SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 33
Baixar para ler offline
1
Programa de Novos
Públicos
Estratexias para mellorar e fidelizar a
relación museo/visitante
Programa de Novos Públicos – Rede Museística Provincial de Lugo
2
QUE?
A prol de mellorar e fidelizar as relación entre visitantes e a Rede
Museística Provincial de Lugo, propoñemos a posta en marcha deste
Programa de Novos Públicos que abrangue diferentes estratexias
para con un público obxectivo dividido por idades e intereses.
Este Plan preséntase como continuación do iniciado en xullo de 2016.
POR QUE?
A Rede Museística Provincial de Lugo, que en setembro de 2016,
cumpre os 10 anos da súa formalización, leva feito unha intensa
viaxe pola vía da museoloxía social a prol de que os seus catro
museos sexan autenticamente museos de comunidade.
Estes catro museos suman un total de 77 salas e espazos
expositivos, incluídas as novas salas de Tor Oculto que abríronse
ao público este verán. Salas con contidos etnográficos, históricos,
artísticos e arqueolóxicos e ofrecen unha profunda e diversa mirada
sobre o patrimonio cultural desta provincia luguesa.
Sabemos que o modelo de xestión está sendo posto como exemplo en
congresos e encontros de profesionais da museoloxía. Xa só en
2016 falamos de “Cidadanía e Cultura” como proxecto elixido polo
Ministerio de Cultura ou o Congreso de Museos de Lisboa da man da
Dirección xeral de Museos.
Cara a dentro, a Rede está vivindo un incremento de visitantes nos
últimos anos importante, como amosan as estatísticas1
.
1
Datos analizados das memorias publicadas en
http://redemuseistica.wixsite.com/memoria2015/estadisticas
14575 16344 17980 20616
6661 6320 7601
9066
42962 43232
53765
55918
14077
16170
20077
20137
0
20000
40000
60000
80000
100000
120000
2012 2013 2014 2015
Cifras de visitantes 2012-2015 RMP de Lugo
Museo Fortaleza San Paio Narla
Museo Provincial de Lugo
Museo Pazo de Tor
Museo Provincial do Mar
Programa de Novos Públicos – Rede Museística Provincial de Lugo
3
Coa posta en marcha da primeira fase do plan de Novos Públicos en
xullo de 2016 e na espera dos datos anuais, sabemos que xa só en
agosto produciuse un aumento do 17% respecto ao número de
visitantes no mesmo mes en anos anteriores, acadando as 18000
visitas2
.
Alegrámonos, non é para menos. Pero non nós paramos aquí, debemos
reforzalo. Por todo isto é que presentamos este programa de reforzo
de novos públicos, a fin que a Rede apuntale a súa estratexia no
aumento e fidelización de públicos. Non falamos exclusivamente de
visitas, se non tamén dunha participación real da cidadanía:
actividades, obradoiros, difusión en redes, etc.
A avaliación destes resultados non pode quedarse só no público que
nos visita, se non tamén debemos analizar se volve, se difunde unha
boa experiencia, se gusta das actividades que se programan ou se é
quen incluso de propoñer outras en beneficio do seu
desenvolvemento persoal ou da súa comunidade.
Este é o auténtico museo do século XXI. Este museo 2.0 contempla ao
visitante, cada vez máis esixente cos contidos e coa información que
se lle ofrece, como usuario/a activo/a que elixe que e como ver as
coleccións, que propón actividades e que fala dun museo de seu.
As cifras son tamén elocuentes. No reparto por idades, sobresae un
dato interesante. Observamos unha brecha no tramo comprendido
entre os 11 e os 25 anos, que non chega a superar en total o 12%.
É dicir, os mozos e mozas ,en termos xerais, deixan de vir con
asiduidade ao museo desde que superan a idade escolar e non
volveran ata que non traían aos seus fillos e fillas de novo, a partir
dos 26 anos.
De aí que o noso Programa de Novos Públicos se interese
particularmente polas necesidades e gustos de este segmento da
2
Dato publicado por EL PROGRESO o 03.10.2016 http://elprogreso.galiciae.com/gl/nova/604351/rede-
museistica-provincial-cumpre-dez-anos-de-actividade-con-cifra-record-de-visitantes
11,75
6
2,75
3
10,75
40,75
25
Promedio de porcentaxes de visitantes por idades na
Rede Museística en 2015
De 0 a 10 anos
De 11 a 14 anos
De 15 a 18 anos
De 19 a 25 anos
De 26 a 40 anos
De 41 a 65 anos
De más de 65 anos
Programa de Novos Públicos – Rede Museística Provincial de Lugo
4
poboación e cree experiencias de calidade para el, capaces de xerar
un valor engadido nesa relación con museo.
E igual que para o resto do público, o programa traballa para que o
propio museo sexa un lugar de encontro e de valor representativo,
vinculado directamente co/a usuario/a.
Calquera museo ten que estar nun diálogo constante co seu público,
como tamén debe comunicar adecuadamente os seus contidos para
acadar o interese dos/as destinatarios/as, e utilizar as canles
oportunas para chegar a cada tipo de visitante.
Un programa desde a Vixilancia en Sala
No organigrama do museo, a vixilancia de sala representa o contacto
máis directo entre as persoas que visitan o museo e as súas
coleccións. Na actualidade esta área conta con 14 persoas para 77
espazos expositivos espallados polos catro museos da Rede.
A vixilancia en sala orienta ao visitante e vela polas conservación das
pezas e o público. En certo modo, personaliza a institución, e do seu
traballo dependerá, en certa media, a imaxe que finalmente se
materialice na visita.
De aí que este Programa de Novos Públicos se realice desde persoas
que traballan neste posto, por su contacto directo con público e o seu
interese por mellorar a experiencia da/o usuaria/o, baixo os criterios
de accesibilidade total, respecto ás diferenzas e dereito a gozar dun
patrimonio para e con todos/as.
O perfil das persoas de vixilancia en sala que puxeron en marcha a
primeira fase deste programa de Novos Públicos en xullo deste
ano, responde de forma axeitada ás esixencias do público e das
colección: Licenciados/as en Humanidades, en Biblioteconomía, en
Filoloxías, con capacidade de comunicación co/a visitante en varias
linguas, investigadores/as do patrimonio lucense e relacionadas/os
cos tecido asociativo do territorio
Maruja Mallo
A Academia Galega das Belas Artes vén de dedicar o vindeiro1 de abril,
Día das Artes Galegas á universal artista viveirense. Creativa,
rompedora, inspiradora, vangardista, e sobre todo, gran loitadora
polo dereito a ser libre, muller e artista será o epicentro da
programación da Rede para o próximo ano.
A Deputación de Lugo xogou un papel importante no seu
desenvolvemento artístico cando lle concederon as bolsas de
Programa de Novos Públicos – Rede Museística Provincial de Lugo
5
estudos de 1925 a 1930 que lle permitirían vivir en Madrid e formar
parte activa da xeración do 27 xunto a Lorca, Alberti, María Teresa
León, Dalí, María Zambrano, Rosa Chacel e Buñuel.
A súa obra, exposta nos máis importantes museos do mundo, lévanos
polo camiño do realismo máxico desde onde nace un surrealismo
que termina por empapalo todo.
Non podemos deixar de destacar a reivindicación de xénero que
amosan os seus cadros: mulleres en bicicleta, mulleres que saen de
verbena ou de entroido, mulleres-máscara, ou mulleres nais da terra
e do mar. Maruja Mallo é símbolo tamén do exilio obrigado.
Este Programa de Novos Públicos invoca a figura desta creadora a
través de diferentes actividades que profundan no seu coñecemento
e papel na arte contemporánea. Gabada por recoñecidos persoeiros
como Andy Warhol, Paul Eluard, Ramón Gómez de la Serna ou
Gabriela Mistral, este será un momento propicio para que tamén a
nosa comunidade mergulle no se universo e o público visitante
recoñézaa como creadora lucense.
CON QUE OBXECTIVOS?
Obxectivo xeral
Incrementar os públicos que visitan a Rede Museística Provincial de
Lugo, así como mellorar a súa experiencia e relación cos museos
que a compón, a fin de cumprir co lema de ser museos para todos e
todas.
Obxectivos específicos
 Realizar un perfil diverso e polifacético das persoas que visitan os
museos e buscar puntos floxos e baleiros nos que aplicar unha
estratexia específica.
 Indagar nos gustos e preferencias nos percorridos habituais e
fomentar os itinerarios axustados a cada necesidade.
 Achegar o concepto de museo patrimonio de todos/as a toda a
comunidade: cidadanía, colectivos, artistas, etc.
 Aplicar unha estratexia de difusión da Rede adaptada a cada tipo de
visitante.
 Involucrar a escolas, universidades, asociacións e outros colectivos
na programación da Rede, como participantes e como axentes.
Programa de Novos Públicos – Rede Museística Provincial de Lugo
6
 Expresar a importancia da cultura para o desenvolvemento e
formación individual da cidadanía, así como fortalecer o seu
sentimento de pertenza á comunidade.
 Afondar no mundo creativo de Maruja Mallo e na súa figura como
lucense universal.
PARA QUEN?
Este programa vai dirixido a diferentes públicos divididos por tramos de
idades máis un apartado dedicado aos colectivos, como
representantes da diversidade cultural da nosa sociedade.
Deste xeito falamos de:
COMO?
A posta en marcha deste programa pasa por varias fases que son
comúns para todos os seus plans.
1. Coñecer ao visitante
Na situación actual investigamos aos nosos públicos desde unha
posición unidireccional e pasiva (museo -> visitante).
Nós propoñemos un estudo máis aberto e amplo, coa realización de
entrevistas e enquisas tanto a quen entra no museo como en
accións de saída do museo, en reunións ou a pé de rúa, nos que se
dialogue directamente coa sociedade.
a. Realización de enquisas e entrevistas á saída do museo.
b. Rexistro de preferencia de itinerarios dentro do museo e
análise de posibles causas.
c. Recollida de suxestións e queixas para mellorar a
experiencia da visita.
d. Elaboración dunha base de datos activa de axentes e
colectivos culturais e sociais.
e. Entrevista directa coa comunidade fóra do museo.
Plan para ESCOLARES
Plan para a MOCIDADE
Plan para MAIORES
Plan para COLECTIVOS
Plan para a COMUNIDADE ARTÍSTICA
Programa de Novos Públicos – Rede Museística Provincial de Lugo
7
2. Realización de informes
Elaboración de conclusións a partir da recollida de información da
fase anterior. Este informes se realizaran unha vez cada tres meses,
pois a tipoloxía do visitante depende da temporalidade (Tempo
escolar, vacacións de Nadal, Semana Santa ou verán, etc.). Estes
resultados serán postas en coñecemento de todos/as
traballadores/as da Rede.
3. Deseño de accións que rachen as barreiras museo/público
Adecuación do programa as necesidade do público obxectivo.
a. Aluguer de autobuses para un mellor acceso aos museos
b. Busca de solucións ás dificultades que atopan os/as
usuarios/as no acceso aos contidos.
4. Atraer á Rede
Ademais das canles habituais de comunicación, propoñemos saír de
novo do museo e participar das actividades da cidade para unha
maior visibilidade ante a poboación, como é por exemplo, aproveitar
os eventos e actividades culturais para instalar un posto de
información da Rede.
Igualmente, será necesario establecer visitas persoais aos/ás
representantes das comunidades escolares, colectivos sociais,
axentes culturais, etc., para propoñerlles unha implicación activa na
actividade do museo.
a. Establecer un posto da Rede en feiras e encontros de
interese que teñan lugar en Galicia e maiormente na
provincia de Lugo.
b. Entrevistarse coas asociacións, comunidade escolar, terceiro
sector, etc.
c. Estar visibles na comunidade universitaria cun posto de
información permanente.
d. Reparto da información da rede polos hoteis, postos de
información turística e cultural da cidade.
e. Atención especial aos/ás peregrinos/as que fan o Camiño de
Santiago
5. Documentar toda a actividade
Se realizará un seguimento audiovisual de cada unha das accións
para que poidan permanecer documentadas e en acceso público a
toda a cidadanía.
a. Rexistrar toda a actividade da Rede e subila á web
b. Activar o blog de didáctica da Rede Museística.
c. Crear unha comunidade dixital con axentes e colectivos para
que teñan un acceso aos contidos segundo petición.
Programa de Novos Públicos – Rede Museística Provincial de Lugo
8
6. Realización de avaliacións
Este programa non pode ser eficaz se non valora as súas accións
en termos de calidade e alcance dos obxectivos formulados.
a. Establecemento de criterios de avaliación
b. Apreciación de resultados dos plans
c. Corrección das perturbacións
d. Re-deseño das accións
7. Posta en marcha de novo coas debidas correccións.
DURANTE CANTO TEMPO?
Este programa é continuidade do Plan de Novos Públicos que comezou
en xullo de 2016 e que levou consigo un aumento importante das
visitas aos diferentes museos.
Para poder atender a todos os seus obxectivos adecuadamente así
como aos seus ámbitos de actuación, debe continuar en marcha nun
período mínimo de tres anos. A tenor dos seus resultados e súa
metodoloxía é un traballo en proceso, que se avalía de continuo, se
corrixe, evoluciona a prol de acadar os obxectivos.
Programa de Novos Públicos – Rede Museística Provincial de Lugo
9
Programa de
Novos Públicos
Plan para ESCOLARES
Programa de Novos Públicos – Rede Museística Provincial de Lugo
10
Limiar
A aprendizaxe non só se realiza nos
centros educativos, os museos poden
ser outra forma de aprendizaxe, non de
carácter curricular, pero si cun contido
fundamentalmente social e cultural.
Debemos ver os museos como
espazos non só arquitectónicos, ou
como espazos que albergan parte da
nosa memoria histórica, senón que
tamén ofrecen a posibilidade de facer
un estudo da arte a través da literatura.
Ademais permítennos ver as distintas
formas de facer arte, como estas foron
cambiando ao longo dos séculos:
pintura, escultura, gravado e, hoxe en
día, instalacións, performances, cine,
teatro, música...
Ensinar aos pequenos a valorar os
obxectos como pezas da memoria
histórica, e no caso dos artistas
emerxentes a valorar as novas
propostas.
Temos que valorar os museos como a
suma dun todo.
Ensinar a ter unha actitude de respecto
ante a sociedade, ante as obras,
vestixios herdados doutras culturas ou
sociedades, isto é mostrar unha certa
sensibilidade co patrimonio do pasado.
É fundamental traballar para conseguir
unha empatía cos obxectos, obras,
traballos de todas as culturas por igual,
aprender a valorar o patrimonio como
ferramenta de contribución na súa
conservación.
OBXECTIVOS
 Percibir o museo más alá dos catálogos, creando un lugar dinámico e
activo de novas experiencias e emocións.
 Valorar a contribución da sociedade actual tanto nos aspectos
económicos e materiais como nos culturais e políticos.
 Eliminar culturas sexistas mediante a comprensión de que os actuais
roles de xénero non son universais nin tampouco resultado dunha
división do traballo debido a unha maior fortaleza física ou
predisposición natural.
 Promover o espazo museístico como un lugar libre de condutas
discriminatoras e destacar o seu labor como centro de encontro.
 Visualizar o concepto de accesibilidade para todos e todas como un
feito real e alcanzable.
Programa de Novos Públicos – Rede Museística Provincial de Lugo
11
 Relativizar a diversidade funcional eliminando unha interpretación
limitadora ao relacionar traballo con persoas diferentes, contribuíndo
a apreciar o resultado final e o ben común.
 Entender a diversidade de formas humanas que se adaptan ás
distintas modalidades do territorio.
 Apreciar que o arte, a historia e a cultura nace das propias vivencias.
 Recoñecer a arte como vía primixenia de comunicación.
 Promover a imaxe da sociedade como comunidade con lazos
comúns.
 Crear un espazo como punto de encontro entre pasado e presente,
promoción e difusión da cultura.
 Recoñecer o museo como contedor de obxectos e tradición como
forma de vida, como reforzo dunha historia gardada nos mesmos.
 Poñer en valor os bens inmateriais como figuras transcendentais
para xerar historia.
 Comprender o museo como una unidade nun medio natural que
forma parte da vida do mesmo.
Metodoloxía didáctica
Ofrecer unha aprendizaxe funcional, na
que os alumnos poidan ver, sentir, ter
diante e case palpar os obxectos,
comprender de onde proceden, que
cultura os fixo, en que momento
histórico, por que, para que, como
vivían, que clases sociais había, buscar
as diferenzas e similitudes con hoxe en
día, EMPATIZAR, COMPRENDER,
VALORAR E RESPECTAR.
Todo isto mediante un enfoque lúdico,
entretido, xa que o que un entende
mentres se divirte non se esquece, e é
a mellor forma de aprender a amar e
respectar a cultura.
Propoñemos deixar o protagonismo en
mans dos alumnos, que interactúen,
que pregunten, entendan, que
participen e vivan o museo como algo
vivo.
Todo isto require dunha
METODOLOXÍA ACTIVA.
Programa de Novos Públicos – Rede Museística Provincial de Lugo
12
Actividades na aula
Coñecer os museos da Rede, reflexionar sobre o que nos ofertan para
saber cal deles se axusta mellor aos contidos que se van dar en
clase.
Comprobar como os alumnos relacionan os seus coñecementos previos
cos novos contidos aprendidos despois de facer a visita ao museo.
Actividades por parte do museo
Facer chegar aos centros educativos as unidades didácticas elaboradas
por cada un dos museos da Rede.
Nestas unidades didácticas debe darse a coñecer as coleccións,
obxectos, historia, xeografía, obradoiros que se levan a cabo en cada
museo.
Debemos coñecer os contidos e temario que van dar nos centros
educativos e deste xeito facer propostas de visita que se axusten a
algún dos temas que van explicar en clase, deste xeito a visita sería
unha forma práctica de completar a información teórica que cada
profesor imparte na súa clase.
Por exemplo:
MUSEO PROVINCIAL DE LUGO
Poden ver a estrutura dun antigo convento, o de S. Francisco, o seu
Refectorio do s. XVIII con bóveda de canón e púlpito de cantería. A
cociña tamén do s. XVIII cunha lareira, cheminea de cachotería e
distintos utensilios e mobiliario típicos da cociña tradicional galega.
No claustro do s. XV-XVIII declarado BIC no ano 1931 poden ver:
- Colección de reloxos de sol (o máis antigo de 1685)
- Epigrafía romana (aras, placas e miliarios)
- Epigrafía medieval (heráldica, capiteis, sartegos, laudas sepulcrais e
un baldaquino gótico con escenas do Novo Testamento).
- Antiga sala capitular con aras votivas romanas e placas fundacionais
da cidade de Lugo de Paulo Fabio Máximo.
- Vestíbulo con bargueños dos s. XVII-XVIII.
- Mosaicos e diversas mostras da escultura romana dos s. I – IV d.C.
- Sala de Prehistoria e Arqueoloxía.
- Numismática e medallística.
- Acibeches e ourivería popular, os característicos “sapos” dos s. XVIII-
XIX.
- Pintura: Romanticismo e Rexionalismo.
Programa de Novos Públicos – Rede Museística Provincial de Lugo
13
- Vangardas Históricas e Posguerra.
- Figuracións e Abstraccións: Alfonso Abelenda, Felipe Criado,
Sucasas, Blas Lourés, Pacios, López Guntín e Raimundo Patiño.
- Salas de artistas como Xulia Minguillón, Xesús R. Corredoira,
Antonio Fernández.
- Escultura: Francisco Asorey, Puchades, Xosé M.ª Acuña…
- Sargadelos: importante colección da cerámica realizada nas catro
etapas da Real Fábrica de Sargadelos no século XIX.
- Artes decorativas e retratos.
- Arte Moderna e Contemporánea: pintura desde o Barroco ás
vangardas do s. XX, representada por obras de Peter Roos, Carlos
de Haes, Álvarez Dumont, Nicolás Soria entre outros.
- Escultura do s. XX destacando a Piedade de Torre-Isunza.
- Arte Galega: Debuxo e Gravado, Salas monográficas dedicadas a
Castelao, Prieto Nespereira e Castro Gil.
- Lucernas, lámpadas romanas da colección Varela de diferentes
procedencias.
MUSEO FORTALEZA SAN PAIO DE NARLA
- Primitiva Torre de Xiá do s. XIV, aínda que con motivo das Revoltas
Irmandiñas vese moi afectada e no s. XVI ten que ser reconstruída.
- Museo Etnográfico e da Historia.
- Diferentes coleccións relacionadas coa agricultura e cos oficios
tradicionais (cesteiros, zoqueiros…)
- Nas cortes dos cabalos, cadeiras de man e de montar a cabalo.
- Na adega pelellos, prensadores de uvas, medidas de viño…
- Na cociñase encóntranse os tres elementos da construción primitiva:
a lareira, o forno e o servizo hixiénico, ademais do mobiliario típico da
cociña galega, cerámica, ferros de pasar, etc.
- Unha gran ventá con “parladoiros” e unha cheminea renacentista, a
sala do tear e un dormitorio.
- Coleccións de armas brancas e fogo, armaduras, unha de placas de
hasta, outra de guerreiro samurai, dagas, machetes, espadas;
revólveres de percusión, de tambor ou de chispa; fusís, canóns, etc.
- A capela do s. XVIII e un retablo do XIX con imaxes populares.
MUSEO DO MAR
- Dende os seus comezos pretende reflectir a historia e a vida
mariñeira da costa lucense, mostrando a súa riqueza biolóxica e
etnográfica.
- Consta fundamentalmente de catro seccións.
- Na primeira fáiselle unha lembranza e homenaxe á escola, ao uso
que foi concibido o edificio que hoxe contén o museo.
- Recóllense as testemuñas gráficas coas que o visitante pode facer
un percorrido pola memoria histórica a través dunha importante
colección de fotografías achegadas pola veciñanza.
Programa de Novos Públicos – Rede Museística Provincial de Lugo
14
- Tipoloxías construtivas máis comúns que saíron dos seus estaleiros,
exemplarizadas nalgún dos modelos de barcos como foron o Paca
Gómez, o Industrial ou a goleta Sargadelos.
- Conta San Cibrao cunha longa tradición de construtores de barcos s.
XIV. A puxanza definitiva da construción naval da man do nacemento
do complexo industrial de Sargadelos a finais do XVIII.
A raíz do incremento do fluxo comercial, aumentou a demanda de
barcos de cabotaxe para o transporte das materias primas que
demandaba esta fábrica.
- Deste xeito nos estaleiros comezaron a facerse embarcacións a vela
de grande porte para as rutas máis longas, goletas e bergantíns.
- Para a pesca facíanse grandes embarcacións de remo, coma os
traiñóns, usadas para a caza da balea ou a pesca da sardiña.
- A introdución do ferro para a construción de barcos de carga de
maior tonelaxe conduciu ao declive das carpinterías que reduciron a
súa actividade a pequenas embarcacións de pesca ou reparacións.
- Tiveron unha nova época de esplendor na década dos 60 do s. XX.,
coa eclosión da pesca do bonito.
- Unha sala centrada nos oficios do mar (redeiras, pescantinas…) e
nas artes e aparellos de pesca.
- Inclúe tamén colección de malacoloxía, así como tamén esqueletos
totais ou parciais de animais mariños (mandíbulas de quenllas,
espada de peixe espada, esqueletos de golfiños etc.), animais
desecados (tartarugas), corais, fósiles, algas.
- Unha sala adicada á balea: restos óseos, barbas, dentes de
cachalote, aceites, arpóns de caza, maquetas de baleeiras, etc.
MUSEO PAZO DE TOR
As orixes deste pazo están ligadas á liñaxe dos Garza dende os s. XIV,
manténdose en mans dos seus descendentes directos ata a súa
derradeira propietaria, D.ª M.ª Paz Taboada de Andrés, quen en
1998, o doou á Deputación Provincial de Lugo.
- O edificio data fundamentalmente do último terzo do s. XVIII,
contando con algún vestixio da época anterior.
- Arquitectonicamente encádrase dentro do estilo barroco, matizado
por unha estética neoclásica visible na sobriedade, simetría e
emprego das ordes clásicas.
- A visita a este pazo permite ver integramente todas as súas salas e
dependencias, co seu mobiliario orixinal e coas coleccións artísticas
que a familia foi atesourando ao longo dos séculos, o que constitúe
un testemuño privilexiado do modo de vida da nobreza na Galicia da
Idade Moderna e Contemporánea.
- Entre as estancias deste pazo destacan especialmente: Sala de
Armas, Salón do Norte, Despacho, Salón de xogos, Salón do
Mediodía, Dormitorio principal e Comedor principal, cuartos de
invitados (nun deles no que se aloxaba o poeta Uxío Novoneyra) e a
Capela.
Programa de Novos Públicos – Rede Museística Provincial de Lugo
15
- Podemos ver dende armaduras, espadas, armas de fogo, (unha
espingarda), unha liteira para transporte de persoas, retratos
familiares, distintas mostras de artes decorativas (afaias, abanos,
pipas, faldriqueiras, relicarios, etc.), tresillos, sofás, diváns e diversas
mesas de xogo e a mesa de billar, camas tipo góndola, camas con
dosel, unha delas do s. XVI procedente de Nápoles e de estilo
renacemento italiano.
- Nos anexos (construcións readaptadas) podemos ver a fragua,
poleiro, cabalerías (con catro coches de cabalos do s. XIX, así como
diversas cadeiras de montar, e a guarnicionería.
- Interesante é tamén un mapa de Galicia elaborado por Domingo
Fontán.
- Unha importante biblioteca, con libros dos s. XVI-XX e un total de
2948 volumes.
MARUJA MALLO
O Día das Artes Galegas 2017 adicarase á polifacética artista da
Xeración do 27 Maruja Mallo (Viveiro, Lugo, 1902-Madrid, 1995), pola
súa defensa dos dereitos da muller e a importancia da su obra de
índole surrealista.
Con motivo desta conmemoración, propoñemos un proxecto que
permita establecer unha rede creativa entre os centros escolares e a
comunidade artística da provincia, partindo da pintura de Maruja
Mallo, “Guía postal de Lugo”, que forma parte da colección do Museo
Provincial. Con esta idea pretendemos crear unha nova guía postal,
na que cada centro enviará unha obra elaborada por toda a
comunidade escolar que represente os factores identitarios da súa
zona (historia, patrimonio, natureza, tradicións, etc.). O proxecto
estará coordinado por unha artista, que será a responsable de
integralos nunha peza colectiva que represente a totalidade das
comarcas da provincia, desde a costa ó interior. A obra resultante
deste proxecto, xunto coas obras individuais recibidas de cada un
dos centros participantes, formarán parte dunha exposición itinerante
que percorrerá os catro museos da rede.
Programa de Novos Públicos – Rede Museística Provincial de Lugo
16
PROCEDEMENTO
Unidades didácticas
Presentar unidades didácticas e obradoiros que podan ser de interese
tanto para alumnos como para profesores, que axuden a
complementar os contidos teóricos tratados en clase.
Listado de centros
Elaborar un listado dos centros educativos, datos de contacto, dirección,
teléfono, email.
Entrevistas persoais
Realizar visitas en persoa aos diferentes centros para presentar as
nosas propostas.
Envío de correos electrónicos
Enviar email aos centros educativos con toda a información dos
contidos, coleccións, períodos históricos que abarca cada museo e
as unidades didácticas, así como os obradoiros programados.
 Estes correos deberanse enviar á atención. do responsable de
actividades extraescolares, Att. Do Departamento de Sociais, de
Arte, de Lingua, etc., dependendo do que esteamos ofrecendo
deberá enviarse ao Departamento que máis se axuste aos
contidos.
Asociación Galega de Editores
Outra proposta que podería resultar interesante é enviar esta
información a Asociación Galega de Editores para que inclúan a
visita a algún dos nosos museos dentro das actividades suxeridas no
libro de texto. (Editoriais como Santillana-Obradoiro, SM Xerme.,
Tamén con fotos que sirvan de ilustración de exemplo.
Formulario de envío
Cando se envíen as unidades didácticas sería bo acompañalas dun
formulario de proposta, reserva e confirmación de visita. Por
exemplo:
A/A. De: __________
Centro: ___________
Dirección:_________
Tfno.:______________
Email:____________
Quedan convidados tanto a visitar o noso museo como a participar no seguinte obradoiro:
Tema: _____________________________
Data:___________________
Hora:___________________
Rogamos confirmen número de asistentes e realicen a reserva correspondente.
Tfno de contacto:
Email:
Programa de Novos Públicos – Rede Museística Provincial de Lugo
17
Programa de
Novos Públicos
Plan para a MOCIDADE
Programa de Novos Públicos – Rede Museística Provincial de Lugo
18
Limiar
Dirixido a mozos e mozas entre os 11 e
os 25, atendendo aos seguintes tramos
de idade: 11-14,15-18,19-25.
Pola realización das estatísticas que fai
a Rede Museística Provincial de Lugo,
pode verse claramente que dentro do
publico xeral, o que menos afluencia e
uso fai do propio museo é a mocidade,
facendo fincapé nas diferentes franxas
de idades, que van dende os 11 anos
ata os 25.
Xeralmente, o concepto que ten a
mocidade respecto dos museos é que
se trata de algo aburrido, que non vai
con eles, vello. Parécelles unha perdida
total de tempo, como dirían eles “que
non mola”. Todos eses prexuízos, son
os que temos que superar polo
conxunto do equipo que conforma a
Rede Museística.
Unha boa formula é a seguinte: “Como
o mundo do museo élles alleo, é o
museo o que ten que introducirse no
seu mundo”. Esencialmente, temos que
seducilos co que lles interesa, utilizar
ese interese como ferramenta para
achegalos ás artes e por conseguinte o
mundo interior do museo.
Deste xeito, queremos propoñer as
seguintes experiencias e accións: O
novo grazas ao vello, As relacións das
artes, Tecnoloxía e arte, Ponte na miña
pel, Muller e o home na arte, O arte no
videoxogo, Foto-Cadro e Ana María
Gómez González = Maruja Mallo.
Obxectivos
 Romper os prexuízos que a mocidade ten respecto dos museos.
 Facerlles participes da vida cotiá do museo.
 Fomentar o acercamento a toda as artes en xeral. Que vexan as
influenzas entre elas, así como, por en valor da arte na sociedade.
 Espertar e desenrolar as súas inquietudes e aptitudes artísticas. Ter
claro, que eles son o futuro e polo tanto os artistas q están por vir.
 Inculcar a sensibilización a prol dos colectivos que teñen unha menor
voz na sociedade, como as minorías, persoas con dicapacidde,
maiores, estranxeiros, etc.
 Concienciar e profundar en temas de actualidade como a igualdade e
a violencia de xénero.
Programa de Novos Públicos – Rede Museística Provincial de Lugo
19
Experiencias e accións
O novo grazas ao vello
Pretende ensinar o proceso creativo e artístico aos rapaces. A intención,
xa que están acostumados a ver só o resultado final, é que valoren
todo ese traballo que hai detrás dese proceso. Que se dean conta,
que ese proceso non sempre e doado ou sinxelo, que non é so unha
inspiración casual. Hai un estudo detrás, moito ensaio e error e o
emprego de diferentes técnicas. Basicamente, que sintan empatía co
proceso para valorar correctamente o resultado final.
Fundamentalmente, un/a artista mozo/a, non máis de 35 anos, para que
exista unha identificación xeracional por parte dos/as participantes. E
que estea enmarcado no campo da innovación, experimentación e
técnicas novidosas, que sexan atractivas e de interese para este
público. Esta acción comezaría ca/o artista explicando o seu
concepto da arte, a súa obra ata o momento. Para acto seguido,
decidir e facer tamén participes aos/ás rapaces/zas na elección da
nova obra a realizar, inspirada nunha obra xa existente do propio
museo.
Porén este proceso pretende darlle unha volta ao normal, que sería
facer unha obra para que rematase no museo. Neste caso,
concíbese dentro para saír e ser un activo, como obra do museo fóra
del. Sendo tamén un reclamo no exterior para o propio museo,
“publicidade indirecta” para toda a cidadanía. Polo tanto, a obra a
realizar, sería unha re-invención dunha obra ou varias obras, xa
existentes dentro das coleccións dos catro museos da Rede, de aí o
novo grazas o vello, e así, outra forma de revalorizar e achegar a
colección que ten o museo.
A relación das artes
Esta experiencia ten o fin de que os/as rapaces/za vexan que todas as
artes están directa ou indirectamente vencelladas entre si (pintura,
música, escultura, literatura, teatro, gravado, fotografía, cociña, etc).
Será tanto teórica como práctica, cun/ha experto/a en cada unha das
disciplinas, explicaralles o que fai, e como o fai, e as influencias
doutras artes no seu propio traballo. Para pasar a poñelo en práctica,
cada un dos/as rapaces/zas escollerá unha arte, unha técnica, todo
isto influenciado e baseado por outra arte inspiradora para este
proceso artístico.
Programa de Novos Públicos – Rede Museística Provincial de Lugo
20
Tecnoloxía e arte.
Esta acción ten o fin de explicar e tamén de poñer en práctica como a
tecnoloxía (tanto aparatos, como artiluxios, etc) fixo cambiar e
innovar no mundo da arte, como así mesmo, isto influíu na
sociedade. Facendo un percorrido pola historia, vendo as evolucións
técnicas e como estas axudaron a transformar os conceptos e
experimentar ata a actualidade. Chegado este punto, teremos que
explicar as novas ferramentas, e como estas pódense aplicar a un
resultado práctico final, una vez escollida esa ferramenta actual, eles
terán que desenvolver un proceso artístico innovador.
Ponte na miña pel
É unha acción de sensibilización a prol das discapacidades. A arte,
dende xa fai tempo e grazas a artistas comprometidos coa
sociedade, vén tendo un carácter de denuncia, transformación, a par
que educativo, en contra das inxustizas e a favor das minorías e
como non, tamén coas discapacidades. Por iso, preténdese que os
mozos sintan empatía coas persoas con discapacidade, que fagan
un percorrido polo museo tanto a cegas como en cadeiras de rodas,
e así, ver a arte dende esa perspectiva. Para comezar ese proceso
de sensibilización real. A parte de isto, poderíase facer unha práctica
do exitoso e innovador proxecto Fotografía a CEGAS, para que
entendan o proceso de como un cego pode sacar fotos.
Muller e o home na arte
Esta é unha acción que pretende mostrar como foi tanto o papel da
muller como do home no mundo da arte, e como na arte, o que
importa é a obra e resultado final e da igual o xenero de quen a faga.
E de como ese exemplo ten que servir para a sociedade. Tamén,
acentuar nunha retrospectiva, das inmensas dificultades que tivo a
muller para poder facer arte e ser recoñecida, a diferenza do home.
Neste caso, tamén podería ser chamado: o machismo na arte. Así
mesmo, poderíase facer, una pequena peza teatral onde os
participantes inverterían o xénero na hora de actuar, os homes
pasarían a ser as mulleres e viceversa, a obra ten que expoñer un
claro exemplo machista, para así que os mozos se poñan na pel das
mulleres e comecen a sensibilizarse e a repudiar eses tipos de actos
e comportamentos.
Arte no videoxogo
Este tipo de experiencia pretende subliñar a importancia da arte, así
como o do director artístico nun videoxogo, o gran traballo que hai
detrás, o éxito ou fracaso dun xogo onde o traballo artístico pode ser
determinante, o cal pode darlle veracidade ou desacredítalo
totalmente, as necesidades artísticas que teñen cada tipo de xogo e
Programa de Novos Públicos – Rede Museística Provincial de Lugo
21
tamén dependendo do público o que vaia dirixido. Que tipo de
programas se utilizan e explicar o proceso.
Foto-Cadro
Esta acción pretende amosar a relación entre a pintura e a fotografía.
Como era o mundo antes da chegada da fotografía, como foi cando
chegou e como foron convivindo ámbalas dúas artes. Como lle
afectou isto a pintura. Explicar tamén, como a pintura utilizou como
ferramenta as cámaras escuras, o antepasado directo da fotografía,
e facer un exercicio práctico cunha caixa de cartón ou facer unha
cámara estenopeica. Practicar tirando fotos con elas e experimentar
con ese tipo de cámara dentro dos museos da rede.
Ana María Gómez González = Maruja Mallo
No ano 2017 é o ano Maruja Mallo na Rede Museística, aproveitando
esta circunstancia, suxerimos a seguinte acción para achegar á
mocidade a vida e obra da artista lucense internacionalmente
recoñecida, pertencente a xeración do 27, participe das vangardas e
estandarte do surrealismo.
Por como entendía a vida e a arte Maruja, pódese relacionar esta
actividade ca anteriormente explicada “A relación das artes”, xa que
ela mesma, é un claro exemplo de como beben unhas artes das
outras. Por conseguinte, constaría dunha parte teórica, na cal faríase
una retrospectiva da súa vida e obra. Nesta parte teórica, sería
axeitado expoñer fragmentos das entrevistas que lle realizaron en
vida (En La2), da súa propia voz veremos todo o anteriormente dito,
e o mesmo tempo serviría como ferramenta de empatía cara aos/ás
rapaces/zas.
A parte práctica, tamén estaría relacionada coa actividade “O novo
grazas o vello”, pero neste caso, sen tanta pretensión de cara a fóra,
e facendo máis fincapé no proceso artístico persoal das/os
cativas/os. Inspirándose na obra dela, as/os rapazas/ces terán total
liberdade para elaborar una obra artística, para así entender mellor o
universo de Maruja Mallo.
Programa de Novos Públicos – Rede Museística Provincial de Lugo
22
Programa de
Novos Públicos
Plan para MAIORES
Programa de Novos Públicos – Rede Museística Provincial de Lugo
23
Limiar
Un dos fenómenos demográficos
característicos da nosa sociedade é o
progresivo envellecemento da
poboación e o aumento da esperanza e
calidade de vida. O grupo de «persoas
adultas» ou «persoas maiores», asume
uns roles e experimenta unhas
esixencias e necesidades diferentes e
específicas.
A Rede Museística Provincial como
institución ao servizo da comunidade e
do seu desenvolvemento, aberta a
todos os grupos sociais sen distinción
de ningún tipo, non pode nin se debe
esquecer da atención a este tipo de
público.
Este traballo queremos continuar
facéndoo desde a vocación de museos
como contexto e instrumento para a
cultura, a educación e o lecer,
transcendendo os límites dun
determinado grupo sociocultural (os
maiores neste caso), para incidir en
toda a estrutura social e cultural que
constitúe a comunidade no seu
conxunto.
Obxectivos
 Impulsar accións que desde a arte e o coñecemento estimulen as
potencialidades dos/as maiores, melloren a súa calidade de vida e
aumenten os seus niveis de autoestima.
 Promover a integración e participación dos/as maiores na sociedade
asumindo novos roles.
 Motivar as capacidades contemplativas, reflexivas, narrativas e de
expresión a través da cultura e da arte.
 Derrubar estereotipos negativos aínda ligados á vellez.
Programa de Novos Públicos – Rede Museística Provincial de Lugo
24
Accións
Investigación
Estudos e avaliacións periódicas para a detección das barreiras ou
impedimentos que condicionan a participación dos/as maiores nas
actividades de ocio, artísticas ou creativas dos maiores, coa
finalidade de comprender o comportamento deste sector pouco
homoxéneo da poboación.
Sistematización da información
Creación dunha base de datos seguida dun traballo intenso e
sistemático con asociacións culturais, concellos, universidades de
maiores, centros de día, residencias, axencias, etc., para dar a
coñecer os museos da Rede Museística Provincial. Ademais,
procurarase que os/as axentes contactados/as cheguen a incluír os
museos da Rede nas súas programacións culturais, educativas e de
lecer. Especial atención á captación de público no ámbito rural.
Potenciar o Club Senior
Potenciar e ampliar as actividades dos Club Sénior dos catro museos da
Rede participando, compartindo e ensinando.
a. Impulsar os Club Sénior dos museos con actividades
ligadas ao Álbum da memoria compartida: xornadas
mensuais nos catro museos arredor dun tema a tratar
(oficios, romarías e festas, variantes dialectais, etc.).
Gravación e recollida de todo o material nunha base de
datos e web estruturada e accesible que serviría como
«voz do tempo» do patrimonio inmaterial da provincia de
Lugo.
b. Actividades interxeracionais como, por exemplo,
encontros entre nenos/as e adolescentes con maiores
para que estes/as lles conten como vivían á súa mesma
idade ou como era antes a profesión que a eles lles
gustaría desenvolver.
c. Propiciar que as persoas dos Club Sénior colaboren en
exposicións (documentación, visitas guiadas «á carta»
realizadas por maiores).
d. Actividades artísticas sinxelas arredor dun chocolate ou
café que favorezan a relación con outras persoas e sirvan
para ir derrubando barreiras psicolóxicas respecto ás
súas autolimitacións e aos museos.
Programa de Novos Públicos – Rede Museística Provincial de Lugo
25
e. Actividades que fomenten a axilidade mental e porén
física: estimulación cognitiva, superación de perdas a
través da arte, etc.
1 de outubro Día Internacional de Persoas de Idade
Marcar o mes de outubro como adicado ás persoas maiores con
actividades específicas e diversas ao longo do mes na Rede
Museística Provincial.
Maruja Mallo
Para sumarnos ao Día das Artes Galegas 2017, adicado a Maruja Mallo,
levaranse a cabo obradoiros sobre a artista con persoas maiores en
todos os museos da Rede Museística.
Falarase sobre a súa figura e sobre a Xeración do 27, con especial
atención ás mulleres integrantes, aproveitando algunha das
gravacións da artista, fragmentos de documentais que se teñen
realizado sobre ela e as súas propias obras, especialmente aquelas
que temos na Rede Museística Provincial.
Fomentarase o intercambio das emocións que lles producen aos
participantes as creacións da viveirense e propiciarase a
reinterpretación dalgunha delas.
Programación periódica e estable
Traballar nunha programación periódica e estable para os Cafés
filosóficos para traballo entre especialistas de campos
interrelacionados.
En 2017, Café filosófico centrado na figura de Maruja Mallo con
historiadoras, críticas de arte, galeristas e escritoras especialistas na
súa obra, artistas que a coñeceron e artistas influídas pola súa obra.
Programa de Novos Públicos – Rede Museística Provincial de Lugo
26
Programa de
Novos Públicos
Plan para COLECTIVOS
Programa de Novos Públicos – Rede Museística Provincial de Lugo
27
Limiar
As asociacións, os/as axentes sociais,
a comunidade artística son os/as
auténticos/as representantes da
variedade cultural, relixiosa, social da
nosa sociedade.
De ningunha forma podemos pensar
nun museo adaptado ás necesidades e
gustos dos/as usuarios/as sen contar
co traballo feito xa de longo por estes
colectivos. Ser un museo para todos e
todas implica escoitar, dialogar e facer
coas persoas implicadas, é desta
maneira, nun labor de abaixo cara
arriba, o museo identifícase coa súa
comunidade.
Por iso, este programa formula un
apartado especial que ten como
obxectivo achegar a institución,
mellorar o seu acceso xa non só para
ofrecer os seus contidos, se non tamén
para desinstitucionalizala e pasar a ser
unha plataforma de visibilidade e
diálogo e entre os colectivos e a
sociedade.
OBXECTIVOS
 Implicar as asociacións e colectivos na actividade do museo.
 Identificar a Rede como unha plataforma de diálogo na que
converxen todas/os as/os activismos da comunidade.
 Traballar porque toda a comunidade se vexa representada cos
contidos do museo ou sexa quen de crear outros que así o cumpran.
 Transmitir o principio da Rede Museística de ser museos abertos, ao
servizo da sociedade, accesibles, respectuosos e sensibles á
diversidade.
 Desinstitucionalizar os museos.
 Establecer un diálogo continuo co terceiro sector da nosa
comunidade.
Programa de Novos Públicos – Rede Museística Provincial de Lugo
28
ACCIÓNS
Quen son?
Realización dunha base de datos activa dos/as axentes e colectivos
operantes na nosa comunidade.
Imos coñecernos
Realización de entrevistas tanto no museo como nas sedes das
asociacións e cos/as axentes, para establecer estratexias de
colaboración e participación entre ambos.
A Rede activista
Abrir o museo un día cada tres meses á cada comunidade: colectivos
de migrantes. comunidades relixiosas, colectivos sociais, artísticos,
que busquen un espazo de visibilización.
No xardín do museo con bo tempo, ou no refectorio se é adverso, crear
feiras de activismo para que os grupos e persoas poidan darse a
coñecer e repartir información.
A Arte e o Patrimonio propio e común será o eixo xeral de cada unha
destes encontros.
A Rede preto de ti
Fortalecemento da presenza e representación da Rede en eventos e
feiras en Galicia como Culturgal, e noutras de pequeno formato na
propia comunidade de cada un dos museos (Monforte, San Cibrao,
Friol e Lugo) xunto a outros colectivos sociais e culturais que
compartan os mesmos intereses ca institución.
Nestas ocasións, ofrecerase información das actividades e contidos ao
tempo que se dialoga co público e colectivos asistentes.
Recolleremos as súas posturas fronte aos nosos museos.
Un patrimonio entre todos/as
O discurso tradicional dos museos respondía á forma de contar do
poder hexemónico, singular e intolerante.
A Rede rompe este esquema ofrecendo itinerarios en debate coa
diversidade para sinalar que contidos conectan e que contidos non
están. Ofrecemos a posibilidade de engadir o que falta para construír
un patrimonio realmente de todos/as.
Programa de Novos Públicos – Rede Museística Provincial de Lugo
29
Esta acción se desenvolve a través de:
a. Itinerarios realizados polos propios colectivos
b. Programación dirixida polos/as axentes sociais cara á
comunidade: charlas, actividades educativas, exposicións, etc.
c. Creacións artísticas que ten a súa orixe na diversidade social
d. Rexistro de cada unha das accións para que pasen a formar
parte do Patrimonio da Rede.
Guía postal do activismo
Maruja Mallo realizou para a Deputación de Lugo Guía postal de Lugo.
Con este tema como eixo, pediremos a todos os colectivos que
realicen a súa propia postal do seu colectivo. Una forma vusal de
amosar os seus intereses e cultura.
Maruja Mallo en Misión Pedagóxica lucense
A artista participou das Misións Pedagóxicas da República: Este
programa tiña como obxectivo amosar na periferia o patrimonio
artístico que se gardaba no Museo do Prado.
A nosa acción está relacionada coas misións, no canto quere sacar ao
museo fóra do museo. Levaremos a reprodución da obra da creadora
que garda o Museo Provincial de Lugo, ás sedes de colectivos,
asociacións e centros culturais, xunto con fotografías e material da
época para darlle contexto. Ofreceremos pequenas charlas e
explicacións a fin de dar a coñecer mellor a súa figura e importancia.
Programa de Novos Públicos – Rede Museística Provincial de Lugo
30
Programa de
Novos Públicos
Plan para COMUNIDADE
CREATIVA
Programa de Novos Públicos – Rede Museística Provincial de Lugo
31
Limar
A Rede Museística leva realizados
centos de proxectos artísticos co
obxectivo de, por un lado, dar
visibilidade a súa comunidade artística
e por outro facer partícipes á poboación
das novas experiencias que se están a
dar na arte contemporánea.
Con este programa queremos afianzar
o camiño xa desenvolto pola institución
co fin de facer chegar a súa mensaxe
de espazos con accesibilidade,
igualdade e creatividade a un colectivo
artístico que precisa de lugares de
traballo e inspiración, e sobre todo de
plataformas de exposición, en encontro
e diálogo co público.
Por outra banda, o afastamento do
público xeral das correntes de arte
contemporánea e por tanto dos
museos, obríganos a abrir un plan para
tratar este tema dun xeito especial.
Neste apartado tamén conflúe o ano
que dedicamos a Maruja Mallo, artista
revolucionara e sempre en fase de
investigación, onde podemos afondar e
expandir aínda máis a súa figura.
Lembramos a experiencia que en 2014
se realizou sobre o cadro “Olladas de
muller sobre Guía postal de Lugo de
Maruja Mallo” incluída en el Festival
Miradas de Mujeres ou as diferentes
edicións de “A Arte de ser muller nun
mundo por compartir”.
Obxectivos
 Ampliar a comunidade artística en torno á Rede Museística de Lugo
para que participen como activo na súa programación cultural.
 Fomentar os museos da Rede como espazos de creatividade e
visibilidade artística.
 Crear unha corrente de diálogo entre público e artistas para un
desenvolvemento común.
 Identificar á Rede como lugar propicio para os novos valores na
creación.
 Fomentar o desenvolvemento profesional dos/as artistas en pro do
crecemento cultural da nosa sociedade
 Provocar a transformacións social a través da Arte como ferramenta
de igualdade ante as inxustizas de xénero.
Programa de Novos Públicos – Rede Museística Provincial de Lugo
32
ACCIÓNS
Arte e xénero
O museo son medios de comunicación con credibilidade. A mensaxe,
que recibe o público, debe estar acorde cos conceptos de
accesibilidade, igualdade e respecto.
Por isto realizaranse percorridos baixo o criterio de xénero polo museo
para destacar o traballo das mulleres artistas creadoras no museo.
REDsidencia
Convocatoria de residencias de creadoras para que baseados no
patrimonio social e cultural dos nosos museos, creen nun ambiente
propicio como son os museos da Rede. Desta maneira, actuarán
como altofalante tamén dos nosos contidos.
Esta convocatoria estará dirixida a escritoras, xestoras, comunicadoras
culturais, fotógrafas, comisarias, e artistas plásticas. É dicir,
queremos reunir a todo un universo artístico que se retroalimente
para tecer un panorama plural do patrimonio museístico da Rede.
Por outra banda, estas residencias serán unha ventá aberta á
cidadanía. Contribuiremos a que os e as creativas e o público se
relacionen dun modo próximo e cordial, que anime a perder o medo
ás novas linguaxes contemporáneas.
Bienal de Mulleres
Afondando máis na relación da Arte e do Xénero, e co fin de dar maior
visibilidadde ao traballo das mulleres artistas convocaremos unha
bienal para que artistas consagradas ou non, poidan exhibir nos
espazos da Rede.
Artistas lucenses século XX- XXI
O crecemento cultural dunha sociedade está en relación no crecemento
da súa comunidade creativa.
A Rede xerará oportunidades de desenvolvemento a través dunha
convocatoria para artistas da provincia de Lugo. Será unha forma de
recoñecer todo o traballo artístico das/os nosas/os creadoras/es, que
en moitas ocasións deben deixar a provincia en busca de saídas
para a súas producións.
Recollemos así o legado de proxectos como Ars Moenia que tanta
difusión tivo no exterior e que impulsaron a algúns e algunhas
participantes na súa traxectoria profesional.
Programa de Novos Públicos – Rede Museística Provincial de Lugo
33
Feira de Artes no Museo
Na mañá do último sábado de cada mes, instalaremos unha Feira das
Artes en cada un dos museos (no xardín cara á Rúa Nova de Lugo,
no Patio de Honra do Pazo ou na carballeira de San Paio, ou na
traseira do Provincial do Mar) como un punto de conexión entre o
traballo dos e das artistas e o público.
Dun xeito festivo á par que cultural, poderemos expoñer as últimas
producións creativas pero tamén artesanais, xa que gardaremos un
espazo para as/os artesás/áns da nosa comunidade.

Mais conteúdo relacionado

Semelhante a Novospublicos 2017 NA REDEMUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO

Diptico lugo arxentina
Diptico lugo arxentinaDiptico lugo arxentina
Diptico lugo arxentinaEncarna Lago
 
Programa Día Internacional dos museos 2015
Programa Día Internacional dos museos 2015Programa Día Internacional dos museos 2015
Programa Día Internacional dos museos 2015rmplugo
 
Programación da Rede Museística Provincial de Lugo
Programación da Rede Museística Provincial de LugoProgramación da Rede Museística Provincial de Lugo
Programación da Rede Museística Provincial de LugoEncarna Lago
 
Convite OLLADAS A MIÑA FAMILIA
Convite OLLADAS A MIÑA FAMILIAConvite OLLADAS A MIÑA FAMILIA
Convite OLLADAS A MIÑA FAMILIAEncarna Lago
 
Presentación rede museisitica Lugo museos sociais educación (1)
Presentación rede museisitica Lugo museos sociais educación (1)Presentación rede museisitica Lugo museos sociais educación (1)
Presentación rede museisitica Lugo museos sociais educación (1)Encarna Lago
 
Programación actividades extraescolares da Rede Museística Provincial de Lugo
Programación actividades extraescolares da Rede Museística Provincial de LugoProgramación actividades extraescolares da Rede Museística Provincial de Lugo
Programación actividades extraescolares da Rede Museística Provincial de LugoEncarna Lago
 
Boletinxuventude 06 01_14
Boletinxuventude 06 01_14Boletinxuventude 06 01_14
Boletinxuventude 06 01_14Charo García
 
Proxecto intercultural 2013
Proxecto intercultural 2013Proxecto intercultural 2013
Proxecto intercultural 2013Iolidesarandon
 
Folleto bloque ii xornadas 26,27 Agosto
Folleto bloque ii xornadas 26,27 AgostoFolleto bloque ii xornadas 26,27 Agosto
Folleto bloque ii xornadas 26,27 AgostoAna Ferro Fernández
 
Conclusions II CONGRESO XENERO MUSEOS ARTE E MIGRACIÓN LUGO
Conclusions II CONGRESO XENERO MUSEOS ARTE E MIGRACIÓN LUGOConclusions II CONGRESO XENERO MUSEOS ARTE E MIGRACIÓN LUGO
Conclusions II CONGRESO XENERO MUSEOS ARTE E MIGRACIÓN LUGOEncarna Lago
 
mptor_memoria_2019 definitiva
mptor_memoria_2019 definitivamptor_memoria_2019 definitiva
mptor_memoria_2019 definitivarmplugo
 
Experiencias proxectos mulleres do rural (3).pdf
Experiencias proxectos mulleres do rural (3).pdfExperiencias proxectos mulleres do rural (3).pdf
Experiencias proxectos mulleres do rural (3).pdfEncarna Lago
 
Memoria prácticas Máster Servizos Culturais
Memoria prácticas Máster Servizos CulturaisMemoria prácticas Máster Servizos Culturais
Memoria prácticas Máster Servizos CulturaisEncarna Lago
 
IAF134 nº3dixital
IAF134 nº3dixitalIAF134 nº3dixital
IAF134 nº3dixitalIGADI
 
Crea o teu museo/REDEMUSEÍSTICA DE LUGO
Crea o teu museo/REDEMUSEÍSTICA DE LUGOCrea o teu museo/REDEMUSEÍSTICA DE LUGO
Crea o teu museo/REDEMUSEÍSTICA DE LUGOEncarna Lago
 
Artilleria Naval La Carrraca
Artilleria Naval La CarrracaArtilleria Naval La Carrraca
Artilleria Naval La CarrracaEncarna Lago
 
Boletinxuventude 24 11-2014-1
Boletinxuventude 24 11-2014-1Boletinxuventude 24 11-2014-1
Boletinxuventude 24 11-2014-1odesvanmarita
 
Un museo para todos entre todos
Un museo para todos entre todosUn museo para todos entre todos
Un museo para todos entre todosrmplugo
 

Semelhante a Novospublicos 2017 NA REDEMUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO (20)

Diptico lugo arxentina
Diptico lugo arxentinaDiptico lugo arxentina
Diptico lugo arxentina
 
Programa Día Internacional dos museos 2015
Programa Día Internacional dos museos 2015Programa Día Internacional dos museos 2015
Programa Día Internacional dos museos 2015
 
Programación da Rede Museística Provincial de Lugo
Programación da Rede Museística Provincial de LugoProgramación da Rede Museística Provincial de Lugo
Programación da Rede Museística Provincial de Lugo
 
Convite OLLADAS A MIÑA FAMILIA
Convite OLLADAS A MIÑA FAMILIAConvite OLLADAS A MIÑA FAMILIA
Convite OLLADAS A MIÑA FAMILIA
 
Presentación rede museisitica Lugo museos sociais educación (1)
Presentación rede museisitica Lugo museos sociais educación (1)Presentación rede museisitica Lugo museos sociais educación (1)
Presentación rede museisitica Lugo museos sociais educación (1)
 
Programación actividades extraescolares da Rede Museística Provincial de Lugo
Programación actividades extraescolares da Rede Museística Provincial de LugoProgramación actividades extraescolares da Rede Museística Provincial de Lugo
Programación actividades extraescolares da Rede Museística Provincial de Lugo
 
Boletinxuventude 06 01_14
Boletinxuventude 06 01_14Boletinxuventude 06 01_14
Boletinxuventude 06 01_14
 
Proxecto intercultural 2013
Proxecto intercultural 2013Proxecto intercultural 2013
Proxecto intercultural 2013
 
Folleto bloque ii xornadas 26,27 Agosto
Folleto bloque ii xornadas 26,27 AgostoFolleto bloque ii xornadas 26,27 Agosto
Folleto bloque ii xornadas 26,27 Agosto
 
Conclusions II CONGRESO XENERO MUSEOS ARTE E MIGRACIÓN LUGO
Conclusions II CONGRESO XENERO MUSEOS ARTE E MIGRACIÓN LUGOConclusions II CONGRESO XENERO MUSEOS ARTE E MIGRACIÓN LUGO
Conclusions II CONGRESO XENERO MUSEOS ARTE E MIGRACIÓN LUGO
 
mptor_memoria_2019 definitiva
mptor_memoria_2019 definitivamptor_memoria_2019 definitiva
mptor_memoria_2019 definitiva
 
Experiencias proxectos mulleres do rural (3).pdf
Experiencias proxectos mulleres do rural (3).pdfExperiencias proxectos mulleres do rural (3).pdf
Experiencias proxectos mulleres do rural (3).pdf
 
Memoria prácticas Máster Servizos Culturais
Memoria prácticas Máster Servizos CulturaisMemoria prácticas Máster Servizos Culturais
Memoria prácticas Máster Servizos Culturais
 
IAF134 nº3dixital
IAF134 nº3dixitalIAF134 nº3dixital
IAF134 nº3dixital
 
Crea o teu museo
Crea o teu museoCrea o teu museo
Crea o teu museo
 
Crea o teu museo/REDEMUSEÍSTICA DE LUGO
Crea o teu museo/REDEMUSEÍSTICA DE LUGOCrea o teu museo/REDEMUSEÍSTICA DE LUGO
Crea o teu museo/REDEMUSEÍSTICA DE LUGO
 
Artilleria Naval La Carrraca
Artilleria Naval La CarrracaArtilleria Naval La Carrraca
Artilleria Naval La Carrraca
 
Hojas para a3 (1)
Hojas para a3 (1)Hojas para a3 (1)
Hojas para a3 (1)
 
Boletinxuventude 24 11-2014-1
Boletinxuventude 24 11-2014-1Boletinxuventude 24 11-2014-1
Boletinxuventude 24 11-2014-1
 
Un museo para todos entre todos
Un museo para todos entre todosUn museo para todos entre todos
Un museo para todos entre todos
 

Mais de Encarna Lago

V4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdf
V4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdfV4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdf
V4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdfEncarna Lago
 
taller Apropa Menorca.pdf
taller Apropa Menorca.pdftaller Apropa Menorca.pdf
taller Apropa Menorca.pdfEncarna Lago
 
Encontro Médio Tejo VF2.pdf
Encontro Médio Tejo VF2.pdfEncontro Médio Tejo VF2.pdf
Encontro Médio Tejo VF2.pdfEncarna Lago
 
PROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdf
PROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdfPROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdf
PROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdfEncarna Lago
 
XII Festival Artes pola integración
XII Festival Artes pola integraciónXII Festival Artes pola integración
XII Festival Artes pola integraciónEncarna Lago
 
20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdf
20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdf20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdf
20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdfEncarna Lago
 
VIII Congreso de Educación, Museos y Patrimonio: Compartir, incluir e integr...
VIII Congreso de Educación, Museos y  Patrimonio: Compartir, incluir e integr...VIII Congreso de Educación, Museos y  Patrimonio: Compartir, incluir e integr...
VIII Congreso de Educación, Museos y Patrimonio: Compartir, incluir e integr...Encarna Lago
 
Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores
Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores
Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores Encarna Lago
 
Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022
Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022
Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022Encarna Lago
 
Traballos de conservacion 2022 Pazo de Tor
Traballos de conservacion 2022 Pazo de TorTraballos de conservacion 2022 Pazo de Tor
Traballos de conservacion 2022 Pazo de TorEncarna Lago
 
ESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
ESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGOESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
ESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGOEncarna Lago
 
ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...
ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA  INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA  INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...
ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...Encarna Lago
 
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdf
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdfPROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdf
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdfEncarna Lago
 
77 Muller e cultura.pdf
77 Muller e cultura.pdf77 Muller e cultura.pdf
77 Muller e cultura.pdfEncarna Lago
 
20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdf
20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdf20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdf
20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdfEncarna Lago
 
3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdf
3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdf3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdf
3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdfEncarna Lago
 
3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdf
3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdf3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdf
3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdfEncarna Lago
 
Dorsales para traballar os ODS con obras da RMPL
Dorsales para traballar os ODS con obras da RMPLDorsales para traballar os ODS con obras da RMPL
Dorsales para traballar os ODS con obras da RMPLEncarna Lago
 
Xornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arte
Xornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arteXornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arte
Xornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arteEncarna Lago
 
xenero_eso_7abr.pdf
xenero_eso_7abr.pdfxenero_eso_7abr.pdf
xenero_eso_7abr.pdfEncarna Lago
 

Mais de Encarna Lago (20)

V4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdf
V4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdfV4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdf
V4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdf
 
taller Apropa Menorca.pdf
taller Apropa Menorca.pdftaller Apropa Menorca.pdf
taller Apropa Menorca.pdf
 
Encontro Médio Tejo VF2.pdf
Encontro Médio Tejo VF2.pdfEncontro Médio Tejo VF2.pdf
Encontro Médio Tejo VF2.pdf
 
PROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdf
PROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdfPROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdf
PROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdf
 
XII Festival Artes pola integración
XII Festival Artes pola integraciónXII Festival Artes pola integración
XII Festival Artes pola integración
 
20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdf
20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdf20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdf
20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdf
 
VIII Congreso de Educación, Museos y Patrimonio: Compartir, incluir e integr...
VIII Congreso de Educación, Museos y  Patrimonio: Compartir, incluir e integr...VIII Congreso de Educación, Museos y  Patrimonio: Compartir, incluir e integr...
VIII Congreso de Educación, Museos y Patrimonio: Compartir, incluir e integr...
 
Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores
Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores
Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores
 
Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022
Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022
Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022
 
Traballos de conservacion 2022 Pazo de Tor
Traballos de conservacion 2022 Pazo de TorTraballos de conservacion 2022 Pazo de Tor
Traballos de conservacion 2022 Pazo de Tor
 
ESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
ESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGOESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
ESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
 
ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...
ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA  INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA  INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...
ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...
 
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdf
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdfPROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdf
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdf
 
77 Muller e cultura.pdf
77 Muller e cultura.pdf77 Muller e cultura.pdf
77 Muller e cultura.pdf
 
20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdf
20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdf20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdf
20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdf
 
3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdf
3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdf3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdf
3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdf
 
3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdf
3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdf3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdf
3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdf
 
Dorsales para traballar os ODS con obras da RMPL
Dorsales para traballar os ODS con obras da RMPLDorsales para traballar os ODS con obras da RMPL
Dorsales para traballar os ODS con obras da RMPL
 
Xornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arte
Xornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arteXornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arte
Xornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arte
 
xenero_eso_7abr.pdf
xenero_eso_7abr.pdfxenero_eso_7abr.pdf
xenero_eso_7abr.pdf
 

Último

Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfAntonio Gregorio Montes
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxAgrela Elvixeo
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 

Último (12)

Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 

Novospublicos 2017 NA REDEMUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO

  • 1. 1 Programa de Novos Públicos Estratexias para mellorar e fidelizar a relación museo/visitante
  • 2. Programa de Novos Públicos – Rede Museística Provincial de Lugo 2 QUE? A prol de mellorar e fidelizar as relación entre visitantes e a Rede Museística Provincial de Lugo, propoñemos a posta en marcha deste Programa de Novos Públicos que abrangue diferentes estratexias para con un público obxectivo dividido por idades e intereses. Este Plan preséntase como continuación do iniciado en xullo de 2016. POR QUE? A Rede Museística Provincial de Lugo, que en setembro de 2016, cumpre os 10 anos da súa formalización, leva feito unha intensa viaxe pola vía da museoloxía social a prol de que os seus catro museos sexan autenticamente museos de comunidade. Estes catro museos suman un total de 77 salas e espazos expositivos, incluídas as novas salas de Tor Oculto que abríronse ao público este verán. Salas con contidos etnográficos, históricos, artísticos e arqueolóxicos e ofrecen unha profunda e diversa mirada sobre o patrimonio cultural desta provincia luguesa. Sabemos que o modelo de xestión está sendo posto como exemplo en congresos e encontros de profesionais da museoloxía. Xa só en 2016 falamos de “Cidadanía e Cultura” como proxecto elixido polo Ministerio de Cultura ou o Congreso de Museos de Lisboa da man da Dirección xeral de Museos. Cara a dentro, a Rede está vivindo un incremento de visitantes nos últimos anos importante, como amosan as estatísticas1 . 1 Datos analizados das memorias publicadas en http://redemuseistica.wixsite.com/memoria2015/estadisticas 14575 16344 17980 20616 6661 6320 7601 9066 42962 43232 53765 55918 14077 16170 20077 20137 0 20000 40000 60000 80000 100000 120000 2012 2013 2014 2015 Cifras de visitantes 2012-2015 RMP de Lugo Museo Fortaleza San Paio Narla Museo Provincial de Lugo Museo Pazo de Tor Museo Provincial do Mar
  • 3. Programa de Novos Públicos – Rede Museística Provincial de Lugo 3 Coa posta en marcha da primeira fase do plan de Novos Públicos en xullo de 2016 e na espera dos datos anuais, sabemos que xa só en agosto produciuse un aumento do 17% respecto ao número de visitantes no mesmo mes en anos anteriores, acadando as 18000 visitas2 . Alegrámonos, non é para menos. Pero non nós paramos aquí, debemos reforzalo. Por todo isto é que presentamos este programa de reforzo de novos públicos, a fin que a Rede apuntale a súa estratexia no aumento e fidelización de públicos. Non falamos exclusivamente de visitas, se non tamén dunha participación real da cidadanía: actividades, obradoiros, difusión en redes, etc. A avaliación destes resultados non pode quedarse só no público que nos visita, se non tamén debemos analizar se volve, se difunde unha boa experiencia, se gusta das actividades que se programan ou se é quen incluso de propoñer outras en beneficio do seu desenvolvemento persoal ou da súa comunidade. Este é o auténtico museo do século XXI. Este museo 2.0 contempla ao visitante, cada vez máis esixente cos contidos e coa información que se lle ofrece, como usuario/a activo/a que elixe que e como ver as coleccións, que propón actividades e que fala dun museo de seu. As cifras son tamén elocuentes. No reparto por idades, sobresae un dato interesante. Observamos unha brecha no tramo comprendido entre os 11 e os 25 anos, que non chega a superar en total o 12%. É dicir, os mozos e mozas ,en termos xerais, deixan de vir con asiduidade ao museo desde que superan a idade escolar e non volveran ata que non traían aos seus fillos e fillas de novo, a partir dos 26 anos. De aí que o noso Programa de Novos Públicos se interese particularmente polas necesidades e gustos de este segmento da 2 Dato publicado por EL PROGRESO o 03.10.2016 http://elprogreso.galiciae.com/gl/nova/604351/rede- museistica-provincial-cumpre-dez-anos-de-actividade-con-cifra-record-de-visitantes 11,75 6 2,75 3 10,75 40,75 25 Promedio de porcentaxes de visitantes por idades na Rede Museística en 2015 De 0 a 10 anos De 11 a 14 anos De 15 a 18 anos De 19 a 25 anos De 26 a 40 anos De 41 a 65 anos De más de 65 anos
  • 4. Programa de Novos Públicos – Rede Museística Provincial de Lugo 4 poboación e cree experiencias de calidade para el, capaces de xerar un valor engadido nesa relación con museo. E igual que para o resto do público, o programa traballa para que o propio museo sexa un lugar de encontro e de valor representativo, vinculado directamente co/a usuario/a. Calquera museo ten que estar nun diálogo constante co seu público, como tamén debe comunicar adecuadamente os seus contidos para acadar o interese dos/as destinatarios/as, e utilizar as canles oportunas para chegar a cada tipo de visitante. Un programa desde a Vixilancia en Sala No organigrama do museo, a vixilancia de sala representa o contacto máis directo entre as persoas que visitan o museo e as súas coleccións. Na actualidade esta área conta con 14 persoas para 77 espazos expositivos espallados polos catro museos da Rede. A vixilancia en sala orienta ao visitante e vela polas conservación das pezas e o público. En certo modo, personaliza a institución, e do seu traballo dependerá, en certa media, a imaxe que finalmente se materialice na visita. De aí que este Programa de Novos Públicos se realice desde persoas que traballan neste posto, por su contacto directo con público e o seu interese por mellorar a experiencia da/o usuaria/o, baixo os criterios de accesibilidade total, respecto ás diferenzas e dereito a gozar dun patrimonio para e con todos/as. O perfil das persoas de vixilancia en sala que puxeron en marcha a primeira fase deste programa de Novos Públicos en xullo deste ano, responde de forma axeitada ás esixencias do público e das colección: Licenciados/as en Humanidades, en Biblioteconomía, en Filoloxías, con capacidade de comunicación co/a visitante en varias linguas, investigadores/as do patrimonio lucense e relacionadas/os cos tecido asociativo do territorio Maruja Mallo A Academia Galega das Belas Artes vén de dedicar o vindeiro1 de abril, Día das Artes Galegas á universal artista viveirense. Creativa, rompedora, inspiradora, vangardista, e sobre todo, gran loitadora polo dereito a ser libre, muller e artista será o epicentro da programación da Rede para o próximo ano. A Deputación de Lugo xogou un papel importante no seu desenvolvemento artístico cando lle concederon as bolsas de
  • 5. Programa de Novos Públicos – Rede Museística Provincial de Lugo 5 estudos de 1925 a 1930 que lle permitirían vivir en Madrid e formar parte activa da xeración do 27 xunto a Lorca, Alberti, María Teresa León, Dalí, María Zambrano, Rosa Chacel e Buñuel. A súa obra, exposta nos máis importantes museos do mundo, lévanos polo camiño do realismo máxico desde onde nace un surrealismo que termina por empapalo todo. Non podemos deixar de destacar a reivindicación de xénero que amosan os seus cadros: mulleres en bicicleta, mulleres que saen de verbena ou de entroido, mulleres-máscara, ou mulleres nais da terra e do mar. Maruja Mallo é símbolo tamén do exilio obrigado. Este Programa de Novos Públicos invoca a figura desta creadora a través de diferentes actividades que profundan no seu coñecemento e papel na arte contemporánea. Gabada por recoñecidos persoeiros como Andy Warhol, Paul Eluard, Ramón Gómez de la Serna ou Gabriela Mistral, este será un momento propicio para que tamén a nosa comunidade mergulle no se universo e o público visitante recoñézaa como creadora lucense. CON QUE OBXECTIVOS? Obxectivo xeral Incrementar os públicos que visitan a Rede Museística Provincial de Lugo, así como mellorar a súa experiencia e relación cos museos que a compón, a fin de cumprir co lema de ser museos para todos e todas. Obxectivos específicos  Realizar un perfil diverso e polifacético das persoas que visitan os museos e buscar puntos floxos e baleiros nos que aplicar unha estratexia específica.  Indagar nos gustos e preferencias nos percorridos habituais e fomentar os itinerarios axustados a cada necesidade.  Achegar o concepto de museo patrimonio de todos/as a toda a comunidade: cidadanía, colectivos, artistas, etc.  Aplicar unha estratexia de difusión da Rede adaptada a cada tipo de visitante.  Involucrar a escolas, universidades, asociacións e outros colectivos na programación da Rede, como participantes e como axentes.
  • 6. Programa de Novos Públicos – Rede Museística Provincial de Lugo 6  Expresar a importancia da cultura para o desenvolvemento e formación individual da cidadanía, así como fortalecer o seu sentimento de pertenza á comunidade.  Afondar no mundo creativo de Maruja Mallo e na súa figura como lucense universal. PARA QUEN? Este programa vai dirixido a diferentes públicos divididos por tramos de idades máis un apartado dedicado aos colectivos, como representantes da diversidade cultural da nosa sociedade. Deste xeito falamos de: COMO? A posta en marcha deste programa pasa por varias fases que son comúns para todos os seus plans. 1. Coñecer ao visitante Na situación actual investigamos aos nosos públicos desde unha posición unidireccional e pasiva (museo -> visitante). Nós propoñemos un estudo máis aberto e amplo, coa realización de entrevistas e enquisas tanto a quen entra no museo como en accións de saída do museo, en reunións ou a pé de rúa, nos que se dialogue directamente coa sociedade. a. Realización de enquisas e entrevistas á saída do museo. b. Rexistro de preferencia de itinerarios dentro do museo e análise de posibles causas. c. Recollida de suxestións e queixas para mellorar a experiencia da visita. d. Elaboración dunha base de datos activa de axentes e colectivos culturais e sociais. e. Entrevista directa coa comunidade fóra do museo. Plan para ESCOLARES Plan para a MOCIDADE Plan para MAIORES Plan para COLECTIVOS Plan para a COMUNIDADE ARTÍSTICA
  • 7. Programa de Novos Públicos – Rede Museística Provincial de Lugo 7 2. Realización de informes Elaboración de conclusións a partir da recollida de información da fase anterior. Este informes se realizaran unha vez cada tres meses, pois a tipoloxía do visitante depende da temporalidade (Tempo escolar, vacacións de Nadal, Semana Santa ou verán, etc.). Estes resultados serán postas en coñecemento de todos/as traballadores/as da Rede. 3. Deseño de accións que rachen as barreiras museo/público Adecuación do programa as necesidade do público obxectivo. a. Aluguer de autobuses para un mellor acceso aos museos b. Busca de solucións ás dificultades que atopan os/as usuarios/as no acceso aos contidos. 4. Atraer á Rede Ademais das canles habituais de comunicación, propoñemos saír de novo do museo e participar das actividades da cidade para unha maior visibilidade ante a poboación, como é por exemplo, aproveitar os eventos e actividades culturais para instalar un posto de información da Rede. Igualmente, será necesario establecer visitas persoais aos/ás representantes das comunidades escolares, colectivos sociais, axentes culturais, etc., para propoñerlles unha implicación activa na actividade do museo. a. Establecer un posto da Rede en feiras e encontros de interese que teñan lugar en Galicia e maiormente na provincia de Lugo. b. Entrevistarse coas asociacións, comunidade escolar, terceiro sector, etc. c. Estar visibles na comunidade universitaria cun posto de información permanente. d. Reparto da información da rede polos hoteis, postos de información turística e cultural da cidade. e. Atención especial aos/ás peregrinos/as que fan o Camiño de Santiago 5. Documentar toda a actividade Se realizará un seguimento audiovisual de cada unha das accións para que poidan permanecer documentadas e en acceso público a toda a cidadanía. a. Rexistrar toda a actividade da Rede e subila á web b. Activar o blog de didáctica da Rede Museística. c. Crear unha comunidade dixital con axentes e colectivos para que teñan un acceso aos contidos segundo petición.
  • 8. Programa de Novos Públicos – Rede Museística Provincial de Lugo 8 6. Realización de avaliacións Este programa non pode ser eficaz se non valora as súas accións en termos de calidade e alcance dos obxectivos formulados. a. Establecemento de criterios de avaliación b. Apreciación de resultados dos plans c. Corrección das perturbacións d. Re-deseño das accións 7. Posta en marcha de novo coas debidas correccións. DURANTE CANTO TEMPO? Este programa é continuidade do Plan de Novos Públicos que comezou en xullo de 2016 e que levou consigo un aumento importante das visitas aos diferentes museos. Para poder atender a todos os seus obxectivos adecuadamente así como aos seus ámbitos de actuación, debe continuar en marcha nun período mínimo de tres anos. A tenor dos seus resultados e súa metodoloxía é un traballo en proceso, que se avalía de continuo, se corrixe, evoluciona a prol de acadar os obxectivos.
  • 9. Programa de Novos Públicos – Rede Museística Provincial de Lugo 9 Programa de Novos Públicos Plan para ESCOLARES
  • 10. Programa de Novos Públicos – Rede Museística Provincial de Lugo 10 Limiar A aprendizaxe non só se realiza nos centros educativos, os museos poden ser outra forma de aprendizaxe, non de carácter curricular, pero si cun contido fundamentalmente social e cultural. Debemos ver os museos como espazos non só arquitectónicos, ou como espazos que albergan parte da nosa memoria histórica, senón que tamén ofrecen a posibilidade de facer un estudo da arte a través da literatura. Ademais permítennos ver as distintas formas de facer arte, como estas foron cambiando ao longo dos séculos: pintura, escultura, gravado e, hoxe en día, instalacións, performances, cine, teatro, música... Ensinar aos pequenos a valorar os obxectos como pezas da memoria histórica, e no caso dos artistas emerxentes a valorar as novas propostas. Temos que valorar os museos como a suma dun todo. Ensinar a ter unha actitude de respecto ante a sociedade, ante as obras, vestixios herdados doutras culturas ou sociedades, isto é mostrar unha certa sensibilidade co patrimonio do pasado. É fundamental traballar para conseguir unha empatía cos obxectos, obras, traballos de todas as culturas por igual, aprender a valorar o patrimonio como ferramenta de contribución na súa conservación. OBXECTIVOS  Percibir o museo más alá dos catálogos, creando un lugar dinámico e activo de novas experiencias e emocións.  Valorar a contribución da sociedade actual tanto nos aspectos económicos e materiais como nos culturais e políticos.  Eliminar culturas sexistas mediante a comprensión de que os actuais roles de xénero non son universais nin tampouco resultado dunha división do traballo debido a unha maior fortaleza física ou predisposición natural.  Promover o espazo museístico como un lugar libre de condutas discriminatoras e destacar o seu labor como centro de encontro.  Visualizar o concepto de accesibilidade para todos e todas como un feito real e alcanzable.
  • 11. Programa de Novos Públicos – Rede Museística Provincial de Lugo 11  Relativizar a diversidade funcional eliminando unha interpretación limitadora ao relacionar traballo con persoas diferentes, contribuíndo a apreciar o resultado final e o ben común.  Entender a diversidade de formas humanas que se adaptan ás distintas modalidades do territorio.  Apreciar que o arte, a historia e a cultura nace das propias vivencias.  Recoñecer a arte como vía primixenia de comunicación.  Promover a imaxe da sociedade como comunidade con lazos comúns.  Crear un espazo como punto de encontro entre pasado e presente, promoción e difusión da cultura.  Recoñecer o museo como contedor de obxectos e tradición como forma de vida, como reforzo dunha historia gardada nos mesmos.  Poñer en valor os bens inmateriais como figuras transcendentais para xerar historia.  Comprender o museo como una unidade nun medio natural que forma parte da vida do mesmo. Metodoloxía didáctica Ofrecer unha aprendizaxe funcional, na que os alumnos poidan ver, sentir, ter diante e case palpar os obxectos, comprender de onde proceden, que cultura os fixo, en que momento histórico, por que, para que, como vivían, que clases sociais había, buscar as diferenzas e similitudes con hoxe en día, EMPATIZAR, COMPRENDER, VALORAR E RESPECTAR. Todo isto mediante un enfoque lúdico, entretido, xa que o que un entende mentres se divirte non se esquece, e é a mellor forma de aprender a amar e respectar a cultura. Propoñemos deixar o protagonismo en mans dos alumnos, que interactúen, que pregunten, entendan, que participen e vivan o museo como algo vivo. Todo isto require dunha METODOLOXÍA ACTIVA.
  • 12. Programa de Novos Públicos – Rede Museística Provincial de Lugo 12 Actividades na aula Coñecer os museos da Rede, reflexionar sobre o que nos ofertan para saber cal deles se axusta mellor aos contidos que se van dar en clase. Comprobar como os alumnos relacionan os seus coñecementos previos cos novos contidos aprendidos despois de facer a visita ao museo. Actividades por parte do museo Facer chegar aos centros educativos as unidades didácticas elaboradas por cada un dos museos da Rede. Nestas unidades didácticas debe darse a coñecer as coleccións, obxectos, historia, xeografía, obradoiros que se levan a cabo en cada museo. Debemos coñecer os contidos e temario que van dar nos centros educativos e deste xeito facer propostas de visita que se axusten a algún dos temas que van explicar en clase, deste xeito a visita sería unha forma práctica de completar a información teórica que cada profesor imparte na súa clase. Por exemplo: MUSEO PROVINCIAL DE LUGO Poden ver a estrutura dun antigo convento, o de S. Francisco, o seu Refectorio do s. XVIII con bóveda de canón e púlpito de cantería. A cociña tamén do s. XVIII cunha lareira, cheminea de cachotería e distintos utensilios e mobiliario típicos da cociña tradicional galega. No claustro do s. XV-XVIII declarado BIC no ano 1931 poden ver: - Colección de reloxos de sol (o máis antigo de 1685) - Epigrafía romana (aras, placas e miliarios) - Epigrafía medieval (heráldica, capiteis, sartegos, laudas sepulcrais e un baldaquino gótico con escenas do Novo Testamento). - Antiga sala capitular con aras votivas romanas e placas fundacionais da cidade de Lugo de Paulo Fabio Máximo. - Vestíbulo con bargueños dos s. XVII-XVIII. - Mosaicos e diversas mostras da escultura romana dos s. I – IV d.C. - Sala de Prehistoria e Arqueoloxía. - Numismática e medallística. - Acibeches e ourivería popular, os característicos “sapos” dos s. XVIII- XIX. - Pintura: Romanticismo e Rexionalismo.
  • 13. Programa de Novos Públicos – Rede Museística Provincial de Lugo 13 - Vangardas Históricas e Posguerra. - Figuracións e Abstraccións: Alfonso Abelenda, Felipe Criado, Sucasas, Blas Lourés, Pacios, López Guntín e Raimundo Patiño. - Salas de artistas como Xulia Minguillón, Xesús R. Corredoira, Antonio Fernández. - Escultura: Francisco Asorey, Puchades, Xosé M.ª Acuña… - Sargadelos: importante colección da cerámica realizada nas catro etapas da Real Fábrica de Sargadelos no século XIX. - Artes decorativas e retratos. - Arte Moderna e Contemporánea: pintura desde o Barroco ás vangardas do s. XX, representada por obras de Peter Roos, Carlos de Haes, Álvarez Dumont, Nicolás Soria entre outros. - Escultura do s. XX destacando a Piedade de Torre-Isunza. - Arte Galega: Debuxo e Gravado, Salas monográficas dedicadas a Castelao, Prieto Nespereira e Castro Gil. - Lucernas, lámpadas romanas da colección Varela de diferentes procedencias. MUSEO FORTALEZA SAN PAIO DE NARLA - Primitiva Torre de Xiá do s. XIV, aínda que con motivo das Revoltas Irmandiñas vese moi afectada e no s. XVI ten que ser reconstruída. - Museo Etnográfico e da Historia. - Diferentes coleccións relacionadas coa agricultura e cos oficios tradicionais (cesteiros, zoqueiros…) - Nas cortes dos cabalos, cadeiras de man e de montar a cabalo. - Na adega pelellos, prensadores de uvas, medidas de viño… - Na cociñase encóntranse os tres elementos da construción primitiva: a lareira, o forno e o servizo hixiénico, ademais do mobiliario típico da cociña galega, cerámica, ferros de pasar, etc. - Unha gran ventá con “parladoiros” e unha cheminea renacentista, a sala do tear e un dormitorio. - Coleccións de armas brancas e fogo, armaduras, unha de placas de hasta, outra de guerreiro samurai, dagas, machetes, espadas; revólveres de percusión, de tambor ou de chispa; fusís, canóns, etc. - A capela do s. XVIII e un retablo do XIX con imaxes populares. MUSEO DO MAR - Dende os seus comezos pretende reflectir a historia e a vida mariñeira da costa lucense, mostrando a súa riqueza biolóxica e etnográfica. - Consta fundamentalmente de catro seccións. - Na primeira fáiselle unha lembranza e homenaxe á escola, ao uso que foi concibido o edificio que hoxe contén o museo. - Recóllense as testemuñas gráficas coas que o visitante pode facer un percorrido pola memoria histórica a través dunha importante colección de fotografías achegadas pola veciñanza.
  • 14. Programa de Novos Públicos – Rede Museística Provincial de Lugo 14 - Tipoloxías construtivas máis comúns que saíron dos seus estaleiros, exemplarizadas nalgún dos modelos de barcos como foron o Paca Gómez, o Industrial ou a goleta Sargadelos. - Conta San Cibrao cunha longa tradición de construtores de barcos s. XIV. A puxanza definitiva da construción naval da man do nacemento do complexo industrial de Sargadelos a finais do XVIII. A raíz do incremento do fluxo comercial, aumentou a demanda de barcos de cabotaxe para o transporte das materias primas que demandaba esta fábrica. - Deste xeito nos estaleiros comezaron a facerse embarcacións a vela de grande porte para as rutas máis longas, goletas e bergantíns. - Para a pesca facíanse grandes embarcacións de remo, coma os traiñóns, usadas para a caza da balea ou a pesca da sardiña. - A introdución do ferro para a construción de barcos de carga de maior tonelaxe conduciu ao declive das carpinterías que reduciron a súa actividade a pequenas embarcacións de pesca ou reparacións. - Tiveron unha nova época de esplendor na década dos 60 do s. XX., coa eclosión da pesca do bonito. - Unha sala centrada nos oficios do mar (redeiras, pescantinas…) e nas artes e aparellos de pesca. - Inclúe tamén colección de malacoloxía, así como tamén esqueletos totais ou parciais de animais mariños (mandíbulas de quenllas, espada de peixe espada, esqueletos de golfiños etc.), animais desecados (tartarugas), corais, fósiles, algas. - Unha sala adicada á balea: restos óseos, barbas, dentes de cachalote, aceites, arpóns de caza, maquetas de baleeiras, etc. MUSEO PAZO DE TOR As orixes deste pazo están ligadas á liñaxe dos Garza dende os s. XIV, manténdose en mans dos seus descendentes directos ata a súa derradeira propietaria, D.ª M.ª Paz Taboada de Andrés, quen en 1998, o doou á Deputación Provincial de Lugo. - O edificio data fundamentalmente do último terzo do s. XVIII, contando con algún vestixio da época anterior. - Arquitectonicamente encádrase dentro do estilo barroco, matizado por unha estética neoclásica visible na sobriedade, simetría e emprego das ordes clásicas. - A visita a este pazo permite ver integramente todas as súas salas e dependencias, co seu mobiliario orixinal e coas coleccións artísticas que a familia foi atesourando ao longo dos séculos, o que constitúe un testemuño privilexiado do modo de vida da nobreza na Galicia da Idade Moderna e Contemporánea. - Entre as estancias deste pazo destacan especialmente: Sala de Armas, Salón do Norte, Despacho, Salón de xogos, Salón do Mediodía, Dormitorio principal e Comedor principal, cuartos de invitados (nun deles no que se aloxaba o poeta Uxío Novoneyra) e a Capela.
  • 15. Programa de Novos Públicos – Rede Museística Provincial de Lugo 15 - Podemos ver dende armaduras, espadas, armas de fogo, (unha espingarda), unha liteira para transporte de persoas, retratos familiares, distintas mostras de artes decorativas (afaias, abanos, pipas, faldriqueiras, relicarios, etc.), tresillos, sofás, diváns e diversas mesas de xogo e a mesa de billar, camas tipo góndola, camas con dosel, unha delas do s. XVI procedente de Nápoles e de estilo renacemento italiano. - Nos anexos (construcións readaptadas) podemos ver a fragua, poleiro, cabalerías (con catro coches de cabalos do s. XIX, así como diversas cadeiras de montar, e a guarnicionería. - Interesante é tamén un mapa de Galicia elaborado por Domingo Fontán. - Unha importante biblioteca, con libros dos s. XVI-XX e un total de 2948 volumes. MARUJA MALLO O Día das Artes Galegas 2017 adicarase á polifacética artista da Xeración do 27 Maruja Mallo (Viveiro, Lugo, 1902-Madrid, 1995), pola súa defensa dos dereitos da muller e a importancia da su obra de índole surrealista. Con motivo desta conmemoración, propoñemos un proxecto que permita establecer unha rede creativa entre os centros escolares e a comunidade artística da provincia, partindo da pintura de Maruja Mallo, “Guía postal de Lugo”, que forma parte da colección do Museo Provincial. Con esta idea pretendemos crear unha nova guía postal, na que cada centro enviará unha obra elaborada por toda a comunidade escolar que represente os factores identitarios da súa zona (historia, patrimonio, natureza, tradicións, etc.). O proxecto estará coordinado por unha artista, que será a responsable de integralos nunha peza colectiva que represente a totalidade das comarcas da provincia, desde a costa ó interior. A obra resultante deste proxecto, xunto coas obras individuais recibidas de cada un dos centros participantes, formarán parte dunha exposición itinerante que percorrerá os catro museos da rede.
  • 16. Programa de Novos Públicos – Rede Museística Provincial de Lugo 16 PROCEDEMENTO Unidades didácticas Presentar unidades didácticas e obradoiros que podan ser de interese tanto para alumnos como para profesores, que axuden a complementar os contidos teóricos tratados en clase. Listado de centros Elaborar un listado dos centros educativos, datos de contacto, dirección, teléfono, email. Entrevistas persoais Realizar visitas en persoa aos diferentes centros para presentar as nosas propostas. Envío de correos electrónicos Enviar email aos centros educativos con toda a información dos contidos, coleccións, períodos históricos que abarca cada museo e as unidades didácticas, así como os obradoiros programados.  Estes correos deberanse enviar á atención. do responsable de actividades extraescolares, Att. Do Departamento de Sociais, de Arte, de Lingua, etc., dependendo do que esteamos ofrecendo deberá enviarse ao Departamento que máis se axuste aos contidos. Asociación Galega de Editores Outra proposta que podería resultar interesante é enviar esta información a Asociación Galega de Editores para que inclúan a visita a algún dos nosos museos dentro das actividades suxeridas no libro de texto. (Editoriais como Santillana-Obradoiro, SM Xerme., Tamén con fotos que sirvan de ilustración de exemplo. Formulario de envío Cando se envíen as unidades didácticas sería bo acompañalas dun formulario de proposta, reserva e confirmación de visita. Por exemplo: A/A. De: __________ Centro: ___________ Dirección:_________ Tfno.:______________ Email:____________ Quedan convidados tanto a visitar o noso museo como a participar no seguinte obradoiro: Tema: _____________________________ Data:___________________ Hora:___________________ Rogamos confirmen número de asistentes e realicen a reserva correspondente. Tfno de contacto: Email:
  • 17. Programa de Novos Públicos – Rede Museística Provincial de Lugo 17 Programa de Novos Públicos Plan para a MOCIDADE
  • 18. Programa de Novos Públicos – Rede Museística Provincial de Lugo 18 Limiar Dirixido a mozos e mozas entre os 11 e os 25, atendendo aos seguintes tramos de idade: 11-14,15-18,19-25. Pola realización das estatísticas que fai a Rede Museística Provincial de Lugo, pode verse claramente que dentro do publico xeral, o que menos afluencia e uso fai do propio museo é a mocidade, facendo fincapé nas diferentes franxas de idades, que van dende os 11 anos ata os 25. Xeralmente, o concepto que ten a mocidade respecto dos museos é que se trata de algo aburrido, que non vai con eles, vello. Parécelles unha perdida total de tempo, como dirían eles “que non mola”. Todos eses prexuízos, son os que temos que superar polo conxunto do equipo que conforma a Rede Museística. Unha boa formula é a seguinte: “Como o mundo do museo élles alleo, é o museo o que ten que introducirse no seu mundo”. Esencialmente, temos que seducilos co que lles interesa, utilizar ese interese como ferramenta para achegalos ás artes e por conseguinte o mundo interior do museo. Deste xeito, queremos propoñer as seguintes experiencias e accións: O novo grazas ao vello, As relacións das artes, Tecnoloxía e arte, Ponte na miña pel, Muller e o home na arte, O arte no videoxogo, Foto-Cadro e Ana María Gómez González = Maruja Mallo. Obxectivos  Romper os prexuízos que a mocidade ten respecto dos museos.  Facerlles participes da vida cotiá do museo.  Fomentar o acercamento a toda as artes en xeral. Que vexan as influenzas entre elas, así como, por en valor da arte na sociedade.  Espertar e desenrolar as súas inquietudes e aptitudes artísticas. Ter claro, que eles son o futuro e polo tanto os artistas q están por vir.  Inculcar a sensibilización a prol dos colectivos que teñen unha menor voz na sociedade, como as minorías, persoas con dicapacidde, maiores, estranxeiros, etc.  Concienciar e profundar en temas de actualidade como a igualdade e a violencia de xénero.
  • 19. Programa de Novos Públicos – Rede Museística Provincial de Lugo 19 Experiencias e accións O novo grazas ao vello Pretende ensinar o proceso creativo e artístico aos rapaces. A intención, xa que están acostumados a ver só o resultado final, é que valoren todo ese traballo que hai detrás dese proceso. Que se dean conta, que ese proceso non sempre e doado ou sinxelo, que non é so unha inspiración casual. Hai un estudo detrás, moito ensaio e error e o emprego de diferentes técnicas. Basicamente, que sintan empatía co proceso para valorar correctamente o resultado final. Fundamentalmente, un/a artista mozo/a, non máis de 35 anos, para que exista unha identificación xeracional por parte dos/as participantes. E que estea enmarcado no campo da innovación, experimentación e técnicas novidosas, que sexan atractivas e de interese para este público. Esta acción comezaría ca/o artista explicando o seu concepto da arte, a súa obra ata o momento. Para acto seguido, decidir e facer tamén participes aos/ás rapaces/zas na elección da nova obra a realizar, inspirada nunha obra xa existente do propio museo. Porén este proceso pretende darlle unha volta ao normal, que sería facer unha obra para que rematase no museo. Neste caso, concíbese dentro para saír e ser un activo, como obra do museo fóra del. Sendo tamén un reclamo no exterior para o propio museo, “publicidade indirecta” para toda a cidadanía. Polo tanto, a obra a realizar, sería unha re-invención dunha obra ou varias obras, xa existentes dentro das coleccións dos catro museos da Rede, de aí o novo grazas o vello, e así, outra forma de revalorizar e achegar a colección que ten o museo. A relación das artes Esta experiencia ten o fin de que os/as rapaces/za vexan que todas as artes están directa ou indirectamente vencelladas entre si (pintura, música, escultura, literatura, teatro, gravado, fotografía, cociña, etc). Será tanto teórica como práctica, cun/ha experto/a en cada unha das disciplinas, explicaralles o que fai, e como o fai, e as influencias doutras artes no seu propio traballo. Para pasar a poñelo en práctica, cada un dos/as rapaces/zas escollerá unha arte, unha técnica, todo isto influenciado e baseado por outra arte inspiradora para este proceso artístico.
  • 20. Programa de Novos Públicos – Rede Museística Provincial de Lugo 20 Tecnoloxía e arte. Esta acción ten o fin de explicar e tamén de poñer en práctica como a tecnoloxía (tanto aparatos, como artiluxios, etc) fixo cambiar e innovar no mundo da arte, como así mesmo, isto influíu na sociedade. Facendo un percorrido pola historia, vendo as evolucións técnicas e como estas axudaron a transformar os conceptos e experimentar ata a actualidade. Chegado este punto, teremos que explicar as novas ferramentas, e como estas pódense aplicar a un resultado práctico final, una vez escollida esa ferramenta actual, eles terán que desenvolver un proceso artístico innovador. Ponte na miña pel É unha acción de sensibilización a prol das discapacidades. A arte, dende xa fai tempo e grazas a artistas comprometidos coa sociedade, vén tendo un carácter de denuncia, transformación, a par que educativo, en contra das inxustizas e a favor das minorías e como non, tamén coas discapacidades. Por iso, preténdese que os mozos sintan empatía coas persoas con discapacidade, que fagan un percorrido polo museo tanto a cegas como en cadeiras de rodas, e así, ver a arte dende esa perspectiva. Para comezar ese proceso de sensibilización real. A parte de isto, poderíase facer unha práctica do exitoso e innovador proxecto Fotografía a CEGAS, para que entendan o proceso de como un cego pode sacar fotos. Muller e o home na arte Esta é unha acción que pretende mostrar como foi tanto o papel da muller como do home no mundo da arte, e como na arte, o que importa é a obra e resultado final e da igual o xenero de quen a faga. E de como ese exemplo ten que servir para a sociedade. Tamén, acentuar nunha retrospectiva, das inmensas dificultades que tivo a muller para poder facer arte e ser recoñecida, a diferenza do home. Neste caso, tamén podería ser chamado: o machismo na arte. Así mesmo, poderíase facer, una pequena peza teatral onde os participantes inverterían o xénero na hora de actuar, os homes pasarían a ser as mulleres e viceversa, a obra ten que expoñer un claro exemplo machista, para así que os mozos se poñan na pel das mulleres e comecen a sensibilizarse e a repudiar eses tipos de actos e comportamentos. Arte no videoxogo Este tipo de experiencia pretende subliñar a importancia da arte, así como o do director artístico nun videoxogo, o gran traballo que hai detrás, o éxito ou fracaso dun xogo onde o traballo artístico pode ser determinante, o cal pode darlle veracidade ou desacredítalo totalmente, as necesidades artísticas que teñen cada tipo de xogo e
  • 21. Programa de Novos Públicos – Rede Museística Provincial de Lugo 21 tamén dependendo do público o que vaia dirixido. Que tipo de programas se utilizan e explicar o proceso. Foto-Cadro Esta acción pretende amosar a relación entre a pintura e a fotografía. Como era o mundo antes da chegada da fotografía, como foi cando chegou e como foron convivindo ámbalas dúas artes. Como lle afectou isto a pintura. Explicar tamén, como a pintura utilizou como ferramenta as cámaras escuras, o antepasado directo da fotografía, e facer un exercicio práctico cunha caixa de cartón ou facer unha cámara estenopeica. Practicar tirando fotos con elas e experimentar con ese tipo de cámara dentro dos museos da rede. Ana María Gómez González = Maruja Mallo No ano 2017 é o ano Maruja Mallo na Rede Museística, aproveitando esta circunstancia, suxerimos a seguinte acción para achegar á mocidade a vida e obra da artista lucense internacionalmente recoñecida, pertencente a xeración do 27, participe das vangardas e estandarte do surrealismo. Por como entendía a vida e a arte Maruja, pódese relacionar esta actividade ca anteriormente explicada “A relación das artes”, xa que ela mesma, é un claro exemplo de como beben unhas artes das outras. Por conseguinte, constaría dunha parte teórica, na cal faríase una retrospectiva da súa vida e obra. Nesta parte teórica, sería axeitado expoñer fragmentos das entrevistas que lle realizaron en vida (En La2), da súa propia voz veremos todo o anteriormente dito, e o mesmo tempo serviría como ferramenta de empatía cara aos/ás rapaces/zas. A parte práctica, tamén estaría relacionada coa actividade “O novo grazas o vello”, pero neste caso, sen tanta pretensión de cara a fóra, e facendo máis fincapé no proceso artístico persoal das/os cativas/os. Inspirándose na obra dela, as/os rapazas/ces terán total liberdade para elaborar una obra artística, para así entender mellor o universo de Maruja Mallo.
  • 22. Programa de Novos Públicos – Rede Museística Provincial de Lugo 22 Programa de Novos Públicos Plan para MAIORES
  • 23. Programa de Novos Públicos – Rede Museística Provincial de Lugo 23 Limiar Un dos fenómenos demográficos característicos da nosa sociedade é o progresivo envellecemento da poboación e o aumento da esperanza e calidade de vida. O grupo de «persoas adultas» ou «persoas maiores», asume uns roles e experimenta unhas esixencias e necesidades diferentes e específicas. A Rede Museística Provincial como institución ao servizo da comunidade e do seu desenvolvemento, aberta a todos os grupos sociais sen distinción de ningún tipo, non pode nin se debe esquecer da atención a este tipo de público. Este traballo queremos continuar facéndoo desde a vocación de museos como contexto e instrumento para a cultura, a educación e o lecer, transcendendo os límites dun determinado grupo sociocultural (os maiores neste caso), para incidir en toda a estrutura social e cultural que constitúe a comunidade no seu conxunto. Obxectivos  Impulsar accións que desde a arte e o coñecemento estimulen as potencialidades dos/as maiores, melloren a súa calidade de vida e aumenten os seus niveis de autoestima.  Promover a integración e participación dos/as maiores na sociedade asumindo novos roles.  Motivar as capacidades contemplativas, reflexivas, narrativas e de expresión a través da cultura e da arte.  Derrubar estereotipos negativos aínda ligados á vellez.
  • 24. Programa de Novos Públicos – Rede Museística Provincial de Lugo 24 Accións Investigación Estudos e avaliacións periódicas para a detección das barreiras ou impedimentos que condicionan a participación dos/as maiores nas actividades de ocio, artísticas ou creativas dos maiores, coa finalidade de comprender o comportamento deste sector pouco homoxéneo da poboación. Sistematización da información Creación dunha base de datos seguida dun traballo intenso e sistemático con asociacións culturais, concellos, universidades de maiores, centros de día, residencias, axencias, etc., para dar a coñecer os museos da Rede Museística Provincial. Ademais, procurarase que os/as axentes contactados/as cheguen a incluír os museos da Rede nas súas programacións culturais, educativas e de lecer. Especial atención á captación de público no ámbito rural. Potenciar o Club Senior Potenciar e ampliar as actividades dos Club Sénior dos catro museos da Rede participando, compartindo e ensinando. a. Impulsar os Club Sénior dos museos con actividades ligadas ao Álbum da memoria compartida: xornadas mensuais nos catro museos arredor dun tema a tratar (oficios, romarías e festas, variantes dialectais, etc.). Gravación e recollida de todo o material nunha base de datos e web estruturada e accesible que serviría como «voz do tempo» do patrimonio inmaterial da provincia de Lugo. b. Actividades interxeracionais como, por exemplo, encontros entre nenos/as e adolescentes con maiores para que estes/as lles conten como vivían á súa mesma idade ou como era antes a profesión que a eles lles gustaría desenvolver. c. Propiciar que as persoas dos Club Sénior colaboren en exposicións (documentación, visitas guiadas «á carta» realizadas por maiores). d. Actividades artísticas sinxelas arredor dun chocolate ou café que favorezan a relación con outras persoas e sirvan para ir derrubando barreiras psicolóxicas respecto ás súas autolimitacións e aos museos.
  • 25. Programa de Novos Públicos – Rede Museística Provincial de Lugo 25 e. Actividades que fomenten a axilidade mental e porén física: estimulación cognitiva, superación de perdas a través da arte, etc. 1 de outubro Día Internacional de Persoas de Idade Marcar o mes de outubro como adicado ás persoas maiores con actividades específicas e diversas ao longo do mes na Rede Museística Provincial. Maruja Mallo Para sumarnos ao Día das Artes Galegas 2017, adicado a Maruja Mallo, levaranse a cabo obradoiros sobre a artista con persoas maiores en todos os museos da Rede Museística. Falarase sobre a súa figura e sobre a Xeración do 27, con especial atención ás mulleres integrantes, aproveitando algunha das gravacións da artista, fragmentos de documentais que se teñen realizado sobre ela e as súas propias obras, especialmente aquelas que temos na Rede Museística Provincial. Fomentarase o intercambio das emocións que lles producen aos participantes as creacións da viveirense e propiciarase a reinterpretación dalgunha delas. Programación periódica e estable Traballar nunha programación periódica e estable para os Cafés filosóficos para traballo entre especialistas de campos interrelacionados. En 2017, Café filosófico centrado na figura de Maruja Mallo con historiadoras, críticas de arte, galeristas e escritoras especialistas na súa obra, artistas que a coñeceron e artistas influídas pola súa obra.
  • 26. Programa de Novos Públicos – Rede Museística Provincial de Lugo 26 Programa de Novos Públicos Plan para COLECTIVOS
  • 27. Programa de Novos Públicos – Rede Museística Provincial de Lugo 27 Limiar As asociacións, os/as axentes sociais, a comunidade artística son os/as auténticos/as representantes da variedade cultural, relixiosa, social da nosa sociedade. De ningunha forma podemos pensar nun museo adaptado ás necesidades e gustos dos/as usuarios/as sen contar co traballo feito xa de longo por estes colectivos. Ser un museo para todos e todas implica escoitar, dialogar e facer coas persoas implicadas, é desta maneira, nun labor de abaixo cara arriba, o museo identifícase coa súa comunidade. Por iso, este programa formula un apartado especial que ten como obxectivo achegar a institución, mellorar o seu acceso xa non só para ofrecer os seus contidos, se non tamén para desinstitucionalizala e pasar a ser unha plataforma de visibilidade e diálogo e entre os colectivos e a sociedade. OBXECTIVOS  Implicar as asociacións e colectivos na actividade do museo.  Identificar a Rede como unha plataforma de diálogo na que converxen todas/os as/os activismos da comunidade.  Traballar porque toda a comunidade se vexa representada cos contidos do museo ou sexa quen de crear outros que así o cumpran.  Transmitir o principio da Rede Museística de ser museos abertos, ao servizo da sociedade, accesibles, respectuosos e sensibles á diversidade.  Desinstitucionalizar os museos.  Establecer un diálogo continuo co terceiro sector da nosa comunidade.
  • 28. Programa de Novos Públicos – Rede Museística Provincial de Lugo 28 ACCIÓNS Quen son? Realización dunha base de datos activa dos/as axentes e colectivos operantes na nosa comunidade. Imos coñecernos Realización de entrevistas tanto no museo como nas sedes das asociacións e cos/as axentes, para establecer estratexias de colaboración e participación entre ambos. A Rede activista Abrir o museo un día cada tres meses á cada comunidade: colectivos de migrantes. comunidades relixiosas, colectivos sociais, artísticos, que busquen un espazo de visibilización. No xardín do museo con bo tempo, ou no refectorio se é adverso, crear feiras de activismo para que os grupos e persoas poidan darse a coñecer e repartir información. A Arte e o Patrimonio propio e común será o eixo xeral de cada unha destes encontros. A Rede preto de ti Fortalecemento da presenza e representación da Rede en eventos e feiras en Galicia como Culturgal, e noutras de pequeno formato na propia comunidade de cada un dos museos (Monforte, San Cibrao, Friol e Lugo) xunto a outros colectivos sociais e culturais que compartan os mesmos intereses ca institución. Nestas ocasións, ofrecerase información das actividades e contidos ao tempo que se dialoga co público e colectivos asistentes. Recolleremos as súas posturas fronte aos nosos museos. Un patrimonio entre todos/as O discurso tradicional dos museos respondía á forma de contar do poder hexemónico, singular e intolerante. A Rede rompe este esquema ofrecendo itinerarios en debate coa diversidade para sinalar que contidos conectan e que contidos non están. Ofrecemos a posibilidade de engadir o que falta para construír un patrimonio realmente de todos/as.
  • 29. Programa de Novos Públicos – Rede Museística Provincial de Lugo 29 Esta acción se desenvolve a través de: a. Itinerarios realizados polos propios colectivos b. Programación dirixida polos/as axentes sociais cara á comunidade: charlas, actividades educativas, exposicións, etc. c. Creacións artísticas que ten a súa orixe na diversidade social d. Rexistro de cada unha das accións para que pasen a formar parte do Patrimonio da Rede. Guía postal do activismo Maruja Mallo realizou para a Deputación de Lugo Guía postal de Lugo. Con este tema como eixo, pediremos a todos os colectivos que realicen a súa propia postal do seu colectivo. Una forma vusal de amosar os seus intereses e cultura. Maruja Mallo en Misión Pedagóxica lucense A artista participou das Misións Pedagóxicas da República: Este programa tiña como obxectivo amosar na periferia o patrimonio artístico que se gardaba no Museo do Prado. A nosa acción está relacionada coas misións, no canto quere sacar ao museo fóra do museo. Levaremos a reprodución da obra da creadora que garda o Museo Provincial de Lugo, ás sedes de colectivos, asociacións e centros culturais, xunto con fotografías e material da época para darlle contexto. Ofreceremos pequenas charlas e explicacións a fin de dar a coñecer mellor a súa figura e importancia.
  • 30. Programa de Novos Públicos – Rede Museística Provincial de Lugo 30 Programa de Novos Públicos Plan para COMUNIDADE CREATIVA
  • 31. Programa de Novos Públicos – Rede Museística Provincial de Lugo 31 Limar A Rede Museística leva realizados centos de proxectos artísticos co obxectivo de, por un lado, dar visibilidade a súa comunidade artística e por outro facer partícipes á poboación das novas experiencias que se están a dar na arte contemporánea. Con este programa queremos afianzar o camiño xa desenvolto pola institución co fin de facer chegar a súa mensaxe de espazos con accesibilidade, igualdade e creatividade a un colectivo artístico que precisa de lugares de traballo e inspiración, e sobre todo de plataformas de exposición, en encontro e diálogo co público. Por outra banda, o afastamento do público xeral das correntes de arte contemporánea e por tanto dos museos, obríganos a abrir un plan para tratar este tema dun xeito especial. Neste apartado tamén conflúe o ano que dedicamos a Maruja Mallo, artista revolucionara e sempre en fase de investigación, onde podemos afondar e expandir aínda máis a súa figura. Lembramos a experiencia que en 2014 se realizou sobre o cadro “Olladas de muller sobre Guía postal de Lugo de Maruja Mallo” incluída en el Festival Miradas de Mujeres ou as diferentes edicións de “A Arte de ser muller nun mundo por compartir”. Obxectivos  Ampliar a comunidade artística en torno á Rede Museística de Lugo para que participen como activo na súa programación cultural.  Fomentar os museos da Rede como espazos de creatividade e visibilidade artística.  Crear unha corrente de diálogo entre público e artistas para un desenvolvemento común.  Identificar á Rede como lugar propicio para os novos valores na creación.  Fomentar o desenvolvemento profesional dos/as artistas en pro do crecemento cultural da nosa sociedade  Provocar a transformacións social a través da Arte como ferramenta de igualdade ante as inxustizas de xénero.
  • 32. Programa de Novos Públicos – Rede Museística Provincial de Lugo 32 ACCIÓNS Arte e xénero O museo son medios de comunicación con credibilidade. A mensaxe, que recibe o público, debe estar acorde cos conceptos de accesibilidade, igualdade e respecto. Por isto realizaranse percorridos baixo o criterio de xénero polo museo para destacar o traballo das mulleres artistas creadoras no museo. REDsidencia Convocatoria de residencias de creadoras para que baseados no patrimonio social e cultural dos nosos museos, creen nun ambiente propicio como son os museos da Rede. Desta maneira, actuarán como altofalante tamén dos nosos contidos. Esta convocatoria estará dirixida a escritoras, xestoras, comunicadoras culturais, fotógrafas, comisarias, e artistas plásticas. É dicir, queremos reunir a todo un universo artístico que se retroalimente para tecer un panorama plural do patrimonio museístico da Rede. Por outra banda, estas residencias serán unha ventá aberta á cidadanía. Contribuiremos a que os e as creativas e o público se relacionen dun modo próximo e cordial, que anime a perder o medo ás novas linguaxes contemporáneas. Bienal de Mulleres Afondando máis na relación da Arte e do Xénero, e co fin de dar maior visibilidadde ao traballo das mulleres artistas convocaremos unha bienal para que artistas consagradas ou non, poidan exhibir nos espazos da Rede. Artistas lucenses século XX- XXI O crecemento cultural dunha sociedade está en relación no crecemento da súa comunidade creativa. A Rede xerará oportunidades de desenvolvemento a través dunha convocatoria para artistas da provincia de Lugo. Será unha forma de recoñecer todo o traballo artístico das/os nosas/os creadoras/es, que en moitas ocasións deben deixar a provincia en busca de saídas para a súas producións. Recollemos así o legado de proxectos como Ars Moenia que tanta difusión tivo no exterior e que impulsaron a algúns e algunhas participantes na súa traxectoria profesional.
  • 33. Programa de Novos Públicos – Rede Museística Provincial de Lugo 33 Feira de Artes no Museo Na mañá do último sábado de cada mes, instalaremos unha Feira das Artes en cada un dos museos (no xardín cara á Rúa Nova de Lugo, no Patio de Honra do Pazo ou na carballeira de San Paio, ou na traseira do Provincial do Mar) como un punto de conexión entre o traballo dos e das artistas e o público. Dun xeito festivo á par que cultural, poderemos expoñer as últimas producións creativas pero tamén artesanais, xa que gardaremos un espazo para as/os artesás/áns da nosa comunidade.