2. LOCALIZACIÓN
Brasil atópase situado en América do sur. Ten unha superficie de 8,5 millóns
de quilómetros cadrados. É o quinto país máis grande do mundo.
A súa capital é Brasilia.
Ten 205 millóns de habitantes.
3. IDIOMA
A nivel lingüístico, o Brasil é o único país de lingua portuguesa do continente,
aínda que tamén son faladas outras moitas linguas, como, por exemplo,
linguas indíxenas, español, alemán, italiano, ñe’engatú...
Algunhas palabras en Portugués son:
-Grazas: Obrigado
-Luns: Segunda feira
-Tren: Comboio
-Corazón: Coração
4. BANDEIRA
O disco azul da bandeira actual representa o ceo do Río de Janeiro a mañá do
15 de novembro de 1889 (data da proclamación da República de Brasil). Cada
unha das vintesete estrelas representa un dos distintos estados e o Distrito
Federal. O lema "Ordem e Progresso" ("orden e progreso") está inspirado no
lema do positivismo de Auguste Comte. A cor verde e azul son das familias
reais.
5. LUGARES
IMPORTANTES
São Paulo: Cidade máis grande do Brasil.
Río de Janeiro: Coñecída como Río, é a segunda cidade máis grande do
Brasil e a terceira área metropolitana de América do sur.
Salvador: É a capital do estado da Baía e a terceira cidade do Brasil en
tamaño de poboación.
Brasilia: É a capital do Brasil.
Estes dous lugares seguintes albergan a maior diversidade de
fauna e flora do mundo (golfiño rosa, xaguar, heliconia…)
Selva Amazónica: Selva tropical da conca do Amazonas.
Río Amazonas: O máis caudaloso do mundo.
6.
7.
8.
9. MOEDA
A moeda do Brasil é o real. Exiten moedas e billetes.
-Moedas: 10 centavos, 50 centavos, 1 real…
-Billete: 10 reais, 2 reais, 5 reais…
Agora imos a amosarvos unhas moedas e billetes do Brasil.
10. GASTRONOMÍA TÍPICA
Feijoada: Considerado como prato orixinal. Os seus ingredientes
básicos son os feixóns e a carne de porco en sazón.
Caipirinha: Un cóctel moi típico que inclúe cachaza (alcohol), lima,
azucre e xeo.
11. DEPORTES
Os dous deportes máis populares en Brasil, aínda que existen máis, son:
Fútbol: É o deporte máis popular. A selección de Brasil é o equipo máis
exitoso na historia dos mundiais de fútbol, logrando o título en 5
oportunidades.
Capoeira: É unha expresión cultural afrobrasileira orixinada en Brasil, que
engloba diversas facetas. A máis coñecida é a da arte marcial ou loita, aínda
que o resto son igual de importantes.
https://www.youtube.com/watch?v=6H0D8VaIli0&nohtml5=False
12.
13. MúSICA
A música deste país é un vivo reflexo da súa diversidade cultural. Algúns
xéneros son: Rock brasileño, brega, choro, música popular, samba…
Samba: Xurdiu en Baía e é a música máis coñecida de Brasil.
Logo vamos poñer un exemplo de música do Brasil:
https://www.youtube.com/watch?v=kk4uddaHdDE
14. CARNAVAL
É unha celebración anual que se celebra corenta días antes da Pascua para
marcar o comezo da Coresma.
Asóciase con desfiles de carrozas, disfraces,
Bailes populares e excesos.
Os blocos (bloques), son algunhas das actuais representacións do carnaval
popular de Brasil. Están formados por persoas que se disfrazan de acordo a
certos temas ou celebran o carnaval de forma específica. As celebracións
principais lévanse a cabo en Río de Janeiro, Salvador de Bahía, Recife/Olinda
e São Paulo, onde as escolas de samba, blocos e bandas ocupan barrios
enteiros.
As carrozas concéntranse no Sambódormo (Un estadio de fútbol. O máis
coñecido en Rio de Janeiro). Alí é onde se elixe a raiña do Carnaval.