de goberno, propón as leis e fainas cumprir. Fórmana o
Presidente e os conselleiros/as.
◦ O Presidente: elixido polo Parlamento, nomea os seus conselleiros/as e dirixe a
acción de goberno.
◦ Outras institucións: o Tribunal Superior de Xustiza: é a máxima institución xudicial de
Galicia: o Valedor do Pobo: é o encargado de protexer os dereitos dos cidadáns e
5
6. DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA CPI PLURILINGÜE DE NAVIA DE SUARNA
cidadás da Comunidade.
9.2. A ORGANIZACIÓN TERRITORIAL DE GALICIA
• A Constitución e o Estatuto de Autonomía organizan o territorio galego.
◦ Galicia está formada por 4 provincias: A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra; por 53
bisbarras ou comarcas e por numerosos concellos (314).
◦ Ademais, Galicia organiza o seu territorio en aldeas, parroquias, vilas e cidades.
▪ A aldea: formada por varias casas agrupadas (uns 50 habitantes), é o típico
asentamento galego.
▪ A parroquia: formada por varias aldeas, está moi arraigada por ser considerada o
lugar de orixe.
▪ As vilas: actúan de capitais de comarcas. Hainas cunha función primordial
(industrial, comercial, pesqueira ou turística).
▪ As cidades: son grandes núcleos de poboación. As maiores sitúanse na costa
(Vigo, A Coruña). No prelitoral destaca Santiago.
• Galicia forma xunto co norte de Portugal da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, encargada de
promover intereses e proxectos comúns entre as dúas zonas.
6
7. DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA CPI PLURILINGÜE DE NAVIA DE SUARNA
cidadás da Comunidade.
9.2. A ORGANIZACIÓN TERRITORIAL DE GALICIA
• A Constitución e o Estatuto de Autonomía organizan o territorio galego.
◦ Galicia está formada por 4 provincias: A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra; por 53
bisbarras ou comarcas e por numerosos concellos (314).
◦ Ademais, Galicia organiza o seu territorio en aldeas, parroquias, vilas e cidades.
▪ A aldea: formada por varias casas agrupadas (uns 50 habitantes), é o típico
asentamento galego.
▪ A parroquia: formada por varias aldeas, está moi arraigada por ser considerada o
lugar de orixe.
▪ As vilas: actúan de capitais de comarcas. Hainas cunha función primordial
(industrial, comercial, pesqueira ou turística).
▪ As cidades: son grandes núcleos de poboación. As maiores sitúanse na costa
(Vigo, A Coruña). No prelitoral destaca Santiago.
• Galicia forma xunto co norte de Portugal da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, encargada de
promover intereses e proxectos comúns entre as dúas zonas.
6