2. TRAXECTORIA
• Miguelanxo Prado, nacido na Coruña en 1958, é un autor de banda deseñada galego, con obras
que van desde a crítica social e as relacións persoais contemporáneas, ata as de ciencia ficción.
• É un autor con moita proxección internacional, os seus libros e cómics foron traducidos a moitos
idiomas. Ten especial recoñecemento en España (especialmente en Galicia, onde está
considerado por moitos como o autor máis relevante), Francia e Portugal.
• Outra faceta importante é a de ilustrador, con traballos como os feitos para La ley del amor
(1995) de Laura Esquivel ou para libros infantís e xuvenís como 'Cando o mar foi polo río', de
Manuel María, O centro do labirinto, de Agustín Fernández Paz ou Bala perdida de Manuel
Rivas.
3. • O súa variedade de estilos é sorprendente e nos seus inicios foi ás veces criticada. Pero
habitualmente esta variedade de estilos é vista como unha riqueza de sensibilidade moi apreciada
entre os lectores. A visión poética das historias, e un estilo que sen ser localista ten unha forte
sensibilidade galega fan deste autor un dos representantes máis internacionais da produción
cultural galega.
• Ademais da súa actividade artística Miguelanxo Prado ten unha faceta coma divulgador sendo o
director desde 1998 do salón Viñetas desde o Atlántico que ten lugar anualmente no mes de
agosto na Coruña.
4. Cine e animación
• Foi o deseñador da mascota oficial do programa infantil da TVG, o Xabarín Club, así como de
diferentes personaxes do programa e do reparto da serie de animación producida en Galicia Os
vixilantes do camiño.
• Tamén traballou na serie de animación Men In Black, baseada no filme do mesmo nome
protagonizado por Will Smith.
• En xaneiro de 2007 presentouse nas salas cinematográficas españolas De profundis, unha
longametraxe dirixida por Miguelanxo Prado e con música do compositor Nani García, sen
diálogos e que foi proposta para os premios Goya como mellor longametraxe de animación de
2006, sen chegar a conquistar finalmente o premio. Este traballo, experimental e sen diálogos foi
debuxado enteiramente por el e animado con técnicas informáticas.
14. Ardalén (2012)
Ademais, débense incluír
pequenas colaboracións de
maior ou menos importancia,
como a historia curta feita para
o álbum de BD que
conmemora a os douscentos
anos da revolución francesa ou
as súas colaboracións coa
desaparecida revista infantil-
xuvenil de BD galega Golfiño.