Museo Pazo de Tor
1
MEMORIA 2014
MUSEO PAZO DE TOR, REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL DE LUGO
Museo Pazo de Tor
2
ÍNDICE
LIMIAR___________________________________3
ESTADÍSTICA ANUAL DE VISITANTES_______________4
CRON...
Museo Pazo de Tor
3
LIMIAR
O Pazo de Tor é unha fermosa mostra da arquitectura pacega
galega. Presenta unha colección muse...
Museo Pazo de Tor
4
ESTADÍSTICA ANUAL DE VISITANTES.
= 7601 visitantes.
Museo Pazo de Tor
5
0
200
400
600
800
1000
1200
1400
1600
Gráfico comparativo visitantes ano 2013-14
2013
2014
0
200
400
6...
Museo Pazo de Tor
6
824;
11%
248; 3%
144; 2%
255; 3%
1063; 14%
3394; 45%
1673; 22%
POR IDADES ANO 2014
0-10
11-14
15-18
19...
Museo Pazo de Tor
7
PROGRAMACIÓN RESULTANTE 2014
GRUPOS– VISITAS ESCOLARES - OBRADOIROS- INT. ARTÍSTICAS –
EXPOSICIÓNS – C...
Museo Pazo de Tor
8
19/04/2014 Grupo Escolar. CEIP. Vila de Arenteiros
26/04/2014. Obradoiros Pequeamigos. “Cocendo a Hist...
Museo Pazo de Tor
9
10/06/2014 Obradoiro Pequeamigos. “Facemos unha Peza de
Coiro”
13/07/2014. Grupo Adultos. Asc. Veciñal...
Museo Pazo de Tor
10
- Outubro
08/10/2014. Grupo Adultos. Georgian Grup. (UK-EEUU).
11/10/2014. Grupo Adultos. Asc. Veciña...
Museo Pazo de Tor
11
PROGRAMA DIDÁCTICO.
Presentado o programa de actividades escolares para o curso 204-
2015 nos museos ...
Museo Pazo de Tor
12
capaces de construír o seu propio pensamento crítico, non só sensible á arte
senón cara ao noso pasad...
Museo Pazo de Tor
13
traballo que realizan os diferentes profesionais. Obradoiro
A actividade inclúe un obradoiro deseñado...
Museo Pazo de Tor
14
Duración estimada da actividade: 60 minutos
Esta actividade pódese realizar nos catro museos da Rede....
Museo Pazo de Tor
15
tempo tendo como fío condutor o pergameo. Pasando pola escritura,
debuxo e outros fins diversos. Trat...
Museo Pazo de Tor
16
Museo Pazo de Tor
17
OBRADOIROS. CLUBE PEIQUEAMIGOS, CLUBE EI!,
CLUBE SENIOR
CLube Pequeamigos da Rede: Programa de
activi...
Museo Pazo de Tor
18
convértese en experiencias didácticas, vivenciais e lúdicas, un museo de
historias por descubrir e co...
Museo Pazo de Tor
19
PROGRAMA: Museo Pazo de Tor
AS LUPERCALIAS ROMANAS. Obxectivo: Coñeceremos as orixes da festa de
S. V...
Museo Pazo de Tor
20
A LÁ EN TOR: DA RAPA Ó TECIDO
Obxectivo: Levar a cabo o proceso de conversión da lá en tecido, desde ...
Museo Pazo de Tor
21
COCENDO A HISTORIA: DA CASTAÑA Ó MILLO. COCEMOS PAN DE
CASTAÑAS, CENTEO, MILLO E TRIGO Obxectivo: Ana...
Museo Pazo de Tor
22
OBRADOIROS DE VERÁN
VERÁN 2014: Programa de Obradoiros e Actividades no Museo
Pazo de Tor
Mario Outei...
Museo Pazo de Tor
23
gastronomía e alimentación, ou para a aplicación de diferentes tecnoloxías
que nos van permitir coñec...
Museo Pazo de Tor
24
2.-Reproducións de pezas arqueolóxicas
Escavar, buscar, investigar, reconstruír e recompoñer, paso a ...
Museo Pazo de Tor
25
3.-A miña primeira película (sen cámara) da Rede Museística
Cine sen cámara ou animación directa é un...
Museo Pazo de Tor
26
A través das coleccións de reloxos existentes nos museos da Rede
Museística Provincial podemos observ...
Museo Pazo de Tor
27
OBRADOIROS DE NADAL
NADAL 2014 na REDE MUSEÍSTICA: MUSEO PAZO DE TOR
Cando un novo Nadal peta á porta...
Museo Pazo de Tor
28
este método converteuse nunha práctica artística. Así que aínda que non
vaiamos de pesca, vamos captu...
Museo Pazo de Tor
29
Obradoiros: Entre o sono e o soños
A palabra “soño”, segundo o Dicionario da Real Academia Galega, si...
Museo Pazo de Tor
30
-Soños artísticos
Construir os soños e atopar o xeito de acadalos nunca foi doado. Pero se
algo está ...
Museo Pazo de Tor
31
-Harmonía dun soño
Neste obradoiro ensinamos aos nosos nenos a desenvolver todos os
sentidos a través...
Museo Pazo de Tor
32
Museo Pazo de Tor
33
SEMANA DOS MUSEOS. DIM
Semana dos Museos 2014: Museo Pazo de Tor
O deputado delegado de Cultura e Tur...
Museo Pazo de Tor
34
varios grupos sociais, nun intento de facer museos comunitarios, imbricados
coa sociedade e para todo...
Museo Pazo de Tor
35
-Exposicion dos deseños da “Guía Postal da Moda de Lugo” xunto con unha
exposición de botellas da D. ...
Museo Pazo de Tor
36
Museo Pazo de Tor
37
PROGRAMA DE ACCIÓN SOCIAL
Día 3 de decembro: Día Internacional das Persoas con
Discapacidade no MPLug...
Museo Pazo de Tor
38
18:00 h.-Saúdo de Mario Outeiro, deputado delegado da área de Cultura e
Turismo da Deputación de Lugo...
Museo Pazo de Tor
39
18:10 h.-Manifesto, exposición a cargo de Ángeles Miguélez, do
departamento de Accesibilidade e Capac...
Museo Pazo de Tor
40
Álbum da Memoria Compartida.
É unha experiencia-obradoiro dirixida a persoas enfermas de Alzheimer e
...
Museo Pazo de Tor
41
recordos. A través da memoria queremos provocar emocións que evoquen
lembranzas e se erixan coma pont...
Museo Pazo de Tor
42
da Memoria Compartida, quedando pendente unha visita neste 2015 para
desenrrolar parte da actividade....
Museo Pazo de Tor
43
PROGRAMA DE ACCIÓN CULTURAL
Culturas en Diálogo Lugo-Arxentina.
Mario Outeiro Iglesias, deputado dele...
Museo Pazo de Tor
44
persoas vencelladas a diferentes actividades artísticas e culturais de
ambas beiras do Atlántico. Par...
Museo Pazo de Tor
45
UNESCO en 2009, consigue falarnos, con beleza e emoción, de xénero e de
emigración. E para iso contam...
Museo Pazo de Tor
46
prepara, que útiles son necesarios e o rito de tomar uns mates. Coord.:
Asoc. de Rioplatenses de Lugo...
Museo Pazo de Tor
47
Enlaces de interese: 2174_Culturas en dialogo Lugo-Arxentina
(Programa para descargar_imprimir).pdf
P...
Museo Pazo de Tor
48
e a riqueza natural, e o debate en torno á mestizaxe e a memoria. O
percorrido do horto aromático med...
Museo Pazo de Tor
49
PROPOSTA PARA ACTIVIDADE NO PAZO DE TOR
Mediante unha acción participativa e plantación de horto con ...
Museo Pazo de Tor
50
termo ao estudo do uso das plantas nas sociedades tradicionais.
"A Etnobotánica considérase unha disc...
Museo Pazo de Tor
51
plantarémolas cos sobres para así configurar o hortoaromaticomedicinal
deseñado por MICROPROJETS.
É c...
Museo Pazo de Tor
52
CONFERENCIAS E RELATORIOS.
O VI Congreso Galego de Cruceiros foi no Museo Pazo de Tor
Mario Outeiro, ...
Museo Pazo de Tor
53
11:00 horas. Acto inaugural do VI Congreso Galego de cruceiros, cruces de
pedra e petos de ánimas a c...
Museo Pazo de Tor
54
9. INDULXENCIAS, MISIÓNS E CRUCES, por Victoria Fernández de la Cigoña
Rodríguez.
10. LA CELEBRACIÓN ...
Museo Pazo de Tor
55
O número 2 da revista oral "A VOZ DOS LEMAVOS" adicouse a “As artes do
viño”. Desenvolveuse o sábado,...
Museo Pazo de Tor
56
Contraportada musical: Sabaxáns, por Tundal (3’)
_______
*Avelino García Pérez, cesteiro de Pincelo, ...
Museo Pazo de Tor
57
unha das seccións do suplemento De Vinos de La Voz, recentemente
premiado polo Instituto Galego do Vi...
Museo Pazo de Tor
58
trasládase a Galicia no 2004 onde comeza a centrarse no mundo dos
arquivos familiares mediante difere...
Museo Pazo de Tor
59
PROGRAMA DE EXPOSICIÓNS
EXPOSICIÓN: O Apóstolo Ribera, de Fernando Yáñez
A Inauguración foi o 11 de a...
Museo Pazo de Tor
60
características físicas e psíquicas dos seus personaxes representados. Unha
dimensión terreal á vez q...
Museo Pazo de Tor
61
Museo Pazo de Tor
62
EXPOSICION: Arte de ser Muller nun mundo por
compartir 5.0: Mulleres en / para / por/ desde / ante
o ...
Museo Pazo de Tor
63
A exposición está construída cos relatos de homes e mulleres que quixeron
homenaxear a figura feminin...
Museo Pazo de Tor
64
EXPOSICIÓN: Diálogos MN, gravados e monotipos “Peixes de tinta”
de Esteban Bernárdez e Esteban Fuente...
Museo Pazo de Tor
65
mesma rexión. A principios do século pasado decidiuse alentar a práctica da
pesca co fin de levantar ...
Museo Pazo de Tor
66
Exposición sobre patrimonios compartidos e mateada no Museo
Pazo de Tor
O sábado, 5 de abril, ás 18.0...
Museo Pazo de Tor
67
posúen ambos os dous patrimonios. Propoñendo un diálogo bidireccional
entre dous patrimonios irmandad...
Museo Pazo de Tor
68
Natureza no Museo Pazo de Tor.
A natureza tamén forma parte do Museo Pazo de Tor. Natureza cambiante ...
Museo Pazo de Tor
69
PROGRAMA DE CONCERTOS.
Obradoiro arredor dos instrumentos antigos de tecla no Museo Pazo
de Tor
O sáb...
Museo Pazo de Tor
70
8º Aniversario da Apertura do Museo Pazo de Tor
Como cada ano desenvolveuse a celebración da efemérid...
Museo Pazo de Tor
71
PROGRAMA DE CINE E TEATRO.
O PAZO DE TOR COMO PRINCIPAL ESCENARIO DAS
PRINCIPAIS SECUENCIAS DO FILME ...
Museo Pazo de Tor
72
museo, unha das máis importantes mostras da arquitectura pacega galega”, explicou
Outeiro, quen adema...
Museo Pazo de Tor
73
Rodríguez, a xerente da Rede, Encarna Lago, e o deputado delegado da área de
Cultura e Turismo da Dep...
Museo Pazo de Tor
74
PROGRAMA DE COLECCIÓNS.
Intervención expositiva co fin de manter unha preservación máis
eficaz de alg...
Museo Pazo de Tor
75
Museo Pazo de Tor
76
PERSONAL MUSEO PAZO DE TOR.
Este ano xubilouse “Angelita” Ángeles Rivada González, Encargada do
Museo...
Museo Pazo de Tor
77
PROGRAMA ARQUITECTÓNICO.
Programa arquitectónico do Pazo de Tor, anexos e exteriores.
- Instalación d...
Museo Pazo de Tor
78
EQUIPO.
Encarna Lago: Xerente da Rede Museística Provincial de Lugo
Ángeles Rivada: Encargada Museo P...
Próximos SlideShares
Carregando em…5
×

Memoria Tor 2014

444 visualizações

Publicada em

Memoria Tor 2014

Publicada em: Arte e fotografia
0 comentários
0 gostaram
Estatísticas
Notas
  • Seja o primeiro a comentar

  • Seja a primeira pessoa a gostar disto

Sem downloads
Visualizações
Visualizações totais
444
No SlideShare
0
A partir de incorporações
0
Número de incorporações
31
Ações
Compartilhamentos
0
Downloads
1
Comentários
0
Gostaram
0
Incorporações 0
Nenhuma incorporação

Nenhuma nota no slide

Memoria Tor 2014

  1. 1. Museo Pazo de Tor 1 MEMORIA 2014 MUSEO PAZO DE TOR, REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL DE LUGO
  2. 2. Museo Pazo de Tor 2 ÍNDICE LIMIAR___________________________________3 ESTADÍSTICA ANUAL DE VISITANTES_______________4 CRONOLOXÍA____________________________________7 PROGRAMA DIDÁCTICO____________________________11 Programa de visitas e actividades Escolares_______11 Obradoiros de Primavera______________________17 Obradoiros de Verán___________________________22 Obradoiros de Nadal_____________________________27 SEMANA DOS MUSEOS___________________________________33 PROGRAMA DE ACCIÓN SOCIAL_____________________________37 Día Internacional das Persoas con Discapacidade__________37 Álbum da Memoria Compartida__________________________40 PROGRAMA DE ACCIÓN CULTURAL ANUAL__________________________43 Culturas en Díalogo LUGO-ARXENTINA________________________43 Proxecto Naturea e Emigración_________________________________47 CONFERENCIAS E RELATORIOS_______________________________________52 VI Congreso Galego de Cruceiros________________________52 Revista nº2 A Voz dos Lemavos_________________________54 PROGRAMA DE EXPOSICIÓNS__________________________________59 Exposicións O APÓSTOL RIVERA, F. Yáñez___________________59 Exposición Arte de ser Muller 5.0_____________________62 Exposición PEIXES DE TINTA, E Bernández,E Fuentes_____64 Exposición sobre PATRIMONIO COMPARTIDO___________66 Exposición (micolóxica) NATUREZA EN TOR_________________68 PROGRAMA DE CONCERTO____________________________________69 Concerto de Espazos Sonoros__________________________69 Concerto 8º Cumpreanos do Museo Pazo de Tor_________70 PROGRAMA CINE E TEATRO_____________________________71 RODAXE DE A ESMORGA____________________71 PROGRAMA DE COLECCIÓNS___________________74 PERSONAL MUSEO PAZO DE TOR_______________76 PROGRAMA ARQUITECTÓNICO________________77 EQUIPO MUSEO PAZO DE TOR________________78
  3. 3. Museo Pazo de Tor 3 LIMIAR O Pazo de Tor é unha fermosa mostra da arquitectura pacega galega. Presenta unha colección musealizable que transmite a vida da fidalguía galega a visita ó Pazo de Tor non só permite coñecer de primeira man unha das máis importantes mostras da arquitectura pacega galega, permite tamén coñecer integramente todas as salas e dependencias do mesmo, co seu mobiliario orixinal e coas coleccións artísticas que a familia foi atesourando ó longo dos séculos, un testemuño privilexiado do modo de vida da nobreza na Galicia da Idade Moderna. As coleccións tamén que alberga o Museo Pazo de Tor tamén de tipo etnográfico que van desde a época castrexa ata a época actual. As salas do Museo Pazo de Tor tamén son espazos expositivos e de intervencións artísticas de diversas de obras contemporáneas, sendo incluso centro de convivencia e traballo de artistas de todas as disciplinas. A laboura didáctica está presente ao longo de todo o ano. O Museo Pazo de Tor dispón dunha aula didáctica que serve de taller de aprendizaxe tendo como soporte material e documental o Pazo de Tor, estas actividades son complementadas con diversos actos de efemérides, actuacións musicais, teatrais. É por elo que o Museo Pazo de Tor segue a ofrecernos un sinfín de posibilidades para aprender, imaxinar, compartir e disfrutar.
  4. 4. Museo Pazo de Tor 4 ESTADÍSTICA ANUAL DE VISITANTES. = 7601 visitantes.
  5. 5. Museo Pazo de Tor 5 0 200 400 600 800 1000 1200 1400 1600 Gráfico comparativo visitantes ano 2013-14 2013 2014 0 200 400 600 800 1000 1200 1400 1600 91 167 510 638 1117 523 725 1497 799 494 588 452 POR MESES ANO 2014 60 887 723 933 806 2341 1851 0 500 1000 1500 2000 2500 POR DÍAS DE SEMANA ANO 2014 Doming o Sábado Venres Xoves Mércore s Martes
  6. 6. Museo Pazo de Tor 6 824; 11% 248; 3% 144; 2% 255; 3% 1063; 14% 3394; 45% 1673; 22% POR IDADES ANO 2014 0-10 11-14 15-18 19-25 26-40 41-65 66- 0 500 1000 1500 2000 2500 381 2006 2099 138 22 157 9 20 26 241 356 29 100 22 451 8 0 6 125 124 POR PROCEDENCIAS LUGO CIDADE LUGO PROVINCIA GALICIA ANDALUCÍA ARAGÓN ASTURIAS BALEARES CANARIAS CANTABRIA CATALUÑA CASTILLA LEÓN CASTILLA LA MANCHA EUSKADI EXTREMADURA MADRID MURCIA NAVARRA LA RIOJA VALENCIA EXTRANXEIROS
  7. 7. Museo Pazo de Tor 7 PROGRAMACIÓN RESULTANTE 2014 GRUPOS– VISITAS ESCOLARES - OBRADOIROS- INT. ARTÍSTICAS – EXPOSICIÓNS – CONFERENCIAS - Febreiro. 22/02/2014 Grupo Adultos. Asturias. 22/02/2014 Grupo Adultos. Grove 23/02/2014 Grupo Adultos. Moaña 15/02/2014 Obradoiros de Pequeamigos. As Lupercalias Romanas. 22/03/2013. Obradoiros de Pequeamigos e Club Senior. “Entroido. Os Mecos”. - Marzo. 6/03/2014. Inauguración Exp. “Arte de ser muller nun mundo por compartir 5.0” 13/03/2014. Rodaxe A Esmorga. 14/03/2014 Rodaxe A Esmorga. 17/03/2014 Rodaxe A Esmorga. 18/03/2014 Rodaxe A Esmorga. 19/03/2014 Rodaxe A Esmorga. 22/03/2014 Grupo Adultos. Balneario Augas Santas. 22/03/2014 Obradoiros Pequeamigos. “Día Internacional da Árbore”. 27/03/2014 Grupo Escolar. CEIP. Taboada. - Abril. 6/04/2014. Inauguración Exp. “Patrimonio Compartido” (Galicia – Arxentina) 6/04/2014. Obradoiro Club Senior. “Mateada no Museo Pazo de Tor”. 9/04/2014. Grupo Escolar. CEIP Torre de Lemos. 10/04/2014. Grupo Adultos. Pantón. 11/04/2013 Inauguración Exp. Apóstol Ribera. F. Yáñez
  8. 8. Museo Pazo de Tor 8 19/04/2014 Grupo Escolar. CEIP. Vila de Arenteiros 26/04/2014. Obradoiros Pequeamigos. “Cocendo a Historia”. 30/04/2014. Grupo Escolar CEIP de Samos. - Maio 1/05/2014. Grupo Adultos. Asc. STA. Eulalia de Vilagarcía. 3/05/2014. Obradoiros Pequeamigos. Xogos de Personaxes Rede de Historias. “Criados e Señores” 8/05/2014. Grupo Escolar. IES. A RÚA. 11/05/2014 Grupo Escolar. CEIP A Milagrosa (LUGO) 11/05/2014 Grupo Adultos. Asc. AMIGOS DOS MUSEOS DE GALICIA. (Org. Felipe Senén) 17/05/2014 Grupo Adultos. Operador Galitur (Asc. Veciñal). 17/05/2014 Grupo Adultos. USC. Alumnos de Empresa (prácticas) 17/05/2014 Inauguración Exp. “GASTROMODA”. 17/05/2014 Letras Galegas / “Noite dos Museos”. 18/05/2014 DIM. Actos do Día Internacional dos Museos 18/05/2014. Grupo Adultos. Universidade de A Coruña. 18/05/2014. Grupo Adultos. Visita Asc. Cultural (Santiago). 18/05/2014. Grupo Adultos. Asc. Amas de Casa de Vilalba. 22/05/2014. Grupo Adultos. Organismo. Actividade do Consello Regulador Ribeira Sacra. 24/05/2014. CONFERENCIA. Revista Oral nº2 A Voz dos Lemavos. 31/05/2014. Obradoiro Pequeamigo. “Da Rapa ao tecido da lá de Ovella” - Xuño. 7/06/2014. Grupo Adultos. Asc. Veciños de Friol. 7/06/2014. Grupo Adultos. Penitenciario de Bonxe 7/06/2014. Grupo Escolar. CEIP. ILLA VERDE. (ANPA ILLA VERDE de Lugo). 8/06/2014. Grupo Adultos. Asc Cultural Rosa Dorada (Asturias) 14/06/201. Grupo Adultos. Operador Turísitico, Mundo Galaico. 17/06/2013 Grupo Escolar. CEIP. Divino Maestro (LUGO) - Xullo.
  9. 9. Museo Pazo de Tor 9 10/06/2014 Obradoiro Pequeamigos. “Facemos unha Peza de Coiro” 13/07/2014. Grupo Adultos. Asc. Veciñal de O Corgo. 13/07/2014. Acto-Actividade. 8º Aniversario Pazo de Tor. Concerto (Fado Galego-Portugués) Artistas: Iria Estévez e Gonzao Piña. 19/07/2014. Grupo Adultos. Asc. Cultural dos Museos de Asturias. 22/07/2014. Obradoiros Pequeamigos. “Reproducións de Pezas Arqueolóxicas”. 23/07/2014. Obradoiros Pequeamigos. “Reproducións de Pezas Arqueolóxicas”. 24/07/2014. Obradoiros Pequeamigos. “Reproducións de Pezas Arqueolóxicas”. 25/07/2014. Obradoiros Pequeamigos. “Reproducións de Pezas Arqueolóxicas”. - Agosto. 8/08/2014. Grupo adultos. Asc. Cultural Crisanto de Lugo. 10/08/2014. Grupo adultos. Asc. Cultural de Oviedo. 10/08/2014. Grupo adultos. Asc Cultural Barbante 19/08/2014. Obradoiros Pequeamigos. “A miña 1ª Pelicula da Rede Museísitca Provincial de Lugo (sen cámara)” 26/08/2014 Grupo Adultos. Asc. Cultural de O Bolo de Ourense 28/08/2014 Grupo Adultos. Pazo das Muras (procedencia de Madrid) 30/08/2014 Grupo Adultos. Asc. Veciños Santalla de Rey. - Setembro. 14/09/2014. Grupo Adultos. Asc. Veciñal de Santander 18/09/2014. Grupo Adultos. Fundación Caixa Galicia 20/09/2014. Grupo Adultos. Asc. Veciñal de Asturias 21/09/2013 Grupo Escolar e Adultos. Actividade. “Sentido e Sensibilidade”. Asc. Down Lugo. 25/09/2014. Grupo Adultos. Asc. Cultural Castro Ribeirs de Lea 27/09/2014. Grupo Adultos. Asc. Xermar (COSPEITO) 27/09/2014 Obradoiros Pequeamigos. “O Tempo no Tempo” 28/09/2014. Grupo Adultos. Asc. Amas de Casa de A Contú.
  10. 10. Museo Pazo de Tor 10 - Outubro 08/10/2014. Grupo Adultos. Georgian Grup. (UK-EEUU). 11/10/2014. Grupo Adultos. Asc. Veciñal de Vigo. 11/10/2014. Grupo Adultos. Universiade de Vigo. 12/10/2014. Grupo Adultos. Asc. Veciñal de Pontevedra. 18/10/2014. “Espazos Sonoros”. Conferencia e Concerto de música clásica. 19/10/2014. Grupo Adultos. Operador Turísitco. Serviocio Ourense. - Novembro 2/11/2014. Grupo Adultos. Balneario de Augas Santas. 4/11/2014. Grupo Adultos. Asc Cultural de Luanca. Asturias 7/11/2014. Grupo Adultos. Asc. Micolóxica Os Lactouros. 7/11/2014. Montaxe e exposción de cogomelos de Tor 11/11/2014. Grupo Adultos. Balneario Augas Santas. 15/11/2014. Grupo Adultos. Asc. Camiño de Santiago de Oviedo. 15/11/2014 Congreso Galego de Cruceiros. 15/11/2014 Congreso Galego de Cruceiros. 25/11/2014. Grupo Escolar. CEIP. López Suárez de Escairón. 28/11/2014. Grupo Adultos. Balneario Augas Santas. 29/11/2014. Grupo Adultos. Asc. Adelleos. - Decembro. 7/12/2014. Grupo Adultos. Asc. Veciños (Ferrol) 12/12/2014. Grupo Escolar. CEIP López Suárez de Escairón. Actividade: “Historia a Través dos Pergameos”. “Sentido e Sensibilidade” 20/12/2014 Inauguración Exp. “Gyotaku. Peixes de tinta” 27/12/2014. Obradoiros Pequeamigos. “Un Soño dun tal Pilates” 27/12/2014. Obradoiros Club EI! e Club Senior.”A túa palabra o noso soño” “Armonía entre o Soño e os Soños”.
  11. 11. Museo Pazo de Tor 11 PROGRAMA DIDÁCTICO. Presentado o programa de actividades escolares para o curso 204- 2015 nos museos da Rede Museística. Mario Outeiro, deputado delegado da área de Cultura e Turismo, xunto á xerente da Rede Museística, Encarna Lago, e a directora do MPLugo, Aurelia Balseiro, presentaron o Programa de Actividades Escolares que se desenvolveu nos catro museo integrados na Rede Museística da Deputación de Lugo durante o curso 2014-2015. Este programa foi e vai dirixido a todos os centros escolares de Galicia, con actividades adaptadas aos diferentes ciclos, desde E. Infantil ata BAC. _____Comezou o curso escolar 2014-2015 e, outro ano máis, a Rede Museística presentou un actualizado programa educativo, deseñado e pensado para todas as etapas educativas coa pretensión de seguir ofrecéndolle á comunidade escolar experiencias didácticas co fin último de coñecer, comprender, valorar e gozar das coleccións e espazos que conforman parte do patrimonio histórico artístico e cultural da provincia de Lugo. Dende a Rede Museística, en sintonía coas novas formulacións da museoloxía social, seguimos apostando por un modelo didáctico que pon en valor a aprendizaxe activa, participativa e emocional; creando en cada visita unha experiencia vivencial, agradable e memorable. A proposta educativa persegue formar o alumnado en estratexias de aprendizaxe autónomas,
  12. 12. Museo Pazo de Tor 12 capaces de construír o seu propio pensamento crítico, non só sensible á arte senón cara ao noso pasado para poder intervir no presente e soñar un futuro. Actividades deseñadas e elaboradas polo equipo dos departamentos de didáctica do Museo Provincial de Lugo (Lucía Dequidt Lagares, Raquel Guerrero Prieto, Mª Anunciación Losada Montenegro, José Manuel Mendoza Castiñeira e Paula Salinas Somoza), do Museo Fortaleza San Paio de Narla (Francisca Abuín e Ana Ferro), do Museo Provincial do Mar (Ángeles Miguélez e Amelia Pernas), e do Museo Pazo de Tor (Tar López e Silvia Fiallega Lorenzo). Faremos mención, na presente memoria, únicamente das actividades desenvoltas ou con posibilidade de selas no Museo Pazo de Tor. PROGRAMA A oferta de actividades dirixida aos centros educativos presenta 4 grandes bloques temáticos que van ser o eixe estrutural da nosa intervención didáctica. Os bloques son complementarios uns cos outros e perseguen construír un corpus estrutural: ___Bloque 1: CREA O TEU MUSEO Que é un museo? Un museo é un lugar onde se conserva, expón e difunde o patrimonio artístico e cultural. Pero un museo é tamén un espazo que lle pertence a toda a comunidade, un espazo para soñar e facer das ilusións a nosa realidade. Como che gustaría que fosen os nosos museos? Que che gustaría que contivesen os nosos museos? Dende a Rede Museística abrimos as nosas portas e invitámoste a que entres e crees o teu museo a partir do diálogo coas nosas coleccións e cos profesionais que nel traballan, nunha experiencia emocional e creativa. A través das obras de arte podemos descubrir lugares reais e espazos imaxinados polos artistas. Podemos viaxar ao noso pasado a través das pezas arqueolóxicas e incluso descubrir as historias máis extraordinarias dos deuses gregos. No museo podemos dialogar cos artistas, descubrir os seus soños e anhelos. No museo podemos comunicar ideas. Para isto, invitámoste a que coñezas as nosas coleccións e a importancia do
  13. 13. Museo Pazo de Tor 13 traballo que realizan os diferentes profesionais. Obradoiro A actividade inclúe un obradoiro deseñado para traballar de maneira creativa a construción do seu propio museo a partir dun material que lle será entregado a cada escolar composto por: unha caixa-museo, fotografías, imaxes deseñadas, etc. Ciclos/cursos: 3º, 4º, 5º e 6º de E. Primario. 1º ciclo da ESO Duración estimada da actividade: 60 minutos Esta actividade pódese realizar nos catro museos da Rede. ___Bloque 2: O MUSEO COMO RELATOR DE HISTORIAS Catálogo de visitas abertas segundo os diferentes contidos que ofrecen as coleccións e seccións dos museos da Rede Museística. Esta proposta didáctica, que xa foi iniciada en anos anteriores, quere ampliar a súa oferta e implicar a todas as seccións do museo susceptibles de ser visitadas, entendendo o museo como relator de historias. Nesta proposta aberta, pretendemos utilizar unha metodoloxía activa de forma que sexan os propios escolares os que constrúan o significado ante as pezas e obras de arte. Son experiencias nas que se pretende ensinar a ver e gozar da arte e coa arte a través dun discurso narrativo que se crea coas obras de arte. Con este diálogo, preténdese potenciar a observación e a reflexión sobre as pezas e estimular o diálogo sen medo a formar unha opinión crítica e persoal. Un diálogo que se combina con información sobre o artista ou o período histórico, necesario, para completar a visión da obra e contextualizala. As coleccións presentes nos museos son susceptibles de estruturarse en contidos segundo os intereses dos visitantes e pódense exemplificar nas seguintes experiencias: rutas literarias, a arte do vestido, a historia da moeda, descubrindo a escultura, epigrafía romana, ruta franciscana, cerámica de Sargadelos e … un longo etcétera. Con esta nova formulación, preténdese facilitar a asimilación da información co fin de comprender e achegarse mellor ás coleccións que atesouran os catro museos da Rede. Os contidos temáticos son tamén un xeito atractivo para o alumnado de presentar a información e acadar a motivación e a súa atención dende o primeiro momento da visita. Ciclos/cursos: 3º, 4º, 5º e 6º de E. Primaria.
  14. 14. Museo Pazo de Tor 14 Duración estimada da actividade: 60 minutos Esta actividade pódese realizar nos catro museos da Rede. ___Bloque 3: O MUSEO COMO RETROVISOR HISTÓRICO Esta proposta nace coa finalidade de capacitar o alumnado para interpretar vestixios do pasado e analizar a súa importancia no desenvolvemento da nosa cultura. Ciclos/cursos: 4º, 5º, 6º de E. Primario. ESO Duración estimada da actividade: 60 minutos Esta actividade pódese realizar nos catro museos da Rede. ___Bloque 4: VIAXES POLOS MUSEOS DA REDE SAFARI NA REDE Metodoloxía: Percorrido buscando animais representados en distintas obras expostas no Museo. Logo da busca, podemos xogar a agrupar os animais localizados segundo sexan de pelo ou de pluma, de terra ou de aire, mamíferos, etc. Remataremos a actividade completando un álbum cos cromos correspondentes aos animais avistados durante o safari. Ciclos/cursos: Educación Infantil, 1º,2º, 3º de E. Primario. Duración estimada da actividade: 60 minutos. Esta actividade pódese realizar nos catro museos da Rede. VIAXE POR UN CADRO Metodoloxía:. Metémonos dentro dun cadro e sen ver o que ven os que miran de fronte temos que descubrir de que obra somos personaxes. Descubriremos figuras, formas e símbolos dalgunhas obras pictóricas expostas no museo. Ciclos/cursos: 5º, 6º de Educación primaria e 1º de ESO Duración estimada da actividade: De 70 a 80 minutos. Esta actividade pódese realizar nos catro museos da Rede. VIAXE NO TEMPO NO PAZO DE TOR A TRAVÉS DOS PERGAMEOS Metodoloxía: Partindo dos fabulosos e diversos fondos de pergameos que atesoura o Pazo de Tor (Museo, arquivo e biblioteca) faremos unha viaxe no
  15. 15. Museo Pazo de Tor 15 tempo tendo como fío condutor o pergameo. Pasando pola escritura, debuxo e outros fins diversos. Trataremos de viaxar a ese pasado repasando, como aprendices artesáns, os diferentes procesos técnicos na produción do pergameo e na súa escritura e o gravado. Ciclos/cursos: E. Primario e ESO. Duración estimada da actividade: de 60 a 90 minutos. Esta actividade pódese realizar no Museo Pazo de Tor (Monforte). SENTIDO E SENSIBILIDADE, A VIAXE DOS SENTIDOS POLO PAZO DE TOR Metodoloxía: Mergullarémonos no pasado pescudando entre as pezas e as estancias do pazo, tratando de captar os misterios e sensacións que envolven o noso museo. Xogo de probas no que os sentidos xogan un papel esencial para o coñecemento do museo desde dentro. O museo constituirá o noso panel de xogo, cada estancia será unha casiña a percorrer na nosa viaxe, iremos facendo paradas para desenvolver as diferentes probas do xogo: de memoria, de sons, de mímica, de coñecementos, de idiomas Ciclos/cursos: E. Primario e ESO. Duración estimada da actividade: de 70 a 90 minutos. Esta actividade pódese realizar no Museo Pazo de Tor (Monforte). _____CONCERTACION DE VISITAS Coa finalidade de responder ás necesidades do novo programa escolar 2014/2015 foi necesario ofrecer un servizo de concertación de visitas máis personalizado onde poder manter unha conversa sobre o tipo de visita que se quere concertar tendo en conta as características do grupo e o bloque temático da programación. No transcurso de ditas actividades poderanse realizar vídeos e fotografías que logo se poderán exhibir nas canles dixitais das que dispón a Rede Museística, para o que o profesorado terá que traer o permiso de protección de imaxe de cada nena e neno asinado pola nai, pai ou titor legal. SENTIDO E SENSIBILIDADE, A VIAXE DOS SENTIDOS POLO PAZO DE TOR VIAXE NO TEMPO NO PAZO DE TOR A TRAVÉS DOS PERGAMEOS
  16. 16. Museo Pazo de Tor 16
  17. 17. Museo Pazo de Tor 17 OBRADOIROS. CLUBE PEIQUEAMIGOS, CLUBE EI!, CLUBE SENIOR CLube Pequeamigos da Rede: Programa de actividades para o período marzo-maio 2014 no Museo Pazo de Tor. O deputado delegado da área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, Mario Outeiro, e a xerente da Rede, Encarna Lago, presentaron a programación de actividades e obradoiros para o Clube Pequeamigos da Rede no período marzo-maio 2014. O prazo de inscrición estará aberto desde o martes 11 ao venres 21 de febreiro. Un museo é un espazo onde nos reflectimos nós mesmo e a Rede Museística Provincial de Lugo trata de facelo a través dos seus contidos e das súas experiencias pedagóxicas proxectándoas aos distintos colectivos da sociedade. A programación que presenta vai dirixida ao Clube Pequeamigos da Rede e foi deseñada coma unha proposta conformada por diversos obradoiros, cos que se pretende un achegamento das nenas e nenos aos catro museos da Rede e ás súas coleccións. Queremos que as xeracións do futuro aprendan, respecten e coñezan o noso patrimonio, como medio e como ferramenta para a súa formación, así como para o conxunto da sociedade. É dicir, museos onde a historia
  18. 18. Museo Pazo de Tor 18 convértese en experiencias didácticas, vivenciais e lúdicas, un museo de historias por descubrir e compartir. A programación foi trimestral para os meses de marzo, abril e maio e os Obradoiros foron elaborados para dar resposta aos seguintes principios: 1. SIMPLICIDADE. Un valor que define as actividades seguindo a filosofía de obter satisfacción persoal ao realizar algo por un mesmo. 2. PARTICIPACIÓN. Fomento das actitudes proactivas que estimulan a creatividade individual e colectiva. 3. COLABORACIÓN. Propostas colaborativas que fomentan o traballo en equipo. 4. DEDUCIÓN. Dinámicas que nos permitan aprender da nosa propia experiencia 5. DIVERSIÓN. O xogo como instrumento clave para o desenvolvemento integral. 6. EMOCIÓN. A importancia da emoción e o abraio na arte de medrar. 7. COÑECEMENTO. Todas as actividades propostas neste programa potencian novas capacidades cognitivas: a. Aprender a coñecer b. Aprender a ser c. Aprender a vivir xuntos d. Aprender a facer Impartidos por: Encarna Lago (Xerente Rede Museística), Raquel Guerrero, Lucía Dequit, María Montenegro, Paula Salinas, José Manuel Mendoza, Alba Gorgoso, Nieves Neira, Cristina Sánchez, Francisca Abuín, Ana Ferro, Jesús González, Tar López, Silvia Fiallega, Juan Ignacio Márquez Barros, Ángeles Miguélez e Amelia Pernas
  19. 19. Museo Pazo de Tor 19 PROGRAMA: Museo Pazo de Tor AS LUPERCALIAS ROMANAS. Obxectivo: Coñeceremos as orixes da festa de S. Valentín e celebraremos esta data dedicada á amizade e ao amor creando mensaxes. Idades: de 4 a 14 anos. Data: 15 de febreiro. Horario: de 12 a 13:30 h. OS MECOS DE ENTROIDO: OS COMPADRES E AS COMADRES. XOGAMOS COS ROLES DE XÉNERO Obxectivo: Usaremos as figuras dos Compadres e das Comadres, tradicionais do Entroido de Lemos, para traballar os roles de xénero. Data: 22 de febreiro. CELEBRAMOS O DÍA INTERNACIONAL DA ÁRBORE Obxectivo: Coincidindo coa entrada da primavera no noso hemisferio, o 21 de marzo, celébrase o Día Forestal Mundial, para recordarnos a importancia das árbores para o noso ecosistema e para a vida humana. Plantaremos unha árbore para lembrar a importancia de respectar a natureza. Idades: actividade familiar. Data: 22 de marzo. Horario: de 12 a 13:30 h.
  20. 20. Museo Pazo de Tor 20 A LÁ EN TOR: DA RAPA Ó TECIDO Obxectivo: Levar a cabo o proceso de conversión da lá en tecido, desde a rapa ata o urdido. Idades: Todas a idades. Data: 24 de maio. Horario: de 12 a 13:30
  21. 21. Museo Pazo de Tor 21 COCENDO A HISTORIA: DA CASTAÑA Ó MILLO. COCEMOS PAN DE CASTAÑAS, CENTEO, MILLO E TRIGO Obxectivo: Analizar as diferentes evolucións dos cereais e froitos secos para facer o pan ao longo da historia Idades: Todas as idades. Data: 26 de abril. Horario: de 12 a 13:30 h. XOGO DE PERSONAXES: REDE DE HISTORIAS, XOGO DE ROL: CRIADOS E SEÑORES Obxectivo: Encarnar as diferentes personaxes que podían vivir nun pazo, e procuraremos reflectir as diferenzas sociais existentes entre os señores e os seus serventes na súa vida cotiá. Idades: de 4 a 14 anos. Data: 3 de maio. (» + INFO NO BLOG dos Departamentos de Didáctica dos museos da Rede
  22. 22. Museo Pazo de Tor 22 OBRADOIROS DE VERÁN VERÁN 2014: Programa de Obradoiros e Actividades no Museo Pazo de Tor Mario Outeiro, deputado delegado da área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, xunto coa xerente da Rede Museística, Encarna Lago, presentaron o Programa de Obradoiros e Actividades para o VERÁN 2014. Co seguinte programa de actividades. _____ PROGRAMA DE OBRADOIROS E ACTIVIDADES Vive o verán! Os días de xullo e agosto son diferentes e máis luminosos, xeralmente alleos a rutinas e maioritariamente de folganza e relax. Viaxamos, paseamos, descansamos e tratamos de recuperar forzas e enerxía para a seguinte xeira escolar ou de traballo. Desde os museos da Rede Museística intentamos que o teu verán sexa, ademais de entretido e divertido, proveitoso. A tal fin elaboramos un amplísimo programa de actividades pensadas para todas as idades, desde os 4 aos 1.300 anos (de darse o caso) para que ninguén quede á marxe das propostas que os nosos museos poden ofrecer. Obradoiros para que se exprese a túa capacidade creativa, sexa cal sexa a técnica que máis che poida interesar (pintura, escultura, gravado, musivaria, fotografía, muralismo, ourivería, música, cine …), campamentos de arqueoloxía para que experimentes a emoción da descuberta do pasado aínda oculto, traballos manuais para conseguir elaborar fermosas prendas ou obxectos, desde un mosaico ata un abano. Tamén temos actividades arredor da
  23. 23. Museo Pazo de Tor 23 gastronomía e alimentación, ou para a aplicación de diferentes tecnoloxías que nos van permitir coñecer mellor o medio e o mundo no que vivimos e como, se for preciso, podemos influír para cambialo. Para elaborar este amplo programa que puxemos tivemos en conta as propostas dos membros dos clubs da Rede Museística, desde os máis cativos de Pequeamig@s, os mozos e mozas do Club Ei! ata os máis veteranos do Club Sénior. Todos eles e elas participan ao longo do ano en múltiples actividades nos museos da Rede e do seu compromiso e experiencia aprendemos que os museos son motores activos imprescindibles para o desenvolvemento social e cultural das comunidades. Desde a área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo e a través dos museos integrados na Rede Museística adquirimos o compromiso de servir á nosa sociedade, de usar os fondos que custodiamos para proveito de todos e todas. Por iso cada un dos catro museos integrados na Rede Museística ten un programa específico, adaptado ás especificidade dos seus fondos e dos grupos ou colectivos interesados. Unha proposta, en definitiva, que atraia tamén aos que non teñen o hábito de visitarnos e para que á volta do estío digan connosco: Viva o verán! _____MUSEO PAZO DE TOR 1.-Facemos unha peza de coiro Neste obradoiro tratouse de explicar a importancia do coiro como materia prima esencial para a elaboración de moitos dos obxectos da vida cotiá na Idade Moderna, como o calzado, bolsas, arreos dos animais, etc. Como mostra realizaremos unha bolsa de moedas. Data: 10 de xullo. Horario: de 12:00 a 13:30 h. Idades: de 4 a 14 anos
  24. 24. Museo Pazo de Tor 24 2.-Reproducións de pezas arqueolóxicas Escavar, buscar, investigar, reconstruír e recompoñer, paso a paso o obxecto desde a escavación. Se achega a vitrina o obxecto vello, estragado, antigo. Toma nova forma coas reproducións e móstrase agora como un elemento vivo. De paso, recuperamos as antigas técnicas dos nosos devanceiros. Data: 22, 23, 24 e 25 de xullo. Horario: de 12:00 a 13:30 h. Idades: de 8 a 12 anos Prazas: 15 asistentes, por orde de inscrición.
  25. 25. Museo Pazo de Tor 25 3.-A miña primeira película (sen cámara) da Rede Museística Cine sen cámara ou animación directa é un proceso que reproduce con grande exactitude os impulsos físicos individuais do artista: as imaxes artesanais reflicten a vibración dos dedos, as variacións de presión, os ritmos internos externados. Data: 19 de agosto Horario: de 12.00 a 13:30 h Idades: de 6 a 12 anos Prazas: 20 asistentes, por orde de inscrición. O tempo no tempo: novos obradoiros do Club Pequeamig@s da Rede Museística Baixo a denominación “O tempo no tempo” os museos da Rede Museística convocaron novos obradoiros arredor dun tema tan suxestivo como é o do tempo e os sistemas e aparellos que permitiron a súa medición ao longo do “tempo”.
  26. 26. Museo Pazo de Tor 26 A través das coleccións de reloxos existentes nos museos da Rede Museística Provincial podemos observar a importancia de medir o tempo en diversas épocas, centrándonos nas coleccións de reloxos de sol e de peto dispostas no Museo Provincial de Lugo e no Museo Pazo de Tor. Estes obradoiros desenvolvéronse entre o 22 de setembro e o 3 de outubro no MPLugo, e o 27 de setembro no Museo Pazo de Tor, achegamos a memoria desta última. MUSEO PAZO DE TOR Prazo de e lugar de inscricións: foi desde o 15 ao 26 de setembro, departamento de Didáctica do Museo Pazo de Tor Obradoiro: O tempo no tempo. Comprender o funcionamento dos diversos reloxos e a necesidade, en toda as épocas, da súa utilización. Idades: de 4 a 12 anos Quendas: 27 de setembro Horario: de 11:00 a 14:00 h.
  27. 27. Museo Pazo de Tor 27 OBRADOIROS DE NADAL NADAL 2014 na REDE MUSEÍSTICA: MUSEO PAZO DE TOR Cando un novo Nadal peta á porta concédese licenza xeral para fantasiar. Temos dereito, e necesidade, de concedernos uns días liberados de rutinas e de obrigas supostamente ineludibles. Unha oportunidade para facer balance e reconducir, se for preciso, o rumbo das nosas vidas. E puntualmente, como cada ano, os museos da Rede Museística da Deputación de Lugo achegámosche un programa de obradoiros e actividades tentando contribuír, na medida das nosas posibilidades, ao teu lecer creativo. Ademais, neste remate do ano 2014 temos á túa disposición a exposición “Entre o sono e os soños. Soñar para crear na Rede Museística”, un proxecto comunal dos catro museos que integramos a Rede para lembrar que os soños son a materia prima da creatividade. Que o ano 2015 nos acolla coa mellor disposición, e que sexa unha oportunidade para que ese soño que pende da túa ilusión, prenda en ti. Este é, por enriba de calquera outro, o desexo que queremos compartir desde aos museos da Rede e desde a área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo. OBRADOIROS Obradoiro: Gyotaku. Peixes de tinta O Gyotaku é unha técnica de gravado de orixe xaponés que consistía en cubrir un peixe con tinta e aplicarlle unha folla de papel de arroz para que a súa imaxe quedase estampada nel. Por iso, “gyo” significa peixe e “taku” frotar. Esta forma de estampación nace no Xapón do s. XVIII. Os pescadores utilizábano para levar un rexistro das súas capturas. Co tempo,
  28. 28. Museo Pazo de Tor 28 este método converteuse nunha práctica artística. Así que aínda que non vaiamos de pesca, vamos capturar peixes no papel, animádesvos? Idades: De 4 a 12 anos e Club Pequeamig@s da Rede Museística Datas: 20 de decembro Horario: de 12:00 a 13.30 h. Prazas: sen límite
  29. 29. Museo Pazo de Tor 29 Obradoiros: Entre o sono e o soños A palabra “soño”, segundo o Dicionario da Real Academia Galega, significa, na súa primeira acepción “aquilo que un imaxina durante o sono, percibíndoo coma se fose real”, e como segunda acepción “aquilo ao que un aspira ou que un desexa moito”. Os soños sempre foron materia artística, tanto causa como consecuencia da mesma. Deste xeito e como proposta de participación, propoñemos diferentes obradoiros segundo as idades dos usuarios dos distintos museos da Rede Museística Provincial, atendendo sempre aos ritmos de cada un. Todos os obradoiros partirán de materiais procedentes da exposición “Entre o sono e o soños. Soñar para crear na Rede Museística” que se amosa no Museo Provincial de Lugo desde o pasado 19 de novembro. A partir deste referente, os participantes crearán os seus propios soños cunha perspectiva artística, sendo o máis importante o feito de compartir. -Casting: a lúa En dúas horas e a partir de diferentes xogos, os Pequeamig@s construiron teatralmente os seus soños co obxectivo final de chegar á lúa: alí onde todo é posible. Idades: de 4 a 14 anos e Club os Pequeamig@s da Rede Museística Datas: 27 de decembro. Horario: de 12:00 a 13.30 h.
  30. 30. Museo Pazo de Tor 30 -Soños artísticos Construir os soños e atopar o xeito de acadalos nunca foi doado. Pero se algo está claro é que temos a obriga de seguir soñando. Neste obradoiro ofrecemos un achegamento interdisciplinar ao mundo dos soños para, a partir dos mesmos, crear novas construcións artístiscas ou, alomenos, poñer o comezo das mesmas. Idades: de 14 a 25 anos en adiante e Club Ei! da Rede Museística Datas: 27 de decembro. Horario: de 16:30 a 18.00 h. -A túa palabra, o noso soño Os soños poden construirse, fabricarse, xogarse, xogar a soñar, soñar que todo é posible… incluso chegar á lúa e bailar arredor dela. Acompañáronnos membros da Asoc. Auxilia de Monforte coas súas historia e a súas palabra fixemos unha viaxe singular ao redor do mundo dos soños. Idades: Club Sénior da Rede Museística Datas: 27 de decembro.
  31. 31. Museo Pazo de Tor 31 -Harmonía dun soño Neste obradoiro ensinamos aos nosos nenos a desenvolver todos os sentidos a través de diferentes xogos, para que favorezan neles a concentración, o autocontrol e incentivar tamén o seu potencial creativo. Aprenderemos a coordinar movementos e posturas, a respirar… Para rematar, itercambiáronse entre eles un desexo escrito e debuxado nun papel para facer un pequeno soño realidade que eles mesmos imaxinaron. Idades: de 2 a 14 anos e Club os Pequeamig@s da Rede Museística Datas: 13 de decembro. Horario: de 12:00 a 13.30 h. -O soño dun tal Pilates Con esta actividade descubrimos a historia de JOSEPH PILATES HUMBERTUS (1883-1967), un home que sen ter nada conseguiu sacar adiante un soño dentro dun campo de concentración. Traballamos o corpo e cada un puido recoñecer que é capaz de facer cousas que nunca imaxinou, aprendemos que cos movementos do noso corpo, coa respiración, podemos aumentar a nosa capacidade pulmonar e mellorar o noso benestar. Liberaremos a tensión da nosa espalda e tentar correxir a nosa hixiene postural. Idades: Adultos e Club Sénior da Rede Museística
  32. 32. Museo Pazo de Tor 32
  33. 33. Museo Pazo de Tor 33 SEMANA DOS MUSEOS. DIM Semana dos Museos 2014: Museo Pazo de Tor O deputado delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, Mario Outeiro, a xerente da Rede Museística, Encarna Lago e a directora do MPLugo, Aurelia Balseiro, presentaron a programación que se desenvolveron nos 4 museos da Rede Museística nesta edición da SEMANA DOS MUSEOS 2014. Nestas xornadas, que foron do 12 ao 18 de maio e que remataron coa celebración do Día das Letras Galegas e da Noite dos Museos (sábado, 17 de maio) e do Día Internacional dos Museos (domingo, 18 de maio), o lema escollido polo ICOM “Os vínculos creados polas coleccións dos museos” resalta o papel dos museos e das súas coleccións para crear un nexo coa comunidade a través da memoria colectiva. _____Como cada ano, con motivo do Día Internacional dos Museos (18 de maio), a Rede Museística da Deputación de Lugo prepara un amplo programa nos diferentes museos que integran esta Rede con actividades que se van desenvolver durante a semana que promedia entre o luns 12 e o domingo 18 de maio. Nesta ocasión, o programa realizouse coa participación de máis de 150 persoas, a través dos clubes da Rede e de
  34. 34. Museo Pazo de Tor 34 varios grupos sociais, nun intento de facer museos comunitarios, imbricados coa sociedade e para todos. Dentro de esta semana, na que tamén celebramos o Día das Letras Galegas e a Noite dos Museos, houbo un amplo e variado programa de actividades repartidas polos catro museos que integran a Rede Museística da Deputación de Lugo, atendendo as diferentes idades. Contouse, ademais, coa presentación do Club Ei!, que vén complementar, neste caso para a xente moza, as propostas do resto de clubes que xa están funcionando na Rede como é o caso do Club Pequeamig@s e do Club Sénior. O Club Ei! continuará coas súas actividades máis alá desta Semana dos Museos 2014, con diferentes actividades arredor de temas como o cinema, creación audiovisual, fotografía e obradoiros de deseño de tatuaxes e lettering, ou charlas de novos creadores tanto lucenses como do resto do país. Museo Pazo de Tor Durante toda a semana: Mulleres de Aquí e Dacolá. Convocatoria pública. Servizo de transporte desde Monforte ata o Pazo de Tor, con saída desde os Escolapios media hora antes do inicio das actividades de cada día. Sábado, 17 de maio (Día das Letras Galegas e Noite dos Museos) 11:00 h.(Saída de Lugo)- Rutas Medievais nos museos da Rede a cargo do Club Ei! Para mozos e mozas entre 18 e 30 anos. Regreso a Lugo: ás 01:00 h. 12:00 h.- Mural en Rede. Obradoiro do Club Pequeamig@s para nenos e nenas de 4 a 9 anos. Coordina: Tamara Bermúdez. Guia Postal da Moda de Lugo (Programa Ei!) Esta actividade inclúe: -Visita ao Museo Pazo de Tor. -Gastromoda. Deseñadores que participaron: Tina Cortón, Inpe-Abrigo Verde, Montse Arias, Remedios Espantoso, Sara Nájera, María López astorga, MN joyas, Jara Rodríguez, Lola Tourón, Idoia Cuesta, Paula Dimé, Alberto Geada e Caxigueiro.
  35. 35. Museo Pazo de Tor 35 -Exposicion dos deseños da “Guía Postal da Moda de Lugo” xunto con unha exposición de botellas da D. O. Ribeira Sacra desde o 13 ao 24 de maio. -Fashion-Performance sobre a moda titulada Das néboas da noite no Pazo de Tor, saen as musas cheas de cor … que se realizou con cinco deseños da ourensá Sara Nájera, peitedados a cargo de Ana Villar e de Jean Lois David, de Lugo. Participan como modelos Dalia Barreiro, Melina Moreira, Paula Platas, Noa Persán e María Nogueira. Como fotógrafos estarán Begoña Souto, Luis Figueras e José Reigosa. -22:00 h.-Concerto de Two in the Mirror (Soul, blues, canción de autor). -Queimada Domingo, 18 de maio (Día Internacional dos Museos)De 11:00 a 14.00 h.- Animación nas rúas de Monforte de Lemos para convidar xente a visitar o Museo Pazo de Tor. Xoves, 22 de maio 21:00 h.- Visita guiada ao Museo Pazo de Tor de xornalistas e participantes na XX Cata dos Viños da Ribeira Sacra, que organizada polo Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra ten lugar en Monforte deLemos os días 21 e 22 de maio. Sábado, 24 de maio 18:00 h.- Nº 2 da revista oral “A Voz dos Lemavos”. Monográfico dedicado á “As artes do viño” coa participación de Tundal, na parte musical, e de Juan Márquez Barro, Mª Rosario Fernández, Iván Álvarez Merayo, Xosé Lois García, Avelino García Pérez, cesteiro de Pincelo, A Sariña (Chantada) e Luis Díaz.(Sumario de contidos) »» PROGRAMA Semana dos Museos 2014
  36. 36. Museo Pazo de Tor 36
  37. 37. Museo Pazo de Tor 37 PROGRAMA DE ACCIÓN SOCIAL Día 3 de decembro: Día Internacional das Persoas con Discapacidade no MPLugo O departamento de Accesibilidade e Capacidades Diferentes da Rede Museística da Deputación de Lugo organiza un programa de actividades para a tarde do día 3 de decembro de 2014 con motivo do “Día Internacional das Persoas con Discapacidade”. Nesta ocasión, ademais da inauguración da exposición “IX Premio de Fotografía sobre Discapacidade Fundación Anade”, son os clubs activos nos catro museos da Rede, Pequeamig@s, Ei! e Sénior, os que se mobilizan para achegarse ao MPLugo e participar no obradoiro “Museos Comunitarios” que se vai desenolver segundo o programa seguinte: Programa De 16,30 h. a 19:30 h.- Obradoiro: Museos Comunitarios, a cargo de Encarna Lago, xerente da Rede Museística, e Ángeles Miguélez, do departamento de Accesibilidade e Capacidades Diferentes da Rede Museística. Lugar: Sala de Exposicións do Museo Provincial de Lugo. No marco da exposición “Entre o sono e o soños. Crear para soñar na Rede Museística.” 16:30 h.- Desenvolvemento do obradoiro “Museos Comunitarios” coas persoas que se achegan desde o Museo Pazo de Tor.
  38. 38. Museo Pazo de Tor 38 18:00 h.-Saúdo de Mario Outeiro, deputado delegado da área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, que fará entrega, xunto con Encarna Lago, dunha reprodución do fito fundacional da cidade de Lugo a todos os integrantes do tecido asociativo da provincia de Lugo vinculado á discapacidade, así como tamén aos membros dos clubs da Rede Museística.
  39. 39. Museo Pazo de Tor 39 18:10 h.-Manifesto, exposición a cargo de Ángeles Miguélez, do departamento de Accesibilidade e Capacidades Diferentes. 18:15 h.- Desenvolvemento do obradoiro “Museos Comunitarios” coas persoas que se achegan desde o Museo Provincial do Mar, Museo Fortaleza San Paio de Narla e Museo Provincial de Lugo. 19:00 h.- Inauguración da exposición “IX Premio de Fotografía sobre Discapacidade Fundación Anade”, na Sala Multiusos do MPLugo. Esta exposición, que vai permanecer aberta ao público ata o día 10 de decembro de 2014, tamén amosa as obras premiadas no III Premio de Artes Plásticas realizadas por Persoas con Discapacidade convocado pola Fundación Anade. Premios: IX Premio de Fotografía sobre Discapacidade Fundación Anade 1º Premio: Asociación APAM (Madrid) 2º Premio: Á serie presentada pola Fundación Discal (Arxentina) 3º Premio: Á serie presentada polo Taller de Fotografía ASAPME (Huesca) Formaron o xurado Ángeles Mayra, Peter Schneider, Germán Limeres, María Quiroga e Aurelia Balseiro.
  40. 40. Museo Pazo de Tor 40 Álbum da Memoria Compartida. É unha experiencia-obradoiro dirixida a persoas enfermas de Alzheimer e aos seus familiares que dende o ano 2007 e de maneira continuada, se leva desenvolvendo en tres dos museos da Rede Museística, Museo Pazo de Tor, Museo Provincial do Mar e Museo Fortaleza San Paio de Narla. Un dos principais retos que nos formulamos, dentro do ámbito da museoloxía social, é traballar no campo das emocións a través do contacto vivencial coas pezas que atesouran os nosos museos. Os museos son espazos de memoria que a través dos obxectos e dos diálogos que se xeran coas persoas, seívan espallando e conservando. Alzheimer é unha enfermidade que afecta as conexión neuronais e que as persoas van perdendo progresivamente, deixando de ter acces aos seus
  41. 41. Museo Pazo de Tor 41 recordos. A través da memoria queremos provocar emocións que evoquen lembranzas e se erixan coma pontes entre o pasado e o futuro. Co motivo do “Día Internacional do Alzheimer” que se celebra o 21 de setembro, regalarase o Álbum de Memoria Compartida para traballar nun primeiro momento no museo e despois na casa. Na visita ao museo seralles entregado a todas as persoas diagnosticadas con esta afección converténdose dende ese momento nunha ferramenta para a comunicación e narración de historias a partir dunhas datas coas que poidan traballar xuntos, enfermo-coidador e enfermo-museo recolleranse imaxes obxectos lugares palabras–en esencia– recordos que completen as páxinas deste álbum. Pero esta actividade tamén nace como unha oportunidade para que os posuidores deste álbum compartan a reminiscencia da súa historia de vida cos seus familiares, coidadores e seres queridos xa que serán estes quen, en último caso, a través das súas lembranzas axuden a completar esas follas en branco de recordos esquecidos. Entre as mans, sostéñens as follas de experiencias e historias que ben poden ser comparadas coas catros estacións primavera representa unha época na que, como as árbores, nacemos e nos preparamos para dar os nosos mellores froitos, verán época na que a luz ilumina anos de novas experiencias e sensacións E o outono como as follas das árbores que descenden lentamente representa unha época máis sosegada na que avanzamos cara a un inverno no que as nubes e os claros comparten protagonismo nas nosas vidas e nos nosos recordos. En def nitiva, Álbum de memoria compartida é un compromiso que dende hai anos a, Xerencia da Rede Museística ten adoptado coas persoas maiores na súa aposta porídefender “Un museo para todos, entre todos, onde o valor da memoria constitúe un tesouro tan valioso que merece defender e conservar Encarnación Lago González Xerente da Rede Museística Actualmente séguese a desenrolar a actividade en colaboración coa Asociación AFAMÓN de Monforte de Lemos. O persoal da Asoc., moi receptivo co proxecto, mantén unha actualización permanente dos Álbumes
  42. 42. Museo Pazo de Tor 42 da Memoria Compartida, quedando pendente unha visita neste 2015 para desenrrolar parte da actividade. As historias recollidas, que moitas delas evocan a infancia, anécdotas e fermosos refraneiros. Son de gran interés para todos Agradecemos o a colaboración do equipo de Afamón Monforte, aos familiares e coidadores e moitas grazas tamén a: David, José Vázquez, Argimiro, Aurora, Luis Cabo, Juan B. Macía, Fina Rodríguez, Ermitas por conpartir experiencias, sentimentos e por suposto o tempo.
  43. 43. Museo Pazo de Tor 43 PROGRAMA DE ACCIÓN CULTURAL Culturas en Diálogo Lugo-Arxentina. Mario Outeiro Iglesias, deputado delegado da Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, presentou o 3 de marzo no MPLugo o proxecto de “Museoloxía social. Diálogo Intercultural” denominado CULTURAS EN DIÁLOGO: LUGO-ARXENTINA que se desenvolveu ao longo do ano 2014 nos diferentes museos da Rede Museística da Deputación de Lugo e que conta coa colaboración de asociacións e
  44. 44. Museo Pazo de Tor 44 persoas vencelladas a diferentes actividades artísticas e culturais de ambas beiras do Atlántico. Participaron nesta presentación,Encarna Lago, xerente da Rede Museística, Ana Bereciartua, en representación da Asociación Rioplatense, Leonardo Mosqueda, de Tango Club Galicia, Karina Lucca, de Tango Club Galicia, Xosé Reigosa, Pilar Sánchez e Iago Eireos. Esta actividade forma parte do programa “A arte de ser muller nun mundo por compartir 5.0” CULTURAS EN DIÁLOGO: LUGO-ARXENTINA Co a mirada posta en Arxentina a Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, Vicepresidencia primeira, a través da súa Rede Museística, en colaboración coa Asociación Rioplatenses de Lugo e Tango Club Galicia presentan o programa Culturas en diálogo: Lugo-Arxentina baixo as liñas de Museoloxía social e do diálogo intercultural. A elección deste país ven marcada primeiro por ser un dos principais países de acollida dos homes e mulleres emigrantes galegos. En segundo lugar, porque gardou e propiciou a cultura galega durante o exilio de intelectuais e artistas galegos como Maruja Mallo, Castelao, Luis Seoane, Lorenzo Varela, Rafael Dieste, Núñez Búa, Otero Espasandín, Laxeiro, entre outros. Foi tamén terra fértil para a creación dun tecido organizativo e creativo baseada no compromiso, a solidariedade e o valor da orixe. Produto diso son os centos de asociacións de emigrantes, así como as editoriais, xornais, revistas, programas de radio e un variado abano de iniciativas culturais que durante anos foron o garante na defensa e promoción da nosa identidade cultural galega. Igualmente, xa que o Consulado de Arxentina tivera sede en Lugo ata 1952, quixemos coñecer o colectivo de arxentinos que viven en Lugo aos que como parte da nosa sociedade queremos dar voz para fomentar un intercambio de culturas, un diálogo sobre o que compartimos e o que descoñecemos, en definitiva, para visibilizar outras realidades que forman parte da nosa comunidade. E dentro deste programa, a muller emigrante terá un papel sobresaínte, especialmente na proposta Mulleres de Aquí e Dacolá que reúne as coordenadas do programa: Muller/Emigración/Galiza/Arxentina. E de fondo, o Tango, declarado Patrimonio cultural inmaterial de la Humanidade pola
  45. 45. Museo Pazo de Tor 45 UNESCO en 2009, consigue falarnos, con beleza e emoción, de xénero e de emigración. E para iso contamos cun evento único en Galicia o V Encontro de Tango Líber. ACTIVIDADES »»Mulleres de Aquí e Dacolá Mulleres luguesas que viaxaron a Arxentina e quedaron ou retornaron. Mulleres arxentinas que viaxaron a algunha localidade de Lugo e quedaron aquí, ou volveron. Se ti es algunha de estas mulleres ou coñeces a alguén que é muller emigrante (a túa nai, a túa avoa, a túa irmá) quixemos coñecer a súa historia. O material reunido que pasou a formar parte das exposicións tamén serviu xunto co relato das experiencias dos participantes, nun video. ( blog de didáctica da Rede Museística Provincial) Coord.: Asoc. Rioplatenses de Emigrantes y retornados de Lugo, e Pilar Sánchez Audiovisual: Xosé Reigosa »»Convocatoria para Centros Escolares: CONCURSO: MULLERES A 2 BANDAS: LUGO – ARXENTINA Quixemos facer partícipes deste proxecto aos centros educativos que manteñen cos nosos museos unha relación directa e cotiá. Dirixido aos cursos de 5º e 6º de primaria e para os catro cursos da ESO, trátase de realizar unha pequena banda deseñada na que se ilustre algún momento relacionado cos procesos migratorios dende unha perspectiva de xénero, fomentando actitudes de respecto e promovendo o diálogo intercultural. Narrar unha historia de mulleres que tiveron que emigrar dende dúas bandas; de Lugo a Arxentina ou ben de Arxentina a Lugo. Para o proxecto elaborouse unha unidade didáctica que se lles facilitou aos centros educativos co fin de traballar na aula os contidos deste proxecto. ( blog de didáctica da Rede Museística Provincial) »»Mateadas Que é o mate? Non é só unha bebida, é un momento de encontro, é unha benvida, un símbolo de hospitalidade e de amistad. No marco das sesións Sabores na cociña do Club Senior da Rede museística provincial e aberto ao púbico en xeral, a Asoc. Rioplatenses en Lugo quixo achegarnos os cheiros e historias que se desenvolven ao redor desta herba saudable e arquetípica da cultura arxentina. Aprenderemos como se
  46. 46. Museo Pazo de Tor 46 prepara, que útiles son necesarios e o rito de tomar uns mates. Coord.: Asoc. de Rioplatenses de Lugo 26 de abril.-Museo Pazo de Tor, Monforte de Lemos. Exposición fotográfica "Patrimonios, A muralla e o Tango. Tango Club Galicia. Todo o mes »»Mulleres de Aquí e Dacolá - Convocatoria pública »»CONCURSO: MULLERES A 2 BANDAS: LUGO - ARXENTINA. Convocatoria para centros escolares. XUÑO do 7 ao 28 de xuño.-En todos os museos da Rede MuseísticaProvincial. Exposición fotografica "Patrimonios, a muralla e o tango". 26 de xuño, 17:30 h. Museo Pazo de Tor 17h30. Mateada. Asoc. Rioplatenses. AGOSTO 21 de agosto, 17:30 h..- Museo Pazo de Tor. Mateada. Asoc. Rioplatenses SETEMBRO 4 de setembro Museo do Mar, 17h30. Mateada. Asoc. Rioplatenses. RMP ********* Coordinación: Encarna Lago González, xerente da Rede Museística Provincial Documentación "Mulleres de Aquí e Dacolá", Asociación Rioplatensees en Lugo e Pilar Sánchez. Documental: Xosé Reigosa. Obradoiros "Mulleres de Aquí e Dacolá", Tamara Bermúdez V Encontro Internacional Tango Líber de Galicia: Asoc. Tango Club Galicia Desenvolvemento web: Mónica Castro de Lera Entidades colaboradoras: Museo Hotel de los Inmigrantes de Buenos Aires MEGA Museo de la Emigración Gallega en la Argentina
  47. 47. Museo Pazo de Tor 47 Enlaces de interese: 2174_Culturas en dialogo Lugo-Arxentina (Programa para descargar_imprimir).pdf Proxecto Natureza e Emigración. Concebido como un diálogo entre a natureza e a emigración, enmarcado nos programas En REDarte eMuseoloxía social. Culturas en diálogo, a Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, a través da Rede Museística, convocou no Pazo de Tor unha actividade sobre etnobotánica. Con esta actividade tratouse de recuperar a transmisión oral, consiste na achega de testemuños (receitas, fórmulas e remedios) empregados con herbas medicinais e aromáticas. PRESENTACIÓN O diálogo entre natureza e emigración, representa a separación entre coñecemento, medio e ocupación. Tres elementos que se identifican con un mesmo lugar e que pasan a percorrer camiños distintos. Deste novo percorrido xorden cuestións como o diálogo entre a construción dun espazo
  48. 48. Museo Pazo de Tor 48 e a riqueza natural, e o debate en torno á mestizaxe e a memoria. O percorrido do horto aromático medicinal ao longo da historia é un reflexo dese diálogo. O horto aromático medicinal representa o elemento de transición e contacto entre espazo natural, espazo agrícola e xardín. A súa situación prioritaria, próximo á vivenda (tanto en aldeas, pazos e mosteiros), dentro da estrutura de organización do espazo (horta, campos de labor, pradaría, arboredo, monte...), fai destacar a súa forte carga cultural e polo tanto o seu gran valor etnográfico. PROXECTO CONXUNTO O proxecto vincúlase ás actividades que desenvolve a Rede Museística da Deputación de Lugo para a visibilización dos seus espazos públicos dentro do proxecto ENREDARTE e ás actividades do proxecto Museoloxía social e diálogo intercultural, referidas á emigración, do programa "Culturas en dialogo", dedicada este ano a Arxentina. A actividade, arranca como un despois, dialogando co proxecto instalación-colaboradora de Carolina Cruz de Guimarey “TERRA, Postais para Lugo”, realizado para a exposición “Olladas de muller sobre a Guía Postal de Lugo de Maruja Mallo”. PROPOSTA PARA A PARTICIPACIÓN POR CORREO Convidouse a participación de emigrantes e inmigrantes, ou os seus descendentes, sendo Arxentina o país seleccionado este ano. Mediante o envio da descrición de receitas-fórmulas de uso tradicionais (e medicinais) das plantas que fosen transmitidas polas súas familias que levaron na memoria para a emigración, outras que coñecesen no país de residencia mediante o contacto coa poboación local. Así como os usos tradicionais e plantas que os inmigrantes recoñecen en plantas que se cultivan en Galicia e Arxentina. Os testemuños serán expostos durante o transcurso das actividades. Actualmente séguese a recoller receitas. DIRECCIÓN DE ENVÍO DAS RECEITAS DE USOS TRADICIONAIS: Pazo de Tor. San Xoán de Tor. 27591 Monforte de Lemos (Lugo) Para ser incluídos no arquivo biblioteca de consulta de usos tradicionais: Período ilimitado.
  49. 49. Museo Pazo de Tor 49 PROPOSTA PARA ACTIVIDADE NO PAZO DE TOR Mediante unha acción participativa e plantación de horto con sementes de plantas cultivadas e empregadas tradicionalmente para usos aromatico- medicinais. Aos participantes do programa Arte e Natureza, Culturas en diálogo e á poboación local da bisbarra de Terra de Lemos, convidouselles a unha xornada en sesión de mañá e tarde, con pausa para comer (onde os participantes puideron levar a súa propia comida e gozar dela no ámbito do pazo) Finalmente optouse por facelo de tarde. A actividade constaba de dúas partes: unha charla presentación con Josefina Anllo na que os participantes na actividade no Pazo de Tor levasen a cabo a apertura de sobres enviados con receitas de usos tradicionais das plantas e compartiranse as similitudes e diferenzas entre os usos por eles coñecidos e os achegados polos inmigrantes. Nunha segunda parte, coordinada por Cristina Anllo, en que se usasen os sobres das cartas para realizasen os viveiros para a plantación de varias especies de plantas aromáticas de horto en ámbito do Pazo. Convidouse aos participantes a que trouxesen as súas sementes para ser incluídas no horto aromático. COORDINAN E DIRIXEN O PROXECTO Encarna Lago, xerente da Rede Museística MICROPROJETS / YES I CAN-TREE: Cristina Anllo Urbanista, especialista en paisaxe e desenvolvemento local.Josefina Anllo Doutora en Farmacia. Tese doutoral "Usos etnobotánicos das plantas medicinais na bisbarra de Terra Chá". ORGANIZA: Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo a través da Rede Museística, Pazo de Tor. INFORMACION: pazodetor@museolugo.org / www.museolugo.org PARTICIPACIÓN POR CORREO Etnobotánica é "o estudo das interaccións entre homes e plantas" segundo estableceu o antropólogo francés Louis Hédin. E a OMS (1993) especifica o
  50. 50. Museo Pazo de Tor 50 termo ao estudo do uso das plantas nas sociedades tradicionais. "A Etnobotánica considérase unha disciplina que estuda o aproveitamento dos recursos naturais por parte das poboacións locais, tanto nativas (indíxenas) coma aquelas que foron residentes nunha determinada rexión, por longo tempo,". Ocampo (1994). "O portador é o membro dunha comunidade que recoñece, reproduce, trasmíte, transforma, crea e constrúe certo tipo de cultura en e para a comunidade e pode desempeñar un ou varios dos papeis seguintes: executor, creador e custodio" Condominas (2004). DEFINE A TÚA CULTURA! Galicia ten un patrimonio de transmisión oral con fama internacional debido á súa gran riqueza. Os recursos fitoxenéticos son unha fonte incomparable de medicinas. A ONU declarou o 2014 como ano da agricultura familiar MÁNDANOS OS USOS DAS "HERBAS MENCIÑEIRAS" QUE ACORDES Galicia estivo durante séculos vinculada á emigración. Os seus coñecementos populares percorreu continentes transmitíndose por estas canles de xeración en xeración, do mesmo modo que inmigrantes participan e participaron da súa cultura. Nas bisbarras de Terra Chá e Meira (Lugo), dánselle corenta e cinco usos medicinais diferentes á estruga. Outras plantas pasan máis desapercibidas na farmacopea popular e delas só consérvanse un ou dous usos medicinais tradicionais. PARTICIPA EN NATUREZA E EMIGRACIÓN A conservación das especies estivo moi vinculada aos seus usos populares. AXÚDANOS A CONSERVAR A DIVERSIDADE CULTURAL E FORMA PARTE DA EXPOSICIÓN AS TÚAS RECEITAS SERÁN EXPOSTAS NA SALA DE EXPOSICIÓNS DA REDE MUSEÍSTICA DA DEPUTACIÓN DE LUGO NO PAZO DE TOR. Os sobres que envolven a túa carta serán o recipientes (das sementes) para que (os participantes na actividade que se realizara paralelamente á exposición), planten o horto de plantas aromático medicinais no recinto do pazo. Seleccionaremos as sementes das plantas citadas nas vosas receitas e
  51. 51. Museo Pazo de Tor 51 plantarémolas cos sobres para así configurar o hortoaromaticomedicinal deseñado por MICROPROJETS. É coñecemento, é desenvolvemento, é valorar esforzos (é sostible), é nosa responsabilidade, é maxia, é calidade. CONTIDOS Recorda algunha planta que usará ou use actualmente con fins medicinais? Como se chama? Como é? Ten algunha imaxe ou mostra de ella?¿qué parte da planta empregaban? Como a preparaban? Como a administraban?.... ACTUALMENTE O MUSEO PAZO DE TOR SEGUE A RECIBIR RECEITAS
  52. 52. Museo Pazo de Tor 52 CONFERENCIAS E RELATORIOS. O VI Congreso Galego de Cruceiros foi no Museo Pazo de Tor Mario Outeiro, deputado delegado da área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, xunto con Encarna Lago, xerente da Rede Museística da Deputación de Lugo e Fernando Arribas Arias, presidente da Asociación de Amigos dos Cruceiros presentaron o VI Congreso Galego de Cruceiros O PROGRAMA VI CONGRESO GALEGO DE CRUCEIROS CONFORMOUSE DO SEGUINTE XEITO. Sábado, día 15 10,30 horas. Recepción e entrega de documentación.
  53. 53. Museo Pazo de Tor 53 11:00 horas. Acto inaugural do VI Congreso Galego de cruceiros, cruces de pedra e petos de ánimas a cargo de Mario Outeiro Iglesias, deputado delegado da Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo. 11:30 horas. Primeira sesión de relatorios. 14:00 horas. Xantar. 17:00 horas. Segunda sesión de relatorios. 21:00 horas. Remate da segunda sesión de relatorios. Domingo, día 16 09:30 horas. Terceira sesión de relatorios. 13:00 horas. Conclusións e clausura do VI Congreso Galego de cruceiros, cruces de pedra e petos de ánimas. RELATORIOS Neste VI Congreso, organizado pola Asociación de Amigos dos Cruceiros, Cruces de Pedra e Petos de Ánimas, coa colaboración da Rede Museística Provincial e patrocinado pola Área de Cultura da Deputación de Lugo, presentáronsev os seguintes relatorios: 1. OS CRUCEIROS CO CONCELLO DE CENLLE (OURENSE), por Clodio González Pérez. 2. TRES FALSOS PIARES NOS QUE ALGÚNS AUTORES SE APOIAN PARA CONCEDERLLE A IGNACIO CERVIÑO A AUTORÍA DO CRUCEIRO DE HÍO, por Xesús Antonio Gulías Lamas. 3. CRUCEIROS DA PARROQUIA DE SANTA BAIA DE ARAÑO (RIANXO), por Serafín Casiano Pérez Gei e Xesús Antonio Gulías Lamas. 4. CRUCEIROS E CRUCES DO CONCELLO DE CASTROVERDE (II), por Manuel Muñiz. 5. CRUCEIROS LIGADOS A SANTUARIOS NO CONCELLO DE VILALBA, por José Manuel Blanco Prado. 6. CRUCEIROS, CRUCES, CRISTOS E ESMOLEIROS DE FERREIRA DO VALADOURO, por Mario Saavedra Pérez. 7. CRUCES, CRUCEIROS, CRUCES E ESMOLEIROS DA RIBEIRA SACRA LUCENSE: SOBER, por Fernando Arribas Arias. 8. ARREDOR DAS ÁNIMAS DE SABUCEDO DE MONTES (CARTELLE- OURENSE) E DA FAMILIA CASAS, por Xoán Ibáñez Rodríguez e Estanislao Fernández de la Cigoña Núñez.
  54. 54. Museo Pazo de Tor 54 9. INDULXENCIAS, MISIÓNS E CRUCES, por Victoria Fernández de la Cigoña Rodríguez. 10. LA CELEBRACIÓN DE LA MUERTE: LA COFRADÍA DE ÁNIMAS DE LA ANTIGUA VALLADOLID, por Enrique García Martín. 11. CRUCEROS Y CRUCES DEL CERRATO CASTELLANO. I. MARCO HISTÓRICO, por Ángel Cerrato Álvarez. 12. CRUCES, CRUCEIROS E PETOS DO CONCELLO DE CRECENTE (I), por Estanislao Fernández de la Cigoña Núñez. 13. CRUCES, CRUCEIROS E PETOS DA PARROQUIA DE SANTIAGO DE ESTÁS (TOMIÑO, PONTEVEDRA MERIDIONAL), por Félix Loira López e Estanislao Fernández de la Cigoña Núñez. 14. OS CINOCÉFALOS DO CRUCEIRO DE FENTE (MONTERROSO-LUGO), por Xabier Louzao 15. AS CRUCES DE PEDRA NA ESCOCIA. UN OLLAR DESDE A GALIZA, por Lois Ladra. 16. CRUZEIROS DO ALENTEJO, PORTUGA: OS CASOS DOS CONCELHOS DE ALVITO E CUBA. UN CASO ESPECIAL: O CRUZEIRO DE VIANA DO ALENTEJO, por Jorge Feio. 17. OS CRUCEIROS NA POESÍA GALEGA, por Juan José Burgoa Fernández. 18. “A VIRXE DOS NENOS”, DA POSIBLE AUTORÍA DE IGNACIO CERVIÑO QUINTELA, por Andrés Sampedro Fernández. 19. CRUCEIROS, CRUCES DE PEDRA E PETOS DE ÁNIMAS RESTAURADOS DO CONCELLO DE PONTEAREAS, por Purificación Porto e Mónica Leirós. Revista oral: A voz dos lemavos, nº 2
  55. 55. Museo Pazo de Tor 55 O número 2 da revista oral "A VOZ DOS LEMAVOS" adicouse a “As artes do viño”. Desenvolveuse o sábado, 24 de maio de 2014, ás 18:00 horas no Museo Pazo de Tor, Monforte de Lemos (Lugo). Participaron na mesma o seguinte equipo, como Coordina: Antonio Reigosa. Interviron: Tundal (músicas do viño), Iván Álvarez (arqueoloxía do viño), Mª del Rosario Fernández (memoria do viño), Juan Márzquez Barros (as rendas do viño); Xosé Lois García (poesía do viño); Luis Díaz (historias do viño) e Avelino García Pérez, cesteiro de Pincelo, A Sariña (Chantada), un dos últimos artesáns de cestos para o viño. A Entrada foi libre e gratuíta O sumario foi o seuginte Portada musical: Fox trop Río Douro, Tundal (3’) Arqueoloxía do viño: Lagares rupestres na Ribeira Sacra. Nota duns achados, por Iván Álvarez Merayo (10’) Música: Foliada de Tenorio, Tundal (3’) Poesía do viño (I): Poemas extraídos do libro “Do Faro ao Miño”, por Xosé Lois García (5’) Música: O cantar do arrieiro, Tundal (3’) O viño nos museos da Rede Museística: Trasfegando na adega, por Mª Rosario Fernández González (10’) Música: Cantares a capela, por Tundal (3’) Memoria do viño: Adegas monumentais e monumentos convertidos en adegas. Tesouros de pedra e viño ocultos na Ribeira Sacra, por Luis Díaz (10’) Poesía do viño (e II): Poemas extraídos do libro “Do Faro ao Miño”, por Xosé Lois García (5’) As rendas do viño: A importancia do viño na Casa de Tor, por Juan Márquez Barros (10’) Música: O maio de Viveiro, por Tundal (3’) A arte de facer cestos: Conversa con Avelino García Pérez, o cesteiro de Pincelo (10’) Opinión: Intervención do público (5’) Epílogo: por Encarna Lago, xerente da Rede Museística da Deputación de Lugo (3’)
  56. 56. Museo Pazo de Tor 56 Contraportada musical: Sabaxáns, por Tundal (3’) _______ *Avelino García Pérez, cesteiro de Pincelo, A Sariña (Chantada), elaborará no transcurso da revista oral un cesto tradicional usado para vendimar. _______ COLABORARON NESTE NÚMERO. Iván Álvarez Merayo.- Naceu en Pontevedra en setembro de 1971, aínda que dende hai moitos anos vive no Val de Lemos. Licenciouse en Xeografía e Historia, especialidade en Prehistoria e Arqueoloxía, pola Universidade de Santiago de Compostela en 1996, e actualmente exerce de arqueólogo profesional por toda a Comunidade Autónoma. No ano 1996 comezou como autónomo a súa actividade profesional, leva vinculado á arqueoloxía dende neno, xa que o seu pai, tamén arqueólogo, involucrouno na súa actividade dende moi pequeno. Esta práctica profesional permitiulle dirixir gran número de intervencións arqueolóxicas, dende escavacións de investigación e urxencia até a prospección arqueolóxica de máis de vinte concellos da nosa comunidade. Xunto a estes traballos de campo tamén ten publicado en varios medios os resultados dos seus traballos así como impartido varias conferencias. Luis Díaz.- Xornalista e licenciado en Filosofía, traballa na actualidade na delegación de La Voz de Galicia en Monforte, localidade na que naceu no ano 1963. Desenvolveu toda a súa traxectoria profesional en La Voz de Galicia, xornal no que se especializou en temas de enoloxía e viticultura. É autor da Guía de Viños de Galicia que editou La Voz no Xacobeo do 2004 e ten o premio á mellor divulgación xornalística que concede a Asociación de Sumilleres Gallaecia. Membro fundador do panel de cata da DO Ribeira Sacra, colabora habitualmente como xurado en concursos vitícolas nacionais e internacionais (Bacchus, Albariños al Mundo, Concours International de Vins de Montagne). Tamén ten colaborado coa Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia en investigacións sobre a caracterización sensorial das castes galegas e con entidades como a UNED na divulgación de aspectos relacionados coa historia da viticultura en Galicia. Na actualidade, firma
  57. 57. Museo Pazo de Tor 57 unha das seccións do suplemento De Vinos de La Voz, recentemente premiado polo Instituto Galego do Viño. Mª del Rosario Fernández González.- Nacida en Lugo en 1968, é licenciada en Xeografía e Historia, especialidade de Museoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela e Máster en Museoloxía e Museos pola Universidade de Alcalá. Desde hai dezasete anos ocupa a praza de Técnica da Sección de Artes Decorativas e Etnografía no Museo Provincial de Lugo e na actualidade é a Responsable do Departamento de Artes Decorativas e Etnografía. Realizou a reforma museográfica da Fortaleza de San Paio de Narla e a montaxe dos novos espazos expositivos do Pazo de Tor. Comisariou numerosas exposicións en Italia, Polonia ou Portugal, así como no propio centro de traballo. Publicou varios catálogos razoados sobre coleccións do Museo Provincial de Lugo: Aleteos, Tempora Mutantur (xunto con Fernando Arribas Arias), Arte Africana, Ourivería Tradicional do Museo Provincial de Lugo... e está a rematar o catálogo das coleccións do Museo Fortaleza de San Paio de Narla. Xosé Lois García.- Naceu o 22 de abril de 1945 na cidade de Lugo. Aos vinte anos pasou vivir a Barcelona, onde estudou varios cursos de socioloxía no Instituto de Ciencias Sociais e Políticas que, máis tarde, abandona para ingresar na Universidade de Barcelona da que é licenciado en Filosofía e Letras (rama de Historia). Desenvolveu diversos labores na divulgación da cultura galega en Cataluña. Conferenciante, articulista en varias publicacións de Galicia, España e do estranxeiro. Ensaísta, crítico literario, de arte e dramaturgo. Especialista da literatura de expresión portuguesa en África, antólogo e tradutor. A súa obra compóñena máis de cincuenta libros publicados sobre diversas temáticas en galego, portugués e catalán. Ten realizado varias viaxes a África e América. Investigador sobre a obra de Agostinho Neto, o primeiro presidente de Angola, e doutros autores, e é membro de honor da União dos Escritores Angolanos. A súa obra poética está composta por vinte libros, diversificados en poesía amorosa, como Aquarium (1982), poesía erótica, como Materia Corporal (1986) e Falo de Baco (1998) aos que temos que engadir Kalendas (2005). Juan Ignacio Márquez Barros.- (Pontevedra, 1979). Diplomado en Biblioteconomía e Documentación. Auxiliar de Biblioteca no Pazo de Tor. Tras empezar a súa vida profesional en axencias de publicidade en Madrid,
  58. 58. Museo Pazo de Tor 58 trasládase a Galicia no 2004 onde comeza a centrarse no mundo dos arquivos familiares mediante diferentes bolsas. Actividade que interrompe no 2006 para trasladarse á Biblioteca Nacional de Portugal en Lisboa cunha bolsa internacional. É alí onde empeza a tomar contacto co mundo das novas tecnoloxías enfocadas ao mundo da información. Tras o seu paso por Portugal volve a Galicia e comeza a traballar na Rede Museística Provincial de Lugo, Pazo de Tor como auxiliar de biblioteca. Ao longo destes anos participou en diferentes proxectos xunto aos compañeiros da Rede Museística, así como varios obradoiros orientados ás novas tecnoloxías e ao mundo dos arquivos. Tundal.- O Tundal é unha edificación cuberta e aberta por un dos seus muros que serve para gardar ou abrigar cousas ou espazos (o tundal da leña, o tundal do forno...). Noutras zonas da nosa provincia chámaselle alpendre ou alboio... Este nome sonoro vai servir para denominar un grupo de músicos que baixo o tundal do idioma e da música tradicional, alí onde sexa chamado fará música de rúa, tanto instrumental como cantada e que levará sempre no seu repertorio cantares de cego, romances, cantigas e pezas para seren bailadas. O número dos compoñentes do Tundal non é fixo, pero no caso que nos ocupa serán seis: Xosé L. Ansemil (percusión e voz); Antón Castro (zanfona e voz); Manolo Darriba (acordeón e voz); Miguel A. Díaz (clarinete e voz); Xan Fuertes (violín e voz) e Pedro Lucas (gaita, frautas e voz). Avelino García Pérez.- De Pincelo, A Sariña, Chantada (Lugo). Ten 84 anos, dos que dedicou a maior parte a traballar as viñas e a elaborar artesanalmente cestos e “culeiros” para os labores da vendima. Tamén fabrica armazóns para os puchos das máscaras coñecidas como volantes do Entroido de Vilaúxe. Enlaces de interese: 2216_SUMARIO A Voz dos Lemavos 2 (24.05.2014).pdf
  59. 59. Museo Pazo de Tor 59 PROGRAMA DE EXPOSICIÓNS EXPOSICIÓN: O Apóstolo Ribera, de Fernando Yáñez A Inauguración foi o 11 de abril, ás 19:30 h.. Esta exposición, coordinada por Cristina Carballedo, forma parte do proxecto da Rede Museística da Deputación de Lugo que leva por título ENREDARTE (Espazos públicos de visibilidade). A mostra instalouse na capela do Pazo de Tor. AUTOR. Fernando Yáñez, licenciado en Belas Artes, leva traballando desde hai uns anos sobre o tema da morte aplicada a súa pintura. A lectura do libro “Do espiritual na arte” de Kandinsky marca un punto de inflexión na súa traxectoria, así como o estudo das fotografías da Saba Santa e o achegamento á obra de Ribera, da que agora fai unha reinterpretación. _____O APÓSTOLO RIBERA Fernando Yáñez Adóitase denominar ás principais persoas que son enviadas a propagar unha crenza co termo apóstolo. Neste sentido o chamado “spagnoletto”, foi sen dúbida, o último deles dende un punto de vista pictórico. Ribera propagou un universo teatral, expresivo e dinámico, que difundiu de xeito decisivo pola Italia barroca do s. XVII. Representante español de primeiro nivel no Século de Ouro, configurou un "martirio" artístico que cativou as
  60. 60. Museo Pazo de Tor 60 características físicas e psíquicas dos seus personaxes representados. Unha dimensión terreal á vez que divina, de personaxes do mundo real caracterizados como santos, é o que verdadeiramente estimula unha pintura directa, atrevida e atemporal. Unha obra dacabalo entre filosofía e relixiosidade. Os Apóstolos de Ribera constituíron a verdadeira alianza das características máis determinantes da obra do pintor; tanto a nivel do retrato físico, coma dende un punto de vista lumínico e espacial, coma dende a análise psicolóxica dunha serie de embaixadores humanos dunha doutrina sagrada. O tenebrismo de Caravaggio levouno Ribera ás súas máximas consecuencias, na súa serie do apostolado, configurando uns retratos que parten da expresividade teatral da luz, pero sosegados no tempo e no espazo. Os Apóstolos de Ribera mostran homes reais representados fugazmente dentro dun universo espiritual. Recuperando e valorando o pasado, constitúese o presente e o futuro. O Apostolado que desenvolvo como inicio da serie A.M.E.N. no ano 2010, recolle e valora a obra dun deses pintores que marcaron o devir da historia. O meu apostolado é unha aposta por actualizar e adecuar o pasado ao meu propio proxecto. Os meus apóstolos son rostros que emerxen de teas e de dobras, que recordan esteticamente ao barroco máis ornamental, pero que irradian mediante contrastes de luces e sombras, de brillos e mates, nun universo real á vez que irreal. Neste sentido, será a Sindone ou Santo Sudario, unha referencia implícita nesta serie de traballos. Unha tea marcada polo inexplicable, que configura a imaxe dalguén real nun espazo incapaz de ser comprendido. Unha saba admirada pola incomprensión, onde o recordo da imaxe sobresae de xeito místico á vez que terreal. O meu apostolado recorda a Ribera, sintetizando e radicalizando unha visión máis espiritual de imaxes que flúen nun universo detido no tempo. Teas que pregan e deixan entrever trazos de luz sobre a escuridade do espazo infinito. Luces que se fan imaxes. Imaxes que representan a alma. Alma da propia pintura feita materia. _____ »» + información sobre o Proxecto global EnREDarte: Creación, promoción e difusión das artes
  61. 61. Museo Pazo de Tor 61
  62. 62. Museo Pazo de Tor 62 EXPOSICION: Arte de ser Muller nun mundo por compartir 5.0: Mulleres en / para / por/ desde / ante o Museo – Historias de Mulleres no Museo Botou a andar no Museo Pazo de Tor, en Monforte de Lemos, a nova versión do programa “Arte de Ser Muller Nun Mundo por Compartir 5.0” co acto de inauguración da exposición dos traballos resultantes do proxecto Mulleres en / para / por/ desde / ante o Museo – Historias de Mulleres no Museo. Este programa contou coa colaboración do Proxecto Estatal “Miradas de Mulleres”, do Centro de Informacion da Muller do concello de Monforte de Lemos e doutros colectivos. No acto interveñen as comisarias da mostra Encarna Lago González e Pilar Sánchez, e Severino Rodríguez Díaz, alcalde de Monforte de Lemos, en representación do deputado delegado da área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, Mario Outeiro. EXPOSICION: Arte de ser Muller nun mundo por compartir 5.0: Mulleres en / para / por/ desde / ante o Museo – Historias de Mulleres no Museo (do 6 ao 31 de marzo de 2014) _____Nun lugar marcado polo carácter dunha muller como dona María Paz Taboada e dentro do programa Arte de ser Muller nun mundo por compartir 5.0 e o Proxecto Estatal MIRADA DE MULLERES, presentamos esta exposición cos traballos resultantes do proxecto Mulleres en / para / por/ desde / ante o Museo – Historias de Mulleres no Museo realizados por diferentes colectivos nos catro museos da Rede: Museo do Mar en San Cibrao, Museo Fortaleza San Paio de Narla, Museo Prov. de Lugo y este Museo-Pazo de Tor.
  63. 63. Museo Pazo de Tor 63 A exposición está construída cos relatos de homes e mulleres que quixeron homenaxear a figura feminina, botando unha ollada de emocións sobre o seu universo, coas súas lembranzas, os seus cheiros, o seu traballo fóra e dentro da casa. Contouse en Monforte coa participación de colectivos que así mesmo traballan o tema da memoria, como AFAMON, ou a integración cultural e social como AUXILIA e por suposto, falando da muller, o Centro de Informacion da Muller do concello de Monforte que achegou tamén o audiovisual Mulleres de Monforte, Testemuñas de vidas paralelas. Pero non son historias que nada máis falan de pasado. Son historias que evocan experiencias persoais que deixaron pegada nos seus relatores, e que queren deixalas tamén en quen as contempla. No caso do Pazo de Tor, queríase acadar un obxectivo complexo: que a xente se identificara con este espazo, emblema para moitos dun Poder afastado. Para iso, deixamos que os participantes se apropiaran simbolicamente das estancias, dos obxectos, dos mobles, etc.. e visen o significado persoal que gardan. E así xurdiron historias de costureiras ao redor da máquina de coser, ou das que pasaban a ferro para fóra, outras foron de recendos a guisos, de palabras esquecidas, ou mesmo un poema de valentía feminina. Todo construído co elemento máis estimado co que pode contar un museo: a implicación persoal dos seus visitantes.
  64. 64. Museo Pazo de Tor 64 EXPOSICIÓN: Diálogos MN, gravados e monotipos “Peixes de tinta” de Esteban Bernárdez e Esteban Fuentes Inauguración: Sábado, 20 de decembro, ás 17:00 h. EXPOSICIÓN: Diálogos MN Exposición de gravados e monotipos “Peixes de tinta” Esteban Bernárdez + Esteban Fuentes Gyotaku (gyo-tah'-koo) termo que significa , "fregar" e "peixe", consiste en xerar un monotipo a raiz de usar un peixe como matriz. É unha forma de estampación tradicional moi estendida nalgúns países asiáticos. Practicada por artistas, pescadores deportivos, etc., é tamén unha actividade popular nas escolas, en festas organizadas e en moitos programas turísticos das zonas costeiras. Trátase tanto dunha experiencia creativa, coma dun rexistro documental e unha forma divertida de ensinar as especies mariñas tanto a nenos como adultos. Existen diversas teorías respecto á orixe desta técnica de gravado e do lugar exacto de Xapón onde comezou a desenvolverse. O gyotaku máis antigo que se conserva data de 1855. Trátase dunha carpa gravada na prefectura de Yamagata (ao norte do país) por Taneyasu Matsumori, un recoñecido naturalista. Tamén nesta mesma prefectura se encontraron outras dúas obras, as dúas de carpas, asinadas co nome de Kano. Non é casualidade que os tres gyotaku máis antigos que se coñecen proveñan da
  65. 65. Museo Pazo de Tor 65 mesma rexión. A principios do século pasado decidiuse alentar a práctica da pesca co fin de levantar a cada vez máis minguada moral dos samuraisdurante unha época notablemente pacífica. Pescar, en consecuencia, converteuse en sinónimo de destreza, e o gyotaku comezou a utilizarse como a proba de tal habilidade. Non obstante, foi durante a segunda metade do século XX cando o gyotaku se converteu nunha forma artística establecida, grazas aos esforzos do Club Gyotaku. Fundado o 1955, o club organizou exhibicións e demostracións por todo Xapón, popularizando así esta curiosa práctica. Esteban Bernárdez Fuentes e Esteban Fuentes González presentou unha mostra do seu traballo no Pazo de Tor. No seu caso, parte do seu traballo está ligado ao debuxo naturalista e científico, ver como a través da estampación se poden destacar as características dos animais. Tras ese primeiro contacto con este tipo de obra, o traballo orientouse a unha mera busca estética. O proceso de estampación, aínda que aparentemente moi sinxelo rematou por requirir atención a numerosos detalles obrigando a desenvolver diferentes formulacións para os procesos de elaboración, sobre todo, en función da especie que se traballe. O resultado obtido das pequenas variacións de tinta e sobre todo a diferenza de presión á hora de realizar o gyotaku provoca que cada resultado sexa diferente e que cada estampa teña un carácter distinto á anterior (monotipos). Actualmente a maduración do proxecto levounos a experimentar con diferentes elementos relacionados con temas de fauna e plantas mariñas como algas, moluscos, etc. “As primeiras exposicións do noso traballo mostran unha obra moi sintética, tanto estética como didáctica dun medio tan ligado á nosa cultura, como é o mar”. Esteban Bernardez Fuentes formado como ilustrador, fotógrafo e serigrafista en A Coruña e en Vigo. Esteban Fuentes Gonzalez, arquitecto pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de A Coruña, é asimesmo pintor e gravador autodidacta
  66. 66. Museo Pazo de Tor 66 Exposición sobre patrimonios compartidos e mateada no Museo Pazo de Tor O sábado, 5 de abril, ás 18.00 horas, inaugurouse no Museo Pazo de Tor, en Monforte de Lemos ,a exposición “Patrimonios: Muralla e Tango”, mostra que permaneceu neste espazo museal ata o 11 de abril. Trátase dunha exposición fotográfica itinerante realizada polos fotógrafos de Tragaluz fotografíae organizado pola Asociación Cultural “Tango Club Galicia” e a Rede Museística Provincial. Conta co patrocinio da área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo e forma parte do proxecto “Culturas en Diálogo: Lugo-Arxentina”. No mesmo acto terá lugar unha mateada comentada. Patrimonios: Muralla e Tango O obxectivo da mostra é establecer unha ponte cultural e dar a coñecer a importancia excepcional para a herdanza común da humanidade, que
  67. 67. Museo Pazo de Tor 67 posúen ambos os dous patrimonios. Propoñendo un diálogo bidireccional entre dous patrimonios irmandados por un pasado común migratorio. O Patrimonio Cultural tanxible e o intanxible únense para conformar de xeito separado a identidade cultural dun determinado lugar. Do "seu" lugar. Redefinindo o presente con unha mirada retrospectiva. Buscando co lente ese factor determinante que define o que actualmente entendemos por patrimonio, é o seu carácter simbólico, a súa capacidade para representar simbolicamente unha identidade. »» Información sobre o proxecto “Culturas en Diálogo: Lugo- Arxentina”.
  68. 68. Museo Pazo de Tor 68 Natureza no Museo Pazo de Tor. A natureza tamén forma parte do Museo Pazo de Tor. Natureza cambiante e sempre espontánea, modela, a contorna do Pazo recordándonos a época do ano o clima, máis polo miudo se nos fixamos nel descubrimos pequenos agasllos que nos da a terra, Outono, época dos cogomelos un pequeño agasallo da terra, non só pola fermosura das cores e ou formas, senón tamén gastronómica e incluso medicinais. O espazo natural do Museo Pazo de Tor é un espazo no outono que atesoura unha importante variedade de cogomelos. A Asc. Micolóxia Os Lactouros, levou a cabo unha andaina polos espazos naturais previamente na busca das diferentes variedades de cogomelos, para logo facer unha clasificación e unha fermosa exposición dos diferentes cogomelos indicando a o nivel de toxicidade da cada especie topada. Resultou unha actividade que foi máis alá do simplemente lúdico senón que foi moi amena e didáctica a experiencia.
  69. 69. Museo Pazo de Tor 69 PROGRAMA DE CONCERTOS. Obradoiro arredor dos instrumentos antigos de tecla no Museo Pazo de Tor O sábado, 18 de outubro, desenvolveuse no Museo Pazo de Tor, un obradoiro que estará dedicado á familia dos instrumentos de tecla. A actividade era aberta a todo tipo de públicos, con ou sen coñecementos de música, interesados no fascinante mundo da música antiga. Un formato ameno para a escoita e a conversa no que, da man de dous titores-músicos, Jesús Caramés e Andrés Díaz, aprenderemos a disfrutar máis da música antiga e dos seus repertorios. Visita guiada polo Pazo de Tor Para as persoas asistentes ao obradoiro preveuse unha visita guiada ás dependencias do Pazo. Instrumentos antigos de tecla que se tocaron no Museo Pazo de Tor Un órgano portativo medieval, un clavicordio do século XVI, unha espineta de 1650, un pianoforte da casa Clementi e un piano organizado, dos poucos que se conservan en todo o mundo, foron os protagonistas A actividade foi organizada por Espazos Sonoros e forma parte do programa "Música en espazos de interese cultural". Para participar no obradoiro e na visita era preciso inscrición previa a través do seguinte enderezo electrónico: actividades@espazossnoros.org
  70. 70. Museo Pazo de Tor 70 8º Aniversario da Apertura do Museo Pazo de Tor Como cada ano desenvolveuse a celebración da efeméride, este ano é 8º ano de apertura do Museo Pazo de Tor (13 de xullo de 2006) Qué mellor maneira de festexalo! con música e acompañado de amigos, compañeiros e partillar recordos e experiencias sobre o Museo Pazo de Tor. O concertó estivo a cargo de dous fabulosos artistas. Iria Estévez e Gonzo Piña (Guitarra e voz). Fado e música tradicional galega.
  71. 71. Museo Pazo de Tor 71 PROGRAMA DE CINE E TEATRO. O PAZO DE TOR COMO PRINCIPAL ESCENARIO DAS PRINCIPAIS SECUENCIAS DO FILME A ESMORGA O delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, o nacionalista Mario Outeiro, participou, no do Pazo de Tor, Severino Rodríguez, alcalde de Monforte de Lemos, na presentación da rodaxe do filme A Esmorga, baseada na gran novela da literatura galega de Eduardo Blanco Amor e que a compañía Vía Láctea Filmes converte en película da man de Ignacio Vilar, que tamén estivo no acto de presentación xunto cos actores protagonistas Miguel de Lira, Karra Elejalde e Antonio Durán “Morris”. Neste sentido, Mario Outeiro destacou “a longa tradición cinematográfica coa que conta a provincia de Lugo, que foi escenario da rodaxe de múltiples filmes, tanto de tipo documental como de ficción e cuxo Pazo de Tor tamén foi partícipe” “A gravación da película a Esmorga no Pazo de Tor non só nos enriquecerá desde un punto de vista cultural, aportando o seu graíño de area ao conxunto de películas rodadas na provincia, senón tamén desde un punto de vista turístico, xa que será un excelente escaparate para xoias do patrimonio histórico e artístico lucense como este
  72. 72. Museo Pazo de Tor 72 museo, unha das máis importantes mostras da arquitectura pacega galega”, explicou Outeiro, quen ademais asegurou que “A Esmorga é unha das grandes novelas da literatura galega e universal do século XX, co que este proxecto que a levará ao cine axudará a achegar a moitas persoas este magnífico libro de Blanco Amor”. Logo do anuncio da rodaxe… …comeza a rodaxe de A Esmorga no Museo Pazo de Tor A Esmorga, a gran novela de E. Blanco Amor, convértese en película da man de Vía Láctea Filmes e terá como escenario das principais secuencias o Museo Pazo de Tor. O mércores, 29 de xaneiro, as 17:30 horas, o director, Ignacio Vilar, e algún dos actores protagonistas como Miguel de Lira, Karra Elejalde e Antonio Durán “Morris” presentaron aos medios o proxecto na compaña do alcalde de Monforte, Severino
  73. 73. Museo Pazo de Tor 73 Rodríguez, a xerente da Rede, Encarna Lago, e o deputado delegado da área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, Mario Outeiro. A rodaxe tivo lugar no Pazo de Tor os días 13, 14, 17, 18, 19 de marzo. .
  74. 74. Museo Pazo de Tor 74 PROGRAMA DE COLECCIÓNS. Intervención expositiva co fin de manter unha preservación máis eficaz de algunhas pezas e de expoñer outras que non estaban o estaban. Trasladáronse varias peanas e vitrinas, reutilizadas, para dar cubillo a diferentes pezas. A nova exposición e disposicón dos dos fondos do Museo Pazo de Tor, afectou a seguintes salas. - Recepción. Colocación dunha vitrina que expón.  Dos teléfonos antiguos (dos primeros S.XX)  Un barómetro de bolsillo de presión atmosférica. - Sala Despacho. Colocación dunha vitrina que expón:  4 libros de imprenta do S. XVI (brevarios, misales..)  1 escribanía en prata de Toledo.  1 Bula Papal de Inocencio X. - Cuarto de Uxío Novoneira. Colocación dunha pel de ovella (negra) que estaba no despacho e un tresillo. - Cuarto da Sra. Colocación dunha vitrina que alberga os zapatos de Paz Zúñiga Laporta (Avoa paterna) e utensilios de manicura, en prata . - Corredor. Colocación dunha vitrina que expón un gran número de chaves e un curioso candado esférico. No corredor tamén se colocaron varias peanas, co fin de colocar exposicións. - No Dormitorio Principal. Colocouse un cordón de seguridade co fin de preservar a alfombra persa e outros elementos.
  75. 75. Museo Pazo de Tor 75
  76. 76. Museo Pazo de Tor 76 PERSONAL MUSEO PAZO DE TOR. Este ano xubilouse “Angelita” Ángeles Rivada González, Encargada do Museo Pazo de Tor, quen adicou unha vida a coidar “Tor”. Durante máis de 20 anos tamén os adicou a ensinar un xeito de vivir da fidalguía galega e a contarnos, a través dos fondos do Museo Pazo de Tor, fermosas historias de Srs e Sras, sobre todo da última Sra. de Tor Mª Paz Taboada de Andrés que habitaron este fermosísimo lugar. Encarna Lago, Xerente da Rede Museística Provincial de Lugo e compañeiros da Rede Museística, quixemos dar unha mostra de agredecemento celebrando un xantar entre compañeiros e acompañando a Angelita e mais a familia nun evento moi fermoso e emotivo; tamén foi para facer pública a gratitude por parte de todos os compañeiros, por acollernos e ensinarnos con tanto mimo. Mais non é un adeus, é un nova andaina para ela dende outra perspectiva de cara o Pazo. Angelita e Manolo seguen a ser un piar fundamental do Museo Pazo de Tor, a ben seguro que as visitas ao Pazo non sería nin por asomo o que son de non seren pola súas contribucións e as que virán porque contamos con eles para seren partícipes de novas ideas, actividades e historias na Rede Museísitca Provincial de Lugo.
  77. 77. Museo Pazo de Tor 77 PROGRAMA ARQUITECTÓNICO. Programa arquitectónico do Pazo de Tor, anexos e exteriores. - Instalación de vitrinas (recicladas-restauradas) para a nova disposición de coleccións existentes e exposición de outras novas. Ver Programa Expositivo* - Aprovisionamento de vitrinas e peanas (recicladas-restauradas) para acoller novas exposicións temporais. - Intervención provisional e reparación de viga en tellado do Pazo de Tor. - Revisión e mantemento do ascensor-elevador do Museo. - Reparación e mellora da conexión wifi da Biblioteca. - Sustitución de bombillas antiguas por bombillas de baixo consumo nas diversas estancias do Pazo - Reorganización do almacén de didáctica e dos almacenes do Pazo que serven de depósito para mobiliario e usos diversos. - Desbroce da antiga torre do Pazo. - Segado, replantación e acondicionamento do xardín do Pazo. - Poda de árbores e arbustos. - Limpeza de estanque e fonte do Pazo - Desratización da biblioteca, sala caldeiras, almacéns, sotos e áreas exteriores cada mes - Recollida de auga para control de legionella e potabilidade.
  78. 78. Museo Pazo de Tor 78 EQUIPO. Encarna Lago: Xerente da Rede Museística Provincial de Lugo Ángeles Rivada: Encargada Museo Pazo de Tor Manuel García: Vixilante de Arquitectura do Museo Pazo de Tor Silvia Fiallega: Vilxiante-Guía Museo Pazo de Tor Juan Ignacio: Bibliotecario Rede Museística Provincial de Lugo Noelia: Persoal de limpeza Museo Pazo de Tor Tar López: Vixilante-Guía Museo Pazo de Tor.

×