SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 212
Baixar para ler offline
ARISTÓTELES (384-322)
ARISTÓTELES (384-322)
0.  Introducción
1.  Contexto histórico
2.  Biografía
3.  Obra
4.  Influencias: semellanzas e
     diferencias con Platón
5. Pensamento
6. Textos
7. Glosario
8. Bibliografía
9. Páxinas web recomendadas
10. Exames de selectividade
11. Recursos audiovisuais
ARISTÓTELES (384-322)



0.   Introducción
0.          Introducción
Aristóteles      (384-322      a.C.)
ofrécenos un dos sistemas
filosóficos máis completos e
profundos       do     pensamiento
antigo. A súa reflexión ocupouse
de tódalas áreas principais da
filosofía (metafísica, filosofía da
natureza, teoría do coñecemento,
lóxica,     antropoloxía,      ética,
política, estética...) e en tódolos
eidos, anque influido polo seu
mestre Platón, fixo aportacións
orixinais.
0.       Introducción
A filosofía de Aristóteles (e a súa
expresión cristián na filosofía de
Tomé de Aquino) dominará o
pensamento       occidental,   tanto
filosófico como científico, ata a
aparición dos novos sistemas no
Renacemento (Galileo) e a Idade
Moderna (racionalismo, empirismo,
Kant), sen que estas novas
filosofías, sen embargo supoñan a
desaparición completa da idea do
mundo e dos conceptos básicos
propostos 2.000 anos antes por         Platón e Aristóteles
Aristóteles.                             segundo Rafael
ARISTÓTELES (384-322)



1. Contexto histórico
1. Contexto histórico
Aristóteles vive no
mesmo           marco
histórico que o seu
mestre Platón, pois 43
anos os separan.
Aristóteles  vive    a
época de esplendor e
decadencia da pólis      O Partenón, símbolo
ateniense.               do esplendor da pólis
                              ateniense
1. Contexto histórico
Mais Atenas caerá dentro do
dominio         da     pólis
macedónica de Alexandre
Magno, ao igual que o resto
das pólis que compoñían a
Hélade. Aristóteles fora
mestre de Alexandre. A
morte do rei macedónico
marca o tránsito entre a
época clásica á época          Alexandre Magno
helenística, onde aparecen         (353-323)
outros valores políticos,
sociais e culturais.
ARISTÓTELES (384-322)



2. Biografía
ARISTÓTELES (384-322)
ARISTÓTELES (384-322)


384. Nace en Estaxira,
   fillo de Nicómaco.
   O seu pai era o
   médico oficial da
   corte macedonia
   en Pela.
ARISTÓTELES (384-322)


367. Viaxa a Atenas e
   ingresa         na
   Academia
   platónica,    onde
   permanecerá vinte
   anos.
                        A Academia de Platón
ARISTÓTELES (384-322)

347. Morre Platón. Marcha
   de Atenas para Asos e
   funda alí unha escola
   coa axuda do tirano
   Hermias. Logo vai a
   Mitilene, na illa de
   Lesbos, onde realiza
   estudios     sobre   a
   natureza           con
   Teofrasto.               Teofrasto, sucesor
                             de Aristóteles na
                            escola peripatética
ARISTÓTELES (384-322)


343. Reclamado polo
   rei      macedonio
   Filipo II para ser
   preceptor do seu
   fillo    Alexandre,
   futuro    Alexandre
   Magno.

                         Alexandre Magno
ARISTÓTELES (384-322)

335. Volta a Atenas e funda o
    Liceo, escola que se
    convertirá na grande rival
    da Academia platónica. A
    costume de impartir as
    clases dando un paseo
    polo redor dos xardíns fará
    que os seus membros
    sexan coñecidos como
    peripatéticos (de paseo).
ARISTÓTELES (384-322)


323. Trala morte de
   Alexandre     Magno,
   prodúcese        unha
   revolta
   antimacedónica     en
   Atenas. Aristóteles é
   acusado            de    Aristóteles dando clase a
   impiedade.              Alexandre. Os seus contacto
                              coa corte de Macedonia
                             foi vital na súa acusación
ARISTÓTELES (384-322)


322. Morre en Calcis, a
   onde marchara desde
   Atenas. A dirección do
   Liceo    recaeu     en
   Teofrasto.



                            Teofrasto
ARISTÓTELES (384-322)



3. Obra
OBRA ARISTOTÉLICA
Os seus escritos divídense en dous
grandes grupos:

1. ESCRITOS EXOTÉRICOS.

2. ESCRITOS ESOTÉRICOS.
OBRA ARISTOTÉLICA
1. ESCRITOS EXOTÉRICOS.
  Escritas durante os 20 anos que pasou na
  Academia platónica, presentan unha enorme
  débeda co seu mestre tanto na forma coma
  no contido.
  Na forma: trátase de DIÁLOGOS.
  No contido: defenden a teoría eidética do
  mestre en maior ou menor medida, así como
  a súa concepción do saber.
OBRA ARISTOTÉLICA
1. ESCRITOS EXOTÉRICOS.
  NON OS CONSERVAMOS (apenas
  fragmentos e títulos das obras) e
  estaban destiñados ao gran PÚBLICO.
  Son: Grillo ou da retórica, Eudemo ou
  da alma, Protéptico e da filosofía, Verbo
  das Ideas, Verbo da Filosofía.
OBRA ARISTOTÉLICA
2. ESCRITOS ESOTÉRICOS.
  SON OS QUE CONSERVAMOS; constitúen a
  base da actividade didáctica de Aristóteles, e
  polo tanto estaban destiñados a úso interno
  da escola.
  Chegaron ata nós a maior parte das obras da
  escola que versan sobre toda a problemática
  filosófica e sobre algunhas pónlas das
  ciencias.
OBRA ARISTOTÉLICA
2. ESCRITOS ESOTÉRICOS.
  A clasificación destas obras debémola a
  Andrónico de Rodas, daquela o director
  do Liceo (s. I a. C.), que as englobou
  por temas e os publicou.
OBRA ARISTOTÉLICA
2. ESCRITOS ESOTÉRICOS.
  Así, temos:
1.Uns tratados sobre lóxica, o
  ORGANON, composto polas obras:
  Categorías, Tópicos, Refutación
  Sofísticas, Verbo a interpretación,
  Analíticos Primeiros, Analíticos
  Segundos.
OBRA ARISTOTÉLICA
2. ESCRITOS ESOTÉRICOS.
2.Uns tratados sobre Física e Bioloxía:
  Física, Verbo do Ceo, Verbo da
  xeración e a corrupción, Metereoloxía,
  Historia dos animais,Verbo da Alma.
3. Un tratado de Metafísica ou Filosofía
  Primeira: Metafísica.
OBRA ARISTOTÉLICA
2. ESCRITOS ESOTÉRICOS.
4.Uns tratados sobre Ética e Política:
  Ética a Eudemo, Ética a Nicómaco,
  Política.
5. Uns tratados sobre Teoría da Arte:
  Poética, Retórica.
ARISTÓTELES (384-322)


4. Influencias:
   semellanzas e
   diferencias con
   Platón
3. Semellanzas     e
diferencias con Platón
 Diferencias coa concepción platónica:
 1. Aristóteles abandonou o ELEMENTO MÍSTICO-
 RELIXIOSO- ESCATOLÓXICO para proceder a un
 DISCURSO FILOSÓFICO máis RIGUROSO.
 2. Platón interesouse polas CIENCIAS
 MATEMÁTICAS (como os pitagóricos), pero non
 polas empíricas (agás a medicina). Aristóteles
 mostrou un interese moi vivo por case tódalas
 CIENCIAS EMPÍRICAS (e escaso aprecio polas
 matemáticas) e polos fenómenos en canto tales.
3. Semellanzas     e
diferencias con Platón
 Diferencias coa concepción platónica:
 3. Os diálogos platónicos son APORÉTICOS, a
 filosofía enténdese como unha busca sen pausa.
 Aristóteles emprende unha orgánica
 SISTEMATIZACIÓN das diversas aportacións, cunha
 clara distinción entre TEMAS e PROBLEMAS.
 4. Rexeita a DIALÉCTICA platónica por considerar
 que non é un proceder do necesario, senón do
 posible. Aboga pola DEMOSTRACIÓN que ten como
 esquema o SILOXISMO.
3. Semellanzas     e
diferencias con Platón
 Diferencias coa concepción platónica:
 5. Manteñen unha distinta concepción e valoración
 da phýsis: se os sofistas relegan a natureza como
 centro de atención da filosofía, Platón faina ocupar
 un segundo plano na realidade, por debaixo do
 MUNDO DAS IDEAS na que radica o Ser, a
 realidade plena. Con Aristóteles a natureza volta a
 ter un papel central no pensamento e prodúcese
 unha nova definición do que se entende por tal.
3. Semellanzas     e
diferencias con Platón
 Diferencias coa concepción platónica:
 6. Rexeitamento da teoría das ideas:
 Rexeita que as ideas estén separadas das cousas (sexan
 tanscendentes a istas).Platón non consigue explicar nin a relación das
 ideas coas cousas sensibles, nin a xénese delas.
 Rexeita a teoría polo tipo de ideas que hai: Se para cada cousa ten
 que haber unha idea correspondente tamén existirán as Ideas de
 Relación (logo pérdese a unicidade da solución platónica); terá que
 haber ideas do positivo e do negativo. Polo tanto duplícanse os
 problemas a resolver.
 Aristóteles sostén que O SER DAS COUSAS, A SÚA ESENCIA, non
 está nas Ideas, nun mundo transcendente, senón NESTE MUNDO, NO
 MUNDO FÍSICO, SENSIBLE; e o SER por excelencia, a auténtica
 realidade, é concebida como SUSTANCIA, que se vai concretar na
 noción clave da súa filosofía.
3. Semellanzas     e
diferencias con Platón
 Semellanzas coa concepción platónica:
 1. Comparten a CONCEPCIÓN DO COÑECEMENTO como
 COÑECEMENTO DO UNIVERSAL, e a identificación deste universal
 como principio das cousas.
 2. Céntrase no MUNDO DAS “COUSAS” INDIVIDUAIS (non da
 totalidade), e trata de explicar en QUE RESIDE O SER DESTAS, A
 SÚA ESENCIA (Sócrates: definicións universais; Platón: Ideas;
 Aristóteles: a forma).
 3. A transcendencia e INMORTALIDADE do entendemento axente.
 4. A superioridade da VIDA CONTEMPLATIVA.
 5. A superioridade da METAFÍSICA sobre a física.
 6. O vínculo da ÉTICA COA POLÍTICA.
ARISTÓTELES (384-322)


4.Clasificación
          das
     ciencias
4. Clasificación das
            ciencias
 A CIENCIA é o saber do UNIVERSAL e o
 NECESARIO. Clasifícaas en:
 Ciencias do Teóricas                  Matemáticas
 Necesario   (describen a              Física ou Filosofía
 (son as ciencias
                    esenciadas cousas) Natural
 en senso pleno)
                                       Filosofía 1ª (Metafísica)
                                               Ética e Política
                    Prácticas
 Ciencias do        (tratan da conducta
                    humana e das súas
 Posible            accións)
 (tratan de aquel
 tipo de obxectos                              Poesía, retórica,
 que poden darse    Poéticas (de               gramática, arquitectura,
 ou non)            “poiesis”, facer; tratan
                    do relacionado coa         medicina, zapatería,...
                    producción)

        A LÓXICA é anterior a todas
ARISTÓTELES (384-322)



5. Lóxica
5. A LÓXICA
A Lóxica non é propiamente unha ciencia
(non aparece na clasificación destas), senón
un instrumento (organon) racional ao servicio
das demais ciencias. A lóxica aristotélica non
é puramente formal, é dicir,non é un estudio
das formas do pensar con independencia da
realidade, pois non está separada da
Metafísica:describe ao mesmo tempo as
estructuras do razoamento correcto e as
estructuras da realidade.
5. A LÓXICA

Aristóteles é o fundador da
lóxica como disciplina, como
estudio sistemático do
razoamento.
5. A LÓXICA
 A Lóxica aristotélica comprende:
 1.Unha teoría dos enunciados, na que
 explica de que xeito construímos as nosas
 expresións lingüísticas.
 2. Unha teoría dos razoamentos na que di en
 que forma podemos asegurar a corrección
 das nosas deduccións e induccións: os
 siloxismos.
 3. Unha teoría das categorías, que estudia os
 diversos significados da noción do ser,
 facendo unha clasificación dos seres en
 función dos xéneros supremos.
5. A LÓXICA
1. Unha teoría dos enunciados:
Aristóteles estudia os enunciados en Verbo
da interpretación. O obxecto deste tratado é
o discurso apofántico ou declarativo, é dicir,
aquela forma de discurso que desvea, que
amosa ás claras algunha faceta ou modo de
ser da cousa de que se fala.Mostrar
abertamente, en toques de ocultar: este é o
sentido do verbo apophaínein. A apóphansis
consiste en mostrar algo como algo. Isto é o
que fan os enunciados declarativos.
5. A LÓXICA
      1. Unha teoría dos enunciados:
     O discurso apofántico, o enunciado, pode
      ser afirmativo ou negativo, universal ou
      particular. Logo esta clasificación dá lugar a
      catro tipos de enunciados:
1)    Universais Afirmativos.
2)    Universais Negativos.
3)    Particulares Afirmativos.
4)    Particulares Negativos.
5. A LÓXICA
    1. Unha teoría dos enunciados:
 A ”Todo A é B”----contrarias--------------E “Ningún A é B”
 (universal afirmativo)                 (universal negativo)
 (Todo home é honrado)             (Ningún home é honrado)


subalternas         contradictorias           subalternas

 I “Algún A é B”------subcontrarias---------O “Algún A non é B”
(particular afirmativo)                (particular negativo)
(Algún home é honrado)                (Algún home non é honrado)
5. A LÓXICA
  1. Unha teoría dos enunciados:
Relaciónanse loxicamente:
Entre (A) e (O) e entre (E) e (I) hai CONTRADICCIÓN.Unha é a
  simple negación da outra; se unha é verdadeira, a outra é
  falsa e viceversa.
Entre (A) e (E) hai CONTRARIEDADE. Non poden ser á vez
  verdadeiras, pero poden ser á vez falsas.
Entre (I) e (O) SUBCONTRARIEDADE. Non poden ser falsas á
  vez, pero si poden ser simultaneamente verdadeiras.
Entre (A) a (I), e de (E) a (O) SUBALTERNIDADE. Se a
  universal é verdadeira, tamén é o a particular; se a particular
  é falsa, tamén é o a universal, pero non ao revés.
5. A LÓXICA
 2. Unha teoría dos razoamentos:
Na terminoloxía aristotélica “razoar” dise
 syllogízesthai e “razoamento” dise
 syllogismós, ou sexa, siloxismo. O
 siloxismo ou razoamento é “un discurso no
 cal, unha vez postas certas cousas,
 necesariamente resulta, a través de cousas
 establecidas, algo que é distinto das cousas
 establecidas”. As cousas “postas” son as
 premisas, e o que resulta necesariamente a
 conclusión.
5. A LÓXICA
      2. Unha teoría dos razoamentos:
   Un exemplo:
           Tódolos vexetais son vivintes e
Premisas   Tódolos pinos son vexetais,
Conclusión  Tódolos pinos son vivintes
  Tanto as dúas premisas como a conclusión son
   proposicións ou enunciados. As proposicións
   están, a súa vez, compostas de termos: “vexetal”,
   “vivinte” e “pino”.
5. A LÓXICA
      2. Unha teoría dos razoamentos:
     En todo siloxismo hai tres termos:
1.   O suxeito.
2.   O predicado da conclusión.
3.   O termo medio. A función do termo medio é a que determina as
     figuras do siloxismo.
     No exemplo anterior:
             Tódolos vexetais son vivintes e    MéP
Premisas     Tódolos pinos son vexetais,        SéM
Conclusión Tódolos pinos son vivintes            SéP
     Este é o modelo da PRIMEIRA FIGURA
5. A LÓXICA
   2. Unha teoría dos razoamentos:
  Aristóteles distingue tres figuras:
Primeira figura Segunda figura Terceira figura
 MéP             PéM            MéP
 SéM             SéM            MéS
 SéP             SéP            SéP
5. A LÓXICA
      2. Unha teoría dos razoamentos:
    Ademais das figuras do siloxismo constrúe unha teoría do razoamento válido
     cos distintos modos posibles do mesmo atendendo á cantidade (universal,
     particular) e á cualidade (afirmativo, negativo) dos enunciados que se
     utilicen.Os lóxicos medievais resumiron os modos válidos coas seguintes
     regras mnemotécnicas:
PRIMEIRA FIGURA         SEGUNDA FIGURA          TERCEIRA FIGURA
    Barbara                  Cesare                    Darapti
    Celarent                 Camestres                 Felapton
    Darii                    Festino                   Disamis
    Ferio                    Baroco                    Datisi
                                                       Bocardo
                                                       Ferison
     4               +        4              +          6      = 14 modos válidos
5. A LÓXICA
2. Unha teoría dos razoamentos:
Unha teoría formal do razoamento
que, no esencial, permanecerá
inalterada e insuperada durante
séculos, ate o desenrolo
contemporáneo da lóxica a partir do s.
XIX.
5. A LÓXICA
3. Unha teoría das categorías:
A proposición non é unha locución
simple. Posúe unha estructura
complexa consistente na combinación
de dous termos ou locucións simples:
así, o enunciado “os vexetais son
vivintes” resulta da unión dos termos
“vexetal” e “vivinte”.
5. A LÓXICA
3. Unha teoría das categorías:
Ao estudio dos termos ou locucións simples
está adicado o libro Categorías. Aristóteles
clasifica os termos en dez xéneros ou
grandes grupos: entidade (sustancia,
ousía), cantidade, cualidade,relación, lugar,
tempo, posición en que algo se atopa,
estado no que algo está, acción e paixón.
5. A LÓXICA
  3. Unha teoría das categorías:
  Categorías
  Substancia (suxeito)     Accidentes ou atributos (predicados)
  (exemplo: Sócrates,    Cantidade (exemplo: de dous metros)
  unha mesa)             Calidade (exemplo: branco, bo, belo)
                         Relación (exemplo: dobre, medio, maior,...)
                         Lugar (exemplo: na casa, na ágora,...)
                         Tempo (exemplo: onte, hoxe, nunca,...)
                         Situación (exemplo: ergueito, deitado,...)
                         Posesión ou condición (exemplo: estar armado,...)
                         Acción (exemplo: “cortar”, “queimar”,...)
                         Paixón (exemplo: “ser cortado”, “ser quemado”)
5. A LÓXICA
3. Unha teoría das categorías:
Aristóteles concede unha prioridade absoluta á
categoría primeira, a da entidade ou sustancia
(ousía). As entidades son o eixe sobre o que xira a
linguaxe, o núcleo ao que se orienta e remite o
discurso. Cando o suxeito é unha entidade
primeira, un individuo, só os predicados
pertencentes á categoría de entidade din ou
amosan qué é o suxeito. Tratándose deste tipo de
suxeito, os predicados da categoría primeira
exhiben aspectos esenciais do seu ser, amosan a
súa esencia. Pola contra, os predicados
pertencentes a tódalas demais categorías exhiben
rasgos non esenciais, exhiben os seus accidentes.
ARISTÓTELES (384-322)




6. FÍSICA
ARISTÓTELES (384-322)

6. FÍSICA
6.1 A NOCIÓN
    ARISTOTÉLICA DE
    PHÝSIS
6.2 A COSMOLOXÍA
6.3 A SICOLOXÍA
6.4 O COÑECEMENTO E
    AS CIENCIAS
6. A FÍSICA
   6.1 A NOCIÓN ARISTOTÉLICA DE
PHÝSIS
  Se para Platón o estudio da natureza foi un
  tema secundario, por non tratarse da
  verdadeira realidade, para Aristóteles é un
  tema central. Neste aspecto é continuador
  dos presocráticos.
  Aristóteles define a natureza (phýsis) como
  principio interno do movemento que se dá
  nos seres naturais. Comprender, pois, a
  natureza consiste en explicar o cambio e o
  movemento.
6. A FÍSICA
   6.1 A NOCIÓN ARISTOTÉLICA DE
PHÝSIS
  Aristóteles distingue tres clases de seres:
  1. SERES NATURAIS
  2. SERES ARTIFICIAIS
  3. SERES AZAROSOS
6. A FÍSICA
   6.1 A NOCIÓN ARISTOTÉLICA DE
PHÝSIS
   Os seres naturais teñen
   espontaneidade e
   finalidade.
   Espontaneidade porque
   teñen un principio interno de
   movemento e de repouso,
   que recibe o nome de
   natureza (phýsis).
   A finalidade refírese a que
   tales seres obran por fins
   (télos) e non por azar,
   debido á teleoloxía
   inmanente, que fai que tales
   seres se movan para
   acadar a súa perfección.
6.1 a noción aristotélica de phýsis

 Os seres artificiais
 teñen finalidade pero
 non espontaneidade.
 Son os artefactos
 producidos pola técnica
 humana.
 A finalidade é
 introducida neles por un
 axente exterior. Para
 Aristóteles a arte e a
 técnica han de imitar a
 natureza, que ofrece
 modelos perfectos.
6.1 A noción aristotélica de phýsis
 Os seres azarosos teñen
 espontaneidade, pero non
 finalidade e son fallos da
 natureza cando non logra
 acadar aos seus fins. A
 natureza tende a obrar
 sempre “de forma sabia”,
 pero ás veces fracasa e
 aparecen, por exemplo,
 seres monstruosos,
 productos do puro azar. A
 xeración fortuíta de monstros
 débese a unha materia
 defectuosa, incapaz de
 plasmar a forma.
6. A FÍSICA
   6.1 A NOCIÓN ARISTOTÉLICA DE
PHÝSIS
   Pois ben, a idea de
   natureza determina un
   ámbito da realidade, o
   ámbito dos seres naturais,
   o das cousas que existen
   “por natureza” (phýsei), en
   oposición a aquelas outras
   que non existen por
   natureza, senón por arte
   (artefactos), ou por
   abstracción (obxectos
   matemáticos): é o ámbito
   dos corpos suxeitos a
   movemento. De aí que ao
   físico corresponda
   esencialmente e
   prioritariamente o estudio
   do movemento.
6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO
DE PHÝSIS. O MOVEMENTO
 Estudiemos pois o
 movemento. O problema do
 movemento era
 especialmente importante no
 pensamento grego, porque o
 movemento non era
 entendido só como
 movemento no espacio,
 senón como calquera
 modificación que podía sufrir
 unha cousa.
6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO
DE PHÝSIS. O MOVEMENTO
 De onde parte Aristóteles?
 Heráclito consideraba que
 todo cambiaba.
 Parménides afirmaba que
 todo permanece.
 Platón duplicaba a realidade
 separando o mundo sensible
 (cambiante) do intelixible
 (permanente).
 Ningunha destas opcións
 convence a Aristóteles.
6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO
DE PHÝSIS. O MOVEMENTO
 Retomemos o argumento do
 eléata: Parménides concluiu a
 imposibilidade racional do
 movemento. Partindo do
 axioma “o que é, é (e non pode
 non ser) e o que non é, non é (e
 non pode ser)”, concluía que a
 noción mesma de movemento
 era de seu contradictoria:
 calquera cambio comportaría ou
 ben que algo que non é veña a
 ser e sexa, ou ben que algo que
 é veña a non ser e non sexa. O
 movemento esixiría o cambio
 de non ser a ser ou de ser a
 non ser.
6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO
DE PHÝSIS. O MOVEMENTO
 Aristóteles dálle a razón
 ao eléata en canto o
 movemento non pode
 orixinarse nin a partir do
 que é, do ser, nin a
 partir do que non é, do
 non ser, se ámbolos
 dous termos tómanse
 de modo absoluto e sen
 ulteriores matizacións.
 Pero é posible facer
 matizacións.
6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO
DE PHÝSIS. O MOVEMENTO
 O movemento parte do non
 ser, p. ex. de non ser sabio a
 ser sabio: parte da privación
 que é unha maneira de non
 ser. Pero non parte do non
 ser, da privación en si,
 senón da privación en canto
 algo dáse nalgo que é, no
 suxeito. Logo o movemento
 parte do ser, dalgo que é: o
 suxeito, o home que chega a
 ser sabio. Pero non parte del
 en tanto que é, senón en
 tanto que non é sabio, é
 dicir, en canto afectado pola
 privación, polo non ser.
6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO
DE PHÝSIS. O MOVEMENTO
 Para explicalo apoiase
 en dous conceptos:
 potencia (dýnamis) e
 acto (enérgeia,
 entelécheia).
 Parménides tomou a
 noción de ser
 univocamente, sin
 distinguir diversos
 modos de ser e de non
 ser.
6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO
DE PHÝSIS. O MOVEMENTO
 Ser en potencia
 significa posibilidade ou
 capacidade de ser.
 Unha semente non é
 unha árbore, pero pode
 chegar a selo. Unha
 pedra non o é, nin pode
 selo. Unha pedra non é
 unha estatua, pero
 pode chegar a selo.
 Unha semente non, e
 non pode chegar a selo.
6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO
DE PHÝSIS. O MOVEMENTO
 Ser en acto significa
 realización, termo, ou
 cumprimento dun proceso.
 Por iso, o acto recibe tamén
 o nome de entelequia, que
 denota a fin dun proceso.
 Así, cando a semente crece
 temos unha árbore en acto.
 Cando o arquitecto produce
 un edificio dunhas pedras,
 este, unha vez finalizado, é
 xa un ser en acto.
6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO
DE PHÝSIS. O MOVEMENTO
 Malia que o ser en potencia
 sexa temporalmente anterior
 ao ser en acto, o acto, por
 ser máis perfecto, ten
 prioridade conceptual.
 Ámbalas dúas nocións son
 correlativas: un ser está en
 potencia con respecto a un
 estado e en acto con
 respecto a outro. A
 realización destas
 potencialidades é o
 movemento.
6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO
DE PHÝSIS. O MOVEMENTO
 Aristóteles define o
 movemento como o
 paso da potencia ao
 acto, é dicir, como a
 actualización ou
 realización das
 posibilidades ou
 capacidades que ten o
 ser.
6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO
DE PHÝSIS. O MOVEMENTO
 Tódolos seres da natureza,
 por seren móbiles ou
 cambiantes, están
 compostos de acto e de
 potencia.
 Só a materia primeira, o ser
 máis imperfecto, é pura
 potencia.
 Só Deus, o ser máis
 perfecto, é acto puro sen
 potencia.
 Tódolos seres forman unha
 escala ascendente por graos
 de perfección desde a
 materia primeira ata Deus.
6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO
DE PHÝSIS. Tipos de cambio
 Aristóteles distingue 4 tipos de cambio:

 1. CAMBIOS SUSTANCIAIS
 2. CAMBIOS CUALITATIVOS
 3. CAMBIOS CUANTITATIVOS           CAMBIOS
 4. CAMBIOS LOCAIS                  ACCIDENTAIS
6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO
DE PHÝSIS. Tipos de cambio
 O CAMBIO SUSTANCIAL
 corresponde á categoría da
 entidade ou ousía, e é aquel
 no cal se producen, ou ben
 se destrúen, entidades ou
 sustancias (xeración ou
 corrupción). O nacemento e a
 morte dos seres vivos ou a
 asimilación dos alimentos
 son exemplos de cambio
 sustancial.
6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO
DE PHÝSIS. Tipos de cambio
 O CAMBIO
 CUALITATIVO é un
 cambio accidental
 (porque cambia un
 accidente ou propiedade
 secundaria dun ser).
 Prodúcese cando
 cambia o accidente
 calidade, por exemplo a
 cor ao madurar as uvas.
6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO
DE PHÝSIS. Tipos de cambio
 O CAMBIO
 CUANTITATIVO é un
 cambio accidental no
 que cambia o accidente
 cantidade. Por exemplo,
 como medra 3
 centímetros unha piña
 de uvas.
6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO
DE PHÝSIS. Tipos de cambio
 O CAMBIO LOCATIVO
 é un cambio accidental,
 onde o ser cambia de
 lugar.
6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO
DE PHÝSIS. Tipos de cambio
 Nos cambios accidentais
 (cualitativos, cuantitativos,
 locativos) non se xeran ou
 destrúen sustancias, senón
 que a sustancia afectada
 modifícase nas súas
 determinacións accidentais.
 Pois ben, só estes tres,
 soamente os cambios
 accidentais son movementos
 en senso estricto.
6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO
DE PHÝSIS. A composición das
sustancias: hilemorfismo
 A teoría hilemórfica xurdiu dunha reflexión sobre o
 problema dos cambios substanciais ou entitativos,
 que son os máis importantes.
 A palabra hilemorfismo procede dos termos gregos
 hyle (materia) e morphé (forma).
 A teoría hilemórfica afirma que tódalas substancias
 ou cousas sensibles, sexan seres naturais ou
 artificiais, compóñense de dous principios: a materia
 e a forma.
6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO
DE PHÝSIS. A composición das
sustancias: hilemorfismo
 A MATERIA é aquilo de que está
 feito unha cousa, os elementos
 que compoñen un determinado
 ser. Por exemplo a pedra nesta
 obra, a madeira nunha mesa,...
 A materia pode ser de dous
 tipos: segunda e primeira.
 Materia segunda é a que está
 ligada a unha forma
 determinada.
 A materia primeira é unha
 realidade metafísica, que se
 caracteriza por ser amorfa (non
 estar unida a unha forma),
 indeterminada e ser mera
 potencia.
6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO
DE PHÝSIS. A composición das
sustancias: hilemorfismo
 A MATERIA PRIMEIRA pode ser
 tódalas cousas, pero non é
 ningunha en acto. É un substrato
 eterno e común a tódalas
 materias segundas, presuposto
 último dos cambios substanciais.
 É moi similar ao que os filósofos
 presocráticos chamaron arché, é
 dicir, o material do que está feito
 o mundo, unha especie de fondo
 orixinario e primixenio de onde
 todo sae e a onde todo volve.
6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO
DE PHÝSIS. A composición das
sustancias: hilemorfismo
 A FORMA é aquel principio que
 fai que unha substancia sexa un
 determinado ser e non outro. Por
 iso a forma é o que propiamente
 dá o ser, e equivale á esencia
 (eidos) ou natureza (physis) de
 algo. A forma denota a
 estructura esencial ou as
 propiedades esenciais que
 definen un ser.
 Por exemplo,a pesar dos
 distintos materiais que teñen
 estas sillas, e de que unhas
 teñan patas e outras rodas, a
 forma nola permite recoñecer
 como tales, e non como mesas.
6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO
DE PHÝSIS. A composición das
sustancias: hilemorfismo
 A FORMA é o principio que
 identifica a unha
 pluralidade de individuos
 dentro da mesma especie
 ou clase. A forma esencial
 (morphé ou eidos) da silla
 identifica a tódalas sillas
 individuais e a forma ou
 esencia humana (a alma
 ou psyché) a tódolos
 individuos humanos.
6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO
DE PHÝSIS. A composición das
sustancias: hilemorfismo
 A materia é o principio de
 individuación, o que fai
 diferentes aos individuos dentro
 da mesma especie.
 A forma é o elemento universal
 que se corresponde coa idea
 platónica, pero agora non está
 separada, senón unida á materia
 en cada ser individual.
 O dualismo ontolóxico de Platón
 tansformouse no hilemorfismo
 de Aristóteles.
6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO
DE PHÝSIS. A composición das
sustancias: hilemorfismo
 A forma intelixible está
 unida sempre á materia
 sensible, agás no caso da
 materia primeira, que é
 pura metria sen forma, e
 de Deus, que é forma pura
 sen materia.
6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO
DE PHÝSIS. A composición das
sustancias: hilemorfismo
 Finalmente, o estaxirita
 correlaciona o par de conceptos
 potencia/acto co par
 materia/forma, de xeito que a
 materia equivale ao ser en
 potencia e a forma ao ser en
 acto.
 Logo, a afirmación de que os
 seres están compostos de
 materia e forma equivale á
 afirmación de que son
 compostos de potencia e acto,
 precisamente por tratarse de
 seres cambiantes e por tanto
 imperfectos.
6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO
DE PHÝSIS. A TEORÍA DAS
CAUSAS
 Se a ciencia é un coñecemento por causas
 (aitía), será misión da ciencia física, que
 estudia os seres en canto móbiles, averiguar
 cales son as causas do cambio.
 Hai 4 CAUSAS (aitías):
 1. CAUSA MATERIAL
 2. CAUSA FORMAL
 3. CAUSA EFICIENTE
 4. CAUSA FINAL
6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO
DE PHÝSIS. A TEORÍA DAS
CAUSAS
 1. CAUSA MATERIAL: é a
 materia da que está feita a
 cousa. A pel no caso no
 sillón é a súa causa
 material.
6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO
DE PHÝSIS. A TEORÍA DAS
CAUSAS
 2. CAUSA FORMAL: é a
 forma ou esencia da que
 falamos na teoría
 hilemórfica. A esencia que
 fai que isto sexa un sillón.
6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO
DE PHÝSIS. A TEORÍA DAS
CAUSAS
 3. CAUSA EFICIENTE: é a
 que orixina o proceso ou
 movemento: o artesán é a
 causa do sillón, o pai é
 causa do fillo.
6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO
DE PHÝSIS. A TEORÍA DAS
CAUSAS
 4. CAUSA FINAL: é o fin
 (télos) ou o para que
 dunha producción.
 Sentarse no caso citado
 do sillón.
6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO
DE PHÝSIS. A TEORÍA DAS
CAUSAS
 Nos seres arificiais
 distínguense as catro
 causas.
 Nos seres naturais só se
 identifican tres: a causa
 eficiente, a formal (nos
 seres vivos é a alma) e a
 final.
6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO
DE PHÝSIS. A TEORÍA DAS
CAUSAS
 Aristóteles prioriza a causa
 final sobre o resto, de aí
 que se considere que a
 súa é unha interpretación
 teleolóxica ou finalista da
 natureza, fronte a
 concepción atomista na
 que primaba o azar.
6. A física


6.2 A
COSMOLOXÍ
  A
6. A FÍSICA
                 6.2 A COSMOLOXÍA

Aristóteles concibe o mundo
como un conxunto de esferas
concéntricas, que van desde a
esfera da terra, que está en
repouso no centro do sistema,
á esfera das estrelas fixas na
periferia. Dentro del distingue
dúas rexións:
          a) o mundo infralunar,
          que é imperfecto, e
          b) o mundo
          supralunar, máis
          perfecto.
6. A FÍSICA
                6.2 A COSMOLOXÍA
0 mundo infralunar é imperfecto
porque nel danse a xeración e a
corrupción. Os corpos desta
rexión están compostos dos catro
elementos, terra, auga, aire e
lume, e están sometidos a
movementos rectilíneos
ascendentes ou descendentes. Os
corpos compostos de terra e auga
son pesados por natureza e
tenden a baixar para residir na
esfera que lle é propia, que é o
seu lugar natural, mentres que os
compostos de aire ou lume son
lixeiros e tenden por natureza a
subir para situase na súa esfera.
6. A FÍSICA
                 6.2 A COSMOLOXÍA
0 mundo supralunar vai desde a
esfera da lúa á das estrelas fixas.
É o mundo dos astros, que están
formados por un quinto elemento,
chamado éter. Aquí non hai
xeración nin corrupción e os
corpos celestes teñen un
movemento circular, uniforme e,
por tanto, perfecto. Os astros está
suxeitos a esferas que son
movidas por intelixencias motoras.
O mecanismo das esferas é
movido polo primeiro motor
inmóbil, Deus como foco de
atracción ou causa final de todo
movemento. Esta imaxe dun
mundo finito e xeocéntrico,
dividido en dúas rexións
diferentes, perdurará ata o
Renacemento.
6. A física


6.3 A
PSICOLOXÍA
6. A física
6.3 A Psicoloxía
Aristóteles presenta a
natureza xerarquicamente
ordenada como unha
escala ascendente que vai
desde os seres inanimados
aos seres animados e,
dentro destes, das plantas
aos animais e destes ao
ser humano, que como ser
racional sitúase no cumio
dos seres vivos.
6. A física
   6.3 A Psicoloxía
A psicoloxía (tratado sobre a
alma) aristotélica está en
realidade integrada dentro da
física e do que hoxe
chamamos bioloxía, pois a
alma (psyché) é o principio
de vida que explica as
actividades e movementos
propios dos seres vivos. Se
hai seres vivos é porque
teñen alma.
6. A física
   6.3 A Psicoloxía
No seu tratado Sobre a alma,
Aristóteles define a alma como a
«entelequia primeira dun corpo
natural que ten a vida en
potencia, é dicir, dun corpo
organizado». Se consideramos o
ser vivo desde a teoría
hilemórfica, o corpo identifícase
coa materia e a alma coa forma.
O corpo sóten a vida en
potencia, sendo a alma o
principio que pon a vida en acto.
6. A física
   6.3 A Psicoloxía
Aristóteles distingue tres tipos de
almas coas respectivas funcións:
a) a alma vexetativa, propia das
plantas, que ten as funcións da
nutrición, o crecemento e a
reproducción;
 b) a alma sensitiva, propia dos
animais, que asume as funcións
do apetito, a sensación, a
imaxinación, a memoria e a
locomoción no espacio;
 c) a alma intelectiva ou
racional, propia do ser humano,
polas que este fala, pensa e
razoa.
6. A física
  6.3 A Psicoloxía
Aristóteles aplica a súa teoría
hilemórfica ao ser humano. Este,
como toda substancia natural, consta
de materia e forma. O corpo
identifícase coa materia e co ser en
potencia, e a alma coa forma ou
esencia e co ser en acto. Contra o
dualismo pitagórico e platónico, corpo
e alma non son dúas substancias
contrarias, senón dous elementos
que constitúen unha única
substancia.
6. A física
  6.3 A Psicoloxía
 A alma racional contén as
funcións anímicas inferiores, tanto
as sensitivas como as vexetativas.
Estas tres funcións anímicas son
tres graos xerarquizados de
desenvolvemento ascendente da
vida humana, que acada a súa
plenitude coa función racional.
6. A física
  6.3 A Psicoloxía
 Entre corpo e alma hai unha unión
esencial e natural, non meramente
accidental, como afirmaba Platón.
É a mesma unión que hai entre
materia e forma ou entre potencia
e acto. Por tanto a alma non é
unha realidade separable do
corpo. O intelixible non existe
separado do sensible.
6. A física
  6.3 A Psicoloxía
 Aristóteles explica o ser humano
desde a perspectiva científica dun
biólogo e renuncia aos elementos
místico-relixiosos que Platón
tomara dos pitagóricos. Nega, así,
as teses platónicas da
inmortalidade, da preexistencia e
da reencarnación das almas. Se o
individuo morre, é porque
desaparece o seu principio vital e
o corpo convértese nun ser
inanimado, sen alma.
6. A física
  6.3 A Psicoloxía
 De todos modos, na antropoloxía
aristotélica quedan restos de platonismo,
pois, despois de afirmar que a alma
individual (psyché ou forma do corpo) é
mortal, afirma que o chamado
entendemento axente é separable do
composto, inmortal e eterno. Como
Aristóteles non aclarou esta cuestión, os
intérpretes posteriores discutirán se se
trata de algo propio de cada individuo ou
de algo común a todos os seres humanos.
6. A física
6.4 o
coñecemento
      e as
ciencias
6. FÍSICA
6.4 0 COÑECEMENTO E AS CIENCIAS
 Aristóteles distingue, como
 Platón, dous tipos de
 coñecemento:
 O sensible, propio dos
 sentidos, e
 O intelectual, propio do
 entendemento.
 Pero o seu enfoque biolóxico
 lévao a valorar a experiencia
 sensible, que Platón
 desprezaba por influxo das
 matemáticas.
6. FÍSICA
6.4 0 COÑECEMENTO E AS CIENCIAS

 Entre o coñecemento
 sensible e o intelectual
 hai unha íntima unión,
 pois tamén aquí, como
 na ontoloxía e na
 antropoloxía, o intelixible
 non pode separarse do
 sensible.
6. FÍSICA
 6.4 0 COÑECEMENTO E AS CIENCIAS
O coñecemento sensible ten por
 obxecto as substancias individuais
 que captamos a través da
 sensación. Por exemplo, vexo esta
 mesa material.
O coñecemento intelectual recae
 sobre o universal ou a esencia
 intelixible, inmaterial. Por exemplo,
 coñezo a mesa abstracta e
 universal, é dicir, a esencia de
 todas as mesas.
ABSTRACCIÓN
6. FÍSICA
6.4 0 COÑECEMENTO E AS CIENCIAS
O paso dos sentidos, que captan o              Sentidos: sensacións
individual, ao entendemento, que capta o       (individuais)
universal, dáse por medio dunha facultade
intermedia     chamada      fantasía    ou
imaxinación, que ten por obxecto as
imaxes das cousas antes percibidas.
O coñecemento é un proceso que parte da
                                            Imaxinación: imaxe do percibido
sensación, pasa pola imaxinación e remata
no entendemento.
Todo este proceso recibe o nome de
abstracción, pois o entendemento actúa
sobre as imaxes separando todo o que hai
nelas de particular e concreto para formar
o concepto universal e abstracto.
                                       Entendemento: concepto universal
ABSTRACCIÓN
6. FÍSICA
6.4 0 COÑECEMENTO E AS CIENCIAS
Coñecer a esencia dunha cousa
                                             Sentidos: sensacións
sensible consiste en asimilar ou captar      (individuais)
de forma intencional, non a súa
materia, senón a súa forma intelixible, o
elemento universal que reside en cada
substancia individual, é dicir, a forma
                                         Imaxinación: imaxe do percibido
que é común para todos os individuos
da mesma clase. De maneira análoga
aos sentidos, que reciben as calidades
sensibles sen a materia, como a cera
recibe a impronta do selo sen o ferro,
así o entendemento recibe a forma        Entendemento: concepto
intelixible.                             universal
ABSTRACCIÓN
6. FÍSICA
6.4 0 COÑECEMENTO E AS CIENCIAS
O coñecemento universal está
                                    Sentidos: sensacións
   potencialmente na                (individuais)
   percepción individual.
   Aristóteles refuta a teoría
   platónica da reminiscencia e
   do innatismo das ideas, pois
                                 Imaxinación: imaxe do percibido
   a alma ao nacer é como
   unha «táboa rasa» na que
   nada hai escrito, e explica o
   proceso de coñecer como un
   paso da potencia ao acto.
                                    Entendemento: concepto
                                    universal
ABSTRACCIÓN
6. FÍSICA
6.4 0 COÑECEMENTO E AS CIENCIAS
Por iso distingue dous entendementos:
a) o entendemento paciente que, en              Sentidos: sensacións
     analoxía coa materia (receptáculo          (individuais)
     universal das formas) é mera potencia
     de coñecer, e
b) un principio en acto, o entendemento
     axente que, como a causa eficiente,
     pon os intelixibles en acto, abstraendo
                                             Imaxinación: imaxe do percibido
     as formas intelixibles a partir das
     imaxes. Aristóteles compárao coa luz,
     que na sensación fai visibles en acto
     as cores que sen luz son só visibles en
     potencia. Se para a visión das cores
     necesitamos a luz, tamén para a
     intelección necesitamos o
     entendemento axente.                  Entendemento: concepto universal
                                           Entendemento pacente e
                                           entendemento axente
C
6. FÍSICA                          C
                                   I
6.4 0 COÑECEMENTO E AS CIENCIAS
                                   Ó
No comezo da súa Metafísica afirma
   Aristóteles que «todos os seres
                                   N
  humanos desexan por natureza
  saber» e a continuación estudia os
  graos de saber ou niveis de
  coñecemento, que van, en sentido
  ascendente, desde o máis
  imperfecto ao máis perfecto:
  a experiencia ou saber empírico, a
  técnica ou saber técnico, a
  prudencia ou sabedoría práctica, a
  ciencia, a intuición intelectual e a
  sabedoría teórica.
C
6. FÍSICA                             C
                                      I
6.4 0 COÑECEMENTO E AS CIENCIAS
                                      Ó
   A experiencia (empeiría) é un
   saber nacido do hábito, que aplica
                                      N
   regras pero sen dar razóns delas.
   A través da sensibilidade obtemos
   a experiencia ou coñecemento
   empírico, que se refire a cousas
   individuais e concretas. A través do
   entendemento obtemos
   coñecemento sobre o universal
   que hai nas cousas individuais.
   Este coñecemento pode ser
   práctico ou teórico.
C
6. FÍSICA                                     C
                                              I
6.4 0 COÑECEMENTO E AS CIENCIAS
                                              Ó
 Dentro do práctico dintínguense dous tipos:
a) un saber técnico (téchne) ou «saber facer»
                                              N
     (regras ou destrezas técnicas), que se
     refire aos medios orientados á fabricación
     de artefactos útiles (unha cama, un barco)
     ou á producción de obxectos belos (obras
     de arte, como unha estatua ou un poema);
b) un saber práctico chamado prudencia
     (phrónesis), que consiste en «saber
     actuar» ou saber obrar ben nas situacións
     relacionadas coa «vida boa», como son a
     moral ou a política. A prudencia implica
     deliberar sobre os fins en relación co a é
     continxente (sobre o necesario non cabe
     deliberación).
C
6. FÍSICA                                C
                                         I
6.4 0 COÑECEMENTO E AS CIENCIAS
                                         Ó
 O coñecemento teórico abarca tres graos
   sucesivos de saber:                   N
 a) a ciencia (epistéme), que é un
     coñecemento do universal e necesario,
     baseado na demostración (usa o
     siloxismo) e na indagación das causas;
b) o coñecemento intuitivo ou intuición
     (nous) dos principios xerais que dirixen
     as ciencias, que non son
     demostrables, senón intuíbles
     (principio de non contradicción, terceiro
     excluso, etc.);
c) a sabedoría teórica (sophía), que inclúe
     os dous graos anteriores, é o grao
     máis elevado de saber e culmina na
     contemplación das entidades
     supremas que estudia a metafísica.
C
6. FÍSICA                        C
                                 I
6.4 0 COÑECEMENTO E AS CIENCIAS
                                 Ó
                                 N
Cando se converten en hábitos
   de conducta, os cinco últimos
   graos de saber dan lugar ás
   virtudes chamadas
   dianoéticas ou intelectuais,
   que Aristóteles estudia na
   Ética.
C
6. FÍSICA                                           C
                                                    I
6.4 0 COÑECEMENTO E AS CIENCIAS
                                                    Ó
 Aristóteles distingue tres clases de ciencias, que
     se correlacionan con tres tipos de actividades N
     humanas, ordenadas xerarquicamente da máis
     perfecta á máis imperfecta:
a) As ciencias teóricas, relacionadas coa vida
     teorética (theoria), que teñen por obxecto a
     contemplación intelectual, o saber polo saber
     ou a busca da verdade. Comprenden, por orde
     xerárquica, a metafísica, a matemática e a
     física. A metafísica é a ciencia máis perfecta,
     porque estudia as realidades supremas, as
     entidades inmóbiles e separadas da materia: o
     ser en canto ser e Deus como ente supremo. A
     matemática, que estudia entidades inmóbiles
     pero non separadas da materia, a diferencia de
     Platón. A física estudia os entes móbiles unidos
     e materiais dentro da natureza.
C
6. FÍSICA                                   C
                                            I
6.4 0 COÑECEMENTO E AS CIENCIAS
                                            Ó
b) As ciencias prácticas, ligadas á acción
    práctica (praxis), que está guiada pola N
   prudencia ou sabedoría práctica.
   Comprenden a política, a ética e a
   economía. A política estudia os
   principios        relacionados      coa
   convivencia xusta dentro da polis ou
   Estado. A ética, que é unha parte da
   política, trata sobre o ben, a vida boa
   ou feliz. A economía refírese ao ámbito
   doméstico e privado e ten por obxecto
   a administración da casa (oikós =
   casa).
C
6. FÍSICA                                C
                                         I
6.4 0 COÑECEMENTO E AS CIENCIAS
                                         Ó
c) As ciencias productivas, relacionadas N
    coa actividade técnica ou productiva
    (poiésis). Entre elas están a retórica e
    a poética. A retórica versa sobre a
    forma de persuadir a un auditorio
    mediante a arte da palabra. A poética
    versa sobre a producción estética de
    obras de arte, como traxedias,
    comedias, poesía, etc.

Nesta clasificación non consta a lóxica,
    pois, é unha propedéutica, un
    instrumento metodolóxico para as
    demais ciencias.
ARISTÓTELES (384-322)



7. Metafísica
7. METAFÍSICA
Aristóteles nunca empregou a palabra
metafísica. Esta denominación procede
de Andrónico de Rodas (s. I a. C.),
décimo director da escola aristotélica.
Ordenando a biblioteca do Liceo,
despois dos libros de física colocou os
de metafísica, por tratar os asuntos que
están máis alá do ámbito físico, é dicir,
por estudiar as realidades
metaempíricas ou supraempíricas. Os
nomes que Aristóteles usou para
referirse á metafísica foron os de
filosofía primeira e ciencia teolóxica
ou teoloxía.
7. METAFÍSICA
Aristóteles considera a
metafísica como ciencia
suprema e defínea de diferentes
maneiras:
primeiramente di que «indaga as
causas ou os primeiros
principios», ou tamén que
«indaga o ser en canto ser».
Para referirnos a estes aspectos
utilizamos hoxe a palabra
ontoloxía (= tratado sobre o
ser).
7. METAFÍSICA
Posteriormente, defínea como a ciencia que
«indaga a substancia», pois a pregunta polo ser
redúcese á pregunta pola substancia.
Finalmente, afirma que «indaga a Deus e a
substancia suprasensible» ou substancia
inmaterial.
Deste xeito, a ontoloxía transfórmase en
teoloxía. Para a concepción do ser e da
substancia que trata a ontoloxía, remitímonos
ao que dixemos antes sobre a teoría das
categorías no apartado da lóxica. Convén
recordar que lóxica e ontoloxía son
inseparables en Aristóteles, pois o estudio do
ser está ligado ao estudio da linguaxe.
7. METAFÍSICA
O estudio do movemento na Física,
conduciu a Aristóteles a afirmar a
existencia de Deus como primeiro
motor inmóbil. Se todo ser que se
move é movido por outro e este por
outro e así sucesivamente, haberá que
concluír que debe existir unha
substancia inmóbil, que mova a todos
os seres sen ser ela movida. Para
Aristóteles o movemento é eterno, o
mesmo que o tempo, que é inseparable
del.
7. METAFÍSICA
 Este Deus aristotélico é concibido como unha
intelixencia que é forma pura sen materia e acto
puro sen potencia, por iso é inmóbil ou
inmutable. Deus é tamén a causa final dos
movementos dos seres, é dicir, o foco de
atracción dos seres inferiores. Os seres
móvense para acadar a perfección, e Deus
move os seres como causa final. Usando a
metáfora da atracción erótica, Aristóteles
afirma, de maneira antropomórfica, que Deus
atrae os seres «como se fose amado» por eles.
É dicir, todos os seres ansían a perfección
divina, que é o repouso eterno.
7. METAFÍSICA
Finalmente, Aristóteles pregúntase pola
actividade propia desta substancia
espiritual e responde que consiste na
actividade inmaterial de pensar. E como
Deus non pode pensar nada inferior a si
mesmo, defíneo como «pensamento
autopensante», pensamento que se pensa
a si mesmo eternamente. Poderiamos dicir
que este Deus goza dun autismo
metafísico, pois a contemplación eterna
de si mesmo dálle a máxima felicidade.
7. METAFÍSICA
Este Deus é a explicación última do
problema do cambio. A física aristotélica
está vencellada á metafísica e ten o seu
fundamento último na teoloxía. O Deus de
Aristóteles, que ás veces aparece como
trascendente e outras como inmanente ao
mundo, ignora a existencia do mundo e
está moi lonxe da imaxe cristiá dun Deus
creador que planifica e coida do mundo.
No horizonte da filosofía grega, a idea de
creación é estraña e o mundo é tan eterno
coma Deus.
ARISTÓTELES (384-322)



8. Ética
8.ÉTICA
En coherencia coa teleoloxía que
domina na natureza en xeral,
Aristóteles fai unha interpretación
teleolóxica da natureza humana. O ser
humano, como todo ser natural, obra
por fins, e o fin último ou ben
supremo é para el a felicidade, que
se caracteriza por ser autosuficiente, é
dicir, non é un medio para outro fin.
Esta teoría recibe o nome de
eudemonismo (eudaimonía =
felicidade).
8.ÉTICA
 Certamente, o ser humano busca
moitos fins, como o pracer, a riqueza, a
fama, o saber, etc., pero todos estes
fins non se buscan por si mesmos,
senón como medios para acadar a
felicidade. Este fin último consiste no
pleno desenvolvemento da propia
natureza e na actividade máis acorde
conforme á esencia humana, que é a
actividade do pensamento e da razón:
«o ben, para o ser humano, consiste
nunha actividade da alma acorde coa
virtude e, en caso de pluralidade de
virtudes, acorde coa máis excelente e
perfecta delas».
8.ÉTICA
  A felicidade identifícase, pois, coa
vida teorética (bíos theoretikós), coa
actividade intelectual, que é a
actividade esencial do ser humano, a
que máis nos acerca á vida da
divindade, que consiste, como vimos,
no pensamento. Aristóteles, a
diferencia do hedonismo de Epicuro,
non identifica a felicidade co pracer. O
pracer non é o ben, nin tampouco é un
mal. O pracer é só un medio para a
vida feliz pero non o fin da mesma.
8.ÉTICA
 A dedicación á vida teorética ou
contemplación intelectual, propia do
sabio ou do filósofo, require, sen
embargo, certas condicións materiais,
pois a vida anímica non se pode dar
separada do corpo e das súas
necesidades. Entre estas condicións,
cita Aristóteles: a saúde corporal, unha
longa vida, algunha riqueza ou bens
externos, ocio e sobre todo liberdade.
8.ÉTICA
 Desta teoría elitista da felicidade
quedan excluídos os escravos e cantos
se dedican aos traballos corporais,
manuais ou traballo doméstico, todos
eles ligados á necesidade de sobrevivir.
A liberdade e a vida dedicada ao ocio
era privilexio dunha minoría. Aristóteles,
como Platón, despreza o traballo
material e as actividades técnicas como
inferiores (nos sofistas hai, pola contra,
unha valoración da técnica e do traballo
corporal e manual).
8.ÉTICA
 Para conseguir a felicidade é
necesaria a práctica das virtudes.
Contra Sócrates e os estoicos, a
felicidade non se identifica coa vida
virtuosa. Tamén esta, como o pracer, é
un medio e non un fin en si. A virtude
non é unha capacidade innata (ninguén
nace virtuoso), senón un hábito
adquirido a través do exercicio e da
práctica. Unha persoa faise xusta
practicando moitos actos de xustiza.
8.ÉTICA
 A diferencia das paixóns, a virtude é
unha disposición que presupón unha
deliberación voluntaria, pola que
podemos elixir libremente entre fins
continxentes. Aristóteles oponse á tese
intelectualista socrática de que ninguén
elixe o mal se sabe o que é o ben, pois
as paixóns inflúen na elección e na
práctica do ben. Entre o coñecemento
do ben e a práctica do mesmo non hai,
pois, conexión necesaria, senón
continxente.
8.ÉTICA
 A virtude defínese como o xusto medio
(mesotés) entre dous extremos
viciosos, un por defecto e outro por
exceso. A virtude ten, pois, algo de
equilibrio estético, moi típico da arte
clásica grega. Por exemplo, a valentía
ou fortaleza é un punto medio entre a
covardía e a temeridade; a
xenerosidade estaría entre os extremos
da avaricia e a prodigalidade; a
temperanza (autodominio) sería o punto
medio entre a insensibilidade ascética e
o desenfreo.
8.ÉTICA
Pero este punto medio non se
pode tomar en absoluto, senón
en relación a nós, e tampouco
significa mediocridade nin unha
media matemática. Para calcular
na práctica este xusto medio,
Aristóteles propón seguir o
modelo dun home prudente:
obrar como o faría el seguindo a
recta razón e tendo en conta as
diversas circunstancias da
acción.
8.ÉTICA
 Como o ser humano é ao mesmo
tempo racional e irracional,
Aristóteles distingue dous tipos de
virtudes:
as dianoéticas ou intelectuais
(teóricas) e as éticas ou do carácter
(prácticas).
As primeiras relaciónanse coa vida
teorética e son: a técnica (téchne), a
prudencia ou sabedoría práctica
(phrónesis), a ciencia (epistéme), a
intuición (nous) e a sabedoría
teórica (sophía).
Nega así a confusión socrática
entreprudencia e técnica (entre
«saber actuar» e «saber facer» ) e a
reducción do saber práctico a saber
teórico.
8.ÉTICA
Pero concorda con Sócrates e
Platón afirmando que as virtudes
dianoéticas son as máis
importantes, pois pertencen á vida
contemplativa, propia do sabio, e
son a que dan a verdadeira
felicidade. As virtudes éticas só
proporcionan unha felicidade
secundaria.
 Entre as virtudes éticas ou do
carácter podemos citar: a fortaleza,
a temperanza, a amizade, etc
8.ÉTICA
 Pero entre elas destaca pola súa importancia a
     xustiza, virtude social e política por
     antonomasia. Pero a xustiza, entendida como
     un hábito de proporción que busca o equilibrio
     (lémbrese a balanza como símbolo), é un termo
     que ten varios significados. Hai unha xustiza
     xenérica, a legal, que consiste na observancia
     das leis. Pero hai ademais tres tipos
     específicos de xustiza:
a) a distributiva ou xeométrica, que consiste no
     reparto proporcional de bens de acordo cos
     méritos;
b) b) a conmutativa ou aritmética, que se refire á
     igualdade nos intercambios comerciais e
c) c) a retributiva ou reparadora, que é a que
     practica un xuíz tratando de reparar danos e
     delictos.
8.ÉTICA
Finalmente, hai que sinalar que a ética
aristotélica está intimamente
relacionada coa política. Os individuos
só poden lograr a felicidade dentro da
comunidade política (polis) ou Estado.
Non se trata dunha ética individualista
no sentido moderno, senón social ou
comunitarista, pois os individuos son
só partes que están subordinadas ao
todo social. O Estado é como un
organismo no que o todo ten prioridade
sobre as partes, pero ten un fin ético:
promover a xustiza e facer felices os
cidadáns.
ARISTÓTELES (384-322)



9. Política
9. Política
A filosofía política de Aristóteles
renuncia á utopía idealista de
Platón e céntrase, de forma
moi realista, na análise
empírica. Aristóteles non fai
unha deducción a priori dun
Estado ideal que non era deste
mundo, senón que analiza de
forma inductiva e realista as
diversas constitucións a partir
da experiencia das cidades
gregas e da historia doutros
pobos.
9. Política
Adoptando unha vez máis un punto
de vista teleolóxico, Aristóteles
afirma que «o ser humano é por
natureza un animal político» (zóon
politikón), é dicir, que só dentro da
polis ou Estado pode realizar
plenamente a súa esencia. Quen
pretenda vivir illado do Estado, ou
ben é unha besta ou ben un Deus.
A sociabilidade humana non é, pois,
convencional ou producto dun pacto
entre individuos, como sostiñan os
sofistas, senón algo enraizado na
natureza humana.
9. Política
 A natureza social do ser humano
concorda coa súa natureza racional
expresada a través da linguaxe. Que
o ser humano é un animal
racional (zóon logikón)
significa non só que ten razón, senón
palabra (logos significa
simultaneamente razón e palabra) e
sen a palabra non é posible a vida en
comunidade. Os animais teñen voz
(foné) e emiten sons, pero non
palabras articuladas.
9. Política
Máis alá da comunidade da
familia, ligada á reproducción, e da
comunidade da aldea, formada por
varias familias para atender as
necesidades materiais, o Estado-
cidade é a comunidade perfecta,
autosuficiente, que ten como fin o
vivir ben, ou sexa conseguir unha
vida feliz. Ética e política son
inseparables. O Estado non só
posibilita a vida moral, senón
tamén a actividade intelectual, que
é a máis acorde coa esencia
humana.
9. Política
O traballo manual, como o dos
escravos, artesáns, comerciantes,
agricultores ou o das mulleres no
fogar, é degradante e impropio de
homes libres. Por iso todos os
traballadores manuais quedan
excluidos da vida política e da
cidadanía.    A    institución   da
escravitude ten para Aristóteles un
fundamento natural, non social:
uns son por natureza libres e
outros escravos por natureza, non
por causas sociais. «O escravo é
un      instrumento       animado»,
propiedade do seu amo.
9. Política
Aristóteles fai unha crítica ao ideal
platónico,    que    aparecía     na
República, dun Estado convertido
en sociedade perfecta. A proposta
platónica de loitar contra o
egoísmo abolindo a familia e a
propiedade privada para a clase
media e superior, vai contra a orde
natural, pois tanto a familia como
a propiedade derivan da natureza
humana. O mellor remedio contra
o egoísmo consiste nunha boa
educación pública da cidadanía
para exercer a virtude da
xenerosidade.
9. Política
Tamén       abandona     a   visión
aristocrática     da     sociedade
platónica. Aristóteles pensa que a
base máis sólida para unha
comunidade é que o peso do
poder recaia sobre unha clase
media, que mire polo ben da
comunidade, e que non teña
ambicións por falta do básico para
vivir, o que daría lugar a
revolucións.
9. Política
Seguindo unha clasificación xa anticipada
por Platón en O Político, Aristóteles
diferencia tres formas de goberno que son
correctas ou lexítimas, por estar orientadas
ao ben común e ao interese público, e tres
formas desviadas, por orientarse só ao
interese privado dos gobernantes. As
formas correctas son a monarquía, a
aristocracia e a democracia (politeia). Cal
sexa a máis adecuada, depende de cada
pobo e das condicións históricas.
Aristóteles non propón, como Platón, un
único modelo ideal e absoluto. Cada unha
destas tres ten a correspondente forma
desviada: a monarquía pode dexenerar en
tiranía, a aristocracia en oligarquía e a
democracia en demagoxia.
9. Política
Aristóteles, como meteco de clase media e
como filósofo que parte da experiencia e do
posible, propugna unha ética e unha
política feita a medida dos seres humanos,
pero non de todos, xa que defende a orixe
natural da escravitude e a inferioridade da
muller con respecto ao home. No ámbito
doméstico, ao contrario que no ámbito
político, non rexe o principio da xustiza nin
as relacións entre iguais. Na familia só se
impón a autoridade do pai sobre a muller,
os fillos e os escravos. Algúns sofistas
criticaran, sen embargo, a escravitude en
nome da igualdade, e o mesmo Platón
avogaba na súa república ideal pola
igualdade entre os sexos.
A Filosofía despois de
      Aristóteles


A filosofía helenística e o fin da
         filosofía clásica
O HELENISMO
A etapa helenística comprende o
período que vai entre a morte de
Alexandre Magno (323 a. C.) ata a
incorporación de Exipto no Imperio
Romano (30 a. C). Filosoficamente é a
etapa final da Filosofía antiga, en
contacto xa co mundo romano.
O HELENISMO
O helenismo foi o momento da grande
expansión política e cultural da
civilización grega polas terras de oriente
e do Mediterráneo oriental. Alexandre
Magno propuxérase a conquista do
mundo grego e a súa expansión polo
Imperio Persa.
O HELENISMO
Á súa morte houbo serias loitas entre os seus
xenerais para conseguir a herdanza do
imperio, que rematarán no reparto deste en
tres estados: Macedonia, Siria e Exipto.
Estes estados gobernáronse mediante
monarquías absolutas, instauradas por
dereito de conquista. Isto supuxo a ruptura
da polis clásica e polo tanto das formas de
organización social e política que viñeran
funcionando nos últimos séculos, quedando
incluida nun estado territorial maior.
O HELENISMO
Roma foi aproveitando o desmembramento
do imperio de Alexandre e pouco a pouco foi
facéndose forte en detrimento de Grecia, que
foi anexionada no 197 a C. Os intereses dos
romanos eran fundamentalmente prácticos e
non especulativos como foran os dos gregos.
A cultura helena empapou así o Imperio
Romano nos tempos de Augusto, co cal o
pensamento grego chegou a Roma.
O HELENISMO
Estes acontecementos históricos
influíron de xeito decisivo na filosofía. A
situación de inestabilidade primeiro, e
posteriormente a perda da posibilidade
dunha acción política directa como
ocorrera nos tempos anteriores levou
aos pensadores ao abandono das
grandes visións sistemáticas anteriores
(Platón, Aristóteles).
O HELENISMO
Na época clásica os cidadáns sentíanse
protagonistas, membros do grande individuo
que era a polis; só nela se podía conseguir a
vida boa. Agora, os filósofos íllanse do
mundo      e     da     cidade    centrándose
principalmente na procura da liberdade e a
felicidade persoal. O importante é o ser
humano      individual,    mentres   que    a
colectividade queda neste momento relegada
a un segundo plano. Calquera outro
coñecemento deberá subordinarse á esfera
ética.
O HELENISMO
A situación case que estacionaria da filosofía
contrasta co enorme desenvolvemento que
teñen as ciencias nesta época (xeografía,
historia, filoloxía, medicina, matemáticas,
astronomía, etc.). Atenas continuará sendo o
centro filosófico, mentres que a verdadeira
capital cultural do mundo helenístico pasará
a Alexandría. O seu museo e a súa biblioteca
constituíron a máis grandiosa reunión do
saber antigo ata que César ordena a súa
queima no ano 47 a. C. na campaña en
Exipto.
O HELENISMO
As escolas de Platón e Aristóteles
continuaron neste período a liña dos seus
mestres con poucas achegas novas. A
Academia perdurou no tempo ata o 529 d. C.
e as ideas platónicas sufriron distintas
modificacións buscando a harmonía coas
novas formas de pensar. Pola súa banda, á
morte de Aristóteles, Teofrasto fíxose cargo
do Liceo, continuando a tendencia empirista
da escola. As principais formulacións
filosóficas do momento virán da man do
epicureísmo, o estoicismo e o escepticismo.
O EPICUREÍSMO
O iniciador desta escola foi Epicuro de
Samos (341-270 a.C.), que no 306 a C.
funda o Xardín, onde acolle aos seus
discípulos e amigos na procura dun
ideal de vida: a felicidade, que se
consegue logrando a paz mental ou
tranquilidade de ánimo (ataraxia). O
maior transmisor da doutrina epicúrea
será o romano Lucrecio na súa obra
De rerum natura.
O EPICUREÍSMO
Como o obxectivo é a consecución da
felicidade, a ética converterase na
disciplina fundamental da filosofía. Os
epicúreos     defenden     unha     ética
hedonista, partindo da idea de que
todos os individuos buscan o pracer e
tentan evitar a dor. E como hai praceres
contrapostos, a cuestión consiste en
calcular cal é a máxima cantidade de
praceres compatibles.
O EPICUREÍSMO
Este cálculo desenvólvese como unha
economía do pracer, de xeito que o
máximo       pracer    se    consegue
moderando os impulsos pracenteiros,
renunciando a algún deles para acadar
outros maiores. Para iso, deben levar á
práctica os seus desexos.
O EPICUREÍSMO
Existen     desexos    naturais,   como    a
necesidade de comer para calmar a fame,
pero algúns individuos abandónanse á
procura de praceres que non son tan
necesarios: a busca de riquezas, a ansia de
gloria... A consecución destes desexos non
proporciona a anhelada felicidade, pois non
levan á tranquilidade do corpo nin da mente.
A moderación e o autodominio deben guiar a
elección dos praceres, pois só así
conseguiremos a paz interior.
O EPICUREÍSMO
Para completar os asuntos éticos, os
epicúreos botan man da física, pois só
coñecendo a natureza poden esvaerse os
temores que afectan a vida e impiden lograr
a ataraxia. Epicuro acepta a física atomista
para explicar a natureza. Existen átomos que
se moven no baleiro e que caen polo seu
peso verticalmente. Ás veces, e dun xeito
imprevisto, os átomos desvíanse (clinamen)
e chocan uns con outros formando corpos.
Como consecuencia, non debemos temer ao
destino, pois todo na natureza é puro azar.
O EPICUREÍSMO
Tampouco ten sentido temer aos
Deuses, pois eles non se entremeten
en ningún asunto humano ou natural.
Epicuro enfróntase así á relixión
tradicional grega. Os deuses existen
pero viven nunha total felicidade, co cal
non necesitan ocuparse das cousas do
mundo.
O EPICUREÍSMO
A física demostra tamén que é absurdo terlle
medo á morte. Como todos os seres, a alma
está composta de átomos materiais e polo
tanto é mortal. Non existe nada logo da morte
e, de feito, nese momento, tampouco
existiremos nós: cando a morte estea, nós xa
non estaremos, e se nós estamos, ela aínda
non. Tampouco hai que temer a dor, porque
aínda que non se poida evitar, é fácil de
soportar. Co cal nada hai que temer.
O EPICUREÍSMO
A filosofía complétase coa canónica
(lóxica), que nos permite comprobar
que o noso coñecemento é seguro, xa
que se ocupa de atopar un criterio de
verdade.     Epicuro     atópao     nas
sensacións: os datos que nos ofrecen
os sentidos son sempre verdadeiros e o
erro só pode aparecer nos xuízos que
facemos a partir dos datos sensibles.
O ESTOICISMO
O estoicismo nace nos pórticos de Atenas (na Stoa)
da man de Zenón de Citio (335-263 a.C.). A escola
pasou por varias etapas e acadou o seu máximo
esplendor no ámbito romano.
Froito da época na que nace, o obxectivo do
individuo estoico é a consecución da felicidade. Os
estoicos recollen o intelectualismo moral socrático-
platónico e identifican virtude e sabedoría. A virtude
é o único ben e o vicio o mal. Só o sabio pode ser
virtuoso, lograr o dominio das súas paixóns e vivir
conforme á natureza e á razón. Isto implica
amosarse indiferente ás emocións (apatía) para
salvagardar a propia vida.
O ESTOICISMO
A ética estoica atopa a súa xustificación na física. Os
estoicos afirman que o mundo é un grande
organismo con vida, dotado dun principio racional
que é razón seminal de todo o que existe e que rexe
o mundo. Este principio, semellante ao lume de
Heráclito, é o pneuma. Nun período de 300 séculos
todo se disolve e todo se rexenera no lume divino.
Este ciclo cósmico é o ciclo do eterno retorno, e polo
tanto, o Universo está sometido ás leis da
necesidade. Isto é o que coñece o sabio, que se
recoñece impotente para modificar o transcurso dos
acontecementos.
O ESTOICISMO
. Para salvarse, os individuos -o sabio- deben actuar en
conformidade coa orde necesaria do mundo. Por iso o
estoico propugna cumprir co deber, ou sexa, levar a
cabo aquelas accións que a razón amosa como
conformes á natureza. A alma humana é inmortal, pois
é un anaco desprendido do pneuma universal e por iso
a razón pode coñecer a estructura do universo.
O ESTOICISMO
Os estoicos son os creadores da lóxica
proposicional. A lóxica estoica dividíase en retórica
e dialéctica, e ocupábase do coñecemento e o recto
argumentar. Para os estoicos as impresións
sensibles non poden constituír o criterio de verdade,
pois o coñecemento existe cando rexeitamos ou
aceptamos esas sensacións logo da meditación. O
criterio de verdade está no asentimento consciente
da razón ao recoñecer a relación entre as imaxes
mentais creadas a partir da sensación e os obxectos
fóra de nós.
O ESTOICISMO
O estoicismo en Roma continúa coa busca da
vida boa, con Séneca (4 a. C.- 65 d. C.),
Epícteto (50-125 d. C.) e Marco Aurelio (121-
180 d. C.) como figuras principais. Acentúase
o sentido cosmopolita que xa aparecía no
mundo grego, ao sentir que existe un vínculo
entre todos os seres humanos. Ocuparanse
tamén de cuestións teolóxicas, co que
influirán no cristianismo.
O ESCÉPTICISMO
0 escepticismo nace como doutrina
elaborada con Pirrón de Elis (365-275 a.C.)
foi continuado polos últimos seguidores da
Academia platónica, Arcesilao e Carnéades, e
no mundo romano foi defendido por Sexto
Empírico fundamentalmente. Aparece cun
tinte moral, aínda que pronto se estenderá ao
ámbito do coñecemento. Os escépticos
atacaron     todo   tipo   de    dogmatismo,
especialmente o dogmatismo especulativo
dos estoicos.
O ESCÉPTICISMO
O escepticismo parte da idea de que non podemos
coñecer a realidade. Esta actitude é a consecuencia
que se desprende do decurso da Academia á morte de
Platón. O mundo das ideas xa non ten valor, e só
queda o mundo sensible. Como é unha realidade
cambiante, só podemos atopar nel un coñecemento
particular e subxectivo. De feito Platón necesitara do
mundo das ideas para cimentar un coñecemento
universal e necesario. Caído este mundo, derrúbase
tamén a posibilidade de epistéme.
O ESCÉPTICISMO
O sabio escéptico ve imposible expresar a verdade
(afasia) e debe suspender os seus xuízos (epojé) sobre
o mundo. Isto que vale para o coñecemento teórico é
imposible na vida cotiá, onde debemos decidir
continuamente que facer. Así, os valores éticos
recoñécense como individuais e subxectivos pero son
necesarios pan vivir en paz.
O FINAL DA FILOSOFÍA
ANTIGA
 En sentido estricto, a filosofía antiga remata co
 peche da Academia no 529 d C., co emperador
 Xustiniano, o que supón a implantación definitiva do
 cristianismo e o pensamento cristián. Mais xa desde
 había varios séculos a filosofía grega pasara ao
 mundo romano e o cristianismo convivía co
 pensamento racional. Esta convivencia supuxo o
 encontro das tradicións helénicas e xudías no mundo
 romano, o que impulsou unha revalorización das
 filosofías pitagóricas e platónicas, cercana ás
 concepcións místicas.
O FINAL DA FILOSOFÍA
ANTIGA
 No século III a. C. fúndase a Escola de Alexandría,
 que pretende traducir o Antigo Testamento ao grego.
 Dous séculos máis tarde, Filón de Alexandría tenta
 establecer unha síntese entre o platonismo, o
 estoicismo e a fe xudía.
O FINAL DA FILOSOFÍA
ANTIGA
 No ámbito máis estrictamente filosófico cómpre destacar para
 rematar a filosofía antiga, o rexurdimento que no século III d. C.
 terá o platonismo. Ammonio Sakka funda o neoplatonismo, que
 acadará o seu esplendor con Plotino. Este afirma que Un
 trascende a natureza, e a partir del, por medio dun proceso de
 emanación, derívase toda a realidade en tres niveis: cando o Un
 reflexiona sobre si mesmo xera intelecto; deste emana a alma
 do mundo e dela o mundo corpóreo. O ser humano practicando
 o ben e buscando a verdade pode fundirse no Un co goce do
 éxtase.
ARISTÓTELES (384-322)


6. Textos
6. Textos: comentario de texto obrigatorio

 3º comentario de texto obrigatorio:
 “Entón, o ceo e a natureza depende dun principio de tal
 natureza. E esa vida que tamén para nós é a máis
 excelente, pero que só nos é concedida por breve tempo,
 el vívea sempre, pois para el, a súa actividade é tamén
 gozo. O acto intelectual, que é por si mesmo, ten por
 obxecto o óptimo por si mesmo; o intelecto pénsase a si
 mesmo trocándose en intelixible, pois se fai intelixible no
 contacto e na intelixencia de si mesmo, por iso se
 identifican o intelecto e o intelixible […]. por iso, a
 actividade máis doce e máis excelente é a contemplación.
 E como o acto de comprender é vida, e el é acto, así, o
 acto puro Por si mesmo é óptima e eterna vida del. Por
 iso, dicimos que Deus é vivente, eterno, óptimo. Pois isto
 é Deus. Pero é evidente, tamén, que é impasible e
 inalterable.”
 ARISTÓTELES: Metafísica, XII, 9, pp. 1074-5.
6. Textos
  OS PRECEDENTES DA TEORÍA DAS CAUSAS
  “Estes [os filósofos anteriores], por conseguinte, só tocaron esta causa
[la causa material]; e outros, aquela de onde procede o principio do
movemento [a causa eficiente] (por exemplo, os que poñen como principio
a Amizade e o Odio ou o Entendemento ou o Amor). Pero a esencia e a
substancia [causa formal] ninguén as enunciou claramente, sendo os que
máis se aproximan os partidarios das Especies (pois nin consideran as
Especies como materia para as cousas sensibles nin o Un como materia
para as Especies, nin o principio do movemento como procedente delas -
pois din que máis ben son causas de inmobilidade e de quietude-, senón
que aducen as Especies como a esencia de cada unha das demáis
cousas, e o Un, como a esencia das Especies). E aquelo a causa do cal
se realizan as accións e os cambios e os movementos [causa final], o
chaman en certo modo causa, pero non o chaman expresamente causa
nin din que sexa causa no sentido en que por natureza o é. En efecto, os
que mencionan o Entendemento ou a Amizade, presentan como un ben
estas causas, pero non din que algún dos entes sexa ou se faga a causa
delas, senón que delas proceden os movementos. E, así mesmo, tamén
os que afirman que o Un ou o Ente son tal natureza, aseguran que son
causa da substancia, pero non que a causa deles sexa ou se faga; de
sorte que, en certo modo, ocúrrelles que din e non din que o Ben é causa;
pois non o din en sentido absoluto, senón accidental.
  ARISTÓTELES, Metafísica, I 7, 988 a - 988 b
6. Textos
 O PRIMEIRO MOTOR INMÓBIL:DEUS

        Hai tamén algo que move eternamente, e como hai tres
clases de seres, o que é movido, o que move, e o termo medio
entre o que é movido e o que move, é un ser que move sen ser
movido, ser eterno, esencia pura, e actualidade pura.
   Velaí cómo move. O desexable e o intelixible moven sen ser
movidos, e o primeiro desexable é idéntico ao primeiro
intelixible. Porque o obxecto do desexo é o que parece belo, e
o obxecto primeiro da vontade é o que é belo. Nós desexamos
unha cousa porque parécenos boa, e non nos parece tal
porque a desexamos: o principio aquí é o pensamento. Agora
ben; o pensamento é posto en movemento polo intelixible, e a
orden do desexable é intelixible en si e por si; e nesta orde a
esencia ocupa o primeiro lugar; e entre as esencias, a primeira
é a esencia simple e actual. Pero o un e o simple non son a
mesma cousa: o un designa unha medida común a moitos
seres; o simple é unha propiedade do mesmo ser.
6. Textos
 O PRIMEIRO MOTOR INMÓBIL: DEUS
 De esta maneira o belo en si e o desexable en si entran ambos na
orde do intelixible; e o que é primeiro é sempre excelente, xa
absolutamente, xa relativamente. A verdadeira causa final reside nos
seres inmóbiles, como o mostra a distinción establecida entre as
causas finais, porque hai a causa absoluta e a que non é absoluta. O
ser inmóbil move con obxecto do amor, e o que el move imprime o
movemento a todo o demáis. Logo en todo ser que se move hai
posibilidade de cambio. Se o movemento de traslación é o primeiro
movemento, e este movemento existe en acto, o ser que é movido
pode mudar, se no en canto á esencia, polo menos en canto ao lugar.
Pero desde o momento en que hai un ser que move, permanecendo
él inmóbil, aínda cando exista en acto, este ser non é susceptible de
ningún cambio. En efecto, o cambio primeiro é o movemento de
traslación, e o primeiro dos movementos de traslación é o
movemento circular.        O ser que imprime este movemento é o
motor inmóbil. O motor inmóbil é, pois, un ser necesario, e en tanto
que necesario, é o ben, e por conseguinte un principio, porque hai
varias acepcións da palabra necesario: hai a necesidade violenta, a
que coarta a nosa inclinación natural; despois a necesidade, que é a
condición do ben; e por último o necesario, que é o que é
absolutamente de tal maneira e non é susceptible de ser doutra.
6. Textos
 O PRIMEIRO MOTOR INMÓBIL:DEUS

(...) É evidente, conforme co que acabamos de dicir, que hai
unha esencia eterna, inmóbil e distinta dos obxectos
sensibles. Queda demostrado igualmente que esta esencia
non pode ter ningunha extensión, que non ten partes e é
indivisible. Ela move, en efecto, durante un tempo infinito. E
nada que sexa finito pode ter unha potencia infinita. Toda
extensión é finita ou infinita; por conseguinte, esta esencia
non pode ter unha extensión finita; e por outra parte, non ten
unha extensión infinita, porque non hai absolutamente
extensión infinita. Ademáis, finalmente, ela non admite
modificación nin alteración, porque tódolos movementos son
posteriores ao movemento no espacio.
 Aristóteles, Metafísica, Libro Duodécimo, VII
6. Textos
As formas de goberno: (Política, III 5, 1279 a-b)
  "Posto que réxime e goberno significan o mesmo, e goberno é o
elemento soberano das cidades, necesariamente será soberano ou un só,
ou poucos, ou a maioría; cando o un ou a minoría ou a maioría gobernan
atendendo ao interese común, eses reximenes serán necesariamente
rectos; pero os que exercen o mando atendendo ao interese particular do
un ou da minoría ou da masa son desviacións; porque, ou non se debe
chamar cidadáns aos que participan no goberno, ou deben participar nas
ventaxas da comunidade. Dos gobernos unipersonais solemos chamar
monarquía á que mira ao interese común; aristocracia ao goberno duns
poucos, pero máis dun, ben porque gobernan os mellores, ou ben porque
se propón o mellor para a cidade e para os que pertencen a ela. Cando a
maior parte é a que goberna atendendo ao interese común recibe o nome
común a tódolos rexímenes: república. E é así con razón, pois un só ou
uns poucos poden distinguirse pola súa excelencia; pero un número maior
é xa difícil que alcance a perfección en toda clase de virtude, pero pode
destacar especialmente na virtude guerreira, pois ista dase na masa. Por
elo precisamente neste réxime a clase combatente ten o poder supremo e
participan nel os que posúen as armas. As desviacións dos réximes
mencionados son: a tiranía da monarquía, a oligarquía da aristocracia e a
democracia da república. A tiranía é unha monarquía que atende ao
interese do monarca, a oligarquía ao interese dos ricos e a democracia ao
interese dos pobres; pero ningún deles atende ao proveito da
comunidade“.
ARISTÓTELES (384-322)


7. Glosario
7. Glosario
Accidentes
O que lle corresponde a algo
continxentemente por non estar
comprendido na súa esencia, aquelo
que lle pertence a un ser de tal xeito
que o pode perder sen chegar a
aniquilarse.
7. Glosario
Acto
O ser actual, a realidade do ser.

Acto Puro
Deus.
7. Glosario
Alma
Principio de vida nos seres vivos.

Alma Intelectiva
Parte máis elevada da alma humana.

Alma Sensitiva
Presente nos animais e os homes, a alma sensitiva permite o
coñecemento inferior ou sensible (a percepción), o apetito inferior (o
desexos e apetitos que teñen que ver co corpo como o desexo sexua
ou as gañas de comer) e movemento local.

Alma Vexetativa
Presente nas prantas, os animais e os homes, permite as actividades
vitais máis básicas como a reproducción, o crecemento e a
nutrición.
7. Glosario
Causa
Factor ou principio do que depende unha
cousa.

Ciencia
En grego “epistéme”. É o saber das
relacións necesarias existentes entre as
cousas. A diferencia do Noûs, é un saber
discursivo ou demostrativo.
7. Glosario
Entendemento Axente
Ou intelecto axente. Parte da alma
grazas á cal é posible alcanzar a
ciencia.
Esencia
O que teñen os seres concretos de
estable e intelixible; a natureza ou
rasgos que fan de algo o que é e non
outra cousa.
7. Glosario
Eudemonismo
Enténdese por "eudemonismo" toda
teoría ética que identifica a felicidade
co Sumo Ben.

Forma
Conxunto de rasgos característicos
dun obxecto.
7. Glosario
Materia
A realidade da que está feita uhna cousa.

Materia Prima o primeira
Ou materia primeira. Materia sen forma algunha.
Non é perceptible polos sentidos e é o substrato
último do cambio sustancial.

Materia Segunda
Materia con forma determinada (por exemplo, o
mármore dunha estatua de mármore).
7. Glosario
Movemento
Calquera tipo de cambio ou modificación
que poda sufrir unha sustancia.

Potencia
Poder para exercer unha transformación
nun obxecto ou disposición para poder
chegar a ser algo.
7. Glosario
Primeiro Motor
Deus

Substancia
Ou sustancia. O ser independente do cal se predican os
atributos.

Substancias Primeiras
As sustancias primeiras son os suxeitos individuais,
suxeitos compostos de materia e forma.

Substancias Segundas
Ou os xéneros e as especies.
7. Glosario
Teleoloxía
Doutrina que considera indispensable para a comprensión da
realidade a referencia aos fins ou motivos polos que ocurre
algo.

Teoría Hilemórfica
Teoría aristotélica segundo a cal tódolos seres sensibles ou
perceptibles (tanto os naturais como os artificiais) compóñense
de materia (hylé) e forma (morphé).

Virtude
Hábito selectivo que consiste nun termo medio relativo a nós,
determinado pola razón e por aquela pola cal decidiría o home
prudente. En latín “virtus”, en grego “areté”. Para Aristóteles a
virtude é unha "excelencia engadida a algo como perfección".
ARISTÓTELES (384-322)


8. Bibliografía
8. Bibliografía

Bibliografía de Aristóteles
recomendada:
-Aristóteles, Ética nicomaquea, Editorial
Gredos, Madrid, 2003.
-Aristóteles, Política, Editorial Gredos,
Madrid, 1995.
8. Bibliografía

Bibliografía                   secundaria
recomendada:
 -Montoya, J.; Conill, J., Aristóteles:
 Sabiduría     y      Felicidad,    Ediciones
 Pedagógicas, Madrid, 1985.
 -Soto, Luis G., Aristóteles, Baía edicións, A
 Coruña, 2003.
ARISTÓTELES (384-322)


9. Páxinas web
   recomendadas
9. Páxinas web recomendadas

Para ampliar información sobre Aristóteles, e realizar
exercicios, test e cazatesoros:
http://gl.wikipedia.org/wiki/Arist%C3%B3teles
http://www.e-torredebabel.com/Historia-de-la-
filosofia/Filosofiagriega/Aristoteles/Principal-
Aristoteles.htm
http://www.cibernous.com/autores/aristoteles/
http://www.webdianoia.com/aristoteles/aristoteles.ht
m
http://recursos.cnice.mec.es/filosofia/f2ruta1.php?id_r
uta=17&id_etapa=101&id_autor=2
http://www.boulesis.com/
ARISTÓTELES (384-322)


10. Exames de
   selectividade
10. Exames de selectividade
10. Exames de selectividade
10. Exames de selectividade
10. Exames de selectividade
ARISTÓTELES (384-322)


11. Recursos
   audiovisuais
11. Recursos audiovisuais



Título: Alejandro Magno. Dirixida por
Oliver Stone, 2004.

Mais conteúdo relacionado

Mais procurados (16)

Platon
PlatonPlaton
Platon
 
1. O saber filosófico
1. O saber filosófico1. O saber filosófico
1. O saber filosófico
 
Filosofía Antiga por Andrea Salgado
Filosofía Antiga por Andrea SalgadoFilosofía Antiga por Andrea Salgado
Filosofía Antiga por Andrea Salgado
 
6. Aristóteles, comprensión
6. Aristóteles, comprensión6. Aristóteles, comprensión
6. Aristóteles, comprensión
 
Programación Historia da Filosofía
Programación Historia da FilosofíaProgramación Historia da Filosofía
Programación Historia da Filosofía
 
Descartes
DescartesDescartes
Descartes
 
Métodos filosóficos
Métodos filosóficosMétodos filosóficos
Métodos filosóficos
 
4. Aristóteles marco histórico
4. Aristóteles marco histórico4. Aristóteles marco histórico
4. Aristóteles marco histórico
 
Cristianismo e helenismo
Cristianismo e helenismoCristianismo e helenismo
Cristianismo e helenismo
 
Historia da filosofia presentación da materia
Historia da filosofia   presentación da materiaHistoria da filosofia   presentación da materia
Historia da filosofia presentación da materia
 
5. Aristóteles, vida e obra
5. Aristóteles, vida e obra5. Aristóteles, vida e obra
5. Aristóteles, vida e obra
 
El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez
El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede RodríguezEl mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez
El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez
 
Guia da exposición filocomic
Guia da exposición filocomicGuia da exposición filocomic
Guia da exposición filocomic
 
Tema 2. As preguntas da Filosofía.
Tema 2. As preguntas da Filosofía.Tema 2. As preguntas da Filosofía.
Tema 2. As preguntas da Filosofía.
 
3. platon comprensión
3. platon comprensión3. platon comprensión
3. platon comprensión
 
Unidade 4
Unidade 4Unidade 4
Unidade 4
 

Semelhante a Aristóteles (384-322 a. C.)

Aristóteles (384-322 a.C.)
Aristóteles (384-322 a.C.)Aristóteles (384-322 a.C.)
Aristóteles (384-322 a.C.)nieveslopez
 
Aristóteles (384-322 a.C.)
Aristóteles (384-322 a.C.)Aristóteles (384-322 a.C.)
Aristóteles (384-322 a.C.)nieveslopez
 
2. PLATON vidaobras
2. PLATON vidaobras2. PLATON vidaobras
2. PLATON vidaobrasAfrica Lopez
 
Platón e a Teoría das Ideas
Platón e a Teoría das IdeasPlatón e a Teoría das Ideas
Platón e a Teoría das Ideaspepecelta
 
Platón e a Teoría das Ideas
Platón e a Teoría das IdeasPlatón e a Teoría das Ideas
Platón e a Teoría das Ideaspepecelta
 
Platón. O mito da caverna 1
Platón. O mito da caverna 1Platón. O mito da caverna 1
Platón. O mito da caverna 1honomastico
 
Tema 1 hª fil grega 1
Tema 1 hª fil grega 1Tema 1 hª fil grega 1
Tema 1 hª fil grega 1xcabido
 
2. Historicidade dos códigos morais
2. Historicidade dos códigos morais 2. Historicidade dos códigos morais
2. Historicidade dos códigos morais Africa Lopez
 
Esquema de aristóteles
Esquema de aristótelesEsquema de aristóteles
Esquema de aristótelesvaldexeadas
 
Sofistas e socrates
Sofistas e socratesSofistas e socrates
Sofistas e socratesEva Garea
 
Esquema aristóteles
Esquema aristótelesEsquema aristóteles
Esquema aristótelesvaldexeadas
 
Os científicos e o método científico
Os científicos e o método científicoOs científicos e o método científico
Os científicos e o método científicoconchiciencias
 
ESQUEMA ARISTÓTELES
ESQUEMA ARISTÓTELESESQUEMA ARISTÓTELES
ESQUEMA ARISTÓTELESvaldexeadas
 
Esquema presocráticos
Esquema presocráticos Esquema presocráticos
Esquema presocráticos Manumotoclub
 
Ud 0 final juani
Ud 0 final juaniUd 0 final juani
Ud 0 final juanijuanapardo
 

Semelhante a Aristóteles (384-322 a. C.) (20)

Aristóteles (384-322 a.C.)
Aristóteles (384-322 a.C.)Aristóteles (384-322 a.C.)
Aristóteles (384-322 a.C.)
 
Aristóteles (384-322 a.C.)
Aristóteles (384-322 a.C.)Aristóteles (384-322 a.C.)
Aristóteles (384-322 a.C.)
 
2. PLATON vidaobras
2. PLATON vidaobras2. PLATON vidaobras
2. PLATON vidaobras
 
Platón e a Teoría das Ideas
Platón e a Teoría das IdeasPlatón e a Teoría das Ideas
Platón e a Teoría das Ideas
 
Platón e a Teoría das Ideas
Platón e a Teoría das IdeasPlatón e a Teoría das Ideas
Platón e a Teoría das Ideas
 
Platón. O mito da caverna 1
Platón. O mito da caverna 1Platón. O mito da caverna 1
Platón. O mito da caverna 1
 
Tema 1 hª fil grega 1
Tema 1 hª fil grega 1Tema 1 hª fil grega 1
Tema 1 hª fil grega 1
 
2. Historicidade dos códigos morais
2. Historicidade dos códigos morais 2. Historicidade dos códigos morais
2. Historicidade dos códigos morais
 
Esquema de aristóteles
Esquema de aristótelesEsquema de aristóteles
Esquema de aristóteles
 
Esquema meu
Esquema meuEsquema meu
Esquema meu
 
Sofistas e socrates
Sofistas e socratesSofistas e socrates
Sofistas e socrates
 
Esquema aristóteles
Esquema aristótelesEsquema aristóteles
Esquema aristóteles
 
Diversidade seres vivos
Diversidade seres vivosDiversidade seres vivos
Diversidade seres vivos
 
Os científicos e o método científico
Os científicos e o método científicoOs científicos e o método científico
Os científicos e o método científico
 
04 aristóteles
04 aristóteles04 aristóteles
04 aristóteles
 
ESQUEMA ARISTÓTELES
ESQUEMA ARISTÓTELESESQUEMA ARISTÓTELES
ESQUEMA ARISTÓTELES
 
Esquema presocráticos
Esquema presocráticos Esquema presocráticos
Esquema presocráticos
 
Eagleton, o debuxo dun círculo marxista
Eagleton, o debuxo dun círculo marxistaEagleton, o debuxo dun círculo marxista
Eagleton, o debuxo dun círculo marxista
 
Diversidade seres vivos 2013
Diversidade seres vivos 2013Diversidade seres vivos 2013
Diversidade seres vivos 2013
 
Ud 0 final juani
Ud 0 final juaniUd 0 final juani
Ud 0 final juani
 

Mais de nieveslopez

Unha dieta saudable
Unha dieta saudableUnha dieta saudable
Unha dieta saudablenieveslopez
 
Enquisa alimentación final
Enquisa alimentación finalEnquisa alimentación final
Enquisa alimentación finalnieveslopez
 
A orixe do estado
A orixe do estadoA orixe do estado
A orixe do estadonieveslopez
 
Unidade 4 As sociedades igualitarias
Unidade 4 As sociedades igualitariasUnidade 4 As sociedades igualitarias
Unidade 4 As sociedades igualitariasnieveslopez
 
Unidade 3 Modelos de subsistencia
Unidade 3 Modelos de subsistenciaUnidade 3 Modelos de subsistencia
Unidade 3 Modelos de subsistencianieveslopez
 
Unidade 2 As relación de parentesco
Unidade 2 As relación de parentescoUnidade 2 As relación de parentesco
Unidade 2 As relación de parentesconieveslopez
 
Unidade 8 Que é a cultura
Unidade 8 Que é a culturaUnidade 8 Que é a cultura
Unidade 8 Que é a culturanieveslopez
 
Unidade 7 Dominados polos xenes
Unidade 7 Dominados polos xenesUnidade 7 Dominados polos xenes
Unidade 7 Dominados polos xenesnieveslopez
 
Unidade 6 A evolución, cousa de mulleres
Unidade 6 A evolución, cousa de mulleresUnidade 6 A evolución, cousa de mulleres
Unidade 6 A evolución, cousa de mulleresnieveslopez
 
Unidade 5 Por que comemos de máis?
Unidade 5 Por que comemos de máis?Unidade 5 Por que comemos de máis?
Unidade 5 Por que comemos de máis?nieveslopez
 
Unidade 3 Mellores brancos ou negros?
Unidade 3 Mellores brancos ou negros?Unidade 3 Mellores brancos ou negros?
Unidade 3 Mellores brancos ou negros?nieveslopez
 
Unidade 4 por que somos máis listos
Unidade 4 por que somos máis listosUnidade 4 por que somos máis listos
Unidade 4 por que somos máis listosnieveslopez
 
Unidade 2 Bipedismo
Unidade 2 BipedismoUnidade 2 Bipedismo
Unidade 2 Bipedismonieveslopez
 
Unidade 1 As orixes do ser humano
Unidade 1 As orixes do ser humanoUnidade 1 As orixes do ser humano
Unidade 1 As orixes do ser humanonieveslopez
 
Que é a Antropoloxía
Que é a AntropoloxíaQue é a Antropoloxía
Que é a Antropoloxíanieveslopez
 
Person, family, society
Person, family, societyPerson, family, society
Person, family, societynieveslopez
 
Unidade 5 natureza e cultura final
Unidade 5 natureza e cultura finalUnidade 5 natureza e cultura final
Unidade 5 natureza e cultura finalnieveslopez
 

Mais de nieveslopez (20)

Unha dieta saudable
Unha dieta saudableUnha dieta saudable
Unha dieta saudable
 
Ficha 2
Ficha 2Ficha 2
Ficha 2
 
Enquisa alimentación final
Enquisa alimentación finalEnquisa alimentación final
Enquisa alimentación final
 
Unit Democracy
Unit DemocracyUnit Democracy
Unit Democracy
 
A orixe do estado
A orixe do estadoA orixe do estado
A orixe do estado
 
Unidade 4 As sociedades igualitarias
Unidade 4 As sociedades igualitariasUnidade 4 As sociedades igualitarias
Unidade 4 As sociedades igualitarias
 
Unidade 3 Modelos de subsistencia
Unidade 3 Modelos de subsistenciaUnidade 3 Modelos de subsistencia
Unidade 3 Modelos de subsistencia
 
Unidade 2 As relación de parentesco
Unidade 2 As relación de parentescoUnidade 2 As relación de parentesco
Unidade 2 As relación de parentesco
 
Unidade 8 Que é a cultura
Unidade 8 Que é a culturaUnidade 8 Que é a cultura
Unidade 8 Que é a cultura
 
Unidade 7 Dominados polos xenes
Unidade 7 Dominados polos xenesUnidade 7 Dominados polos xenes
Unidade 7 Dominados polos xenes
 
Unidade 6 A evolución, cousa de mulleres
Unidade 6 A evolución, cousa de mulleresUnidade 6 A evolución, cousa de mulleres
Unidade 6 A evolución, cousa de mulleres
 
Unidade 5 Por que comemos de máis?
Unidade 5 Por que comemos de máis?Unidade 5 Por que comemos de máis?
Unidade 5 Por que comemos de máis?
 
Unidade 3 Mellores brancos ou negros?
Unidade 3 Mellores brancos ou negros?Unidade 3 Mellores brancos ou negros?
Unidade 3 Mellores brancos ou negros?
 
Unidade 4 por que somos máis listos
Unidade 4 por que somos máis listosUnidade 4 por que somos máis listos
Unidade 4 por que somos máis listos
 
Unidade 2 Bipedismo
Unidade 2 BipedismoUnidade 2 Bipedismo
Unidade 2 Bipedismo
 
Unidade 1 As orixes do ser humano
Unidade 1 As orixes do ser humanoUnidade 1 As orixes do ser humano
Unidade 1 As orixes do ser humano
 
Que é a Antropoloxía
Que é a AntropoloxíaQue é a Antropoloxía
Que é a Antropoloxía
 
Antropoloxía
AntropoloxíaAntropoloxía
Antropoloxía
 
Person, family, society
Person, family, societyPerson, family, society
Person, family, society
 
Unidade 5 natureza e cultura final
Unidade 5 natureza e cultura finalUnidade 5 natureza e cultura final
Unidade 5 natureza e cultura final
 

Último

XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelcenlf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaAgrela Elvixeo
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 

Último (7)

XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 

Aristóteles (384-322 a. C.)

  • 2. ARISTÓTELES (384-322) 0. Introducción 1. Contexto histórico 2. Biografía 3. Obra 4. Influencias: semellanzas e diferencias con Platón 5. Pensamento 6. Textos 7. Glosario 8. Bibliografía 9. Páxinas web recomendadas 10. Exames de selectividade 11. Recursos audiovisuais
  • 4. 0. Introducción Aristóteles (384-322 a.C.) ofrécenos un dos sistemas filosóficos máis completos e profundos do pensamiento antigo. A súa reflexión ocupouse de tódalas áreas principais da filosofía (metafísica, filosofía da natureza, teoría do coñecemento, lóxica, antropoloxía, ética, política, estética...) e en tódolos eidos, anque influido polo seu mestre Platón, fixo aportacións orixinais.
  • 5. 0. Introducción A filosofía de Aristóteles (e a súa expresión cristián na filosofía de Tomé de Aquino) dominará o pensamento occidental, tanto filosófico como científico, ata a aparición dos novos sistemas no Renacemento (Galileo) e a Idade Moderna (racionalismo, empirismo, Kant), sen que estas novas filosofías, sen embargo supoñan a desaparición completa da idea do mundo e dos conceptos básicos propostos 2.000 anos antes por Platón e Aristóteles Aristóteles. segundo Rafael
  • 7. 1. Contexto histórico Aristóteles vive no mesmo marco histórico que o seu mestre Platón, pois 43 anos os separan. Aristóteles vive a época de esplendor e decadencia da pólis O Partenón, símbolo ateniense. do esplendor da pólis ateniense
  • 8. 1. Contexto histórico Mais Atenas caerá dentro do dominio da pólis macedónica de Alexandre Magno, ao igual que o resto das pólis que compoñían a Hélade. Aristóteles fora mestre de Alexandre. A morte do rei macedónico marca o tránsito entre a época clásica á época Alexandre Magno helenística, onde aparecen (353-323) outros valores políticos, sociais e culturais.
  • 11. ARISTÓTELES (384-322) 384. Nace en Estaxira, fillo de Nicómaco. O seu pai era o médico oficial da corte macedonia en Pela.
  • 12. ARISTÓTELES (384-322) 367. Viaxa a Atenas e ingresa na Academia platónica, onde permanecerá vinte anos. A Academia de Platón
  • 13. ARISTÓTELES (384-322) 347. Morre Platón. Marcha de Atenas para Asos e funda alí unha escola coa axuda do tirano Hermias. Logo vai a Mitilene, na illa de Lesbos, onde realiza estudios sobre a natureza con Teofrasto. Teofrasto, sucesor de Aristóteles na escola peripatética
  • 14. ARISTÓTELES (384-322) 343. Reclamado polo rei macedonio Filipo II para ser preceptor do seu fillo Alexandre, futuro Alexandre Magno. Alexandre Magno
  • 15. ARISTÓTELES (384-322) 335. Volta a Atenas e funda o Liceo, escola que se convertirá na grande rival da Academia platónica. A costume de impartir as clases dando un paseo polo redor dos xardíns fará que os seus membros sexan coñecidos como peripatéticos (de paseo).
  • 16. ARISTÓTELES (384-322) 323. Trala morte de Alexandre Magno, prodúcese unha revolta antimacedónica en Atenas. Aristóteles é acusado de Aristóteles dando clase a impiedade. Alexandre. Os seus contacto coa corte de Macedonia foi vital na súa acusación
  • 17. ARISTÓTELES (384-322) 322. Morre en Calcis, a onde marchara desde Atenas. A dirección do Liceo recaeu en Teofrasto. Teofrasto
  • 19. OBRA ARISTOTÉLICA Os seus escritos divídense en dous grandes grupos: 1. ESCRITOS EXOTÉRICOS. 2. ESCRITOS ESOTÉRICOS.
  • 20. OBRA ARISTOTÉLICA 1. ESCRITOS EXOTÉRICOS. Escritas durante os 20 anos que pasou na Academia platónica, presentan unha enorme débeda co seu mestre tanto na forma coma no contido. Na forma: trátase de DIÁLOGOS. No contido: defenden a teoría eidética do mestre en maior ou menor medida, así como a súa concepción do saber.
  • 21. OBRA ARISTOTÉLICA 1. ESCRITOS EXOTÉRICOS. NON OS CONSERVAMOS (apenas fragmentos e títulos das obras) e estaban destiñados ao gran PÚBLICO. Son: Grillo ou da retórica, Eudemo ou da alma, Protéptico e da filosofía, Verbo das Ideas, Verbo da Filosofía.
  • 22. OBRA ARISTOTÉLICA 2. ESCRITOS ESOTÉRICOS. SON OS QUE CONSERVAMOS; constitúen a base da actividade didáctica de Aristóteles, e polo tanto estaban destiñados a úso interno da escola. Chegaron ata nós a maior parte das obras da escola que versan sobre toda a problemática filosófica e sobre algunhas pónlas das ciencias.
  • 23. OBRA ARISTOTÉLICA 2. ESCRITOS ESOTÉRICOS. A clasificación destas obras debémola a Andrónico de Rodas, daquela o director do Liceo (s. I a. C.), que as englobou por temas e os publicou.
  • 24. OBRA ARISTOTÉLICA 2. ESCRITOS ESOTÉRICOS. Así, temos: 1.Uns tratados sobre lóxica, o ORGANON, composto polas obras: Categorías, Tópicos, Refutación Sofísticas, Verbo a interpretación, Analíticos Primeiros, Analíticos Segundos.
  • 25. OBRA ARISTOTÉLICA 2. ESCRITOS ESOTÉRICOS. 2.Uns tratados sobre Física e Bioloxía: Física, Verbo do Ceo, Verbo da xeración e a corrupción, Metereoloxía, Historia dos animais,Verbo da Alma. 3. Un tratado de Metafísica ou Filosofía Primeira: Metafísica.
  • 26. OBRA ARISTOTÉLICA 2. ESCRITOS ESOTÉRICOS. 4.Uns tratados sobre Ética e Política: Ética a Eudemo, Ética a Nicómaco, Política. 5. Uns tratados sobre Teoría da Arte: Poética, Retórica.
  • 27. ARISTÓTELES (384-322) 4. Influencias: semellanzas e diferencias con Platón
  • 28. 3. Semellanzas e diferencias con Platón Diferencias coa concepción platónica: 1. Aristóteles abandonou o ELEMENTO MÍSTICO- RELIXIOSO- ESCATOLÓXICO para proceder a un DISCURSO FILOSÓFICO máis RIGUROSO. 2. Platón interesouse polas CIENCIAS MATEMÁTICAS (como os pitagóricos), pero non polas empíricas (agás a medicina). Aristóteles mostrou un interese moi vivo por case tódalas CIENCIAS EMPÍRICAS (e escaso aprecio polas matemáticas) e polos fenómenos en canto tales.
  • 29. 3. Semellanzas e diferencias con Platón Diferencias coa concepción platónica: 3. Os diálogos platónicos son APORÉTICOS, a filosofía enténdese como unha busca sen pausa. Aristóteles emprende unha orgánica SISTEMATIZACIÓN das diversas aportacións, cunha clara distinción entre TEMAS e PROBLEMAS. 4. Rexeita a DIALÉCTICA platónica por considerar que non é un proceder do necesario, senón do posible. Aboga pola DEMOSTRACIÓN que ten como esquema o SILOXISMO.
  • 30. 3. Semellanzas e diferencias con Platón Diferencias coa concepción platónica: 5. Manteñen unha distinta concepción e valoración da phýsis: se os sofistas relegan a natureza como centro de atención da filosofía, Platón faina ocupar un segundo plano na realidade, por debaixo do MUNDO DAS IDEAS na que radica o Ser, a realidade plena. Con Aristóteles a natureza volta a ter un papel central no pensamento e prodúcese unha nova definición do que se entende por tal.
  • 31. 3. Semellanzas e diferencias con Platón Diferencias coa concepción platónica: 6. Rexeitamento da teoría das ideas: Rexeita que as ideas estén separadas das cousas (sexan tanscendentes a istas).Platón non consigue explicar nin a relación das ideas coas cousas sensibles, nin a xénese delas. Rexeita a teoría polo tipo de ideas que hai: Se para cada cousa ten que haber unha idea correspondente tamén existirán as Ideas de Relación (logo pérdese a unicidade da solución platónica); terá que haber ideas do positivo e do negativo. Polo tanto duplícanse os problemas a resolver. Aristóteles sostén que O SER DAS COUSAS, A SÚA ESENCIA, non está nas Ideas, nun mundo transcendente, senón NESTE MUNDO, NO MUNDO FÍSICO, SENSIBLE; e o SER por excelencia, a auténtica realidade, é concebida como SUSTANCIA, que se vai concretar na noción clave da súa filosofía.
  • 32. 3. Semellanzas e diferencias con Platón Semellanzas coa concepción platónica: 1. Comparten a CONCEPCIÓN DO COÑECEMENTO como COÑECEMENTO DO UNIVERSAL, e a identificación deste universal como principio das cousas. 2. Céntrase no MUNDO DAS “COUSAS” INDIVIDUAIS (non da totalidade), e trata de explicar en QUE RESIDE O SER DESTAS, A SÚA ESENCIA (Sócrates: definicións universais; Platón: Ideas; Aristóteles: a forma). 3. A transcendencia e INMORTALIDADE do entendemento axente. 4. A superioridade da VIDA CONTEMPLATIVA. 5. A superioridade da METAFÍSICA sobre a física. 6. O vínculo da ÉTICA COA POLÍTICA.
  • 34. 4. Clasificación das ciencias A CIENCIA é o saber do UNIVERSAL e o NECESARIO. Clasifícaas en: Ciencias do Teóricas Matemáticas Necesario (describen a Física ou Filosofía (son as ciencias esenciadas cousas) Natural en senso pleno) Filosofía 1ª (Metafísica) Ética e Política Prácticas Ciencias do (tratan da conducta humana e das súas Posible accións) (tratan de aquel tipo de obxectos Poesía, retórica, que poden darse Poéticas (de gramática, arquitectura, ou non) “poiesis”, facer; tratan do relacionado coa medicina, zapatería,... producción) A LÓXICA é anterior a todas
  • 36. 5. A LÓXICA A Lóxica non é propiamente unha ciencia (non aparece na clasificación destas), senón un instrumento (organon) racional ao servicio das demais ciencias. A lóxica aristotélica non é puramente formal, é dicir,non é un estudio das formas do pensar con independencia da realidade, pois non está separada da Metafísica:describe ao mesmo tempo as estructuras do razoamento correcto e as estructuras da realidade.
  • 37. 5. A LÓXICA Aristóteles é o fundador da lóxica como disciplina, como estudio sistemático do razoamento.
  • 38. 5. A LÓXICA A Lóxica aristotélica comprende: 1.Unha teoría dos enunciados, na que explica de que xeito construímos as nosas expresións lingüísticas. 2. Unha teoría dos razoamentos na que di en que forma podemos asegurar a corrección das nosas deduccións e induccións: os siloxismos. 3. Unha teoría das categorías, que estudia os diversos significados da noción do ser, facendo unha clasificación dos seres en función dos xéneros supremos.
  • 39. 5. A LÓXICA 1. Unha teoría dos enunciados: Aristóteles estudia os enunciados en Verbo da interpretación. O obxecto deste tratado é o discurso apofántico ou declarativo, é dicir, aquela forma de discurso que desvea, que amosa ás claras algunha faceta ou modo de ser da cousa de que se fala.Mostrar abertamente, en toques de ocultar: este é o sentido do verbo apophaínein. A apóphansis consiste en mostrar algo como algo. Isto é o que fan os enunciados declarativos.
  • 40. 5. A LÓXICA 1. Unha teoría dos enunciados: O discurso apofántico, o enunciado, pode ser afirmativo ou negativo, universal ou particular. Logo esta clasificación dá lugar a catro tipos de enunciados: 1) Universais Afirmativos. 2) Universais Negativos. 3) Particulares Afirmativos. 4) Particulares Negativos.
  • 41. 5. A LÓXICA 1. Unha teoría dos enunciados: A ”Todo A é B”----contrarias--------------E “Ningún A é B” (universal afirmativo) (universal negativo) (Todo home é honrado) (Ningún home é honrado) subalternas contradictorias subalternas I “Algún A é B”------subcontrarias---------O “Algún A non é B” (particular afirmativo) (particular negativo) (Algún home é honrado) (Algún home non é honrado)
  • 42. 5. A LÓXICA 1. Unha teoría dos enunciados: Relaciónanse loxicamente: Entre (A) e (O) e entre (E) e (I) hai CONTRADICCIÓN.Unha é a simple negación da outra; se unha é verdadeira, a outra é falsa e viceversa. Entre (A) e (E) hai CONTRARIEDADE. Non poden ser á vez verdadeiras, pero poden ser á vez falsas. Entre (I) e (O) SUBCONTRARIEDADE. Non poden ser falsas á vez, pero si poden ser simultaneamente verdadeiras. Entre (A) a (I), e de (E) a (O) SUBALTERNIDADE. Se a universal é verdadeira, tamén é o a particular; se a particular é falsa, tamén é o a universal, pero non ao revés.
  • 43. 5. A LÓXICA 2. Unha teoría dos razoamentos: Na terminoloxía aristotélica “razoar” dise syllogízesthai e “razoamento” dise syllogismós, ou sexa, siloxismo. O siloxismo ou razoamento é “un discurso no cal, unha vez postas certas cousas, necesariamente resulta, a través de cousas establecidas, algo que é distinto das cousas establecidas”. As cousas “postas” son as premisas, e o que resulta necesariamente a conclusión.
  • 44. 5. A LÓXICA 2. Unha teoría dos razoamentos: Un exemplo: Tódolos vexetais son vivintes e Premisas Tódolos pinos son vexetais, Conclusión Tódolos pinos son vivintes Tanto as dúas premisas como a conclusión son proposicións ou enunciados. As proposicións están, a súa vez, compostas de termos: “vexetal”, “vivinte” e “pino”.
  • 45. 5. A LÓXICA 2. Unha teoría dos razoamentos: En todo siloxismo hai tres termos: 1. O suxeito. 2. O predicado da conclusión. 3. O termo medio. A función do termo medio é a que determina as figuras do siloxismo. No exemplo anterior: Tódolos vexetais son vivintes e MéP Premisas Tódolos pinos son vexetais, SéM Conclusión Tódolos pinos son vivintes SéP Este é o modelo da PRIMEIRA FIGURA
  • 46. 5. A LÓXICA 2. Unha teoría dos razoamentos: Aristóteles distingue tres figuras: Primeira figura Segunda figura Terceira figura MéP PéM MéP SéM SéM MéS SéP SéP SéP
  • 47. 5. A LÓXICA 2. Unha teoría dos razoamentos: Ademais das figuras do siloxismo constrúe unha teoría do razoamento válido cos distintos modos posibles do mesmo atendendo á cantidade (universal, particular) e á cualidade (afirmativo, negativo) dos enunciados que se utilicen.Os lóxicos medievais resumiron os modos válidos coas seguintes regras mnemotécnicas: PRIMEIRA FIGURA SEGUNDA FIGURA TERCEIRA FIGURA Barbara Cesare Darapti Celarent Camestres Felapton Darii Festino Disamis Ferio Baroco Datisi Bocardo Ferison 4 + 4 + 6 = 14 modos válidos
  • 48. 5. A LÓXICA 2. Unha teoría dos razoamentos: Unha teoría formal do razoamento que, no esencial, permanecerá inalterada e insuperada durante séculos, ate o desenrolo contemporáneo da lóxica a partir do s. XIX.
  • 49. 5. A LÓXICA 3. Unha teoría das categorías: A proposición non é unha locución simple. Posúe unha estructura complexa consistente na combinación de dous termos ou locucións simples: así, o enunciado “os vexetais son vivintes” resulta da unión dos termos “vexetal” e “vivinte”.
  • 50. 5. A LÓXICA 3. Unha teoría das categorías: Ao estudio dos termos ou locucións simples está adicado o libro Categorías. Aristóteles clasifica os termos en dez xéneros ou grandes grupos: entidade (sustancia, ousía), cantidade, cualidade,relación, lugar, tempo, posición en que algo se atopa, estado no que algo está, acción e paixón.
  • 51. 5. A LÓXICA 3. Unha teoría das categorías: Categorías Substancia (suxeito) Accidentes ou atributos (predicados) (exemplo: Sócrates, Cantidade (exemplo: de dous metros) unha mesa) Calidade (exemplo: branco, bo, belo) Relación (exemplo: dobre, medio, maior,...) Lugar (exemplo: na casa, na ágora,...) Tempo (exemplo: onte, hoxe, nunca,...) Situación (exemplo: ergueito, deitado,...) Posesión ou condición (exemplo: estar armado,...) Acción (exemplo: “cortar”, “queimar”,...) Paixón (exemplo: “ser cortado”, “ser quemado”)
  • 52. 5. A LÓXICA 3. Unha teoría das categorías: Aristóteles concede unha prioridade absoluta á categoría primeira, a da entidade ou sustancia (ousía). As entidades son o eixe sobre o que xira a linguaxe, o núcleo ao que se orienta e remite o discurso. Cando o suxeito é unha entidade primeira, un individuo, só os predicados pertencentes á categoría de entidade din ou amosan qué é o suxeito. Tratándose deste tipo de suxeito, os predicados da categoría primeira exhiben aspectos esenciais do seu ser, amosan a súa esencia. Pola contra, os predicados pertencentes a tódalas demais categorías exhiben rasgos non esenciais, exhiben os seus accidentes.
  • 54. ARISTÓTELES (384-322) 6. FÍSICA 6.1 A NOCIÓN ARISTOTÉLICA DE PHÝSIS 6.2 A COSMOLOXÍA 6.3 A SICOLOXÍA 6.4 O COÑECEMENTO E AS CIENCIAS
  • 55. 6. A FÍSICA 6.1 A NOCIÓN ARISTOTÉLICA DE PHÝSIS Se para Platón o estudio da natureza foi un tema secundario, por non tratarse da verdadeira realidade, para Aristóteles é un tema central. Neste aspecto é continuador dos presocráticos. Aristóteles define a natureza (phýsis) como principio interno do movemento que se dá nos seres naturais. Comprender, pois, a natureza consiste en explicar o cambio e o movemento.
  • 56. 6. A FÍSICA 6.1 A NOCIÓN ARISTOTÉLICA DE PHÝSIS Aristóteles distingue tres clases de seres: 1. SERES NATURAIS 2. SERES ARTIFICIAIS 3. SERES AZAROSOS
  • 57. 6. A FÍSICA 6.1 A NOCIÓN ARISTOTÉLICA DE PHÝSIS Os seres naturais teñen espontaneidade e finalidade. Espontaneidade porque teñen un principio interno de movemento e de repouso, que recibe o nome de natureza (phýsis). A finalidade refírese a que tales seres obran por fins (télos) e non por azar, debido á teleoloxía inmanente, que fai que tales seres se movan para acadar a súa perfección.
  • 58. 6.1 a noción aristotélica de phýsis Os seres artificiais teñen finalidade pero non espontaneidade. Son os artefactos producidos pola técnica humana. A finalidade é introducida neles por un axente exterior. Para Aristóteles a arte e a técnica han de imitar a natureza, que ofrece modelos perfectos.
  • 59. 6.1 A noción aristotélica de phýsis Os seres azarosos teñen espontaneidade, pero non finalidade e son fallos da natureza cando non logra acadar aos seus fins. A natureza tende a obrar sempre “de forma sabia”, pero ás veces fracasa e aparecen, por exemplo, seres monstruosos, productos do puro azar. A xeración fortuíta de monstros débese a unha materia defectuosa, incapaz de plasmar a forma.
  • 60. 6. A FÍSICA 6.1 A NOCIÓN ARISTOTÉLICA DE PHÝSIS Pois ben, a idea de natureza determina un ámbito da realidade, o ámbito dos seres naturais, o das cousas que existen “por natureza” (phýsei), en oposición a aquelas outras que non existen por natureza, senón por arte (artefactos), ou por abstracción (obxectos matemáticos): é o ámbito dos corpos suxeitos a movemento. De aí que ao físico corresponda esencialmente e prioritariamente o estudio do movemento.
  • 61. 6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. O MOVEMENTO Estudiemos pois o movemento. O problema do movemento era especialmente importante no pensamento grego, porque o movemento non era entendido só como movemento no espacio, senón como calquera modificación que podía sufrir unha cousa.
  • 62. 6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. O MOVEMENTO De onde parte Aristóteles? Heráclito consideraba que todo cambiaba. Parménides afirmaba que todo permanece. Platón duplicaba a realidade separando o mundo sensible (cambiante) do intelixible (permanente). Ningunha destas opcións convence a Aristóteles.
  • 63. 6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. O MOVEMENTO Retomemos o argumento do eléata: Parménides concluiu a imposibilidade racional do movemento. Partindo do axioma “o que é, é (e non pode non ser) e o que non é, non é (e non pode ser)”, concluía que a noción mesma de movemento era de seu contradictoria: calquera cambio comportaría ou ben que algo que non é veña a ser e sexa, ou ben que algo que é veña a non ser e non sexa. O movemento esixiría o cambio de non ser a ser ou de ser a non ser.
  • 64. 6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. O MOVEMENTO Aristóteles dálle a razón ao eléata en canto o movemento non pode orixinarse nin a partir do que é, do ser, nin a partir do que non é, do non ser, se ámbolos dous termos tómanse de modo absoluto e sen ulteriores matizacións. Pero é posible facer matizacións.
  • 65. 6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. O MOVEMENTO O movemento parte do non ser, p. ex. de non ser sabio a ser sabio: parte da privación que é unha maneira de non ser. Pero non parte do non ser, da privación en si, senón da privación en canto algo dáse nalgo que é, no suxeito. Logo o movemento parte do ser, dalgo que é: o suxeito, o home que chega a ser sabio. Pero non parte del en tanto que é, senón en tanto que non é sabio, é dicir, en canto afectado pola privación, polo non ser.
  • 66. 6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. O MOVEMENTO Para explicalo apoiase en dous conceptos: potencia (dýnamis) e acto (enérgeia, entelécheia). Parménides tomou a noción de ser univocamente, sin distinguir diversos modos de ser e de non ser.
  • 67. 6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. O MOVEMENTO Ser en potencia significa posibilidade ou capacidade de ser. Unha semente non é unha árbore, pero pode chegar a selo. Unha pedra non o é, nin pode selo. Unha pedra non é unha estatua, pero pode chegar a selo. Unha semente non, e non pode chegar a selo.
  • 68. 6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. O MOVEMENTO Ser en acto significa realización, termo, ou cumprimento dun proceso. Por iso, o acto recibe tamén o nome de entelequia, que denota a fin dun proceso. Así, cando a semente crece temos unha árbore en acto. Cando o arquitecto produce un edificio dunhas pedras, este, unha vez finalizado, é xa un ser en acto.
  • 69. 6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. O MOVEMENTO Malia que o ser en potencia sexa temporalmente anterior ao ser en acto, o acto, por ser máis perfecto, ten prioridade conceptual. Ámbalas dúas nocións son correlativas: un ser está en potencia con respecto a un estado e en acto con respecto a outro. A realización destas potencialidades é o movemento.
  • 70. 6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. O MOVEMENTO Aristóteles define o movemento como o paso da potencia ao acto, é dicir, como a actualización ou realización das posibilidades ou capacidades que ten o ser.
  • 71. 6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. O MOVEMENTO Tódolos seres da natureza, por seren móbiles ou cambiantes, están compostos de acto e de potencia. Só a materia primeira, o ser máis imperfecto, é pura potencia. Só Deus, o ser máis perfecto, é acto puro sen potencia. Tódolos seres forman unha escala ascendente por graos de perfección desde a materia primeira ata Deus.
  • 72. 6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. Tipos de cambio Aristóteles distingue 4 tipos de cambio: 1. CAMBIOS SUSTANCIAIS 2. CAMBIOS CUALITATIVOS 3. CAMBIOS CUANTITATIVOS CAMBIOS 4. CAMBIOS LOCAIS ACCIDENTAIS
  • 73. 6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. Tipos de cambio O CAMBIO SUSTANCIAL corresponde á categoría da entidade ou ousía, e é aquel no cal se producen, ou ben se destrúen, entidades ou sustancias (xeración ou corrupción). O nacemento e a morte dos seres vivos ou a asimilación dos alimentos son exemplos de cambio sustancial.
  • 74. 6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. Tipos de cambio O CAMBIO CUALITATIVO é un cambio accidental (porque cambia un accidente ou propiedade secundaria dun ser). Prodúcese cando cambia o accidente calidade, por exemplo a cor ao madurar as uvas.
  • 75. 6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. Tipos de cambio O CAMBIO CUANTITATIVO é un cambio accidental no que cambia o accidente cantidade. Por exemplo, como medra 3 centímetros unha piña de uvas.
  • 76. 6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. Tipos de cambio O CAMBIO LOCATIVO é un cambio accidental, onde o ser cambia de lugar.
  • 77. 6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. Tipos de cambio Nos cambios accidentais (cualitativos, cuantitativos, locativos) non se xeran ou destrúen sustancias, senón que a sustancia afectada modifícase nas súas determinacións accidentais. Pois ben, só estes tres, soamente os cambios accidentais son movementos en senso estricto.
  • 78. 6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. A composición das sustancias: hilemorfismo A teoría hilemórfica xurdiu dunha reflexión sobre o problema dos cambios substanciais ou entitativos, que son os máis importantes. A palabra hilemorfismo procede dos termos gregos hyle (materia) e morphé (forma). A teoría hilemórfica afirma que tódalas substancias ou cousas sensibles, sexan seres naturais ou artificiais, compóñense de dous principios: a materia e a forma.
  • 79. 6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. A composición das sustancias: hilemorfismo A MATERIA é aquilo de que está feito unha cousa, os elementos que compoñen un determinado ser. Por exemplo a pedra nesta obra, a madeira nunha mesa,... A materia pode ser de dous tipos: segunda e primeira. Materia segunda é a que está ligada a unha forma determinada. A materia primeira é unha realidade metafísica, que se caracteriza por ser amorfa (non estar unida a unha forma), indeterminada e ser mera potencia.
  • 80. 6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. A composición das sustancias: hilemorfismo A MATERIA PRIMEIRA pode ser tódalas cousas, pero non é ningunha en acto. É un substrato eterno e común a tódalas materias segundas, presuposto último dos cambios substanciais. É moi similar ao que os filósofos presocráticos chamaron arché, é dicir, o material do que está feito o mundo, unha especie de fondo orixinario e primixenio de onde todo sae e a onde todo volve.
  • 81. 6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. A composición das sustancias: hilemorfismo A FORMA é aquel principio que fai que unha substancia sexa un determinado ser e non outro. Por iso a forma é o que propiamente dá o ser, e equivale á esencia (eidos) ou natureza (physis) de algo. A forma denota a estructura esencial ou as propiedades esenciais que definen un ser. Por exemplo,a pesar dos distintos materiais que teñen estas sillas, e de que unhas teñan patas e outras rodas, a forma nola permite recoñecer como tales, e non como mesas.
  • 82. 6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. A composición das sustancias: hilemorfismo A FORMA é o principio que identifica a unha pluralidade de individuos dentro da mesma especie ou clase. A forma esencial (morphé ou eidos) da silla identifica a tódalas sillas individuais e a forma ou esencia humana (a alma ou psyché) a tódolos individuos humanos.
  • 83. 6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. A composición das sustancias: hilemorfismo A materia é o principio de individuación, o que fai diferentes aos individuos dentro da mesma especie. A forma é o elemento universal que se corresponde coa idea platónica, pero agora non está separada, senón unida á materia en cada ser individual. O dualismo ontolóxico de Platón tansformouse no hilemorfismo de Aristóteles.
  • 84. 6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. A composición das sustancias: hilemorfismo A forma intelixible está unida sempre á materia sensible, agás no caso da materia primeira, que é pura metria sen forma, e de Deus, que é forma pura sen materia.
  • 85. 6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. A composición das sustancias: hilemorfismo Finalmente, o estaxirita correlaciona o par de conceptos potencia/acto co par materia/forma, de xeito que a materia equivale ao ser en potencia e a forma ao ser en acto. Logo, a afirmación de que os seres están compostos de materia e forma equivale á afirmación de que son compostos de potencia e acto, precisamente por tratarse de seres cambiantes e por tanto imperfectos.
  • 86. 6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. A TEORÍA DAS CAUSAS Se a ciencia é un coñecemento por causas (aitía), será misión da ciencia física, que estudia os seres en canto móbiles, averiguar cales son as causas do cambio. Hai 4 CAUSAS (aitías): 1. CAUSA MATERIAL 2. CAUSA FORMAL 3. CAUSA EFICIENTE 4. CAUSA FINAL
  • 87. 6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. A TEORÍA DAS CAUSAS 1. CAUSA MATERIAL: é a materia da que está feita a cousa. A pel no caso no sillón é a súa causa material.
  • 88. 6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. A TEORÍA DAS CAUSAS 2. CAUSA FORMAL: é a forma ou esencia da que falamos na teoría hilemórfica. A esencia que fai que isto sexa un sillón.
  • 89. 6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. A TEORÍA DAS CAUSAS 3. CAUSA EFICIENTE: é a que orixina o proceso ou movemento: o artesán é a causa do sillón, o pai é causa do fillo.
  • 90. 6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. A TEORÍA DAS CAUSAS 4. CAUSA FINAL: é o fin (télos) ou o para que dunha producción. Sentarse no caso citado do sillón.
  • 91. 6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. A TEORÍA DAS CAUSAS Nos seres arificiais distínguense as catro causas. Nos seres naturais só se identifican tres: a causa eficiente, a formal (nos seres vivos é a alma) e a final.
  • 92. 6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. A TEORÍA DAS CAUSAS Aristóteles prioriza a causa final sobre o resto, de aí que se considere que a súa é unha interpretación teleolóxica ou finalista da natureza, fronte a concepción atomista na que primaba o azar.
  • 93. 6. A física 6.2 A COSMOLOXÍ A
  • 94. 6. A FÍSICA 6.2 A COSMOLOXÍA Aristóteles concibe o mundo como un conxunto de esferas concéntricas, que van desde a esfera da terra, que está en repouso no centro do sistema, á esfera das estrelas fixas na periferia. Dentro del distingue dúas rexións: a) o mundo infralunar, que é imperfecto, e b) o mundo supralunar, máis perfecto.
  • 95. 6. A FÍSICA 6.2 A COSMOLOXÍA 0 mundo infralunar é imperfecto porque nel danse a xeración e a corrupción. Os corpos desta rexión están compostos dos catro elementos, terra, auga, aire e lume, e están sometidos a movementos rectilíneos ascendentes ou descendentes. Os corpos compostos de terra e auga son pesados por natureza e tenden a baixar para residir na esfera que lle é propia, que é o seu lugar natural, mentres que os compostos de aire ou lume son lixeiros e tenden por natureza a subir para situase na súa esfera.
  • 96. 6. A FÍSICA 6.2 A COSMOLOXÍA 0 mundo supralunar vai desde a esfera da lúa á das estrelas fixas. É o mundo dos astros, que están formados por un quinto elemento, chamado éter. Aquí non hai xeración nin corrupción e os corpos celestes teñen un movemento circular, uniforme e, por tanto, perfecto. Os astros está suxeitos a esferas que son movidas por intelixencias motoras. O mecanismo das esferas é movido polo primeiro motor inmóbil, Deus como foco de atracción ou causa final de todo movemento. Esta imaxe dun mundo finito e xeocéntrico, dividido en dúas rexións diferentes, perdurará ata o Renacemento.
  • 97. 6. A física 6.3 A PSICOLOXÍA
  • 98. 6. A física 6.3 A Psicoloxía Aristóteles presenta a natureza xerarquicamente ordenada como unha escala ascendente que vai desde os seres inanimados aos seres animados e, dentro destes, das plantas aos animais e destes ao ser humano, que como ser racional sitúase no cumio dos seres vivos.
  • 99. 6. A física 6.3 A Psicoloxía A psicoloxía (tratado sobre a alma) aristotélica está en realidade integrada dentro da física e do que hoxe chamamos bioloxía, pois a alma (psyché) é o principio de vida que explica as actividades e movementos propios dos seres vivos. Se hai seres vivos é porque teñen alma.
  • 100. 6. A física 6.3 A Psicoloxía No seu tratado Sobre a alma, Aristóteles define a alma como a «entelequia primeira dun corpo natural que ten a vida en potencia, é dicir, dun corpo organizado». Se consideramos o ser vivo desde a teoría hilemórfica, o corpo identifícase coa materia e a alma coa forma. O corpo sóten a vida en potencia, sendo a alma o principio que pon a vida en acto.
  • 101. 6. A física 6.3 A Psicoloxía Aristóteles distingue tres tipos de almas coas respectivas funcións: a) a alma vexetativa, propia das plantas, que ten as funcións da nutrición, o crecemento e a reproducción; b) a alma sensitiva, propia dos animais, que asume as funcións do apetito, a sensación, a imaxinación, a memoria e a locomoción no espacio; c) a alma intelectiva ou racional, propia do ser humano, polas que este fala, pensa e razoa.
  • 102. 6. A física 6.3 A Psicoloxía Aristóteles aplica a súa teoría hilemórfica ao ser humano. Este, como toda substancia natural, consta de materia e forma. O corpo identifícase coa materia e co ser en potencia, e a alma coa forma ou esencia e co ser en acto. Contra o dualismo pitagórico e platónico, corpo e alma non son dúas substancias contrarias, senón dous elementos que constitúen unha única substancia.
  • 103. 6. A física 6.3 A Psicoloxía A alma racional contén as funcións anímicas inferiores, tanto as sensitivas como as vexetativas. Estas tres funcións anímicas son tres graos xerarquizados de desenvolvemento ascendente da vida humana, que acada a súa plenitude coa función racional.
  • 104. 6. A física 6.3 A Psicoloxía Entre corpo e alma hai unha unión esencial e natural, non meramente accidental, como afirmaba Platón. É a mesma unión que hai entre materia e forma ou entre potencia e acto. Por tanto a alma non é unha realidade separable do corpo. O intelixible non existe separado do sensible.
  • 105. 6. A física 6.3 A Psicoloxía Aristóteles explica o ser humano desde a perspectiva científica dun biólogo e renuncia aos elementos místico-relixiosos que Platón tomara dos pitagóricos. Nega, así, as teses platónicas da inmortalidade, da preexistencia e da reencarnación das almas. Se o individuo morre, é porque desaparece o seu principio vital e o corpo convértese nun ser inanimado, sen alma.
  • 106. 6. A física 6.3 A Psicoloxía De todos modos, na antropoloxía aristotélica quedan restos de platonismo, pois, despois de afirmar que a alma individual (psyché ou forma do corpo) é mortal, afirma que o chamado entendemento axente é separable do composto, inmortal e eterno. Como Aristóteles non aclarou esta cuestión, os intérpretes posteriores discutirán se se trata de algo propio de cada individuo ou de algo común a todos os seres humanos.
  • 107. 6. A física 6.4 o coñecemento e as ciencias
  • 108. 6. FÍSICA 6.4 0 COÑECEMENTO E AS CIENCIAS Aristóteles distingue, como Platón, dous tipos de coñecemento: O sensible, propio dos sentidos, e O intelectual, propio do entendemento. Pero o seu enfoque biolóxico lévao a valorar a experiencia sensible, que Platón desprezaba por influxo das matemáticas.
  • 109. 6. FÍSICA 6.4 0 COÑECEMENTO E AS CIENCIAS Entre o coñecemento sensible e o intelectual hai unha íntima unión, pois tamén aquí, como na ontoloxía e na antropoloxía, o intelixible non pode separarse do sensible.
  • 110. 6. FÍSICA 6.4 0 COÑECEMENTO E AS CIENCIAS O coñecemento sensible ten por obxecto as substancias individuais que captamos a través da sensación. Por exemplo, vexo esta mesa material. O coñecemento intelectual recae sobre o universal ou a esencia intelixible, inmaterial. Por exemplo, coñezo a mesa abstracta e universal, é dicir, a esencia de todas as mesas.
  • 111. ABSTRACCIÓN 6. FÍSICA 6.4 0 COÑECEMENTO E AS CIENCIAS O paso dos sentidos, que captan o Sentidos: sensacións individual, ao entendemento, que capta o (individuais) universal, dáse por medio dunha facultade intermedia chamada fantasía ou imaxinación, que ten por obxecto as imaxes das cousas antes percibidas. O coñecemento é un proceso que parte da Imaxinación: imaxe do percibido sensación, pasa pola imaxinación e remata no entendemento. Todo este proceso recibe o nome de abstracción, pois o entendemento actúa sobre as imaxes separando todo o que hai nelas de particular e concreto para formar o concepto universal e abstracto. Entendemento: concepto universal
  • 112. ABSTRACCIÓN 6. FÍSICA 6.4 0 COÑECEMENTO E AS CIENCIAS Coñecer a esencia dunha cousa Sentidos: sensacións sensible consiste en asimilar ou captar (individuais) de forma intencional, non a súa materia, senón a súa forma intelixible, o elemento universal que reside en cada substancia individual, é dicir, a forma Imaxinación: imaxe do percibido que é común para todos os individuos da mesma clase. De maneira análoga aos sentidos, que reciben as calidades sensibles sen a materia, como a cera recibe a impronta do selo sen o ferro, así o entendemento recibe a forma Entendemento: concepto intelixible. universal
  • 113. ABSTRACCIÓN 6. FÍSICA 6.4 0 COÑECEMENTO E AS CIENCIAS O coñecemento universal está Sentidos: sensacións potencialmente na (individuais) percepción individual. Aristóteles refuta a teoría platónica da reminiscencia e do innatismo das ideas, pois Imaxinación: imaxe do percibido a alma ao nacer é como unha «táboa rasa» na que nada hai escrito, e explica o proceso de coñecer como un paso da potencia ao acto. Entendemento: concepto universal
  • 114. ABSTRACCIÓN 6. FÍSICA 6.4 0 COÑECEMENTO E AS CIENCIAS Por iso distingue dous entendementos: a) o entendemento paciente que, en Sentidos: sensacións analoxía coa materia (receptáculo (individuais) universal das formas) é mera potencia de coñecer, e b) un principio en acto, o entendemento axente que, como a causa eficiente, pon os intelixibles en acto, abstraendo Imaxinación: imaxe do percibido as formas intelixibles a partir das imaxes. Aristóteles compárao coa luz, que na sensación fai visibles en acto as cores que sen luz son só visibles en potencia. Se para a visión das cores necesitamos a luz, tamén para a intelección necesitamos o entendemento axente. Entendemento: concepto universal Entendemento pacente e entendemento axente
  • 115. C 6. FÍSICA C I 6.4 0 COÑECEMENTO E AS CIENCIAS Ó No comezo da súa Metafísica afirma Aristóteles que «todos os seres N humanos desexan por natureza saber» e a continuación estudia os graos de saber ou niveis de coñecemento, que van, en sentido ascendente, desde o máis imperfecto ao máis perfecto: a experiencia ou saber empírico, a técnica ou saber técnico, a prudencia ou sabedoría práctica, a ciencia, a intuición intelectual e a sabedoría teórica.
  • 116. C 6. FÍSICA C I 6.4 0 COÑECEMENTO E AS CIENCIAS Ó A experiencia (empeiría) é un saber nacido do hábito, que aplica N regras pero sen dar razóns delas. A través da sensibilidade obtemos a experiencia ou coñecemento empírico, que se refire a cousas individuais e concretas. A través do entendemento obtemos coñecemento sobre o universal que hai nas cousas individuais. Este coñecemento pode ser práctico ou teórico.
  • 117. C 6. FÍSICA C I 6.4 0 COÑECEMENTO E AS CIENCIAS Ó Dentro do práctico dintínguense dous tipos: a) un saber técnico (téchne) ou «saber facer» N (regras ou destrezas técnicas), que se refire aos medios orientados á fabricación de artefactos útiles (unha cama, un barco) ou á producción de obxectos belos (obras de arte, como unha estatua ou un poema); b) un saber práctico chamado prudencia (phrónesis), que consiste en «saber actuar» ou saber obrar ben nas situacións relacionadas coa «vida boa», como son a moral ou a política. A prudencia implica deliberar sobre os fins en relación co a é continxente (sobre o necesario non cabe deliberación).
  • 118. C 6. FÍSICA C I 6.4 0 COÑECEMENTO E AS CIENCIAS Ó O coñecemento teórico abarca tres graos sucesivos de saber: N a) a ciencia (epistéme), que é un coñecemento do universal e necesario, baseado na demostración (usa o siloxismo) e na indagación das causas; b) o coñecemento intuitivo ou intuición (nous) dos principios xerais que dirixen as ciencias, que non son demostrables, senón intuíbles (principio de non contradicción, terceiro excluso, etc.); c) a sabedoría teórica (sophía), que inclúe os dous graos anteriores, é o grao máis elevado de saber e culmina na contemplación das entidades supremas que estudia a metafísica.
  • 119. C 6. FÍSICA C I 6.4 0 COÑECEMENTO E AS CIENCIAS Ó N Cando se converten en hábitos de conducta, os cinco últimos graos de saber dan lugar ás virtudes chamadas dianoéticas ou intelectuais, que Aristóteles estudia na Ética.
  • 120. C 6. FÍSICA C I 6.4 0 COÑECEMENTO E AS CIENCIAS Ó Aristóteles distingue tres clases de ciencias, que se correlacionan con tres tipos de actividades N humanas, ordenadas xerarquicamente da máis perfecta á máis imperfecta: a) As ciencias teóricas, relacionadas coa vida teorética (theoria), que teñen por obxecto a contemplación intelectual, o saber polo saber ou a busca da verdade. Comprenden, por orde xerárquica, a metafísica, a matemática e a física. A metafísica é a ciencia máis perfecta, porque estudia as realidades supremas, as entidades inmóbiles e separadas da materia: o ser en canto ser e Deus como ente supremo. A matemática, que estudia entidades inmóbiles pero non separadas da materia, a diferencia de Platón. A física estudia os entes móbiles unidos e materiais dentro da natureza.
  • 121. C 6. FÍSICA C I 6.4 0 COÑECEMENTO E AS CIENCIAS Ó b) As ciencias prácticas, ligadas á acción práctica (praxis), que está guiada pola N prudencia ou sabedoría práctica. Comprenden a política, a ética e a economía. A política estudia os principios relacionados coa convivencia xusta dentro da polis ou Estado. A ética, que é unha parte da política, trata sobre o ben, a vida boa ou feliz. A economía refírese ao ámbito doméstico e privado e ten por obxecto a administración da casa (oikós = casa).
  • 122. C 6. FÍSICA C I 6.4 0 COÑECEMENTO E AS CIENCIAS Ó c) As ciencias productivas, relacionadas N coa actividade técnica ou productiva (poiésis). Entre elas están a retórica e a poética. A retórica versa sobre a forma de persuadir a un auditorio mediante a arte da palabra. A poética versa sobre a producción estética de obras de arte, como traxedias, comedias, poesía, etc. Nesta clasificación non consta a lóxica, pois, é unha propedéutica, un instrumento metodolóxico para as demais ciencias.
  • 124. 7. METAFÍSICA Aristóteles nunca empregou a palabra metafísica. Esta denominación procede de Andrónico de Rodas (s. I a. C.), décimo director da escola aristotélica. Ordenando a biblioteca do Liceo, despois dos libros de física colocou os de metafísica, por tratar os asuntos que están máis alá do ámbito físico, é dicir, por estudiar as realidades metaempíricas ou supraempíricas. Os nomes que Aristóteles usou para referirse á metafísica foron os de filosofía primeira e ciencia teolóxica ou teoloxía.
  • 125. 7. METAFÍSICA Aristóteles considera a metafísica como ciencia suprema e defínea de diferentes maneiras: primeiramente di que «indaga as causas ou os primeiros principios», ou tamén que «indaga o ser en canto ser». Para referirnos a estes aspectos utilizamos hoxe a palabra ontoloxía (= tratado sobre o ser).
  • 126. 7. METAFÍSICA Posteriormente, defínea como a ciencia que «indaga a substancia», pois a pregunta polo ser redúcese á pregunta pola substancia. Finalmente, afirma que «indaga a Deus e a substancia suprasensible» ou substancia inmaterial. Deste xeito, a ontoloxía transfórmase en teoloxía. Para a concepción do ser e da substancia que trata a ontoloxía, remitímonos ao que dixemos antes sobre a teoría das categorías no apartado da lóxica. Convén recordar que lóxica e ontoloxía son inseparables en Aristóteles, pois o estudio do ser está ligado ao estudio da linguaxe.
  • 127. 7. METAFÍSICA O estudio do movemento na Física, conduciu a Aristóteles a afirmar a existencia de Deus como primeiro motor inmóbil. Se todo ser que se move é movido por outro e este por outro e así sucesivamente, haberá que concluír que debe existir unha substancia inmóbil, que mova a todos os seres sen ser ela movida. Para Aristóteles o movemento é eterno, o mesmo que o tempo, que é inseparable del.
  • 128. 7. METAFÍSICA Este Deus aristotélico é concibido como unha intelixencia que é forma pura sen materia e acto puro sen potencia, por iso é inmóbil ou inmutable. Deus é tamén a causa final dos movementos dos seres, é dicir, o foco de atracción dos seres inferiores. Os seres móvense para acadar a perfección, e Deus move os seres como causa final. Usando a metáfora da atracción erótica, Aristóteles afirma, de maneira antropomórfica, que Deus atrae os seres «como se fose amado» por eles. É dicir, todos os seres ansían a perfección divina, que é o repouso eterno.
  • 129. 7. METAFÍSICA Finalmente, Aristóteles pregúntase pola actividade propia desta substancia espiritual e responde que consiste na actividade inmaterial de pensar. E como Deus non pode pensar nada inferior a si mesmo, defíneo como «pensamento autopensante», pensamento que se pensa a si mesmo eternamente. Poderiamos dicir que este Deus goza dun autismo metafísico, pois a contemplación eterna de si mesmo dálle a máxima felicidade.
  • 130. 7. METAFÍSICA Este Deus é a explicación última do problema do cambio. A física aristotélica está vencellada á metafísica e ten o seu fundamento último na teoloxía. O Deus de Aristóteles, que ás veces aparece como trascendente e outras como inmanente ao mundo, ignora a existencia do mundo e está moi lonxe da imaxe cristiá dun Deus creador que planifica e coida do mundo. No horizonte da filosofía grega, a idea de creación é estraña e o mundo é tan eterno coma Deus.
  • 132. 8.ÉTICA En coherencia coa teleoloxía que domina na natureza en xeral, Aristóteles fai unha interpretación teleolóxica da natureza humana. O ser humano, como todo ser natural, obra por fins, e o fin último ou ben supremo é para el a felicidade, que se caracteriza por ser autosuficiente, é dicir, non é un medio para outro fin. Esta teoría recibe o nome de eudemonismo (eudaimonía = felicidade).
  • 133. 8.ÉTICA Certamente, o ser humano busca moitos fins, como o pracer, a riqueza, a fama, o saber, etc., pero todos estes fins non se buscan por si mesmos, senón como medios para acadar a felicidade. Este fin último consiste no pleno desenvolvemento da propia natureza e na actividade máis acorde conforme á esencia humana, que é a actividade do pensamento e da razón: «o ben, para o ser humano, consiste nunha actividade da alma acorde coa virtude e, en caso de pluralidade de virtudes, acorde coa máis excelente e perfecta delas».
  • 134. 8.ÉTICA A felicidade identifícase, pois, coa vida teorética (bíos theoretikós), coa actividade intelectual, que é a actividade esencial do ser humano, a que máis nos acerca á vida da divindade, que consiste, como vimos, no pensamento. Aristóteles, a diferencia do hedonismo de Epicuro, non identifica a felicidade co pracer. O pracer non é o ben, nin tampouco é un mal. O pracer é só un medio para a vida feliz pero non o fin da mesma.
  • 135. 8.ÉTICA A dedicación á vida teorética ou contemplación intelectual, propia do sabio ou do filósofo, require, sen embargo, certas condicións materiais, pois a vida anímica non se pode dar separada do corpo e das súas necesidades. Entre estas condicións, cita Aristóteles: a saúde corporal, unha longa vida, algunha riqueza ou bens externos, ocio e sobre todo liberdade.
  • 136. 8.ÉTICA Desta teoría elitista da felicidade quedan excluídos os escravos e cantos se dedican aos traballos corporais, manuais ou traballo doméstico, todos eles ligados á necesidade de sobrevivir. A liberdade e a vida dedicada ao ocio era privilexio dunha minoría. Aristóteles, como Platón, despreza o traballo material e as actividades técnicas como inferiores (nos sofistas hai, pola contra, unha valoración da técnica e do traballo corporal e manual).
  • 137. 8.ÉTICA Para conseguir a felicidade é necesaria a práctica das virtudes. Contra Sócrates e os estoicos, a felicidade non se identifica coa vida virtuosa. Tamén esta, como o pracer, é un medio e non un fin en si. A virtude non é unha capacidade innata (ninguén nace virtuoso), senón un hábito adquirido a través do exercicio e da práctica. Unha persoa faise xusta practicando moitos actos de xustiza.
  • 138. 8.ÉTICA A diferencia das paixóns, a virtude é unha disposición que presupón unha deliberación voluntaria, pola que podemos elixir libremente entre fins continxentes. Aristóteles oponse á tese intelectualista socrática de que ninguén elixe o mal se sabe o que é o ben, pois as paixóns inflúen na elección e na práctica do ben. Entre o coñecemento do ben e a práctica do mesmo non hai, pois, conexión necesaria, senón continxente.
  • 139. 8.ÉTICA A virtude defínese como o xusto medio (mesotés) entre dous extremos viciosos, un por defecto e outro por exceso. A virtude ten, pois, algo de equilibrio estético, moi típico da arte clásica grega. Por exemplo, a valentía ou fortaleza é un punto medio entre a covardía e a temeridade; a xenerosidade estaría entre os extremos da avaricia e a prodigalidade; a temperanza (autodominio) sería o punto medio entre a insensibilidade ascética e o desenfreo.
  • 140. 8.ÉTICA Pero este punto medio non se pode tomar en absoluto, senón en relación a nós, e tampouco significa mediocridade nin unha media matemática. Para calcular na práctica este xusto medio, Aristóteles propón seguir o modelo dun home prudente: obrar como o faría el seguindo a recta razón e tendo en conta as diversas circunstancias da acción.
  • 141. 8.ÉTICA Como o ser humano é ao mesmo tempo racional e irracional, Aristóteles distingue dous tipos de virtudes: as dianoéticas ou intelectuais (teóricas) e as éticas ou do carácter (prácticas). As primeiras relaciónanse coa vida teorética e son: a técnica (téchne), a prudencia ou sabedoría práctica (phrónesis), a ciencia (epistéme), a intuición (nous) e a sabedoría teórica (sophía). Nega así a confusión socrática entreprudencia e técnica (entre «saber actuar» e «saber facer» ) e a reducción do saber práctico a saber teórico.
  • 142. 8.ÉTICA Pero concorda con Sócrates e Platón afirmando que as virtudes dianoéticas son as máis importantes, pois pertencen á vida contemplativa, propia do sabio, e son a que dan a verdadeira felicidade. As virtudes éticas só proporcionan unha felicidade secundaria. Entre as virtudes éticas ou do carácter podemos citar: a fortaleza, a temperanza, a amizade, etc
  • 143. 8.ÉTICA Pero entre elas destaca pola súa importancia a xustiza, virtude social e política por antonomasia. Pero a xustiza, entendida como un hábito de proporción que busca o equilibrio (lémbrese a balanza como símbolo), é un termo que ten varios significados. Hai unha xustiza xenérica, a legal, que consiste na observancia das leis. Pero hai ademais tres tipos específicos de xustiza: a) a distributiva ou xeométrica, que consiste no reparto proporcional de bens de acordo cos méritos; b) b) a conmutativa ou aritmética, que se refire á igualdade nos intercambios comerciais e c) c) a retributiva ou reparadora, que é a que practica un xuíz tratando de reparar danos e delictos.
  • 144. 8.ÉTICA Finalmente, hai que sinalar que a ética aristotélica está intimamente relacionada coa política. Os individuos só poden lograr a felicidade dentro da comunidade política (polis) ou Estado. Non se trata dunha ética individualista no sentido moderno, senón social ou comunitarista, pois os individuos son só partes que están subordinadas ao todo social. O Estado é como un organismo no que o todo ten prioridade sobre as partes, pero ten un fin ético: promover a xustiza e facer felices os cidadáns.
  • 146. 9. Política A filosofía política de Aristóteles renuncia á utopía idealista de Platón e céntrase, de forma moi realista, na análise empírica. Aristóteles non fai unha deducción a priori dun Estado ideal que non era deste mundo, senón que analiza de forma inductiva e realista as diversas constitucións a partir da experiencia das cidades gregas e da historia doutros pobos.
  • 147. 9. Política Adoptando unha vez máis un punto de vista teleolóxico, Aristóteles afirma que «o ser humano é por natureza un animal político» (zóon politikón), é dicir, que só dentro da polis ou Estado pode realizar plenamente a súa esencia. Quen pretenda vivir illado do Estado, ou ben é unha besta ou ben un Deus. A sociabilidade humana non é, pois, convencional ou producto dun pacto entre individuos, como sostiñan os sofistas, senón algo enraizado na natureza humana.
  • 148. 9. Política A natureza social do ser humano concorda coa súa natureza racional expresada a través da linguaxe. Que o ser humano é un animal racional (zóon logikón) significa non só que ten razón, senón palabra (logos significa simultaneamente razón e palabra) e sen a palabra non é posible a vida en comunidade. Os animais teñen voz (foné) e emiten sons, pero non palabras articuladas.
  • 149. 9. Política Máis alá da comunidade da familia, ligada á reproducción, e da comunidade da aldea, formada por varias familias para atender as necesidades materiais, o Estado- cidade é a comunidade perfecta, autosuficiente, que ten como fin o vivir ben, ou sexa conseguir unha vida feliz. Ética e política son inseparables. O Estado non só posibilita a vida moral, senón tamén a actividade intelectual, que é a máis acorde coa esencia humana.
  • 150. 9. Política O traballo manual, como o dos escravos, artesáns, comerciantes, agricultores ou o das mulleres no fogar, é degradante e impropio de homes libres. Por iso todos os traballadores manuais quedan excluidos da vida política e da cidadanía. A institución da escravitude ten para Aristóteles un fundamento natural, non social: uns son por natureza libres e outros escravos por natureza, non por causas sociais. «O escravo é un instrumento animado», propiedade do seu amo.
  • 151. 9. Política Aristóteles fai unha crítica ao ideal platónico, que aparecía na República, dun Estado convertido en sociedade perfecta. A proposta platónica de loitar contra o egoísmo abolindo a familia e a propiedade privada para a clase media e superior, vai contra a orde natural, pois tanto a familia como a propiedade derivan da natureza humana. O mellor remedio contra o egoísmo consiste nunha boa educación pública da cidadanía para exercer a virtude da xenerosidade.
  • 152. 9. Política Tamén abandona a visión aristocrática da sociedade platónica. Aristóteles pensa que a base máis sólida para unha comunidade é que o peso do poder recaia sobre unha clase media, que mire polo ben da comunidade, e que non teña ambicións por falta do básico para vivir, o que daría lugar a revolucións.
  • 153. 9. Política Seguindo unha clasificación xa anticipada por Platón en O Político, Aristóteles diferencia tres formas de goberno que son correctas ou lexítimas, por estar orientadas ao ben común e ao interese público, e tres formas desviadas, por orientarse só ao interese privado dos gobernantes. As formas correctas son a monarquía, a aristocracia e a democracia (politeia). Cal sexa a máis adecuada, depende de cada pobo e das condicións históricas. Aristóteles non propón, como Platón, un único modelo ideal e absoluto. Cada unha destas tres ten a correspondente forma desviada: a monarquía pode dexenerar en tiranía, a aristocracia en oligarquía e a democracia en demagoxia.
  • 154. 9. Política Aristóteles, como meteco de clase media e como filósofo que parte da experiencia e do posible, propugna unha ética e unha política feita a medida dos seres humanos, pero non de todos, xa que defende a orixe natural da escravitude e a inferioridade da muller con respecto ao home. No ámbito doméstico, ao contrario que no ámbito político, non rexe o principio da xustiza nin as relacións entre iguais. Na familia só se impón a autoridade do pai sobre a muller, os fillos e os escravos. Algúns sofistas criticaran, sen embargo, a escravitude en nome da igualdade, e o mesmo Platón avogaba na súa república ideal pola igualdade entre os sexos.
  • 155. A Filosofía despois de Aristóteles A filosofía helenística e o fin da filosofía clásica
  • 156. O HELENISMO A etapa helenística comprende o período que vai entre a morte de Alexandre Magno (323 a. C.) ata a incorporación de Exipto no Imperio Romano (30 a. C). Filosoficamente é a etapa final da Filosofía antiga, en contacto xa co mundo romano.
  • 157. O HELENISMO O helenismo foi o momento da grande expansión política e cultural da civilización grega polas terras de oriente e do Mediterráneo oriental. Alexandre Magno propuxérase a conquista do mundo grego e a súa expansión polo Imperio Persa.
  • 158. O HELENISMO Á súa morte houbo serias loitas entre os seus xenerais para conseguir a herdanza do imperio, que rematarán no reparto deste en tres estados: Macedonia, Siria e Exipto. Estes estados gobernáronse mediante monarquías absolutas, instauradas por dereito de conquista. Isto supuxo a ruptura da polis clásica e polo tanto das formas de organización social e política que viñeran funcionando nos últimos séculos, quedando incluida nun estado territorial maior.
  • 159. O HELENISMO Roma foi aproveitando o desmembramento do imperio de Alexandre e pouco a pouco foi facéndose forte en detrimento de Grecia, que foi anexionada no 197 a C. Os intereses dos romanos eran fundamentalmente prácticos e non especulativos como foran os dos gregos. A cultura helena empapou así o Imperio Romano nos tempos de Augusto, co cal o pensamento grego chegou a Roma.
  • 160. O HELENISMO Estes acontecementos históricos influíron de xeito decisivo na filosofía. A situación de inestabilidade primeiro, e posteriormente a perda da posibilidade dunha acción política directa como ocorrera nos tempos anteriores levou aos pensadores ao abandono das grandes visións sistemáticas anteriores (Platón, Aristóteles).
  • 161. O HELENISMO Na época clásica os cidadáns sentíanse protagonistas, membros do grande individuo que era a polis; só nela se podía conseguir a vida boa. Agora, os filósofos íllanse do mundo e da cidade centrándose principalmente na procura da liberdade e a felicidade persoal. O importante é o ser humano individual, mentres que a colectividade queda neste momento relegada a un segundo plano. Calquera outro coñecemento deberá subordinarse á esfera ética.
  • 162. O HELENISMO A situación case que estacionaria da filosofía contrasta co enorme desenvolvemento que teñen as ciencias nesta época (xeografía, historia, filoloxía, medicina, matemáticas, astronomía, etc.). Atenas continuará sendo o centro filosófico, mentres que a verdadeira capital cultural do mundo helenístico pasará a Alexandría. O seu museo e a súa biblioteca constituíron a máis grandiosa reunión do saber antigo ata que César ordena a súa queima no ano 47 a. C. na campaña en Exipto.
  • 163. O HELENISMO As escolas de Platón e Aristóteles continuaron neste período a liña dos seus mestres con poucas achegas novas. A Academia perdurou no tempo ata o 529 d. C. e as ideas platónicas sufriron distintas modificacións buscando a harmonía coas novas formas de pensar. Pola súa banda, á morte de Aristóteles, Teofrasto fíxose cargo do Liceo, continuando a tendencia empirista da escola. As principais formulacións filosóficas do momento virán da man do epicureísmo, o estoicismo e o escepticismo.
  • 164. O EPICUREÍSMO O iniciador desta escola foi Epicuro de Samos (341-270 a.C.), que no 306 a C. funda o Xardín, onde acolle aos seus discípulos e amigos na procura dun ideal de vida: a felicidade, que se consegue logrando a paz mental ou tranquilidade de ánimo (ataraxia). O maior transmisor da doutrina epicúrea será o romano Lucrecio na súa obra De rerum natura.
  • 165. O EPICUREÍSMO Como o obxectivo é a consecución da felicidade, a ética converterase na disciplina fundamental da filosofía. Os epicúreos defenden unha ética hedonista, partindo da idea de que todos os individuos buscan o pracer e tentan evitar a dor. E como hai praceres contrapostos, a cuestión consiste en calcular cal é a máxima cantidade de praceres compatibles.
  • 166. O EPICUREÍSMO Este cálculo desenvólvese como unha economía do pracer, de xeito que o máximo pracer se consegue moderando os impulsos pracenteiros, renunciando a algún deles para acadar outros maiores. Para iso, deben levar á práctica os seus desexos.
  • 167. O EPICUREÍSMO Existen desexos naturais, como a necesidade de comer para calmar a fame, pero algúns individuos abandónanse á procura de praceres que non son tan necesarios: a busca de riquezas, a ansia de gloria... A consecución destes desexos non proporciona a anhelada felicidade, pois non levan á tranquilidade do corpo nin da mente. A moderación e o autodominio deben guiar a elección dos praceres, pois só así conseguiremos a paz interior.
  • 168. O EPICUREÍSMO Para completar os asuntos éticos, os epicúreos botan man da física, pois só coñecendo a natureza poden esvaerse os temores que afectan a vida e impiden lograr a ataraxia. Epicuro acepta a física atomista para explicar a natureza. Existen átomos que se moven no baleiro e que caen polo seu peso verticalmente. Ás veces, e dun xeito imprevisto, os átomos desvíanse (clinamen) e chocan uns con outros formando corpos. Como consecuencia, non debemos temer ao destino, pois todo na natureza é puro azar.
  • 169. O EPICUREÍSMO Tampouco ten sentido temer aos Deuses, pois eles non se entremeten en ningún asunto humano ou natural. Epicuro enfróntase así á relixión tradicional grega. Os deuses existen pero viven nunha total felicidade, co cal non necesitan ocuparse das cousas do mundo.
  • 170. O EPICUREÍSMO A física demostra tamén que é absurdo terlle medo á morte. Como todos os seres, a alma está composta de átomos materiais e polo tanto é mortal. Non existe nada logo da morte e, de feito, nese momento, tampouco existiremos nós: cando a morte estea, nós xa non estaremos, e se nós estamos, ela aínda non. Tampouco hai que temer a dor, porque aínda que non se poida evitar, é fácil de soportar. Co cal nada hai que temer.
  • 171. O EPICUREÍSMO A filosofía complétase coa canónica (lóxica), que nos permite comprobar que o noso coñecemento é seguro, xa que se ocupa de atopar un criterio de verdade. Epicuro atópao nas sensacións: os datos que nos ofrecen os sentidos son sempre verdadeiros e o erro só pode aparecer nos xuízos que facemos a partir dos datos sensibles.
  • 172. O ESTOICISMO O estoicismo nace nos pórticos de Atenas (na Stoa) da man de Zenón de Citio (335-263 a.C.). A escola pasou por varias etapas e acadou o seu máximo esplendor no ámbito romano. Froito da época na que nace, o obxectivo do individuo estoico é a consecución da felicidade. Os estoicos recollen o intelectualismo moral socrático- platónico e identifican virtude e sabedoría. A virtude é o único ben e o vicio o mal. Só o sabio pode ser virtuoso, lograr o dominio das súas paixóns e vivir conforme á natureza e á razón. Isto implica amosarse indiferente ás emocións (apatía) para salvagardar a propia vida.
  • 173. O ESTOICISMO A ética estoica atopa a súa xustificación na física. Os estoicos afirman que o mundo é un grande organismo con vida, dotado dun principio racional que é razón seminal de todo o que existe e que rexe o mundo. Este principio, semellante ao lume de Heráclito, é o pneuma. Nun período de 300 séculos todo se disolve e todo se rexenera no lume divino. Este ciclo cósmico é o ciclo do eterno retorno, e polo tanto, o Universo está sometido ás leis da necesidade. Isto é o que coñece o sabio, que se recoñece impotente para modificar o transcurso dos acontecementos.
  • 174. O ESTOICISMO . Para salvarse, os individuos -o sabio- deben actuar en conformidade coa orde necesaria do mundo. Por iso o estoico propugna cumprir co deber, ou sexa, levar a cabo aquelas accións que a razón amosa como conformes á natureza. A alma humana é inmortal, pois é un anaco desprendido do pneuma universal e por iso a razón pode coñecer a estructura do universo.
  • 175. O ESTOICISMO Os estoicos son os creadores da lóxica proposicional. A lóxica estoica dividíase en retórica e dialéctica, e ocupábase do coñecemento e o recto argumentar. Para os estoicos as impresións sensibles non poden constituír o criterio de verdade, pois o coñecemento existe cando rexeitamos ou aceptamos esas sensacións logo da meditación. O criterio de verdade está no asentimento consciente da razón ao recoñecer a relación entre as imaxes mentais creadas a partir da sensación e os obxectos fóra de nós.
  • 176. O ESTOICISMO O estoicismo en Roma continúa coa busca da vida boa, con Séneca (4 a. C.- 65 d. C.), Epícteto (50-125 d. C.) e Marco Aurelio (121- 180 d. C.) como figuras principais. Acentúase o sentido cosmopolita que xa aparecía no mundo grego, ao sentir que existe un vínculo entre todos os seres humanos. Ocuparanse tamén de cuestións teolóxicas, co que influirán no cristianismo.
  • 177. O ESCÉPTICISMO 0 escepticismo nace como doutrina elaborada con Pirrón de Elis (365-275 a.C.) foi continuado polos últimos seguidores da Academia platónica, Arcesilao e Carnéades, e no mundo romano foi defendido por Sexto Empírico fundamentalmente. Aparece cun tinte moral, aínda que pronto se estenderá ao ámbito do coñecemento. Os escépticos atacaron todo tipo de dogmatismo, especialmente o dogmatismo especulativo dos estoicos.
  • 178. O ESCÉPTICISMO O escepticismo parte da idea de que non podemos coñecer a realidade. Esta actitude é a consecuencia que se desprende do decurso da Academia á morte de Platón. O mundo das ideas xa non ten valor, e só queda o mundo sensible. Como é unha realidade cambiante, só podemos atopar nel un coñecemento particular e subxectivo. De feito Platón necesitara do mundo das ideas para cimentar un coñecemento universal e necesario. Caído este mundo, derrúbase tamén a posibilidade de epistéme.
  • 179. O ESCÉPTICISMO O sabio escéptico ve imposible expresar a verdade (afasia) e debe suspender os seus xuízos (epojé) sobre o mundo. Isto que vale para o coñecemento teórico é imposible na vida cotiá, onde debemos decidir continuamente que facer. Así, os valores éticos recoñécense como individuais e subxectivos pero son necesarios pan vivir en paz.
  • 180. O FINAL DA FILOSOFÍA ANTIGA En sentido estricto, a filosofía antiga remata co peche da Academia no 529 d C., co emperador Xustiniano, o que supón a implantación definitiva do cristianismo e o pensamento cristián. Mais xa desde había varios séculos a filosofía grega pasara ao mundo romano e o cristianismo convivía co pensamento racional. Esta convivencia supuxo o encontro das tradicións helénicas e xudías no mundo romano, o que impulsou unha revalorización das filosofías pitagóricas e platónicas, cercana ás concepcións místicas.
  • 181. O FINAL DA FILOSOFÍA ANTIGA No século III a. C. fúndase a Escola de Alexandría, que pretende traducir o Antigo Testamento ao grego. Dous séculos máis tarde, Filón de Alexandría tenta establecer unha síntese entre o platonismo, o estoicismo e a fe xudía.
  • 182. O FINAL DA FILOSOFÍA ANTIGA No ámbito máis estrictamente filosófico cómpre destacar para rematar a filosofía antiga, o rexurdimento que no século III d. C. terá o platonismo. Ammonio Sakka funda o neoplatonismo, que acadará o seu esplendor con Plotino. Este afirma que Un trascende a natureza, e a partir del, por medio dun proceso de emanación, derívase toda a realidade en tres niveis: cando o Un reflexiona sobre si mesmo xera intelecto; deste emana a alma do mundo e dela o mundo corpóreo. O ser humano practicando o ben e buscando a verdade pode fundirse no Un co goce do éxtase.
  • 184. 6. Textos: comentario de texto obrigatorio 3º comentario de texto obrigatorio: “Entón, o ceo e a natureza depende dun principio de tal natureza. E esa vida que tamén para nós é a máis excelente, pero que só nos é concedida por breve tempo, el vívea sempre, pois para el, a súa actividade é tamén gozo. O acto intelectual, que é por si mesmo, ten por obxecto o óptimo por si mesmo; o intelecto pénsase a si mesmo trocándose en intelixible, pois se fai intelixible no contacto e na intelixencia de si mesmo, por iso se identifican o intelecto e o intelixible […]. por iso, a actividade máis doce e máis excelente é a contemplación. E como o acto de comprender é vida, e el é acto, así, o acto puro Por si mesmo é óptima e eterna vida del. Por iso, dicimos que Deus é vivente, eterno, óptimo. Pois isto é Deus. Pero é evidente, tamén, que é impasible e inalterable.” ARISTÓTELES: Metafísica, XII, 9, pp. 1074-5.
  • 185. 6. Textos OS PRECEDENTES DA TEORÍA DAS CAUSAS “Estes [os filósofos anteriores], por conseguinte, só tocaron esta causa [la causa material]; e outros, aquela de onde procede o principio do movemento [a causa eficiente] (por exemplo, os que poñen como principio a Amizade e o Odio ou o Entendemento ou o Amor). Pero a esencia e a substancia [causa formal] ninguén as enunciou claramente, sendo os que máis se aproximan os partidarios das Especies (pois nin consideran as Especies como materia para as cousas sensibles nin o Un como materia para as Especies, nin o principio do movemento como procedente delas - pois din que máis ben son causas de inmobilidade e de quietude-, senón que aducen as Especies como a esencia de cada unha das demáis cousas, e o Un, como a esencia das Especies). E aquelo a causa do cal se realizan as accións e os cambios e os movementos [causa final], o chaman en certo modo causa, pero non o chaman expresamente causa nin din que sexa causa no sentido en que por natureza o é. En efecto, os que mencionan o Entendemento ou a Amizade, presentan como un ben estas causas, pero non din que algún dos entes sexa ou se faga a causa delas, senón que delas proceden os movementos. E, así mesmo, tamén os que afirman que o Un ou o Ente son tal natureza, aseguran que son causa da substancia, pero non que a causa deles sexa ou se faga; de sorte que, en certo modo, ocúrrelles que din e non din que o Ben é causa; pois non o din en sentido absoluto, senón accidental. ARISTÓTELES, Metafísica, I 7, 988 a - 988 b
  • 186. 6. Textos O PRIMEIRO MOTOR INMÓBIL:DEUS Hai tamén algo que move eternamente, e como hai tres clases de seres, o que é movido, o que move, e o termo medio entre o que é movido e o que move, é un ser que move sen ser movido, ser eterno, esencia pura, e actualidade pura. Velaí cómo move. O desexable e o intelixible moven sen ser movidos, e o primeiro desexable é idéntico ao primeiro intelixible. Porque o obxecto do desexo é o que parece belo, e o obxecto primeiro da vontade é o que é belo. Nós desexamos unha cousa porque parécenos boa, e non nos parece tal porque a desexamos: o principio aquí é o pensamento. Agora ben; o pensamento é posto en movemento polo intelixible, e a orden do desexable é intelixible en si e por si; e nesta orde a esencia ocupa o primeiro lugar; e entre as esencias, a primeira é a esencia simple e actual. Pero o un e o simple non son a mesma cousa: o un designa unha medida común a moitos seres; o simple é unha propiedade do mesmo ser.
  • 187. 6. Textos O PRIMEIRO MOTOR INMÓBIL: DEUS De esta maneira o belo en si e o desexable en si entran ambos na orde do intelixible; e o que é primeiro é sempre excelente, xa absolutamente, xa relativamente. A verdadeira causa final reside nos seres inmóbiles, como o mostra a distinción establecida entre as causas finais, porque hai a causa absoluta e a que non é absoluta. O ser inmóbil move con obxecto do amor, e o que el move imprime o movemento a todo o demáis. Logo en todo ser que se move hai posibilidade de cambio. Se o movemento de traslación é o primeiro movemento, e este movemento existe en acto, o ser que é movido pode mudar, se no en canto á esencia, polo menos en canto ao lugar. Pero desde o momento en que hai un ser que move, permanecendo él inmóbil, aínda cando exista en acto, este ser non é susceptible de ningún cambio. En efecto, o cambio primeiro é o movemento de traslación, e o primeiro dos movementos de traslación é o movemento circular. O ser que imprime este movemento é o motor inmóbil. O motor inmóbil é, pois, un ser necesario, e en tanto que necesario, é o ben, e por conseguinte un principio, porque hai varias acepcións da palabra necesario: hai a necesidade violenta, a que coarta a nosa inclinación natural; despois a necesidade, que é a condición do ben; e por último o necesario, que é o que é absolutamente de tal maneira e non é susceptible de ser doutra.
  • 188. 6. Textos O PRIMEIRO MOTOR INMÓBIL:DEUS (...) É evidente, conforme co que acabamos de dicir, que hai unha esencia eterna, inmóbil e distinta dos obxectos sensibles. Queda demostrado igualmente que esta esencia non pode ter ningunha extensión, que non ten partes e é indivisible. Ela move, en efecto, durante un tempo infinito. E nada que sexa finito pode ter unha potencia infinita. Toda extensión é finita ou infinita; por conseguinte, esta esencia non pode ter unha extensión finita; e por outra parte, non ten unha extensión infinita, porque non hai absolutamente extensión infinita. Ademáis, finalmente, ela non admite modificación nin alteración, porque tódolos movementos son posteriores ao movemento no espacio. Aristóteles, Metafísica, Libro Duodécimo, VII
  • 189. 6. Textos As formas de goberno: (Política, III 5, 1279 a-b) "Posto que réxime e goberno significan o mesmo, e goberno é o elemento soberano das cidades, necesariamente será soberano ou un só, ou poucos, ou a maioría; cando o un ou a minoría ou a maioría gobernan atendendo ao interese común, eses reximenes serán necesariamente rectos; pero os que exercen o mando atendendo ao interese particular do un ou da minoría ou da masa son desviacións; porque, ou non se debe chamar cidadáns aos que participan no goberno, ou deben participar nas ventaxas da comunidade. Dos gobernos unipersonais solemos chamar monarquía á que mira ao interese común; aristocracia ao goberno duns poucos, pero máis dun, ben porque gobernan os mellores, ou ben porque se propón o mellor para a cidade e para os que pertencen a ela. Cando a maior parte é a que goberna atendendo ao interese común recibe o nome común a tódolos rexímenes: república. E é así con razón, pois un só ou uns poucos poden distinguirse pola súa excelencia; pero un número maior é xa difícil que alcance a perfección en toda clase de virtude, pero pode destacar especialmente na virtude guerreira, pois ista dase na masa. Por elo precisamente neste réxime a clase combatente ten o poder supremo e participan nel os que posúen as armas. As desviacións dos réximes mencionados son: a tiranía da monarquía, a oligarquía da aristocracia e a democracia da república. A tiranía é unha monarquía que atende ao interese do monarca, a oligarquía ao interese dos ricos e a democracia ao interese dos pobres; pero ningún deles atende ao proveito da comunidade“.
  • 191. 7. Glosario Accidentes O que lle corresponde a algo continxentemente por non estar comprendido na súa esencia, aquelo que lle pertence a un ser de tal xeito que o pode perder sen chegar a aniquilarse.
  • 192. 7. Glosario Acto O ser actual, a realidade do ser. Acto Puro Deus.
  • 193. 7. Glosario Alma Principio de vida nos seres vivos. Alma Intelectiva Parte máis elevada da alma humana. Alma Sensitiva Presente nos animais e os homes, a alma sensitiva permite o coñecemento inferior ou sensible (a percepción), o apetito inferior (o desexos e apetitos que teñen que ver co corpo como o desexo sexua ou as gañas de comer) e movemento local. Alma Vexetativa Presente nas prantas, os animais e os homes, permite as actividades vitais máis básicas como a reproducción, o crecemento e a nutrición.
  • 194. 7. Glosario Causa Factor ou principio do que depende unha cousa. Ciencia En grego “epistéme”. É o saber das relacións necesarias existentes entre as cousas. A diferencia do Noûs, é un saber discursivo ou demostrativo.
  • 195. 7. Glosario Entendemento Axente Ou intelecto axente. Parte da alma grazas á cal é posible alcanzar a ciencia. Esencia O que teñen os seres concretos de estable e intelixible; a natureza ou rasgos que fan de algo o que é e non outra cousa.
  • 196. 7. Glosario Eudemonismo Enténdese por "eudemonismo" toda teoría ética que identifica a felicidade co Sumo Ben. Forma Conxunto de rasgos característicos dun obxecto.
  • 197. 7. Glosario Materia A realidade da que está feita uhna cousa. Materia Prima o primeira Ou materia primeira. Materia sen forma algunha. Non é perceptible polos sentidos e é o substrato último do cambio sustancial. Materia Segunda Materia con forma determinada (por exemplo, o mármore dunha estatua de mármore).
  • 198. 7. Glosario Movemento Calquera tipo de cambio ou modificación que poda sufrir unha sustancia. Potencia Poder para exercer unha transformación nun obxecto ou disposición para poder chegar a ser algo.
  • 199. 7. Glosario Primeiro Motor Deus Substancia Ou sustancia. O ser independente do cal se predican os atributos. Substancias Primeiras As sustancias primeiras son os suxeitos individuais, suxeitos compostos de materia e forma. Substancias Segundas Ou os xéneros e as especies.
  • 200. 7. Glosario Teleoloxía Doutrina que considera indispensable para a comprensión da realidade a referencia aos fins ou motivos polos que ocurre algo. Teoría Hilemórfica Teoría aristotélica segundo a cal tódolos seres sensibles ou perceptibles (tanto os naturais como os artificiais) compóñense de materia (hylé) e forma (morphé). Virtude Hábito selectivo que consiste nun termo medio relativo a nós, determinado pola razón e por aquela pola cal decidiría o home prudente. En latín “virtus”, en grego “areté”. Para Aristóteles a virtude é unha "excelencia engadida a algo como perfección".
  • 202. 8. Bibliografía Bibliografía de Aristóteles recomendada: -Aristóteles, Ética nicomaquea, Editorial Gredos, Madrid, 2003. -Aristóteles, Política, Editorial Gredos, Madrid, 1995.
  • 203. 8. Bibliografía Bibliografía secundaria recomendada: -Montoya, J.; Conill, J., Aristóteles: Sabiduría y Felicidad, Ediciones Pedagógicas, Madrid, 1985. -Soto, Luis G., Aristóteles, Baía edicións, A Coruña, 2003.
  • 205. 9. Páxinas web recomendadas Para ampliar información sobre Aristóteles, e realizar exercicios, test e cazatesoros: http://gl.wikipedia.org/wiki/Arist%C3%B3teles http://www.e-torredebabel.com/Historia-de-la- filosofia/Filosofiagriega/Aristoteles/Principal- Aristoteles.htm http://www.cibernous.com/autores/aristoteles/ http://www.webdianoia.com/aristoteles/aristoteles.ht m http://recursos.cnice.mec.es/filosofia/f2ruta1.php?id_r uta=17&id_etapa=101&id_autor=2 http://www.boulesis.com/
  • 207. 10. Exames de selectividade
  • 208. 10. Exames de selectividade
  • 209. 10. Exames de selectividade
  • 210. 10. Exames de selectividade
  • 212. 11. Recursos audiovisuais Título: Alejandro Magno. Dirixida por Oliver Stone, 2004.