SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 24
Baixar para ler offline
ALQUIMIA E
SIMBOLOXÍA EN
DRAGAL
ALQUIMIA E
SIMBOLOXÍA EN
DRAGAL
ALQUIMIA
SÍMBOLOS
CORES
ANIMAIS
DEFINICIÓNS
BIBLIOGRAFÍA
ÍNDICE DE CONTIDOS
ALQUIMIA
É unha arte quimérica* anterior á ciencia
química que pretende elaborar o elixir da
vida e alcanzar a mutación dos minerais ata a
súa transformación en ouro. Esta
transformación levaríase a cabo mediante a
pedra filosofal*.
Esta disciplina contiña elementos esotéricos*
e espirituais e desenvolveu técnicas e
aparatos que foron despois empregados e
aplicados á química experimental.
As orixes da ALQUIMIA podémolas
rastrexar en moitos lugares e culturas tales
como Mesopotamia, o Antiguo Exipto, Grecia
e incluso en China.
Empregaba un complicado simbolismo e
unha linguaxe enigmática.
Entre os máis lendarios e famosos
alquimistas nomearemos a
HERMES TRIMEXISTO e PARACELSO
OS SÍMBOLOS DE
DRAGAL
OS SÍMBOLOS DE
DRAGAL
ALFA | OMEGA
Estas dúas letras, a primeira e a derradeira
do alfabeto grego, simbolizan o principio e o
fin de todas as cousas. Aparecen moitas
veces na arte románica.
ΑΩ
ALFA (Α, α)
Primeira letra do alfabeto grego.
Representa o principio. O Principio
Primeiro de onde veñen todas as
cousas.
Relaciónase co compás do deus
creador. Hai animais que se asocian a
esa letra como o paxaro e a aguia.
Tamén se asocia ao día.
OMEGA (Ω, ω)
Simboliza a fin, a finalidade. É a
derradeira letra do alfabeto grego.
Relaciónase co fogo, á destrución e á
noite. A miúdo é representada pola
imaxe do Ouroboros, o dragón que
morde a cola, pero tamén se asocia ao
peixe e ao moucho.
RELOXO DE AREA
Representa a transitoriedade do tempo que
flúe, a morte. As dúas seccións falan do
paso entre a vida e a morte e a súa
secuencia cíclica.
O reloxo de area é o instrumento da
Parca*, da Morte representada como un
esqueleto e a súa gadaña.
COR AZUL
Simboliza a verdade, o intelecto, a revelación,
a sabedoría e lealdade, a fidelidade, a
constancia, a castidade, a pureza dos afectos,
a piedade ou a paz entre outros.
O azul é a cor da auga e o ceo. Dos poderes
celestes, como no caso do dragón azul.
Tamén pode ser o baleiro ou o espazo
infinito.
Segundo a variedade do azul pode ter unha
asociación diferente.
COR VERMELLA
É a cor do sol e dos deuses da guerra.
Principio activo e masculino, simboliza o
fogo, a realeza, o amor, a alegría, a
festividade, a paixón, o ardor, a enerxía, , a
excitación sexual, o sangue, a sede de
sangue, a cólera, a venganza. Pode ser tamén
a renovación da vida.
En Alquimia é o home, o principio masculino,
o xofre e o Terceiro Estadio da Gran Obra*.
COR AMARELA
É ambivalente. O amarelo pálido e o dourado
son símbolos solares, representan a luz do sol,
o intelecto, a intuición, a fe e a bondade.
O amarelo escuro denota falsidade, traizón,
celos, ambición, avaricia, reserva, infidelidade.
A cruz amarela denota peste.
COR BRANCA
Simboliza o indiferenciado, a perfección
trascendente, a simplicidade, a luz, o sol, o
ar, a iluminación, a pureza, a inocencia, a
castidade, a santidade, o sagrado.
Asóciase á vida e ao amor, así como tamén á
morte e ao enterro.
En Alquimia representa o principio femenino,
a lúa, a prata, o azougue, a pureza e a
segunda etapa da Gran Obra.
Simboliza a escuridade primordial, o non manifestado,
o baleiro, o mal, a escuridade da morte, a vergoña, a
desesperación, a destrución e a corrupción; a tristura,
a humillación, a renuncia; a solemnidade, a constancia.
A cor negra tamén representa a dureza do tempo e
asóciase coa faceta escura da Gran Madre.
En Occidente asóciase ao loito e á bruxería e á maxia
negra. En Alquimia representa o estadio inicial, a
primeira etapa da Gran Obra, o sinistro.
COR NEGRACOR NEGRA
O MOUCHO
O moucho, a coruxa así como tódalas aves
rapaces nocturnas, reciben o nome xenérico
de aves da morte, por asociárense con ela,
xa que din que a ventean e que os laios que
botan anuncian falecementos próximos.
O moucho común é unha das aves máis
populares de Galicia e aparece como
elemento folclórico en cantigas e refráns.
É tamén considerada a ave da sabedoría así
como das tebras e a morte.
OUROBOROS
Dragón ou serpe que morde a cola. É un
símbolo gnóstico*. Representa o tempo e a
continuidade da vida. O eterno retorno.
Moitas veces aparece acompañado dunha
inscrición grega que di: Hen to Pan, que
significa Todo en Un.
Representa a unión de dous principios
diferentes: a serpe, o terreal, e o paxaro, o
celestial.
DRAGÓN
É este un símbolo complexo e universal. O dragón
ou a “serpe alada” é a combinación da serpe e a ave
como materia e espíritu.
Na súa orixe era un animal benéfico por ser
manifestación das augas que dan vida (serpe) e o
alento vital (ave), e identificábase cos deuses do
ceo e os seus representantes na terra: os
emperadores e os reis. Máis tarde converteuse nun
símbolo ambivalente.
En Oriente é considerado un poder celestial e
benéfico mentras en Occidente ten una vertente
ctónica*, destrutiva e maligna.
No Extremo Oriente simboliza o poder sobrenatural,
a sabedoría, a forza, o coñecemento oculto, o poder
das augas que dan a vida; representa ao emperador
como fillo do ceo e polo tanto home sabio e noble.
Sen embargo as relixións monoteístas polo xeral o
representan como un ser maligno.
O dragón e a serpe son animais intercambiables.
Tamén se asocian ao mar, ás profundidades do
océano así como ás montañas, as nubes e as rexións
solares do este.
Contra os dragóns loitan os heroes, os conquistadores,
os creadores, … para conseguiren o dominio e
ocupación da terra. Tamén son gardiáns de tesouros e
das portas do coñecemento esotérico*.
A loita co dragón representa as dificultades que deben
ser superadas para gañar os tesouros do coñecemento
interior.
Dar morte ao dragón representa o conflito entre a luz
e as tebras, a morte das forzas destrutivas do mal ou o
home que supera a súa propia natureza escura para
alcanzaren o autodominio.
O rescate da doncela das poutas do dragón
representa a liberación das forzas puras tras
vencer ás forzas do mal.
Na Alquimia o dragón representa o volátil.
Na cultura cristiá o dragón é “a serpe vella”, o
poder do mal, do demo, o tentador, o inimigo
de Deus; representa tamén a morte e as
tebras, o paganismo e a herexía. No Antiguo
Testamento, “o lugar dos dragóns” asociábase
coas “sombras da morte”.
QUIMÉRICA*: vén da verba quimera: Idea que un forma de algo ou
cousa que imaxina como posible pero que non ten relación coa realidade
PEDRA FILOSOFAL*: substancia lendaria que segundo os
alquimistas permitía transmutar os metais correntes en ouro.
ESOTÉRICOS*: 1. Que se transmite, unicamente, a un grupo reducido
de iniciados [doutrina, coñecemento]. 2. Que resulta escuro e de difícil
comprensión.
GRAN OBRA*: nome que os alquimistas outorgaban ao proceso de
obteren a Pedra Filosofal.
CTÓNICA*: verba de orixe grega que fai referencia aos deuses e seres do
inframundo fronte aos deuses e seres celestes. Tamén se emprega a palabra
telúrico.
PARCA*: Cada unha das tres divinidades que podían dar ou quitarlles a vida
aos humanos.
•Gran Enciclopedia Galega.
•Diccionario de símbolos, de J. C. Cooper, Ed. GG,
Barcelona, 2002.
•Diccionario de símbolos, de J. E. Cirlot, Ed. Siruela,
Barcelona, 1997.
•http://www.realacademiagalega.org/
•http://es.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Portada
(consultadas no meses de abril e maio de 2014).
•Imaxes dos traballos dos alumnos do IES de Mos,
Pontevedra.
BIBLIOGRAFÍA

Mais conteúdo relacionado

Destaque

O dragón nas lendas galegas
O dragón nas lendas galegasO dragón nas lendas galegas
O dragón nas lendas galegasmentirosasoy
 
Presentación difusión piale 2015
Presentación difusión piale 2015Presentación difusión piale 2015
Presentación difusión piale 2015mentirosasoy
 
Elektromagnetinė indukcija. Kintamoji srovė
Elektromagnetinė indukcija. Kintamoji srovėElektromagnetinė indukcija. Kintamoji srovė
Elektromagnetinė indukcija. Kintamoji srovėEdvinas Černauskas
 
Growth - Tối ưu quá trình thu hút khách hàng (Google Day X 2016)
Growth - Tối ưu quá trình thu hút khách hàng (Google Day X 2016)Growth - Tối ưu quá trình thu hút khách hàng (Google Day X 2016)
Growth - Tối ưu quá trình thu hút khách hàng (Google Day X 2016)Ngoc Tuan TRAN
 
Back Injury Prevention
Back Injury PreventionBack Injury Prevention
Back Injury PreventionSharon Sharpe
 
What data from 3 million learners can tell us about effective course design
What data from 3 million learners can tell us about effective course designWhat data from 3 million learners can tell us about effective course design
What data from 3 million learners can tell us about effective course designJohn Whitmer, Ed.D.
 

Destaque (8)

O dragón nas lendas galegas
O dragón nas lendas galegasO dragón nas lendas galegas
O dragón nas lendas galegas
 
Presentation Comprenz in English
Presentation Comprenz in EnglishPresentation Comprenz in English
Presentation Comprenz in English
 
Presentación difusión piale 2015
Presentación difusión piale 2015Presentación difusión piale 2015
Presentación difusión piale 2015
 
MADD
MADDMADD
MADD
 
Elektromagnetinė indukcija. Kintamoji srovė
Elektromagnetinė indukcija. Kintamoji srovėElektromagnetinė indukcija. Kintamoji srovė
Elektromagnetinė indukcija. Kintamoji srovė
 
Growth - Tối ưu quá trình thu hút khách hàng (Google Day X 2016)
Growth - Tối ưu quá trình thu hút khách hàng (Google Day X 2016)Growth - Tối ưu quá trình thu hút khách hàng (Google Day X 2016)
Growth - Tối ưu quá trình thu hút khách hàng (Google Day X 2016)
 
Back Injury Prevention
Back Injury PreventionBack Injury Prevention
Back Injury Prevention
 
What data from 3 million learners can tell us about effective course design
What data from 3 million learners can tell us about effective course designWhat data from 3 million learners can tell us about effective course design
What data from 3 million learners can tell us about effective course design
 

Semelhante a Alquimia e simboloxía en Dragal, corrixido

O cosmos semana cultural 2017 - versión final
O cosmos   semana cultural 2017 - versión finalO cosmos   semana cultural 2017 - versión final
O cosmos semana cultural 2017 - versión finalMatilde De Cal Cortina
 
Deuses nas moedas
Deuses nas moedasDeuses nas moedas
Deuses nas moedasdepgrego
 
O mar mitoloxía
O mar mitoloxíaO mar mitoloxía
O mar mitoloxíaiesasorey
 
Astronomía e mitoloxía
Astronomía e mitoloxía Astronomía e mitoloxía
Astronomía e mitoloxía iesasorey
 
Divinidades menores na ruta da esmorga
Divinidades menores na ruta da esmorgaDivinidades menores na ruta da esmorga
Divinidades menores na ruta da esmorgavictorefisica1
 
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Nomes galegos constelacións
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Nomes galegos constelaciónsCURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Nomes galegos constelacións
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Nomes galegos constelaciónsanoiteenecesaria
 
A nosa visión sobre o Antigo Exipto
A nosa visión sobre o Antigo ExiptoA nosa visión sobre o Antigo Exipto
A nosa visión sobre o Antigo ExiptoPaulaReySilva
 
Algunhas historias da mitoloxía e a lingua gregas
Algunhas historias da mitoloxía e a lingua gregasAlgunhas historias da mitoloxía e a lingua gregas
Algunhas historias da mitoloxía e a lingua gregasfontexeriabib
 
A civilización grega 2ª parte
A civilización grega 2ª  parteA civilización grega 2ª  parte
A civilización grega 2ª parteSanti Pazos
 
Mitoloxía grecolatina no Museo do Prado
Mitoloxía grecolatina no Museo do PradoMitoloxía grecolatina no Museo do Prado
Mitoloxía grecolatina no Museo do PradoBiblioteca Landra
 
As primeiras civilizacions e pobos do oriente medio
As primeiras civilizacions e pobos do oriente medio As primeiras civilizacions e pobos do oriente medio
As primeiras civilizacions e pobos do oriente medio Consellería de Educación
 

Semelhante a Alquimia e simboloxía en Dragal, corrixido (18)

O cosmos semana cultural 2017 - versión final
O cosmos   semana cultural 2017 - versión finalO cosmos   semana cultural 2017 - versión final
O cosmos semana cultural 2017 - versión final
 
Deuses nas moedas
Deuses nas moedasDeuses nas moedas
Deuses nas moedas
 
O mar mitoloxía
O mar mitoloxíaO mar mitoloxía
O mar mitoloxía
 
Astronomía e mitoloxía
Astronomía e mitoloxía Astronomía e mitoloxía
Astronomía e mitoloxía
 
Dioses OlíMpicos3 [Modo De Compatibilidad]
Dioses OlíMpicos3 [Modo De Compatibilidad]Dioses OlíMpicos3 [Modo De Compatibilidad]
Dioses OlíMpicos3 [Modo De Compatibilidad]
 
As Sereas
As SereasAs Sereas
As Sereas
 
Divinidades menores na ruta da esmorga
Divinidades menores na ruta da esmorgaDivinidades menores na ruta da esmorga
Divinidades menores na ruta da esmorga
 
Dragones
DragonesDragones
Dragones
 
Dragones
DragonesDragones
Dragones
 
Ana Domínguez e Ana Freire ... sobre o amor
Ana Domínguez e Ana Freire ... sobre o amorAna Domínguez e Ana Freire ... sobre o amor
Ana Domínguez e Ana Freire ... sobre o amor
 
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Nomes galegos constelacións
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Nomes galegos constelaciónsCURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Nomes galegos constelacións
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Nomes galegos constelacións
 
A nosa visión sobre o Antigo Exipto
A nosa visión sobre o Antigo ExiptoA nosa visión sobre o Antigo Exipto
A nosa visión sobre o Antigo Exipto
 
Seres mitolóxicos
Seres mitolóxicosSeres mitolóxicos
Seres mitolóxicos
 
Algunhas historias da mitoloxía e a lingua gregas
Algunhas historias da mitoloxía e a lingua gregasAlgunhas historias da mitoloxía e a lingua gregas
Algunhas historias da mitoloxía e a lingua gregas
 
Hª de la música Idade Antiga
Hª de la música   Idade AntigaHª de la música   Idade Antiga
Hª de la música Idade Antiga
 
A civilización grega 2ª parte
A civilización grega 2ª  parteA civilización grega 2ª  parte
A civilización grega 2ª parte
 
Mitoloxía grecolatina no Museo do Prado
Mitoloxía grecolatina no Museo do PradoMitoloxía grecolatina no Museo do Prado
Mitoloxía grecolatina no Museo do Prado
 
As primeiras civilizacions e pobos do oriente medio
As primeiras civilizacions e pobos do oriente medio As primeiras civilizacions e pobos do oriente medio
As primeiras civilizacions e pobos do oriente medio
 

Último

Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelcenlf
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaAgrela Elvixeo
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 

Último (7)

Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 

Alquimia e simboloxía en Dragal, corrixido

  • 3. ALQUIMIA É unha arte quimérica* anterior á ciencia química que pretende elaborar o elixir da vida e alcanzar a mutación dos minerais ata a súa transformación en ouro. Esta transformación levaríase a cabo mediante a pedra filosofal*. Esta disciplina contiña elementos esotéricos* e espirituais e desenvolveu técnicas e aparatos que foron despois empregados e aplicados á química experimental.
  • 4. As orixes da ALQUIMIA podémolas rastrexar en moitos lugares e culturas tales como Mesopotamia, o Antiguo Exipto, Grecia e incluso en China. Empregaba un complicado simbolismo e unha linguaxe enigmática. Entre os máis lendarios e famosos alquimistas nomearemos a HERMES TRIMEXISTO e PARACELSO
  • 5. OS SÍMBOLOS DE DRAGAL OS SÍMBOLOS DE DRAGAL
  • 6. ALFA | OMEGA Estas dúas letras, a primeira e a derradeira do alfabeto grego, simbolizan o principio e o fin de todas as cousas. Aparecen moitas veces na arte románica. ΑΩ
  • 7. ALFA (Α, α) Primeira letra do alfabeto grego. Representa o principio. O Principio Primeiro de onde veñen todas as cousas. Relaciónase co compás do deus creador. Hai animais que se asocian a esa letra como o paxaro e a aguia. Tamén se asocia ao día.
  • 8. OMEGA (Ω, ω) Simboliza a fin, a finalidade. É a derradeira letra do alfabeto grego. Relaciónase co fogo, á destrución e á noite. A miúdo é representada pola imaxe do Ouroboros, o dragón que morde a cola, pero tamén se asocia ao peixe e ao moucho.
  • 9. RELOXO DE AREA Representa a transitoriedade do tempo que flúe, a morte. As dúas seccións falan do paso entre a vida e a morte e a súa secuencia cíclica. O reloxo de area é o instrumento da Parca*, da Morte representada como un esqueleto e a súa gadaña.
  • 10.
  • 11. COR AZUL Simboliza a verdade, o intelecto, a revelación, a sabedoría e lealdade, a fidelidade, a constancia, a castidade, a pureza dos afectos, a piedade ou a paz entre outros. O azul é a cor da auga e o ceo. Dos poderes celestes, como no caso do dragón azul. Tamén pode ser o baleiro ou o espazo infinito. Segundo a variedade do azul pode ter unha asociación diferente.
  • 12. COR VERMELLA É a cor do sol e dos deuses da guerra. Principio activo e masculino, simboliza o fogo, a realeza, o amor, a alegría, a festividade, a paixón, o ardor, a enerxía, , a excitación sexual, o sangue, a sede de sangue, a cólera, a venganza. Pode ser tamén a renovación da vida. En Alquimia é o home, o principio masculino, o xofre e o Terceiro Estadio da Gran Obra*.
  • 13. COR AMARELA É ambivalente. O amarelo pálido e o dourado son símbolos solares, representan a luz do sol, o intelecto, a intuición, a fe e a bondade. O amarelo escuro denota falsidade, traizón, celos, ambición, avaricia, reserva, infidelidade. A cruz amarela denota peste.
  • 14. COR BRANCA Simboliza o indiferenciado, a perfección trascendente, a simplicidade, a luz, o sol, o ar, a iluminación, a pureza, a inocencia, a castidade, a santidade, o sagrado. Asóciase á vida e ao amor, así como tamén á morte e ao enterro. En Alquimia representa o principio femenino, a lúa, a prata, o azougue, a pureza e a segunda etapa da Gran Obra.
  • 15. Simboliza a escuridade primordial, o non manifestado, o baleiro, o mal, a escuridade da morte, a vergoña, a desesperación, a destrución e a corrupción; a tristura, a humillación, a renuncia; a solemnidade, a constancia. A cor negra tamén representa a dureza do tempo e asóciase coa faceta escura da Gran Madre. En Occidente asóciase ao loito e á bruxería e á maxia negra. En Alquimia representa o estadio inicial, a primeira etapa da Gran Obra, o sinistro. COR NEGRACOR NEGRA
  • 16.
  • 17. O MOUCHO O moucho, a coruxa así como tódalas aves rapaces nocturnas, reciben o nome xenérico de aves da morte, por asociárense con ela, xa que din que a ventean e que os laios que botan anuncian falecementos próximos. O moucho común é unha das aves máis populares de Galicia e aparece como elemento folclórico en cantigas e refráns. É tamén considerada a ave da sabedoría así como das tebras e a morte.
  • 18. OUROBOROS Dragón ou serpe que morde a cola. É un símbolo gnóstico*. Representa o tempo e a continuidade da vida. O eterno retorno. Moitas veces aparece acompañado dunha inscrición grega que di: Hen to Pan, que significa Todo en Un. Representa a unión de dous principios diferentes: a serpe, o terreal, e o paxaro, o celestial.
  • 19. DRAGÓN É este un símbolo complexo e universal. O dragón ou a “serpe alada” é a combinación da serpe e a ave como materia e espíritu. Na súa orixe era un animal benéfico por ser manifestación das augas que dan vida (serpe) e o alento vital (ave), e identificábase cos deuses do ceo e os seus representantes na terra: os emperadores e os reis. Máis tarde converteuse nun símbolo ambivalente. En Oriente é considerado un poder celestial e benéfico mentras en Occidente ten una vertente ctónica*, destrutiva e maligna.
  • 20. No Extremo Oriente simboliza o poder sobrenatural, a sabedoría, a forza, o coñecemento oculto, o poder das augas que dan a vida; representa ao emperador como fillo do ceo e polo tanto home sabio e noble. Sen embargo as relixións monoteístas polo xeral o representan como un ser maligno. O dragón e a serpe son animais intercambiables. Tamén se asocian ao mar, ás profundidades do océano así como ás montañas, as nubes e as rexións solares do este.
  • 21. Contra os dragóns loitan os heroes, os conquistadores, os creadores, … para conseguiren o dominio e ocupación da terra. Tamén son gardiáns de tesouros e das portas do coñecemento esotérico*. A loita co dragón representa as dificultades que deben ser superadas para gañar os tesouros do coñecemento interior. Dar morte ao dragón representa o conflito entre a luz e as tebras, a morte das forzas destrutivas do mal ou o home que supera a súa propia natureza escura para alcanzaren o autodominio.
  • 22. O rescate da doncela das poutas do dragón representa a liberación das forzas puras tras vencer ás forzas do mal. Na Alquimia o dragón representa o volátil. Na cultura cristiá o dragón é “a serpe vella”, o poder do mal, do demo, o tentador, o inimigo de Deus; representa tamén a morte e as tebras, o paganismo e a herexía. No Antiguo Testamento, “o lugar dos dragóns” asociábase coas “sombras da morte”.
  • 23. QUIMÉRICA*: vén da verba quimera: Idea que un forma de algo ou cousa que imaxina como posible pero que non ten relación coa realidade PEDRA FILOSOFAL*: substancia lendaria que segundo os alquimistas permitía transmutar os metais correntes en ouro. ESOTÉRICOS*: 1. Que se transmite, unicamente, a un grupo reducido de iniciados [doutrina, coñecemento]. 2. Que resulta escuro e de difícil comprensión. GRAN OBRA*: nome que os alquimistas outorgaban ao proceso de obteren a Pedra Filosofal. CTÓNICA*: verba de orixe grega que fai referencia aos deuses e seres do inframundo fronte aos deuses e seres celestes. Tamén se emprega a palabra telúrico. PARCA*: Cada unha das tres divinidades que podían dar ou quitarlles a vida aos humanos.
  • 24. •Gran Enciclopedia Galega. •Diccionario de símbolos, de J. C. Cooper, Ed. GG, Barcelona, 2002. •Diccionario de símbolos, de J. E. Cirlot, Ed. Siruela, Barcelona, 1997. •http://www.realacademiagalega.org/ •http://es.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Portada (consultadas no meses de abril e maio de 2014). •Imaxes dos traballos dos alumnos do IES de Mos, Pontevedra. BIBLIOGRAFÍA