2. • Pensamos en facer unha pequena Guía
de Cambados que servise para mostrar
aos visitantes non galegos a riqueza
histórica e artística da nosa vila.
• E aquí está esta guía en castelán-inglés,
pero onde tamén hai galego e búlgaro!
3. • Colaboramos moitos profesores e
profesoras e alumnos e alumnas do
Centro, pero especialmente os de
Sociais Bilingüe
4. • Do deseño de portada e contraportada
encargouse:
MANUEL BUSTO profe de plástica en Vilanova
de Arousa
5.
6. Nas fotos colaboraron
moitos alumnos e alumnas
e creo que algunha nai.
Algunhas fixéronas pola
súa conta, outras fomos
de excursión fotográfica
17. Na maquetación traballaron os alumnos de TICs de
Ricardo Paredes. Nos puidemos usar os seus traballos
porque logo a imprenta pediunos outro programa
informático, pero sacamos ideas para o formato
definitivo.
18. Luis López, profe de Plástica traballou no deseño do
plano que vai na páxina central. Andrea Falcón creo
que colaborou especialmente.
22. Esta pequena guía turística que se vos ofrece nace con
vocación plurilingüe. Neste mundo globalizado no que
vivimos a diversidade lingüística reflicte a diversidade
cultural, e as linguas foron creadas para entendernos e non
para enfrontarnos.
A diversidade do alumnado do noso Centro educativo
mostra xa a sociedade de mestizaxe que temos. É un
obxectivo prioritario para nós os docentes que o noso
alumnado desenvolva habilidades que lles permitan
desenvolverse mellor neste mundo noso cada vez máis
diverso e máis plurilingüe. Aquí hai algunas testemuñas
sobre Cambados, de alumnos e alumnas que chegaron
dende lugares lonxanos e hoxe son xa cambadeses.