SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 8
Baixar para ler offline
U2.Manexo de ferramentas web básicas e publicación de materiais. Blogues                              Páxina 1



Blogues. Creación, administración e edición

1. Aproximación a esta ferramenta.

Un blogue (tamén chamado weblog ou caderno de bitácora) é un sitio dinámico na rede no que se
recollen artigos ou anotacións persoais de maneira cronolóxica, aparecendo en primeiro lugar
os máis recentes. Tamén ofrece opcións de interactividade para o visitante, fundamentalmente
a través dos comentarios.
Os blogues soen crearse en plataformas que facilitan ter control sobre esa participación dos
visitantes e mais sobre a visibilidade dos contidos e que nos permiten editar de xeito doado, sen
coñecementos informáticos específicos, polo que a súa actualización adoita ser frecuente.
Debido a esta facilidade de uso para canalizar a creación e a reflexión tanto persoal como social,
desenvolvéronse en todos os ámbitos da rede -desde a política ao ensino- e representan e
integran os parámetros da web social de hoxe en día.

Os principais termos que cómpre coñecer ao manexar blogues son:

a) Blogroll ou lista de blogues: é o menú que se mostra nun lateral da portada e no que aparece a
listaxe de ligazóns recomendadas, normalmente en relación coa temática do blogue.




b) Comentarios: son o motor da interactividade entre o autor e o lector e o que axuda a crear
coñecemento e feed-back. Hai diferentes graos de permisos para comentar.




                                                  Curso “Elaboración de contidos educativos on-line” FORGA_CIG
                                                                              Luciano Fernández e María Loureiro
U2.Manexo de ferramentas web básicas e publicación de materiais. Blogues                              Páxina 2



c) Ligazón permanente ou permalink: cada anotación ten unha páxina propia cun enderezo
específico de xeito que se pode ligar e recuperar de xeito independente.




d) Etiquetas (tags) e categorías: son os elementos que facilitan a organización e identificación dos
contidos.




e) Plugin e widget: son complementos que permiten ampliar as posibilidades do caderno:
calendario, barra de vídeos, etc.




                                                  Curso “Elaboración de contidos educativos on-line” FORGA_CIG
                                                                              Luciano Fernández e María Loureiro
U2.Manexo de ferramentas web básicas e publicación de materiais. Blogues                              Páxina 3

f) Post, artigo ou anotación: o corpo do contido que forma o blogue.




g) Retroligazóns ou trackbacks e pings: a relación automática que se crea entre a referencia que
facemos a un blogue citado nunha anotación e este. Deste xeito, podemos detectar que blogues
ligan directamente a un artigo.




h) RSS, feed ou sindicación: a través destes elementos recollemos avisos e contidos cando un
sitio de novas ou blogue que nos interesa actualiza a súa información.




                                                  Curso “Elaboración de contidos educativos on-line” FORGA_CIG
                                                                              Luciano Fernández e María Loureiro
U2.Manexo de ferramentas web básicas e publicación de materiais. Blogues                              Páxina 4




Cada bitácora posúe o seu enderezo (URL) propio, mais tamén cada anotación ou post (ligazón
permanente), así como cada unha das páxinas, se é que dispón deses espazos complementarios.
De por parte, ofrece a sindicación ou subscrición ao que se publica, tanto post como comentarios,
mediante RSS, de xeito que podemos recibir as súas novidades.




En síntese, estas son as características que definen un blogue:
       1.Edición doada de contidos con elementos multimedia (textos, imaxes...)
       2.Publicación cronolóxica inversa
       3.Posibilidade de interacción cos lectores
       4.Posibilidade de compartir a edición (autoría colectiva)
       5.Organización clara dos contidos en categorías
       6.Ligazóns permanentes aos distintos artigos, recollidos nun arquivo
       7.Disposición de espazos específicos para ligazóns (blogroll)
       8.Sindicación aos contidos por medio de RSS
       9.Integración de ferramentas na web (diapositivas, vídeos...)

                                                  Curso “Elaboración de contidos educativos on-line” FORGA_CIG
                                                                              Luciano Fernández e María Loureiro
U2.Manexo de ferramentas web básicas e publicación de materiais. Blogues                              Páxina 5




Hai moitas plataformas que permiten publicar un blogue de balde. Coa administración total ou
parcialmente en galego (cuestión de importancia sobre todo se é o alumnado quen vai editar),
temos a Blogoteca, Nireblog, Wordpress e Blogaliza, seguindo unha orde progresiva no que se
refire ás funcionalidades que poñen á nosa disposición e tamén á complexidade no seu manexo.


Para a práctica neste curso, escollemos
Blogaliza, que actualmente funciona cun sistema
de Wordpress e é o único sitio que facilita a
publicación directa, con reprodutor incluído, de
arquivos de audio.




2. Creación dun blogue en Blogaliza e administración básica.

Seguimos todo o proceso con esta presentación (amplíase en Full Screen)

E podemos revisar estas cuestións por medio destes dous videotitoriais: Un blogue en Blogaliza I
e Un blogue en Blogaliza II.




3. Orientacións metodolóxicas. Exemplos prácticos de
   aplicación na aula.

Os blogues constitúen unha ferramenta moi útil, con múltiples aplicacións no ensino e cun enorme
potencial no desenvolvemento de competencias activas. O profesorado emprégao para a reflexión
e investigación pedagóxica, para a comunicación de ideas e proxectos ou para desenvolver
tarefas didácticas. O alumnado pode utilizalo como espazo de traballo e publicación, como diario
persoal ou portfolio, etc.

O emprego de blogues supón, ademais, entrar en contacto cun amplo abano de recursos e
aplicacións para a creación e partilla de contidos (algúns xa vistos, como os marcadores sociais) e
é moi importante asumir esa nova cultura baseada en colaborar e compartir, na que cómpre
tamén formar ao alumnado.

Estas bitácoras en contexto educativo coñécense como edublogues. Así, atopamos:

- Blogues do profesorado ou da materia.
Se están dirixidos a outros/as colegas, céntranse en cuestións de actualidade referidas á
disciplina, na didáctica coas TIC e en experiencias na aula; nalgúns casos, constitúen un vieiro
para a publicación de materiais de elaboración propia e para a clasificación de recursos. Se se
dirixen ao alumnado, o/a profe transmite instruccións sobre tarefas e guía o uso de recursos.


                                                  Curso “Elaboración de contidos educativos on-line” FORGA_CIG
                                                                              Luciano Fernández e María Loureiro
U2.Manexo de ferramentas web básicas e publicación de materiais. Blogues                              Páxina 6

Consulta estes exemplos:
       O blog de sociais
       Caderno de lingua
       Dives Gallaecia
       Escola de caracois
       Revolta da freixa
       Tecnoloxía
       Blog de Música
       Poden ser colectivos, con varias persoas editando: Bitácora cooperativa.



- Blogues da aula, nos que poden participar conxuntamente o/a profesor/a e o alumnado.
Permiten o acceso organizado a temas de interese para o desenvolvemento do currículo, o
seguimento, orientación e publicación de actividades da aula, etc.

       Mateproblemáticas nun Centro de Secundaria
       Regueizeiros
       Dis ti!


- Blogues propios do alumnado, nos que se experimenta con esta ferramenta e se desenvolven
distintas tarefas. Responden ao modelo máis innovador, con potencialidades para a motivación e
implicación do alumnado na construción de coñecemento, a interacción e o traballo colaborativo.
Abren a aula ao mundo, estimulan a creación multimedia e facilitan o uso de internet para o
desenvolvemento da competencia dixital e no tratamento da información. Pódense recoller a
través do widget de ligazóns (blogroll) ou mediante lectura RSS no blogue da aula.
       O progreso
       A fermosa Galicia
       Despexando incógnitas
       castafiore


- Blogues do centro, que inclúen: blogues da biblioteca, dun equipo ou dun grupo de traballo,
espazo compartido polos distintos departamentos, canle de publicación dunha revista, etc.).
       As TIC no IES García Barbón
       Biblioteca IES Alexandre Bóveda
       Na lingua de todos
       A Tabarra Dixital




                                                  Curso “Elaboración de contidos educativos on-line” FORGA_CIG
                                                                              Luciano Fernández e María Loureiro
U2.Manexo de ferramentas web básicas e publicación de materiais. Blogues                              Páxina 7

Na imaxe recóllese unha clasificación adaptada de Juan José de Haro.




Mais esas non son as únicas opcións. Un blogue pode ser un bo soporte de secuencias didácticas
(Os retos do século XXI), un almacén de recursos para a aula (ticblog), un espazo para
desenvolver proxectos educativos (Climántica), unha ferramenta na formación do profesorado
(Blogue de proba), un monográfico (Son de poetas), etc.

Ademais, no ensino tamén se traballa cunha variante, os fotologs, sobre todo en materias como
Historia da arte ou Plástica. Poden ser creados tamén en Blogaliza, ademais de estar dalgún xeito
integrados nas redes Ning.

O seguimento da ampla comunidade educativa na rede ou do conxunto de cadernos dixitais do
alumnado levaranos á creación dun Planeta de blogues: un sitio no que aparecen as últimas
anotacións dun conxunto de bitácoras, por exemplo as dun curso ou as de profesores/as con
intereses comúns, como é o caso de Redetic.

Por último, hai que considerar que á hora de crear un edublogue debemos:

       - revisar experiencias doutros blogues e valorar estratexias de uso
       - definir os obxectivos: ofrecer tarefas e recursos ao alumnado, abrir un espazo de
       intercambio...
       - decidir que tipo é o axeitado aos nosos obxectivos educativos (de aula, do alumnado,
       etc.)
       - establecer o protocolo de publicación, se edita o alumnado: permisos de usuarios,
       criterios para editar...
       - revisar e avaliar a experiencia en marcha e compartila con outros docentes


                                                  Curso “Elaboración de contidos educativos on-line” FORGA_CIG
                                                                              Luciano Fernández e María Loureiro
U2.Manexo de ferramentas web básicas e publicación de materiais. Blogues                              Páxina 8




Material complementario para quen quixer ampliar:

Edu20: Blogs
Lourdes Domenech: Blogs, para que os quiero?
edublogki: Por que un blog




                                                  Curso “Elaboración de contidos educativos on-line” FORGA_CIG
                                                                              Luciano Fernández e María Loureiro

Mais conteúdo relacionado

Destaque (9)

Carmeniandrea1
Carmeniandrea1Carmeniandrea1
Carmeniandrea1
 
Portfolio
PortfolioPortfolio
Portfolio
 
20 Verdades
20 Verdades20 Verdades
20 Verdades
 
Kelley and Company Spring09 Slideshow
Kelley and Company Spring09 SlideshowKelley and Company Spring09 Slideshow
Kelley and Company Spring09 Slideshow
 
none
nonenone
none
 
London_2012
London_2012London_2012
London_2012
 
Press Adhc
Press AdhcPress Adhc
Press Adhc
 
Aldeia de Agra - Inverno (Jan. 2009)
Aldeia de Agra - Inverno (Jan. 2009)Aldeia de Agra - Inverno (Jan. 2009)
Aldeia de Agra - Inverno (Jan. 2009)
 
Adi Arbel Digital Interaktiboa Betikoa
Adi Arbel Digital Interaktiboa BetikoaAdi Arbel Digital Interaktiboa Betikoa
Adi Arbel Digital Interaktiboa Betikoa
 

Semelhante a U2 T1 Ferramentas Blogues

A Galipedia, libre e colaborativa, tamén para a aprendizaxe e o ensino
 A Galipedia, libre e colaborativa, tamén para a aprendizaxe e o ensino A Galipedia, libre e colaborativa, tamén para a aprendizaxe e o ensino
A Galipedia, libre e colaborativa, tamén para a aprendizaxe e o ensino
ousli07
 
3. blogs para_que_vos_quero._soporte_contidos
3. blogs para_que_vos_quero._soporte_contidos3. blogs para_que_vos_quero._soporte_contidos
3. blogs para_que_vos_quero._soporte_contidos
Olga Veiga
 
web 2.0, maria tic
web 2.0, maria ticweb 2.0, maria tic
web 2.0, maria tic
mariaticve
 
Guia curso Didáctica de la filosofía en catellano
Guia curso Didáctica de la filosofía en catellanoGuia curso Didáctica de la filosofía en catellano
Guia curso Didáctica de la filosofía en catellano
nexosfilosofia
 

Semelhante a U2 T1 Ferramentas Blogues (20)

Tema1 Blogues
Tema1 BloguesTema1 Blogues
Tema1 Blogues
 
Blogs educativos
Blogs educativosBlogs educativos
Blogs educativos
 
A Galipedia, libre e colaborativa, tamén para a aprendizaxe e o ensino
 A Galipedia, libre e colaborativa, tamén para a aprendizaxe e o ensino A Galipedia, libre e colaborativa, tamén para a aprendizaxe e o ensino
A Galipedia, libre e colaborativa, tamén para a aprendizaxe e o ensino
 
Secuencias de lingua e literatura na rede
Secuencias de lingua e literatura na redeSecuencias de lingua e literatura na rede
Secuencias de lingua e literatura na rede
 
3. blogs para_que_vos_quero._soporte_contidos
3. blogs para_que_vos_quero._soporte_contidos3. blogs para_que_vos_quero._soporte_contidos
3. blogs para_que_vos_quero._soporte_contidos
 
Tarefasmodulo5
Tarefasmodulo5Tarefasmodulo5
Tarefasmodulo5
 
Propostas TIC para o desenvolvemento da competencia lingüíStica
Propostas TIC para o desenvolvemento da competencia lingüíSticaPropostas TIC para o desenvolvemento da competencia lingüíStica
Propostas TIC para o desenvolvemento da competencia lingüíStica
 
A integración das TIC na Área de Lingua e Literatura
A integración das TIC na Área de Lingua e LiteraturaA integración das TIC na Área de Lingua e Literatura
A integración das TIC na Área de Lingua e Literatura
 
Blogues
BloguesBlogues
Blogues
 
A integración das TIC na area de lingua e literatura
A integración das TIC na area de lingua e literaturaA integración das TIC na area de lingua e literatura
A integración das TIC na area de lingua e literatura
 
Gt 2013 14 presentacion fase2
Gt 2013 14 presentacion fase2Gt 2013 14 presentacion fase2
Gt 2013 14 presentacion fase2
 
Directrices teletraballo Consellería Educación
Directrices teletraballo Consellería EducaciónDirectrices teletraballo Consellería Educación
Directrices teletraballo Consellería Educación
 
Gt 2013 14 presentacion fase2
Gt 2013 14 presentacion fase2Gt 2013 14 presentacion fase2
Gt 2013 14 presentacion fase2
 
GT 2013 14 Presentacion
GT 2013 14 PresentacionGT 2013 14 Presentacion
GT 2013 14 Presentacion
 
web 2.0, maria tic
web 2.0, maria ticweb 2.0, maria tic
web 2.0, maria tic
 
Presentacion xeral
Presentacion xeralPresentacion xeral
Presentacion xeral
 
Integrando a Web 2.0 por medio dunha webquest
Integrando a Web 2.0 por medio dunha webquestIntegrando a Web 2.0 por medio dunha webquest
Integrando a Web 2.0 por medio dunha webquest
 
Creación de ambientes personais de aprendizaxe. modulo 1
Creación de ambientes personais de aprendizaxe. modulo 1Creación de ambientes personais de aprendizaxe. modulo 1
Creación de ambientes personais de aprendizaxe. modulo 1
 
Guia curso Didáctica de la filosofía en catellano
Guia curso Didáctica de la filosofía en catellanoGuia curso Didáctica de la filosofía en catellano
Guia curso Didáctica de la filosofía en catellano
 
A Lingua Galega e a Relación coas TIC
A Lingua Galega e a Relación coas TICA Lingua Galega e a Relación coas TIC
A Lingua Galega e a Relación coas TIC
 

U2 T1 Ferramentas Blogues

  • 1. U2.Manexo de ferramentas web básicas e publicación de materiais. Blogues Páxina 1 Blogues. Creación, administración e edición 1. Aproximación a esta ferramenta. Un blogue (tamén chamado weblog ou caderno de bitácora) é un sitio dinámico na rede no que se recollen artigos ou anotacións persoais de maneira cronolóxica, aparecendo en primeiro lugar os máis recentes. Tamén ofrece opcións de interactividade para o visitante, fundamentalmente a través dos comentarios. Os blogues soen crearse en plataformas que facilitan ter control sobre esa participación dos visitantes e mais sobre a visibilidade dos contidos e que nos permiten editar de xeito doado, sen coñecementos informáticos específicos, polo que a súa actualización adoita ser frecuente. Debido a esta facilidade de uso para canalizar a creación e a reflexión tanto persoal como social, desenvolvéronse en todos os ámbitos da rede -desde a política ao ensino- e representan e integran os parámetros da web social de hoxe en día. Os principais termos que cómpre coñecer ao manexar blogues son: a) Blogroll ou lista de blogues: é o menú que se mostra nun lateral da portada e no que aparece a listaxe de ligazóns recomendadas, normalmente en relación coa temática do blogue. b) Comentarios: son o motor da interactividade entre o autor e o lector e o que axuda a crear coñecemento e feed-back. Hai diferentes graos de permisos para comentar. Curso “Elaboración de contidos educativos on-line” FORGA_CIG Luciano Fernández e María Loureiro
  • 2. U2.Manexo de ferramentas web básicas e publicación de materiais. Blogues Páxina 2 c) Ligazón permanente ou permalink: cada anotación ten unha páxina propia cun enderezo específico de xeito que se pode ligar e recuperar de xeito independente. d) Etiquetas (tags) e categorías: son os elementos que facilitan a organización e identificación dos contidos. e) Plugin e widget: son complementos que permiten ampliar as posibilidades do caderno: calendario, barra de vídeos, etc. Curso “Elaboración de contidos educativos on-line” FORGA_CIG Luciano Fernández e María Loureiro
  • 3. U2.Manexo de ferramentas web básicas e publicación de materiais. Blogues Páxina 3 f) Post, artigo ou anotación: o corpo do contido que forma o blogue. g) Retroligazóns ou trackbacks e pings: a relación automática que se crea entre a referencia que facemos a un blogue citado nunha anotación e este. Deste xeito, podemos detectar que blogues ligan directamente a un artigo. h) RSS, feed ou sindicación: a través destes elementos recollemos avisos e contidos cando un sitio de novas ou blogue que nos interesa actualiza a súa información. Curso “Elaboración de contidos educativos on-line” FORGA_CIG Luciano Fernández e María Loureiro
  • 4. U2.Manexo de ferramentas web básicas e publicación de materiais. Blogues Páxina 4 Cada bitácora posúe o seu enderezo (URL) propio, mais tamén cada anotación ou post (ligazón permanente), así como cada unha das páxinas, se é que dispón deses espazos complementarios. De por parte, ofrece a sindicación ou subscrición ao que se publica, tanto post como comentarios, mediante RSS, de xeito que podemos recibir as súas novidades. En síntese, estas son as características que definen un blogue: 1.Edición doada de contidos con elementos multimedia (textos, imaxes...) 2.Publicación cronolóxica inversa 3.Posibilidade de interacción cos lectores 4.Posibilidade de compartir a edición (autoría colectiva) 5.Organización clara dos contidos en categorías 6.Ligazóns permanentes aos distintos artigos, recollidos nun arquivo 7.Disposición de espazos específicos para ligazóns (blogroll) 8.Sindicación aos contidos por medio de RSS 9.Integración de ferramentas na web (diapositivas, vídeos...) Curso “Elaboración de contidos educativos on-line” FORGA_CIG Luciano Fernández e María Loureiro
  • 5. U2.Manexo de ferramentas web básicas e publicación de materiais. Blogues Páxina 5 Hai moitas plataformas que permiten publicar un blogue de balde. Coa administración total ou parcialmente en galego (cuestión de importancia sobre todo se é o alumnado quen vai editar), temos a Blogoteca, Nireblog, Wordpress e Blogaliza, seguindo unha orde progresiva no que se refire ás funcionalidades que poñen á nosa disposición e tamén á complexidade no seu manexo. Para a práctica neste curso, escollemos Blogaliza, que actualmente funciona cun sistema de Wordpress e é o único sitio que facilita a publicación directa, con reprodutor incluído, de arquivos de audio. 2. Creación dun blogue en Blogaliza e administración básica. Seguimos todo o proceso con esta presentación (amplíase en Full Screen) E podemos revisar estas cuestións por medio destes dous videotitoriais: Un blogue en Blogaliza I e Un blogue en Blogaliza II. 3. Orientacións metodolóxicas. Exemplos prácticos de aplicación na aula. Os blogues constitúen unha ferramenta moi útil, con múltiples aplicacións no ensino e cun enorme potencial no desenvolvemento de competencias activas. O profesorado emprégao para a reflexión e investigación pedagóxica, para a comunicación de ideas e proxectos ou para desenvolver tarefas didácticas. O alumnado pode utilizalo como espazo de traballo e publicación, como diario persoal ou portfolio, etc. O emprego de blogues supón, ademais, entrar en contacto cun amplo abano de recursos e aplicacións para a creación e partilla de contidos (algúns xa vistos, como os marcadores sociais) e é moi importante asumir esa nova cultura baseada en colaborar e compartir, na que cómpre tamén formar ao alumnado. Estas bitácoras en contexto educativo coñécense como edublogues. Así, atopamos: - Blogues do profesorado ou da materia. Se están dirixidos a outros/as colegas, céntranse en cuestións de actualidade referidas á disciplina, na didáctica coas TIC e en experiencias na aula; nalgúns casos, constitúen un vieiro para a publicación de materiais de elaboración propia e para a clasificación de recursos. Se se dirixen ao alumnado, o/a profe transmite instruccións sobre tarefas e guía o uso de recursos. Curso “Elaboración de contidos educativos on-line” FORGA_CIG Luciano Fernández e María Loureiro
  • 6. U2.Manexo de ferramentas web básicas e publicación de materiais. Blogues Páxina 6 Consulta estes exemplos: O blog de sociais Caderno de lingua Dives Gallaecia Escola de caracois Revolta da freixa Tecnoloxía Blog de Música Poden ser colectivos, con varias persoas editando: Bitácora cooperativa. - Blogues da aula, nos que poden participar conxuntamente o/a profesor/a e o alumnado. Permiten o acceso organizado a temas de interese para o desenvolvemento do currículo, o seguimento, orientación e publicación de actividades da aula, etc. Mateproblemáticas nun Centro de Secundaria Regueizeiros Dis ti! - Blogues propios do alumnado, nos que se experimenta con esta ferramenta e se desenvolven distintas tarefas. Responden ao modelo máis innovador, con potencialidades para a motivación e implicación do alumnado na construción de coñecemento, a interacción e o traballo colaborativo. Abren a aula ao mundo, estimulan a creación multimedia e facilitan o uso de internet para o desenvolvemento da competencia dixital e no tratamento da información. Pódense recoller a través do widget de ligazóns (blogroll) ou mediante lectura RSS no blogue da aula. O progreso A fermosa Galicia Despexando incógnitas castafiore - Blogues do centro, que inclúen: blogues da biblioteca, dun equipo ou dun grupo de traballo, espazo compartido polos distintos departamentos, canle de publicación dunha revista, etc.). As TIC no IES García Barbón Biblioteca IES Alexandre Bóveda Na lingua de todos A Tabarra Dixital Curso “Elaboración de contidos educativos on-line” FORGA_CIG Luciano Fernández e María Loureiro
  • 7. U2.Manexo de ferramentas web básicas e publicación de materiais. Blogues Páxina 7 Na imaxe recóllese unha clasificación adaptada de Juan José de Haro. Mais esas non son as únicas opcións. Un blogue pode ser un bo soporte de secuencias didácticas (Os retos do século XXI), un almacén de recursos para a aula (ticblog), un espazo para desenvolver proxectos educativos (Climántica), unha ferramenta na formación do profesorado (Blogue de proba), un monográfico (Son de poetas), etc. Ademais, no ensino tamén se traballa cunha variante, os fotologs, sobre todo en materias como Historia da arte ou Plástica. Poden ser creados tamén en Blogaliza, ademais de estar dalgún xeito integrados nas redes Ning. O seguimento da ampla comunidade educativa na rede ou do conxunto de cadernos dixitais do alumnado levaranos á creación dun Planeta de blogues: un sitio no que aparecen as últimas anotacións dun conxunto de bitácoras, por exemplo as dun curso ou as de profesores/as con intereses comúns, como é o caso de Redetic. Por último, hai que considerar que á hora de crear un edublogue debemos: - revisar experiencias doutros blogues e valorar estratexias de uso - definir os obxectivos: ofrecer tarefas e recursos ao alumnado, abrir un espazo de intercambio... - decidir que tipo é o axeitado aos nosos obxectivos educativos (de aula, do alumnado, etc.) - establecer o protocolo de publicación, se edita o alumnado: permisos de usuarios, criterios para editar... - revisar e avaliar a experiencia en marcha e compartila con outros docentes Curso “Elaboración de contidos educativos on-line” FORGA_CIG Luciano Fernández e María Loureiro
  • 8. U2.Manexo de ferramentas web básicas e publicación de materiais. Blogues Páxina 8 Material complementario para quen quixer ampliar: Edu20: Blogs Lourdes Domenech: Blogs, para que os quiero? edublogki: Por que un blog Curso “Elaboración de contidos educativos on-line” FORGA_CIG Luciano Fernández e María Loureiro