2. CURSOS: experimento realizado co 3º ciclo de primaria.
MATERIAIS:
-Vaso de precipitados
-Mel
-Aceite
-Moeda de 1 €
-Auga
-Uva
-Cortiza
PROCESO: vertemos con coidado no vaso de precipitados, e por esta orde,
unha capa de mel, outra de aceite e outra de auga. Deixamos repousar ata que
se estabilizan. A continuación deixamos caer unha uva e observamos que
pasa. Despois deixamos caer unha cortiza e voltamos a fixarnos.
SINXELA EXPLICACIÓN: dependendo da densidade das substancias, as
cousas terán diferente comportamento. Así a moeda afundirá de todo, a uva
quedará flotando sobre o mel e a cortiza manterase na superficie da auga.
3. Proceso realizado polo alumnado de sexto de primaria
Tomamos notas agardando a
que repousen as substancias.
Vertemos as 3 capas no
vaso de precipitados.
4. Introducimos a moeda, a
uva e a cortiza, pouco a
pouco. Iremos observando
o que acontece, tomando
nota e tirando conclusións.
6. CURSOS: experimento realizado co 2º ciclo de primaria.
MATERIAIS:
-Probeta
-Culleriña
-Funil
-Vinagre
-Bicarbonato
-Globo
PROCESO: vertemos vinagre nunha probeta. Coa axuda da culleriña e do funil,
vertemos bicarbonato dentro do globo. Colocamos a boca do globo na boca da
probeta e vertemos o bicarbonato do globo dentro da probeta. O globo ínflase.
SINXELA EXPLICACIÓN: o bicarbonato reacciona co vinagre, dando lugar a
auga e unha sal (que queda disolta na auga). Neste proceso despréndese
dióxido de carbono, que é o que infla o globo.
7. Proceso realizado polo alumnado de terceiro de primaria
Vertemos vinagre na probeta.
Coa axuda do funil botamos
bicarbonato dentro do globo.
8. Colocamos a boca do globo
rodeando a da probeta e
levantamos o globo, vertendo o
bicarbonato dentro da probeta..
Prodúcese unha reacción
química que desprende dióxido
de carbono, enchendo o globo.
Neste primeiro intento, o globo explotou, provocando as risas do alumnado.
10. O alumnado vai tomando nota de todo o proceso nunha ficha.
11. CURSOS: experimento realizado co 1º ciclo de primaria e infantil.
MATERIAIS:
-Matraz Erlenmeyer
-Funil
-Vaso de precipitados
-Auga temperada
-Colorante alimenticio vermello
-Vinagre
-Bicarbonato
-Plastilina
PROCESO: construímos un volcán rodeando de plastilina o matraz. Vertemos
diluíndo auga temperada, bicarbonato e colorante alimentario vermello no vaso
de precipitados. Poñemos o funil no “volcán” e vertemos esa disolución. Por
último engadimos o vinagre no volcán, que ao reaccionar desprende burbullas
vermellas, simulando a lava.
SINXELA EXPLICACIÓN: o bicarbonato reacciona co vinagre, dando lugar a
auga e unha sal (que queda disolta na auga). Esta reacción crea burbullas que
saen pola boca do volcán ao exterior.
12. Proceso realizado polo alumnado de primeiro ciclo de primaria
Construímos o volcán con
plastilina sobre un matraz.
Mesturamos auga
temperada, bicarbonato e
colorante alimentario.
18. CURSOS: experimento realizado co 1º ciclo de primaria e infantil.
MATERIAIS:
-2 matraces Erlenmeyer
-Caraveis brancos
-Auga
-Colorante alimenticio amarelo e azul
-Coitelo
PROCESO: mesturamos auga con colorante alimentario azul nun matraz e
auga con colorante alimentario amarelo no outro. Cortamos algo o talo dos
caraveis e poñemos 3 caraveis brancos en cada matraz. Deixamos os caraveis
na auga durante 1 día. Observamos o resultado.
SINXELA EXPLICACIÓN: os caraveis absorben auga con colorante, que
chega ás follas. Estas quedan tinguidas de amarelo-azul (segundo a cor do
colorante).
19. Proceso realizado polo alumnado de primeiro ciclo de primaria
Prepárase a mestura de auga e
colorante nos matraces.
Cortamos algo o talo dos caraveis e
poñemos 3 en cada matraz.