Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Fases da guerra fría
1. FASES DA GUERRA FRÍA
Crise de Berlín e división de Alemaña
O primeiro enfrontamento da Guerra Fría aconteceu coa crise de Berlín. Tras a guerra, a capital
alemá queda dividida en catro sectores, pero en 1948 EE.UU., Gran Bretaña e Francia uniron os
seus sectores para crear a República Federal Alemá (RFA). A URSS que se opoñía á reunificación
de Alemaña, creou un Estado comunista no seu sector, a República Democrática Alemá (RDA).
Crise da
Guerra Fría
Bloqueo de Berlín
División de Alemaña
División de Berlín
2. Guerra de Corea
Despois de comezar a Guerra Fría produciuse o triunfo das tropas comunistas de Mao Zedong
na guerra civil chinesa. Neste ambiente estourou a guerra de Corea (1950-1953). Tras a derrota
nipona na Segunda Guerra Mundial, Corea queda dividida en dúas zonas.
En 1950 Corea do Norte invade Corea do Sur. A coalición das Nacións Unidas, liderada por
EE.UU., emprendeu a reconquista de Corea do Sur e chegou a se internar no norte, entón China
anunciou o seu apoio con Corea do Norte.
Finalmente asinouse unha tregua en 1953. Nela mantíñase a división de Corea en Dous Estados
cunha fronteira semellante á de antes da guerra. Neste conflicto morreron máis de un millón de
persoas.
Guerra de Corea
Construcción do muro de Berlín
As autoriadades da RDA decidiron separar o seu sector da parte occidental da cidade para deter
a emigración e o 13 de agosto de 1961 levantaron un muro de formigón que dividiu Berlín e os
berlineses durante trinta anos.
Construcción do muro
de Berlín
3. Crise dos mísiles cubanos
En 1959 EE.UU. opúxose ao novo réxime, que se aproximou á URSS. En 1962 a URSS comezou a
instalar mísiles en Cuba capaces de alcanzar o territorio estadounidense. Entón o presidente de
Estados Unidos decretou o bloqueo naval de Cuba.
Finalmente, Kruschev aceptou desmantelar as bases soviéticas en Cuba e a tensión rebaixouse.
Crise dos mísiles
cubanos
Guerra de Vietnam
Enfrontamento militar que tivo lugar en Vietnam desde 1962 ata 1974, o seu orixe foi a
determinación das guerrillas comunistas (o chamado Vietcong) de Vietnam do Sur, apoiadas
por Vietnam do Norte, co obxectivo de destituír ao goberno sur vietnamita.
Nena con queimaduras Guerra de Vietnam
causadas polo bombardeo
con napalm (Vietnam).
4. “Guerra das galaxias”
Tamén chamado Proxecto de Defensa Extratéxica, é un escudo despregado no espacio para
repeler os ataques dos mísiles soviéticos por obra do presidente Reagan.