SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 10
BIBLIOTECA
       CEIP. VALLE – INCLÁN

     DIA MUNDIAL POLA PAZ, 29 de xaneiro de 2010.
ALGUNHAS SUXESTIÓNS PARA TRABALLAR CON LIBROS DA
                        NOSA BIBLIOTECA


                     E. INFANTIL E 1º CICLO
-   A guerra dos números. Juan Darién. OQO Editora.
-   Dinosaurio Belisario. Pepe Cáccamo / Carles Arbat. Kalandraka.
-   10 soldados. Gilles Rapaport. Edelvives.
-   El príncipe de los enredos. Roberto Aliaga / Roger Olmos.
    Edelvives.

                              2º CICLO
-   El enemigo. Davide Cali / Serge Bloch. SM
-   El oso con la espada. Davide Cali / Gianluca Foli. Barbara Fiore
    Editora.
-   Pimpín e dona Gata. Fina Casalderrey / Manuel Uhía.
-   Los elefantes nunca olvidan. Anuska Ravishankar / Ch. Pieper.
    Thule.
-   A galiña azul. Carlos Casares. Galaxia.
-   Paco y Ávaro se pelean. René Escudié / Ulises Wensel.
    Edelvives.

                              3º CICLO
-   Números pares, impares e idiotas. Juanjo Millás / Forges. SM.
BIBLIOTECA
        CEIP. VALLE – INCLÁN

    ALGUNHAS SUXESTIÓNS PARA TRABALLAR COS LIBROS
Estes libros permanecerán na biblioteca nos caixóns vermellos sinalados co letreiro libros
reservados para actividades. Os nenos/as non os poden levar en préstamo, son para traballar con
eles nas aulas. Os profesores/as que os utilicen deben reintegralos áos caixóns despois da sesión.



A GUERRA DOS NÚMEROS
Juan Darién. OQO Editora.
Resumo: O tema deste libro é a guerra, e os protagonistas son os números. A orixe da guerra é a
envexa que sente o número 1 porque é moi pequeno. Axudado polo signo – (O rei Menos), invade o
país e, restando, restando, converte en ceros a todos os números. Cando só quedan ceros, estes son
convertidos en esclavos e obrigados a traballar para o Rei Menos. Un día un cero rebelouse, pero non o
puideron castigar porque xa era o número máis pequeno e o signo menos non lle podía facer ningún
mal. Entón todos os ceros rebeláronse, e destruiron as armas; decidiron que querían vivir en paz e
expulsaron o Rei Menos daquelas terras. A paz retornou ó país e os números volveron medrar en paz.
Un día, un 1 e un 0 enamoráronse, e da súa unión naceu un número novo e maior que os outros : O
DEZ.
Recomendacións de lectura: Este libro pode lerse en todos os ciclos. Ten posibilidade de distintos
niveis de lectura. Unha mellor comprensión pódese acadar con aqueles nenos e nenas que xa coñecen o
mecanismo da resta e que saben o que significa o signo menos. Cos alumnos/as dos niveis superiores
pódese presentar como unha fábula sobre o tema da guerra.
A reflexión que se pode facer é : ¿Atopamos algunha similitude entre os números e os seres humanos?
¿Que sentemento é o que desencadea a guerra?
¿Quen se aproveita da envexa que senten os uns?
¿Cal é o resultado da guerra para todos os números? ¿Que lles ocorre nesa situación?
¿Quen se beneficia dos resultados da guerra?
¿Cal é a función dos uns? ¿Parécenos xusto?
¿Como se resolve a situación de inxustiza?
¿Que consecuencias trae a paz para os que antes foran inimigos?
Proposta de actividade: Os números viven en paz.. Dotar de “personalidade” aos números,
debuxándoos do 0 ao 9 con algúns trazos que lles dean apariencia antropomórfica : ollos, pelo, boca,
brazos e pernas, algún adorno (ver a páxina final do libro). Facer “parellas” como a que figura nesta
páxina. (Para os máis pequenos pódense dar o números xa feitos e que eles lles engadan os trazos para
humanizalos)
BIBLIOTECA
                CEIP. VALLE – INCLÁN

      O NACEMENTO DO DRAGÓN
      Wang Fei / Marie Sellier / Catherine Louis. Faktoría K de Libros.
      Resumo: A historia sitúase na antiga China e conta o nacemento do dragón como símbolo da paz,
unindo na súa figura a todos os animais que veneraban as distintas tribos: a serpe, o cabalo, o peixe, o
búfalo e o paxaro.
      Trátase dunha fábula que explica por que en Asia o dragón simboliza a cultura chinesa e tamén a paz e
a convivencia entre os pobos.
      O texto é bilingüe: galego-chinés mandarín.
      Recomendacións de lectura: A partir dos cinco anos, este libro pode ser de interese para todas as
idades xa que admite distintos niveis de lectura. A súa brevidade permite que sexa lido e comentado nunha
única sesión.
      Sixestións para traballar con este libro.
-     Antes da lectura pódese falar do dragón e tamén do que é unha lenda (tratar de explicar a orixe de algo
      por medio dun conto): Existen realmente os dragóns? Onde aparecen os dragóns? Son bos os malos?
      Coñecedes algún conto ou historia que fale de dragóns? Como é un dragón? Parécese a algún animal
      que coñecemos? O dragón ten escamas e por iso parécese a...................... O dragón ten cornos e por iso
      parécese a ........................... O dragón pode voar e por iso parécese a ...............
-     Sabedes o que son os espiritos protectores?


-     Despois da lectura: Alguén viu algunha vez (na tele ou no cine) a celebración do Aninovo chinés.?
      Alguén viu un gran dragón nestas celebraciones?
          Recordamos os espíritus protectores das distintas tribos. Por que cada un dos pobos elixíu
    precisamente ese espíritu protector? Que fixeron os nenos chineses para facerlle a guerra á guerra? En
    que se parece o dragón a cada un dos animais protectores?
          Para acadar a paz e a boa convivencia as tribos da antiga china procuraron poñerse de acordo e
    buscar algo que os representase a todos, a isto chámamoslle “negociar”. Podemos negociar tamén entre
    nós cando temos algún problema? En que consiste negociar? Podemos poñer algún exemplo? Por que
    pensades que quedaron contentas as distintas tribos chinesas? Cando existe un conflicto, como pensades
    que se pode chegar a un acordo? Tiveron que renunciar a algo as tribos chinesas? Poderiamos nós facer
    igual, “negociar”, cando xorde un conflicto (na casa, no colexio, cos amigos/as...?
                 Suxestión de traballo: Debuxar un dragón mesturando as características dos animais que o
    inspiraron: o corpo de serpe, a cabeza do cabalo, as escamas do peixe, os cornos do búfalo, as patas do
    paxaro.
BIBLIOTECA
     CEIP. VALLE – INCLÁN

Pensar entre todos/as unha situación na que dúas ou máis persoas teñan un conflicto de intereses.
Debatir cal podería ser o acordo ó que poderían chegar de maneira que todos se sentisen ben
tratados e ninguén o tomase como unha imposición. Escribir sobre isto un pequeno relato inspirado
no conto que acabamos de ler.
BIBLIOTECA
             CEIP. VALLE – INCLÁN

       EL ENEMIGO
       Davide Cali / Serge Bloch. Edit. SM     Lectura recomendada para 2º e 3º Ciclos.
         Comentario: Trátase dun alegato contra a guerra. O libro consta dun breve texto apoiado en
expresivas e sinxelas ilustracións sobre fondo branco. Antes de empezar a historia sitúasenos no contexto:
“É a guerra, vese algo; podería ser un deserto no que hai dous buratos, e en cada burato, un soldado, son
inimigos”.
          A historia está narrada por un destes soldados, só no seu burato, vixiando día e noite ó inimigo e
protexéndose del. Na súa soidade reflexiona sobre o inimigo, nas cousas que sabe que teñen en común: a
fame e a soidade , e nas outras moitas cousas que os diferencian. El non coñece ao inimigo, pero ten un
manual onde di que se trata dunha besta salvaxe, sen piedade, capaz das maiores atrocidades. A vida é moi
dura no seu burato e chega a pensar que todos se teñen esquecido del, desexa rematar dunha vez,
abandonar a guerra, pero non se atreve por medo a que o inimigo o mate. Unha noite de chuvia decide saír
do burato o primeiro día que non haxa lúa. Esa noite, ponse o seu traxe de camuflaxe e sae do burato, vai
arrastrándose cara a onde está o inimigo e non ve nada, unicamente un león que marcha sen facerlle caso
(É interesante analizar a ilustración que representa este león para descubrir de que se trata realmente).
Cando chega ao outro burato atopa que alí non hai ninguén, só están as cousas persoais do inimigo, as
mesmas cousas que ten el no seu burato, mesmo hai fotos da súa familia e ningún sinal do monstro que lle
dixeron que era. O que máis lle sorprende é atopar un manual idéntico ao seu no que se di que el é a besta
desalmada. Entón comprende que todo o que di o manual é unha mentira. Cando sae o sol, o inimigo
aínda non volveu, e o soldado comprende que debe estar no seu burato sorprendéndose tamén el das cousas
que atopa. Agora os dous soldados saben un do outro, saben o cansados que están e os desexos que teñen
de que remate a guerra. O soldado espera que o inimigo tome a iniciativa pero, finalmente, canso de
esperar, decide lanzarlle unha mensaxe de paz metida dentro dunha botella. A última páxina do libro ten
dobre lectura, textual e de imaxe: por un lado lemos a frase do soldado: “Oxalá a botella chegue ata o seu
burato”, e por outro, vemos a ilustración na que dúas botellas, unha saíndo de cada burato, se cruzan na
súa traxectoria.
          Comentario: Como vemos, a tese do libro é que os que se benefician da guerra tentan sementar
o odio entre os que combaten. E este odio baséase no descoñecemento, na mentira de presentar ao outro
como o inimigo, un ser cheo de maldade e moi diferente.
               A proposta para traballar con este libro consiste, precisamente, en falar deste tema despois
de ler a historia. Por exemplo: ¿Quen son os interesados en manter a guerra? ¿Onde están? ¿Qué saben os
inimigos un do outro? ¿De onde proceden esas ideas? ¿Quen as difundiu e con que finalidade? ¿De que se
sorprende o soldado cando chega ó burato do inimigo? ¿Onde está o inimigo e que estará facendo?, ¿Cómo
remata a historia?
BIBLIOTECA
CEIP. VALLE – INCLÁN

 Suxestión de actividade: Pensar entre todos e narrar a continuación da historia.
BIBLIOTECA
     CEIP. VALLE – INCLÁN

EL OSO CON LA ESPADA

       Davide Cali / Gianluca Foli.Barbara Fioare Editora.
       Lectura recomendada para 1º e 2º Ciclos.
       Resumen: Esta é a historia dun oso que andaba buscando inimigos para loitar con eles, pero
estaba moi equivocado.
        Trátase dunha historia que presenta a típica estrutura repetitiva e acumulativa: Uns feitos
van sumándose a outros, producíndose no texto unha ladaíña cada vez máis longa.
        Nesta ocasión o oso busca quen foi o culpable da destrución do seu fortín para partilo en
dous coa súa espada. Vai indagando duns animais a outros, e eles decláranse inocentes, culpando a
outros do incidente: Os castores acusan ao babirusa (cocho salvaxe parecido ao xabaril), o babirusa
ao raposo, o raposo aos paxaros, e os paxaros a alguén que se dedicou a talar as árbores do bosque
… Isto é verdade e o oso comprende que non pode partir en dous a ninguén porque el mesmo foi
quen tallou as árbores para comprobar o poder da súa espada. Entón comprende o seu erro e trata
de reparalo portándose ben cos animais aos que prexudicou.
       Suxestións: Sobre o conto: Falamos da historia: ¿Para que quería o oso unha espada? ¿Qué
fai con ela? ¿Por qué se enfada tanto? ¿Por qué acusa aos castores? ¿Son culpables os castores?
¿Por qué fuxiron os castores? ¿Sería xusto castigar aos castores? ¿É culpable o babirusa?, ¿Sería
xusto castigar ao babirusa?, etc… Finalmente, ¿quen era o culpable? ¿Sería xusto castigar ao oso?,
¿Qué fai o oso para reparar o seu mal comportamento?
        Sobre nós mesmos: Cando acusamos os outros estamos sendo agresivos con eles, como o
oso coa súa espada. Pero o oso comprendeu o seu error porque escoitou as razóns que uns e outros
lle deron. Case sempre as persoas teñen as súas razóns e é necesario escoitalas. ¿Pasounos algo
parecido algunha vez? ¿No colexio? ¿Na casa? ¿Algunha vez algún compañeiro/a ou amigo/a, ou
mesmo unha persoa maior, enfadouse con nós sen ter razón? ¿ Que pasou? ¿Cales eran as nosas
razóns? Se algunha vez somos inxustos con alguén, ¿Qué podemos facer para reparar o mal
comportamento?
       Suxestión de actividades: Facer unha representación teatral da historia.
BIBLIOTECA
   CEIP. VALLE – INCLÁN

LOS CONEJOS
 John Marsden / Shaun Tan. Barbara Fiore Editora.
 Lectura recomendada para o 3º Ciclo.
 Resumen e comentario: Trátase dun cómic no que se representa unha fábula moral,
 protagonizada por dúas especies animais: os coellos e os armadillos. Pretende ser un alegato
 contra a colonización. Concretamente, refírese á colonización de Australia por parte dos
 ingleses, pero pode ser aplicable a calquera outra historia de colonización.
 Está narrada en primeira persoa por un dos indíxenas, un armadillo, que conta como chegaron os
 primeiros coellos (os colonizadores) e como, pouco a pouco, foron impoñendo as súas normas,
 os seus costumes, a súa lei, impoñendo a súa superioridade… E como foron destruíndo o estilo
 de vida anterior e votando fóra, mesmo violentamente, aos primeiros poboadores.
 As imaxes, moi suxestivas e simbólicas, son obra do ilustrador Shaun Tan, de quen temos outros
 libros na biblioteca como “Emigrantes” e “La cosa perdida”.
 Suxestións: Este libro é un excelente punto de arranque para falar cos nenos/as do que é a
 colonización, como unha das grandes violencias históricas duns pobos contra outros. ¿Qué
 países foron colonizadores? ¿Qué países foron colonizados? O libro “Los conejos” refírese á
 colonización de Australia.¿Sabedes quen vivía en Australia antes de que chegaran os europeos?
 Segundo se nos conta no libro, ¿Qué supuxo para os pobos aboríxenes a chegada dos
 colonizadores? ¿Por qué non se defenderon?
 Suxestión de actividade: Buscar en Internet datos sobre a colonización dalgún país,
 concretamente podería facerse sobre Haití que está tristemente de actualidade.
 Outra posibilidade: No libro dise: “Nos robaron a nuestros hijos”. Podería investigarse que hai
 de certo nesta frase (O actual goberno australiano recoñece e pide publicamente perdón por ter
 roubado nenos aboríxenes que foron violentamente separados das súas familias)
BIBLIOTECA
        CEIP. VALLE – INCLÁN

AVALANCHA EL TERRIBLE
Taï-Marc le Thanh / Élodie Nouhen. Edit. Edelvives.
Lectura recomendada para Infantil e 1º Ciclo.
Resumo e comentario: O asunto que se desenvolve nesta historia é que a amabilidade e as boas
maneiras son moito máis eficaces que a violencia para acadar amigos e respeto.
Avalancha consegue o nome de “Terrible” impoñendo a súa vontade de maneira violenta: empeza
comendo o seu propio cabalo cando non lle obedece á primeira. Por todas partes que va dá mostras da
súa violencia e así consegue a sumisión dos que lle teñen medo. A súa fama acrecéntase e decide
aproveitala asustando a todo o mundo e formando un exercito terrible co que se dedica á conquista de
todos os pobos e cidades polos que va pasando. Ninguén se resiste a Avalancha e o seu feroz exécito.
Ata que chegan a unha cidade amurallada e no alto dunha almea aparece unha moza que é todo o
contrario de Avalancha, delicada e fráxil. A moza empeza a cantar e o corazón dos feroces soldados
énchese de amor. Por primeira vez séntense débiles e vulnerables ante a dozura e a gracia da moza.
Así, todos os soldados deciden abandonar o exército de Avalancha. A Avalancha non lle queda máis
remedio que dar media volta e regresar ó seu país. Polo camiño de regreso séntese moito máis lixeiro, e
pensando no que aprendera da moza decide deixar de ser guerreiro para converterse en cantor e acadar
así o cariño e a amistade de todos que xa non lle chamarán Avalancha o Terrible, senón outras cousas
como Avalancha o Magnífico ou Avalancha o Soñador...
Para falar na clase: Algunhas veces hai nenos /as que se comportan como Avalancha: son abusóns.
¿Coñecemos algún abusón? ¿que fan os abusóns? ¿temos medo dos abusóns? Pero estes abusóns corren
un perigo moi serio... ¿Recordades que lle pasou a Avalancha cos soldados do seu exército? ¿Por que o
deixaron so? ¿Como nos gusta a nós que sexan os nosos amigos? ¿Con que persoas nos sentimos máis
a gusto? Etc. ¿Cal é entón o recurso máis valioso? ¿Que lles pode pasar aos abusóns?
Suxestións de actividades: Podemos debuxar a Avalancha “antes” e “despois”, e poñerlle nomes:
“Avalncha O Terrible”, “Avalancha O...........”
BIBLIOTECA
             CEIP. VALLE – INCLÁN

        DINOSAURIO BELISARIO
        Pepe Cáccamo / Carles Arbat. Edit Kalandraka.
        Lectura recomendada para Infantil e Primeiro Ciclo
        Resumo e comentarios: O tema deste libro trata sobre como os violentos e abusóns poden asustar
a moita xente pero finalmente acaban sós porque ninguén os quere. Outra idea presente é que hai que
xuntarse par apoder vencer aos poderosos.
É unha historia escrita en forma versificada.
Belisario era grande, usaba uniforme e gustáballe mandar, tiña moi mal carácter e portábase de forma
violenta, sempre estaba guerreando e era o terror de todos. Todo o mundo lle fuxía e ninguén quería xogar
con el a nada. Como non tiña con quen xogar decidíu prohibir todos os xogos. E seguíu facendo todo o mal
que puido.
Ata que os nenos se rebelaron e empezaron a berrar todos xuntos. Como por arte de maxia, Belisario
perdeu o seu uniforme e quedou espido. Entón agochouse nun armario e alí segue, el só sen ter ninguén en
quen mandar.
        Para falar na clase: Para que usaba Belisario o uniforme? ¿Que quere dicir que era un mandón?
¿Portábase ben? ¿Con quen andaba á guerra? ¿Cal era o problema que tiña Belisario? ¿Por que ninguén
quería xogar con el? ¿Que fixo entón? Belisario era un abusón e fixo moitos cousas malas, ¿Recordades
que lles fixo aos paxaros?, ¿E aos peixes,? ¿E aos gatos? ................................ ¿Que fixeron entón os
nenos? ¿Por que se xuntaron tantos nenos? ¿Como acabou Belisario? ¿Por que non sae do armario?
        Proposta de actividade: Completar e escribir os pareados:


     Belisario era o terror                                              E aquel que non obedeza
             de todo o mundo ........................                    pode perder a ..........................
             Pero acabou solitario                                       Pero a esta situación
             agochado nun ............................                   hai que darlle ........................
             Belisario é grande, enorme,                                 Os nenos, máis dun millón,
             e sempre leva ..............................                van en .....................................
             Gústalle moito mandar                                       E mandan a Belisario
             e con todos ..................................              para dentro dun .......................
             Ninguén quere estar con el                                  Alí vive dende entón,
             porque é malvado e ......................                   por guerreiro e ................................

Mais conteúdo relacionado

Mais procurados (19)

Entrevista a Clara do Roxo
Entrevista a Clara do RoxoEntrevista a Clara do Roxo
Entrevista a Clara do Roxo
 
Suso de toro
Suso de toroSuso de toro
Suso de toro
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizán
 
Lois diéguez
Lois diéguezLois diéguez
Lois diéguez
 
Yolanda castaño
Yolanda castañoYolanda castaño
Yolanda castaño
 
Pepe Carballude
Pepe CarballudePepe Carballude
Pepe Carballude
 
Entrevista monte das moas
Entrevista monte das moasEntrevista monte das moas
Entrevista monte das moas
 
Lecturas a carón do lume
Lecturas a carón do lumeLecturas a carón do lume
Lecturas a carón do lume
 
Agustín fernández paz
Agustín fernández pazAgustín fernández paz
Agustín fernández paz
 
Xesus Constela
Xesus ConstelaXesus Constela
Xesus Constela
 
Darío Xohán Cabana
Darío Xohán CabanaDarío Xohán Cabana
Darío Xohán Cabana
 
Traballo libro
Traballo libroTraballo libro
Traballo libro
 
Entrevista yolanda castanho
Entrevista yolanda castanhoEntrevista yolanda castanho
Entrevista yolanda castanho
 
Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns
Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razónsLecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns
Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns
 
Manuel Lourenzo González
Manuel Lourenzo GonzálezManuel Lourenzo González
Manuel Lourenzo González
 
Entrevista Marica Campo
Entrevista Marica CampoEntrevista Marica Campo
Entrevista Marica Campo
 
Fina casalderrei óptima
Fina casalderrei óptimaFina casalderrei óptima
Fina casalderrei óptima
 
Seleccionados 9ª xuntanza do SOLF (setembro 2014)
Seleccionados 9ª xuntanza do SOLF (setembro 2014)Seleccionados 9ª xuntanza do SOLF (setembro 2014)
Seleccionados 9ª xuntanza do SOLF (setembro 2014)
 
Anagnorise
AnagnoriseAnagnorise
Anagnorise
 

Destaque

A Biodiversidade Propostas De Lectura Para Infantil E 1º Ciclo
A Biodiversidade  Propostas De Lectura Para Infantil E 1º CicloA Biodiversidade  Propostas De Lectura Para Infantil E 1º Ciclo
A Biodiversidade Propostas De Lectura Para Infantil E 1º Ciclobiblioperillo
 
Invitacionfestadolibro
InvitacionfestadolibroInvitacionfestadolibro
Invitacionfestadolibrobiblioperillo
 
Carta De RamóN áS Clases
Carta De RamóN áS ClasesCarta De RamóN áS Clases
Carta De RamóN áS Clasesbiblioperillo
 
C:\Fakepath\A Biodiversidade Propostas De Lecturas Para 3º Ciclo
C:\Fakepath\A Biodiversidade  Propostas De Lecturas Para 3º CicloC:\Fakepath\A Biodiversidade  Propostas De Lecturas Para 3º Ciclo
C:\Fakepath\A Biodiversidade Propostas De Lecturas Para 3º Ciclobiblioperillo
 
Ligation of arteries in maxillofacial region
Ligation of arteries in maxillofacial regionLigation of arteries in maxillofacial region
Ligation of arteries in maxillofacial regionIndian dental academy
 
The Buyer's Journey - by Chris Lema
The Buyer's Journey - by Chris LemaThe Buyer's Journey - by Chris Lema
The Buyer's Journey - by Chris LemaChris Lema
 
The Presentation Come-Back Kid
The Presentation Come-Back KidThe Presentation Come-Back Kid
The Presentation Come-Back KidEthos3
 

Destaque (9)

Novidades
NovidadesNovidades
Novidades
 
A Biodiversidade Propostas De Lectura Para Infantil E 1º Ciclo
A Biodiversidade  Propostas De Lectura Para Infantil E 1º CicloA Biodiversidade  Propostas De Lectura Para Infantil E 1º Ciclo
A Biodiversidade Propostas De Lectura Para Infantil E 1º Ciclo
 
Invitacionfestadolibro
InvitacionfestadolibroInvitacionfestadolibro
Invitacionfestadolibro
 
Carta De RamóN áS Clases
Carta De RamóN áS ClasesCarta De RamóN áS Clases
Carta De RamóN áS Clases
 
C:\Fakepath\A Biodiversidade Propostas De Lecturas Para 3º Ciclo
C:\Fakepath\A Biodiversidade  Propostas De Lecturas Para 3º CicloC:\Fakepath\A Biodiversidade  Propostas De Lecturas Para 3º Ciclo
C:\Fakepath\A Biodiversidade Propostas De Lecturas Para 3º Ciclo
 
DíA Do Libro
DíA Do LibroDíA Do Libro
DíA Do Libro
 
Ligation of arteries in maxillofacial region
Ligation of arteries in maxillofacial regionLigation of arteries in maxillofacial region
Ligation of arteries in maxillofacial region
 
The Buyer's Journey - by Chris Lema
The Buyer's Journey - by Chris LemaThe Buyer's Journey - by Chris Lema
The Buyer's Journey - by Chris Lema
 
The Presentation Come-Back Kid
The Presentation Come-Back KidThe Presentation Come-Back Kid
The Presentation Come-Back Kid
 

Semelhante a C:\Users\Portatil02\Desktop\DíA Mundial Pola Paz

Semelhante a C:\Users\Portatil02\Desktop\DíA Mundial Pola Paz (20)

Domingo villar
Domingo villarDomingo villar
Domingo villar
 
Presentación Non apartes a mirada do espello v2.pdf
Presentación Non apartes a mirada do espello v2.pdfPresentación Non apartes a mirada do espello v2.pdf
Presentación Non apartes a mirada do espello v2.pdf
 
Entrevista a Ramón Caride
Entrevista a Ramón CarideEntrevista a Ramón Caride
Entrevista a Ramón Caride
 
Recomendacións lectoras para o verán 2015
Recomendacións lectoras para o verán 2015Recomendacións lectoras para o verán 2015
Recomendacións lectoras para o verán 2015
 
Neria ViIas (por Uxía Rial)
Neria ViIas (por Uxía Rial)Neria ViIas (por Uxía Rial)
Neria ViIas (por Uxía Rial)
 
Guía de lectura. IlustrArte
Guía de lectura. IlustrArteGuía de lectura. IlustrArte
Guía de lectura. IlustrArte
 
Os microrrelatos (guía)
Os microrrelatos (guía)Os microrrelatos (guía)
Os microrrelatos (guía)
 
Poderosa
PoderosaPoderosa
Poderosa
 
Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017
Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017
Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017
 
Guia LECTURAS. VERAN 2012
Guia LECTURAS. VERAN 2012Guia LECTURAS. VERAN 2012
Guia LECTURAS. VERAN 2012
 
Lois diéguez
Lois diéguezLois diéguez
Lois diéguez
 
BO NADAL E BOAS LECTURAS
BO NADAL E BOAS LECTURASBO NADAL E BOAS LECTURAS
BO NADAL E BOAS LECTURAS
 
Entrevista a María Solar
Entrevista  a María SolarEntrevista  a María Solar
Entrevista a María Solar
 
Marica campo
Marica campoMarica campo
Marica campo
 
Orientaciones lectura paz
Orientaciones lectura pazOrientaciones lectura paz
Orientaciones lectura paz
 
Lecturas FilosofíA
Lecturas FilosofíALecturas FilosofíA
Lecturas FilosofíA
 
Recinto gris
Recinto grisRecinto gris
Recinto gris
 
Seleccionados 8ª xuntanza do SOLF (xuño 2014)
Seleccionados 8ª xuntanza do SOLF (xuño 2014)Seleccionados 8ª xuntanza do SOLF (xuño 2014)
Seleccionados 8ª xuntanza do SOLF (xuño 2014)
 
Manuel Forcadela
Manuel Forcadela Manuel Forcadela
Manuel Forcadela
 
Pdi 25 n_titorías (1) (1)
Pdi 25 n_titorías (1) (1)Pdi 25 n_titorías (1) (1)
Pdi 25 n_titorías (1) (1)
 

Último

XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelcenlf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfAntonio Gregorio Montes
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 

Último (11)

XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 

C:\Users\Portatil02\Desktop\DíA Mundial Pola Paz

  • 1. BIBLIOTECA CEIP. VALLE – INCLÁN DIA MUNDIAL POLA PAZ, 29 de xaneiro de 2010. ALGUNHAS SUXESTIÓNS PARA TRABALLAR CON LIBROS DA NOSA BIBLIOTECA E. INFANTIL E 1º CICLO - A guerra dos números. Juan Darién. OQO Editora. - Dinosaurio Belisario. Pepe Cáccamo / Carles Arbat. Kalandraka. - 10 soldados. Gilles Rapaport. Edelvives. - El príncipe de los enredos. Roberto Aliaga / Roger Olmos. Edelvives. 2º CICLO - El enemigo. Davide Cali / Serge Bloch. SM - El oso con la espada. Davide Cali / Gianluca Foli. Barbara Fiore Editora. - Pimpín e dona Gata. Fina Casalderrey / Manuel Uhía. - Los elefantes nunca olvidan. Anuska Ravishankar / Ch. Pieper. Thule. - A galiña azul. Carlos Casares. Galaxia. - Paco y Ávaro se pelean. René Escudié / Ulises Wensel. Edelvives. 3º CICLO - Números pares, impares e idiotas. Juanjo Millás / Forges. SM.
  • 2. BIBLIOTECA CEIP. VALLE – INCLÁN ALGUNHAS SUXESTIÓNS PARA TRABALLAR COS LIBROS Estes libros permanecerán na biblioteca nos caixóns vermellos sinalados co letreiro libros reservados para actividades. Os nenos/as non os poden levar en préstamo, son para traballar con eles nas aulas. Os profesores/as que os utilicen deben reintegralos áos caixóns despois da sesión. A GUERRA DOS NÚMEROS Juan Darién. OQO Editora. Resumo: O tema deste libro é a guerra, e os protagonistas son os números. A orixe da guerra é a envexa que sente o número 1 porque é moi pequeno. Axudado polo signo – (O rei Menos), invade o país e, restando, restando, converte en ceros a todos os números. Cando só quedan ceros, estes son convertidos en esclavos e obrigados a traballar para o Rei Menos. Un día un cero rebelouse, pero non o puideron castigar porque xa era o número máis pequeno e o signo menos non lle podía facer ningún mal. Entón todos os ceros rebeláronse, e destruiron as armas; decidiron que querían vivir en paz e expulsaron o Rei Menos daquelas terras. A paz retornou ó país e os números volveron medrar en paz. Un día, un 1 e un 0 enamoráronse, e da súa unión naceu un número novo e maior que os outros : O DEZ. Recomendacións de lectura: Este libro pode lerse en todos os ciclos. Ten posibilidade de distintos niveis de lectura. Unha mellor comprensión pódese acadar con aqueles nenos e nenas que xa coñecen o mecanismo da resta e que saben o que significa o signo menos. Cos alumnos/as dos niveis superiores pódese presentar como unha fábula sobre o tema da guerra. A reflexión que se pode facer é : ¿Atopamos algunha similitude entre os números e os seres humanos? ¿Que sentemento é o que desencadea a guerra? ¿Quen se aproveita da envexa que senten os uns? ¿Cal é o resultado da guerra para todos os números? ¿Que lles ocorre nesa situación? ¿Quen se beneficia dos resultados da guerra? ¿Cal é a función dos uns? ¿Parécenos xusto? ¿Como se resolve a situación de inxustiza? ¿Que consecuencias trae a paz para os que antes foran inimigos? Proposta de actividade: Os números viven en paz.. Dotar de “personalidade” aos números, debuxándoos do 0 ao 9 con algúns trazos que lles dean apariencia antropomórfica : ollos, pelo, boca, brazos e pernas, algún adorno (ver a páxina final do libro). Facer “parellas” como a que figura nesta páxina. (Para os máis pequenos pódense dar o números xa feitos e que eles lles engadan os trazos para humanizalos)
  • 3. BIBLIOTECA CEIP. VALLE – INCLÁN O NACEMENTO DO DRAGÓN Wang Fei / Marie Sellier / Catherine Louis. Faktoría K de Libros. Resumo: A historia sitúase na antiga China e conta o nacemento do dragón como símbolo da paz, unindo na súa figura a todos os animais que veneraban as distintas tribos: a serpe, o cabalo, o peixe, o búfalo e o paxaro. Trátase dunha fábula que explica por que en Asia o dragón simboliza a cultura chinesa e tamén a paz e a convivencia entre os pobos. O texto é bilingüe: galego-chinés mandarín. Recomendacións de lectura: A partir dos cinco anos, este libro pode ser de interese para todas as idades xa que admite distintos niveis de lectura. A súa brevidade permite que sexa lido e comentado nunha única sesión. Sixestións para traballar con este libro. - Antes da lectura pódese falar do dragón e tamén do que é unha lenda (tratar de explicar a orixe de algo por medio dun conto): Existen realmente os dragóns? Onde aparecen os dragóns? Son bos os malos? Coñecedes algún conto ou historia que fale de dragóns? Como é un dragón? Parécese a algún animal que coñecemos? O dragón ten escamas e por iso parécese a...................... O dragón ten cornos e por iso parécese a ........................... O dragón pode voar e por iso parécese a ............... - Sabedes o que son os espiritos protectores? - Despois da lectura: Alguén viu algunha vez (na tele ou no cine) a celebración do Aninovo chinés.? Alguén viu un gran dragón nestas celebraciones? Recordamos os espíritus protectores das distintas tribos. Por que cada un dos pobos elixíu precisamente ese espíritu protector? Que fixeron os nenos chineses para facerlle a guerra á guerra? En que se parece o dragón a cada un dos animais protectores? Para acadar a paz e a boa convivencia as tribos da antiga china procuraron poñerse de acordo e buscar algo que os representase a todos, a isto chámamoslle “negociar”. Podemos negociar tamén entre nós cando temos algún problema? En que consiste negociar? Podemos poñer algún exemplo? Por que pensades que quedaron contentas as distintas tribos chinesas? Cando existe un conflicto, como pensades que se pode chegar a un acordo? Tiveron que renunciar a algo as tribos chinesas? Poderiamos nós facer igual, “negociar”, cando xorde un conflicto (na casa, no colexio, cos amigos/as...? Suxestión de traballo: Debuxar un dragón mesturando as características dos animais que o inspiraron: o corpo de serpe, a cabeza do cabalo, as escamas do peixe, os cornos do búfalo, as patas do paxaro.
  • 4. BIBLIOTECA CEIP. VALLE – INCLÁN Pensar entre todos/as unha situación na que dúas ou máis persoas teñan un conflicto de intereses. Debatir cal podería ser o acordo ó que poderían chegar de maneira que todos se sentisen ben tratados e ninguén o tomase como unha imposición. Escribir sobre isto un pequeno relato inspirado no conto que acabamos de ler.
  • 5. BIBLIOTECA CEIP. VALLE – INCLÁN EL ENEMIGO Davide Cali / Serge Bloch. Edit. SM Lectura recomendada para 2º e 3º Ciclos. Comentario: Trátase dun alegato contra a guerra. O libro consta dun breve texto apoiado en expresivas e sinxelas ilustracións sobre fondo branco. Antes de empezar a historia sitúasenos no contexto: “É a guerra, vese algo; podería ser un deserto no que hai dous buratos, e en cada burato, un soldado, son inimigos”. A historia está narrada por un destes soldados, só no seu burato, vixiando día e noite ó inimigo e protexéndose del. Na súa soidade reflexiona sobre o inimigo, nas cousas que sabe que teñen en común: a fame e a soidade , e nas outras moitas cousas que os diferencian. El non coñece ao inimigo, pero ten un manual onde di que se trata dunha besta salvaxe, sen piedade, capaz das maiores atrocidades. A vida é moi dura no seu burato e chega a pensar que todos se teñen esquecido del, desexa rematar dunha vez, abandonar a guerra, pero non se atreve por medo a que o inimigo o mate. Unha noite de chuvia decide saír do burato o primeiro día que non haxa lúa. Esa noite, ponse o seu traxe de camuflaxe e sae do burato, vai arrastrándose cara a onde está o inimigo e non ve nada, unicamente un león que marcha sen facerlle caso (É interesante analizar a ilustración que representa este león para descubrir de que se trata realmente). Cando chega ao outro burato atopa que alí non hai ninguén, só están as cousas persoais do inimigo, as mesmas cousas que ten el no seu burato, mesmo hai fotos da súa familia e ningún sinal do monstro que lle dixeron que era. O que máis lle sorprende é atopar un manual idéntico ao seu no que se di que el é a besta desalmada. Entón comprende que todo o que di o manual é unha mentira. Cando sae o sol, o inimigo aínda non volveu, e o soldado comprende que debe estar no seu burato sorprendéndose tamén el das cousas que atopa. Agora os dous soldados saben un do outro, saben o cansados que están e os desexos que teñen de que remate a guerra. O soldado espera que o inimigo tome a iniciativa pero, finalmente, canso de esperar, decide lanzarlle unha mensaxe de paz metida dentro dunha botella. A última páxina do libro ten dobre lectura, textual e de imaxe: por un lado lemos a frase do soldado: “Oxalá a botella chegue ata o seu burato”, e por outro, vemos a ilustración na que dúas botellas, unha saíndo de cada burato, se cruzan na súa traxectoria. Comentario: Como vemos, a tese do libro é que os que se benefician da guerra tentan sementar o odio entre os que combaten. E este odio baséase no descoñecemento, na mentira de presentar ao outro como o inimigo, un ser cheo de maldade e moi diferente. A proposta para traballar con este libro consiste, precisamente, en falar deste tema despois de ler a historia. Por exemplo: ¿Quen son os interesados en manter a guerra? ¿Onde están? ¿Qué saben os inimigos un do outro? ¿De onde proceden esas ideas? ¿Quen as difundiu e con que finalidade? ¿De que se sorprende o soldado cando chega ó burato do inimigo? ¿Onde está o inimigo e que estará facendo?, ¿Cómo remata a historia?
  • 6. BIBLIOTECA CEIP. VALLE – INCLÁN Suxestión de actividade: Pensar entre todos e narrar a continuación da historia.
  • 7. BIBLIOTECA CEIP. VALLE – INCLÁN EL OSO CON LA ESPADA Davide Cali / Gianluca Foli.Barbara Fioare Editora. Lectura recomendada para 1º e 2º Ciclos. Resumen: Esta é a historia dun oso que andaba buscando inimigos para loitar con eles, pero estaba moi equivocado. Trátase dunha historia que presenta a típica estrutura repetitiva e acumulativa: Uns feitos van sumándose a outros, producíndose no texto unha ladaíña cada vez máis longa. Nesta ocasión o oso busca quen foi o culpable da destrución do seu fortín para partilo en dous coa súa espada. Vai indagando duns animais a outros, e eles decláranse inocentes, culpando a outros do incidente: Os castores acusan ao babirusa (cocho salvaxe parecido ao xabaril), o babirusa ao raposo, o raposo aos paxaros, e os paxaros a alguén que se dedicou a talar as árbores do bosque … Isto é verdade e o oso comprende que non pode partir en dous a ninguén porque el mesmo foi quen tallou as árbores para comprobar o poder da súa espada. Entón comprende o seu erro e trata de reparalo portándose ben cos animais aos que prexudicou. Suxestións: Sobre o conto: Falamos da historia: ¿Para que quería o oso unha espada? ¿Qué fai con ela? ¿Por qué se enfada tanto? ¿Por qué acusa aos castores? ¿Son culpables os castores? ¿Por qué fuxiron os castores? ¿Sería xusto castigar aos castores? ¿É culpable o babirusa?, ¿Sería xusto castigar ao babirusa?, etc… Finalmente, ¿quen era o culpable? ¿Sería xusto castigar ao oso?, ¿Qué fai o oso para reparar o seu mal comportamento? Sobre nós mesmos: Cando acusamos os outros estamos sendo agresivos con eles, como o oso coa súa espada. Pero o oso comprendeu o seu error porque escoitou as razóns que uns e outros lle deron. Case sempre as persoas teñen as súas razóns e é necesario escoitalas. ¿Pasounos algo parecido algunha vez? ¿No colexio? ¿Na casa? ¿Algunha vez algún compañeiro/a ou amigo/a, ou mesmo unha persoa maior, enfadouse con nós sen ter razón? ¿ Que pasou? ¿Cales eran as nosas razóns? Se algunha vez somos inxustos con alguén, ¿Qué podemos facer para reparar o mal comportamento? Suxestión de actividades: Facer unha representación teatral da historia.
  • 8. BIBLIOTECA CEIP. VALLE – INCLÁN LOS CONEJOS John Marsden / Shaun Tan. Barbara Fiore Editora. Lectura recomendada para o 3º Ciclo. Resumen e comentario: Trátase dun cómic no que se representa unha fábula moral, protagonizada por dúas especies animais: os coellos e os armadillos. Pretende ser un alegato contra a colonización. Concretamente, refírese á colonización de Australia por parte dos ingleses, pero pode ser aplicable a calquera outra historia de colonización. Está narrada en primeira persoa por un dos indíxenas, un armadillo, que conta como chegaron os primeiros coellos (os colonizadores) e como, pouco a pouco, foron impoñendo as súas normas, os seus costumes, a súa lei, impoñendo a súa superioridade… E como foron destruíndo o estilo de vida anterior e votando fóra, mesmo violentamente, aos primeiros poboadores. As imaxes, moi suxestivas e simbólicas, son obra do ilustrador Shaun Tan, de quen temos outros libros na biblioteca como “Emigrantes” e “La cosa perdida”. Suxestións: Este libro é un excelente punto de arranque para falar cos nenos/as do que é a colonización, como unha das grandes violencias históricas duns pobos contra outros. ¿Qué países foron colonizadores? ¿Qué países foron colonizados? O libro “Los conejos” refírese á colonización de Australia.¿Sabedes quen vivía en Australia antes de que chegaran os europeos? Segundo se nos conta no libro, ¿Qué supuxo para os pobos aboríxenes a chegada dos colonizadores? ¿Por qué non se defenderon? Suxestión de actividade: Buscar en Internet datos sobre a colonización dalgún país, concretamente podería facerse sobre Haití que está tristemente de actualidade. Outra posibilidade: No libro dise: “Nos robaron a nuestros hijos”. Podería investigarse que hai de certo nesta frase (O actual goberno australiano recoñece e pide publicamente perdón por ter roubado nenos aboríxenes que foron violentamente separados das súas familias)
  • 9. BIBLIOTECA CEIP. VALLE – INCLÁN AVALANCHA EL TERRIBLE Taï-Marc le Thanh / Élodie Nouhen. Edit. Edelvives. Lectura recomendada para Infantil e 1º Ciclo. Resumo e comentario: O asunto que se desenvolve nesta historia é que a amabilidade e as boas maneiras son moito máis eficaces que a violencia para acadar amigos e respeto. Avalancha consegue o nome de “Terrible” impoñendo a súa vontade de maneira violenta: empeza comendo o seu propio cabalo cando non lle obedece á primeira. Por todas partes que va dá mostras da súa violencia e así consegue a sumisión dos que lle teñen medo. A súa fama acrecéntase e decide aproveitala asustando a todo o mundo e formando un exercito terrible co que se dedica á conquista de todos os pobos e cidades polos que va pasando. Ninguén se resiste a Avalancha e o seu feroz exécito. Ata que chegan a unha cidade amurallada e no alto dunha almea aparece unha moza que é todo o contrario de Avalancha, delicada e fráxil. A moza empeza a cantar e o corazón dos feroces soldados énchese de amor. Por primeira vez séntense débiles e vulnerables ante a dozura e a gracia da moza. Así, todos os soldados deciden abandonar o exército de Avalancha. A Avalancha non lle queda máis remedio que dar media volta e regresar ó seu país. Polo camiño de regreso séntese moito máis lixeiro, e pensando no que aprendera da moza decide deixar de ser guerreiro para converterse en cantor e acadar así o cariño e a amistade de todos que xa non lle chamarán Avalancha o Terrible, senón outras cousas como Avalancha o Magnífico ou Avalancha o Soñador... Para falar na clase: Algunhas veces hai nenos /as que se comportan como Avalancha: son abusóns. ¿Coñecemos algún abusón? ¿que fan os abusóns? ¿temos medo dos abusóns? Pero estes abusóns corren un perigo moi serio... ¿Recordades que lle pasou a Avalancha cos soldados do seu exército? ¿Por que o deixaron so? ¿Como nos gusta a nós que sexan os nosos amigos? ¿Con que persoas nos sentimos máis a gusto? Etc. ¿Cal é entón o recurso máis valioso? ¿Que lles pode pasar aos abusóns? Suxestións de actividades: Podemos debuxar a Avalancha “antes” e “despois”, e poñerlle nomes: “Avalncha O Terrible”, “Avalancha O...........”
  • 10. BIBLIOTECA CEIP. VALLE – INCLÁN DINOSAURIO BELISARIO Pepe Cáccamo / Carles Arbat. Edit Kalandraka. Lectura recomendada para Infantil e Primeiro Ciclo Resumo e comentarios: O tema deste libro trata sobre como os violentos e abusóns poden asustar a moita xente pero finalmente acaban sós porque ninguén os quere. Outra idea presente é que hai que xuntarse par apoder vencer aos poderosos. É unha historia escrita en forma versificada. Belisario era grande, usaba uniforme e gustáballe mandar, tiña moi mal carácter e portábase de forma violenta, sempre estaba guerreando e era o terror de todos. Todo o mundo lle fuxía e ninguén quería xogar con el a nada. Como non tiña con quen xogar decidíu prohibir todos os xogos. E seguíu facendo todo o mal que puido. Ata que os nenos se rebelaron e empezaron a berrar todos xuntos. Como por arte de maxia, Belisario perdeu o seu uniforme e quedou espido. Entón agochouse nun armario e alí segue, el só sen ter ninguén en quen mandar. Para falar na clase: Para que usaba Belisario o uniforme? ¿Que quere dicir que era un mandón? ¿Portábase ben? ¿Con quen andaba á guerra? ¿Cal era o problema que tiña Belisario? ¿Por que ninguén quería xogar con el? ¿Que fixo entón? Belisario era un abusón e fixo moitos cousas malas, ¿Recordades que lles fixo aos paxaros?, ¿E aos peixes,? ¿E aos gatos? ................................ ¿Que fixeron entón os nenos? ¿Por que se xuntaron tantos nenos? ¿Como acabou Belisario? ¿Por que non sae do armario? Proposta de actividade: Completar e escribir os pareados: Belisario era o terror E aquel que non obedeza de todo o mundo ........................ pode perder a .......................... Pero acabou solitario Pero a esta situación agochado nun ............................ hai que darlle ........................ Belisario é grande, enorme, Os nenos, máis dun millón, e sempre leva .............................. van en ..................................... Gústalle moito mandar E mandan a Belisario e con todos .................................. para dentro dun ....................... Ninguén quere estar con el Alí vive dende entón, porque é malvado e ...................... por guerreiro e ................................