2. MARCO LEGAL VIXENTE:
Tomamos como referencia para a elaboración do PLC o Decreto 79/2010, do 20 de maio, para
o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia publicado o Martes, 25 de maio de 2010
no nº 97 do Diario Oficial de Galicia para a súa aplicación en todos os centros docentes .
Este decreto baséase no marco lingüístico establecido pola Constitución española de 1978 e
polo Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981. Ademais, desenvolve a Lei 3/1983, do 15 de
xuño, de Normalización Lingüística, no relativo ao uso do galego no ensino nos niveis non
universitarios, e a Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
Recollemos do Decreto os seguintes aspectos, como punto de partida para a elaboración do
noso Proxecto Lingüístico:
A Lei 3/1983, do 15 de xuño, de Normalización Lingüística, de conformidade coas disposicións
precedentes, garante a igualdade do galego e do castelán como linguas oficiais de Galicia.
O artigo 14 desta lei indica que ao remate do ensino obrigatorio se garantirá a igualdade de
competencia lingüística nos dous idiomas oficiais. Nesta mesma liña, e desde unha perspectiva
máis global, tamén se pronuncian a Carta europea de linguas rexionais e minoritarias de 1992,
ratificada polo goberno do Estado español en 2001, e o Plan xeral de normalización da lingua
galega, aprobado por unanimidade no Parlamento de Galicia en setembro do 2004.
(...)
Neste sentido, é necesario reforzar a dimensión comunicativa do galego en relación con
contextos vivos, facilitarlle ao alumnado unha oferta educativa que o axude a percibir a utilidade
da lingua e que o capacite para o seu uso correcto e eficaz, erradicando especialmente o seu
emprego sexista en todos os ámbitos e respectando, así mesmo, a situación sociolingüística en
que se enmarca cada centro.
Ademais, a realidade social europea en que vivimos, nun contexto de globalización e de
mobilidade laboral, sitúanos nun espazo internacional de plurilingüismo.
Esta nova realidade exixe un marco educativo que atenda esta necesidade social, posibilitando
a capacitación efectiva do alumnado nas dúas linguas oficiais e nunha ou varias linguas
estranxeiras,seguindo para iso o marco delimitado pola Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de
educación, que establece como un dos seus fins a capacitación para a comunicación nas
linguas oficiais e nunha ou varias linguas estranxeiras.
ANÁLISE SOCIOLINGÜÍSTICA:
O C.E.I.P. Fermín Bouza Brey está situado no casco urbano da vila de Ponteareas, da que
procede todo o alumnado de Infantil e parte do de Primaria, que se completa con nenos e nenas
dalgunhas parroquias: Areas, Xinzo, Arnoso, Moreira, Angoares e unha pequena parte de
Cristiñade (o barrio da Porteliña).
3. Neste curso 2.010 -2011 contamos a comezo de curso, cun total de 611 alumnas/os
matriculados .
Gran parte do noso alumnado ten o castelán como lingua materna e, os que teñen o galego
como lingua nai, proceden maioritariamente do rural.
A situación do idioma galego no entorno segue a ser claramente diglósica . Se ben é certo que
o noso alumnado está en contacto cotiá coa lingua galega de diferentes xeitos, as familias
educan aos nenos e nenas maioritariamente en castelán independentemente de que os
ascendentes sexan galego-falantes.
Ademais contamos con alumnado inmigrante, procedente de varios países e doutras
comunidades españolas que coñecen e se expresan máis en castelán que en galego.
Isto fai que sigamos considerando que a porcentaxe de alumnado do noso centro, que utiliza o
galego como lingua vehicular non supera o 25%.
A baixa tendencia observada no alumnado de usar o galego na súa expresión oral e escrita de
xeito espontáneo, fainos reflexionar na necesidade de seguir potenciando o uso da lingua
galega na maioría das actividades do noso centro para reforzar as horas propias de docencia
nesta lingua e poder acadar a competencia comunicativa desexada, equiparada á da lingua
castelá ao final das respectivas etapas, como especifica o Decreto.
Os obxectivos por tanto que guiarán o noso Proxecto Lingüístico serán:
a) Que o noso alumnado acade a competencia lingüística propia do seu nivel nas dúas linguas
oficiais.
b) Que valorice a cultura do seu entorno e aprenda a usar o galego como lingua de
comunicación normal.
c) Que toda a comunidade educativa participe na normalización do uso da lingua galega para
acadar un bilingüísmo harmónico pleno.
d) Establecer unha serie de actividades co obxectivo de contribuir a lle dar vitalidade e prestixio
social á lingua máis desfavorecida , no noso entorno .
e) Potenciar a capacitación para a comunicación na lingua estranxeira (inglés).
1. MEDIDAS ADOPTADAS PARA O DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO LINGÜÍSTICO :
EDUCACIÓN INFANTIL
(Artigo 5 do Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario
de Galicia )
1. Na etapa de educación infantil, o profesorado usará na aula a lingua materna predominante
entre o alumnado, ben que deberá ter en conta a lingua do contorno e procurará que o
4. alumnado adquira, de forma oral e escrita, o coñecemento da outra lengua oficial de Galicia
dentro dos límites da etapa ou ciclo.
2. A lingua materna predominante do alumnado será determinada polo centro educativo de
acordo co
resultado dunha pregunta que se efectuará aos pais, nais, titores/as ou representantes legais do
alumno/a
antes do comezo do curso escolar acerca da lengua materna do seu fillo ou filla.
3. Atenderase de xeito individualizado o alumnado tendo en conta a súa lingua materna.
4. Cada centro educativo deberá facer constar no seu proxecto lingüístico as actividades e
estratexias
de aprendizaxe empregadas para que o alumnado adquira, de forma oral e escrita, o
coñecemento das
dúas linguas oficiais.
Consultadas as familias a finais do curso 2009-2010, determínase que a lingua materna
predominante no noso entorno é o castelán . De acordo co decreto do plurilingüismo , o
profesorado usará na aula esta lingua e procurará que o alumnado adquira de forma oral
e escrita , o coñecemento da lingua galega dentro dos límites da etapa ou ciclo,
procurando manter unha atención individualizada ao alumnado segundo a súa lingua
materna..
Establécense estratexias de iniciación do galego en actividades coma :
PSICOMOTRICIDADE
INFORMÁTICA (aínda que non existen moitos recursos en galego adaptados á Educación
Infantil)
RUTINAS: ( asemblea , día da semana...)
HORA DO CONTO , Recitado de poesías, trabalinguas,cancións...
CELEBRACIÓNS DAS FESTAS TRADICIONAIS
A lingua estranxeira inglés, ofrécese ao alumnado de E. I. en sesións dunha hora semanal,
desde os 3 anos, seguindo o Plan de Anticipación posto en marcha hai xa varios anos no
noso centro.
5. ENSINO PRIMARIO (Artigo 6 o Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no
ensino non universitario de Galicia ).
1. Garantirase a adquisición da competencia lingüística propia da etapa e do nivel nas dúas
lenguas oficiais de Galicia.
2. As materias de lingua impartiranse no idioma de referencia.
3. Impartirase en galego a materia de Coñecemento do medio natural, social e cultural, e en
castelán
a materia de Matemáticas.
4. Cada centro educativo, segundo o procedemento establecido no regulamento de centros,
decidirá a lingua en que se impartirá o resto de materias de cada curso, garantindo que as
materias en galego e en castelán se distribúen na mesma porcentaxe de horas semanais, sen
prexuízo do disposto no capítulo
IV (sobre a impartición de materias en lenguas estranxeiras). Este proceso realizarase cada
catro cursos escolares.
Distribución horaria das materias:
1º CICLO
1º CURSO:
En Lingua galega En Lingua castelá En Inglés
4 horas LG 4 horas LC 2 horas L.E.
5 horas COÑEC. 5 horas MATE
2 horas de EF 2 horas de E. A.
1hora REL ou AE
2º CURSO:
En Lingua galega En Lingua castelá En Inglés
4 horas LG 4 horas LC 2 horas L.E.
4 horas COÑEC. 5 horas MATE
2 horas REL ou AE 2 horas de E. A.
6. 2 horas de EF
2ºCICLO
3º CURSO
En Lingua galega En Lingua castelá Inglés
4 horas LG 4 horas LC 3 horas L.E.
5 horas COÑEC. 4 horas MATE
1hora REL ou AE 2 horas de E. A.
1 hora de EF 1 hora de E:F.
4º CURSO
En Lingua galega En Lingua castelá Inglés
4 horas LG 4 horas LC 3 horas L.E.
4 horas COÑEC. 4 horas MATE
2 horas REL ou AE 2 horas de E. A.
2 horas de EF
3ºCICLO
5º CURSO
En Lingua galega En Lingua castelá Inglés
4 horas LG 4 horas LC 3 horas L.E.
5 horas COÑEC. 4 horas MATE
1 horas REL ou AE 2 horas de E. A.
2 horas de EF
7. 6º CURSO
En Lingua galega En Lingua castelá Inglés
3 horas LG 3 horas LC 3 horas L.E.
4 horas COÑEC. 4 horas MATE
2 horas REL ou AE 2 horas de E. A.
1 hora de E CID. 1 hora de E. CID.
2 horas de EF
NOTA: Na área de Educación Física, utilizaranse a lingua galega e castelá indistintamente, para
achegarse ao equilibrio en horas de docencia en ambas linguas.
1º CICLO DE PRIMARIA:
No 1º Ciclo conflúe alumnado escolarizado desde E.Infantil no noso centro maioritariamente
castelán-falante , co procedente do Colexio Rural Agrupado “CRA Picaraña”maioritariamente
galego-falantes.
Para a introdución e desenvolvemento das técnicas instrumentais de lecto-escritura adáptarase
a metodoloxía á lingua materna predominante na aula , para elo nas entrevistas cos pais e nais
preguntaremos cál é a lingua máis usada na casa. Coidarase a atención individualizada naquel
alumnado que teña coma lingua materna a non maioritaria.
Irase ampliando o uso da lingua galega ,dun xeito progresivo. Farase a “hora de ler” e
realizarase o mesmo tipo de actividades en ambas linguas, para intentar equilibrar a
competencia no uso de ambas linguas.
En lingua estranxeira impártese o inglés , fixando como obxectivo iniciar unha competencia
básica no uso do idioma .
SEGUNDO E TERCER CICLO DA PRIMARIA
No 2º e 3º ciclo de Primaria cando se trata de desenvolver as técnicas instrumentais adquiridas
nas etapas anteriores , procuraremos insistir en lograr un nivel de igual competencia nas dúas
linguas oficiais, tanto na expresión escrita como na expresión oral , atendendo especialmente á
lingua galega, xa que se observa un nivel de competencia moi por debaixo do castelán.
En canto á Lingua estranxeira, seguirase a metodoloxía que capacite ao alumnado na
competencia para desenvolverse con soltura , utilizando un vocabulario axeitado que o capacite
para unha comunicación elemental.
8. Tanto nas producións escritas coma orais procúrase a participación activa en representacións,
cancións, recitados, dramatizacións, interaccións dirixidas...
2. MEDIDAS DE APOIO E REFORZO PARA UN CORRECTO USO LINGÜÍSTICO ESCOLAR E
EDUCATIVO FOMENTANDO O PLURILINGÜÍSMO:
• Fomentarase o uso oral e escrito das diferentes linguas que se imparten no centro.
• Intentarase equiparar o material bibliográfico, fonográfico, multimedia…nas diferentes
linguas : castelán , galego e inglés.
• Poñerase a disposición do profesorado o material inventariado.
• Proporcionaráselles aos membros da comunidade educativa información
• sobre as actividades, actos e institucións culturais relacionadas co seu contorno lingüístico e
animaráselles a participar nelas.
• Animarase aos membros de toda a comunidade educativa a empregar o galego nas distintas
actividades escolares que se desenvolvan durante o curso: celebracións, festivais... por ser
a lingua oficial máis desfavorecida no noso contorno.
• Traballaranse distintos aspectos da cultura tradicional e recopilarase información no entorno
familiar e cultural, valorizando o respecto do noso patrimonio material e inmaterial.
• Participarase en actividades complementarias que xurdan durante o curso a prol das dúas
linguas oficiais, así como na lingua estranxeira, inglés.
• Reforzarase a lecto-escritura nas diversas linguas superando as eivas de materiais editados
en galego ( revistas, libros, cómics).
• Desdobraranse as aulas para lograr un mellor uso das TIC de apoio e reforzo das diferentes
áreas e potenciarase o uso das dúas linguas oficiais, así como o Inglés utilizando programas
didácticos axeitados.
• Realizaranse actividades de animación á lectura : Desdobraremos a aula para ler e
comentar mellor obras de autores casteláns e galegos da actualidade coa finalidade de que
a estes últimos incluso poidan chegar a coñecelos personalmente e así promover o valor
social da lingua galega.
(Fina Casalderrey , Anxo Fariña , Alfonso Quintiá...son algúns dos autores que tivemos o
gusto de traer ao noso centro en diferentes cursos).
• Adicaremos 15 minutos despois do recreo para ter un “Tempo de ler”, no que o alumnado
elexirá libremente da biblioteca de aula ( ou se prefire pode traelo de casa) que libro, revista,
cómic ...lle apetece ler nese tempo.
9. • Mochila viaxeira: cada semana, irase turnando entre o alumnado unha mochila que leva
libros , película e revistas educativas para ler e comentar en familia. Procurarase equilibrar o
seu contido en galego e castelán.
• Club de lectura: con profesorado voluntario se realizarán sesións de lectura comentada de
libros nas dúas linguas oficiais. O alumnado participante neste club deberá mostrar un
interés especial cara a lectura.
• Empregarase o Inglés en actividades lúdicas de representacións de diferentes cancións,
celebración do halloween... ante alumnado de cursos inferiores.
3. CRITERIOS PARA DETERMINAR A LINGUA PREDOMINANTE NO CONTORNO:
A / Observación directa:
• Reunións coas nais e pais do noso alumnado.
• Utilización informal da lingua oral entre o alumnado na aula e no patio.
• Emprego da lingua escrita dirixida de pais a profesores.
B/ Observación indirecta:
• Enquisas ao alumnado e ás familias que permitan coñecer que idioma utilizan a cotío en
diferentes contextos.
Aplicada a consulta ás familias na Educación Infantil, podemos constatar que a lingua
materna é o castelán na maioría do alumnado.
Tamén nas conversas en titoría das nais e pais cos titores obsérvase que ainda que o
mestre se dirixe en galego, as familias tenden a usar maioritariamente o castelán.
4. MEDIDAS ADOPTADAS PARA ALUMNADO INMIGRANTE:
Na actualidade no noso centro temos alumnado inmigrante procedente doutras comunidades
españolas e tamén doutros paises . En ambos casos coñecen en maior e menor grao o
castelán.
1º Ciclo: alumnado de Arxentina, Colombia , Uruguay .
2º Ciclo: alumnado de Colombia, Uruguay, Inglaterra e Portugal .
3º ciclo: alumnos de Brasil, Inglaterra, Uruguay , Suíza.
Alumnado doutras comunidades : Salamanca , Cataluña, Lanzarote.
10. • Ao carecer o Centro dun programa específico de inmersión lingüística, o alumnado
inmigrante intégrase nas aulas correspondentes, á espera de ser avaliado o seu grao de
coñecemento dalgunha das linguas oficiais.
• Avaliación pola comisión pedagóxica da necesidade de solicitar profesores para apoio
lingüístico.
• Determinación polo orientador do centro, da necesidade de recibir unha atención específica,
ou no seu caso unha adaptación da programación para o logro paulatino das competencias
lingüísticas nas linguas oficiais.
• Apoio individualizado na aula do titor ou titora, utilizando no inicio da súa escolarización
preferentemente unha das linguas cooficiais onde se sinta con máis soltura o alumno/a e
progresivamente introducilo no uso das demais linguas do currículo .
• Fomentar a súa integración e interacción co grupo-clase.
No caso de descoñecemento total das dúas linguas oficiais da nosa Comunidade Autónoma, se
adoptarán as seguintes medidas:
• Creación dunha aula de integración lingüística ou aula de acollida na que recibirían unha
atención específica que será , simultáneo á escolarización nos grupos ordinarios conforme o
nivel e a evolución da súa aprendizaxe.
• Corresponde ás administracións educativas adoptar medidas singulares naqueles centros
que resulte necesaria unha intervención educativa compensatoria.
( Lei orgánica 2/2006 de 3 de maio (LOE)(BOE4-5-2006), artigos 79 e 81
5. ACTIVIDADES DINAMIZADORAS DA LINGUA GALEGA:
Desde hai anos os equipos de Dinamización da Lingua galega, Biblioteca e Actividades
complementarias chegaron ao acordo de traballar conxuntamente na proposta de
actividades dinamizadoras da lingua galega ao longo do curso escolar.
• Animación ao uso activo de actividades propostas desde o Blog da Biblioteca
www.bibliobrey.blogspot.com. así como de consulta de diferentes informacións que se
inclúen no mesmo.
• Exposicións didácticas ao longo do curso que teñen que ver coas actividades que
existen no entorno do alumnado e que responden a actividades cíclicas anuais: a
vendima, o millo, os froitos de outono, a mata, a castaña...
• Obradoiro de libros: intentando recoller refráns, adiviñas,cantigas, costumes destas
actividades ... implicando ás familias na transmisión e conservación das mesmas.
11. • Festa das cabazas ou calacús colaborando co departamento de inglés para mostrar as
semellanzas ou diferenzas coa festa do “Hallowen”.
• Certames de relatos de medo onde o alumnado recolle contos tradicionais ou ben
inventa relatos que le diante doutros compañeiros e compañeiras .
• Transmisión e fomento da oralidade en lingua galega a través da escenificación de
conxuros e contos de medo do alumnado do 3º nivel para o alumnado do 2º ciclo,
aproveitando contos tradicionais, polo mes de novembro.
• Celebración do Magosto no patio do colexio: cada nivel encárgase de asar castañas,
formando unha fogueira co bullo aportado polo alumnado , usando o xeito tradicional de
asado desta zona.
• Festival de Nadal: cantigas e escenificacións, normalmente úsanse as tres linguas en
diferentes actuacións e procúrase que o fío condutor da presentación das diferentes
actuacións sexa en lingua galega.
• Certame de contos de Nadal.
• Encontros con autores fomentando a lectura e creando sentimentos de valorización da
nosa lingua.
• Dia da Paz : traballos de murais e slogans pacifistas . Celebración no patio de todo o
colexio do día da paz coa exposición de slogans ou peticións elaborados nas aulas e
nos que procuramos que maiormente sexan en lingua galega.
• Actividades lúdicas de caracter cooperativo e canción elexida para a celebración anual
desta data, cantada á vez por todo o conxunto do alumnado, no patio do colexio.
• Celebración da festa tradicional do Entroido. Colaboración das familias na elaboración
de postres típicos. Elaboración de disfraces nas aulas para que cada nivel forme a súa
comparsa. Invención de coplas por parte do alumnado do ciclo superior para levar a
cabo despois do desfile de comparsas o xuízo ao meco.
• Realización de traballos previos nas aulas sobre un tema global que elexido ao comezo
de curso polos tres departamentos, normalmente se desenvolve durante o 2º e tercer
trimestre , culminando cunha exposición que recolle o conxunto de traballos nos
diferentes cursos.
• Implicación das familias na pescuda de información sobre diferentes temas: toponimia
da zona, plantas mediciñais, refráns, aportación de fotografías ect.
• Edición da revista escolar CARREIRO onde recollemos fotograficamente a meirande
parte dos traballos elaborados nos diferentes cursos que resumen o traballo
cooperativo do noso centro. Ademais cada ano a revista desenvolve un tema global
12. sobre o que xiran os diferentes artigos coa visión persoal que lle da cada mestre co seu
grupo de alumnas e alumnos.
• Semana das Letras Galegas: Nesta semana ten especial relevancia ao autor /a
homenaxeado e dáse a coñecer a súa vida e obra a través da exposición que dun
traballo cooperativo que previamente se prepara en diferentes cursos sobre a súa
persoa.
• Realizaranse encontros con personaxes públicos ( Álvaro Pino , ciclista emblemático
en Ponteareas, Ilda Amoedo fundadora do centro da recuperación da cultura popular no
castelo de Vilasobroso, ...etc ) que empreguen o galego na súa profesión e así
promover a valorización da lingua galega na sociedade.
• Outra actividade dinamizadora no uso da lingua galega e que ten moito éxito entre o
noso alumnado é a MOSTRA DE TEATRO ( este ano será a 6ª Mostra de teatro) que
ao longo do mes de maio no noso centro a pesares das dificultades de espazo que
estamos tendo, se leva a cabo .
• Consiste na representación de varias obras de teatro que distintos grupos de alumnas e
alumnos preparados polos seus titores , realizan para outros grupos de alumnos.
• A Semana do Cine realizámola durante o mes de maio proxectando películas en galego
para que o noso alumnado poda ir coñecendo as producións feitas ou dobradas ao
galego que normalmente non poden ver a través da T.V.
• Colaboracións ao longo do curso con diferentes entidades: Caixanova, Asociacións
culturais e ecoloxistas da zona , EDL do concello ect. que promovan a lingua e cultura
galega.
• Tratar de intercambiar experiencias con outros centros educativos tanto do noso
Concello como de fora del.
• Irase creando unha fonoteca e mediateca de materiais en lingua galega para que o
alumnado coñeza a riqueza das produccións feitas en galego.
Como se observa que hai menos materiais didácticos multimedia editados en galego que
nas outras linguas (castelán e inglés), procuraremos a través do blog e páxina web do
colexio dar a coñecer e incentivar o uso de programas informáticos en lingua galega que
vaiamos coñecendo, para que o alumnado e as familias aprecien que a lingua galega é unha
lingua actual , moderna que se emprega nas novas tecnoloxías.
• Potenciar o uso das TIC no uso da lingua galega para que o alumnado a perciba como
unha lingua actual que pode usar sen complexos en todas as áreas do saber.
• Introducirase ao alumnado no uso do correo electrónico, elaboración de documentos
word, power point sobre temas propostos etc.
13. • Utilizarase a lingua galega oral e escrita por parte do centro, tanto nas relacións que
se manteñan coas administracións territoriais e locais e demáis entidades públicas
galegas, en todos os documentos oficiais, comunicacións e escritos ás familias como
indica a Lei Orgánica do 3 de maio do 2006 de Educación.
• Repartirase entre o profesorado as variacións que se vaian dando respecto a normativa
vixente en materia lingüística, para a súa aplicación.
COMISIÓN DE PROFESORADO PARTICIPANTE NA REDACCIÓN DESTE PROXECTO :
Ana Mª Carrera Rodríguez profesora en E.I.
Beatriz González Alfaro profesora de Inglés
Isabel Rodríguez Martínez profesora no 1º ciclo de EP e coordinadora do 1º ciclo.
Arancha Míguez Iglesias profesora no 2º ciclo da EP
Isabel Fernández Picos profesora no 3º Ciclo da EP e Coordinadora de EDL
Consuelo Ucha Peña profesora de Lingua galega e Castelá no 3º ciclo da EP e xefa de
estudos
Rosa Mª Furelos León adscrita ao 3º ciclo da educación Primaria e directora
Revisado e actualizado en setembro de 2010