SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 2
Baixar para ler offline
BOLETÍN PARROQUIAL
Nº 193 ­ Novembro 2016
PARROQUIA SAN FRANCISCO DE ASÍS DOS TILOS
REMATA A MISERICORDIA?
O próximo día 20, festa de Cristo, Rei do Universo, remata o Ano Santo da
Misericordia, se ben a Porta Santa (Porta do Perdón) péchase o día 13. Todo un
ano recordando que a misericordia de Deus e a misericordia dos homes deben
camiñar na mesma dirección. Foi unha invitación permanente a revisar como
fomos e somos de misericordiosos. Foi unha invitación a recordar e a revisar as
obras de misericordia tradicionais (as corporais e as espirituais), así como a inte­
grar, nesta revisión, outras catorce obras de misericordia, propostas polo Sr.
Bispo de Ciudad Rodrigo, D. Raúl Berzosa, e baseadas na Encíclica Laudato si
do Papa Francisco (sete obras de misericordia sociais e sete para unha solidarie­
dade planetaria).
A miña reflexión, que quero compartir cos lec­
tores, é a seguinte: “Os tempos pasan pero as
obras permanecen”, dito doutro xeito, o Ano
Santo da Misericordia remata pero as obras de
misericordia permanecen ou deben permanecer
na nosa vida comprometida de crentes cristiáns.
As 28 (14+14) obras de misericordia deben ser
como un vademécum (van comigo) na vida
cotiá. A miña vida de cristián debe ser un cons­
tante SI á caridade reflectida nas obras de mise­
ricordia. Só así encherei a miña vida de amor a
Deus e aos irmáns.
Unha aperta do voso párroco.
PEREGRINACIÓN A TERRA SANTA
Non queremos que permane­
za no esquecemento a
Peregrinación a Terra Santa
que, dende o 20 ao 29 de
xullo, fixemos un grupo de
vinte e dúas persoas. Ir a
Terra Santa sempre é unha
experiencia enriquecedora.
Visitar os Santos Lugares é
poñerlle sitio á presenza de
Xesús: dende Belén ata o
Santo Sepulcro hai moitas
vivencias intermedias que nos fan sentir máis cerca todos os relatos evan­
xélicos. Tamén se admiran lugares dalgúns dos milagres de Xesús. San
Pedro, primeira pedra da Igrexa, tamén ten moita importancia nesta peregri­
nación. Tampouco quero esquecerme da visita a Petra, en Xordania.
Para que todos sexades partícipes desta peregrinación e o vivades en primei­
ra persoa, invitámosvos a que, o día 25 deste mes, venres, ás 19:30 horas,
na capela, revivades esta viaxe xunto cos que participaron nela. Todo este
traballo estano a recopilar as “tres supremas”, ás que lles temos moito que
agradecer no antes, no durante e no despois destas viaxes, anteriormente a
Roma e a Asís, e agora a Terra Santa e a Petra.
Cristo corrixe aos discípulos (cf. Mc
9,38­40; 8,32­33; 10,42­45) e exhorta
á corrección fraterna: Se teu irmán
peca contra ti, vai e repréndeo; pero ti
só con el. (Mt 18,15­17).
O Evanxeo proponnos corrixir e axu­
dar a medrar a unha persoa… pero sen
emitir xuízos sobre a súa responsabili­
dade e a súa culpabilida de (Papa
Francisco, Evagelii Gaudium 172).
4. Consolar ao triste
… pois o Señor consolou ao seu pobo
e compadeceuse dos seus pobres (Is
49,13). Ditosos os que choran, porque
eles serán consolados… Ditosos os
misericordiosos, porque eles acadarán
misericordia (Mt 5,4.7).
Os gozos e as esperanzas, as tristuras e
as angurias dos homes do noso tempo,
sobre todo dos pobres e de cantos
sofren, son á súa vez gozos e esperan­
zas, tristuras e angurias dos discípulos
de Cristo (Vaticano II, Gaudium et
Spes 1).
5. Perdoar as ofensas
Pedoa as nosas ofensas como tamén
perdoamos nós a quen nos ten ofendi­
do… Porque se perdoades aos outros
as ofensas que vos fan, tamén voso Pai
celestial perdoará as vosas; pero se
non perdoades aos outros, o voso Pai
celestial tampouco perdoará as vosas
ofensas (Mt 6,12.14­15).
Señor, cantas veces terei que perdoar a
meu irmán se me segue ofendendo?
ata sete veces? Respondeulle Xesús:
PARROQUIA VIVA
1.­ Festa de Todos os Santos.
2.­ Misa por todos os familiares e
veciños defuntos, ás 20:00.
20.­ Festa de Cristo, Rei do Universo.
Remata o Ano Santo da Misericordia.
23.­ Reunión do grupo de Cáritas, ás
19:30.
27.­ Primeiro domingo de Advento.
Ciclo A.
1. Ensinar ao que non sabe
“Toda a xente acudía a el, e El ensiná­
baos” (Mc 2,13).
Aconsellar e deixarse aconsellar para
discernir a verdade, compartir para
aprender uns dos outros. Ante tales
cometidos, o máis urxente hoxe é levar
os homes a descubrir a súa capacidade
de coñecer a verdade e o seu anhelo
dun sentido último e definitivo da exis­
tencia (San Xoán Paulo II. Fides et
Ratio 102).
2. Dar consello ao que o necesita
Entendes o que les? Contestoulle: e
como vou entendelo se ninguén mo
explica? (Feit 8,30­31). Estade dispos­
tos sempre a responder a todo aquel
que vos pida razón da esperanza que
levades dentro (1Pe 3,15).
Hai que facelo con humildade, pensan­
do só no outro, sen dirixir nin crear
dependencias que condicionen a liber­
dade. Aconsellar provocando as pre­
guntas de fondo que caracterizan o
percorrido da existencia humana: quen
son? de onde veño e a onde vou? por
que existe o mal? que hai despois desta
vida? (San Xoán Paulo II, Fides et
Ratio 1).
3. Corrixir ao que erra
Pobreza e vergoña para o que desbota
a instrución, mais quen escoita a críti­
ca acadará honra (Pr 13,18).
Aguantade o sufrimento coma un casti­
go educativo: é Deus que vos trata
coma fillos. Porque quen é o fillo a
quen seu pai non o castiga? (Heb 12,7).
“Non che digo ata sete veces, senón
ata setenta e sete” (Mt 18,21­22).
6. Soportar con paciencia os defec­
tos do próximo
Máis vale o temperado héroe e quen
domina a paixón có que conquire
unha vila (Pr 16,32).
Como lle poderás dicir a teu irmán:
“Irmán, deixa que che quite o lixo
que tes no ollo”, sen reparar na trabe
que tes no teu? Hipócrita! Quita pri­
meiro a trabe do teu ollo, e logo verás
claro para quitar o lixo do ollo de teu
irmán (Lc 6,42).
O amor é de corazón grande, é servi­
cial… non se alporiza, non garda
malicia… Desculpa sempre… atura
sempre (1Cor 13,4­7).
Aturádevos uns aos outros e perdoá­
devos, cando un teña queixa doutro…
(Col 3,13).
7. Rogade a Deus polos vivos e
polos defuntos
Pois se non crese na resurrección dos
mortos, non sei a que viría rezar polos
defuntos. Pero para o que pensa que
aos que morren piadosamente lles
está reservada unha recompensa mag­
nífica, a cousa é piadosa e santa
(2Mac 13,44­46).
Pedide e recibiredes, buscade e atopa­
redes, petade e abrirásevos. Pois quen
pide, recibe; quen busca, atopa; e a
quen peta, abriráselle (Mt 7,7­8).
Erguéndose moi cedo, aínda de noite,
saíu para un lugar arredado, onde se
puxo a orar (Mc 1,35).
OBRAS DE MISERICORDIA ESPIRITUAIS
ACONTECEMENTOS
Bautizos:
Valentina Caride Ruenes, de
Alejandro e Berenice (09­10­2016).
Aday Ramírez Porto, de César Javier
e Dulce María (10­10­2016).
Julia Marinangeli Fandiño, de Sergio
e Patricia (29­10­2016).
Defunción:
Eduardo Eulogio González González
(Penelas, 73) (14­07­2016).
…rezade uns polos outros para que
teñades saúde. Moito pode a oración
teimosa do xusto (Sant 5,16).
Orade como se todo dependese de Deus e
traballade como se todo dependese de
vós (San Ignacio de Loiola, CIC 2839).

Mais conteúdo relacionado

Mais procurados

Carta pastoral Pentecoste
Carta pastoral  PentecosteCarta pastoral  Pentecoste
Carta pastoral Pentecoste
immenxagraza
 

Mais procurados (20)

Boletin octubre 2015
Boletin octubre 2015Boletin octubre 2015
Boletin octubre 2015
 
Boletin diciembre17 new
Boletin diciembre17 newBoletin diciembre17 new
Boletin diciembre17 new
 
Boletin xaneiro 18
Boletin xaneiro 18Boletin xaneiro 18
Boletin xaneiro 18
 
Boletin xuño 2015 nº 182
Boletin xuño 2015 nº 182Boletin xuño 2015 nº 182
Boletin xuño 2015 nº 182
 
Boletin marzo 2014
Boletin marzo 2014Boletin marzo 2014
Boletin marzo 2014
 
Boletin xuño 2014
Boletin xuño 2014Boletin xuño 2014
Boletin xuño 2014
 
Boletin decembro 2013
Boletin decembro 2013Boletin decembro 2013
Boletin decembro 2013
 
Boletin otono17 new
Boletin otono17 newBoletin otono17 new
Boletin otono17 new
 
28º domingo toc 2013 bene pagola
28º domingo toc  2013  bene pagola28º domingo toc  2013  bene pagola
28º domingo toc 2013 bene pagola
 
Boletin maio 2015 nº 181
Boletin maio 2015 nº 181Boletin maio 2015 nº 181
Boletin maio 2015 nº 181
 
Boletin novembro 2013
Boletin novembro 2013Boletin novembro 2013
Boletin novembro 2013
 
3º coresma c
3º coresma c3º coresma c
3º coresma c
 
4º advento b 2014 bene pagola
4º advento b  2014  bene pagola4º advento b  2014  bene pagola
4º advento b 2014 bene pagola
 
3º coresma c 2013
3º coresma c 2013 3º coresma c 2013
3º coresma c 2013
 
Bolenovembro18
Bolenovembro18Bolenovembro18
Bolenovembro18
 
31º defuntos tob 2015 bene pagola
31º defuntos tob  2015 bene pagola31º defuntos tob  2015 bene pagola
31º defuntos tob 2015 bene pagola
 
2º domingo toc 2016 bene pagola
2º domingo toc 2016  bene pagola2º domingo toc 2016  bene pagola
2º domingo toc 2016 bene pagola
 
Boletin xaneiro 2014
Boletin xaneiro 2014Boletin xaneiro 2014
Boletin xaneiro 2014
 
Carta pastoral Pentecoste
Carta pastoral  PentecosteCarta pastoral  Pentecoste
Carta pastoral Pentecoste
 
Hora santa xoves 2020
Hora santa xoves 2020Hora santa xoves 2020
Hora santa xoves 2020
 

Semelhante a Boletín novembro 2016 (7)

Boletin otono17 new
Boletin otono17 newBoletin otono17 new
Boletin otono17 new
 
Pv maio 2013
Pv  maio 2013Pv  maio 2013
Pv maio 2013
 
Corpus lecturas b
Corpus lecturas bCorpus lecturas b
Corpus lecturas b
 
28º domingo toc 2013
28º domingo toc 201328º domingo toc 2013
28º domingo toc 2013
 
Aniversario ordenacion Papa_gallego
Aniversario ordenacion Papa_gallegoAniversario ordenacion Papa_gallego
Aniversario ordenacion Papa_gallego
 
7º pascua ascension 3013 bene pagola
7º pascua ascension  3013 bene pagola7º pascua ascension  3013 bene pagola
7º pascua ascension 3013 bene pagola
 
Pv xaneiro 2013
Pv xaneiro 2013Pv xaneiro 2013
Pv xaneiro 2013
 

Mais de parroquiadostilos

Mais de parroquiadostilos (14)

ADORACIÓN EUCARÍSTICA. invitación a ser un Adorador
ADORACIÓN EUCARÍSTICA. invitación a ser un AdoradorADORACIÓN EUCARÍSTICA. invitación a ser un Adorador
ADORACIÓN EUCARÍSTICA. invitación a ser un Adorador
 
EXCURSIÓN DA PARROQUIA DO 15 DE XUÑOINFORMACIÓN
EXCURSIÓN DA PARROQUIA DO 15 DE XUÑOINFORMACIÓNEXCURSIÓN DA PARROQUIA DO 15 DE XUÑOINFORMACIÓN
EXCURSIÓN DA PARROQUIA DO 15 DE XUÑOINFORMACIÓN
 
excursión fin curso parroquial.pdf EXCURSIÓN PARROQUIAL
excursión fin curso parroquial.pdf EXCURSIÓN PARROQUIALexcursión fin curso parroquial.pdf EXCURSIÓN PARROQUIAL
excursión fin curso parroquial.pdf EXCURSIÓN PARROQUIAL
 
DIPTICO Peregrinación Portugal y Vía de la Plata Os Tilos 2024.definitivo.pdf
DIPTICO Peregrinación Portugal y Vía de la Plata Os Tilos 2024.definitivo.pdfDIPTICO Peregrinación Portugal y Vía de la Plata Os Tilos 2024.definitivo.pdf
DIPTICO Peregrinación Portugal y Vía de la Plata Os Tilos 2024.definitivo.pdf
 
CALENDARIO PARROQUIAL 22-23.pdf
CALENDARIO PARROQUIAL 22-23.pdfCALENDARIO PARROQUIAL 22-23.pdf
CALENDARIO PARROQUIAL 22-23.pdf
 
Boletin abril 2018
Boletin abril 2018Boletin abril 2018
Boletin abril 2018
 
Boletín octubre 2014
Boletín octubre 2014Boletín octubre 2014
Boletín octubre 2014
 
Boletin
BoletinBoletin
Boletin
 
Rugido capaz de sacudir al mundo
Rugido capaz de sacudir al mundoRugido capaz de sacudir al mundo
Rugido capaz de sacudir al mundo
 
Boletin maio 2014 2
Boletin maio 2014 2Boletin maio 2014 2
Boletin maio 2014 2
 
Boletin abril0001
Boletin abril0001Boletin abril0001
Boletin abril0001
 
Boletin febreiro 2014
Boletin febreiro 2014Boletin febreiro 2014
Boletin febreiro 2014
 
Boletin tilos 167
Boletin tilos 167Boletin tilos 167
Boletin tilos 167
 
Comic jmj-2013
Comic jmj-2013Comic jmj-2013
Comic jmj-2013
 

Boletín novembro 2016

  • 1. BOLETÍN PARROQUIAL Nº 193 ­ Novembro 2016 PARROQUIA SAN FRANCISCO DE ASÍS DOS TILOS REMATA A MISERICORDIA? O próximo día 20, festa de Cristo, Rei do Universo, remata o Ano Santo da Misericordia, se ben a Porta Santa (Porta do Perdón) péchase o día 13. Todo un ano recordando que a misericordia de Deus e a misericordia dos homes deben camiñar na mesma dirección. Foi unha invitación permanente a revisar como fomos e somos de misericordiosos. Foi unha invitación a recordar e a revisar as obras de misericordia tradicionais (as corporais e as espirituais), así como a inte­ grar, nesta revisión, outras catorce obras de misericordia, propostas polo Sr. Bispo de Ciudad Rodrigo, D. Raúl Berzosa, e baseadas na Encíclica Laudato si do Papa Francisco (sete obras de misericordia sociais e sete para unha solidarie­ dade planetaria). A miña reflexión, que quero compartir cos lec­ tores, é a seguinte: “Os tempos pasan pero as obras permanecen”, dito doutro xeito, o Ano Santo da Misericordia remata pero as obras de misericordia permanecen ou deben permanecer na nosa vida comprometida de crentes cristiáns. As 28 (14+14) obras de misericordia deben ser como un vademécum (van comigo) na vida cotiá. A miña vida de cristián debe ser un cons­ tante SI á caridade reflectida nas obras de mise­ ricordia. Só así encherei a miña vida de amor a Deus e aos irmáns. Unha aperta do voso párroco. PEREGRINACIÓN A TERRA SANTA Non queremos que permane­ za no esquecemento a Peregrinación a Terra Santa que, dende o 20 ao 29 de xullo, fixemos un grupo de vinte e dúas persoas. Ir a Terra Santa sempre é unha experiencia enriquecedora. Visitar os Santos Lugares é poñerlle sitio á presenza de Xesús: dende Belén ata o Santo Sepulcro hai moitas vivencias intermedias que nos fan sentir máis cerca todos os relatos evan­ xélicos. Tamén se admiran lugares dalgúns dos milagres de Xesús. San Pedro, primeira pedra da Igrexa, tamén ten moita importancia nesta peregri­ nación. Tampouco quero esquecerme da visita a Petra, en Xordania. Para que todos sexades partícipes desta peregrinación e o vivades en primei­ ra persoa, invitámosvos a que, o día 25 deste mes, venres, ás 19:30 horas, na capela, revivades esta viaxe xunto cos que participaron nela. Todo este traballo estano a recopilar as “tres supremas”, ás que lles temos moito que agradecer no antes, no durante e no despois destas viaxes, anteriormente a Roma e a Asís, e agora a Terra Santa e a Petra.
  • 2. Cristo corrixe aos discípulos (cf. Mc 9,38­40; 8,32­33; 10,42­45) e exhorta á corrección fraterna: Se teu irmán peca contra ti, vai e repréndeo; pero ti só con el. (Mt 18,15­17). O Evanxeo proponnos corrixir e axu­ dar a medrar a unha persoa… pero sen emitir xuízos sobre a súa responsabili­ dade e a súa culpabilida de (Papa Francisco, Evagelii Gaudium 172). 4. Consolar ao triste … pois o Señor consolou ao seu pobo e compadeceuse dos seus pobres (Is 49,13). Ditosos os que choran, porque eles serán consolados… Ditosos os misericordiosos, porque eles acadarán misericordia (Mt 5,4.7). Os gozos e as esperanzas, as tristuras e as angurias dos homes do noso tempo, sobre todo dos pobres e de cantos sofren, son á súa vez gozos e esperan­ zas, tristuras e angurias dos discípulos de Cristo (Vaticano II, Gaudium et Spes 1). 5. Perdoar as ofensas Pedoa as nosas ofensas como tamén perdoamos nós a quen nos ten ofendi­ do… Porque se perdoades aos outros as ofensas que vos fan, tamén voso Pai celestial perdoará as vosas; pero se non perdoades aos outros, o voso Pai celestial tampouco perdoará as vosas ofensas (Mt 6,12.14­15). Señor, cantas veces terei que perdoar a meu irmán se me segue ofendendo? ata sete veces? Respondeulle Xesús: PARROQUIA VIVA 1.­ Festa de Todos os Santos. 2.­ Misa por todos os familiares e veciños defuntos, ás 20:00. 20.­ Festa de Cristo, Rei do Universo. Remata o Ano Santo da Misericordia. 23.­ Reunión do grupo de Cáritas, ás 19:30. 27.­ Primeiro domingo de Advento. Ciclo A. 1. Ensinar ao que non sabe “Toda a xente acudía a el, e El ensiná­ baos” (Mc 2,13). Aconsellar e deixarse aconsellar para discernir a verdade, compartir para aprender uns dos outros. Ante tales cometidos, o máis urxente hoxe é levar os homes a descubrir a súa capacidade de coñecer a verdade e o seu anhelo dun sentido último e definitivo da exis­ tencia (San Xoán Paulo II. Fides et Ratio 102). 2. Dar consello ao que o necesita Entendes o que les? Contestoulle: e como vou entendelo se ninguén mo explica? (Feit 8,30­31). Estade dispos­ tos sempre a responder a todo aquel que vos pida razón da esperanza que levades dentro (1Pe 3,15). Hai que facelo con humildade, pensan­ do só no outro, sen dirixir nin crear dependencias que condicionen a liber­ dade. Aconsellar provocando as pre­ guntas de fondo que caracterizan o percorrido da existencia humana: quen son? de onde veño e a onde vou? por que existe o mal? que hai despois desta vida? (San Xoán Paulo II, Fides et Ratio 1). 3. Corrixir ao que erra Pobreza e vergoña para o que desbota a instrución, mais quen escoita a críti­ ca acadará honra (Pr 13,18). Aguantade o sufrimento coma un casti­ go educativo: é Deus que vos trata coma fillos. Porque quen é o fillo a quen seu pai non o castiga? (Heb 12,7). “Non che digo ata sete veces, senón ata setenta e sete” (Mt 18,21­22). 6. Soportar con paciencia os defec­ tos do próximo Máis vale o temperado héroe e quen domina a paixón có que conquire unha vila (Pr 16,32). Como lle poderás dicir a teu irmán: “Irmán, deixa que che quite o lixo que tes no ollo”, sen reparar na trabe que tes no teu? Hipócrita! Quita pri­ meiro a trabe do teu ollo, e logo verás claro para quitar o lixo do ollo de teu irmán (Lc 6,42). O amor é de corazón grande, é servi­ cial… non se alporiza, non garda malicia… Desculpa sempre… atura sempre (1Cor 13,4­7). Aturádevos uns aos outros e perdoá­ devos, cando un teña queixa doutro… (Col 3,13). 7. Rogade a Deus polos vivos e polos defuntos Pois se non crese na resurrección dos mortos, non sei a que viría rezar polos defuntos. Pero para o que pensa que aos que morren piadosamente lles está reservada unha recompensa mag­ nífica, a cousa é piadosa e santa (2Mac 13,44­46). Pedide e recibiredes, buscade e atopa­ redes, petade e abrirásevos. Pois quen pide, recibe; quen busca, atopa; e a quen peta, abriráselle (Mt 7,7­8). Erguéndose moi cedo, aínda de noite, saíu para un lugar arredado, onde se puxo a orar (Mc 1,35). OBRAS DE MISERICORDIA ESPIRITUAIS ACONTECEMENTOS Bautizos: Valentina Caride Ruenes, de Alejandro e Berenice (09­10­2016). Aday Ramírez Porto, de César Javier e Dulce María (10­10­2016). Julia Marinangeli Fandiño, de Sergio e Patricia (29­10­2016). Defunción: Eduardo Eulogio González González (Penelas, 73) (14­07­2016). …rezade uns polos outros para que teñades saúde. Moito pode a oración teimosa do xusto (Sant 5,16). Orade como se todo dependese de Deus e traballade como se todo dependese de vós (San Ignacio de Loiola, CIC 2839).